You are on page 1of 28

TEMA III.

ESTRATIFICACIÓN E CLASES SOCIAIS


O PUNTO 4.5.1. O ESQUEMA DE J. GOLDTHORPE PREGÚNTAO MOITAS VECES NO EXAME!!!!

1. Sistemas de estratificación social


1.1. Tipos de sistemas e características de análise.
Aínda que non haxa acordo xeneralizado, é bastante común atoparnos, unha tipoloxía que distingue
seis modelos de sistema:
● O modelo antigo de estratificación (comunal primitivo).
● Escravitude.
● Despótico oriental.
● Sistema de castas.
● O estamental.
● De clases.
Estes teñen catro características básicas:
● Rangos existentes, co seu respectivo grao de peche ou apertura normativa das súas
divisións.
● O método real para ubicar á xente a partir do seu status ou clase.
● Forma de lexitimación.
● Forma predominante de desigualdade e intensidade da mesma.
Con respecto á primeira característica, as sociedades varían en canto ás divisións ou rangos
discernibles na mesma, así como con respecto ó grao existente de peche ou apertura normativa
entre as divisións ou rangos xerárquicos que compoñen o sistema de estratificación. Inmediatamente
despois, atopámonos cos diferentes métodos segundo os cales se sitúa realmente á xente nos
diferentes rangos de estratificación. Estes métodos varían ó longo dun contínuum (explica cómo varía
un determinado ser vivo, objeto o proceso científico, social o psicológico a través dunha transición
progresiva nun espazo de tempo determinado) que vai dende o logro (adquisición) á adscrición
(sendo esta última sempre asumida de forma independente á vontade do individuo). Nese contínuum
o sistema de castas é unha excepción da norma xeral de toda sociedade que combina elementos de
ámbalas dúas, situándose máis preto ou máis afastada de cada un deses polos extremos.
Despois procede analizar e distinguilos diferentes modos que ten cada sociedade de lexitimar ese
sistema de estratificación. Os que se atopan nos escalafóns máis baixos do sistema social deben ser
persuadidos de que a súa posición é correcta e axeitada. De non ser así, o sistema social acabaría
en fortes convulsións, con custes en medios e vidas humanas. Unha xustificación das máis habituais
é a tradición ou costume: ensínaselle á xente que as cousas sempre foron así e non poden cambiar,
porque non existe alternativa real. Existen tamén xustificacións de carácter máis estritamente
ideolóxico, que postulan a conveniencia que determinadas elites ou que determinadas desigualdades
subsisten polo ben da maioría ou da comunidade. Tamén se pode considerala lexitimación baseada
na legalidade (imposta pola decisión de quen ostente o poder), e por suposto, a baseada na relixión
(segundo crenzas de tipo sobrenatural, teolóxicas ou metafísicas).
Por último, en canto ás formas predominantes de desigualdade, pódense distinguir entre aquelas
baseadas no honor, status ou prestixio, daquelas outras centradas en aspectos económicos, ou
mesmo das baseadas en aspectos normativos, burocráticos e políticos. Con todo, non é necesario o
redutivismo, e adoito aparecen todas elas mesturadas, con diferentes graos de intensidade. Un caso
claro de mestura e o que se produce no sistema feudal, (e non só polas variadas formas de
desigualdades, senón pola ampla diversidade de formas de lexitimación).
Do estudio desas catro variables ó longo da historia da humanidade saen os seis tipos de sistemas
de estratificación que semellan ir dende un sistema de desigualdade máis simple nas sociedades
primitivas a outro máis complexo nas sociedades contemporáneas. Con todo, cómpre matizar que a
complexidade desigualitaria contemporánea non implica directamente incremento na intensidade das

1
desigualdades, senón que é frecuente atopar interpretacións que amosan unha redución recente –no
sistema de clases– da distancia entre os menos e os máis favorecidos.

RESUMO DAS VARIABLES E CATEGORÍAS QUE AS CARACTERIZAN

Variable Categorías

Rangos Múltiples grupos ou poucos


Grupos abertos, pechados ou mixtos

Ubicación Adscripción, adquisición (logro) ou mixtos

Lexitimación Tradición, ideolóxico-legal, relixiosa

Desigualdade Status-honor, Económica, Poder

Os grupos sociais están constituídos en torno as principais variables configuradoras da estrutura


social, fundamentalmente polas denominadas “posicionais”, pero tamén é posible analizalos dende
as variables identitarias que os caracterizan, así como dende as coordenadas espaciais, temporais e
desigualitarias que lles afectan.

1.2. Sistema de estratificación das sociedades primitivas.


Utilízase este modelo para caracterizar a un conxunto moi diverso de sociedades primitivas, situadas
en períodos históricos distintos e que presentan apreciables diferenzas de evolución económica,
tecnolóxica e de organización social. Ademais da diversidade, é preciso salientar o descoñecemento
que aínda temos sobre estes sistemas de estratificación.
É doado apreciar dous tipos de problemas nas análises desas sociedades:
● Dunha banda, téndese a trazar unha fronteira histórica na que nun dos lados se ubican as
sociedades nas que non existía estratificación social (o famoso mito do comunismo primitivo)
e, na outra, aquelas nas que si existía (comezando pola escravitude e continuando por outras
formas de estratificación máis complexa).
● Pola outra, téndese a extrapolar en exceso os resultados das análises que os antropólogos
fixeron dalgunhas sociedades “primitivas” que chegaron ata os nosos días, eludindo as
posibilidades de evolución interna das mesmas e doutras actualmente descoñecidas.
Lenski pasa por ser un dos referentes que mellor sintetizou o sistema de estratificación destas
sociedades. Na súa análise asocia os sistemas de estratificación ao modo de produción dominante
en cada unha delas e á evolución histórica deses modos de produción. Atopa, así, que o sistema de
estratificación social menos acusado é o que corresponde ás sociedades cazadoras e recolectoras.
Os factores de diferenciación social están baseados na idade e no sexo, no desempeño de funcións
máxico-relixiosas e nas calidades persoais de forza e habilidade para caza e a guerra. A simpleza do
modelo de produción dá lugar a un sistema de organización social tamén moi simple, cun poder
político hereditario e escasas organizacións intermedias (quizás núcleos familiares e organizacións
tribais).
O paso das sociedades recolectoras e cazadoras ás sociedades horticultoras simples, vai dar lugar a
sistemas de estratificación algo máis complexos, nos que xa se poden diferenciar claramente
desigualdades baseadas no desempeño de papeis ligados a unha determinada especialización
produtiva. Mesmo o propio carácter de poboacións sedentarias, asentadas nun determinado territorio,
fai que se incrementen as guerras a gran escala, que propician a aparición da escravitude, etc.
Co paso das sociedades horticultoras simples ás avanzadas, aparecen novas ocupacións artesanais,
para traballar os metais, ferramentas e explotacións mineiras. Ademais precisan un reforzamento do
poder político e un incremento das desigualdades sociais. En xeral, caracterízanse tres clases
básicas:

2
● Na cima do sistema unha minoría de poderosos, que consumían o excedente dos outros e
que gozaban do favor real.
● Debaixo unha clase de funcionarios e especialistas, de dimensións reducidas pero más
ampla ca anterior.
● Na base, o pobo común.
A súa vez, esas tres clases estaban subdivididas en varias subclases.
Coa invención e o avance de certas técnicas e materiais, producirase un gran salto evolutivo. Pásase
de cultivar pequenos hortos a grandes campos e xurde o modelo de sociedade agraria. Aparecerán
dous grandes eixes de estratificación e desigualdade:
● Os asociados á propiedade da terra.
● Os asociados á estrutura política do estado.
Ademais superporase a existencia de homes libres á de escravos.
Sen embargo, vencellar tan estreitamente o modo de produción ó sistema de estratificación non
parece resolver o marco teórico destes pobos, pois son abondosos os exemplos de diversidade que
se atopan entre as sociedades primitivas.

1.3. Escravitude.
Unha das formas históricas máis persistentes de desigualdade foi a da escravitude. Esta forma xurde
inmediatamente despois de que os seres humanos se asentasen en comunidades agrícolas e
acadou o seu máximo esplendor coas primeiras civilizacións agrarias. Podemos atopala por doquier,
con formas específicas, pero conservando unha serie de características principais comúns.
Trátase dun sistema caracterizado por ser unha relación económica, baseado na propiedade de
seres humanos. Estes poden ser adquiridos por diversos medios:
● Nacemento.
● Derrota militar.
● Débedas.
● Por captura e comercialización.
En tódolos casos, é posible entendelos como formas de adscrición; é dicir, a condición de escravo
sempre se adquire involuntariamente.
Tamén é certo que en moitas ocasións os escravos podían mercar a súa liberdade ou adquirir esa
condición de homes libres dalgunha outra forma. Tamén varía, dunhas sociedades a outras o estatus
do escravo, pois en ocasións tiñan certos dereitos, mentres que noutras carecían absolutamente
deles.
Os medios principais de lexitimación eran de carácter legal e ideolóxico (as xustificacións ideolóxicas
afirmaban a inferioridade de condición natural do escravo). A desigualdade predominante e de tipo
económica (o feito fundamental de definición do sistema é a propiedade de escravos, que se teñen
en función da riqueza e, a súa vez, a maior número de escravos, maior probabilidade de producir
excedentes que xeren riqueza).

1.4. Estratificación despótico-oriental


De maneira xeral, os sistemas despótico-orientais poden ser descritos coma sistemas sociais nos
que, en virtude da extensión territorial e das necesidades de cubrir importantes funciones
económicas polo Estado (obras públicas, principalmente), prodúcese un extraordinario
desenvolvemento dun tipo de sociedade, rexida por un poder absoluto e administrado por unha
“burocracia” todopoderosa, xeralmente hereditaria, que é a verdadeira clase dominante, aínda que a
base do seu poder sexa o exercicio dunha función administrativa.
Este tipo de sistema foi o dominante na China Tradicional, no imperio Incaico, no Exipto Faraónico,
en Mongolia, Persia, nos imperios sumerios e noutras civilizacións pretéritas.
As características fundamentais deste tipo de estratificación son:
● Concentración total e absoluta do poder, ata o punto de que apenas hai fragmentación nin
división en sistema de poder, cunha ampla e marcada xerarquización do mesmo, de xeito

