You are on page 1of 10

A TEORÍA QUEER E O

FEMINISMO MODERNO

Iria Lorenzo Garrido 4º ESO A


ÍNDICE
1. A teoría queer

1.1. Significado do termo Queer

1.2. Uniformidade da teoría

1.3. Eliminación dos termos home e muller e respectivas opresións

1.4. A roda de privilexios

2. O movemento Me Too

2.1. Significado de Me Too

2.2. Nacionalidade deste

2.3. Cando comezou

2.4. Extensión a Ucrania e Rusia

2.5. Outros países de extensión

2.6. Persoas en contra do movemento

2.7. Harvey Weinstein

2.8. Leccións da era Me Too


A TEORÍA QUEER
A teoría queer foi creada por máis dunha persoa
que non sustenta a mesma idea uniformemente,
nin creada por un só autor e que pode englobar
diversos textos, escritos, reflexións… En cambio,
Teresa de Lauteris adopta este orixe militante
tempo despois có obxectivo de «abrir unha
reflexión teórica sobre eses cuestionamentos que
se producían na sociedade por grupos que
incorporaban a cuestión racial, de clase, a
discapacidade ou relativas ó decolonial como
factores clave para entender o xénero, o sexo e a
diversidade sexual, máis alá dunha naturalización
que concebía o sexo como algo biolóxico e que se
baseaba nun modelo heterocentrado e binario». Esta teoría rexeita a clasificación
dos individuos en categorías universais fixas como: home, muller, heterosexual,
homosexual, bisexual ou trans, xa que se considera que están ligadas a unha
cultura na que a heterosexualidade, a heteronormatividade e o heteropatriarcado
son obligatorias. Ademáis esta teoría sustenta que estas categorías son ficticias e
esconden un número enorme de motivacións políticas apoiadas pola sexoloxía.

Primeiro de todo: qué significa Queer?

Queer era un termo en inglés utilizado para insultar ós homes afeminados, ás


mulleres masculinas… Unha tradución ó galego sería como decir raro, fora da
norma, desviado e que pon en cuestión o establecido. Ata que un sector do
colectivo LGTB apropiouse do termo para eliminar así a súa carga despectiva e
para facerse visibles como persoas que non encaixaban coa normatividade
estipulada: gays con muita pluma, trans, trans non-binarios, lesvianas moi
masculinas… Pero non deixa de ser a realidade de varóns homosexuais, blancos,
de clase media ou alta, cun proxecto político de integración normalizada no
sistema social e de consumo e que excluía toda a diversidade de sexualidades
minoritarias articuladas con posicións de raza, clase, enfermidade, pobreza... Así
como en España apropiouse o termo marica e agora utilízase no propio colectivo
para describir un espectro completo.

Pero se a teoría Queer non é uniforme, qué é o que comparten en común todos
eses escritos?

En primeiro lugar, resístese á categorización das persoas, desafía a idea de


identidades esenciais, cuestiona os binarismos(masculino/feminino,
homo/hetero…), cuestiona as relacións de poder que están subxacentes nas
categorías de identidades, e un aspecto importante da teoría é que asegura que a
comprensión do sexo, xénero e identidade contextual, é dicir, que todas estas
ideas se entenderon e practicaron de formas distintas ó longo do tempo e nas
diferentes culturas.
Entón o que pretende esta teoría é acabar cos termos home e muller, pretendendo
que a muller non sufre ningunha violencia concreta?

Para responder esta pregunta primeiro teremos que cuestionarnos qué significa
ser muller, home… O xénero. O concepto de xénero é a categoría central da teoría
feminista e a noción do xénero xorde a partir da idea de que o feminino e o
masculino non son feitos naturales ou biolóxicos, senon construcións culturais. O
xénero enténdese, como decía Simone de Beauvoir, o que a humanidade fixo coa
hembra humana. É dicir, todas as normas, obligacións, comportamentos,
pensamentos, capacidades e ata carácter que esixiu que tiveran as mulleres por
ser biolóxicamente mulleres. O xénero non é sinónimo de sexo. Cando falamos de
sexo referímonos á bioloxía, ás diferencias físicas entre os corpos das mulleres e
dos homes, e ó falar de xénero, ás normas e condutas asignadas a homes e
mulleres en función do seu sexo. En virtude das condicións sociais ás que estamos
sometidos, o masculino e o feminino constitúen dúas culturas e dóus tipos de
vivencias radicalmente distintas.

