You are on page 1of 23

Fundamentos da política social

Tema 1. O Estado como ferramenta política.

O país.

Basicamente o termo país refírese tanto ao territorio coma ás persoas que habitan nel. Polo tanto, pódese
afirmar que Galicia é un país, posto que é un territorio habitado por unha colectividade e que constitúe
unha realidade xeográfica e mesmo política. Do mesmo modo, país tamén fai referencia á propia
comunidade de persoas que alí viven: “o domingo o país está chamado a unha votación masiva”.

A nación.

O termo ten a súa orixe na Revolución francesa. Pódese entender por nación como toda aquela
comunidade humana, instalada nun territorio definido, e que se caracteriza por compartir unhas
tradicións históricas e culturais, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa.
Xa que logo, unha nación pode estar ou non organizada politicamente. O debate sobre a natureza da
nación, a distinción entre nación-política e nación cultural, a introdución da necesidade da existencia da
“vontade de ser” para que exista a nación e, por suposto, os movementos de emancipación nacional dos
séculos XIX e XX e a extensión da idea de que un Estado se corresponde cunha única nación ten
contribuído a que o propio concepto de nación sexa polisémico.

O Estado.

Se pode definir ao estado como unha agrupación humana que habita nun territorio común e que está
asociada baixo unha mesma autoridade, baixo un mesmo marco normativo e baixo un mesmo goberno.
Con todo, podería introducirse sobre o feito de que o estado pode ser federal ou confederal ou
independente. Polo tanto, que exista un país non implica que teña que corresponderse nin cunha nación
nin cun estado; a existencia dunha nación non é sinónimo da existencia dun estado; e un estado pode ser
plurinacional ou non.

Os elementos configuradores do Estado.

-A poboación.

Na Grecia clásica o concepto de Estado está ligado ao de polis, á cidade. Non se pode identificar
poboación como un conxunto de cidadáns. A idea de Estado como asociación de persoas.

Thomas Hobbes (O Leviatán): O Estado nace dun pacto entre os homes. O home é un lobo para o home
(“homo homini lupus”). O estado natural do ser humano é o de guerra (“bellum omnium contra omnes”).
Os homes agrupáronse para chegar a un pacto social, como forma de resolver o problema das relacións
entre eles; a partir deste pacto nace o Estado.

John Locke (Tratados sobre o goberno civil): o ser humano vive nun estado de liberdade, pero cede esta
para un contrato social no que o Estado será garante dos dereitos inalienábeis dos homes.

Jean Jacques Rosseau (O contrato social): Os homes deciden someterse voluntariamente ao poder do
Estado e aceptan someterse ás leis como expresión da vontade xeral; velaí que os dereito da comunidade
debe prevalecer por riba dos dereitos individuais.

-O poder.

Por poder pódese entender a capacidade de impor a vontade propia aos demais. Segundo Max Weber, o
poder é a posibilidade de que unha persoa ou varias realicen a súa propia vontade aínda en contra da
oposición. Weber chegou a definir ao Estado como a institución que ten o monopolio da violencia de
forma lexítima. O poder transfórmase en autoridade cando é lexitimado e estable. Weber distingue tres
posíbeis formas de lexitimar o poder:

1. Lexitimación tradicional.
2. Lexitimación carismática.
3. Lexitimación racional.

Segundo as teorías marxistas, o poder e a dominación son algo intrínseco ao Estado como figura
institucional.

-O territorio.

O territorio é o ámbito espacial onde os Estados exercen a súa autoridade. Se ben é certo que a
vinculación entre territorio e Estado comeza a observarse con certa claridade na Idade Media, non é ata o
século XVII cando as fronteiras cobren verdadeira importancia. Hans Kelsen sinala que a unidade do
territorio non é unha unidade de tipo xeográfico, senón que será unha unidade de tipo xurídico; velaí que
poda haber territorios separados e que pertenzan a un mesmo Estado. O territorio é un mecanismo para
a creación de unidade, alimentando afinidades e promovendo identidades, co obxectivo de afianzar o
sentimento nacional.

A orixe e evolución histórica do Estado.

A creación e formación histórica da figura do Estado moderno só se pode explicar desde múltiples
factores. Segundo Lawrence Krader, a orixe do Estado ten distintos lugares e diferentes momentos. Se
ben é certo que toda sociedade tivo goberno, non se pode afirmar que toda sociedade foi Estado. O
Estado adoita darse en sociedades evolucionadas e, de igual xeito, o Estado, como modo de organización
complexa, favorece á evolución da sociedade. Bernard Crick, pola súa parte, deseñou unha clasificación
que comprende a evolución das diferentes formas estatais:

-O goberno primitivo.

O goberno permite que a sociedade se organice para a súa propia supervivencia. Este tipo de sociedades
adoitan ser nómades (o cal non significa que non se vinculen cun ámbito territorial), pouco poboadas,
moi unidas e tradicionais, nas que as relacións son basicamente informais e persoais. O seu tipo de
goberno é informal, as decisións son adoptadas colectivamente e só cando xurde un problema concreto.
Esa colectividade decisoria pode ser toda a comunidade ou un consello constituído por razón de idade ou
por algunha capacidade determinada, aínda que é posible atopar algúns gobernos primitivos nos que
exista a figura do xefe. Agora ben, esta xefatura estaría condicionada pola lexitimidade da que lle doten
os seus seguidores, que as máis das veces está sustentada nunha crenza sobrenatural. A transformación
das sociedades nómades en sedentarias, a través dos asentamentos agrarios, deu lugar a poboacións
máis numerosas, con relacións máis impersoais e, polo tanto, con formas máis complexas de goberno.

-O despotismo oriental.

Lawrence Krader, xunto a outros autores, afirma que é en Exipto onde xorde o primeiro Estado do
mundo. Outros modelos máis ou menos coetáneos de organización social, política e económica
semellante foron a China, a India e Mesopotamia. Todos eles artéllanse desde a necesidade de acometer
grandes proxectos, que só se poden materializar baixo a dirección dunha organización burocrática
solvente: un Estado que centraliza todo o poder e que o aplica de forma despótica.

Este tipo de Estados adoitaban ser teocráticos, cunha organización burocratizada, e cun amplo abano de
delegación de competencias. A caída deste modelo de Estado foi motivada pola súa voracidade de
recursos e de esixencias económicas e humanas.
-As cidades gregas.

As polis ou cidades-Estado caracterizábanse por ter unha poboación reducida e por ter un goberno
comunal. As máis coñecidas eran Atenas e Esparta, pero tamén cómpre mencionar Argos, Corinto, Éfeso,
Mileto, Samos ou Tebas entre outras. Non eran recoñecidos como cidadáns, e polo tanto, sen dereito a
participar na vida política da cidade, os escravos, as mulleres e os residentes ausentes. A democracia
ficaba cinxida a estes cidadáns, aos cales se lle recoñecía o dereito á discrepancia e ao pensar diferente,
nunha sorte de combinación co modelo aristocrático.

A pesar de ser comunidades con fortes valores identitarios, de liberdade e vinculados á polis,
basicamente se podería distinguir dous modelos de configuración protoestatal:

 A vía democrática, de Atenas. Baseábase na capacidade do cidadán de participar na toma de


decisións, a través da Eklesia (asemblea), que ten unha alta capacidade de incidencia na
dirección política
 A militarista, de Esparta. Basicamente é unha diarquía (dous reis), controlados polos éforos que
rexían unha sociedade de soldados e nos que a escravitude era o sustento económico.

Ambas polis, con fórmulas de sociedade diferentes, estaban abocadas ao enfrontamento case perpetuo e
a arrastrar ao resto das polis: as que pivotaban sobre Atenas constituiron a Liga de Delphos; as que
seguían a Esparta formaron a Liga do Peloponeso. Como consecuencia do debilitamento polo constante
enfrontamento entre dous, xorde un terceiro: Macedonia.

-Da República ao Imperio romano.

Aínda que a Roma primixenia foi unha monarquía, o que se coñece como a Roma “clásica” tivo como
forma de goberno inicial a República. Consistía no goberno dunha aristocracia que deitaba as súas
decisións sobre a soberanía popular. A institución que exercía o goberno era o Senado, que era dirixido
pola oligarquía romana. Con todo, o pobo tiña a capacidade de escoller cargos políticos da República (por
exemplo, o tribuno da plebe). Ao igual que os gregos, os romanos tíñanse por homes libres amparados
pola xustiza e polo seu corpo normativo.

As causas da caída do modelo republicano foron as sucesivas guerras civís, a corruptela da oligarquía
senatorial, o caos da facenda pública e a imposibilidade de pagar ao exército. De aí pasouse á
concentración do poder nunha única persoa, o Emperador (aínda que Caio Xulio César nunca foi
emperador, o seu nome deu lugar ao titulo do poder máximo en Roma, e del derívanse os termos kaiser
e tsar), aínda que mantendo algunhas institucións propias da República.

Finalmente, a caída do Imperio romano foi motivada pola incapacidade de controlar o seu vasto territorio,
as sucesivas invasións bárbaras e a persistencia nas guerras civís na disputa do poder.