3
distinto ó que sucederá na sociedade feudal, na que a maioría dos soberanos tiñan unha
grande independencia respecto do poder central.
● Centralizade do ámbito da política. A política goberna a economía e non á inversa. Ademais
será o elemento central e artellador de todo o sistema, de forma que o sistema de
estratificación e a ubicación de cada individuo nese sistema dependerá da súa posición no
aparato político.
● O Estado é o propietario de tódalas terras. Ausencia de propiedade privada da terra, que
aparece detentada por unha autoridade política superior que “engloba e domina tódalas
pequenas comunidades” . Por outra parte, a ausencia de propiedade da terra, impedía o
desenvolvemento de calquera base autónoma de poder, influencia, ou riqueza económica,
que podera poñer en risco á mesma estrutura de poder do estado, dende o que, por outra
parte, se vixiaba estritamente calquera posibilidade de xurdimento de ditas bases autónomas
de poder.
● Prodúcese un forte investimento en obras públicas e infraestruturas, en parte explicado polo
enorme tamaño dos seus territorios.
● Dominio dunha minoría política sobre a totalidade dos cidadáns que aparecen así reducidos
a unha situación de semiescravitude ou escravitude xeneralizada.
A ubicación dos individuos neste sistema de estratificación depende da súa posición no aparato
político, que ten, a súa vez, unha configuración principalmente hereditaria. Neste contexto enténdese
que o elemento básico de estratificación das sociedades se definirá a partir da posición na Estrutura
de poder do Estado. Así, o factor “poder político” convértese no único elemento decisivo de
estratificación, que adquire, a súa vez, unha significación máis global na medida en que neste tipo de
sociedades apenas existe escravitude (ou esta no é empregada practicamente como forza produtiva),
mentres que o conxunto dos súbditos están obrigados á prestación dunha serie de traballos.
Como sinala Wittfogel, hai dous estratos fundamentais:
● Os homes do sistema político: hai unha vasta diferenciación de graos, privilexios e rangos.
Presenta unha complexa estratificación interna por funcións e tarefas, entre as que é preciso
distinguir a lo menos tres:
- O soberano coa súa corte.
- Os altos funcionarios.
- Os funcionarios subalternos.
● O resto da poboación. é máis homoxéneo no seu interior encóntrase subxugado ó primeiro;
tódolos seus membros se atopan nun estado de semiescravitude. Na clase dos gobernados
existen tres grupos principais:
- Campesiños.
- Artesáns.
- Comerciantes.
A lexitimación é de carácter legal e o tipo de desigualdade predominante é de poder (ou burocrática).

1.5. A estratificación por castas.


En ningún outro sitio hai unha aproximación tan clara ó sistema de castas como na India. De feito,
algúns autores defenden que é un sistema específico hindú (Dumont). Nalgunha ocasión, non
obstante, tense asimilado algún réxime racial, como o apartheid surafricano, con este tipo de sistema.
A expresión de casta foi empregada polos portugueses que chegaron á India no século XVI, coa
intención de recollelo sentido das diferentes expresións hindús coas que se significaban os seus
específicos sistemas de diferenciación social (principalmente a expresión varma= color).
Segundo Berreman, pódese entendelo sistema de castas coma “un sistema de grupos adscritos por
nacemento, cada un dos cales forma parte dun conxunto xerárquico e constitúe para os seus
membros o límite máximo de interaccións ó mesmo nivel de status. As interaccións abranguen dende
os contactos sociais informais ata o matrimonio e inclúen unha ampla variedade de aspectos, tales
coma os baseados na ocupación, os económicos, os políticos, os rituais e os de amizade”. A

4
desigualdade resultante é, polo tanto, basicamente de status, se ben é inseparable dos aspectos de
poder e económicos.
“As castas están definidas, no seu nivel máis xeral por específicas funcións sociais, e a nivel máis
concreto por ocupacións e tarefas laborais ás veces sumamente específicas, perfilando un sistema
global de ordenacións sociais rixidamente dominado polas ideas de xerarquía e diferenciación”. Sen
embargo, o sistema de castas presenta complexidades e unhas diversidades rexionais que nada
teñen que ver con algunhas simplificacións divulgativas sobre este tema que, as veces, se adoita
facer. En principio, e a un nivel de todo o territorio da India é certo que as castas poden ser
englobadas en catro grandes grupos, os catro varna:
● Os Brahamanes ou sacerdotes.
● Os Chatrias ou guerreiros.
● Os Vaisyas ou comerciantes.
● Os Sudras ou traballadores.
Pero xunto a estes catro varnas existen una gran cantidade de categorías e agrupacións de castas
que varían duns lugares a outros.
A autoridade das casta mantena un consello de casta (os panchayat), que pode establecer multas e
sancións polas violacións das normas da casta, e chegar mesmo á expulsión dos individuos das
castas.
Os individuos que son expulsados da súa casta constitúen o grupo dos descastados ou intocables,
que ocupan o posto máis baixo en toda a xerarquía social hindú e realizan as tarefas máis noxentas
e desprezables. A condición de intocable se transmite ós fillos e leva parella unha certa sanción
social, coma consecuencia do reforzamento e esaxeración de tódalas normas relacionais do sistema
de casta (mesmo chega a estar estipulada a distancia física á que debían estar situados os
intocables dos membros das demais castas). A idea de contaminación xoga, pois, un papel moi
importante nos sistemas de castas; papel que, na actualidade, está sufrindo o envite dos procesos de
urbanización, as consecuencias do desenvolvemento dalgúns focos de industrialización, e as
mesmas consecuencias da lexislación modernizante e das novas ideas e oportunidades sociais.
Posiblemente un dos trazos que máis chama a atención do sistema hindú de castas, é a sanción que
este peculiar sistema de estratificación social encontra na relixión hindú. Tanto nos libro dos Vedas
como nas Leis do Manú encóntrase unha perfecta xustificación relixiosa á estratificación por castas e
a separación entre unhas e outras castas. A partir desta sanción relixiosa do sistema de castas, o
hindú non só vai encontrar fontes de conformismo dabondo para aceptala súa ubicación na casta na
que foi "colocado" por "designio divino", senón que tamén, e en función do seu propio nirvana (estado
supremo de felicidade plena que acada a alma e que consiste na incorporación do individuo á
esencia divina e na ausenza total de dor e de desexos) e da reencarnación, procurará un maior e
máis ríxido cumprimento das normas sociais e relixiosas, como vía para poder aproximarse en
sucesivas reencarnacións, a través da vía ascendente, cara esa estrutura tamén piramidal de
perfección que acaba no nirvana. Co cal a aceptación do sistema social queda, a súa vez, reforzada
polas expectativas futuras que ofrece o sistema de reencarnación.
Fronte a unha visión estritamente relixiosa, algúns investigadores teñen resaltado a importancia de
factores históricos e sociolóxicos que puideron intervir na mesma. Entre estas últimas adoita
asociarse a febleza do poder político na India, sobre una extensión territorial de tal magnitude, baixo
a cal era moi difícil exercer a autoridade. Weber foi un dos autores que resaltaron estes aspectos
sociais.
A ubicación é adscritiva por nacemento, aínda que existen posibilidades de mobilidade social
descendente e, tamén, unha certa posibilidade de mobilidade social ascendente, pero esta lévase a
cabo por vía grupal e non individual. Unha casta pode incrementalo seu prestixio social, dependendo
da importancia desa ocupación á que vai asociada, en cada momento histórico e socioeconómico
concreto.

1.6. Estratificación feudal ou estamental

5
O feudalismo pode ser descrito coma un sistema piramidal de poder político personalista de base
territorial, propio de sociedades agrarias, nas que o poder político do monarca descansa no
establecemento dunha serie de relacións de vasalaxe, polas que a nobreza establece uns
compromisos de lealdade e dependencia con aquel, e á súa vez mantén nos seus territorios unha
rede propia de poboación activa "fixada" na terra por un sistema bastante ríxido e regulamentado de
obrigacións.
A propiedade da terra corresponde titularmente ó monarca, pero, os titulares inmediatos son os
nobres, que as explotan a través dos servos, que ligados de por vida a unha determinada parte
desas terras, exercen un disfrute práctico delas a cambio dunha determinada renda.
Moitas sociedades agrarias, exhibiron algunha forma de feudalismo, pero foi na Europa da Idade
Media onde esta se desenvolveu con máis intensidade e nitidez. Entre o século IV y VIII hai un
proceso de integración do feudalismo [en Europa] que se caracteriza polo asentamento dos pobos
xermánicos en Europa; entre o século VIII e XIV hai un proceso de consolidación do feudalismo; e
entre o século XV e XVIII hai un proceso de crise do feudalismo que se caracteriza polo
“renacemento” do espírito da antigüidade clásica.
Os grupos ou rangos principais teñen neste sistema a denominación de estamentos. En certos
países os estamentos eran tres:
● A nobreza.
● O clero.
● O pobo común.
Noutros eran 4:
● Nobreza.
● Clero.
● Burguesía.
● Campesiñado.
Por outra parte había estamentos divididos en subestamentos –como a noblesse de robe e a
noblesse d'épée, en Francia–. O primeiro estamento era a nobreza, a cuxa fronte se atopaba o
monarca e cuxa función era o goberno e a defensa do Estado; o segundo estamento era o clero,
cuxa función era velar pola salvación e saúde espiritual de señores e servos; e no terceiro nivel
estaban os servos, cunha función fundamental de traballar a terra e prover a todos dos bens
necesarios para o seu sustento.
O sistema estamental é un sistema xeral de vasalaxe no que existe un grao máis ou menos nominal
de liberdade; así, a través da cerimonia do homenaxe establécese unha relación contractual entre
señor e vasalo. A súa vez, todo señor é vasalo doutro. O servo vencellábase ó señor por uns lazos
de dependencia definidos legalmente e que, en algunhas circunstancias, chegaron a atinxir a dereitos
verdadeiramente abusivos e aberrantes sobre persoas e pertenzas polos señores feudais.
A ubicación fundamental en cada estrato é hereditaria, pero existían certas posibilidades de
mobilidade social. Dunha banda, posibilidades de acceder á nobreza, especialmente na primeira
época, por éxitos no campo militar, ou por matrimonio e, doutra banda, de acceso dos servos aos
estratos intermedios. No obstante, nas cidades medievais tamén se desenvolveu un sistema bastante
ríxido de estratificación, reflectido na maneira en que se organizou o traballo artesanal a través dos
gremios, cos seus regulamentos e complexos sistemas de acceso, de carreira profesional e de
relacións mutuas.
A lexitimación está baseada fundamentalmente na sanción xurídica (legal) do sistema de segmentos
sociais, se ben a xustificación ideolóxica non é desdeñable, especialmente explícita no
desenvolvemento da Teoría das Tres Ordes, o que liga directamente tamén coa sanción relixiosa,
aínda que presente, non ten a relevancia que tiña no sistema de castas.
Está en discusión se o feudalismo ou sistema estamental é ante todo unha relación de carácter
económica ou máis ben de poder militar. Marc Bloch cuestiona a perspectiva economicista nas orixes
do feudalismo, pero Marx, entre outros, insistiran nesa perspectiva. Cabe considerala desigualdade
resultante de status, pero tamén é claro o carácter económico da mesma. Con todo, non se pode

6
manter unicamente este último criterio pois a burguesía urbana, carente do status propio da nobreza,
podía estar máis enriquecida que aquela.
A resistencia dos servos a algunhas das obrigas máis duras do orde feudal e o peso que foron
adquirindo as cidades, xunto á crecente importancia do comercio e o impacto dun conxunto moi
diverso de factores técnico-económicos e ideolóxicos, foron disolvendo moitas das rixideces del
sistema feudal, dando lugar a un proceso de transición do feudalismo ó capitalismo, que foi obxecto
de innumerables e moi diversos estudios.