Dito isto, a teoría Queer pretende ampliar o suxeito político do feminismo que
nalgunhas das súas ramas pecara de incluir un só tipo de muller. A muller
cisxénero, heterosexual, blanca, burguesa, normativa… Como soen ser as persoas
que protestan tanto hoxe en día sobre a teoría Queer, xa que se lle poden
ʺarrebatar os seus privilexiosʺ

Qué son os privilexios e qué relación teñen co feminismo?

Os privilexios son características, sociais ou


económicas que che fan a vida máis fácil, xa que cantos
máis teñas a menos crimes de odio, discriminacións e
presións estás exposto. Isto non quere dicir que cantos
máis teñas a túa vida vaia a ser máis fácil, os privilexios
non afectan ó que tes que vivir, senon que afectan o que
non tes que vivir grazas a eles. Foi Patricia Hill Collins
quen creou a roda de privilexios que consiste nun
privilexio coa súa opresión correspondente e todas as
opresións converxen no centro xa que están conectadas
polo cishetero, patriarcado, blanco, capacitisca, rico.
Ter privilexios non é o problema, senon a túa forma de utilizalos, xa que podes cun
comportamento egoísta estar desfavorecendo alguén que non os ten. Por ese
motivo necesitamos interseccionalidade, imprescindible no feminismo. A
interseccionalidade é un marco teórico que creou Kimberlé Crenshaw, que consiste
en explorar a dinámica entre os teus privilexios, opresións e a túa identidade. É
importante xa que se creou como resposta ó feminismo, que era moi branco e
normativo no que se asumía que todas as mulleres, só por ser mulleres, ocupaban
as mesmas posicións nas estruturas de poder.
Había que ter en conta a clase, a raza, as discapacidades… Polo que ó loitar por
unha opresión, estás loitando por todas xa que están conectadas e de unha
maneira directa ou non, aféctanos ó vivir en sociedade.
Clase alta/media ou baixa: ter
diñeiro é o maior privilexio de todos,
e a maior diñeiro, maior é o teu
poder que pode inhabilitar o resto
das opresións. Exeplos de persoas
cegadas pola súa riqueza son Kanye
West que dixo que a escravitude foi
unha opción,mulleres en partidos
abertamente misóxinos, ou Los
Javis que para triunfar na televión
pertencendo ó colectivo LGTB é ser
amable. Esta xente vive nunha
especie de burbuxa que lles impide
ver o resto das súas opresións.

Home/muller: ser home ou muller


tamén é un determinante co que
hoxe en día todos nós vivimos, o
machismo. Dende a violencia de xénero, a brecha salarial nos postos ben
cualificados, cómo a prensa trata ás mulleres á diferencia dos homes, o imposto
rosa(inflación de precio de obxectos que son destinados ás mulleres cando hay
unha versión para homes idéntica pero considerablemente máis varata)… Ás
mulleres sufren muito máis polos roles de xénero e impónselles a maternidade
como obxectivo final da súa vida.

Heterosexual/LGBQ: as persoas LGTB siguen sendo un dos colectivos máis


afectados; con campos de concentración en Rusia para gays onde se lles tortura e
mata, en USA siguen existindo leis de pánico de defensa gay que consisten en que
unha persoa heterosexual pode matar a unha persoa gay e defenderse ante a lei
dicindo que porque desenrrolara unha actitude sexual hacia el, tivo pánico gay e
matouno. No 2018, según o informe sobre a evolución dos delitos de odio en
España, o 16,2% foron por homofobia. En Alcalá de Henares siguen levándose a
cabo terapias de conversión para ʹcurarʹ a homosexualidade, o que provoca que
este tipo de persoas desenrrolen relacións afectivo-sexuais máis tarde do normal.

Ser branco ou racializado: un 33,2% dos crimes de odio no 2018 foron por
xenofobia ou racismo, utilización da palabra chino a un tipo de establecemento con
produtos de mala calidade reducindo un xentilicio que inclúe un billón e medio de
persoas, cultura e lingua a mala calidade, a frase «traballei como un negro» que
arrastra ideas da escravitude moi fortes, poden deterte no tren se desconfían de ti
pola túa cor de pel…

O ʹcolorismoʹ: consiste na discriminación dunha persoa canto máis oscura sea a


súa pel, unha idea que xorde do racismo e se crea unha estrutura chamada
pigmentocracy no que máis clara teñas a pel e maís cerca estés do canon de
beleza europeo occidental, mellor posicionado estás. Tamén se podería falar de
texturism que é a discriminación según o tipo de forma do pelo.
Probablemente o maior problema mundial do colorismo é o skinn bleaching,
produtos de de cosmética que conteñen químicos moi fortes para cortar a
produción de melanina no teu corpo e aclarar a pel. Unha industria que no 2019
xerou 5,4 billóns de dólares e ó redor do 77% das mulleres en Nixeria úsano, un
59% en Togo, 35% en Sudáfrica, 27% en Senegal e un 25% en Mali, e en Corea do
Sur ofrécese abertamente a inxeccións de blanqueamento e moitos destes
produtos conteñen skinn bleaching pero ó estar tan normalizado non o anuncian
nin o advirten. O problema destes produtos, a parte do racista que é, os químicos
usados son moi fortes que poden causar diversas enfermidades e mortes.

