You are on page 1of 19

GRECIA CLÁSICA:

O PENTECONTEO:

O penteconteo é o período de 40 anos entre a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica
en Salamina e Platea (479 a.C) ata o estallido da coñecida Guerra do Peloponeso (431 a.C). A
existencia de este período coñecemolo grazas a obra de Tucídides.

TUCÍDIDES E OS “REALISTAS”:

Este foi un home da familia aristocrática ateniense de Heliarto. Para él as relacións


internacionais son un campo anárquico. El provoca unha loita competitiva polo seguranza e a
supremacía, o podel final é o árbitro supremo.
- O problema: Cómo concebir un orden sen aquel que o ordene?

HISTORIA E REFORMAS:

A reforma naval de Temístodes provoca o descubrimrnto nas minas de Laurión, e dedica os


cartos desta mina na construcción dunha nova flota naval. Crease a lei de Trierachikos
nomos, onde a naucraría é aumentada, e imponse unha trierarquía, onde unha persoa recibe os
cartos das minas que teñen que ser construidas. Atenas nesta época é reconstruida e
fortificada.

O asunto de Pausanias e a xefatura aliada de Atenas (Tuc. 1.126-1.138): Pausanias con un


comportamento tiránico coas cidades xonias, ataca a Larisa e o acusan de ser persista
(simpatizante do mundo oriental) e o condenan a morrer tapiado nun templo. Nin así logran
calmar o descontento das cidades xonias contra Atenas. Pídenlle a Atenas de montar unha
nova alianza defensiva que debería encabezar Atenas.

Así montase a confederación delia, ou liga de Delos, e con ela a primeira contribución
económica: a contribución de Aristides (páganse 460 talentos), tesouro (da Liga) de Delos. O
exército da alianza basaráse no mar, polo que algunhas cidades da alianza contribuirán con
cartos e otras con barcos. Cada unha das polis terá un voto. A función dista coalición será a
de liberar as cidadas grecas que quedaron baixo os dominios dos persas. Os que se
encargaban de administrar e controlar o tesoro da Liga de Deos coñecense como
Helletnotaminae, que son os tesoureiros. A formación dista peculiar liga tamen trouxo
consigo certos problemas, como foi a cuestión de cando se podía deixar esta confederación.
Accións militares aliadas:
- Persia - 470: Eion (fortaleza persa); Esciros (refuxio de piratas); Caristos (medizante)
introdúcense a cleruquias, forma de colonización ateniense.
- Haberá campañas de Eurimedon en Panfilia de Cimón (469/8?-466?): Destrucción de
200 naos fenicias.
- Expedición a Exipto (foi un desastre): 459-454.
- Representación interna: Naxos, 470. Tasos, 465, porque nestas cidades intentan
abandonar a Liga e esta impídello. Tasos ten unha zona de minas, e Atenas apodérase
deles, e oblígana a manterse na liga aínda que quere saír.

A COLONIZACIÓN ATENIENSE: CLERUQUÍA,

A cleruquía será unha das bases da política exterior, de colonización, ateniense durante o
século V. Na frente dista institución encontrabase o xefe dista, coñecido coma o oikistes, onde
xunto con el dispoñense 10 adiviños que fan de sacerdotes da tropa, un arquitecto que
establece un plano da cidade e 10 xeómenos encargados da repartición de terras. Esta nova
cidade organizada e moi semellante a sua metropole, non é un novo establecemento como
ocurría anteriormente, senón unha prolongación da polis. Esto provocará que as suas formas
políticas sean identicas as atenienses, e os maxistrados nomeabaos a propia Atenas, algunhas
veces entre os residentes dista cleruquía e outras entre os cidadans da propia Atenas. As suas
festas relixiosas organizábanse como as “grandes dionisíacas”.

Os clerucos, habitantes da colonia, tiñan por consiguiente as mesmas obrigacións que os


cidadans da propia metrópole, debían pagar os impostos (incluida a eisphora, e chegado ao
caso a liturgia). A finalidade militar distas cleruquías era asegurar as fronteiras do Ática.

OS IMPOSTOS: EISPHORÁ E LITURXIA.

