You are on page 1of 9

Vocabulario 1º Exame da 1ª avaliación

Aparello: forma de dispor os elementos empregados na construcción dun muro.


Algunhas variantes son:

Aparello de cachotería (mampostería):


sistema de construción que consiste na
elevación de muros con pedras sen labrar ou
con labra moi tosca e dispostas de maneira
irregular, unidas con ou sen morteiro. Cada
unha das pedras denomínanse cachotes.

Os romanos chamábanlle opus incertum. Esta obra de cachotería recibe distintos


nomes segundo os materiais utilizados; así por exemplo, si se utiliza cal denominase
ordinaria, seca se non a leva, concertada cando se axustan ben a pedras e ofrece
unha imaxe agradable, etc.

Aparello de perpiaño (de sillería): sistema de construción de muros


con bloques de pedra ben labrados, perfectamente escuadrados e
regulares de forma paralelepípeda (iguais unhas ás outras) e de xuntas
finas.
Son máis grandes cos de cachotería polo que se colocan con máquinas, mais
xeométricas e polo tanto, forman una obra mais ordenada.

Aparello almofado: sistema de construción de muros con


bloques de pedra (sillares) coas xunturas refundidas,
traballadas en bisel (oblicuas) de modo que sobresaen en
relevo.
A unión queda afundida con relación ás caras dos bloques e

1
ao darlle a luz a estas unións quedan en sombra formando liñas negras moi
decorativas no muro. É típico da arquitectura romana e renacentista. Palacio de
Carlos V da Alhambra de Pedro Machuca.

Entaboamento: estrutura que descansa sobre as columnas nas ordes


clásicas. Esta dividido en tres partes ou seccións: arquitrabe, friso e
cornixa.

Cornixa: parte superior saínte do entaboamento,


composto por varias molduras. Corpo voadizo
sobre o friso nas ordes clásicas.
Ten como función principal evitar ca agua de choiva caia
directamente sobre o muro o se deslice polo mesmo. Ten función
decorativa.

Friso: parte plana do entaboamento das ordes clásicas que vai entre o arquitrabe e a
cornixa.
Comezáronse a utilizar na época clásica (420
A.c. Aprox.), e podían estar decorados con
tríglifos y métopas alternados no caso da orde
dórica; con molduras ou esculturas dispostos
de modo que representasen batallas, desfiles o procesións na xónico e corintia.

Tríglifo: Elemento arquitectónico do friso


clásico típico na orde dórica, de forma cadrada
(ou rectangular), situado no extremo dunha
viga e que alterna coas métopas. Debe a súa
denominación ás tres acanaladuras (glifos) que
o recorren en vertical e lle serven de

2
decoración.

Métopa: espazo cadrado que media entre dous tríglifos no friso clásico, que pode
estar adornado (coa cor, con esculturas,
etc.).
Cada métopa soia estar ocupada por un
baixorrelevo. Os seus temas eran variados
e se caracterizaron polo feito de relatar
sucesos históricos o mitolóxicos. A súa
función era, mais ben, decorativa.

Arquitrabe: parte inferior do


entaboamento nas ordes gregas apoiado
directamente na parte superior do capitel.
Peza ou viga horizontal que soporta unha
carga, dando así orixe a estruturas
arquitrabadas ou alinteladas.
A súa función estrutural é servir de
dintel, para transmitir o peso da cuberta
ás columnas. É un elemento fundamental na arquitectura de cuberta plana, por
exemplo na grega clásica.

Capitel: Sección dun soporte arquitectónico que enlaza o fuste ca arquitrabe.


Habitualmente decóranse con variados relevos.

Capitel dórico: elemento arquitectónico que non presenta


decoración e que remata o fuste da columna, composto por
dúas molduras, unha curva chamada equino e unha recta
(mais ben paralelepípeda) chamada ábaco. O collarino é

3
unha prolongación do fuste, separado deste por unha fina acanaladura.
A orde Dórica é a mais antiga e sinxela das ordes clásicas, e é a orde grego por
excelencia. Caracterízase, entre outras cousas, en que a columna non ten basa.
Simboliza ao heroe, representado gracias a robustez e sobriedade desta orde.

Capitel xónico: elemento arquitectónico que remata


o fuste da columna decorado con dúas volutas (no
lugar onde o dórico ten o equino) e un pequeno
ábaco.
Mais esvelto e airoso ca orde dórica, deixou
abundantes mostras do seu estilo. Simboliza a
cultura representada nesas dúas volutas que semellan ser un pergamiño enrolado.

Capitel corintio: elemento arquitectónico que


remata o fuste da columna, con decoración
vexetal de follas de acanto e caulículos (volutas
ou espirais). Recoñécese pola súa aparencia de
campan invertida ou cesta.
Dise que foi creado no século IV a.c. polo
escultor grego Calímaco. Deriva da orde xónica e simboliza o amor e a morte debido
a súa particular historia: unha rapaza chora pola morte do seu amado, axeonllase
ante a súa tumba e lle coloca un cesto con sementes de acanto, como facía vento
colocáballe unha lousa enriba. A súa dor provoca que lle caian lágrimas no cesto e
ao tocar as sementes fainas xerminar e as súas follas saen entre o borde do cesto e a
lousa.

Capitel composto: elemento arquitectónico que remata o fuste dunha columna, con
decoración formado pola mestura ou composición de elementos xónicos (volutas) e
corintios (follas de acanto).

4
Non pertence ao grupo das ordes arquitectónicas gregos
(dórico, xónico e corintio), se non que, co toscano, é
unha das importacións romanas ás ordes clásicas. En
proporcións e elementos compositivos é idéntica á orden
corintia, con dous matices: a basa é mais rica en
molduras, e o xa descrito capitel.

