You are on page 1of 2

COMENTARIO DE TEXTO 4º ESO Curso 2022/2023

Texto: Declaración dos dereitos do home e do cidadán, 26 de agosto de 1789.

1. Cal é a NATUREZA do texto:

a. Pola forma:Trátase dun texto circunstancial.

b. Polo contido:texto de carácter socio-político (podedes facer referencia


tamén ao seu contido xurídico).

c. Pola orixe: É unha fonte primaria (documento redactado na propia


época).

2. AUTOR E MOMENTO HISTÓRICO:

a. Quen/es é/son o/s autor/es (elabora unha pequena biografía/reseña


sobre a autoría do documento): Documento redactado o 26 de agosto
de 1789 polos membros da Asamblea Nacional Constituinte; foi o
preámbulo da Constitución de 1791. Formaban parte da mesma un
grupo de intelectuais que formaban parte do Terceiro Estado.

b. Quen/es é/son o/s destinatario/s?: o texto é de carácter público


(trátase dun texto xurídico). Dirixido a todo o pobo francés.

c. En que momento histórico debemos de encadrar o texto? Sitúa o


texto nun contexto, se concreta/o: Atopámonos nos primeiros
momentos da Revolución Francesa; concretamente na etapa coñecida
como Asamblea Nacional. O documento foi redactado trala Toma da
Bastilla e a provocación violenta dos campesiños contra os nobres dos
estamentos máis altos. A reunión da Asamblea Nacional tivo lugar na
Sala de Jeu de Paume (Sala de Xogo da Pelota) no Palacio Real. Os alí
reunidos xuraron non disolverse até ter dotado ao pobo francés dunha
Constitución, poñendo fin ó AntigobRéxime e ó absolutismo
monárquico.

3. Elabora a ANÁLISE INTERNA, é decir, fai unha pequena análise do


texto. Vai párrafo por párrafo explicando coas túas palabros o que nel se
recolle: A Declaración conta con 17 artigos nos que se recollen a exposición
dos motivos que levaron á súa sanción/redacción. Nela expresábanse como as
principais causas, as calamidades públicas e os gobernos corruptos.
- No primeiro dos artigos, declárase a igualdade e liberdade de tódalas
persoas que nacían.
- No segundo, decláranse os dereitos naturais e inalienables á liberdade,
propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.
- No terceiro artigo, establécese a soberanía nacional (a soberanía recae
sobre a nación/pobo).
- No artigo cuarto, maniféstase en que consiste a liberdade.
- No artigo sexto establécese que os cidadáns son libres e iguais ante a lei e
todas e todos teñen a posibilidade de exercer cargos públicos.
- No artigo séptimo, establécese que a lei é a que detemina os casos nos
qeunhapersoa pode ser privada de liberdade….
- No artigo nove, estabécese a presunción de inocencia.
- No artigo dez, garántese a liberdade e tolerancia relixosa.
- No artigo once, deféndese a liberdade de opinión.

4. Elabora unha pequena SÍNTESE/RESUMO do documento. É importante


que indiques a importancia/trascendencia do mesmo: O texto que nos
ocupa é un claro reflexo das transformacións que se van a suceder, non só na
Francia de finais do século XVIII, sinón que non conxunto de Europa
occidental. A Revolución Francesa é a primeira das múltiples revolucións de
carácter liberal que se van a producir polo conxunto europeo, o chamado ciclo
das Revolucións Atlánticas. Dende a propia Rusia zarista, a fragmentada
península Itálica, Prusia, España… vanse a converter no escenario dun ciclo
de recolucións de corte liberal e base ilustrada que porán en xaque, ás veces en
xaque mate, ás deterioradas monarquías absolutas. Un claro indicio das
múltiples transformacións que se ían producir a nivel mundial ó longo do
século XIX e XX.

You might also like