A coñecida eisphora é un imposto de tipo militar, estes cartos eran gastos extraordinarios
establecidos para algunha expedición militar. Sobre todos os cartos recaudados ⅚ corrían a
cargo dos cidadáns e o restante a mans dos metecos, ou extranxeiros.

En cambio, a liturgia, era un imposto que tan só corría sobre os cidadáns ricos con un fin
concreto. Consistía en financiar e organizar alguns servicios propios alguns cargos públicos.
A POLÍTICA EXTERIOR ATENIENSE:

Os políticos Cimón e Pericles reorganizaron a política exterior ateniense.

- Cimón estableceu unha relación entre Esparta e Atenas como compañeiros gregos
contra Persia. Posteriormente iste importante político foi desterrado, o ostracismo de
Cimón.
- As reformas de Efialtes de 462 a.C, supón un gran cambio na política da cidade.
Comeza por atacar determinadas maxistraturas, sobre todo o Areçopago. Todos os
membros da asamblea eran parte da aristocracia. Con Temístocles entran algúns
individuos de clases inferiores nista asamblea.

As funcións de Areópago, xustificabase como ser de orixe divina, polo que obrigaba
por conciencia relixiosa a obedecer as suas ordes. Conseguiu concentrar os tres
poderes:
- Lexislativo: dictaba determinadas normas ou leis
- Executivo: supervisaba as actuacións dos funcionarios e dos maxistrados. Este,
velaba para que non se infrixise ningún precepto relixioso.
- Xudicial: tiña unha función de xulgar aos sacrílegos e aos acusados de delitos
de sangue con preeditación. Tamen podía dictar arrestos se formular acusación
e xulgar os delitos de asebeia (impiedade).

Efíaltes retiralle todo o poder executivo e lexislativo e lle deixa unicamente a


capacidade de actuación no homicidio. Retiralle todo o que co curso do tempo foi
acrescentando a estructura primitiva do Areópago. Estes poderes serán traspasados a
outras institucións, como Asemblea, Consello (dokimasia e eisangelía) e tribunais
ineliásticos. Ao retirarlles esas funcións ao Areópago, perdeu o seu carácter sagrado.

Por iso créase a graphé paranomon, ésta podía ser representada por calquer cidadán
que vise que unha norma da asamblea estaba en contradicción con alguna lei vixente.
Este cidadán presenta personalmente a denuncia contra o autor da proposta e contra os
funcionarios que lle deran curso libre, os boulentas e os pritanos. Tiñan que reunirse
nun tribunal especial con 1000 heliastas como mínimo, presidido polos 6 tesmotetes
(arcontes) e o seu presidente. Trataban de ver o interese do individuo que fixera a
proposta e en que medida ía contra a democracia. Se o poñente e os funcionarios eran
declarados culpables, podían ser condenados a pagar unha multa e nalgúns casos
condenados á morte. Perdían a capacidade para presentar mocións durante un ano.
PERICLES E A 1a INTERNACIONAL:

Perícles substituíu a Efialtes no mando do Partido Popular cun programa imperialistade dous
puntos: conquistar unha serie de importantes rutas e de espallar un sistema e idea política.
Atenas, nesta altura, aínda estaba a librar un combate cos fenicios aos que Cimón non dera
vencido e eliminado totalmente, para o cal atacaba Exipto e Oriente.

Obxectivos de Perícles:
1. Dominar a zona norte (o que atinxe).
2. Substituir Persia nas cidades de Oriente, Exipto e Cirenaica.
3. Bloquear a Esparta
4. Iniciar unha exploración no Mediterraneo Occidental

Establece un tratado con Argos (dentro da toma de expansión do Peloponeso) e apoia as


tiranías na Grecia central co obxectivo de recibir o seu apoio. No 461 consigue que Megara se
separe da liga do Peloponeso e que se pase a liga de Delos.

Une o porto de Nisea de Mégara (onde había unha guarnición ateniense), con Pegas por
medio dun muro. Mais esta expansión vese cortada pola reacción da Liga do Peloponeso
dirixida por Corinto e Esparta.