1.7. Estratificación por clases


A revolución industrial configurou finalmente un novo sistema de estratificación que denominaremos
sistema de clases. Algunhas características deste sistema existiran con anterioridade, por exemplo,
durante o Imperio Romano, pero soamente co xurdimento das sociedades industriais este tipo de
sistema logrou sobrevivir e estenderse por todo o mundo. Iso non significa que todas las sociedades
industriais contemporáneas teñan idénticos sistemas de clases, sen embargo, malia as variedades e
especificidades, é posible descubrir unha serie de liñas xerais comúns en todas elas.
Un dos aspectos máis importantes das sociedades clasistas é que a súa base económica é industrial
(por contraste coas agrarias). Cando cambiou a infraestrutura económica durante o último período
feudal en Europa, a vella nobreza perdeu a súa posición dominante na política e na economía. Ó
tempo, cederon as desigualdades adscriptivas e as ríxidas divisións estamentais, aparecendo unha
nova clase dominante baseada no poder económico.
En realidade, o sistema social requiría un sistema de estratificación que puidera das resposta as
necesidades de progreso e expansión económica. Precisábase unha forma de estratificación que
dependera máis do esforzo individual, da cualificación e do mérito que nos sistemas anteriormente
existentes. Así, atoparémonos ante un sistema normativamente aberto, cunha forma de posicionarse
moito más baseado no logro que na adscrición. Con todo, precisa, case por definición, a pervivenza
de formas de desigualdade que permitan o acceso dos máis cualificados ás mellores posicións. Isto
significou que o status dos individuos estribase na súa capacidade económica, ó tempo que calquera
profesión quedaba hipoteticamente aberta a calquera individuo que quixera emprendela.
Os rangos característicos deste sistema son as clases sociais. A ubicación por logro. Carece en
principio de sanción relixiosa ou legal. A lexitimación é fundamentalmente ideolóxica. Trátase de
convencer ós desfavorecidos de que o sistema precisa que só uns poucos desempeñen unha serie
de postos máis privilexiados e que eses reciban, a cambio maiores prestacións. Xa que se trata de
postos máis importantes, difíciles ou necesarios.
Precisamente esa forma de lexitimación pode estar explicando o feito de que nas modernas
sociedades postindustriales a forma predominante de desigualdades sexa cada vez a económica
para recobrar importancia a burocrática, ou outras, como a posesión da información e o coñecemento
en xeral.

1.8. A evolución dos sistemas e da desigualdade na historia


Podemos sintetizar as características descritas nos devanditos sistemas de estratificación social nun
cadro que resuma os trazos principais de cada un deles.

Características dos sistemas de estratificación

Tipo de sistema Rangos Ubcación Formas de Fundamento da


lexitimación deisgualdade

Comunal primitivo Abertos Logro Tradición Status-honra

Escravista Pechados Adscrición Ideolóxicos Económico

Despótico-oriental Semipechados Logro Relixioso Poder


Adscrición

7
Castas Pechados Adscrición Relixioso Status-honra

Feudal Semipechado Principalmente Legal, Status-poder-ec


adscrición ideolóxica, onómico
tradición,
relixión

Clases Semiabertos Logro Ideolóxico Económico

É posible, ademais, concibir a historia coma unha sucesión de sistemas diferentes. No caso do noso
entorno cultural sería posible entender que hai unha evolución das desigualdades de xeito tal que
estas se reduciron na actualidade. Isto é algo que pode vir reflectido polo seguinte gráfico:

As desigualdades materiais que se foron incrementado historicamente acadando o seu esplendor nas
primeiras sociedades industriais, foron recuando recentemente. Isto pode vir explicado polas
seguintes razóns:
● Unha das principais características das sociedades industriais é a complexidade tecnolóxica
de máquinas e de organizacións. As elites non son capaces, por si mesmas, de controlar os
coñecementos esixidos, de xeito tal que teñen que acceder ante determinados grupos
ostentadores dos coñecementos pertinentes, a cambio de maiores recompensas.
● Conceder ás clases baixas máis excedente económico eleva a produtividade e reduce as
hostilidades e amplía o volume de consumo.
● O crecemento do poder económico das elites ten uns límites de utilidade marxinal e cando xa
se posúe un determinado continxente monetario, subir dese nivel e moi custoso socialmente.
● As clases baixas deixaron de medrar demograficamente, co que o reparto foi máis doado.
● A necesidade de man de obra non cualificada diminuíu, fronte as necesidades de man de
obra experta e cualificada, coa conseguinte necesidade de educación, instrución e
recompensas para as mesmas.
● A difusión de ideoloxías igualitaristas e democráticas foron parellas ó propio sistema
industrial.
● As elites non poden permitirse o luxo de perdela lealdade da poboación en xeral, debido os
múltiples conflitos internacionais. As elites precisan que a poboación estea disposta a dala
vida pola súa nación.
● Mentres as desigualdades intranacionais diminúen, as internacionais medran. O incremento
do nivel de vida no primeiro mundo faise a costa da explotación dos recursos do terceiro
mundo.

8
2. PLANTEAMENTO MARXISTA
2.1. Algúns aspectos sobre a vida e obra de Karl Marx
No ano 1841, Europa vivía uns dos períodos de meirande axitación. Había moitos movementos
socialistas activos, especialmente en Alemaña e Francia, onde Marx pasou varios anos. Aínda que
non foi un activista político no senso de participar nas “revoltas callejeras”, sí apoiou a estes
movementos de forma activa en colaboracións xornalísticas e mesmo editando varios xornais. Tal
actitude acarrexóulle sucesivas deportacións de Alemaña a Francia, de alí de novo a Alemaña e
finalmente a Londres, onde se estableceu. Alí residiría ata o final dos seus días na absoluta pobreza
e só se salvaría coa axuda dun amigo empresario, Friedrich Engels. Quizá nese ambiente no que
vivía e que lle rodeaba contribuíu dalgún xeito ó desenvolvemento da súa teoría e visión do
capitalismo.
A pesar da súa pobreza, Marx non procuraba traballo de xeito especial, senón que pasaba días
sentado no Museo Británico, lendo e escribindo as súas obras. Ademais tamén tiña certa actividade
política, especialmente na súa contribución á fundación da Internacional Comunista.
Marx cría que a ciencia social non só debería entender á sociedade, senón tamén transformala. Era
moi optimista con respecto ó cambio que cría que experimentaría a sociedade, pódese extraer unha
visión da natureza humana moi positiva.
En definitiva, era á vez un político, científico e escribía dende esa dobre dimensión. Algunhas obras
refliten maiormente a súa cualidade de político e están escritas de forma simple para chegar a unha
grande cantidade de poboación. As súas obras máis acabadas son moito menos coñecidas.
Pero ademais a publicación da obra marxista en occidente foi moi serodia. As que primeiro se
publicaron foron as de carácter político.

2.2. Principios motrices da súa teoría


Aínda que peque dun excesivo reducionismo, é posible salientar tres piares teóricos que serven
coma alicerces de todo o complexo tramado teórico de Marx: o historicismo, o materialismo e a
dialéctica.
● Historicismo: é o principio menos mencionado, aínda que omnipresente na meirande parte
das reflexións e estudos sobre Marx, en parte, pola súa obviedade e porque non constitúe
unha verdadeira innovación marxiana, xa que é un principio motriz “racionalista” xeneralizado
dende a Ilustración.
Marx estudou a historia pasada, a diversidade da mesma, ilustra os seus coñecementos e
tenta explicar o acontecido. A asunción deste principio conleva dúas ideas:
- Principio inmanentista, que implica que o mundo debe explicarse por si mesmo.
- Perspectiva dinámica, que pretende explicar o cambio social. O presente vén
explicado polo pasado.
● Materialismo: Marx cría que para comprendelas sociedades humanas o teórico debería
principiar por estudar as condicións materiais, ou economía das necesidades primarias. O
resto, en certo sentido, ten un carácter causalmente secundario.
A súa crenza de que tal explicación do devir histórico social viña propiciado, en última
instancia, por esa infraestrutura material, vén ben definida no “Prólogo” a súa Contribución a
Economía Política:
Na produción social da súa existencia, os homes establecen entre si relacións necesarias,
determinadas e independentes da súa vontade. Ditas relacións de produción correspóndense
cun grao determinado de desenvolvemento das forzas produtivas materiais. Ó conxunto
destas relacións de produción denomínaselle como estrutura económica da sociedade; base
real sobre a cal se asenta unha superestrutura xurídico-política, á que corresponden formas
determinadas de consciencia social.
O determinismo ríxido só aparece nas obras máis políticas de Marx. O que se quere dicir con
ese determinismo é que sería difícil atopar nunha sociedade feudal un réxime democrático.
● Dialéctica: Marx servirase da liña teórico instrumental de Hegel, ao entender a historia coma
unha dinámica de forzas estruturalmente antagónicas que determinan ó acontecer social. A

9
análise de Marx centrarase en resaltar os aspectos antagónicos que xeran conflitos entre
grupos de homes, que denominará clases, e que virán definidos pola posición que os seus
integrantes ocupen na produción social da súa existencia; é dicir, na maneira de gañarse a
vida.
As clases sociais aparecen así na obra de Marx como o sustento dialéctico concreto da
análise da estrutura e dos sistema de estratificación social.

2.3. As clases en Marx


2.3.1. O obxectivo
É importante entender que “a liña mestra da análise de Marx non discorre en torno á contabilización
do número de clases, senón que se centra en resaltar os aspectos antagónicos que se xeran nun
proceso histórico que, por iso, conducen a un antagonismo de clases no que se acabará invertendo a
relación de forzas existentes, dando lugar a unha nova hexemonía social e política”.
Tal como moitas veces se ten sinalado, Marx nunca desenvolveu sistematicamente o concepto de
clase social, a pesar da centralidade deste termo na súa obra. O último capítulo do Capital, dedicado
precisamente ás clases, quedou inacabado.