-O feudalismo.

Desde a perspectiva da organización social, o feudalismo foi unha sociedade estamental, con estratos
pechados, de escasa mobilidade e moi xerarquizados: a nobreza, o clero e o pobo. Este último estaba
vinculado á terra, á produción agraria, e tiña que limitarse a pagar impostos e servir ao señor feudal, o
cal debía darlle protección.

Pola contra, o modelo de organización política era moi descentralizado. O rei era o titular de todo o poder
e de todas as propiedades. A cambio da lealdade dos nobres, o rei entregaba grandes extensións de
terreo aos señores, que ficaban vinculados polo vasalaxe, e obrigados a prestar apoio militar. En cada
feudo, os nobres exercían todo o seu poder e administraban a súa propia xustiza, e mesmo dispuñan dos
seus propios exércitos. Certamente, o señor feudal non estaba baixo as ordes do rei, senón que era
independente. De feito, o rei é un señor feudal (primus interpares).
A Igrexa xogou un papel fundamental, como o axente lexitimador do modelo, e que ademais exercía
unha autoridade que condicionaba con moito a vida política feudal. A ausencia de poder descentralizado
provocou desordes e enfrontamentos entre os señores feudais, e tamén revoltas populares, polos abusos
aos que se vían sometidos.

O desenvolvemento urbano e o xurdimento da burguesía son causas que explican a transformación da


sociedade feudal e o nacemento dun novo modelo de Estado. A transición desde o feudalismo ao Estado
moderno só é comprensible desde os labores do nacemento do capitalismo.

O Estado moderno.

Segundo Hermann Heller, unha das novidades máis importantes da aparición do Estado moderno,
durante o Renacemento, é que se asocia ao exercicio dunha autoridade sobre un territorio. Cómpre
entender que a nova economía capitalista precisa dunha nova forma de organización política. O novo
modelo de Estado supón a supresión dos exércitos privados, mentres que a recadación de impostos e a
xustiza serán cuestións da realeza. E a tal efecto, a nova monarquía vai contar co apoio da nova clase, a
burguesía, formados e preparados para as cuestións do Estado: nace a burocracia.

O papel das guerras no proceso de consolidación deste modelo de Estado é notable: os exércitos privados
desaparecen porque o rei require dun exército máis grande e permanente, o cal precisa de cartos para
financiarse; cartos que sairán da recadación de impostos, ordenada e sistematizada (velaí, os
funcionarios), que terán a súas procedencia basicamente das cidades.

Neste período tamén se produce unha perda de influencia por parte da Igrexa. Co proceso aberto pola
Reforma, os novos Estados emerxentes irán perdendo dependencia con respecto ao Papa. Xa que logo, o
novo Estado moderno será aquel no que o monarca foi quen de facerse progresivamente con máis poder,
impoñendo a súa autoridade sobre un territorio acoutado por fronteiras. Agora os súbditos están
directamente vinculados ao rei, e é desde a súa figura desde onde parte a administración da xustiza, a
fiscalidade e a xustiza. O monarca representa todo o poder, un poder absoluto, e o seu goberno ven
lexitimado pola vontade de Deus. Xa que logo, a pesar de que hai autores, como Andy Perry, que
entenden o absolutismo como unha ampla reorganización da dominación feudal, o nacemento do Estado
moderno é o preludio da idea actual de Estado; mesmo é a época na que nace a diplomacia e a razón de
estado como argumentos da acción política.

O Estado liberal.

Xorde como reacción ás monarquías absolutas (Revolución inglesa, americana e francesa). O papel
protagónico no establecemento deste tipo de Estado foi o da burguesía, aparte do papel que xogou a
Reforma. De igual modo, outro factor de desenvolvemento foi o avance tecnolóxico da época (a lóxica
científica e a revolución industrial), que tamén contribuíu a implantar un modelo de pensamento racional.
Desde un punto de vista estritamente político, o Estado liberal formúlase como unha ferramenta para
alcanzar o ben común.

Neste modelo de Estado é onde se formula abertamente a separación do plano público e do privado,
preservándolle ao individuo a súa autonomía e o seu propio espazo fronte ao común. Velaí a garantía do
pleno desenvolvemento do individuo. O Estado liberal asenta os seus alicerces sobre os principios de
soberanía popular, a división de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), o principio de igualdade ante a
lei e a protección dos dereitos fundamentais e liberdades básicas. En definitiva, o Estado liberal
caracterízase polo que Locke sinalou no seu Segundo Tratado sobre o Goberno Civil.

Entre as diferentes causas da crise do modelo de Estado liberal están as limitacións do sufraxio censitario
(e os diferentes movementos sufraxistas e loitas pola universalidade do exercicio do voto); a
incapacidade de alcanzar o benestar colectivo desde un capitalismo sen regulación (e a necesidade do
establecemento dun mínimo marco regulador da economía desde os poderes públicos); e a organización
do movemento obreiro e o incremento da conflitividade social (coa conseguinte loita por mellorar a
calidade de vida dos traballadores para reducir a capacidade de influencia das organizacións obreiras).
Tema 2. Os fundamentos teóricos doa política social.

A dificultade para a conceptualización da política social.

Titmuss: A definición en si mesma é un “problema insoluble” Donati: Existen tantas definicións como
autores.

Definición xenérica de Política Social: o deseño e a execución programada e estruturada de todas aquelas
iniciativas adoptadas para atender unha serie de necesidades consideradas básicas para a poboación con
arranxo ao baremo da civilización definido no que se denomina como sociedades industriais avanzadas.

As axencias públicas-estatais están interesadas na Política Social, pero tamén se incorporou o que
Habermas denominou a nova esfera pública: unha situación na que os límites entre o privado e o público
están cada vez máis difuminados. Ámbitos de actuación da Política Social: as necesidades básicas e
colectivas que teñen os cidadáns, calquera das formas que supoñan o mantemento das condicións xerais
que impidan a marxinación social en calquera das súas expresións. Estas necesidades defínense en
virtude dos sucesivos pactos sociais que se van producindo no seo de sociedades cada vez máis
cambiantes.

As primeiras definicións e antecedentes da política social.

Antecedente: ROBERT MOHL (1845); Sozialpolítik: fai referencia a unha especie de teoría de regulación
dos fins sociais que fose diferente da política xurídica imperante naqueles intres dentro da Teoría do
Estado.

Asociación da idea de Política Social e a figura do Estado: enténdese que a Política Social é un
instrumento característico do Estado moderno que se ten empregado coa finalidade de paliar conflitos
sociais que se viñan producindo desde os labores do século XIX. Asemade, a Política Social tense
empregado como unha ferramenta ao servizo da equipación social e o benestar colectivo.

Catro parámetros principais que delimitan o concepto de Política Social:

1. O concepto de Estado Social.


2. A idea de Welfare State.
3. A concepción liberal da orde social e económica.
4. A concepción socialista e socialdemócrata.

O Estado social.

Durante a República de Weimar, Herman Heller acuña o termo Estado Social de Dereito e senta unha das
bases da socialdemocracia coa reformulación do concepto de Estado de Dereito en confrontación coa
visión liberal. Antecedentes:

1. A contribución do socialismo utópico da primeira metade do século XIX (FERDINAND LASALLE).


2. O aporte teórico de LORENZO VON STEIN de mediados do século XIX e o concepto de monarquía
social.
3. O movemento obreiro do século XIX (ABENDROTH).

A idea de Estado Social cobrou carta de natureza na Lei Fundamental da República Federal Alemá (1949),
que no seu artigo 20 definía a República como “un Estado federal, democrático e social”, e no seu artigo
29 insistía en identificarse como un “Estado Democrático Social de Dereito”. A influencia da norma
constitucional alemá albiscase na Constitución Española no seu artigo 1: “España constitúese nun Estado
Social democrático de Dereito”.
García Pelayo: O Estado social é a tentativa de adaptación do Estado liberal burgués ás condicións sociais
da sociedade industrial e postindustrial, na que se xeran novos problemas e tamén novas condicións para
a súa superación.

Principios básicos do modelo de Estado liberal:

Liberdade, propiedade individual, igualdade, seguranza xurídica e a participación dos cidadáns na toma
de decisións (sufraxio). Prímase a idea de individuo.

Principios do Estado social e democrático: non hai individuo sen sociedade, nin sociedade sen individuo.

1. Dereitos formais.
2. Dereitos materiais: aqueles que supoñen custo económico.

Medidas concretas do Estado Social:

1. Desenvolver todo tipo de sistemas complexos de cara a alongar a vida humana (educación e
sanidade).
2. Asegurar os distintos aspectos vitais da sociedade (defensa e seguranza física; ecolóxica, dereitos
de terceira xeración).
3. Realizar unha serie de prestacións sociais garantidas por normas constitucionais:

a. A fixación dun salario laboral mínimo.


b. A procura dun posto de traballo para todo cidadán cunha economía ao servizo do
obxectivo o pleno emprego.
c. A cobertura da incapacitación, temporal ou permanente, para o traballo.
d. O incremento das posibilidades vitais da poboación.

O Estado de benestar.