Os ilotas do monte Itome capitularán en condicións vantaxosas, os atenienses ofrecéronlles


Naupacto a entrada do Golfo de Corinto, e como eran aliados de Atenas, esta obtivo un gran
exito.

REFORMAS INTERNAS

Realiza unha serie de reformas en varias institucións:


- A reforma do arcontado realixado no 458. Esta permitía que os zeugitas formaran
parte diste tipo de maxistrados, tamén chhegarán os thetes, pero nonn está aceptado
por ningun decreto formal. Tamen se sustituir a elección previa por un sorteo, do que
saen 500 cidadans que serán novamente sorteados.
- A Mistophoria e o sistema pola cal o execicio dun cargo público é remunerado.
- Theorikon: este é o pago que fan as polis pola asistencia a determinados actos de
entretenimiento.
1a GUERRA DO PELOPONESO

Entre 456-454 Atenas manda expedicións a Corinto, o Adriatico e algunhas naves chegan a
Italia. Algunhas colonias de Corinto son destruídas, mentres outras como Cefalonia e Zacinto
entran na liga Delico-atica.
- Segesta e Halicias (en Sicilia) solicitan a alianza con Atenas. POLITICA EXTERNA
- Fracaso da expedicion a Exipto: extendese o pánico nas illas. Os samios piden que se
leve a Caixa de Delos a Atenas. Situouse na Acropole e axiña foi utilizada para cubrir
os gastos de Atenas (Partenon...).
- Desastre en Exipto: Os partidos democratas piden axuda a Atenas, co que aumenta o
numero de cidades da liga Delico ática.
- Atenas sube a 520 talentos o montante do phoros.
- Fin do ostracismo de Cimón (451) para utilizalo para asinar a paz con Esparta.
Morre na campaña de Exipto.

- Paz de Calias (450 a. c.) con Persia: -Abandono ateniense da sua actividade en
Oriente.
- Persia non pasará unha liña marítima máis alá de Chipre, e por terra a 2 xornadas a pé
da costa de Anatolia. Moitos membros da liga d-a non ven sentido en permanecer.
- Renacementos oligárquicos en Grecia central. Atenas tenta retomar o control: derrota
de Coronea (446 a c)
- Revoltas en Eubea, Megara. Avance sobre Atenas, cancelado a último instante
(soborno?).
- Sofócase a rebelión de Eubea:
- cleruquías de 1000 thetes.
· 446 Paz dos trinta anos:
- Exina paga tributo, mais garántese a súa autonomía.
- Atenas perde Aquea, a Megáride e Beocia. -Comprométense a non aceptar as cidades
da outra liga.
O problema será que nada se diraá das que nesta altura son neutrais.
PERICLES: 445-431

Esta época coñecese como a época de esplendor do imperialismo ateniense, xa que este
importante político consegue dominar a vida política de Atenas. Esta época resumese nun
intento de manter as posicións conseguidas polo imperio ateniense e formanse relacións entre
turios e atenienses, que pronto se romperán.

- Revolta de Samos (441-440): fonte de futuros problemas que provocará a guerra do


Peloponeso.

- Conflicto con Mileto:


- Arbitraxe de Atenas recusado polos Samienses.
- Atenas invade Samos e instaura unha réxime democrática.
- Samos recibe axuda do sátrapa de Sardes.
- Nova expedición ateniense cara Samos.
- Samos vencida.
GUERRA DO PELOPONESO:

Inicios e incidentes previos:

Na orixe da Guerra do Peloponeso pódese diferenciar entre unhas causas inmediatas que fan
detonar as hostilidades. Entre as causas inmediatas da guerra temos as tensións entre Corinto
e a sua colonia de Corcira, a revelión de Potidea e o decreto de Megara.

Roces entre Corinto e Corcira:

Os roces entre Corinto e Corcira datan do 435 a.C. Epidamno está en loitas civis entre
oligarcas e democratas. As suas autoridades piden axuda a sua metropole, Corcira, non lla da.
Depois pidenlla a Corinto, metrópole de Corcira, coa que os corintios estaban enfrontados por
motivos politicos e comerciais. Os corcíreos, perante a notícia de que Epidamno fora
entregada aos coríntios, envian unha expedición a Epidamno compelindo ao goberno de
Epidamno a aceitar os desterrados, que pediran axuda a Corcira. Corinto, xunto con outras
cidades do Peloponeso, envia unha frota, que foi derrotada polos corcíreos.