2.3.2.Problemas do emprego por parte de Marx do concepto de clase


Neste senso, Giddens sinalou tres problemas do concepto de clase en Marx.
● O primeiro é o da súa polisemia. Normalmente Marx emprega o termo “clase”, pero tamén
usa o de estamento e estrato, coma se fosen intercambiables entre si. Asemade utiliza o
termo clase para designar a grupos que máis ben constituirían un segmento ou fracción
dunha clase. Así, fala do lumpenproletariado (grupo social urbano formado polos individuos
socialmente marxinados), ao cal se refire coma clase perigosa, e tamén fai referencias a
outros grupos de clase.
● O segundo problema detectado por Giddens é a existencia dun modelo puro ou abstracto de
dominación de clase, o cal se aplica a tódolos sistemas clasistas. As relacións de propiedade
constitúen a base dese “sistema bipolar”: a minoría de non traballadores controla (explota,
extraendo un “surplus” (superávit:cantidade en que os ingresos superan aos gastos) do seu
traballo) ós traballadores. A clase queda definida a partir da relación que os individuos teñen
cos medios de produción. A clase, como sinalou Marx nese capítulo inacabado do Capital,
non debe confundirse coa fonte de ingreso, o que levaría a unha proliferación abultada de
clases sociais. Ademais destas dúas grandes clases sociais que constitúen o eixo bipolar
básico da estrutura de clases de toda sociedade, Marx dá conta da existencia doutras clases
e factores d ecomplexidade::
- As clases de transición que se atopan no “proceso de formación” dentro dunha
sociedade baseada nun sistema de clases que se queda anticuado.
- As clases de transición que representan rémoras (obstáculos físicos ou inmateriais
que impiden ou dificultan un proceso, un proxecto ou unha acción) de anteriores
modos de produción.
- “Grupos de cuasi-clase”, coma son os escravos do mundo antigo ou o campesiñado
independente da sociedade feudal. Trátase de grupos que manteñen intereses
económicos comúns, pero que se manteñen ó marxe do conxunto dominante de
relacións de clase.
- As fraccións de clase. É dicir, as clases no son entidades homoxéneas e dentro
delas hai subdivisións. Baste pensar, por exemplo, na aristocracia obreira.
● A terceira dificultade distingue, novamente, entre o modelo puro (ou abstracto) e os modelos
concretos (ou empíricos) aplicables a conxunturas históricas concretas. Este é o punto
relevante para comprendelo esquema de clases implícito nas obras de Marx, e que permite
entendelos diferentes usos e referencias ás clases sociais nas sociedades que analiza. No
epígrafe seguinte expóñense os diferentes tipos de esquemas de clase que podemos atopar
nas obras de Marx.

10
2.3.3. O esquema de clases derivado
Como Marx deixou inacabado o Capítulo do Capital dedicado precisamente a explicar en qué
consiste unha clase social, iso permitiu diferentes elucubracións sobre dito concepto na súa teoría.
Iso non impide, sen embargo, comprendela concepción que tiña sobre as mesmas, a partir da
mención que fai sobre elas no conxunto da súa obra.
A presentación das clases varía entre as súas diferentes obras. A explicación de que se manteñan
esas diferenzas vén dada pola sistematización feita e exposta por Giddens, anteriormente
mencionada. Tamén E. O. Wright, fai mención ós problemas detectados por Giddens e propón unha
solución moi en sintonía con aquel. Wright di que o traballo de Marx xira en torno a dous problemas:
a elaboración dun esquema estrutural e abstracto de relacións de clase e a análise de esquemas
conxunturais concretos das clases como actores.
● O primeiro destes problemas refírese ao xeito de cómo a organización social xera unha serie
de “lugares baleiros” de relacións de clase. Lugares que, na práctica e na realidade, estarán
ocupados por xente. Esta análise estrutural atópase nas obras máis coñecidas de Marx,
onde decodifica a estrutura e dinámica do modo de produción capitalista (MPC).
● O segundo tipo de análise non trata de descubrir esas estruturas de clase senón cómo se
organiza a xente en colectividades implicadas na loita social. Esta análise atópase nos textos
históricos, onde Marx trata de comprender as forzas sociais existentes en cada momento
dado e a súa interrelación nas transformacións históricas.
Da explicación estrutural procede o esquema polarizado de relacións de clase. Da análise das
conxunturas históricas extráense cadros máis complexos. Non se fai ningún esforzo de síntese senón
que só se trata de comprendelas relacións entre as loitas destes actores e o Estado.
É dicir, existe un modelo que xera un esquema puro ou teórico e outro que xera un esquema
empírico ou concreto nunha sociedade determinada.

2.3.4. Os efectos
Se as clases veñen definidas pola posición que os individuos ocupan no sistema de relacións de
produción, a súa vez, determinado por cada modo de produción, queda por explicar cales serían os
efectos que xeraría a pertenza de cada individuo a unha determinada clase. Wright sinala que son
tres os efectos posibles:
● Desigualdades materiais na posesión de bens e servizos: as clases xeran diferente benestar
económico (entendido como o conxunto traballo-renda-lecer) e poder económico
(posibilidade de apropiarse do excedente económico).
● Experiencia vivida diferente: a clase aparece por ter unha experiencia común. Así, o
proletariado, ten que vender a súa forza de traballo, ve como outras persoas organizan o seu
traballo e non pode controlalo excedente da súa produción
● Capacidade de acción colectiva diferente: pode derivarse da clase unha capacidade
diferencial para organizárense colectivamente. As diferenzas no nivel de concienciación duns
individuos con respecto doutros, nunha mesma clase, foi salvada a partir da diferenza dos
concepto de clase en si e clase para si. En realidade, o modo de produción determina a clase
en si, pero non implica que os individuos teñan consciencia diso e, polo tanto, a súa
capacidade organizativa vai ser diferencial. Só cando se acada ese nivel de concienciación
se crea a clase para si, e as estratexias organizativas serán comúns entre os membros de
cada clase e antagónicas ás dos demais.

2.3.5. Limitacións
Quedan varias limitacións que se fan evidentes carencias na análise de Marx:
● Nunca tivo en conta a posibilidade de que a cualificación puidese converterse nunha base
xeradora de clase.
● Marx só entendía ao Estado coma un instrumento de dominación ao servizo da Burguesía.
● A propiedade da empresa capitalista adopta formas diferentes da dicotomía capital-traballo.

11
● Existen outras formas de explotación alleas as relacións de produción.
● A previsión do proceso de dualización clasista non soportou a análise histórica, xa que as
clases medias medraron moito máis do que el agardaba.

3. O enfoque funcionalista.
3.1. A herdanza durkheniana.
3.1.1. O contexto vital da teoría de Durkheim
Durkheim naceu en Francia no seo dunha familia xudía, o que serviu en ocasións de argumento
xustificativo sobre as súas ideas encol da integración moral tan presentes nas súas últimas obras.
Sen embargo, o autor rexeitou expresamente a moral xudea, aínda que non a necesidade de
integración moral en si mesma.
Foi un importante académico, primeiro en Burdeos e despois na Sorbona onde ocupou a cátedra de
Educación e Socioloxía, e dende a que influiría notablemente en toda unha serie de sociólogos e
científicos sociais que pasarían polas súas aulas.
A diferenza de Marx , de Weber e Durkheim sempre se mantivo moi á marxe da actividade política.
Estivo preocupado polos problemas do seu país e os do mundo en xeral, especialmente a partir do
estoupido da I G.M. pero pesaba máis nel a idea de que o seu papel era o dun académico imparcial e
obxectivo que debía lanzar ideas para conseguir unha maior integración moral na recén nada
sociedade industrial.
“Para Durkheim os problemas do seu tempo eran morais, non materiais; os problemas da alienación,
a explotación, as desigualdades estruturadas e os conflitos de clase se debían non ó estado da
economía, senón máis ben ó estado da moralidade”. Desconfiaba da natureza humana; cría que
abandonados ó seu libre albedrío os individuos se relacionarían de forma egoísta ó servizo exclusivo
dos seus intereses. Só cunha forte orde moral poderíase conseguila integración social. Para manter
esa orde social eran moi útiles unha serie de institucións, como a familia, a relixión, as asociacións
ocupacionais e, sobre todo, a educación.

3.1.2. Piares teóricos da teoría durkheniana sobre a estratificación social

A diferenza de Marx ou Weber, Durkheim só dedicou unha atención pasaxeira ás divisións de clase,
ao conflito de clase e mesmo á estratificación. Malia á relativa pouca atención prestada á clase, as
ideas sobre este tema que escribiu cando se viu obrigado a elo son en si mesmas moi instrutivas”
Os piares teóricos da súa concepción pódense sintetizar en seis puntos:
● Organicismo: Unha das claves para comprendermos a perspectiva sociolóxica de Durkheim,
especialmente no canto da estratificación social, a súa analoxía orgánica. Dende esta
perspectiva a sociedade aseméllase a un organismo biolóxico: hai varios órganos ou partes
dentro dese organismo
● que contribúen á saúde e funcionamento do conxunto.
● Holismo: É doado entender que esa primeira analoxía conduce a unha visión holística da
sociedade; polo que tenderá a centrarse no sistema social no seu conxunto e na interrelación
das partes, máis ca nas división e os intereses opostos entre os grupos da sociedade.
● Consensualismo: A integración das partes no conxunto faise a través dun consenso existente
sobre unha serie de aspectos comúns a tódolos seres humanos. Eses aspectos aparecen
concibidos como a moral, na cal a relixión, a familia, a educación e as asociación
profesionais teñen un importante papel.
● Evolucionismo: A sociedade vai pasando dunhas fases a outras e vai mudando as bases nas
que se establece o consenso, dunha solidariedade mecánica a outra orgánica21. A lóxica
evolucionista baséase nunha crecente e progresiva división social do traballo, para
incrementar as prestacións especializadas ó conxunto da sociedade
● A funcionalidade das partes do conxunto: cada parte contribúe o conxunto. As divisións son
necesarias e útiles. Para Durkheim a división do traballo é concibida coma unha necesidade
para o funcionamento da sociedade ou, doutra maneira, como a función23 de permitir un

12
desenvolvemento da solidariedade orgánica da sociedade. A estrutura segmentaria esvaece
para dar paso a unha sociedade baseada na división do traballo de tres maneiras:
- A concentración demográfica.
- A formación de cidades.
- O incremento do número e da rapidez das vías de comunicación.
● Desigualitarismo: A sociedade aparece así como un conxunto de posicións que desempeñan
funcións diferentes e que, loxicamente, levan parellas certas desigualdades sociais.
Durkheim recoñece dous tipos de desigualdades na sociedade, que chamará externa e
interna e que responden á clásica idea das desigualdades adscriptivas e adquiridas,
respectivamente. As primeiras predominaban nas sociedades baseadas na solidariedade
mecánica, mentres que as segundas son as propias da orgánica. Ademais neste último tipo
de sociedades sobran as desigualdades externas ou adscriptivas e deben basearse
unicamente nas adquiridas, de talento. Durkheim cría que o sistema funcionaría
correctamente se se permitía a cada persoa ocupa-la posición máis acorde cos seus
talentos. Deste xeito anticipa a idea dunha meritocracia baseada na igualdade de
oportunidades e de desigualdades resultantes recoñecidas como a mellor forma de funcionar
unha sociedade.