Diferenza entre Estado Social e Estado de Benestar: todo Estado de Benestar é un Estado Social, pero
non todo Estado Social é un Estado de Benestar.

MISHRA: Os gobernos das nacións terían a obriga e o deber de garantir a toda a cidadanía un nivel de
vida aceptable nos seus mínimos. Non se trata de alcanzar o ideal comunista de igualdade absoluta,
senón de evitar claras e abertas desigualdades entre cidadáns.

Tres dimensións de actuación do Estado do Benestar:

1. Regulación da Economía de Mercado.


2. Garantía de provisión de servizos con carácter universal.
3. Construción dunha rede de seguridade asistencial para os máis desfavorecidos.

Tres grandes obxectivos do Estado do Benestar:

1. Acadar o pleno emprego.


2. Dispor de servizos sociais de carácter universal.
3. Dispor dunha rede asistencial que ofreza a seguridade última ao sistema social.

A influenza das dúas grandes correntes de pensamento.

-O pensamento liberal.

A crítica ao Estado do Benestar:

1. Crítica á regulación da Economía de Mercado e á intervención do Estado na sociedade civil.


2. Esforzo corrector do Estado ante as desigualdades remata por por xerar maior pobreza e tamén
maior desigualdade.
3. A forza do libre Mercado e da propia sociedade civil reclamarán o mellor de cada un dos cidadáns.
4. Unha economía non controlada medrará de forma expansiva, polo que é innecesaria a
intervención estatal, xa que se incrementará o benestar e a riqueza para todos.

En definitiva, o pensamento liberal esixe que o individuo poda circular coa maior liberdade posíbel dentro
dun sistema de igualdade de resultados que, por forza, ha de ser utópica. Xa que logo, a Política Social
debe ir encamiñada cara a garantir a mellora das oportunidades individuais (DAHRENDORF).

-A formulación socialdemócrata.

Para a socialdemocracia, a Política Social implica pública implica intervención pública e colectiva dirixida a
promover o benestar social dos individuos, co fin de aproximarse o máis posíbel ao obxectivo da
igualdade e da seguridade, especialmente naqueles ámbitos nos que é máis fácil que se produza a
desigualdade. O Mercado aparece como un deses principais ámbitos.

Os modelos da Política Social.

Primeiro tipo de modelos Segundo tipo de modelos Terceiro tipo de


(DONATI) modelos OFFE e
Política Social como caridade LENHARDT
Modelo residual
É a interpretación máis básica da Política Modelo formalista
Social. Apela á participación dos grandes As institucións vencelladas á
poderes públicos na axuda de aqueles que son Política Social só debe Aquel que prescribe
incapaces de competir cos demais. Esta liña de intervir (temporalmente) sen interesarse polo
traballo ten unha clara compoñente ética, cando falla o mercado resultado.
comunitaria, humanitaria e universalista. privado ou a familia
Modelo normativo
Política Social como garantía de control social Modelo adquisitivo-
executivo Para alén da
A Política Social é un xeito de garantir de prescrición, constata
forma regulada as condicións de vida de certos A Política Social debe a diferenza entre
estratos sociais co fin de manter a orde social. construírse desde a óptica norma e resultado.
O Estado intervén ao servizo das clases de colaborar ao benestar do
dominantes mediante unha Política Social que cidadán na medida en que Modelo materialista
cubre as necesidades básicas dos estratos isto contribúa á riqueza
sociais que poden ser protagonistas dunha común. Aborda a
rebelión social. formulación e o
Model institucional- resultado da Política
Política social como mecanismo de reprodución redistributivo Social partindo da
social trama material das
O benestar social é un valor relacións sociais de
A intervención do Estado exprésase a través de máximo relevo de modo clase e de poder.
dunha Política Social que buscará reproducir as tal que se configura un
condicións materiais de vida da forza de servizo universal á marxe do
traballo, reproducindo asemade as relacións de mercado e sobre a base do
clase. principio da necesidade.

Política Social como realización do dereito Modelo total


social da cidadanía
Procédese a unha
A Política social fica inserida dentro do marco planificación total na que o
xurídico-político, lonxe de posicións único criterio de asignación
ideolóxicas, e implica unha concepción global
que implica a todas as forzas e axentes sociais. é o puro benestar.

Tema 3. A configuración do Estado do Benestar.

As orixes do Estado de benestar.

Antecedentes políticos.

-A influenia do xudeocristianismo, con doutrinas que preconizaban (defendían) a práctica da caridade


e o amor ao próximo.

-En termos estritos: Wolhfarsstaat (II Reich 1871-1918). Durante o reinado de Wilheim II, o seu
chanceler, Otto Von Bismarck influíu para que se realizara un labor lexislativo de carácter social que
regulase determinadas condicións sociais como o seguro de enfermidades, o seguro de vellez, o subsidio
por desemprego, ou aspectos relacionados coa hixiene e a seguranza no traballo. Bismarck reprimiu
severamente o movemento obreiro e promoveu paradoxalmente o benestar dos traballadores para
afastalos da tentación revolucionaria, ao mesmo tempo que formulaba outras políticas de profundo
carácter conservador e tradicionalista.

-A incidencia da chamada “Economía mundo” (Inmanuel Wallerstein) no desenvolvemento do


capitalismo primitivo. Ata o século XIX, o diñeiro público investíase en administrar xustiza e no
exército. Segundo Wallerstein, o poder político non está só nas mans do Estado, senón que tamén reside
nos que xestionan a economía. Xa no século XVI, momento no que este autor localiza a orixe da
Economía mundo, era manifesta a capacidade de incidencia na toma de decisións políticas dos
mercaderes e dos financeiros. A idea da Economía mundo identifica a existencia de poder económico e
político cunha representación no espazo xeográfico: existe un centro no que se concentra o poder e a
riqueza, rodeado por dúas rexións desenvolvidas e, finalmente unha periferia pobre. Unha consecuencia
da Economía mundo é o pensamento único, que se basea en que o mercado é global e o poder está
coordenado polos Estados, a grande patronal, os medios de comunicación e os intelectuais ao seu
servizo. Cómpre indicar que Wallerstein é un referente para moitos grupos antiglobalización.

-A Convención e o Comité de Saúde Pública ou de Salvación Pública (A Revolución Francesa) e


as propostas de Babeuf (a República ou a conspiración dos iguais). Durante a Revolución
Francesa (1789- 1799) preténdese establecer un modelo político consecuente coa separación de poderes
que preconizaba. Deste xeito, o poder lexislativo estaba representado na Convención, a modo de
parlamento, e o poder executivo no Comité de Saúde Pública, sendo Robespièrre o seu principal
referente. Ao longo deste período formuláronse unha diversidade de novas propostas para establecer un
“sistema de seguridade social” e, de igual xeito, introducíronse distintas reformas constitucionais que
introducían o dereito á educación, ao traballo, á protección dos máis desfavorecidos co diñeiro público,
etc. Por outra banda, entre 1795 e 1796 tivo lugar a “Conspiración dos iguais”, que foi unha reacción
fronte á represión que estaba tendo lugar. Babeuf e outros intelectuais, que estaban descontentos co
resultado que estaba dando a Revolución, reclamaban o que denominaban “a República dos iguais”: non
só aspiraban a unha plena e absoluta igualdade dos cidadáns ante a lei, senón que tamén a desexaban a
nivel económico, para o cal era necesario alcanzar a prohibición da propiedade privada e da herdanza, e
implantar a administración común dos bens. Con estes postulados, é doado entender que este
movemento sexa interpretado como un antecedente do comunismo.

-A confusión co Estado social (ligazón no fascismo). Aparecen Estados fascistas que son totalmente
contrarios ao que se entende por Estado social, aínda que os seus creadores traten de equiparalos, xa
que en el promulgábanse leis en contra do inimigo, instaurase o delito por opinión, prohíbese a existencia
de partidos políticos e sindicatos (só hai un partido e un sindicato).
-A identificación co liberalismo (partidos demócrata- cristiáns). Estes partidos tiveron un papel
moi importante, despois da II Guerra Mundial, na constitución do Estado do Benestar. Nun Estado social
cunha economía social de mercado, o “excedente social” debe ser destinado a un gasto social
redistributivo e sería para os cidadáns como un “salario indirecto” (servizos de sanidade, educación, etc).

Os movementos de protesta.

Son un mecanismo de presión que trata de alcanzar algo. Pódese falar de Estado do Benestar no intre no
que o propio Estado comeza a intervir activamente na sociedade a prol dos máis desfavorecidos.
Algunhas datas importantes son:

1791: Lei de Le Chapelier (prohibición do dereito de asociación).

1833: No Reino Unido implántase a xornada laboral de 10 horas para os adultos e 8 para os nenos.

1836: Trade Union e a People ́s Chart.

1848: Revoluciones liberais en Europa.

1875: Fundación do SPD (lexislación antisocialista de von Bismarck).

-Gran Bretaña.

O proceso de industrialización empezou a finais do século XVIII e desenvolveuse durante o século XIX.
Paralelamente vaise xerando unha conciencia colectiva sobre as duras condicións de traballo que sofren
os obreiros e as inxustizas que padecen, o cal tamén vai derivar en protestas cada vez máis organizadas.