Fuste: corpo cilíndrico e alongado da columna,


comprendido entre a base e o capitel. Pode ser liso,
decorado con estrías (orden dórico), sogueado, en espiral
(salomónico)…

Éntase: Mecanismo de
corrección visual típico da
arquitectura clásica. Consiste nun engrosamento do fuste das
columnas na súa parte media, co que se conséguese, por
efecto de perspectiva, que o fuste semelle recto.
A lixeira convexidade do fuste da columna contrarresta o
efecto óptico que fai aparecer como cóncava á columna
recta. Tamén se denomina galbo.

Estatua - columna: estatua adherida ó fuste dunha columna,


xeralmente de igual altura que esta.
Escultura feminina ou masculina que serve de soporte en lugar
dunha columna ou piar. Apareceu en Grecia cas cariátides do
Erecteion e foi utilizada en outras épocas como por exemplo nas
xambas das portas de Saint-Denis y Chartres no Gótico.

Basa/base: Parte inferior da columna (pedestal) que sostén o fuste dunha columna.

5
Está composta, xeralmente, por molduras. En función da orde ao que pertenza a
columna a basa cambia: Na orden dórica non hai, o fuste apoiase directamente sobre
o estilóbata;.no xónica y corintia: a basa consta de plinto, toro y dúas escocias; na
orde toscana a basa consta de plinto e toro.

Altorrelevo: escultura encostada ó muro que sobresae do mesmo mais da metade do


seu vulto.
Na imaxe podemos observar como a obra se compón xogando coa diminución do
relevo, é dicir, emprega un alto relevo nos nenos de primeiro plano e un baixo relevo
nos do fondo. A esta técnica se lle denomina schiacciato o relevo aplanado.

Baixorrelevo: escultura encostada ó muro que sobresae do fondo menos da metade


do seu vulto.
É unha técnica escultórica para confeccionar imaxes ou inscricións nos muros que se
conseguen remarcando os bordes do debuxo e rebaixando o muro, tallando as
figuras sobresaíndo lixeiramente do "fondo", obténdose un efecto tridimensional.

Canon: término xenérico có que se soen coñecer o conxunto de normas que regulan
as proporcións do corpo humano, das diferentes
partes entre si, e a relación destas co total do
corpo, así como a proporción e simetría na
arquitectura e na escultura.
Reponde a un artellamento idealista do arte que
daba por suposta a existencia dunha beleza
superior. Célebres son os canons de Policleto,
Lisipo, Ghiberti ou Leonardo da Vinci.

6
Contraposto: Recurso escultórico ideado na Grecia Clásica
que consiste na oposición harmónica das distintas partes do
corpo. A figura disponse balanceada, de xeito que a perna
sobre a que descansa o peso do corpo, en tensión, se
corresponde co repouso do brazo do mesmo flanco;
namentres que a perna oposta, en repouso, se complementa
nese lado co brazo en tensión, o que proporciona certo
movemento e contribúe a romper a lei da frontalidad, a
rixidez e o estatismo.
Foi o escultor Policleto quen o puxo en práctica en obras como o Doríforo, influíndo
moito nas escultura do Renacemento (por exemplo, no David de Miguel Anxo). O
escultor grego do século IV a. C. Praxíteles practicou un contraposto mui particular
e elegante denominado“curva praxiteliana”.

Curva praxiteliana: esquema compositivo utilizado


para dotar de certo movemento ás figuras e que consiste
nunha acentuada incurvación da cadeira, debuxando
unha “S” nun dos seus perfís, e creando así un ritmo de
liñas e unha sensación de enorme sensualidade.
Está basada no contraposto de Policleto, e debe o seu
nome ao xenial escultor grego Praxíteles.

Escultura de vulto redondo ou exenta: Arte de


representar as figuras nas tres dimensións reais dos
corpos. Aquela que pode ser rodeada polo espectador e
contemplada desde calquera punto de vista. Non está
encostada a ningún soporte.

7
Técnica de panos mollados: Técnica
escultórica que consiste en presentar as
teas completamente adheridas ó corpo
humano, como se estivesen molladas, de
forma que deixan translucir a anatomía.
Fidias a utilizou no Partenón. O estilo
grego dos panos axitados ou tremolantes
(430 - 400 a.C.) é a máxima expresión de
este tipo de técnica.

Torso: representación (xeralmente escultórica) dun tronco humano, e dicir, sen


cabeza nin extremidades.
O máis famoso é sen dúbida o torso de
Belvedere. Fragmento da estatua dun nú
masculino firmado polo escultor Apolonio
de Atenas. A retorcida pose e a súa
extraordinariamente ben representada
musculatura tivo unha gran influencia en posteriores artistas do Renacemento, do
Manierismo e do Barroco.

Cúpula: é un elemento arquitectónico,


unha bóveda semiesférica que xeralmente
cobre un espazo cadrado. A superficie
dunha cúpula pode adoptar distintas
formas variando en función da forma da
planta e o perfil. Para pasar a unha planta
circular ou octogonal empréganse as
trompas ou pechinas.

8
Destacan, entre outras, a cúpula do Pateón de Agripa, a de Santa Sofia de
Constantinopla, a de santa María das Flores en Florencia e la de San Pedro do
Vaticano.

Nártice: do latín narthex. Pórtico que se construía


á entrada das basílicas paleocristiás e bizantinas,
contigua á mesma e reservada ós catecúmenos
(non bautizados).

You might also like