You are on page 1of 1

APELIDOS: NOME: GRUPO:

Texto:
1 Xa antes de facer 50, Simone de Beauvoir estaba obsesionada coa vellez. Dáballe voltas a
un libro que finalmente publicou aos 62, onde indicaba que un dos retos da sociedade do
3 século XXI sería o envellecemento da poboación. De Beauvoir vía unha relación entre vellez e
perda da dignidade, e facía un chamado visionario en favor do amor polas persoas maiores e
da súa comprensión fóra do sistema capitalista, pois este é a causa da indignidade: como xa
6 non producen, non nos importan, e a serenidade propia da vellez bate contra o consumismo
esaxerado do capitalismo, que esixe produtividade a todos os seus membros. Cincuenta anos
despois vemos que tiña razón: que facer coas persoas maiores cando a súa saúde xa non lles
9
permite ser a man de obra gratuíta que atende os nosos fillos, cociña para nós e sostén os
nosos vaivéns económicos? A pandemia demostrou que estamos dispostos a sacrificalos.
As cifras de mortos até hai pouco dábanse aludindo á idade nunha noxenta situación que
12
restaba importancia aos mortos de máis de 75 anos. Expiamos así un medo atávico, coma se
ese virus fose ignorarnos aos novos mentres teñamos anciáns para ofrecer. Con razón temos
pánico á vellez, ao abandono do corpo, á soidade, á desmemoria e a un país que só considera
15
estas persoas se hai eleccións. Nunca son unha prioridade ética.
Dicía Beauvoir que inventamos as categorías do “vello tolo” e do “vello sabio” para non
consideralos persoas, pero a vellez non deixa de estar, por moito que a aniquilemos coa nosa
18
tendencia a agachar as vergoñas baixo a alfombra. Somos así de idiotas e non entendemos
que axiña estaremos aí, incluídas todas na exclusión, seguramente mortas a mans da nosa
propia estupidez inmoral.

Adapt. de “A vellez”, INMA LÓPEZ SILVA, La Voz de Galicia, 20-VI-2020

1ª- Escribe un esquema coas ideas principais do texto.


2ª- Explica o significado que teñen no texto as cinco palabras subliñadas. Non valen só
sinónimos.
3ª- Redacta a túa opinión sobre o papel dos anciáns na sociedade ao longo da Historia.
(200-250 palabras aprox.)

4ª- Clasifica as conxuncións destacadas en letra grosa: pois (l. 5), e (l. 6), se (l. 15), pero e
por moito que (l. 17).
5ª- Na liña 19 aparece a expresión incluídas todas na exclusión. Como xoga a autora coas
palabras e con que intención cres que o fai? A quen se está a dirixir concretamente?
6ª- Busca cinco palabras do texto que posúan til diacrítico. Non valen repetidas.
7ª- Nas liñas 12 e 13 hai un pronome persoal átono. Tamén nas 16 e 17. Poden colocarse
noutro lugar? Indícao.
8ª- Segmenta nos seus constituíntes e dá significado destes nas palabras seguintes:
envellecemento (l. 3), indignidade (l. 5), consumismo (l. 6), noxenta (l. 11), desmemoria
(l. 14) e estupidez (l. 20).

You might also like