En 1836, a asociación de obreiros (Trade Union) fixo unha serie de reivindicacións no que se denominou
a People ́s Chart, que deron lugar ao movemento do cartismo. Entre estas reivindicacións destaca a
petición do sufraxio universal porque pensaban que a través das reformas pacíficas a introducir no
Parlamento se podería chegar a conseguir avances socioeconómicos. Ata 1847 non conseguiron reducir a
xornada laboral dos adultos a 10 horas e a dos nenos a 8.

-Alemaña.

Desde 1840 houbo un grande movemento asociativo que se desenvolvía baixo unhas condicións moi
desfavorábeis. En 1848, derrógase a lei que prohibe a asociación política e sindical. En 1875, fúndase o
Partido Socialdemócrata Alemán (SPD), e o seu ascenso electoral traerá consigo unha lexislación
antisocialista pero social, promovida por Otto von Bismarck.

Esta lexislación social foi pioneira en Europa pero non se fixo efectiva, polo que non chegou a supoñer un
cambio real na vida das persoas, xa que as altísimas cotizacións eran pagadas polos traballadores, non
polo empresariado.

-Francia.

Entre 1831 e 1834 houbo un movemento insurreccional e popular dos “tecedores de Lyon”, que deu paso
á aplicación da lei de Le Chapelier que prohibía o dereito de asociación (aprobada na Revolución
francesa). Foi un movemento histórico no que houbo unha participación obreira moi importante, que fixo
que a II República francesa xirase cara a unha vertente máis social, mesmo algunhas das formulacións
teóricas dese momento se consideran básicas para a creación do Estado do Benestar. Blanc, socialista
francés que participou na revolta, falaba da creación de obradoiros nacionais, é dicir, unha especie de
cooperativas que, con financiamento público, estarían administradas polos obreiros.
-España.

En 1879, fúndase o PSOE, que non chegará ás Cortes Xerais ata 1910. En 1888, fúndase a UGT.

En 1883, creouse a Comisión de Reformas Sociais. O seu cometido era estudar cuestións para mellorar a
calidade de vida da clase obreira, agrícola e industrial. Como resultado do mesmo, creouse o Instituto de
Reformas Sociais, encargado de mellorar a lexislación laboral e a calidade de vida dos obreiros. Podería
considerarse o embrión do sistema da seguranza social e da creación dun ministerio de traballo. O seu
impulsor foi Segismundo Moret.

En 1910 naceu a anarquista CNT (Confederación Nacional de Traballadores). As reivindicacións e os


cambios e reivindicacións que promoveu, suporían un movemento revolucionario importante baseado en
folgas e protestas.

En 1919 o liberal Romanones propugnou a redución da xornada laboral, que se fixou en 8 horas diarias.

En 1923 instaurase a ditadura de Primo de Rivera e prodúcese unha grande intervención do Estado
baseándose no modelo imposto na Italia de Mussolini.

Outros elementos que contribuíron á conformación do Estado do Benestar.

Algunhas elaboracións intelectuais que posteriormente foron formulacións teóricas e feitos que puideron
ser factores que contribuíron e mesmo son causa ou detonante do Estado do Benestar son:

-A Comuna de París en 1871.

A Comuna de París foi unha experiencia revolucionaria e obreira de autoorganización popular da cidade,
que durou escasamente tres meses (18 de marzo a 28 de maio de 1871), e que foi brutalmente
reprimida polas tropas enviadas pola Asemblea Nacional francesa (calcúlase que morreron máis de
20.000 persoas). A Comuna estaba formada polos consellos municipais, elixidos por sufraxio universal
nos distritos das cidades, obreiros na súa maior parte. Durante a súa vixencia adoptaron medidas de
protección das clases traballadoras, de igualitarismo radical e revolucionario: unha única xornada laboral,
unha única retribución para todos os traballadores, etc. Foi, en definitiva, un importante precedente
revolucionario que se proxectou mesmo na revolución bolchevique.

-Os Socialistas de cátedra: (Lei de Wagner, 1876).

A etiqueta de socialistas de cátedra pretendía ser unha “expresión irónica” para referirse a un grupo de
profesores e políticos alemáns que na segunda metade do século XIX fundamentaron teoricamente por
primeira vez a integración pacífica do capitalismo no socialismo. Tiñan a convición da posibilidade de
implantar reformas sociais e económicas necesarias desde arriba, do Estado á sociedade. Desde as súas
cátedras universitarias avogaban por un reformismo burgués presentado como socialista: o Estado está
por riba das clases, e é capaz de conciliar clases antagónicas e instaurar, pouco a pouco, o socialismo sen
lesionar os intereses do capitalismo. Ante a dúbida de que intereses poden ter as clases dominantes para
realizar estas reformas, os socialistas de cátedra argumentan que a natureza do proceso é imparábel e
que se corresponde coa evolución racional da sociedade, con independencia do que crean ou desexen os
seus protagonistas. Unha das figuras máis significativas desta escola de pensamento, Adolph Wagner,
formulou unha serie de hipóteses sobre algunhas cuestión vinculadas á facenda pública, e máis en
concreto sobre o gasto público e a participación do Estado na economía, que se deu en chamar a Lei de
Wagner.

-A sociedade fabiana (matrimonio Webb, orixe do laborismo británico).

A sociedade fabiana foi creada en 1883 por Thomas Davidson e xurde como un movemento, participado
principalmente por intelectuais, para a propagación das doutrinas económicas tendentes a acadar unha
maior xustiza social. A súa particular denominación procede do nome do xeneral romano Quinto Fabio
Máximo, chamado o Cunctator (o contemporizador), famoso polas súas tácticas de resistencia e desgaste
continuado do inimigo, fronte a outras militares que optaban polo enfrontamento directo. A sociedade
fabiana pretende trasladar esa forma de proceder como xeito de facer avanzar o socialismo: o camiño é a
reforma e a corrección desde os poderes públicos das desigualdades sociais, a través de campañas coas
que gañar o maior grao de respaldo popular, fronte ao marxismo de corte clásico, que alimenta o conflito
de clases e busca a a vía revolucionaria para implantar o socialismo.

-O catolicismo social (de Rerum Novarum, León XIII, 1891).

Na Europa de finais do século XIX o catolicismo aínda era un argumento artellador das vidas e almas da
inmensa maioría da sociedade. Velaí a importancia como axente social do Papá. Sendo consciente disto, e
do contexto social no que vivía, o Papa León XIII proclamou en 1891 a Encíclica de Rerum Novarum, das
cousas novas, no que se formulan as primeiras propostas do que se deu en chamar o catolicismo social.
Se ben é certo que marcaba unha profunda distancia do marxismo, esta formulación contribuíu ao corpo
doutrinal do estado do Benestar, en especial no tocante aos postulados de igualdade, salario xusto e a
lexitimación da asociación profesional e sindical.

-Bernstein e as tarefas da socialdemocracia alemá (1899).

Eduard Bernstein (1850-1932) é considerado o pai do revisionismo e un dos principais fundadores da


socialdemocracia. Sendo membro do SPD, e viuse na obriga de exiliarse a Suíza durante o período de
persecución ao que von Bismarck someteu a ese partido. Máis adiante marchou a Gran Bretaña, onde
contacta con Engels e tamén coa Sociedade Fabiana, a que influiría notablemente no seu pensamento
político. A súa formulación política fica plasmada no seu libro As premisas do socialismo e as tarefas da
socialdemocracia (1899), no que non expresa a súa oposición aos obxectivos revolucionarios, pero si a
súa discrepancia ao respecto dos medios. Tamén trata de desmontar algúns dos principios básicos do
marxismo:

 O capitalismo ten unha capacidade de superación dos conflitos e de integración moi superior á
que se pensara nas orixes do movemento socialista.
 En consecuencia, o mellor que poden facer as organizacións obreiras é dirixir a súa acción a
través de institucións políticas (defensa do sufraxio universal e da socialización gradual para
atraer aos sectores burgueses).
 Tampouco rexeita totalmente a idea da propiedade privada.

Estes aportes non foron asumidos nun primeiro momento polo SPD, pero na segunda metade do século
XX a socialdemocracia europea e alemá retoma os seus postulados.

A revolución mexicana (1910).

A revolución mexicana acaba coa aprobación da Constitución de 1917. É a primeira constitución do


mundo na que se atopa unha garantía de dereitos laborais e colectivos (por exemplo, a educación
gratuíta) e tamén se considera a primeira revolución social de América Latina.

A revolución bolxevique (1917).

A revolución bolxevique, baixo a dirección de Lenin, foi a primeira revolución comunista declarada como
tal, e tivo grande influencia, tanto positiva como negativamente, en distintos lugares e sectores da
poboación. O éxito revolucionario animou a un segmento importante do movemento obreiro do resto de
Europa, que nalgúns casos crían que os tempos revolucionarios eran chegados nos seus respectivos
países, instigado tamén polo principio do internacionalismo proletario: o levantamento espartaquista, con
Rosa Luxemburg, en Alemaña (1919); a declaración da República Soviética Húngara, con Béla Kun
(1919); ou a Revolución de Asturias, de 1934 (co antecedente da folga xeral revolucionaria de 1917). Ao
mesmo tempo, as clases sociais dominantes poñen en marcha mecanismos represores ante a ameaza
emuladora da revolución rusa.

