You are on page 1of 1

25 de novembro

MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL


CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desde o noso colexio,
o CPI As Mirandas, queremos unha vez máis, denunciar e levantar a nosa voz contra esta
lacra. A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos
Humanos e continúa progresando no ámbito global.

Por iso, hoxe non é un día máis. É o día no que temos que poñer de manifesto que en pleno
século XXI a violencia segue convivindo con nós como unha máis, asentada sobre a base da
desigualdade real entre homes e mulleres, e que temos o deber desde as institucións educativas
de erradicar para sempre.

O falecemento de mulleres vítimas de violencia machista é tan só a punta do iceberg, que inclúe
no máis profundo do seu ser actuacións que se foron asumindo con normalidade, desde a
invisibilización feminina en moitos espazos, a publicidade sexista, o humor machista, os
micromachismos, a linguaxe que utilizamos diariamente, a vixilancia en redes sociais ou o
chantaxe emocional, ata accións máis explícitas relacionadas coa violencia física: abusos sexuais,
golpes ou ameazas e insultos, e finalmente, os asasinatos.

Temos a obrigación de poñer cara ás escandalosas cifras de vítimas de violencia machista que
tan friamente se reciben desde os medios, froito de comportamentos que se foron fosilizando
ao longo dos anos e que se asumiron cunha abraiante normalidade.

É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e
previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade,
desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.

Instamos a toda a sociedade a que mostre tolerancia cero ante calquera tipo de violencia, e a
que preste a súa voz para ofrecer ás vítimas, mulleres e menores ao seu cargo, seguridade,
confianza e ánimo. Para que a nosa voz sexa a súa voz. Unha voz que sume, que multiplique, que
se viralice e chegue a todos os espazos, silenciando o ruído machista e arrinconando ao agresor.
Queremos crear xunto coa cidadanía unha cultura da igualdade, onde ningunha voz reste, onde
todas as voces somen.

A todos os que formamos parte do CPI As Mirandas, encantaríanos que moi pronto, o 25 de
novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque
celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos
conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos
iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso centro,
seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade de todas e todos.

Finalizamos este manifesto facendo nosas, as verbas dunha excepcional muller, Clara
Campoamor quen dixo: “ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO QUE O MEU SILENCIO AS
ABSOLVA”

A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para
conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.

Porque queremos outro mundo, e sabemos que é posible....

CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!

You might also like