Corinto, durante os dous anos seguintes, preparase para a revancha, co que Corcira no 433
decide pedir axuda a Atenas. Corinto di que a entrada de Corcira na Liga Délico-Atica
contribuiria a desatar de novo as hostilidades.

Atenas decidelle outorgar unha axuda puramente defensiva, o que supuña manter a vixéncia
do tratado de paz do ano 455. Uns meses mais tarde ten lugar unha confrontación naval, da
que saen vencedores os coríntios, que non se atreven a atacar a Corcira pola presenza ali
dunha frota ateniense. Os coríntios denuncian a atitude de Atenas como contrária ao tratado
da Paz dos Trinta Anos, se ben formalmente non fora asi.

Rebelión de Potidea

Potidea formará parte do império colonial Coríntio, máis era, membro da Liga Délico-Ática,
o que era unha posición ben anómala.

A finais do 433 aC, Atenas requer, non sabemos por que, aos potidatas que demolesen as
murallas que encerraban o istmo de Palene, entrense reféns e non tornasen a aceptar os
maxistrados que Corinto mandase.
Unha embaixada dos potidatas, tras profesaren lealdade aos atenienses, tenta que se revoguen
as medidas decretadas, o que non conseguirá.

Macedónia, Corinto e Esparte oferecen axuda a Potidea. Potidea retira-se da Liga Délica,
arrastrando consigo a outras cidades da Calcídica. Atenas manda unha frota. Corinto, pola sua
vez, manda tropas de axuda, ainda que formalmente non era Corinto.

Decreto contra Megara

Os atenienses promulgan unha série de decretos contra Megara a instancias de Péricles. Por
estes decretos prohíbese aos megarenses o acesso aos mercados da Atica e visitar os restos
dos portos de domínio ateniense. Atenas utiliza este decreto como arma contra Megara a que
acusa de dar refúxio a escravos fuxidos.

Razons profundas da guerra


As razóns profundas da guerra son por unha parte o antagonismo irreductível entre Esparta e
Atenas, com visións irreconciliábeis da política. Por outro lado, existia unha forte rivalidade
económica entre Corinto e Atena polos produtos do norte do Exeo, e polas rutas e contactos
co Adriático, Magna Grécia e Sicília.

Fases da Guerra:

Guerra arquidamica (431421aEC)

A estratéxia de Atenas é evitar o enfrontamento terrestre coas tropas da Liga do Peloponeso,


contra as cais non teria nada que facer, e, pola contra, utilizar na medida do posíbel a frota,
conscientes de que a frota naval ateniense era considerabelmente a mellor.

Durante este período ten lugar duas invasións por terra da Atica. Pola sua parte, os atenienses
realizan duas razzias marítimas nas costas peloponesias.

No 430 a.C., en Atenas declarase unha epidemia de peste, como consecuencia da cal un terzo
da poboación ática more, entre eles Pericles.
A guerra espallase por toda Grecia. E alguns dos aliados de Atenas comezanse a retirar da
alianza, como é o caso de Mitilene e as poleis da illa de Lesbos (importantes pola sua
aportación a Liga Délica de naves marítimas),o que fai que Atenas realice unha serie de
expedicións punitivas que ten como obxectivo disuadir a posibeis defectores.
Nesta época aparece no escenario politico ateniense Cleón, un curtidor de peles, que para
muitos será o sucesor político de Pericles.

Os espartanos son derrotados en Esfacteria, onde Atenas faria 420 prisioneiros , o que leva a
reorganización do exército espartano por Brasidas, o que permitirá a derrota ateniense en
Anfípolis, en cuxa batalla morren tanto o espartano Brasidas como o ateniense Cleón.