Cis ou trans: inda que inflúe tamén se as persoas trans teñen ʹpassingʹ ou
non( notar que eres trans). Non é un termo moi acertado pero se a túa
hormonación comezou de xoven(no caso de que a trans quéirase operar ou
hormonar) e é máis fácil para os homes que para as mulleres polo tipo de
hormonas. O 85% das persoas trans están en paro cunha das maiores tasas de
suicidios e de mortes a unha curta idade por bullying ou por non sentirse
conformes co seu xénero asignado ó nacer.

Guapo ou non guapo: cando nos referimos a guapo e feo, falamos de estándares
de beleza europeos brancos occidentais. Está demostrado por diversos estudos
que a beleza inflúe á hora de ter un traballo, asóciase a persoas boas e
intelixentes, amables… No colexio a maior beleza máis posiblidades de non sufrir
bullying. Un exemplo sería Jeremy Meeks que foi un expresidiario que foi metido
na cárcere, pero era tan guapo que a súa imaxe viralizouse e co complicado que o
ten a xente ó sair, a reinserción, el saíu en Vogue, desfilou… Coma se por ser
guapo borrárase esa imaxe de expresidiario.

Corpo normativo ou non normativo: o peso é algo moi persoal que ás veces non
se pode controlar por saúde, situación económica, un tca… As tca afectan
maioritariamente ás mulleres xa que se lles impón máis a idea de ter un corpo
normativo. Non só ten que ser un corpo gordo ou obeso, ser delgado ás veces non
é sinónimo de saúde, nin de gordo o contrario. Moitas mulleres normativas en
internet reciben comentarios bos ó comer comida non saudábel, pero en cambio
unha foto dunha muller gorda posando, sen ter que estar comendo nada, recibindo
comentarios gordofóbicos intentado xustificarse dicindo que preocúpanse pola súa
saúde cando a única persoa que debe de informar do teu estado físico é un
profesional cualificado con experiencia.

Con ou sen discapacidade: aquí entran diferentes condicionantes como a túa


dependencia, xa que se tes unha dependencia completa perdes ó 100% a túa
privacidade, e se é visíble ou non, non é o mesmo ir nunha cadeira de rodas que
sufrir narcolepsia. As persoas en cadeira de rodas teñen un número elevado de
varreiras arquitectónicas, emocionais e sociais que teñen que superar día a día.
Seguir ou desafiar roles de xénero: os roles de xénero son moi irracionais xa que
lle puxemos xéneno ós olores, cores, roupa, peinados, tareas do fogar, hixiene…
Isto non ten que estar directamente ligado co colectivo LGTB, máis coa teoría
Queer, que como xa mencionei anteriormente, é todo aquilo que sae da norma.
Un exeplo é Aless Gibaja, un home que divulga amor e positividade pero como
non segue os roles de xénero non se lle toma en serio. Inda que cando isto o fai un
home heterosexual unha reacción é cuestionar a súa sexualidade, e a outra é
alabarle coma se esa persoa desafiando os roles estivera cambiando o mundo
cando é grazas á xente desidente de xénero que aplanou o camiño para que poida
sair á rúa sen ser atacado.

Xoven ou maior: no sector laboral a túa idade xoga un papel importante, cando
falamos de traballos cara ó público, e complícase máis á hora de acceder a
traballos non cualificados. Un 1% das discriminacións do 2018 en España foron por
discriminación de idade (ageism).

Relixión maioritaria/ minoritaria: pertencer a unha relixión maioritaria, neste caso,


non favorece, pero sí que por exemplo ser musulmán nun país que non sea árabe
como España, podes sufrir máis discriminación. Soe estar ligada ó racismo.

Acceso a sanidade pública/ privada: na maioría dos países europeos, máis


Canadá, Australia, Neuva Celanda, Mongolia, Japón… Pero no resto dos países
nos que a sanidade é privada, se non tes diñeiro tes que pensar no coste de
oportunidade, que pode ser endeudar á túa familia ou morrer. Un exemplo máis
claro pode ser cómo está afectando a pandemia en USA.

