You are on page 1of 1

Rousseau

● Pese a ser un ilustrado que tivo moito interese por campos intelectuais, tanto
artísticos como científicos, criticaba á ilustración, crendo que o progreso nas artes e
nas ciencias é negativo, xa que non contribúen nas boas costumes e o único que
xeran son vicios, tamén orixinando as desigualdades. En vez diso, defende
firmemente as teorías igulitarias.

● Desvaloriza a cultura, a razón e a sociedade, polo contrario, reivindica o que el


chamou o bo salvaxe. Que está a favor do home no seu estado natural e do
sentimento, xa que neste estado o ser humano coidase de facer dano pois non
existen os vicios creados pola sociedade e polo tanto as resolucións deste home son
mais pacíficas e éticas. Escandaloso ante os outros Ilustrados, pero valorado nas
súas argumentacións, só que se fai insoportable.

● Según el, co progreso non avánzase a mais dereitos e liberdades, o único que
obtemos é un sentimento de infelicidade e desigualdades sociais. Respalda esta
idea diciendo que na época da pedra, antes da agricultura e gandería, todos eran
felices, xa que eran primitivos.

● Crítica ao liberalismo económico e político (Locke), di que a sociedade é un engano,


xa que só potencia a defensa dos máis ricos, non dos débiles. Aparecen as
diferenzas sociais e económicas. O poder sempre reside no pobo, mais o pobo non
fai nada para evitalo, xa que o home vive máis “fora de si” que “en si”, está alienado.

● “A virtude republicana é o que permite desalienar os individuos” Como sair disto?


Voltar a unha sociedade que cumpla coas esixencias “naturais”, e rexeitando a
sociedade e o progreso para acadar nun mundo con igualdade económica, política e
social.

● Transformación do individuo coa educación. Na súa obra, Emilio, ou da educación ,


expresa como as relixións interponse no camiño de acadar esta transformación e
tamén fala da bondade innata do individuo que debe descubrir por si mesmo.

● Transformación da sociedade, na súa obra, Contrato social (1762), fala dun pacto da
comunidade co individuo e non entre individuos (Hobbes) ou entre individuos co
gobernante (Locke). Este pacto crea a vontade xeral que non é arbitraria, nin a suma
das vontades particulares, é soberana (a vontade xeral é a que posee a autoridade
suprema e independiente), inalienable (non se delega) e indivisible (non hai
separación de poderes). Así establece a soberanía popular e a liberdade individual,
ademais de xerar igualdade entre todos. Ao facer contrato coa comunidade, “cada
individuo contrata, por así dicilo, consigo mesmo” e ao obedecer á vontade xeral
“non obedece máis que a si mesmo”.

● Inspirou aos revolucionários franceses (1789), á Comuna de París (1870), por


consecuencia da revolución francesa, acaba destruindo o Antigo réxime, o que el
tanto odiaba. Inspirou a Jefferson (+1826), o autor da Declaración de Independencia
USA e tamén á ideoloxía comunista do S. XX

Beltrán Louzao Fernández 1º Bach C


17/01/23

You might also like