3.2. Xénese e fases de desenvolvemento da teoría funcionalista


1ª.- Convén partir da herdanza durkheniana deste enfoque.
2ª.- Precursores do funcionalismo. Nos primeiros anos da década dos ’30 chegan á Universidade de
Harvard tres profesores que coincidirán en boa parte dos seus postulados teóricos:
● En 1927 incorporase un profesor doutorado en filosofía cunha tese sobre Marx que será un
dos referentes máis importantes da teoría funcionalista;Parsons.
● Pitrim publica en na universidade de Minnesota un ensaio titulado social mobility peza clave
de analise funcionalista e importante influencia para Parsons.
● Joseph publicara tamén en "Die sozialen Klassen in ethnisch homogenen Milieu obra que
será un importante referente nos traballos de Parsons e de toda a teoría funcionalista.
3ª.- Formulación da teoría. Talcott Parsons publica The structure of social action, obra coa que
procede a desenvolvelo marco teórico máis importante da teoría funcionalista e inaugurará esta
corrente de pensamento sociolóxico, á que contribuirá con algunhas outras publicacións. ó cumio
desta etapa coa publicación de Davis e Moore, de “Somes principles of stratification”, que resume os
principios básicos da teoría funcionalista. As mesmas ideas serán presentadas de novo por Davis
Human society.
4ª.- Discusión teórica e elaboración dun plantexamento alternativo. Aparece unha crítica de Tumin ó
antedito traballo de Davis e Moore. Basicamente aparece cuestionada a idea de que a desigualdade
e un prerrequisito funcional. dende determinadas posicións se cuestiona o propio principio das
necesidades funcionais, como por exemplo Simpson
5ª etapa: Contrastación empírica (Década dos sesenta). Esta etapa estará caracterizada polas
tentativas de contrastar empiricamente as teorías elaboradas na década anterior. Entre os nomes
máis destacados cómpre mencionar a Davis e Moore, Blau, Duncan, Sewell, Abrahanson,
Stichcombe, Cullen, Novick,...
6ª. Crise (e posterior reavivamento neofuncionalista. Ex.: N. Luhmann).

3.3. Principais elementos da teoría funcionalista sobre a estratificación social


Os dous puntos fundamentais desta teoría serán:
● A fundamentación da distinción entre os conceptos de clase social e estrato social.
● A xustificación funcional da estratificación social.

3.3.1. Distinción entre clase e estrato.

13
A diferenza que os funcionalistas establecen entre clase e estrato desenvólvese nun contexto que vai
máis aló do puramente intelectual, asolagando un terreo máis ideolóxico, ó igual que pasaba coa
teoría marxista das clases.
Un dos piares básicos da teoría funcionalista será a crítica da concepción monista das clases,
baseada en factores económicos, coma explicación suficiente da estratificación e a desigualdade
social. “A principal consecuencia da crítica das concepcións monistas sobre as clases vai ser a
difusión de perspectivas máis amplas e plurais na consideración dos factores determinantes da
estratificación social, de forma que a ecuación ‘clase social–situación económica’, irase substituíndo
en moitos enfoques pola triloxía clase, status e poder”.
A toma en consideración destes tres elementos estratificacionais dará lugar a tres posibles
interpretacións sobre os sistemas de estratificación social:
● Pódese considerar que a prevalencia dun ou outro factor poidan dar lugar a distintos
sistemas de estratificación.
● A estrutura de clases pode considerarse coma un resultante da influencia conxunta dos tres
factores (o político, o económico e o status). Factores ós que, as veces, se lle engade un
factor ideolóxico (a nivel de conciencia).
● Pódese considerar a un ou outro factor coma o fundamental e básico, no que, a súa vez,
veranse reflectidos os outros dous.
<<Os funcionalistas situaranse maioritariamente nesta última perspectiva sinalando ó factor status,
coma o elemento fundamental, aínda que non único, da estratificación social. E a dita interpretación
engadirán o argumento de que esta é a tendencia observada nas sociedades industriais máis
avanzadas, nas que as grandes fronteiras de división antagónica entre clases dilúense e dan lugar a
un conxunto de posicións escalonadas, fundadas basicamente no prestixio e a consideración
social>>.
A partir de esa interpretación toma corpo a teoría dos estratos fronte á das clases. Así, toma corpo na
socioloxía a idea de que as clases sociais están conformadas basicamente a partir de factores
obxectivos, que fan referencia a unha determinada ubicación no sistema social de produción e os
estratos son vistos como conformados a partir de factores preferentemente subxectivos.
As diferenzas entre ambos conceptos foron esquematizas polo profesor Tezanos conforme ó modelo
desenvolvido no seguinte cadro:

14
3.3.2. Xustificación funcional da estratificación.
Tal vez a explicación máis clara de en qué consiste e a qué se debe a existencia de estratificación
social é a que atopamos e Davis e Moore. Estes autores parten da idea de que toda sociedade debe
distribuír dalgún xeito ós seus membros entre as diferentes posicións sociais existentes e
convencelos, ademais, de que cumpran cos deberes inherentes a esas posicións. Se as obrigas
derivadas desas posicións fosen igualmente agradables, todas igualmente importantes para
supervivencia da sociedade e se todas esixiran as mesmas destrezas ou talentos, non existiría ese
problema de cómo distribuír á xente entre as distintas posicións pois todas terían as mesmas
vantaxes e inconvenientes. Pero as cousas non son así e algunhas obrigas son máis gratas ca
outras. Por iso, inevitablemente toda sociedade institucionaliza un sistema de premios. Estes serán
de tres tipos: Primeiro, as cousas que contribúen á subsistencia e á comodidade, segundo, as que
contribúen á diversión e, finalmente, as que contribúen ó respecto propio e á expansión do ego.
Aínda que a análise da teoría de Davis e Moore “estea aínda por facer”, é moi ilustrativo o esquema
sintético exposto por Lorenzo Cachón reelaborando as propostas de aqueles, no cal me baseo para
resumir os alicerces teóricos do paradigma da estratificación social segundo o funcionalismo,
sinalando tres puntos: un postulado, un desenvolvemento teórico, un resultado.
● Postulado funcional: hai unha “necesidade universal que orixina a estratificación de calquera
sistema social”.
● Desenvolvemento do proceso de estratificación.
- Toda sociedade ten que ter algunha clase de premios e algún xeito de distribuír eses
premios entre as posicións.
- Toda sociedade ten que distribuír as recompensas entre as posicións segundo dous
factores:
➔ A importancia funcional diferencial das mesmas.
➔ A escaseza diferencial de persoal dotado do necesario talento e/ou
adestramento para desenvolvelas axeitadamente.
- Toda sociedade ten que motivar ós individuos para adquiriren adestramento, ocupar
posicións máis elevadas e cumprir cos deberes correspondentes.
- Toda sociedade ten que seleccionar ós individuos para ocupar posicións de acordo
ós seus méritos, é dicir, segundo as súas calidades e desempeños.
● Resultado do proceso de estratificación: <<as posicións máis importantes están
conscientemente ocupadas polas persoas máis cualificadas>>.

3.4. Formulación da Teoría da Estratificación de T. Parsons.


Tódalas sociedades, segundo Parsons, deberán satisfacer catro tipos de problemas (que entenderá
como prerrequisitos funcionais):
● Adaptación ó entorno.
● Capacidade para acadar metas.
● Integración e mantemento dos patróns latentes.
(O conxunto destes catro elementos coñécese con nome de “AGIL”). En concreto, as principais
institucións que deben cumprir estes prerrequisitos son, por este orden:
● A economía: cuxa función é extraelos recursos do entorno e producilos bens e servizos
necesarios.
● O Estado (ou política): cuxa unción é a de definir metas e establecela dirección para acadar
metas colectivas.
● O sistema legal (e, as veces, a relixión): contribúen á integración do sistema social
establecendo regras e criterios morais.
● familia, a escola e as institucións culturais: serven ó mantemento dos patróns adestrando e
socializando ós individuos da sociedade e satisfacendo as súas necesidades persoais de
modo que poidan ser membros funcionais da sociedade.

15
A importancia de entender ese sistema de prerrequisitos sobre o funcionamento das institucións
permite diferenciar tipos de estruturas ou de sistemas de organización social específicas. Isto é así
porque, por un lado, cada institución social fomenta valores diferentes e en cada sociedade
prevalecen uns tipos de institucións sobre as outras. Así, nunha sociedade onde prevalezan as
institucións que fortalezan as metas e políticas dará lugar a uns valores coherentes con esas
institucións. Os individuos que vivan máis de acordo cos valores moldeados por esa ou esas
institucións principais recibirán máis status e ocuparán, polo tanto, posicións máis privilexiadas no
sistema de estratificación.
Parsons considerará que a esencia da estratificación, en calquera sociedade, é a avaliación moral
relativa da que gozan as diferentes unidades sociais. De acordo con el, a estratificación social
consiste en “unha ordenación diferencial dos individuos humanos que compoñen un sistema social
dado e o seu tratamento coma superiores ou inferiores entre si en certos aspectos socialmente
importantes.
Deste xeito, seguindo a Kerbo, podemos resumilo esquema teórico de Parsons, nos seguintes
puntos:
● O lugar dunha persoa na xerarquía de status (sistema de estratificación social) está
determinado pola avaliación moral dos demais.
● Esta avaliación moral faise en termos dun sistema de valores común.
● O sistema de valores común está moldeado pola institución á que se dá maior importancia en
cada sociedade (esa importancia diferencial dependerá de circunstancias históricas e
ambientais de cada sociedade).
● Así, as persoas que viven máis de acordo con estes valores ou ideas recibirán, ademais dun
alto status, outras recompensas, como unha renda elevada e riqueza.
Así aparece formulado o problema da estratificación como un sistema de asignación de individuos a
posicións e de premios a estas últimas. É dicir, máis ben o problema de cada sociedade consiste en
conseguir que a persoa idónea ocupe os roles máis axeitados as súas capacidades e, á súa vez, que
cada rol teña asociada un status que o faga apetecible.
Parsons di que, no canto da asignación das persoas ós roles, existen tres tipos de procesos
asignativos:
● Os procesos adscriptivos, procesos que proceden da natureza da cousa (Parsons cita o
exemplo da familia).
● Os que se levan a cabo por decisión explícita doutras persoas (designación, etc).
● Por un sistema selectivo.
O seguinte problema consiste en asignar premios a cada posición. Aí é onde entrarían as diferenzas
salariais xunto a outras recompensas de tipo de prestixio e que, en conxunto, formarían ó status. O
status dun individuo, segundo Parsons, realízase de forma intersubxetiva na análise individual dunha
serie de variables, entre as que salientamos:
● Familia: a participación coma membro nunha unidade de parentesco, ben por:
- Nacemento.
- Matrimonio.
● Calidades persoais, que van dende a beleza ata os coñecementos aprendidos.
● Logros, que adquiriu o individuo e posesións materiais.
● Autoridade e poder.

3.5. A derivación desigualitaria.


Se ben non é doado homoxeneizar tódalas posturas funcionalistas, e sen chegar ós extremos de
Laurin-Frenette, podemos considerar unha serie de principios troncais na concepción das
desigualdades sociais que guían e unen á teoría funcionalista:
● O estudio das desigualdades é un obxectivo esencial da teoría funcionalista. O Obxectivo da
teoría é o de explica-la existencia “dun sistema de recompensas desiguais ligado a diferentes
posicións dunha sociedade”, é dicir, por qué existe a estratificación.

16
● As desigualdades aparecen concibidas coma unha estrutura universal de posicións sociais
diferenciadas.
● A análise recae sobre unha serie de variables fundamentais e nuns ámbito institucionais que
configuran o sistema de estratificación, pero as desigualdades derivan das diferenzas
interpersoais de talento e capacidade.
● As desigualdades sociais non son soamente necesarias, senón tamén beneficiosas.

