You are on page 1of 12

Bloque 1.

Raíces da arte europea : o legado clásico

GRECIA
Contexto histórico

Grecia non se configurou nunca como un Estado senón que estaba politicamente organizada en poles
independentes, a cidade-estado. Nun mundo no que os reis eran deuses, Atenas opta pola
democracia (goberno do pobo). Os atenienses non eran súbditos senón cidadáns, homes libres
nacidos na poles, e tiñan dereito a participar directamente na xestión da cidade a través da
Asemblea, da que están excluídos os estranxeiros, os escravos e as mulleres, e dos tribunais que eran
as bases do sistema.O pensamento fundamentase, á diferenza dos seus contemporáneas, no
antropocentrismo, o home é a medida de tódalas cousas, dixo o filósofo Protágoras. A relixiosidade
non era dogmática, os deuses eran moi humanizados e tampouco había unha clase sacerdotal. Cada
poles tiña os seus deuses locais, pero os máis importantes eran patrimonio colectivo do territorio
grego, o que se concretaba na existencia de santuarios de peregrinación como Olimpia ou Delfos. No
século V, idade de ouro da arte grega, Atenas que controlaba ademais a Liga de Delos e polo tanto as
súas riquezas, ocupa unha posición hexemónica. Coa morte de Pericles, entra en decadencia, non
houbo dirixente algún capaz de manter a súa supremacía, sendo Esparta a que termine por
impoñerse tras das guerras do Peloponeso entre as Ligas de Delos e do Peloponeso. Pero eses mais
de 50 anos baixo o mando de Pericles foron tempos de euforia que se plasmaron na restauración da
Acrópole, na limitación do poder das oligarquías, no asentamento da democracia e na expansión do
modelo a outras cidades. Se a base artística está na arte prehelénica de Creta e Micenas, Grecia
aporta o antropocentrismo, o pensamento crítico como principio reitor do saber e a consecución da
beleza ideal (mundo das ideas de Platón) por medio da proporción, o equilibrio e a harmonía. No
campo da arquitectura estes principios van significar a inexistencia de obras colosais, edificacións
públicas construídas a partir de cálculos xeométricos e matemáticos, a configuración das ordes
(dórica, xónica e corintia) como canon edilicio, a perfección técnica que se manifesta no perfecto
pulimento dos muros e na realización dos reaxustes ópticos precisos para que o edificio resulte
perfecto na súa visión, e a concepción escultórica da arquitectura pois está pensada para ser vista e
non tanto para ser vivida, é dicir importa o exterior non o interior. Outros dous trazos relevantes a ter
en conta son, o seu carácter alintelado, a pesares de coñecer arcos e bóvedas non os empregaron, e
a policromía. A principais construcións foron os templos, como o que aquí tratamos, pero tamén se
construíron teatros, ágoras, odeóns, stoas, bouleuterions, estadios, ximnasios e palestras. A escultura
deste período está representada por Mirón, Policleto e Fidias.

1
1. O Partenón

Este edificio é o Partenón, mellor exemplo de arquitectura clásica grega do s. V a. C. situado na


Acrópole de Atenas e construído polos arquitectos Ictinos e Calícrates baixo a supervisión de Fidias e
o mecenado de Pericles.

No século V entramos na arquitectura clásica grega. Prodúcese o gran desenvolvemento de Atenas


impulsado por Pericles. Atenas é a gran vencedora dos persas e sacará partido a esa vitoria. Con
Pericles converterase no centro de Grecia e veremos como a arquitectura grega será de corte
propagandístico, ao servizo de cantar a gloria de Atenas. Cántase a gloria dunha cidade e non dunha
caste determinada. Iso débese a que nas Guerras Médicas había loitado todo o pobo ateniense. En
462 a. C. disólvese o Consello do Areópago, representante da oligarquía grega e éntrase nun período
de democracia. Pericles converte a Atenas no centro dunha liga de cidades chamada a liga de Delos,
beneficiándose do seu tesouro. Isto será importante para a arte xa que impón ás outras cidades un
imposto dedicado á deusa Atenea que financiará as obras da Acrópole.

