You are on page 1of 2

NATUREZA E CULTURA NO COMPORTAMENTO HUMANO

O FACTOR SOCIOCULTURAL DO SER HUMANO

É unha crenza comúnmente aceptada, que dende fai 100.000 anos, apenas hai variacions perceptibles no ser
human como especie… Isto pode facer pensar, que a Evolución rematou xa fai 100.000 anos, pero isto non é
certo, pois o ser human, non evoluciona so filoxenéticamente, senon tamén culturalmente, de tal xeito, que é
precisamente a través da cultura que o ser human cambiou infinitamente dende estes derradeiros 100.000
anos.

O ser human é un “animal social” (gregario). Dende que nace, comeza a sentir os efectos da sua propia
circustancia persoal, que necesariamente la inscriben nunha familia, unha sociedade, un barrio…

O ser human, queda así adscrito a un determinado grupo social, que ten unha cultura, a través da cal
interpreta o seu entorno.

Dado que Cultura e Sociedade, son termos correlativos, podemos adoptar esta definición xeral:

“A Cultura é un sistema de comportamentos que comparten os membros dunha Sociedade” e…

“Unha Sociedade é un grupo de persoas que participa dunha Cultura común”

Poderíamos engadir a esta definición de Sociedade, que ese conxunto, mais ou menos numeroso de persoas
individuais, teñen unas determinadas normas morais de comportamento, uns usos e costumes comúns.

O ser human non está so, senon que recibe dende que nace, toda unha serie de influenzas (beneficiosas unas e
non tanto outras) que fan del un ser social ou socializado, e que manifestan o carácter social que o ser humano
ten. Deste xeito, as posibilidades plasmadas no código xenético que o ser humano herda, vense moldeadas
polo contacto cunha sociedade determinada.

A Sociedade, ó menos en principio, axuda a que cada ser humano sexa mais propiamente el mesmo, a que
adquira unha “personalidade”. Pero tamén, a absoluta necesidade de vivir en sociedade, fai do ser humano, un
ser esencialmente dependente, incapaz de valerse por sí so. Isto, con todo, non sería o mais grave: o peor é
que a forza mesma do “social” pode anular iniciativas e facer de cada home e muller un “exemplar estándar”,
que repite xestos, xeitos de falar, xeitos de vestir, peitearse… e o mais grave, xeitos de pensar e vivir…osexa
”borregos” (…con perdón).

O PROBLEMA DA ORIXE DA SOCIEDADE.

Quedamos entón, en que o ser human é un ser social que se atopa inmerso nunha sociedade, pero…

¿cal é a orixe da sociedade?

As teorías que ó longo da historia, trataron de explicar esta orixe son, fundamentalmente tres, ímolas ver nos
seus grandes rasgos:

 A TEORÍA ARISTOTÉLICA:

Entende ó ser humano como un animal político (zoom politikón), é dicir un membro nato da polis, da
sociedade humana organizada. Para Aristóteles o ser humano non é so gregario ou so individualista, senon que
é: “un indivíduo que a vez é social”; (a contradictoria tendencia á soidade e á vez estar con xente, corrobora a
teoría aristotélica). Os seres humanos se saben individuos e a vez se saben insertos “naturalmente” na
sociedade.

 A TEORÍA INDIVIDUALISTA:

No século XVIII, prosperou esta teoría que ten como máximos representantes a Rousseau e a Hobbes.
- ROUSSEAU, na sua obra “O Contrato Social” sostiña que o Home (libre e bo por natureza)vivía
primitivamente aillado. Só de xeito deliberado (contractual), agrupouse en sociedade; mais esta
asociación, que dende algúns puntos de vista tivo as suas ventaxes, foi a vez, a culpable de que o home
se pervertira. Por eso Rousseau, ve na sociedade algo accidental á natureza humana (en contra do que
decía Aristóteles)e vé tamén nela, a fonte de moitos males humanos, de ahí a sua afirmación: “O home
é bo por natureza, é a sociedado a que o corrompe”. Esta é a razón pola que propugna unha “volta a
natureza”, esto é, ó libre individualismo primitivo. Na sua obra, “O Emilio”, expón a sua teoría
pedagóxica: unha educación en plena natureza, libre de trabas sociais, como único meio para acadar a
plenitude humana.
- HOBBES, é outro representante desta teoría individualista. Coincide con Rousseau en afirmar que o
indivíduoé anterior a sociedade á que se chega, froito dun “contrato social”, pero discrepa con el, en
torno a natureza do ser humano; segundo Hobbes, “O home é un lobo para o home”.

Desta teoría individualista xorden as democracias representativas modernas, que otorgan todos os dereitos ó
indivíduo, (si ben, este, para evitar problemas, delega nuns representantes elexibles periódicamente, que a
sua vez, comprométense a resolver os problemas entre os individuos, con xustiza…).

 UNIVERSALISMO SOCIAL:

Segundo esta teoría, o previo é a sociedade… só despois e traballosamente, poden amosarse as


individualidades . Esta idea da sociedade, como unha realidade total, superestrutural, superior ós individuos
que a integran, é unha idea totalmente nova. Xorde no s. XIX co filósofo idealista: HEGEL, para quen a
sociedade, é unha realidade metafísica, que constitue un momento do desenrolo do Ser ou da Idea Absoluta…

Este Universalismo (ou organicismo), concibe a sociedade humana, precisamente como un organismo, no que
os membros (os individuos) máis que todos completos e autosuficentes, son partes do todo social: o Eu
persoal, é simplemente, un produto social… Ser individuo non é, por conseguinte, algo natural, senon
derivado.

A filosofía Hegeliana, é exclusivamente teórica, pero tivo unhas consecuencias prácticas de primeiro orde,
porque nesa concepción se basearon, por un lado os totalitarismo personalistas individualistas de dirixentes
como Mussolini, Hitler o Franco, ou os dos países comunistas (como sempre que se produce unha teoría social
extrema)

Como pode apreciarse, as tres teorías, explican, ao menos en parte, como é que o ser humano é social, pero,
de todos os xeitos, resulta moi difícil saber a ciencia cierta, porqué os homes viven en sociedade.

Parece mais práctico, por conseguinte, analizar a sociedade “de feito”, a sociedade na que nos toca vivir e en
particular: o proceso polo cal o indivíduo absorbe a cultura, se integra na sociedade e conquista a sua propia
personalidade.

You might also like