Estudios superiores/ obligatorios: inda que un título non é necesario para traballar,
telo supón obter un traballo con mellor soldo, posición… Tamén ten relación co
diñeiro xa que non todo o mundo pódese permitir pagar a universidade ou uns
estudos superiores concretos.

School smart/ school smartʹnt: ser school smart non ten unha tradución literal pero
é o que o teu sistema educativo quere ou espera de ti. No caso de España quere
que cales e memorices ben. Isto non soe ser unha boa elección xa que non se
desenrrolou anteriormente as capacidades básicas para emprender, entender o
mundo, manexar diferentes emocións…

Occidental/ non occidental: ser occidental xa foi explicado anteriormente con


relación coa beleza, o racismo, a sanidade…

Anglófono/ non anglófono: falar inglés abre moitas portas a nivel social, laboral e
educativo. Onde entra tamén o diñeiro para poder pagar diferentes cursos para
aprender o idioma, xa que por muito que se venda moi ven os cursos online, non
soen dar bos resultados para obter un nivel avanzado.
O MOVEMENTO ME TOO
O movemento me too foi creado por Tarana Burke que
xordeu en octubre de 2017, pero foi a actriz Alisa Milano
quen viralizou o hashtag nas redes sociais e alentou a outras
mulleres a tuitear as súas experiencias para demostras a
natureza extendida do comportamento misóxino e dende
entón o hashtag foi utilizado por máis de 500 000 persoas
que entre moitas de ellas son celebridades.

1. Qué significa Me Too?

O #MeToo significa literalmente traducido ó galego Eu Tamén, utilizado en


Instagram e Twiter, a que máis impacto tivo con este movemento co que miles de
mulleres de todo o mundo denuncian abusos sexuais sufridos en primeira persoa
ou para apoiar ás que o sufriron.

2. En qué país naceu o Me Too?

Tanto a activista Tarana Burke como a actriz Alyssa Milano son consideradas as
principais propulsoras deste movemento e ambas son estadounidenses. Burke era
de O Bronx en Nova York e Milano en Bersonhurst tamén en Nova York.

3. Cando comezou o movemento Me Too?

A súa orixe sitúase en 1996 coa sua principal propulsora


Tarana Burke, pero non se fixo viral ata 3 anos máis tarde.
Por qué? O 5 de outubro de 2017, o diario New York
Times publicou un artículo onde se contaban agresións
sexuais que foran perpetradas por Harvey Weinstein
durante décadas. Esta noticia provocou un antes e un
despois e motivou a miles de mulleres de dentro e fora de
Hollywood para que denunciaran o que nunca atrevéranse
a dicir públicamente.

4. Como se estendeu o Me Too a Rusia e Ucrania?

Fai 4 anos, unha publicación nas redes sociais da periodista ucraniana Anastasia
Melnichenko fíxose viral. Miles de mulleres, e algúns homes, de Rusia e Ucrania
empezaron a contar as súas experiencias de acoso sexual e agresións utilizando o
hashtag #IamNotAfraidToSpeak que significa literalmente non teño medo de falar. A
primeira publicación en ucraniano tratou sobre o acoso sexual na familia, nas rúas,
cun ex noivo… afastándose dos casos de acoso laboral que predominaron dentro
deste movemento.
5. A qúe outros países chegou o Me Too?

Polo menos este hashtag estendeuse a 85 países. Entre eles están a India,
Pakistán e Reino Unido. Recordar aquí que o Me Too no deporte francés está
agora mesmo en todas as portadas e, en Suecia, varias mulleres aproveitaron esta
oleada fai 3 anos e denunciaron ó presentador de televisión Martin Timell, cuxo
programa foi cancelado.

6. Quenes se declararon en contra do movemento?

Algunhas artistas francesas declaráronse en contra do movemento femeinista Me


Too, entre as que destacan a escritora Gatherine Millet e as actrices Ingrid Gaven e
Catherine Devenue. A súa opinión é que a campaña #MeToo convirte á muller en
vítima eterna e que este movemento levou unha situación de acusacións públicas
contra homes que non están tendo a posibilidade nin de responder.

7. Quen é Harvey Weinstein e qué relación ten co feminismo e o movemento Me


Too?