Pericles rodearase dos máis prestixiosos artistas, entre eles Fidias, que xa tiña fama de ser un gran
intelectual. Organizará a reconstrución da Acrópole, símbolo de Atenas, destruída polos persas
durante a guerra. O principal templo é o dedicado a Atenea, deusa patroa da cidade, o Partenón. É
un templo de orde dórico, debido ao carácter forte, case masculino da deusa.
A orde dórico mostra as seguintes partes:
- Columnas estriadas sen base, apóianse directamente sobre unha plataforma chamada estilóbato
que rodea ao edificio cunha escalinata que dá acceso a todo el
- Capitel con dous molduras, ábaco e equino.
- Entablamento composto por un arquitrabe liso e un friso dividido en triglifos e metopas (con
escultura de Fidias )
- Frontón triangular con tímpano con escultura e tellado a dúas augas. Consta en planta dunha gran
cella, un opistodomos e dous pórticos.

É un templo períptero (rodeado de columnas) e octástilo (oito columnas en cada pórtico).


Chámanos a atención que os dous pórticos sexan octástilos, xa que a norma dórica esixía que fosen
hexástilos, xa que segundo a norma clásica a estrutura interna do templo tiña que manifestarse ao
exterior.
A cella do Partenón é moi ancha para albergar á estatua da deusa de proporcións colosais. Iso
provoca que o espazo se agrande e que a cella divídase en tres anchas naves divididas por columnas,
o que se corresponde co aumento destas no exterior.

Os gregos nunca dominarán o espazo, o que fai que na súa procura da lixeireza propoñan unha
redución da masa á vez que amplían os vans: as columnas son máis estreitas, os intercolumnios máis
anchos. Quizais no Partenón o gran éxito sexa o equilibrio entre masa e baleiro.
Este carácter de lixeireza e perfección vén remarcado pola modificación de certas características das
columnas.
- A diminución do grosor do fuste entre as base e o capitel cada vez é menor
- O éntasis ( abombamiento central da columna) é xa case imperceptible
- O ábaco reduciuse e case se corresponde co equino.

2
- A columna está en plena tensión.
Os arquitectos Ictinos e Calícrates non quedan só con racionalizar o exterior senón que queren
racionalizar o interior.

No interior colocan columnas xónicas que son máis esveltas que as dóricas e pódense elevar a máis
altura sen que se perda algo fundamental, o canon, a proporción.
Na arquitectura posterior romana isto terá certa influencia, aparecerán varias ordes no mesmo
edifico, aínda que agora non poden verse xuntos. Nesta suma de detalles os arquitectos teñen en
conta as últimas teorías científicas.
Por iso utilizan efectos ópticos: levan a cabo unha modificación das liñas do templo para dar
sensación de perfección adaptándose á visión humana: non hai unha soa liña recta. Todo son curvas
para corrixir a visión do ollo e que o vexamos perfectamente recto. Trazan as columnas cunha lixeira
curva, o éntasis, os intercolumnios non son iguais para que o parezan, se curvan os
entablamentos….

O Partenón está valorado nos máis mínimos detalles e isto é unha característica do xónico e con todo
é dórico. En realidade non é dórico nin xónico, senón ático, xa que é en Atenas onde se producirá a
fusión das dúas correntes, por iso é polo que as formas dóricas teñan un tratamento xónico. Hai
frisos con escultura, pero no interior. A consecuencia deste paradoxo é que o templo que é máis
clásico é o que o é menos. Pero nisto tamén vai implícita unha lección do que é o clasicismo: a unión
de dous contrarios conseguindo o equilibrio, a harmonía e a perfección.

3
1. Templo da Victoria Áptera ou Atenea Niké

O templo da Victoria Áptera (sin alas) ou Atenea Niké (victoriosa) foi construido na Acrópolis de
Atenas no siglo V a.C para conmemorar a victoria sobre os persas nas Guerras Médicas . A deusa
Victoria cortanselle as ás para que non volva abandonar os atenienses .

A obra atribueselle a Calícrates e está situada a entrada da Acrópolis , xunto con Popíleos, é por tanto
un exemplo de arquitectura clásica grega do siglo V a.C .
Na antigua Grecia puxeron os cimentos da civilización occidental . Nas polis(cidades), enriquecidas
polo comercio mediterráneo , e con formas de goberno avanzadas , as formas artísticas adquiriron un
brillo insólito. Todo xiraba arredor do home . Esta cultura mantuvose como modelo para o arte
europeo.

A Grecia clásica ofrece modelos e formas no seu arte, na sua organización política e métodos de
investigación (filosofía, ciencias físicas ), que constituyen a base da nosa cultura occidental e
europea.