A República de Weimar.

Este período histórico tivo lugar desde que se constituíu a Asemblea Nacional, en 1919, e durou ata a
derrogación da Constitución en 1933, cando asume o poder o Partido Nacional Socialista do Traballo de
Adolph Hitler. Esta constitución recollía medidas innovadoras como o sufraxio feminino, a iniciativa
lexislativa popular ou a xornada laboral de 8 horas.

A transición cara ao Estado de Benestar.

A crise de 1929.

O 24 de outubro de 1929, coñecido como o martes negro, produciuse o que se deu en chamar o crack da
bolsa de Wall Street. As persoas que investiran os seus aforros en accións ven como se esfuman porque
os bancos se declaran en creba; aínda que esta situación foi precedida de significativos problemas sociais
como a diminución dos salarios e o aumento do paro, non se soubo reaccionar para evitar a catástrofe. O
Estado e as empresas non foron quen de facer fronte aos problemas económicos, co que a crise non foi
paliada ata o ano 1932.

En termos xerais, esta época crítica caracterizouse por:

 A capacidade de producir superou ao consumo.


 A insuficiencia da demanda para absorber a oferta.
 Os baixos niveis de consumo e de produción.
 Os elevados índices de desemprego.

A teoría keynesiana.

Keynes pode ser considerado como o economista de maior influencia na primeira metade do século XX.
As súas formulacións son a base da xustificación económica do Estado do Benestar. A súa principal
influencia foron os seus profesores e compañeiros da Universidade de Cambridge, como Alfred Marshall
(mestre de Keynes que sostiña que, se ben é certo que o progreso económico depende do libre mercado,
este produce deficiencias no benestar social) ou Arthur C. Pigou (compañeiro de estudos, que xa en
1920, na súa obra Economía do Benestar, introduce a noción de benestar como obxectivo da facenda
pública, e vincula o benestar á maior riqueza e a igualdade á idea de redistribución da propia riqueza).

John Maynard Keynes, cuxa obra capital é A teoría xeral da ocupación, os xuros e o capital (1932) nega a
máxima de que o sistema económico teña mecanismos de autorregulación. Isto é, as crises económicas
non se poden resolver a través dos instrumentos do propio mercado. Defende un modelo de economía
mixta na que a iniciativa privada é combinada coa intervención do estado.

Na formulación da súa nova política económica, resérvalle un papel protagonista ao Estado, xa que
entendía que este debe:

 Reforzar o sector público.


 Impoñer a planificación económica desde o poder.
 O goberno debía constituírse en árbitro na relación entre o capital e o traballo.
 Proceder a unha mellor redistribución da renda.
 Converterse no principal empresario industrial, coa promoción de grandes obras públicas e así
facer fronte ao desemprego.

A premisa da dinámica económica segundo Keynes.


A baixa ocupación e os baixos salarios correspóndense con baixos niveis de consumo. Para reactivar o
consumo é preciso incentivar o investimento. O investimento é a chave para o aforro, para a xeración do
futuro novo investimento, para a creación de novos postos de traballo, para a suba dos salarios e para a
reactivación do consumo. Baixo esta premisa é factible o concepto do pleno emprego.

A intervención do Estado na economía.

O Estado debe intervir para corrixir as flutuacións económicas; así se adopta “as medidas tendentes a
redistribuír os ingresos dun xeito que teña posibilidades de elevar a propensión a consumir poden ser
positivamente favorábeis ao crecemento do capital” . Deste modo, por exemplo, o sistema de impostos e
de taxas poden transformarse en ferramentas coas que o Estado debe influír para incentivar o consumo;
ou o seguimento da política monetaria convértese no medio máis eficaz para estimular o investimento. E
todo isto desde a idea de que as respostas do Estado sempre deben ser formuladas a curto ou a medio
prazo, nunca a longo.

O discurso antikeynesiano.

O impacto da formulación de John Maynard Keynes está aínda presente no discurso económico da
actualidade. E, de igual xeito, tamén o está o seu reverso argumental: Friedrich Hayek. O enfrontamento
entre este austríaco e o economista británico marca un debate vivo até hoxe mesmo. A principal obra de
Hayek, Camiño de servidume (1944), é un crítica aos postulados de Keynes: o incremento do gasto
público a grande escala, para loitar contra o desemprego, conducen a unha inflación incontrolable; a
economía planificada pode conducir á tiranía política; a iniciativa na dinamización do consumo debe vir da
man da iniciativa privada e do aforro, non do déficit público; e as políticas económicas deben ser
pensadas con certo alcance temporal.

O debate entre ambos autores, que practicamente é tanto como dicir a eterna discusión entre liberais e
socialdemócratas, reproduciuse coa crise do petróleo e coa crise do ano 08, cos herdeiros de cadanseu
pensamento.

A economía social de mercado.

Ao longo deste período de crise, non foron poucos os liberais que se viron na tesitura de revisar os seus
postulados, co fin de compatibilizalo coa política social. Dentro deste proceso de renovación ideolóxica
Alfred Müller-Armack acuña o concepto de economía social de mercado (Economía dirixida e economía de
mercado; 1947), coma unha terceira vía entre o que entende a ineficacia do modelo comunista de
planificación económica e a brutalidade do capitalismo máis salvaxe. A súa achega tradúcese en que o
liberalismo non exclúe que o Estado capte fiscalmente unha parte da renda nacional para destinala á
defensa militar, seguros sociais, ensino e investigación científica.

Cómpre ter en conta que os teóricos da economía social de mercado defínense como anti keynesianos. Só
así se pode entender que autores como Walter Eucken (fundador do chamado ordoliberalismo, unha
resposta liberal á dereita máis conservadora e capitalista) afirmen que o obxectivo do pleno emprego só
é posible a costa da escaseza, e que a intervención do Estado debe ser moderada e debe ir encamiñada
ao aumento da prosperidade mediante a competencia. Esta última idea tamén era compartida por Ludwid
Erhard, aínda que o seu principal aporte foi o de definir e demostrar (foi o ministro de economía durante
o período coñecido como o milagre alemán) un dos piares básicos da economía social de mercado: para a
garantir a creación de riqueza, o Estado debe promover a estabilidade monetaria.

Segundo os académicos Denton e Forsyth, os presupostos teóricos para unha guía da intervención do
Estado na orde competitiva serían:

 A primacía da política monetaria (moeda estable).


 A necesidade de mercados abertos (non monopolizados).
 A propiedade privada dos medios de produción e a liberdade de contratación.
 A competencia completa que se propugna non é a competencia perfecta (fenómeno no que as
empresas non poden manipular o prezo do mercado), senón o maior grao de competencia
posible.

O New Deal (O novo contrato).

A crise de 1929 pon en evidencia as supostas bonanzas da libre competencia. O Presidente Franklin
Delano Roosevelt formula en 1932 a necesidade de que os Estados Unidos practique o intervencionismo
económico de cara á regulación de algúns aspectos da produción.

O New Deal pode definirse como un conxunto de medidas económicas postas en marcha polo Presidente
Franklin D. Roosvelt, entre 1933 y 1937, para actuar de forma enérxica sobre o que se consideraban as
causas da grave crise económica de 1929. Esta nova política económica tiña como fundamento o
intervencionismo estatal.

As principais medidas do New Deal:

 Depreciación do dólar.
 Recuperación do sector agrícola, a través de programas como Federal Superplus Relief
Corporation (encargado da adquisición do excedente da produción agrícola e da administración do
mesmo aos máis desfavorecidos).
 Reactivación da produción industrial aumentando os salarios, reducindo a xornada laboral e
cunha suba de prezos para corrixir os descensos provocados pola Grande Depresión.
 Política de subvencións a fundo perdido aos bancos en dificultades.
 Política dirixida a loitar contra o desemprego.
 Formulación de programas de asistencia social para parados e indixentes, como a creación da
Federal Emergency Relief Administration (FERA), para a asistencia a desempregados a través de
diferentes programas (cooperativas).
 Constitución da Public Work Administration, órgano encargado dos traballos públicos, obras e
infraestructuras.

Acordos de Saltsjöbaden (Suecia).

Na pequena localidade sueca de Saltsjöbaden chegouse a un acordo, en 1938, entre patronal e sindicatos
que permitiu salvar algúns atrancos importantes de índole laboral. Este acordo supuxo por primeira vez o
compromiso entre o capital e o traballo, e a exclusión dos métodos propios da loita de clases, así como a
superación da necesidade de dispoñer dun marco lexislativo. O pacto foi un exemplo que se estendeu
polas sociedades avanzadas e significou a institucionalización da negociación entre traballadores e
empresarios.

O Informe Beveridge. O concepto de seguridade social.