En Marzo de 421 a.C., asinase a Paz de Nícias, que inicialmente debería durar cincuenta
anos. Por este tratado devolverianse as cidades tomadas, coas excepcións de Platea, que
permaneceria en mans tebanas, e Nisaea que seguiría en mans atenienses. Este tratado, non
obstante, non foi asinado por Beocia, Corinto, Mégara e Elis.

Na realidade, o tratado non satisfixo a ninguén, e durará seis anos, durante os cais, en
realidade, a guerra seguiu a través de terceiros.

A expedicion a Sicilia

Cando estaba para partir son mutilados os hermes de Atenas, o que se considerou de mal
agoiro para o éxito da expedición. Nas pesquisas, aparece o nome de Alcibíades como un dos
posíbeis perpetradores. Os inimigos políticos deste acusano de sacriléxio, e fanno cando
Alcibíades tiña que partir co exército, de maneira que durante o xulgamento Alcibíades
estaría ausente, non pudendo exercer debidamente a sua defesa, e os seus apoios
(fundamentalmente no exército) imposibilitados de influir nunha eventual votación.
Alcibíades, entón, foxe a Esparta. Trás os primeiros éxitos, finalmente a frota ateniense é
aniquilada no porto de Siracusa no 413 a..C.

A Segunda Guerra

No ano 415 rompese o tratado de paz dado que Atenas decide dar axuda a unha cidade
siciliana, Segesta, contra as cidades tamén sicilianas de Selino (ou Selinunte) e Siracusa.
Decidese a expedición e os seus comandantes: Nícias, Alcibíades e Lámaco.

Os espartanos, aconsellados por Alcibíades, ocupan a fortaleza de Decélia, desde a cal


hostigarán a Atenas impedindo o cultivo de terras e o fornecimento por terra, deixando só
praticábel o fornecimento por via marítima. Ainda máis, impeden a explotación das minas de
prata cercana, libertan a vinte mil escravos desas minas, facendo que as finanzas de Atenas e
da Liga Délica estexan en perigo, polo que se ven obrigados a aumentar os tributos, e o
consecuente descontento dos aliados de Atenas.
Os espartanos non desaproveitan a ocasión e instigan a revelión entre os aliados de Atenas,
que abandonan ou tentan abandonar a Liga Délica. Os persas, pola sua vez, axudan
monetariamente a Esparta, tendo como obxectivo as cidades xónias. Ante a incapacidade dos
peloponesios de lles brindar protección muitos dos que abandonaran a Liga Délica acabarán
por retornar ás filas da Liga Délica. Entrementres, na própia Atenas comeza a haber un forte
faccionalismo e revelión.

Golpe de estado oligarquico en Atenas

No 411 a.C, en Atenas, tras unha intensa campaña propagandística, iníciase una campaña de
terror e asasinatos de líderes demócratas. Convocase unha reeunión da ekklesía, mas fora da
cidade, en Colono, na que se aproba:
Abolición dos misthoi, sempre odiados pola facción oligárquica.

Restrición do aceso ás maxistraturas.

Retorno a una boulé de 400 membros, dos que 100 serian eleitos por 5 proedros e estes 100
elexirian os 300 restantes. A máis, teria como tarefa inmediata a revisión da lista de cidadáns,
na que a cidadania se manteria para 5000 cidadáns.

Isto aceptase pola ekklesía sen praticamente resisténcia por estar ben preparado o golpe de
estado, e por ter parte da poboación vixiando as murallas e porque boa parte do exército e da
frota estaba en Samos.Este golpe de estado encontra a resisténcia dos atenienses que estaban
en Samos, que indultan a Alcibíades e o elexen xeneral.