É asombrosa a cantidade de figuras que surgen nunha soa cidade , Atenas :


- Historiadores (Heródoto,Tucídides)
- Dramaturgos (Sófocles,Eurípides )
- Filósofos (Platón , Aristoteles)
- Escultores (Fidias)
É un pequeno templo anfipróstilo (con dous pórticos con columnas ), tetrástilo(catro columnas en
cada pórtico) , con pro naos, naos e opistodomo. Está contruido en orden xónico , coas seguinte
características propias deste orde:
- levantase sobre un basamento ou krepis formado por unha serie de escalóns.
- as columnas con base descansan sobre o último escalón ou estilóbato
- os fustes das columnas son acanalados e máis esbeltos ca os do ordes dórico .
- os capiteis están adornados con volutas
- o entablemento dividese en un arquitrabe dividido en tres franxas horizontais , un friso
corrido con escultura e unha cornisa
- perdeuse o tellado a duas augas e os dous frontóns cos seus correspondentes tímpanos con
esculturas.
É un templo moi pequeno , de carácter simbólico, de dimensións moi humanas, esbeltose e moi
armoniosos, construidos con medidas matemáticamente estudadas para alcanzar a perfección .
Como todos os templos gregos foron concebidos para un entorno que el mesmo transformaba ao
crear un espazo ao seu arredor.

4
2. Erecteion (parte tribuna das Cariátides )

O templo do Erecteion foi a última obra realizada na Acrópolis . É un templo clásico do siglo V
realizado polo arquitecto Mnesicles , que tuvo que enfrentarse a construcción dun templo sobre a
topografía accidentada. É o máximo exemplo do estilo xónico ateniense.

Na antigua Grecia puxeron os cimentos da civilización occidental . Nas polis(cidades) enriquecidas


polo comercio mediterráneo e con formas de goberno avanzadas, as formas artísticas adquiriron un
brillo insólito. Todo xiraba arredor do home. Esta cultura mantuvose como modelo para o arte
europeo.

A Grecia clásica ofrece modelos e formas no seu arte, na sua organización política e métodos de
investigación (filosofía, ciencias físicas ),que constituyen a base da nosa cultura occidental e europea.

É asombrosa a cantidade de figuras que surgen nunha soa cidade , Atenas :


- Historiadores (Heródoto,Tucídides)
- Dramaturgos (Sófocles,Eurípides )
- Filósofos (Platón , Aristoteles)
- Escultores (Fidias)
O templo caracterizase por unha planta pouco ortodoza, debido as irregularidades do terreo , e a
necesidade de respetar antiguos recintos de culto situados a diferentes niveis.
O Erecteion é un edificio que se pode considerar como a unión de dous templos :
- O primeiro o santuario de Atenea con un pórtico xónico hexástilo
- O segundo con espacios dedicados a Poseidón , Erectei e Crécops, e ao olivo de Atenea , con
outro pórtico xónico con columnas e casetones na cuberta adintelada.
- Na cara sur esta a famosa tribuna das Cariátides , concebida como a tapadeira dunha
escaleira que daria acceso a tumba de Crécops.
O Erecteion é orden xónico en estado puro. As suas esbeltas columnas mostran os seguintes
elementos propios deste orde:
- a columna ten base
- o fuste é acanalado
- o capitel está adornado con volutas
O entablamento ten un arquitrabe dividido en tres franzas horizontais, un friso corrido con escultura
e unha cornisa. O remate sería un tellado a duas augas con frontón triangular e tímpano , pero non
se conservan .

As cariátedes , estatuas femeninas que cumplen a función da columna , son perfectas estatuas
clásicas de gran delicadeza. Lucían joyas e pulseras e sostiñan os seus vestidos coa man.
Dotadas de gran naturalismo mostran a técnica dos paños mollados de Fidias e o contraposto propio
da escultura clásica.
O material do templo é o mármol blanco usado en toda a Acrópolis e como toda arquitectura griega
adaptase a un ceo e un paisaxe , creando un espacio radial no que se celebraban as ceremonias.

5
4.O Discóbolo de Mirón

Encontramonos ante unha copia romana en mármore de Discóbolo, escultura realizaba polo escultor
grego Mirón no século V a.C, pertence ao estilo grego clásico.

A escultura grega converteuse no reflexo da evolución o canon de beleza , baseado en diferentes


conceptos como a proporción, o equilibrio, a simetría , a expresividade , o volumen e o dinamismo.
Mirón podese considerar o primeiro escultor do período clásico, no que se mostra en conxunto a
preocupación por reproducir a anatomía humana con proporcións equilibradas, nun intento de
representar a realidade pero idealizandoa.