Se Keynes supón a argumentación económica para o sustento do Estado do Benestar, Beveridge


proporciona a súa xustificación social.

Os precedentes do concepto de seguridade social.

A primeira constancia da que se dispón sobre a utilización do termo seguridade social foi no discurso de
Simón Bolívar ante o Congreso de Angostura (Venezuela, 1819), durante a súa proclamación como
Presidente da Grande República de Colombia (Venezuela, Colombia, Panamá e Ecuador): “o sistema de
goberno máis perfecto é aquel que produce en maior suma de felicidade posible, maior suma de
seguridade social e maior suma de estabilidade política”. Con todo, a expresión neste intre histórico non
foi empregada coa acepción que se manexa na actualidade.
Habería que esperar á aprobación da “Social Security Act” en 1935, durante o mandato presidencial de
Franklin D. Roosvelt, para contemplar o uso do concepto seguridade social tal e como se entende ao día
de hoxe. Esta lei establecía seguros de vellez e previsións para o desemprego dos traballadores da
industria (na liña de seguros sociais establecidos nas leis europeas da época), pero o seu elemento
innovador radica en que reagrupa diferentes medidas, reflectindo así o propósito dos poderes públicos de
afrontar conxuntamente os problemas sociais e dar as solucións coordinadamente.

Ademais dos precedentes mencionados, o máis inmediato ao concepto de seguridade social de Beveridge
foi formulado no sistema de asistencia que se establece en Nova Celandia en 1938, coa súa lei de
seguridade social (tamén chamada Social Security Act): por primeira vez se establece sistema de
asistencia estruturado e con vontade de permanencia, financiado a cargo dos orzamentos xerais,
orientado a combater a indixencia e contra as consecuencias económicas derivadas da enfermidade, o
desemprego, a vellez, a invalidez ou a morte do cabeza de familia. A estas axudas teñen acceso toda a
cidadanía cun nivel de vida que se atope por debaixo dun mínimo obxectivo.

O primeiro Informe Beverige ou o Social Insurance an Allied Services.

A inicios da década dos 40, o Goberno conservador de Gran Bretaña (presidido por Winston Churchill)
encargoulle a William Henry Beveridge (representante do Partido Liberal na Cámara dos Comúns en
1942, e o representante máis destacado do grupo liberal na Cámara dos Lores en 1946) que presidira
unha comisión interdepartamental (formada por funcionarios e representantes ministeriais) que debería
redactar un informe sobre os seguros sociais existentes, así como propoñer as reformas que considerasen
pertinentes. Deste xeito, a comisión avaliou a maior parte das leis que se tiñan elaborado nos 45 anos
anteriores, e tamén buscou referencias no modelo neocelandés á hora de propoñer alternativas. Este
informe foi enviado ao Parlamento baixo o título de Report to the Parlament on Social Insurance and
Allied Services (Informe para o Parlamento sobre os seguros sociais e os servizos que se lle vinculan) en
1942. Dado que no informe se tomaban consideracións políticas, só foi asinado por Beveridge na súa
calidade de presidente.

Aspectos destacables do primeiro Informe Beveridge:

No seu conxunto, o sistema existente en Gran Bretaña, agás nos servizos médicos e as medidas sobre a
maternidade, eran comparativamente mellores que os que estaban en vigor noutros países. Pero, de
igual modo, tamén sinalaba que existían importantes deficiencias, entre outras:

 Excluía da percepción das axudas e dos servizos a amplos sectores da poboación.


 As prestacións eran consideradas insuficientes.
 Apreciaban unha importante descoordinación administrativa.
 Como consecuencia da descoordinación, o custo económico dos servizos era maior.
 Non se tiña en conta a situación familiar dos perceptores de seguros.
 Existían unha serie de riscos que non estaban previstos ou cubertos polos seguros públicos.

O informe reflicte tamén unha serie de principios nos que se fundamentou e estuda minuciosamente
numerosas cuestións técnicas sobre a forma de conceder os seguros, o importe das prestacións ou os
métodos de administración.

Os obxectivos das recomendacións do Informe Beveridge:

Un dos principais obxectivos é o de abolir a indixencia, tomando a ferramenta da seguridade social como
a máis axeitada para esta medida, xa que se entendía que unha das principais causas da pobreza tiña a
súa orixe na interrupción ou perda da capacidade de gañar diñeiro. Velaí que se propuxera que o seguro
nacional se entendera como o mínimo de ingresos que debía garantirse a todas as persoas, e o acceso ao
mesmo como un dereito.

A diferenza do sistema neocelandés, o sistema de Beveridge propugnaba que as prestacións se


obtivesen, non mediante axudas gratuítas do Estado, senón a cambio de contribucións únicas e
uniformes, independentemente do nivel de vida do asegurado. Así, o fondo para as principais prestacións
(desemprego, incapacidade e xubilación) estaría constituído por contribucións dos asegurados, os patróns
e o propio Estado. Precisamente, en defensa do principio contributivo, Beveridge argumentaba que do
que se trataba era de establecer un sistema de seguros e non dun acto de caridade. De igual modo, e
para convencer aos conservadores escépticos, Beveridge explica que a asunción por parte do Estado dos
gastos de enfermidade e das pensións por xubilación permitiría á industria británica incrementar a súa
produtividade e, como consecuencia, aumentar a competitividade.

O mínimo de ingresos debía ser compatible cos seguros privados e as prestacións debían ser o
suficientemente altas como para garantir a subsistencia e impedir a extrema necesidade (renda mínima),
pero sen entrar no conflito coa iniciativa privada (os seguros voluntarios)

Os principios nos que se basea o Social Insurance and Allied Services levaron a unha nova concepción
dos seguros e supuña máis técnicas específicas en relación coas teorías predominantes ata ese momento.

O informe incorpora principios fundamentais:

 As prestacións serían uniformes independentemente do nivel de renda da persoa.


 As contribucións tamén serían igualmente uniformes (os asegurados tamén debían pagar unha
contribución única semanalmente, cotizando con elas todas as prestacións).
 A xestión administrativa estaría unificada no seo do Estado.
 A suficiencia das prestacións debía estar garantida, tanto en contía como en duración.
 Debía definirse a amplitude do ámbito de aplicación respecto ás persoas cubertas e tamén
respecto aos riscos que debían protexerse.
 A aplicación do principio de diferenciación, isto é, a seguridade social debía aplicarse tendo en
conta os diferentes modos de vida dos asegurados.

O segundo Informe Beveridge ou o Full Employement in a Free Society.

En 1944, publicouse unha segunda obra denominada O Segundo Informe Beveridge ou o Full
Employement in a Free Society (Pleno emprego nunha sociedade libre) no que se declara a posta en
marcha dun eficaz sistema de protección social, e se contempla unha situación de pleno emprego, só
posible de alcanzar nunha sociedade democrática e libre. A relevancia deste aspecto é a converxencia
que se produce coas formulacións keynesianas.

O informe Beveridge proporcionou as bases teóricas da reflexión para a instauración do Welfare State por
parte do goberno laborista, posterior á II Guerra Mundial (gañaron as eleccións ao conservador Winston
Churchill), e que significou os primeiros pasos do Estado do Benestar británico.

A consolidación do Estado de Benestar.

Para algúns autores, a orixe do concepto do Estado do Benestar está nun termo que describe cambios en
Gran Bretaña referidos á política social e á económica, e que deron lugar a:

 A introdución e aplicación dos servizos nos que se incluía seguranza social, saúde, educación,
vivenda, emprego, e a asistencia a maiores, a persoas con capacidade e nenos necesitados.
 Mantemento do pleno emprego como obxectivo político.
 Un programa de nacionalización.

Para outros, o Informe Beveridge constitúe a primeira formulación completa e, en certo modo,
programática do Estado do Benestar que mesmo deu lugar á expresión de Welfare State.

En calquera caso, ambas as dúas posíbeis orixes falan do Estado do Benestar como o compromiso do
sector público con: pleno emprego, cobertura universal de servizos sociais e a garantía de ingresos
mínimos a todo cidadán. Xa que logo, é unha forma de organización socio-política que nace consolidada
nos anos 40, despois de múltiples tentativas.
A teorías económicas de Keynes y e as propostas sociais de Beveridge, significaron unha nova relación de
mercado, de prioridades e de valores desde a óptica da práctica política.

O necesario entendemento entre as distintas forzas sociais foi posible grazas:

 Á depresión económica da década dos 30 e o capitalismo salvaxe.


 Ás experiencias totalitarias en Europa occidental, do período de entreguerras.
 Á grande ameaza comunista e a expansión en la URSS (Guerra Fría).
 Á II GM, onde sobrevivir á posguerra dependía do esforzo dunha nación.

O Estado do Benestar actual é o produto do acordo xeneralizado, após da II GM, entre as forzas políticas
parlamentares en Europa, especialmente liberais, socialistas “democráticos” e demócrata-cristiás. Nunca
na historia unha construción político-económica tivera un consenso tan amplo.

