You are on page 1of 2

UNIDADE 2: REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONALISMO

GUIA DE TRABALLO

1 A REVOLUCIÓN AMERICANA

1-. ¿Que acontece o 4 de Xullo de 1776? ¿Por que cres que o libro fala de “Revolución
americana” e non de Guerra de Independencia?
2-. ¿Que é unha “Revolución”?
3-. ¿Que elementos liberais atopas na Revolución americana?

2 AS ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

4-. Aclara a última frase da páxina 37. Explica os factores económicos, os factores políticos, os
sociais e os ideolóxicos que provocaron a Revolución. (Organiza as causas da Revolución en
Económico-sociais, políticas e ideolóxicas)

5-. Sintetiza os motivos de descontento e aspiracións de cada grupo social na Francia de 1789:
nobreza, burgueses, campesiños, clases populares urbanas.

3 A REVOLUCIÓN FRANCESA (1789-1799)

6-. Actividade 35 páxina 58


7-. a) Cales son as medidas máis importantes que toma a Asemblea Constituínte durante a
revolución.
b) Sinala que grupos sociais quedarían mais satisfeitos e menos satisfeitos con estas medidas e
indica por que
8-. Le o documento e contesta.
.
A Asemblea Nacional, (..), derroga irrevogablemente as institucións que danaban a liberdade e
a igualdade de dereitos. Dende agora non hai nobreza nin pares, nin distincións hereditarias nin
ordes nin réxime feudal (…).A Constitución garante, como dereitos naturais e civís:
 Que todos os cidadáns son admisibles nos postos e empregos...
 Que todas as contribucións serán repartidas por igual entre todos os cidadáns...
 Que un mesmo delito será castigado cunha mesma pena...
 A liberdade de todos de falar, de escribir, de imprimir e publicar os seus pensamentos,
sen que os escritos poidan ser sometidos a censura
 A inviolabilidade das propiedades ou a xusta e previa indemnización daquelas cuxo
sacrificio veña esixido por necesidade pública, legalmente constatada

SOBRE OS PODERES PÚBLICOS

Art. 2. A Nación, da que emanan todos os poderes, non os pode exercer máis que por
delegación.
Art. 3. O poder lexislativo está delegado nunha Asemblea Nacional composta de representantes
temporais libremente elixidos polo pobo.
Art. 4. O goberno é monárquico: o poder executivo está delegado no rei, para ser exercido
baixo a súa autoridade por ministros e outros axentes responsables.
Art. 5. O poder xudicial está delegado en xuíces elixidos temporalmente polo pobo.
Art.12. Para ser cidadán activo é preciso ter nacido ou ter sido feito francés, ter cumpridos os
25 anos (…), pagar unha contribución directa polo menos igual ó valor de tres xornais
e presentar o correspondente recibo (…).

Constitución francesa. 30-IX-1791.


a) Sinala que cambios implica este documento respecto ao Antigo Réxime. (Recorda as
características da monarquía absoluta e da sociedade Estamental)
b) Sinala que características so liberalismo ves neste documento (Indica a característica do
liberalismo e sinala o artigo ou copia a frase onde a vexas reflectida)
c) Como están distribuídos o poder lexislativo, executivo e xudicial? ¿Que pensador
defendeu a división de poderes?.
d) ¿Quen elixe os membros da Asemblea Nacional? ¿pode votar todo o mundo? ¿Que
significa cidadán activo? ¿Como se chama este modelo de sufraxio?.
e) Despois de aprobar O decreto de Abolición do sistema feudal, a Declaración de dereitos
do Home e o cidadá e a Constitución de 1792 ¿que sistema político ten Francia.
¿Podemos consideralo democráticos?

4 A EUROPA NAPOLEÓNICA

9-. Le o documento 19 e contesta ás preguntas

5 RESTAURACIÓN E REVOLUCIÓN EN EUROPA

10-. Contesta ás preguntas do documento 21 ¿Que países saíron beneficiados?


11-. ¿Que principios políticos e ideolóxicos impóñense durante a Restauración? ¿Onde se
estableceron? ¿Como se intentaron garantir? ¿Que fixeron os partidarios do liberalismo?
12-. Compara as ondas revolucionarias do 1820, 1830 e 1848

PAISES E TERRITORIOS IDEOLOXIAS RESULTADOS

1820

1830

1848

6 OS NACIONALISMOS (1848-1871)

13-.Actvidades 24 páxina 53
14-. Actividade 25 páxina. 53

You might also like