4. As correntes Weberianas

4.1 Marco teórico weberiano

O pai de Weber era membro do partido Liberal-Nacional, contexto ideolóxico no que se ubicará
tamén el, posteriormente, contribuíndo a fundación do Partido Demócrata Alemán. Tras perder
Alemaña a I primeira Guerra Mundial, na que adoptara unha postura moi crítica coa política
expansionista do seu país. Estudara Dereito, Filosofía, Historia e Economía e dedicouse en estadías
sempre temporais a ensinanza universitaria.

En 1893 gañou unha praza de profesor de Universidade e no ano 1897 Universidade Heidelberg
onde impartirá Economía Política. Durante unha visita a esa cidade que lle fixeron os seus pais,
produciuse unha forte discusión entre el e o seu proxenitor. En 1893 gañou unha praza de profesor
de Universidade e no ano 1897 Universidade Heidelberg onde impartirá Eeconomía Política. Durante
unha visita a esa cidade que lle fixeron os seus pais, produciuse unha forte discusión entre Max
Weber e o seu proxenitor. Poucos días despois, o seu pai morre sen que Max puidese reconciliarse
con el. A partir de ese momento sentiu un sentimento de culpa que o acompañou sempre, sufrindo
crises nerviosas que lle implicaron estancias en hospitais e interrupción do seu traballo académico. A
tal punto chegaron o seus problemas mentais que á idade de 39 anos viuse obrigado a abandonar a
docencia universitaria, dedicándose exclusivamente á investigación.
No ano 1909 funda a Asociación alamana de socioloxía Durante a I Guerra Mundial, criticou os
obxectivos expansionistas do seu país. Despois da derrota, adquiriu influencia política como membro
do comité de expertos que acudiu en representación del goberno alemán á Conferencia de Paz de
París.
Nos seus derradeiros anos, Max Weber, quen xa volvera ao ensino universitario, desenvolveu unha
intensa actividade pública. Tras el fin de la Primeira Guerra Mundial, participou en la elaboración da
nova Constitución alemá, ademais de intervir en política. En 1919 se presentouse como candidato a
deputado polo partido liberaprogresista, pero non obtivo os votos necesarios para ser elixido. Iso
provocou que se afastase da política activa, malia que seguiu reflexionando encol do tema. Pouco
despois, en xuño de 1920, caeu enfermo de pulmonía e morreu en menos dun mes.
A meirande parte da súa produción sociolóxica recóllese nas dúas primeira décadas do século XX.
Na súa obra “A ética protestante e o espíritu do capitalismo”, tenta demostrar como as ideas
relixiosas inflúen no nacemento do capitalismo. En Economía e Sociedade recóllese o conxunto do
seu pensamento máis elaborado.
Para entendérmolo sistema de estratificación social dende a óptica exposta por Weber, cómpre partir
da súa concepción xeral da Socioloxía e da súa visión global da sociedade. Para isto, podémonos
axudar do seguinte esquema, que descompón unha serie de principios básicos :

Explicala acción => Socioloxía comprensiva da acción => subxetivismo => complexidade =>
multidimensionalidade => conflitos => constreñidos nun proceso de burocratización.

A Socioloxía de Weber encádrase entre os paradigmas baseados en supostos valorativos non


críticos e cunha visión do modelos de sociedade conflitivista. No primeiro sentido, aproximaríase a

17
Durkheim e ó funcionalismo e, con respecto ó segundo, a Marx e ó marxismo. Realmente está un
pouco a cabalo entre ámbalas dúas posturas.

4.2 A estratificación social en Weber

4.2.1 O Concepto de clase

Weber vai compartir con Marx a idea de que é posible identificar aos individuos en función da súa
clase, pero vaise distanciar del, e aproximarse ós funcionalistas, ó insistir na multidimensionalidade
dos procesos de estratificación social.
Comprender o concepto weberiano de clase non é doado, Weber proporciona unha exposición
sistemática, aínda que breve, en dúas seccións distintas de Economía e Sociedade: “IV Estamentos
e clases” e “VIII. División do poder na comunidade: clases, estamentos e partidos”.
Para entendérmolo podemos partir deste último concepto, a “situación de clase”, que parece vir
definida pola probabilidade que un individuo ten de aprovisionarse de bens e de ter unha
determinada imaxe ou posición social que lle permite establecer, á súa vez, determinadas relacións
sociais. Engade a iso que a situación de clase é discernible empiricamente, o que conleva que non
só se definirá, como no caso marxista, por unha posición obxectiva con respecto ó modo de
produción, senón que será discernible pola posición global do individuo na sociedade.
Segundo sexan esas posicións dos individuos, cando teñen unha mesma situación de clase,
denominamos ós seus membros coma unha clase. É dicir, para Weber podemos falar de clase cando
un número de persoas posúen en común unha compoñente causal específica das súas
oportunidades vitais, na medida en que esa compoñente está representada exclusivamente por
intereses económicos na posesión de bens e oportunidades de ingresos e está representada baixo
condicións de mercados de produtos ou mercados de traballo.
Weber fala de tres tipos de clase:
● A proletaria: na que o elemento que agrupa ós individuos e a propiedade ou a caerencia
dela.
● A lucrativa: aparecen as posibilidades de acceso de ao consumo e ao mercado.
● A social: sumanse as anteriores para permitir ventaxes persoais de todo tipo.

18
A distinción entre os conceptos de clase e clase social é transcendental. Giddens, guiado pola
terminoloxía marxista, suxire establecer en Weber tamén a distinción entre clase en si e para si, a
económica ou simplemente a clase é unha característica obxectiva que fai referencia ás
oportunidades das vidas de las persoas e clase. Só baixo certas condicións quen comparte unha
mesma situación de clase chega a ter conciencia da súa situación. Cando isto ocorre cabe falar de
clase social ou “clase para si”.

4.2.2 Os outros elementos: O Status e o Partido


Pero as desigualdades sociais non se limitan exclusivamente á existencia de clases, senón que estas
serven só para explica-las desigualdades económicas. En realidade, Weber considera que existen
tres ordes fundamentais no sistema de organización social. O económico, o social e o político. O
primeiro vén explicado polas diferenzas de clase, o segundo polas de status e o terceiro polos
partidos (ou polas diferenzas de poder).

O status refírese ás diferenzas entre os grupos de honra ou no prestixio que lle conceden ós demais
(categoría definida intersubxetivamente). O poder, pola súa banda, supón unha esfera independente,
na cal os diversos grupos de individuos se asocian para conseguir maiores cotas de capacidade de
decisión.
Weber vía cada unha desas tres dimensións como xerarquías importantes para ordenar ós
individuos, aínda que en cada sociedade algunha delas podería ser más preponderante. Así, nas
primeiras fases do capitalismo, a dimensión de clase era a máis importante, na sociedade de castas
hindú o era o status e nas modernas sociedades occidentais, cada vez sería máis relevante o poder.
No obstante, Weber pensaba que en tódalas sociedades existía un alto grao de solapamento das tres
dimensións
Weber considera que a visión marxista das clases era moi simplista e propón 2 modificacións: por
una parte engade la división dos individuos en función da súa propiedade dos medios de produción e
da súa posición no mercado. Por outra, insiste en que as divisións de clase non son as únicas
explicativas das desigualdades sociais existentes. Isto dá lugar á súa concepción multidimensional de
estratificación social, baseada en 3 dimensiones:
● Clase.
● Status.
● Partido (poder).
Tras entender esa lóxica destaca as 2 contribucións máis importantes de Weber:

19
● A visión multidimensional de estratificación social.
● As características que teñen grandes institucións burocraticas o que nos permite entender a
natureza de poder e a dominación en sociedades industriais avanzadas.

4.2.3 O concepto de clase en Marx vs Weber


A idea de conflito de Weber era moito máis xeral ca de Marx. Así, mentres aquel consideraba que
algún día poderían superarse as desigualdades observadas, Weber era moito máis pesimista.
As tradicións weberiana e marxista, opóñense xa dende os principios conceptuais que as orientan.
Podemos mencionar, resumida y estereotipadamente, as seguintes oposicións conceptuais:
● Para Marx, as clases son expresión das relacións sociais de produción, mentres que Weber
as considera como posicións comúns respecto do mercado.
● Marx concibe as clases como unha estrutura obxectiva de posicións de clase, mentres que a
análise de clase weberiana constrúese no marco dunha teoría da acción social, incidindo nun
maior interese polos procesos de formación de clase y de mobilidade.
● Énfase marxista na división do traballo versus a identidade social e política dos axentes
sociais, dos weberianos.
● Na teoría de Marx, a lóxica esencial das relacións de clase é a lóxica da explotación, onde a
dominación política e ideolóxica interprétase como un simple medio para asegurar a
explotación; polo contrario, Weber concibe a dominación coma un fin en si mesmo.
● Marx sostén unha concepción unidimensional da estratificación e as divisións sociais, onde
as relacións de clase son capitais, mentres que Weber sostén unha concepción
multidimensional na que as relacións de clase se entrecruzan con outras bases (non
clasistas) de asociación, sinaladamente o status e o partido, que a miúdo teñen primacía
sobre elas.

OPOSICIÓNS CONCEPTUAIS ENTRE O MODELO DE CLASE DE MARX E WEBER

Para os marxistas as clases son forzas motrices antagónicas do devir histórico, “forzas estruturais de
tensión entre traballo e capital” mentres que na tradición weberiana son preferentemente categorías
referidas ó tipo de mercado e ás desigualdades de oportunidades no acceso diferencial ós bens e
servizos. Os weberianos rexeitarán a bipolaridade das clases, subliñando as relacións de autoridade
e mobilidade na formación de clase e, en xeral, multiplicando os factores conformadores. Aínda que o
concepto weberiano de clase é relacional, non ten que estar ligado a ningún "modo de produción". As
clases dentro da tradición weberiana son concibidas como categorías de estratificación específicas
das sociedades de mercado e así non hai necesidade de desenvolver un esquema xeral de análise
para aplicalo a diferentes tipos de sistemas económicos.

4.3 Inicio e desenvolvemento das correntes neoweberianas


Lockwou analizou36 a tese marxista de proletarización dos white-collars a partir da súa situación de
mercado e dun determinado status asociado (Lockwood, 1958). Cría que a posición de clase incluía
tres factores:

20
● A situación de mercado: a posición concibida en termos económicos, que consta da fonte e o
volume da renda, o grao de seguridade no emprego e a mobilidade ocupacional ascendente.
● A situación de traballo: conxunto de relacións sociais nas que o individuo se ve envolto no
seu traballo.
● A situación de status: posición do individuo na xerarquía de prestixio da sociedade no seu
conxunto.
A novidade do enfoque de Lockwood baséase:
● No sentido feble do prestixio social asociado a estilos de vida.
● Na introdución do concepto situación de traballo (work situation) consciente das limitacións
que o concepto clásico de situación de mercado tiña ó separalo da posición na división social
do traballo.
Tamén é certo que o concepto que define é ambiguo, podendo interpretarse como “o mecanismo a
través do cal as condicións laborais xeran experiencias e trazos de identidade comúns”.
A obra de Lockwood estimulou unha serie de estudios empíricos que exploraron o vínculo entre
grupos ocupacionais, situacións sociais e imaxes sociais, coma por exemplo, o estudio de Newby
sobre os traballadores agrícolas, o estudio de Brown e Brannen sobre os traballadores dos estaleiros,
así como unha ampla variedade de artigos xornalísticos e debates.O segundo impulso importante de
configuración dunha nova corrente neoweberiana ven dado por unha serie de teóricos que levan a
cabo unha reformulación weberiana do modelo marxista. Entre eles, cabe salienta-las contribucións
de Dahrendorf, Ossowski e Giddens. Un terceiro paso, se cabe o máis contemporáneo, veu da man
doutra serie de contribucións algo máis afastadas do modelo analítico marxista e cunha finalidade
moito máis operativa, como son os traballos de Parkin ou, sobre todo, de Goldthorpe.