Pódese dicir que Mirón intentóu representar o movemento, e para iso elixe como tema a
representación dun atleta no momento de máxima tensión que precede ao lanzamento do disco. Sin
embargo non logra romper os principios de frontalidade e rixidez do período anterior. A escultura é
absolutamente frontal, e utiliza a tradicional receita de representar o corpo de fronte – perfil, xa
utilizada na arte arcaica e severa. Sin embargo consegue a sensación de realidade e movemento
utilizando os seguintes recursos:
-Visto de perfil o corpo describe un S
- O perfecto traballo anatómico do escultor, que marca todos os músculos en tensión

No obstante persisten rasgos de arcaísmo na xeometrización da cabeza e a falta de expresividade

6
5. Doríforo de Policleto

Esta obra é unha copia a romana do orixinal en bronce do Doríforo de Policleto, escultura de estilo
clásico grego do século V a. C.

Na antiga Grecia puxéronse os cimentos da civilización occidental. Nas polis (cidades), enriquecidas
polo comercio mediterráneo, e con formas de goberno avanzadas, as formas artísticas adquiriron un
brillo insólito. Todo viraba ao redor do home. Esta cultura mantívose como modelo para a arte
europea. A Grecia clásica ofrece modelos e formas na súa arte, na súa organización política e
métodos de investigación (filosofía, ciencias físicas), que constitúen a base da nosa cultura occidental
e europea. É asombroso a cantidade de figuras que xorden nunha soa cidade, Atenas: Historiadores (
Heródoto, Tucídides), dramaturgos ( Sófocles, Eurípides), filósofos (Platón, Aristóteles),escultores,etc.

Policleto, ao contrario que Mirón, non se expón o problema da escultura en movemento. O problema
no que se centra é a medida, a proporción. Por iso é polo que busque a figura estática porque é a
que mellor lle permite concentrarse na procura da figura en si mesma. Policleto quería captar a
harmonía do universo a través do microcosmos que é o home. Por iso é polo que escriba un libro, o
Canon ou norma, que tivo entón enromes repercusións sobre as ideas estéticas do seu tempo. Como
ilustración desas ideas esculpió o Doríforo, que serviu de norma e exemplo a outros escultores, por
iso é polo que se denomine “O Canon “de Policleto Por primeira vez estamos ante unha escultura
que non ten unha función, non é un heroe nin ou deus, é un ensino de principios teóricos que fan
referencia á arte. Conséguese a autonomía da arte por primeira vez, non é un mero artefacto,
encheuse de contidos estéticos. Para expresar este ideal harmónico Policleto válese de dous
recursos:
- A postura
- A proporción

A postura deriva dalgúns efebos de estilo severo: o contraposto, unha perna recta e outra dobrada
contrapóñense ao brazo recto e dobrado, pero a perna que se dobra apenas toca o chan coa punta
dos dedos. Iso provoca unha gran torsión de cadeira que continúa na cabeza case formando un eixo
helicoidal Por ser Policleto o que salientou a postura pasa por ser o inventor do contraposto. Todo o
peso recae sobre unha perna.

En segundo lugar está a plasmación dun canon, dun sistema de proporcións que agora non vai
preferido ao pé, senón á cabeza que dá a medida. O corpo é seis veces a cabeza, é dicir, ten sete
cabezas de altura. Pero non só se conforma con iso, senón que salienta as articulacións, ás partes do
corpo. O corpo é unha suma de partes proporcionada, en relación numérica unha con outra.
Policleto está aberto ás teoría xeométricas do momento e aparece unha xeometría sustentando as
formas anatómicas, que unida ao canon curto, dá como resultado unha figura pesada. (Arco do
esternón, centro no embigo, cabeza perfecta esfera)

7
6. Métopas da Centauromaquia do Partenon

Esta obra é unha das metopas esculpidas por Fidias no Partenón , con tema de Centauromaquia , de
estilo grego clásico ,siglo V a.C

Na antiga Grecia puxéronse os cimentos da civilización occidental. Nas polis (cidades), enriquecidas
polo comercio mediterráneo, e con formas de goberno avanzadas, as formas artísticas adquiriron un
brillo insólito. Todo viraba ao redor do home. Esta cultura mantívose como modelo para a arte
europea. A Grecia clásica ofrece modelos e formas na súa arte, na súa organización política e
métodos de investigación (filosofía, ciencias físicas), que constitúen a base da nosa cultura occidental
e europea. É asombroso a cantidade de figuras que xorden nunha soa cidade, Atenas: Historiadores (
Heródoto, Tucídides), dramaturgos ( Sófocles, Eurípides), filósofos (Platón, Aristóteles),escultores,etc.

