You are on page 1of 8

VOCABULARIO DE CONCEPTOS E TERMOS ARTÍSTICOS

1. Ábsida – Capela ou conxunto de capelas situadas na cabeceira dunha


igrexa, tras o altar maior. Xeralmente ten planta semicircular ou
poligonal

2. Altorrelevo – O RELEVO é unha técnica escultórica na que as figuras


son traballadas sobre unha superficie plana. O altorelevo é un relevo
que sobresae máis da metade do vulto escultórico
3. Aparello almofadado – Aparello é a maneira de dispoñer os elementos
empregados na construcción dun muro. No caso de ser almofadado é
un aparello de perpiaño coas xuntas refundidas ou biseladas
4. Aparello de cachotería - Aparello de materiais non uniformes
(irregulares), normalmente de pedras sen labrar (traballar) unidas
con argamasa ou morteiro, cal ou cemento
5. Aparello de perpiaño – Pedra labrada que se usa en construcción,
normalmente de sección rectangular ou paralepipédica
6. Arcobotante – Elemento estructural exterior (especie de arco) que
sobrevoa o tellado da nave lateral e transmite o empuxe da bóveda
central ao contraforte exterior. Cobran un especial desnvolvemento e
vistosidade no Gótico
7. Arco apuntado – Tamén chamado oxival. É un arco con dous centros
formado por dúas curvas que se unen na clave formando un ángulo
agudo. Fai que se obteña unha maior sensación de verticalidade.
Caracteriza á arte gótica
8. Arco de ferradura – É un arco cuxo trazado se corresponde cun
segmento de circunferencia que ten unha lonxitude maior que a
mitade de dita circunferencia, resultando sí cunha forma similar á
dunha ferradura. O seu perfil corresponderíase ao dunha
circunferencia que foi cortada horizontalmente por debaixo do seu
punto central. Utilizado na arquitectura visigoda e musulmá
9. Arco de medio punto – Arco semicircular. O seu centro está na
metade da liña imaxinaria que une as impostas
10. Arco de faixa (faixón) – Elemento estructural. Arco disposto
perpendicularmente ao sentido da nave e que suxeita a bóveda.
Característico da arquitectura románica e gótica
11. Arco formeiro – Arco paralelo ao eixo lonxitudinal da nave e que
permite o paso entre as naves. Non suxeita bóvedas senón que a súa
función é soster os muros superiores de separación entre as naves
dunha estructura. Románico, gótico …
12. Arco peraltado – O seu centro está por riba da liña de imposta
13. Arco rebaixado – O seu centro está por debaixo da liña de imposta.
Abundante no Renacemento e Barroco

14. Arquitrabe – Parte inferior do ENTABOAMENTO que se apoia


directamente nas columnas, a súa función é servir de DINTEL e
transmitir o peso da cuberta ás columnas. Chámase arquitectura
arquitrabada á que utiliza liñas rectas e non emprega o arco, a bóveda
nin a cúpula
15. Arquivolta – É sinónimo de rosca dun arco. Cando falamos de
arquivoltas referímonos cada un dos arcos concéntricos abucinados
que adornan as portadas das igrexas e catedrais medievais, son
características da arquitectura románica e gótica
16. Baixorrelevo – Relevo que sobresae do fonfo menos da metade do
bulto. O resalte é case plano
17. Baldaquino – Templete ou dosel sobre columnas que cobre un altar ou
unha tumba (ex: Baldaquino de S. Pedro do Vaticano, obra de Bernini)
18. Baptisterio – Edificio exento xeralmente de pranta central que garda
a pía bautismal e está próximo ao templo
19. Base (ou basa) – Parte inferior dunha columna sobre a que repousa o
fuste. Nas ordes clásicas hai distintos tipos: ática, xónica e corintia
(formados por toros, escocias e plinto)
20. Bóveda de aresta – Bóveda é unha obra arqueada que cubre espazos
comprendidos entre muros ou entre piares. Bóveda de aresta é a
orixinada polo cruce perpendicular de duas bóvedas de anón. Típica do
Románico