4.4 A reformulación weberiana do marxismo


4.4.1 O modelo de conflito de autoridade de Dahrendor
Dahrendorf realiza unha crítica das clases en Marx diferenciando os aspectos “filosóficos” dos
“sociolóxicos” na teoría marxista. Tras delimitalos aspectos “sociolóxicos” da obra de Marx, analiza o
sentido que a propiedade ten coma elemento caracterizador da posición de clase. Encontra así que a
propiedade é unha forma de posesión de autoridade, e que é o control directivo das empresas o que
fai diferente ó capitalista do proletario, aínda que iso se reflicta nun primeiro momento de
desenvolvemento capitalista tamén na propiedade dos medios de produción. A clase, polo tanto,
debe definirse en termos de relación de autoridade máis ca de posesión contra non posesión de
propiedade.

4.4.2 A reformulación de Giddens.e posesión contra non posesión de propiedade.


Giddens define clase coma “un agregado a gran escala de individuos composto por relacións
definidas impersoalmente e notablemente aberto na súa forma”. Esas relacións definidas son os
acordos normativos que rexen as condicións dos mercados. O mercado é así un sistema de relacións
económicas que se basea na forza de negociación relativa dos diferentes grupos de individuos.
O salto entre o mercado, a capacidade de mercado dos individuos e as clases sociais resólvese
analizando os modos en que as relacións “económicas” se transforman en estruturas sociais “non
económicas”. A isto lle chamara sistema de estruturación das relacións de clase.
Giddens distingue dous tipos de fontes de estruturación das relacións sociais en canto a súa
capacidade de mercado:
● As fontes mediatas: sinalan a propiedade dos medios de produción, a posesión de
cualificacións e a simple posesión de traballos manuais estas posesións constitúen
mecanismos de reprodución social.
● As fontes próximas (ou inmediatas): o traballo “manual” ou “non manual”, as relacións de
autoridade dentro da empresa e a existencia de “grupos distributivos”. A combinación das
causas de estruturación mediata e inmediata que aquí se distinguen crea unha estrutura de
clase obxectiva (baseada en criterios económicos) e xenérica da sociedade capitalista; sen
embargo, nunca foi sometida a contrastación empírica.

21
4.5 As clases no mercado ocupacional
A diferenza dos autores anteriormente mencionados, que representan un intento consciente de
síntese teórica entre marxismo y weberianismo, Goldthorpe e outros autores xenuinamente
neoweberianos como Parkin tenden a relativiza-las relacións de propiedade e a enfatizala estrutura
ocupacional. “A parede mestra da xerarquía de clases e por suposto de todo o sistema de
remuneracións da sociedade occidental moderna é a estrutura ocupacional”
Goldthorpe matizará que se propoñen as categorías ocupacionais como reflexo tanto dos niveles de
renda e condicións de emprego, como pola posibilidade da localización da autoridade nos mesmos
(Goldthorpe, 1980: 25). Ademais Goldthorpe terá tamén en conta as situacións de emprego coas que
diferenciará a relación de cada tipo de ocupación cos medios de produción.

4.5.1 O esquema de J. Goldthorpe(Mirar apuntes libreta/fotos)

4.5.2 Frank Parkin


Parkin esta de acordo con Marx e con Weber en que a posesión dos medios de producción e o medio
basico da estructura de clases. A propiedade, sen embargo, segundo Parkin, é só unha forma de
peche social, que pode ser monopolizada por unha minoría e utilizada coma unha base de poder
sobre outros. Podemos definilo peche social coma calquera proceso mediante o cal os grupos tentan
de manter un control exclusivo sobre os recursos, limitando o acceso a eles. Xunto coa propiedade
ou riqueza, a meirande parte das características que Weber asociaba coas diferenzas de status,
como a orixe étnica, a linguaxe ou a relixión, poden ser empregadas pra crear peche social.
No peche social hai implicados dous tipos de procesos. A exclusión se refire a as estratexias
adoptadas polos grupos pra separarse dos estraños, impedíndollelo acceso ós recursos valiosos. A
usurpación alude ós intentos dos menos privilexiados pra adquirir recursos monopolizados
previamente por outros.Ambas poden empregarse simultaneamente en certas circunstancias dando
lugar a un peche social.
Nunha sociedade capitalista moderna os dous dispositivos principais de exclusión que a burguesía
emprega para formarse e manterse como clase son, primeiro, as institucións que rodean á
propiedade e, segundo, as cualificacións e méritos académicos ou profesionais. Cada un representa
un conxunto de ordenamentos legais para restrinxilo acceso ás recompensas e os privilexios. Os
dous grupos de beneficiarios desas prácticas de exclusión mantidas coa axuda do Estado pódense
considerar coma compoñentes básicos da clase dominante no capitalismo moderno.

5. A CORRIENTE NEOMARXISTA
5.1. Crise e pervivencia
O enfoque proposto por Marx tivo, a principios de século, un importante crecemento no número de
científicos adeptos, na expansión e na institucionalización da súa teoría. Kolakowski, nunha extensa
obra sobre as principais correntes do marxismo, calificará o período da Segunda Internacional como
a idade de ouro do marxismo. Este aparece nos medios intelectuais coma unha doutrina seria e
rigorosa, mesmo respectada polos seus adversarios. Tiña nese momemento varios defensores.
Máis tarde, especialmente a partir da instauración da ortodoxia bolchevique no poder, entrará nunha
fase de crise, da que sairá moi puntualmente. É un momento no que a Socioloxía vive un período de
hexemonía funcionalista e as correntes do marxismo se reproducen numericamente e xorden
importantes interpretacións particularistas de cada un dos aspectos da teoría marxista, tal como

22
veñen esquematizados polas visións dos tipos de teorías que Parkin resume en mínimas, intermedias
ou máximas, ou a división que Gouldner establece entre marxistas científicos e marxistas críticos.
Soamente algúns escasos expoñentes do pensamento marxista escaparán do oficialismo ortodoxo. A
partir desa época comezan a xurdir algunhas discrepancias co oficialismo, de entre as que cómpre
salientar dúas:
● O marxismo analítico.
● O posmarxismo culturalista.

5.2. Marxismo crítico e marxismo científico


Atribúese a Gouldner, o establecemento da diferenza entre o marxismo científico e o crítico. En xeral
manteñen discrepancias de orde epistemolóxica (especialmente en cuanto o papel da ciencia como
crítica), pero de xeito máis matizado pódense esquematizalas súas diferenzas no seguinte cadro.

MARXISMO CRÍTICO MARXISMO CIRNTÍFICO

Voluntarismo: as decisións humanas contan Regularidades suxeitas a leis (determinismo)

Intervención activa Evolucionismo

Centro cognoscitivo na cítica Centro cognoscitivo na ciencia

Apóianse na filosofía, coma límite da ciencia A filosofía está démodé e tratan de abolila

Hegelianos, acentúan esa herdanza en Marx Acentúan discontinuidade entre Hegel e Marx

De cotío sospeitan de Engels coma fonte de Aprecian a Engels, honrándoo como fundador
deformación “positiva” do marxismo

Historicismo e organicismo Estruturalismo

Papel central nas persoas Papel central nos roles e posicións sociais

Posibilidade de encluír novas pezas no xogo A vida é un xogo con pezas predeterminadas

Alienación como maior limitación da vida A explotación reempraza á alienación

Meta final do socialismo: reservala cultura e Desenvolvemento das forzas de produción,


moral humana intensificando a industralización

A estrutura é constante, varían as persoas (as Varían as condicións estruturais, as adhesións


súas vontades, adhesión. etc.) danse por sentadas

As ideas e adhesión das persoas explican os As persoas e as súas ideas son variables
sucesos dependentes

5.3. O marxismo culturalista


O marxismo culturalista vén exemplificado e representado pola obra de Thompson. Éste pode
considerarse coma un dos primeiros enfoques que dende a perspectiva marxista abría posibilidades
analíticas afastadas do determinismo economicista, achegándose a posicións weberianas. A análise
de Thompson deu pé a explicacións etnográficas do modo en que os individuos pertencentes a
diferentes clases se enfrontan as súas situacións de clase ó tempo que as reproducen.
Thompson define a “clase” coma unha forza abstracta que, sen embargo, ten
consecuencias reais. A clase é unha relación, non unha cousa. Está encarnada nas relacións de
produción, pero non pode analizarse independentemente da conciencia de clase. É un proceso de
formación rexido por dous principios básicos, o da codeterminación e o criterio de conciencia.

23
A experiencia constitúe o punto de partida obxectivo e substrato material da formación de clase, que
ten lugar ó vivir os homes as súas condicións sociais de existencia e elaborar esa experiencia vivida
segundo certos modelos culturais preexistentes e cunhas determinadas expectativas, ata dar lugar a
novas formas políticas e culturais, a unha nova e peculiar conciencia de pertencer a un mesmo
grupo, con intereses, valores e crenzas comúns e con fortes vínculos de solidariedade mutua. Este
proceso de auto identificación desenvólvese mediante unha codeterminación, “unha continua relación
entre as determinacións materiais da experiencia e a elaboración desa experiencia que os suxeitos
levan a cabo” en función da cal xurde a conciencia de clase. Pero a conciencia de clase non ten aquí
máis ca unha connotación descritiva, non normativa, ademais de que se rexeita a división estrutural
de clases pola súa relación cos medios de produción, para insistir na “natureza multidimensional das
condicións de existencia”, o que leva a falar do “carácter ultimamente indeterminado da identidade
subxectiva dos actores”.

5.4. Marxismo analítico


A partir de mediados da década dos oitenta, un grupo de filósofos, sociólogos e economistas, todos
eles interesados en afondar na obra de Marx, comezan a crear un novo enfoque coñecidos como
Marxismo Analítico.
En ocasións sinálase a publicación de Cohen de Karl Marx's Theory of History: a Defense como o
inicio de esta corrente. Despois virán as reunións bianuais que deron lugar a que se coñecesen co
alcume de Grupo de Setembro (polas datas que se reunían). Para Cohen o materialismo dialéctico
de Marx é só unha teoría tecnoloxicamente determinista na que as relacións de produción son
explicadas funcionalmente polas forzas de produción e que as institucións políticas da superestrutura
son explicadas polas relacións de produción. As forzas produtivas seguen unha tendencia histórica
de crecemento de cara a incrementar a produtividade e o confort humano. O ser humano tenderá
racionalmente a escoller sempre ese confort e polo tanto apoira o desenvolvemento das forzas
produtivas materiais.

