You are on page 1of 4

Paula Alonso Rodríguez

Crítica da Cultura
2º curso Grao en Xestión Cultural (s)

Slavoj Žižek (Eslovenia, 1949) elabora unha análise da coxuntura política mundial e unha
crítica cultural ao eurocentrismo no seu libro En defensa da intolerancia (2008). No capítulo
titulado A tolerancia represiva do multiculturalismo presenta un enfoque peculiar da
tolerancia, facendo referencia ao que el determina como liberalismo tolerante e multicultural,
que semella ser solución e panacea para os conflictos sociais.
O autor parte da premisa de que ante a progresiva economización da política rexida polos
grandes imperios empresariais se fai necesaria unha actitude disconforme, politizante, que
defenda desde unha posición de esquerdas unha visión alonxada do multiculturalismo inocuo
e anestesiante imposto co exercicio “tolerante” do poder.
Pero cal é a intolerancia que di defender? Esta vai dirixida cara á tolerancia represiva do
multiculturalismo: aínda que superficialmente se daría una obstrución entre o
fundamentalismo e a multiculturalidade posmoderna, na realidade existe unha convivencia
entre ambos: “O multiculturalismo é a demostración da homoxeneización sen precedentes do
mundo actual”. Este retorno ás raíces é a cara da tolerancia omnicomprensiva que mostra o
capitalismo global, obxectivo da intolerancia de Žižek.
Expón o sentimento de superioridade eurocéntrico (polo tanto indirectamente racista),
detrás do respecto á multiculturalidade. Así mesmo, analiza o uso que o establishment fai
deste concepto e actitude como arma despolitizadora nunha sociedade cuxa metrópole foi
convertida nunha colonia máis polos intereses económicos transnacionais. Na actualidade o
concepto “transnacional”, aplicado á economía, alcanza polo tanto un significado novo, pois
xa non hai límites entre metrópole e colonia, devaluando o concepto de Estado-Nación á
categoría de territorio dominado e administrado por unha potencia extranxeira, a “empresa
global”. A manifestación ideolóxica ideal dese capitalismo global é o multiculturalismo,
ideoloxía sobre a que se apoia esa actitude que, desde unha vacía posición global, trata ás
culturas locais do mesmo xeito que o colonizador adoita tratar aos colonizados: como
“autóctonos” cuxas costumbres hai que “coñecer” e “respetar”. É este un racismo que
mantén as distancias: “respeta” a identidade do Outro, o concibe como una comunidade
auténtica e pechada en sí mesma respecto da que o multiculturalista mantén unha distancia

1
baseada no privilexio da súa posición universal: “O respeto multicultural pola especificidade
do Outro non é senón a afirmación da propia superioridade”.
Para executar estes mecanismos hexemónicos, as industrias culturais -e principalmente a
turística- producen unha fetichización da cultura mediante a súa comercialización, en aras da
expansión e a colonización de rexións supostamente virxes -aínda que en realidade son unha
propiedade comunal de grupos indíxenas- privatizando os recursos naturais que antes lles
pertencían e ocasionando segregación e que estes grupos sexan despoxados do seu territorio.
E ante as imposicións deste aparato global desterritorializado, as localidades e rexionalidades
crean como mecanismo de defensa unha exaxeración de símbolos identitarios de carácter
cultural -etnoxénese, construcción de alteridades- para protexerse delas. Por outra parte, ante
a resposta destes sectores, o aparato dominante utiliza o “discurso multicultural”,
apropiándose dos elementos simbólicos do Outro, co fin de parecer acorde aos seus intereses.
Pero en realidade, os suxeitos están desenraizados e calquera disputa polos desacordos
culturais deixa o camiño expedito ao capitalismo. Isto é debido a que a tolerancia dos
multiculturalistas liberais queda atrapada nun círculo vicioso que simultaneamente concede
DEMASIADO e DEMASIADO POUCO á especificidade cultural do Outro. Querendo
satisfacer as insuficiencias de tódolos sectores, o capitalismo hexemónico cae en contradición
pois a súa creación, a postpolítica -de carácter policial- carece dunha toma de postura e non
xera verdadeiros acontecementos políticos que verdadeiramente formen reivindicacións
culturais ou económicas.
O proselitismo en favor da intolerancia polo que aboga Zizek contraponse coa idea de
”tolerancia represiva” que acuñara Marcuse na súa obra Crítica da tolerancia pura (1965):
“Esta transformada estrutura social tende a debilitar a eficacia da tolerancia frente a
movementos diverxentes e oposicionais e a reforzar as forzas conservadoras e reaccionarias.
A identidade da tolerancia se volve abstracta, inauténtica”. Segundo Marcuse, a tolerancia
mudou o seu obxectivo primixenio debido a un cambio de modelos sociais (a globalización, a
hiperinformación, as cyber comunicacións…).
Tanto as posturas de Marcuse como a de Žižek loitan contra a pasividade á que nos ten
acostumados o confort do capital, contra o denominado ”estado policial”. A tolerancia é
desprazada dun estado activo a outro pasivo, da praxe á non-praxe, é desprazada ao laissez
faire das autoridades. É o pobo quen tolera ao goberno, o cal á súa vez tolera á oposición
dentro do marco das autoridades legais.

2
Se para Žižek a alternativa ante o poder do capital é a reivindicación da verdadera política
dentro da economía, Marcuse proclama o “dereito natural” á resistencia das minorías
oprimidas a empregar medios extralegais cando os legais non abondan. Isto da lugar a que se
poida xustificar a violencia (no tolerar ao intolerante) ante aqueles que oprimen ás clases
dominadas: os dominados non comezan unha nova cadea de actos violentos, senón que
rompen a establecida.
Pero Žižek foi consciente de que as súas propias ideas levan a un paradoxo, polo que no
capítulo Por una suspensión de esquerdas da lei menciona: “Tanto a esquerda como a dereita
teñen a súa propia idea de suspensión da Lei en nome dalgún interés superior ou
fundamental”.
Por tanto, que é o que da esa lexitimidade á ruptura de esquerdas? A necesidade de “tomar
partido”. Visto así, parece unha afirmación insuficiente, pois a suspensión da lei depende do
que cada quen considera un ben superior.
Na miña opinión, resulta inevitable tomar partido, pero hai que ser coherente porque do
contrario acabamos caendo en contradicións, como sucedeu con Pablo Iglesias, que defendeu
no seu día os escraches como “xarabe democrático” (“si no hay justicia, hay escrache”) pero
posteriormente él e Irene Montero queixaronse do mesmo acoso que eles arengaran cando
non formaban parte do Goberno.

Entón, cando é lexítimo romper o status quo? Sen facer apoloxía deste, se te saltas a lei
porque consideras que é de sentido común o por un ben superior, estás lexitimando a que o
fagan outros. Paradoxos da rebeldía sobre as que deberiamos reflexionar.

3
4

You might also like