21. Bóveda de canón – É unha bóveda de sección semicircular xerada pola


prolongación dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal.
Característica da arquitectura románica.
22. Bóveda de cruz (crucería) – Tamén chamada bóveda de nervios é un
tipo de bóveda característica da arquitectura gótica que recibe este
nome porque está formada polo cruce de dúas bóvedas oxivais ou
apuntadas (formadas á súa vez por arcos apuntados e non de medio
punto); diferénciase da bóveda de arista en que están reforzadas as
súas arestas con nervios diagonais que se cruzan no centro (clave)
23. Canon – Medida ideal para as proporcións exactas,
especialmente cando se representa o corpo humano. Aplícouse na
Antigua Grecia principalmente na escultura. Tamén se pode aplicar en
arquitectura en canto ás relación harmónicas entre as distintas
partes da obra
24. Capitel composto – Caracterízase por ser a suma do capitel grego
corintio coas volutas do xónico (ás veces pode levar incluso figuras
humanas)
25. Capitel corintio – Elemento que coroa a columna corintia e sobre o
que se asenta o entaboamento. Recoñécese pola súa forma de campá
invertida ou cesto do que rebosas follas de acanto cuxos tallos dan
lugar a unha especie de espirais ou volutas (caulículos) nas catro
esquinas.
26. Capitel dórico – Elemento que coroa a columna dórica e sobre a que
se asenta o entaboamento. O capitel dórico está formado por tres
pezas:
a. O ábaco, é unha peza prismática con forma de cadrado sobre a
que se apoia directamente o entaboamento
b. O equino, forma convexa situada debaixo do ábaco e con forma
de disco (ou prato)
c. O collarino, bandas horizontais que marcan o fin do fuste da
columna
27. Capitel xónico – Ten un carácter máis decorativo e estilizado que o
capitel dórico. O capitel xónico conta con dúas volutas enroscadas en
forma de espiral. O ábaco é máis reducido que no dórico
28. Ciborio - Construción elevada sobre o cruceiro, que a cotío ten forma
de torre de pranta cadrada ou octogonal. Aínda que non é exclusivo
da arquitectura relixiosa, é moi característico dos templos románicos
e góticos
29. Claroscuro – Arte de dispor nunha pintura os contrastes lumínicos, de
luces e sombras. Aplícase concretamente ao modo de destacar as
figuras iluminadas sobre un fondo escuro. Adquire unha grande
relevancia durante o Tenebrismo (Barroco)

30. Clave dun arco – É a doela que se atopa na súa parte central ou
vértice (pecha o arco) e é a que equilibra as presións do resto de
doelas que forman este arco