5.4.1. A teoría xeral da explotación de Roemer


O concepto marxista tradicional de explotación refírese a que una clase explota a outra, cando a
primeira se apropia del plustraballo realizado pola outra. Os ingresos da clase explotadora proceden
do traballo realizado pola clase explotada. De maneira máis xeral, Roemer entende que os ricos
explotan ós pobres cando se pode establecer que o benestar dos primeiros depende causalmente
das privaciones dos pobres, os ricos son ricos porque os pobres son pobres; son ricos a expensas de
outros.
A teoría da explotación tradicional do marxismo é un caso especial do concepto elaborado por
Roemer. Este último critica a idea marxista de que o traballo asalariado é unha condición
indispensable para a explotación do traballo nunha economía de mercado, xa que existe, o seu
xuízo, explotación tanto no caso de que os produtores posúan os seus propios medios de produción
pero con diferentes bens físicos, como no caso de que os traballadores asalariados tomen prestado
capital. Todos actúan baixo a seguinte premisa de racionalización óptima: minimizar a cantidade de
traballo empregado para alcanzar unha cantidade dada de consumo. Como resultado destas
decisións suceden dúas cousas, que os individuos aparezan coma membros dunha entre cinco
clases, que se definen por determinadas posicións dentro das relaciones sociais de produción; e
segundo, que algunhas persoas realicen un traballo do que se apropien outras.
Roemer afirmará que as relacións de clase pódense deducir se coñecemos a distribución dos
dereitos de propiedade dos medios de produción. Roemer define a clase (nunha sociedade
capitalista) en termos de se no curso de acción óptimo para as persoas consiste en vender a súa
forza de traballo, en contratar forza de traballo de outras persoas ou en autoempregarse (ou nunha
combinación destas cousas). Non se trata dunha definición puramente conductual, senón dunha
definición modal en termos dunha relación entre os bens das persoas (os cales determinan,
conxuntamente coas súas preferencias, cál é o seu curso de acción óptimo) e a súa conduta
manifesta.

24
Clase Contrata Vende forza Traballa para si Explotación Cantidade de
forzada de de traballo mesma bens
traballo

Capitalista Si Non Non Explotador Moitos

Pequeno empregador Si Non Si Explotador Moderados

Pequeno-burgués Non Non Si Ambiguo Preto da


media per
cápita

Semiproletario Non Si Si Explotado Poucos

Proletarios Non Si Non Explotado Ningún

5.5. As clases en Wright


5.5.1. Aspectos centrais da súa análise
A liña de investigación de Erik O. Wright desenvólvese en torno á consideración de que “a estrutura
de clases é un determinante tan poderoso coma sistemático da acción individual e do devir social”. El
mesmo recoñece que o obxectivo marcado de chegar a un discernimento claro dos elementos
constituíntes dunha clase social está, malia ós recentes avances, aínda lonxe de acadar. O problema
central consiste en discernir cál é o papel das clases sociais coma determinantes da distribución de
vantaxes materiais así coma explicativa da conciencia e acción social. Iso lévao a intentar
operativizar en esquemas empíricos e contrastados os grupos ocupacionais que configuran o sistema
de clases contemporáneo. A tradición marxista pervive analiticamente en Wright ao considerar ás
relacións sociais de produción coma o elemento que estrutura diferentes posicións nesas relacións
sociais, dando lugar ás clases.

5.5.2. A estrutura de clases


A estruturación de clases é considerada coma un sistema de diferenciación social en base a uns
mecanismos que xeran efectos diferentes para cada colectivo poboacional. “As estruturas de clase
designan mecanismos reais. Definir unha clase, polo tanto, é establecer a natureza deses
mecanismos. Os mecanismos son procesos xeradores de efectos”.
Wright entende a súa concepción das clases na liña inspirada por Roemer de explotación, fronte á
visión weberiana que puña o acento na dominación. O núcleo do seu enfoque é o feito de que se
concentra no nexo causal entre bens e vantaxes materiais. As vantaxes materiais son de catro tipos:
sobre as persoas, sobre os medio de produción, sobre as cualificacións sobre os bens
organizacionais. Neste sentido fai más complexa a división que Roemer facía a súa vez de vantaxes
de tipo riqueza ou cualificacións.
A correspondencia biunívoca entre "posicións" na estrutura de clases e as clases mesmas, mantense
coma premisa táctica. Pero a premisa encontra problemas de contrastación e aplicación empírica.
Wright é consciente desa limitación e propón dúas vías de solución: a das posicións contraditorias e
a das explotacións múltiples.

5.5.3. As diferentes etapas do enfoque de Wright


Nun primeiro momento Wright intenta resolver o problema das clases medias mediante as chamadas
posicións contraditorias de clase. “A partir da distinción entre capital monetario, medios de produción
e forza de traballo, Wright tratou de desenvolver e matizar o esquema de clases básicas tradicionais
do marxismo: burguesía, proletariado e pequena burguesía, coa definición dunhas clases adicionais,
caracterizadas por súa posición contraditoria respecto ás anteriores. Así, os pequenos propietarios

25
teñen características da grande (propiedade de capital) e da pequena burguesía (participación no
traballo); os directivos teñen características da burguesía (control dos medios de produción) e dos
traballadores (participación no traballo); por último, os traballadores semiautónomos e, entre estes,
os intelectuais, teñen características da pequena burguesía (na medida en que controlan os medios
de produción) e dos traballadores (venden a súa forza de traballo)”.
No capítulo 2 da súa obra Classes desenvolve amplamente este concepto de "posicións
contraditorias", pero aquí deixaremos que sexa el mesmo quen sintetice ese concepto na súa obra
Reflexionando, una vez más, sobre el concepto de estructura de clases:
“Na sociedade capitalista cada suxeito debe pertencer á clase obreira, á clase capitalista, á pequena
burguesía, ou tal vez, a algunha clase enteiramente "nova". O concepto das posicións contraditorias
dentro das relaciones de clase pretendía rachar con ese suposto: algunhas posicións na estrutura de
clases poderían estar en dous ou máis clases simultaneamente. Os directivos, por exemplo, estaban
simultaneamente na clase obreira e na clase capitalista: na clase obreira na medida en que ten que
vender a súa forza de traballo para poder vivir; na clase capitalista na medida en que dominan a
outros traballadores na produción. E posto que os intereses de clase de traballadores e capitalistas
eran intrinsecamente antagónicos, se denominou "posición contraditoria dentro das relacións de
clase" á posición dual de clase que combinaba estas dúas clases”.
Relación entre as clases e as posicións de clase contraditorias na sociedade capitalista

Wright abandonou posteriormente esta vía de investigación por dous tipos de razóns:
● Os problemas empíricos que se derivaban, especialmente para a categorización dos
traballadores semiautónomos.
● A debilidade da compoñente marxista desta clasificación, aparecendo como transcendentais
os conceptos de dominación e subordinación.
A segunda solución proposta, chamada das explotacións múltiples, foi concibida coma unha
alternativa á primeira e coma un intento de mellorar a capacidade explicativa daquela. Parte da
distinción de catro tipos de recursos; a desigual propiedade ou control das cales constituía a base
das distintas formas de explotación: os bens de forza de traballo (explotación feudal), os bens de
capital (explotación capitalista), os bens de organización (explotación estatista) e os bens de
cualificación ou credenciais (explotación socialista). Aínda que os modos puros poidan identificarse
coas formas simples de explotación, as sociedades reais constan de diferentes formas de
combinación, conformando así as "explotacións múltiples".
“No capitalismo, os exemplos cruciais de ditas posicións son os directivos (que están
capitalistamente explotados pero son explotadores de organización) e os expertos (que están
capitalistamente explotados pero son explotadores de cualificación ou de credenciais)”.

26
Seguindo estes razoamentos, podemos elaborar un cadro esquemático das clases sociais
resultantes64 de despregar matricialmente estas compoñentes:

O procedemento de Wright, consiste, primeiro, en definir a propiedade de cada un dos bens


produtivos que entran na clasificación e establecer, a continuación, una matriz mediante a súa
combinación cruzada. Deixando a un lado ós propietarios de medios de produción, os asalariados
quedan clasificados en nove celdiñas, cada unha das cales indica unha combinación de posicións na
xerarquía ou de participación nos bens de organización e de cualificación, encontrándose nun dos
polos a categoría dos directivos expertos e noutro o dos proletarios en sentido estrito; é dicir, a de
quen non ten autoridade nin cualificación algunha.

5.5.4. Problemas por resolver


Finalmente, Wright sinala unha serie de aspectos que abren novas complexidades na teoría da
estratificación social, pero que son claves para a súa elaboración teórica e empírica. Estas novas
complexidades son:
● Os individuos ocupan unha posición na estrutura de clases, coa excepción de dous casos: as
persoas que teñen máis dun emprego e as persoas que teñen "posicións múltiples", por
exemplo, posuíndo propiedade e vendendo a súa forza de traballo.
● Os intereses de clase están condicionados polas relacións sociais aparte da relación directa
co proceso produtivo. So as posicións "mediatas" de clase.
● Existen posicións temporais de clase, que perturban unha análise máis consistente,
manifesto nunha visión máis continuada das carreiras profesionais.
As alternativas anteriormente expostas manteñen problemas de difícil resolución empírica que o
propio Wright recoñece. Iso lévao a plantexarse tres posibles solucións alternativas: Caer ea
tentación da análise neoweberiana, relegando o concepto de estrutura de clases a un nivel teórico e
abstracto e desenvolvendo un repertorio de conceptos marxistas de clase máis concretos e de nivel
micro derivados de aquel; reter tanto o concepto abstracto como a súa aplicación empírica directa e
convivir coas incoherencias resultantes ou finalmente rexeitar de plano a teoría marxista. A primeira
alternativa é considerada con máis intensidade e mesmo puntualiza as razóns polas que os
neoweberianos teñen menos problemas nas súas análises aplicadas. A razón ven dada polas
rixideces ás que é fiel a tradición marxista. Estas rixideces que se liberalizan na análise weberiana
son:
● Para os teóricos weberianos, o concepto de estrutura de clases non ten que estar ligado a
ningún concepto abstracto de "modo de produción". As clases dentro da tradición weberiana
son concibidas como categorías de estratificación específicas das sociedades de mercado e
así non hai necesidade de desenvolver un esquema xeral de análise para aplicalo a
diferentes tipos de sistemas económicos.

27
● Aínda que o concepto weberiano de clase es relacional, non está baseado nun modo
abstracto de relacións polarizadas. Todo o que se precisa é que unha clase dada se
caracterice por unha situación de traballo e unha situación de mercado distintivas ou, máis en
xeral, por "oportunidades de vida" distintivas e economicamente condicionadas.
Wright rexeita a tentación neoweberiana por tres razóns: políticas, teóricas e metodolóxicas. Cre
posible, sen embargo, unha incorporación conceptual e de resultados empíricos weberianos ó marco
teórico marxista.

28

You might also like