Harvey Weinstein naceu o 19 de marzo de 1952 e é un produtor


de cine e delincuente sexual convicto estadounidense. Fundou
xunto co seu irmán Bob a produtora de cine Miramax, coa que
produxo películas como Sex, Lies, and Videotape; The Crying
Game; Criaturas Celestiales; Flirting with Disaster e
Shakespeare in Love. Weinstein gañou o Óscar á mellor película
como produtor de Shakespeare in Love e sete premios Tony por
obras e musicales como Billy Elliot, The Producers e August.
Despois de abandonar Miramax, Weinstein fundou a mini major
The Weinstein Company xunto co seu irmán.

En outubro de 2017, The New York Times e The New Yorker


publicaron decenas de acusacións de abuso sexual contra
Weinstein por acoso, abuso sexual e incluso violacións. Como consecuencia foi
expulsado da súa compañía e da Academia de Artes e Ciencias
Cinematográficas. Weinstein foi arrestado e acusado de violación en Nova York o
25 de maio de 2018. Foi declarado culpable de 2 de 5 delitos graves o 24 de
febreiro de 2020 e sentenciado a 23 anos de prisión. Foi recluido inicialmente na
prisión de Illa Rikers antes de ser transferido á Wende Correctional Facility.

8. Leccións da era Me Too

Os primeiros seísmos producíronse no epicentro da industria cinematográfica. O


poderoso produtor de Hollywood Harvey Weinstein encabezaba o titular dun
reportaxe publicado no New York Times, un dos periódicos máis prestixiosos do
mundo, o 5 de outubro de 2017: «Harvey Weinstein compou durante décadas o
silenzo de mulleres que acusábano de acoso sexual». Tres días despois, o
cineasta foi despedido da súa propia empresa.
«De proposicións agresivas a abuso sexual: as vítimas de Harvey Weinstein
contan as súas historias», titulaba outro artículo, esta vez publicado en New Yorker
o 10 de outubro. Primeiro, Ashley Judd. Logo, Asia Argento, Mira Sorvino e
Rosanna Arquette. Máis tarde, Gwyneth Paltrow e Angelina Jolie. Vítimas con
nomes e apelidos. Ós poucos días, a actriz Alyssa Milano publicou en Twitter:«Se
foches acosada sexualmente ou abusada, escribe eu tamén como resposta a este
tuit». Obtivo máis de 66.000 respostas. Un fenómeno estábase xestando moito
antes de que o caso Weinstein vera a luz. Pero aquel #MeToo púxolle cara. As
acusacións de abusos sucederon en cascada e recoñecidas figuras como a do
comentarista de Fox News Bill OʹReily ou o cómico Bill Cosby véronse
ensombrecidas. Abríase unha fendedura imposible de cerrar que traspasou a ritmo
de Twitter as fronteiras daquel territorio californiano.

A axencia dos Dereitos Fundamentais da UE determinou, a través do maior estudo


realizado ata agora, publicado en 2014, que unha de cada tres mulleres
experimentou agresións físicas ou sexuais, inda que só o 34% denuncia os feitos
graves. Asismismo, un 12% foi vítima de agresións sexuais na infancia e un 43%
sufriu violencia psicolóxica por parte dalgunha parella. Para a escritora Laura
Freixas, «o movemento #MeToo é a manifestación de que moitas mulleres
dexámos de calarnos. Representa o movemento no que perdemos o medo». «O
patriarcado baséase no silenzo. A prostitución, o aborto, as violacións, a
desmitificación da maternidade… eran temas dos que non se falaba ata que as
feministas os sacaron. Temas tabúes. O acoso sexual, a prepotencia e o abuso de
poder de moitos homes respecto ás mulleres que lles rodéan é algo que todas
vivimos en certo grado».

Dende comentarios humillante, acoso na rúa e toqueteos nunha festa, ata


chantaxes sexuais, masturbacións de descoñecidos en autobús ou violacións
dentro e fora do ámbito familiar. Os millóns de testimonios que inundaron Twitter
escribíanse en todos os idiomas e relataban experiencias de toda índole e
gravidade.

Unha enquisa da cadea estadounidensae MTV entre xóvenes de 18 a 25 anos


reflexou que a un de cada tres homes «preocupáballe que algo que fixera puidera
ser percibido como acoso sexual». Outra enquisa, esta vez do Centro Pew de
Investigación estadounidense, concluíu que o fragor do #MeToo supón «novos
retos para os homes á hora de relacionarse coas súas compañeiras de traballo».
De feito, máis da metade dos entrevistados considerou que os recentes
acontecementos fan «máis complicado» entablar estas relacións, por medo a
malentendidos.

You might also like