31. Color plana – Color que se extende de forma homoxénea ao longo da


superficie do cadro, sen presentar claroscuro nen gradacións tonais,
sen mezclar
32. Color primaria – Considérase color primaria á que non se pode obter
por medio da mestura doutros. Tendo en conta a clasificación
tradicional son vermello, amarelo e azul, e hoxe en día o cian, magenta
e amarelo
33. Color secundaria ou binaria – Cor que xurde da mistura entre sí das
cores primarias e son: laranxa (vermello e amarelo), verde (azul e
marelo) e violeta (azul e vermello)
34. Color complementaria – Cada cor secundaria que contrasta
plásticamente coa primaria que non entra na súa composición,
realizándose entre sí de tal xeito que podemos falar entón de cores
complementarias: azul-laranxa, vermello-verde, amarela-violeta. Son
tamén as que ao mesturarse dan branco ou gris neutro e son: o
vermello e o verde, o laranxa e o azul e o violeta e o amarelo
35. Columna salomónica – Columna co fuste de desnvolvemento helicoidal
(contorneado en forma de espiral). Empregouse xa en tempos clásicos
adquirindo un gran desenvolvemento durante o Barroco
36. Contraforte – Obra maciza a modo de pilastra pegada ao muro no
exterior e que sirve para reforzalo e contrarrestar os empuxes da
cuberta
37. Contraposto – Oposición das distintas partes do corpo humano,
especialmente cando algunha delas se atopan en movemento ou
tensión estando as súas simétricas en repouso. É un recurso moi
utilizado na escultura grega da época clásica. O seu uso aplicouno
Policleto en O Doríforo
38. Cornixa – Parte sobresaínte superior do entaboamento
39. Cadro de Historia – é un xénero pictórico que se inspira en episodios
da historia cristiá, antiga, mitoloxía ou en acontecementos históricos
recentes. A pintura histórica considerouse durante moito tempo como
o xénero pictórico máis importante porque proponía exemplos nobles
e digno de admiración
40. Cadro de xénero – Obra pictórica na que se representa temas e
persoas en esceas da vida cotiá. Representa esceas da vida diaria:
mercados, interiores, festas, tabernas. Tamén se coñece co nome de
pintura costumista
41. Cúpula – Bóveda semiesférica ou octogonal. Xeralmente cubre un
espazo cadrado, o paso á pranta circular ou poligonal faise por medio
de trompas ou pechinas. Se se quere dar unha maior elevación
colócase directamente a cúpula sobre un anel cilíndrico ou poligonal
chamado tambor. Cando a iluminación é escasa ou se quere reforzar
constrúese unha linterna na parte superior da cúpula
42. Curva praxiteliana – Postura utilizada por Praxiteles para dar un
certo movemento ás figuras escultóricas e que consiste en apoiar
todo o peso do corpo nuha perna, inclinando a cadeira oposta. Non
deixa de ser un contraposto pero tal vez moito máis esaxerado
43. Deambulatorio – A xirola ou deambulatorio é un espacio que rodea o
altar maior dos templos , por onde poden transitar os fieis. É un
elemento característico da arquitectura roma´nica que despois se
fixo extensivo ao gótico. Solía estar rodeado de capelas para que
varios sacerdotes poideran celebrar culto ao mesmo tempo.
44. Doela – Cada unha das pezas que forma un arco, xeralmente en forma
de cuña sen vértice. As dúas primeiras doelas que se apoian no capitel
chámanse salmeres e a doela central que pecha o arco clave
45. Espazo límite – Espazo que é estrictamente o límite dunha escultura
ou pintura
46. Espazo medio – O espazo non constitúe unha barreira, non é un límite
para a escultura xa que se apodera del
47. Entaboamento – conxunto de arquitrabe, friso e cornixa nas órdenes
clásicas (dórica, xónica e corintia)
48. Éntase – Engrosamento dunha columna xeralmente no centro de modo
que por efecto da perspectiva parezca recta
49. Escultura de vulto redondo ou exenta – escultura que non se atopa
pegada aun muro. É un obxecto illado e independente no espazo, o que
permite contemplar a escultura dende calquera punto de vista ao se
arredor
50. Esfumado/sfumato – Pintura de contornos desdibuxados. Consiste en
rebaixar os tons dunha composición para lograr coa suavidade do
trazado certo aspecto de vaguidade ou distancia (é dicir, os
contornos das figuras aparecen imprecisos, esfumados). Utilizouno
por primeira vez Leonardo da Vinci
51. Estatua equestre – Escultura de vulto redondo dunha figura humana
montada a cabalo, case sempre un emperador ou rei, un xeneral ou
capitán
52. Estatua columna – Estatua de canon esbelto primeiramente pegada
ao fuste dunha columna (ou formando parte da mesma) e da súa
mesma altura aproximada.
53. Estilo – Conxunto de características orixinais e persistentes comúns
nunha serie de obras artísticas (escultóricas, pictóricas ou
arquitectónicas) ou nun mesmo artista, que permiten identificar as
obras feitas nun determinado período ou por un determinado autor
54. Friso – En sentido estrito é o espazo comprendido entre o arquitrabe
e a cornixa na órdenes clásicas. Tamén se aplica a unha faixa
decorativa de desnvolvemento horizontal
55. Fuste – Parte dunha columna situada entre o capitel e a base. Pode
estar formado por varias pezas, cada unha delas chámase tambor, ou
pode ser dunha soa peza, entón sería un fuste monolítico
56. Iconografía – Ciencia que estuda a orixe, formación e
desenvolvemento dos temas figurados e as súas variación sao longo do
tempo
57. Iconoloxía – Ciencia que estuda o sentido ou significado da formas,
imaxes … Interpretación dos significados conceptuais, simbólicos e
alegóricos que poden ter as imaxes

