You are on page 1of 1

Ménsula: Peza ornamental que sobresale dunha parede ou columna e que serve como

un soporte, para soster elementos como un balcón ou unha estatua, ou simplemete


para decorar.

Baixorrelevo: Técnica escultórica na que se esculpen figuras nunha parede, pero


sobresaindo pouco do fondo no que están esculpidas (da parede).

Capitel xónico: Capitel de orde xónica que une o fuste e o arquitrabe mediante unha
voluta (que ten a forma de dúas espirais enlazadas).

Estatua ecuestre:Escultura de bulto redondo dun home montando a cabalo.

Metopa: Espazo rectangular que hai entre dous triglifos no friso da orde dórica.

Base: Parte inferior dunha columna ou piar que proporciona soporte, ademáis dunha
transición visual e estructural entre a columna e o chan. Non ten un diseño ou forma
específica e pode variar en estilo arquitectónico, isto é o que a diferencia da basa.

Clave dun arco: Doela central que pecha un arco, fai que o arco se sosteña e se
distribuia o peso.

Estatua-columna: Escultura que combina unha figura humana cunha columna, na que
a estatua forma parte da estrutura da columna.

Piar: Columna vertical de apoio utilizada en arquitectura e construcción para soportar


carga estructural ou proporcionar estabilidade a unha estructura.

Canon: Norma que regula as relacións de proporcións ideais entre as partes dun
edificio ou dun corpo humano, para ter a máxima harmonía e beleza, en grego
significa regra ou modelo.

Curva praxiteliana: Forma ou postura curvada que se asemella a unha S alongada (a


cadeira inclinase cara un lado), inspirada nas estatuas do escultor grego Praxíteles.

Estilo: Conxunto de trazos orixinais e persistentes (dun artista, dunha época, etc), que
permiten identificar as obras como feitas por el ou eles.

You might also like