Máis ainda, o desastre militar contra a frota do Peloponeso que se dirixia a Salamina, propícia
a convocatória da ekklesía en Atenas. Nessa derroca-se os 400, entrega-se o poder aos Cinco
Mil aos que se permitia o aceso a todos aqueles que puderen custear-se a panóplia de hoplita.
Prohíbe-se tamén receber salário do Estado (o que supón revalidar a abolición dos misthoi).
Sabemos que os Cinco Mil inícian negociacións coas xentes (basicamente demócratas) que
estaban en Samos, ainda que non sabemos como se desenvolven e como se reestabelece a
democracia.
Fin da guerra

Tras unha série de vitórias e algunha derrotas, a forta ateniense é derrotada pola frota
espartana comandada por Lisando en Egospótamos no 405 a.E.C. Esparta toma Bizáncio e a
calcedónia, estabelece guarnicións lacedemónias na maior parte das cidades do Exeu e
finalmente chegan frente ao Pireu, o que deixa a Atenas encurralada. Todas as rotas por onde
chegabam os abastecimentos estaban cortadas e o seu território era devastado polo rei
espartano Agis. Atenas ten de capitular e aceptar:
- A destrución das murallas do Pireo e da Muralla Longa.
- Retorno dos desterrados.
- Entrega de todas as naves, excepto 12.
- Disolución da Liga Délica e evacuación das cleruquias.
- Unha alianza militar con Esparta.

Consecuencias:

- Eliminación do império marítimo ateniense.


- Empobrecimento da poboación: os campos da Atica, Peloponeso, Grécia Central , e
Xónia fican destrozados.
- Endebedamento dalguns estados pola axuda externa recebida, especialmente de
Pérsia.
- Renascimento da pirataria pola desparición da Liga Délica, o que comportou
dificuldades de abastecimento e encarecimento da vida.
- Deslocacións importantes de poboación por fuxidas de escravos, deportacións e
escravizacións.
- Macedónia e Pérsia fortalecen o seu papel na zona. Consecuencias para Atenas: golpe
de estado de 404 a.E.C.

Un certo Dracóntides propuxo à asemblea que fose designada unha comisión encarregada de
elaborar unha nova constitución. Ante a oposición a esta proposta, o xeneral espartano
Lisandro interveu ameazando con romper a paz se a proposta de Dracóntides non fose
adoptada. Os opositores tén, entón, que se retirar, e fora formada unha comisión formada por
amigos de Crítias, un prolacónio que ia ser durante uns meses o dono da cidade, e de
Terámenes. Esta comisión será a coñecida como os Trinta. Os Trinta debian redixir unha nova
constitución inspirada nunha alegada «constitución dos antepasados». Suprimiron-se os
misthoi e reducia- se o corpo de cidadáns a 3000 persoas escollidas polos Trinta.

A máis, os Trinta comezan unha campaña de terror en Atenas. Asasinan os demócratas que
non conseguirán fuxir a tempo. Constituen un consello de dez membros no Pireu encarregado
de controlar este núcleo cuxa poboación de mariñeiros, pescadores, comerciantes... estaba
tradicionalmente ligada á democracia.

Toda esta violencia fai que nos Trinta haxa disensións entre Crítias e un moderado como
Terámenes. Crítias consegue desfacer-se de Terámenes, facendo-o expulsar dosTrinta e
condenado-o á morte.

Entre tanto, os xefes demócratas tiñan-se reunido en torno a Trasíbulo, que conseguirá fuxir
para se refuxiar en Tebas. Partindo desta, consegue penetrar na Atica e apodera-se da
fortaleza de File. Apodera-se depois do Pireu, cuja poboación estaba ao seu lado. Os esforzos
dos Trinta para acabar con el fracasaron, e durante un deses ataques Crítias foi morto.

Sen xefe, os Trinta foron se refuxiar en Eleusis, mentres en Atenas instauraba-se a rexime dos
3000. Durante algun tempo, a luita entre os do Pireu e os de Atenas continuou, até que o rei
espartano Pausanias decide intervir e se conclui a paz entre os dous bandos. Os demócratas
podem regresar a Atenas, e a democracia é reestabelecida. Declara-se unha amnistia para
todos, excepto para os Dez do Pireu e os Once de Atenas que controlaban a policia.
A SOCIEDADE E CULTURA NA ATENAS DO S. V

Os cidadans:

A cidadanía adquiríase por nacemento, ou por naturalización. O 1o era o criteiro
predominante. A cidadanía por naturalización era un privilexio, que se acordaba como un gran
favor outorgado a uns poucos metecos e estranxeiros. A cidadanía outorgaba a ekklesia, a
través dun procedemento especial, con 2 reunións, a 2o das cuais esixía un quórum de 6.000
persoas, e con voto secreto. Os atenienses non tiñan rexistro centralizado de cidadáns: a lista
facíase nos demos e nas fratrias. Un cidadán varón entraba na fratria dos seu pai aos 3 ou 4
anos. E no seu demo, cando alcanzaba a mayoría de idade. As mulleres non eran rexistradas,
senón que normalmente eran apresentadas á fratria do seu pai.