58. Imposta – Liña de arranque da curvatura dun arco ou dunha bóveda


59. Liña serpentinata – Propia da escultura do Manierismo italiano.
Caracterízase polo movemento xiratorio das cadeiras, os hombros e a
cabeza, sometendo ás figuras a un xiro espiral ascendente
60. Ménsula – Elemento estructural en voladizo (pieza volada que sale del
paramento de un muro) que sirve de soporte para algún otro
elemento, como el arranque de un arco, balcón o cubierta
61. Metopa – Espazo xeralemte cadrado e liso que aparece no friso do
entablamento dórico entre dous triglifos . Ás veces están esculpidas
62. Modelado – Técnica asociada ao traballo de materiais blandos (barro,
cera…) e que se realiza engadindo materia pouco a pouco
63. Nártice - Na arte paleocristiana é unha nave aos pes da basílica ou
parte porticada do atrio destinada aos catecúmenos
64. Natureza morta/bodegón – Pintura que representa unha composición
a base de seres inanimados (animais mortos, vexetais e cousas). O
termo procede do s.XVIII aínda que o xénero é máis antigo
65. Paisaxe – Cadro que reproduce un exterior natural o inspirado na
natureza
66. Parteluz – Elemento arquitectónico sustentante en forma de columna
ou pilar, que se dispón no centro do vano dun arco, “partindo” a luz
dese vano, é decir dividíndoo en dous vanos
67. Pendente – Cada unha das catro bovedillas triangulares curvilíneas
sobre as que se sustenta unha cúpula. Serven para pasar da pranta
cadrada do cruceiro dunha igrexa a unha circular e poder acometer a
construcción da cúpula. As primeiras e máis famosas cúpulas sobre
pendentes as atopamos na arte bizantina (Santa Sofía de
Constantinopla), pero será durante o Románico cando se xeralicen na
arte europea occidental
68. Perspectiva xerárquica – Recurso plástico no cal as figuras máis
importates socialmente son de maior tamaño que as outras figuras
que as acompañan
69. Perspectiva aérea – Efecto de profundidade que se consigue nun
plano, representando a atmosfera que envolve as cousas. O efecto
consguiríase debuxando as figuras e obxectos do fondo máis
esvaidamente de tal xeito que produzan unha impresión de
afastamento Non é tan ríxida como a lineal xa que o afastamento
conséguese coa cor e coa imprecisión dos contornos. Considérase un
mestre desta técnica a Velázquez
70. Perspectiva lineal – Recurso técnico, pictórico, par crear
profundidade sobre unha superficie plan a base dunha serie de liñas
que converxen no fondo (punto de fuxida), representando os
obxectos e as figuras máis pequenas a medida que se presentan
alonxadas do espectador
71. Pictórico – Cualidade relativa a unha obra de Pintura
72. Piar – Soporte exento de sección xeralmente poligonal, normalmente
máis robusto que a columna
73. Pilastra – Pilar adosado (non exento) con basa e capitel
74. Plan central – Planta dun edificio que pode inscribirse nun círculo:
poligonal, cirular, cruz grega …Non ten un desenvolvmento longitudinal
75. Planta basilical – Ten desenvolvemento longitudinal cun número impar
de naves e un transepto que as cruza, non sobresaíndo da planta
76. Planta de cruz grega – Planta con forma de cruz na que os catro
brazos que a configuran teñen a mesma medida (son iguais)
77. Planta de cruz latina – Planta en forma de cruz, noralmente dunha
igrexa, a que a parte longitudinal é cortada por unha transversal cos
brazos máis cortos
78. Plástico – Cualidade dunha obra feita con materias plásticas. As
artes plásticas son epecialemte a Pintura e a Escultura
79. Presbiterio – Espacio que rodea o altar maior dunha igrexa, que soe
estar separado da nave central por gradas, unha barandilla ou reixa,
80. Retrato – Reprodución da efixie dunha persoa
81. Rosetón – Vano circular de tracería calada que se coloca nas fachadas
das igrexas medievais
82. Técnica de paños mollados – Técnica da escultura grega antiga pola
cal se representan aos persoaxes vestidos cos roupaxes pegados ao
corpo como si estiveran mollados de tal xeito que desvelen as formas
corporais
83. Tímpano – Espazo delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas
das igrexas. Na arte grecorromana corresponde ao espazo do frontón
84. Torso – Representación humana que carece de cabeza, brazos e
pernas. Tronco do corpo humano
85. Tribuna – Galería elevada, encima das naves laterais das
igrexas, coa súa mesma lonxitude e anchura, e aberta á nave central.
Nas igrexas de peregrinación as trbunas solían ter a función de
albergar aos peregrinos, ademáis deproporcionar espacio para un
maior número de asistentes ás celebracións relixiosas
86. Triforio – Serie de ventás que se abren no groso dos muros da nave
central, por enriba dos arcos formeiros, máis estreitas que as naves
laterais e sen iluminación cara ao exterior/. Galería que rodea a nave
principal dun templo cristián, por enriba dos arcos das naves laterais
e con vistas ao interior
87. Triglifo – Rectángulo que sobresae, surcado por tres molduras lineais,
e que decora o friso do entablamento dórico. Alternábase coas
metopas no friso. O seu frente presenta dúas acanaladuras ou glifos
e dúas medias acanaladuras á esquerda e a dereita. Na base do
triglifo e xa sobre o arquitrabe teñen unha régula con seis gotas. Na
parte superior tamén ten unha régula con seis gotas
88. Trompa – Pequena bóveda semicónica disposta nos ángulos de dous
muros e a súa partemáis ancha cara fora. Serve para obter catro
puntos de apoio e transformar unha lanta cadrada nunca octogonal
ara soster unha cúpula, un tambor u un ciborio
89. Veladura – Son as sucesivas capas de pintura que reaplican sbre a
táboa ou lienzo na técnica do óleo, materia ésta case transparente.
Utilízase para suavizar o ton pintado ou para conseguir unha maior
fusión tonal. É típica dos pintores venecianos
90. Xamba – Cada unha das dúas pezas dun vano que, dispostas
verticalmente a ambos lados do mesmo, sosteñen un dintel, un arco ou
as arquivoltas situadas sobre elas.

You might also like