Este chamado pacto keynesiano conleva un equilibrio baseado en dúas condicións:

A nivel interno de cada país:

 En una situación de pleno emprego, a suba dos salarios reais pode ser na mesma medida que a
productividade (os salarios elevados aseguran a demanda de consumo de bens e servizos).
Asemade, o feito de que o Estado se responsabilice da provisión de sanidade e da educación
reduce custos directos que as empresas terían que afrontar vía salarios).
 O gasto público podería medrar en termos absolutos pero non en termos relativos (o crecemento
debería ter un límite, asegurando mínimos á poboación, canalizando cara ao mercado as
necesidades sociais, sendo o Estado complementario e nunca competitivo do sector privado).

A nivel externo:

1) Poñer en marcha unha nova orde económica internacional de corte librecambista e cunha moeda forte ,
que dera estabilidade ao mercado. O dólar convertíase nun instrumento de dominación política. Este
sistema amosou a súa eficacia, duplicando a produción e multiplicando por seis o volume do comercio
mundial entre 1948 e 1973 (non aconteceu así en materia social, xa que en 1976 o PNB per cápita dos
19 países centrais era 41 veces superior aos dos 34 periféricos máis pobres).

O cumprimento desta premisa supuxo que o Estado debe defender:

1. Non só a propiedade e a liberdade comercial, senón que debe constituír tamén un forte poder
militar que defenda ao mercado, fronte ao poder militar do comunismo (OTAN, 1950).
2. Ao mercado de si propio, deseñando unhas estruturas internacionais que permitiran buscar
garantías para o pleno emprego (paz social), a estabilidade financeira e o crecemento económico
(BM, 1948; OMC 1995 e FMI, 1945).

O Estado do Benestar presenta unhas características para este período:

 A expansión de la demanda: posibilitado polo capital norteamericano, as necesidades de


reconstrución da posguerra e unha clase traballadora satisfeita polo alto nivel de emprego e os
salarios, que lles permitía descubrir o consumo.
 O gasto público expansivo: o sistema necesitaba a asunción polo Estado da educación, da
sanidade e da seguranza social (gravosos para o capital privado) o cal posibilita a acumulación do
capital e a paz social.
 O fordismo: o traballo pasou a organizarse en función dun modelo produtivo baseado na
concentración en grandes cantidades de produtos en serie, estandarizados e baratos.
 endebedamento colectivo: desenvólvese un amplo sistema de crédito, sobre todo ao consumo.
 O consenso social: A aspiración do consumo era tan forte como para garantir a disciplina laboral,
o que á súa vez, fixo posible atender ás reivindicacións salariais grazas aos aumentos da
produtividade.

Tema 4. A crise do Estado de Benestar.

A crise.

O Estado do Benestar tal e como se concibe hoxe en día é froito do acordo xeneralizado, despois da II
Guerra Mundial, entre as principais forzas parlamentarias europeas. Ese acordo, independentemente das
particularidades propias de cada Estado, entende o modelo de benestar ten dúas características
definitorias desde a óptica económica:

Un gasto social moi elevado en proporción ao P.N.B. e unha alta presión fiscal. A premisa básica era que
o gasto social podería medrar en termos absolutos, pero non en termos relativos. Un importante sector
público (mesmo coa posibilidade da economía mixta), aínda que non desde a visión do Estado como
competidor del sector privado, senón como axente complementario.

Tamén é produto ese consenso a posta en marcha unha nova orde económica internacional, en Bretton
Woods (a modo de Conferencia Monetaria e Financeira das Nacións Unidas, en Estados Unidos, no 1944).
O motivo da reunión dos 44 Estados participantes era o de alcanzar acordos económicos concretos que
permitiran a saída da crise da posguerra mundial. Foi precisamente este o período no que se promoveu o
nacemento de institucións fundamentais no marco económico internacional, e que sigue vixentes
actualmente, como son o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial. Desde o primeiro momento,
o protagonismo dos Estados Unidos fíxose notar, máis aínda cando, co fin de dotar de estabilidade ás
transaccións internacionais, fixouse o prezo das diferentes moedas en referencia ao dólar. Este acordo
durou ata a década dos 70, cando os custos da guerra do Vietnam comezaron a afectar á flutuación da
divisa norteamericana.

As causas da crise.

Dúas foron as principais causas promotoras da crise do Estado do Benestar:

 A prolongada crise económica de 1973 (coñecida como a crise do petróleo), o que levou:

o Ao descenso das taxa de crecemento económico.


o Ao decrecemento dos investimentos.
o Ao desemprego, inflación e desequilibrios no balanzo de pagamentos.

 O esgotamento do modelo comunista, que deixou sen referentes ao movemento obreiro


occidental e sen capacidade de resposta ante os recortes que se ían efectuar sobre o Estado do
Benestar.

Dúas vías explicativas á crise:

 A explicación ortodoxa: a inflación provocada pola relaxación monetaria (esta vía segue os
postulados das teorías keynesianas ou mesmo de corte neoclásico e fan culpábeis da crise aos
factores externos do sistema).
 A explicación heterodoxa: a propia lóxica do sistema capitalista é a culpable da crise, debido aos
períodos cíclicos de crecemento e de decrecemento que requiren cambios estruturados para cada
período (esta vía basease nos postulados de Kondratieff, e propagados por Schumpeter, que
afirmaban que tras 25 años de crecemento económico rápido había outros tantos de crecemento
lento ou, mesmo, de decrecemento).

As consecuencias da crise:
As principais consecuencias foron a rotura do consenso da II Guerra Mundial e propostas
neoconservadoras de desmantelamento do Estado do Benestar, desregulación do mercado e a
privatización dos servizos, como no caso de Gran Bretaña, co goberno de Margaret Tatcher que privatizou
hospitais, ferrocarrís, a xestión das prisións, etc. (aínda que anos despois este modelo foi cuestionado
pola baixa calidade dos servizos prestados. O mesmo sucedeu nos Estados Unidos coa Administración
Reagan (aínda que ben é certo que neste caso había moitos menos servizos que privatizar, xa que este
país nunca fora moi intervencionista).

Os efectos:

 A privatización de sectores públicos con resultados desiguais.


 A imposibilidade de desmantelar o Estado do Benestar no seu plano asistencial (aínda que Suecia
e Dinamarca si continuaron levando a cabo políticas sociais e mantendo un elevado gasto social,
até practicamente a chegada da crise do ano 2008).

As perspectivas de futuro.

Na actualidade non hai unha asociación directa entre o crecemento económico e un incremento da
percepción dunha mellor calidade de vida. De feito, estase constatando un proceso de deterioro dos
niveis de vida da poboación máis desprotexida e un incremento da poboación desempregada, mesmo con
ciclos de expansión económica. Todas as vías alternativas centran as súas formulacións no reparto do
traballo (consecuencia do impacto da innovación tecnolóxica) e no cambio no modelo produtivo.

As propostas de Torres López.

Este economista ademais do reparto do traballo, céntrase máis no ámbito económico por entender que é
a raíz da falla de benestar social. Desde esa óptica, propón unha serie de medidas orientadas a modificar
o modelo produtivo e os valores conseguintes:

 A limitación dos poderes da apropiación, xa que é a principal fonte de desigualdade.


 O Estado deberá establecer os mecanismos pertinentes, incluíndo ferramentas de representación
social e de control del gasto público.
 O control dos fluxos financeiros: debido á crecente especulación financeira das economías.
 O reparto do traballo: coa desmercantilización progresiva do traballo, os mercados non son
capaces de xerar novos empregos.
 O desenvolvemento das capacidades endóxenas de cada lugar, protexéndoas e regulando os
intercambios internacionais.
 Reformular as medidas de consumo: impedir a opulencia e o malgasto, e combater a escaseza.
 Fronte á fragmentación propia da sociedade actual, débese recoñecer o colectivo como base da
transformación social.

Outros autores salientan a necesidade do progreso no coñecemento (o rearme da intelixencia) o que


require unha modificación profunda dos sistemas educativos, de xeito que posibiliten a aprendizaxe
continuada, contribuíndo ao desenvolvemento da autonomía persoal e a innovación.

O economista español Carlos Berzosa defende a necesidade do Estado do Benestar afirmando que na
actualidade é máis preciso ca nunca desde o seu papel como barreira activa fronte ás forzas
incontroladas do mercado, e propón caracterizar o Estado do Benestar pola súa solidariedade co
denominado 3º Mundo.

A complexidade das sociedades occidentais como contexto da política social.

Nas sociedades occidentais estase levando a cabo una profunda revisión das súas formulacións
socioeconómicas. Os cambios teñen unha orixe común:

 As revolucións tecnolóxicas.
 A nova división internacional do traballo.
 A disputa polo control da economía globalizada. Isto fai aparecer novas visións sobre a realidade
social con novas solucións e, á súa vez, convértese nun novo contexto para as distintas opcións
da política social.

A reinterpretación afecta basicamente a tres campos:

 Á sociedade da información.
 Á sociedade mergullada.
 Á sociedade dualista.

A sociedade da información.

A automatización do traballo, a dixitalización da información, a comercialización do servizo e a


globalización de valores son as características máis destacábeis desta etapa. A continuación procédese a
examinar os escenarios nos que se manexa a sociedade da información desde a óptica das oportunidades
que oferta, os riscos que supón e os retos futuros que terá que acometer.