Policleto e Mirón casi parecen superficiais se os comparamos con Fidias ,ao que sin embargo
coñecemos moi mal. Fidias era un artista intelectual nun momento no que os artistas estan
considerados meros artesanos.

Con él cambiou a consideración social do artista : deixa de ser un artesano para convertirse nun
creador de inspiración divina como os poetas.
Fidias entrou a formar parte do círculo de intelectuales de Pericles, na época de esplendor de Atenas
no siglo V.a.C Pericles encargoulle a dirección das obras de reconstrucción da Acrópolis e Fidias tuvo
ao seu cargo a grandes maestros.

A sua gran obra escultórica desarrollouna no Partenón . Nel produce un cambio estilístico , leva a
escultura a un acabado perfecto das formas e total acercamento a representación da realidade a
través dos minucioso estudios anatómicos de persoas e animais e da introducción do escorzo e a
perspectiva. Fidias co seu total acercamento a realidade e a beleza das suas formas consigue un
punto de equilibrio donde idealismo e realismo encontranse como a definición perfecta do clásico.

No partenón a escultura ten tres zonas de desarrollo : metopas, frontones e o friso xónico da cella ,
nas que Fidias desarrolla diferentes programas iconográficos. As figuras están dotadas de gran vida e
plasticidad

Técnicamente mostra un dominio total dos medio do relieve. Utiliza a perspectiva e o escorzo , para
crear un fondo penetrable , con efecto de tridimensionalidade. Nun mínimo espacio vamos varios
planos superpostos, que nos da idea de profundidade e tridimensionalidade. Hay que ter en conta
que os fondos eran planos ao estar pintados de azul. As figuras eran vermellas.

Destaca o magnífico modelado das anatomías , tanto humanas como as partes equinas dos centauro.
O tratamento das figuras é moi naturalista, teñen canóns proporcionados e unha gran expresividade.

A lenda das luchas entre centauros e lapitas que representan Fidias foi utilizada polos gregos para
simbolizar a supremacía do orde e a civilización sobre a barbaria, o que enlaza con todo o carácter
simbólico do conxunto da acrópolis sobre a supremacía de Atenas.

8
7. Hermes de Olimpia (Hermes con Dionisios) de Praxiteles

Esta estatua representa a Hermes, que sostén ao dios Dionisios representado por un neno que ,
sendo fillo ilexítimo de Zeus, está refuxiado da ira de Hera. Según fontes antiguas (Pausanias) no
brazo que lle falta a Hermes sostiña unhas uvas para xogar co pequeno. Praxiteles é un dos grandes
escultores do segundo período pos clásico , no siglo IV a.C

O siglo IV a.C é o siglo de decandencia da polis.Tras a guerra do Peleponeso entre Esparta e Atenas.
Grecia quedou destrozada política e económicamente. É época de crisis e esto xera cambios a todos
os niveis.Os gregos replantean o seu futuro : Platón e Aristóteles reflexionan sobre a ciudad ideal e a
nova política. Unha disípulo de Aristoteles non grego, Alejandro Magno, formará un imperio helénico
que chegará hasta a India e o mundo grego transformarase para sempre.

Praxiteles marcará os camiños que seguirá a escultura helenista :


- hacia unha maior expresividade , o que se mostra na relación do neno co Deus
- hacia unha composición máis dinámica

Praxiteles rompe co equilibrio entre austeridade e gracia en favor de esta última. Perdese a
arquitecturización da figura, as formas son máis suaves.

Desarrollase a famosa curva praxiteliana : o corpo de Hermes forma unha S invertida , o que
proporciona a figura a un gran equilibrio entre movemento e repouso , Así tamén nos invita a que
rodeemos a obra , hay unha nova relación entre a obra e o espectador.

O modelado é suave , non hai asperezas no mármol. As formas son suaves e suaves son os contrastes
lumínicos no rostro e no cabelo de deus.

No modelado do corpo gañase unidade, é un todo , xa non parece estar composto por partes
xeométricas . Xogase coa calidade da superficie, todo tende a fusionarse, sen perder as calidades
anatómicas : o esqueleto e os músculos están debaixo da pel.

9
8. Apoxiomenos de Lisipo

Lisipo vai representar o arte grego clásico do siglo IV a.C, a búsqueda da arte en sí. Segue no camiño
de Policleto, tanto no teórico como no didáctico. Lisipo pretende ser un Policleto do siglo IV,
pretende seguir ese camiño de acercamento a realidade que marca o arte grego, convertiste nun
Policleto máis naturalista.