As oportunidades da sociedade da información.

A sociedade da información e as novas tecnoloxías conducen ao cidadán a unha sociedade na que a


produción ocupa unha pequena parte do tempo de cada un; mesmo hai quen especula coa posibilidade
de que na era da revolución microtecnolóxica verá como desaparece o concepto actual de traballo: non
haberá traballo a tempo completo e o traballo deixará de ser unha actividade central da vida en
sociedade. Neste contexto, emerxería unha sociedade baseada no ocio, o lecer e a educación (con todo, a
realidade das sociedades avanzadas non están avanzar nada nesta dirección).

Os riscos da sociedade da información.

Tomando o traballo como un dos elementos centrais da actividade económica, o principal risco vén
debuxado pola economía-mundo capitalista, que está a converter o emprego na variable máis importante
nos mercados interiores. Con todo, cada vez é máis frecuente ver como o debate, a previsión e a posible
planificación se efectúa en termos globais, no canto de formalizalo desde as ópticas nacionais.

Ao respecto do futuro da situación do emprego, catro son os escenario posíbeis:

1. Escenario de aceptación do desemprego como prezo a pagar para reducir a inflación. Sería un
escenario aceptable para os que teñen traballo e que terían que asumir unha maior carga fiscal.
2. Escenario do ocio, no que uns poucos, axudados por máquinas, farán o traballo de todos.
3. Escenario de emprego, que se crearía mediante o gasto público en infraestruturas e en servizos
estatais.
4. Escenario do traballo, no que a economía do emprego vese como unha recompensa polo traballo.

Outra forma de ver o futuro do mercado laboral consiste en contemplalo en relación ás percepcións
sobre o futuro das sociedades industriais. Neste caso, tres escenarios serían factíbeis:

1. Escenario de sempre: restablecemento do pleno emprego, desenvolvemento continuo de novas


tecnoloxías, mantemento das actuais políticas de uso da enerxía e dependencia das institucións
para traballar.
2. Escenario hiperexpansionista: non se restablece o pleno emprego e a sociedade fica divida entre
os que traballan e os que non. Neste escenario posible veríase a necesidade de que se producira
un maior esforzo no desenvolvemento tecnolóxico, un papel máis dominante para as
multinacionais, unha crecente dependencia con respecto ás fontes de enerxía e a aprendizaxe do
uso do lecer.
3. Escenario sano, humano e ecolóxico: o pleno emprego non se restablece, pero redefínese o
marco laboral para que inclúaa moitas actividades útiles. O traballo remunerado e o non pagado
compártese equitativamente entre homes e mulleres. O previsible desenvolvemento e difusión
das novas tecnoloxías de pequena escala permitirían á xente facer máis cousas por si propias,
pequenas empresas locais, educación para axudar á xente a que aprenda a usar todo tipo de
instrumentos.

Independentemente do seu maior grao de conxectura, estas formulacións levan aparellada a idea de que
o emprego está moi ligada ao avanzo das novas tecnoloxías e co xeito no que a sociedade decida
empregalas. O que si semella que se pode contemplar como parte dun futuro posible é que o traballo xa
non será o que hoxe en día é: xurdirán novas profesións, outras despuntarán, mentres que algunhas
desaparecerán; asemade, a dispoñibilidade dunha maior información trae aparellada a redución do tempo
de traballo. En calquera caso, o ámbito sociolaboral verá que:

 pleno emprego no se poderá garantir.


 O sector manufactureiro será máis produtivo, pero con menos xente empregada.
 Aumentará a demanda de persoas tecnicamente cualificadas.
 Redución do tempo de traballo.
 Incremento da flexibilidade de tarefas, máis autoemprego e dedicación a tempo parcial nos
contratos.
 Haberá unha menor poboación activa ocupada e, xa que logo, máis poboación dependente.
 Menos traballos normais e debilitamento dos sindicatos.

Os retos da sociedade da información.

Os últimos anos supuxeron un aumento do desemprego e unha profunda diverxencia entre as taxas dos
diferentes países. A cuestión do desemprego formula a posibilidade de tres políticas distintas:

 Acadar o pleno emprego, coa maior cantidade posible de tecnoloxía e reemprazando a maior
cantidade de traballo humano posible, chegando a fórmulas de “salario garantido”.
Evidentemente isto só sería factible nas sociedades industriais ricas, pero non no resto do mundo.
 A tercermundialización, suporía a creación dunha sociedade dividida en parados de longa
duración ou marxinalmente empregados, por un lado; por outra, os empregados estábeis e
potencialmente reempregados ou desempregábeis. E de certo, tamén estarían os empresarios e
os capitalistas cada vez máis ricos.
 A acción conxunta a favor do emprego: con especial dedicación aos poderes públicos e desde o
postulado de que é a administración un dos principais axentes que pode promover a creación de
emprego.

A sociedade mergullada.

Cando se fai referencia á economía mergullada estase a falar de todas aquelas actividades que o Estado
non chega a coñecer. Son actividades que non estiveron nunca baixo o control do Estado, ou que se
nalgunha ocasión baixo o seu control,conseguido escapar de el.

No tocante ao tipo de sociedades mergulladas, pódese distinguir entre:

 A sociedade mergullada “por debaixo”, isto é, a clásica economía mergullada: sobreexplotación,
inseguridade e amplo beneficio, pero que habitualmente se estende entre os sectores sociais
máis desfavorecidos. É unha sorte de economía informal, baseada na cooperación, na
solidariedade e no apoio mutuo (como é o caso do soporte familiar). Con todo, este é un punto
de partida posible para o enriquecemento da base económica e local.
 A sociedade mergullada “por arriba”, que se correspondería coa industria internacional do carto
segredo.

A sociedade mergullada formula o futuro do Estado con tres escenarios posíbeis:


 Escenario do Estado mínimo: o papel do Estado segue diminuíndo ata lograr o ideal
neoconservador.
 Escenario do Estado modesto: a magnitude e incidencia do Estado do Benestar dependerá da
continxencia económica.
 Escenario do Estado totalitario: o Estado éo todo e pretende chegar ao 100% da sociedade.

A sociedade dualista.

A sociedade dualista é aquela que se configura en torno a certas variábeis de forma dicotómica.Deste
xeito, a sociedade dualista estaría configurada en torno aos que teñen ou non teñen:

 Acceso á información: a tecnoloxía como axente de control e como ferramenta de perpetuación


do “status quo”.
 Acceso aos recursos económicos (unha sociedade sen clases medias): así, a dicotomía podería
darse entender os que non teñen traballo e os que o teñen; e por outra banda, a dualidade dos
que teñen profesións de “alto” ou “baixo” nivel.
 Acceso aos gastos sociais. Para comprender a significación da dicotomía posíbel, basta con
preguntar que acontecería nunha sociedade na que coincidira un elevado avellentamento da
poboación e unha práctica política neoconservadora.
 Acceso aos recursos do Estado: o actual proceso de despolitización e a trivialización das
campañas electorais sitúa o problema, xa non só no nivel de intervención do Estado na sociedade
civil, senón no control democrático intelixentemente informado sobre a toma de decisións
políticas.

Este conxunto de dualidades conducen a dous escenarios posíbeis:

 Escenario de explotación máxima: a distancia entre os dous extremos da estratificación social é


máxima; as elites acubíllanse en zonas seguras e a periferia retírase aos guetos (polo tanto, non
hai conflito).
 Escenario de polarización: a periferia consigue organizarse e formúlase un conflito aberto coas
elites.

Ideas sobre o Estado de Benestar no momento actual.

Desde os máis sólidos detractores do Estado do Benestar ata os seus máis firmes defensores coinciden na
necesidade de repensar a súa configuración na actualidade. Namentres que os primeiros pretenden a súa
redución á mínima expresión, e xa que logo, non requiren dunha reformulación adaptativa, os segundos
entenden que os vectores sobre os que ten que xirar a reflexión pertinente é a seguinte:

 Estado do Benestar ten que ser sinónimo de garantía dos dereitos sociais, pero ao
mesmo tempo ten que reformarse para posibilitar a atención ás novas necesidades
sociais na liña de traducirse nunha maior participación social, maior eficiencia e unha maior
democratización.
 O sistema produtivo actual debe reformarse con políticas diferentes das actuais, que
respondan a enormes cambios e reformas industriais, cos seus conseguintes efectos, sobre todo
no terreo do emprego, que a medio prazo será un ben escaso. Neste senso, mesmo hai quen
entende a necesidade dun cambio no propio: non só no traballo asalariado, senón incluíndo o
concepto de traballo socialmente útil, co obxectivo posto en novas formas de vida máis
liberadoras.
 Dar entrada á sociedade civil organizada, acompañando ao Estado, sendo necesario, con
todo, valorar esta posibilidade coas súas potencialidades e os seus riscos.

Desde o Traballo Social débese reflexionar dun modo continuo e profundo sobre isto, desde perspectivas
globalizadoras e tamén desde a primeira liña de debate e, como non, desde a experiencia propia.

You might also like