O siglo IV a.C é o siglo de decandencia da polis.Tras a guerra do Peleponeso entre Esparta e Atenas.
Grecia quedou destrozada política e económicamente. É época de crisis e esto xera cambios a todos
os niveis.Os gregos replantean o seu futuro : Platón e Aristóteles reflexionan sobre a ciudad ideal e a
nova política. Unha disípulo de Aristoteles non grego, Alejandro Magno, formará un imperio helénico
que chegará hasta a India e o mundo grego transformarase para sempre.

A forma de ver a realidade cambia. Hay un novo tipo de figura que perdeu o carácter xeométrico. O
apoxiomenos é un atleta desnudo como o Dorífo , pero presenta importantes novedades:
- canon maís estilizado (oito cabezas)
- claroscuro (cabelo en rizos revoltos)
- integración nova da figura no espacio, a figura sale de sí , extende un brazo o que nos obliga
a xirar, non só nos invita a elo . É unha verdadeira estatua pública para as plazas
- o brazo extendido supón a creación dun verdadeiro espacio medio oposto ao exipcio
(espacio límite)
- a estatua e máis grácil e dinámica. A postura dos pes é diferente a de Policleto, aquí as duas
pernas enstán en tensión : representa o movemento en potencia, o atleta está no acto de
sacarse a graxa con un rascador.Por outro lado continua dominando o contraposto e o
escorzo .
É Lisipo un paso máis do acercamento da escultura grega a representación veraz da natureza que
culminara no helenismo.

10
Vocabulario
Altorrelevo: escultura realizada sobre unha superficie da que sobresae máis da metade do volume.

Arquitrabe: parte inferior do entaboamento que se apoia no ábaco Base: parte inferior dunha
columna sobre a que se asenta o fuste.

Canon: conxunto de regras que regulan as proporcións da escultura ou da arquitectura da cordo cun
modelo ideal establecido. O canon permite establecer a harmonía entre as partes dunha obra a
partir dunha determinada extensión ( módulo: cabeza por exemplo).

Capitel corintio: capitel decorado con follas de acanto Capitel dórico : capitel sinxelo formado por
ábaco e equino.

Capitel xónico: capitel con volutas e ovas decorativas, propio da orde xónica.

Contraposto: Forma de dispoñer o corpo humano nunha escultura que consiste en equilibrar a masa
corporal arredor dun eixe vertical para evitar a simetría e a lei da frontalidade. É típico da escultura
clásica e da do Renacemento.

Cornixa: parte superior do entaboamento que se atopa entre o friso e o frontón e sobresae un
pouco.

Curva praxiteliana: recurso usado polo escultor Praxiteles que consiste nun complexo xogo
compositivo que suxire unha estrutura suave y dinámica en forma dunha S invertida , provocada pola
elevación da cadeira. Dinamiza a composición.

Entaboamento: Parte superior que remata un edificio clásico. Componse de arquitrabe, friso e
cornixa.

Éntase: engrosamento que presentan algunhas columnas na parte central do fuste.

Escultura exenta: escultura que non está pegada e que se pode contemplar dende todos os ángulos.

Estatua columna: figura feminina ou masculina que a xeito de columna sostén o arquitrabe. A súa
cabeza posúe un elemento que fai de capitel. Se é feminina chámase cariátide e se é masculina,
atlante.

Estilo: conxunto identificable de características que permiten agrupar a unha serie de obras ou
autores, os cales compartirán elementos estables en canto a súa forma e contidos, permitíndonos
afirmar que unha obra ou autor pertencen a un ou outro estilo.

Friso: parte media do entaboamento, situada entre o arquitrabe e a cornixa Fuste: tronco da
columna comprendido entre a base e o capitel.

11
Métopa: espazo xeralmente cadrado e liso que se acha no friso do entaboamento dórico entre dous
triglifos. As veces están esculpidos.

Técnica de panos mollados: técnica escultórica atribuída a Fidias e iniciada por el nos relevos do
Partenon. Nace do interese polo estudio da anatomía humana. Consiste en esculpir finos roupaxes
sobre os corpos como si se pegaran a eles por estar húmidos de forma que se vislumbra a anatomía
subxacente e o corpo simula estar vestido e espido á vez.

Tímpano: parte interior dun frontón , onde xeralmente se colocan esculturas en relevo.

Triglifo: rectángulo que sobresae dun friso dórico, formado por tres molduras verticais.

12

You might also like