​ Os mozos, no ano anterior cumprían 18 anos eran presentados polo seu pai ou titur ante a
asamblea do demo. Alí votábase se tiña 18 anos, e se era libre e nacido dentro dun
matrimonio.

​ O principal privilexio dun cidadán eran os seus dereitos políticos. Cada cidadán tiña dereito a
asistir á ekklesía, aos 30 anos, a ser maxistrado, lexislador ou xurado. Tiñan dereito de
propiedade inmóvil, que lles era reservada. Tamén os minerais, como parte da terra. Dereitos
económicos, como o misthos: na asistencia a ekklesía, como xurados nos tribunais heliásticos
ou os días laborables aos membros da Boulé. Recibían o pago dos espectáculos (theorikon).

​ Podían recibir certa asistencia social: Os doentes sen recursos podían facerse rexistrar no
Consello e recibir un subsidio dun óbolo por día (+ tarde serán 2). Se un cidadán caía en
combate a cidade tomaba ao seu cargo a educación dos seus infantes menores.

​ En época de crise de abastecemento, a cidade distribuía trigo, a baixo prezo ou gratis.

​ Privilexios xurídicos:
​ - a morte dun cidadán era un crime moito máis grave que o dun meteco ou dun escravo. No 1o
caso a pena era a morte, no 2o o exilio e no 3o unha multa.
​ -Ningún cidadán pode ser sometido á tortura. Os cidadáns estaban exentos de castigos
corporais, os escravos eran frecuentemente azoutados.
​ -Os deberes: pagar impostos e facer o servizo militar.

OBRIGAS:

Os impostos: o único imposto directo era a eisphora, unha taxa en orixe excepcional sobre a
fortuna, mais que acaba dende o 347-346 por ser para todos os cidadáns que tivesen unha
certa fortuna.

Servizo militar: obrigatorio para todos os cidadáns de boa saúde e en idade de servir.è Cada
ano, o novo grupo que tiña 18 anos facía xuramento solemne. O servizo militar non se facía
só na idade efébica (18- 19) senón que tb incluía un servizo activo en tempos de guerra para
todos os anos de 20 a 58. è Os que tiñan 59 estaban exentos, mais debían estar disponibles
como árbitros dos procesos entre particulares.

Nin o servizo militar nin os impostos eran obrigas cidadáns, pois os metecos tb estaban
obrigados a eles. Os únicos deberes propios eran o matrimonio. Non podían casar con
metecas, e se o facían, os fillos non podían herdar do pai. As mulleres non podían nin casar
nin vivir con metecos. Prostitución prohibida: pena de morte ou de atimía (pena pola cal se
exclúe a unha persoa de todos os dereitos cívicos).

Os metecos:

Era unha persoa nacida libre que deixara a súa propia cidade para vivir noutra cidade sen ter
os dereitos dos seus cidadáns. Eran a parte máis importante do conxunto dos xenoi. Non só os
estranxeiros domiciliados eran metecos, senón que tamén o eran os estranxeiros que estivesen
alí poucos días. Un estranxeiro en Atenas debía rexistrarse por pouco que fose o tempo que ía
a ficar na cidade.

Ser meteco non era un privilexio, senón que comportaba unha serie de deberes. De feito,
cando se quería dar un trato de favor a un estranxeiro, dispensabaselle de condición de
meteco. O nome dos metecos incluía sempre o demos de residencia, o que mostra que o
rexistro dos metecos facíase non centralizadamente, senón nos demos.

Por outra parte, nas súas tumbas poñen a cidade de orixe da que aínda seguen a ser cidadáns,
non o seu demos, independentemente do tempo que levasen en Atenas.
Oficialmente un demótico, non era membro do demos (aínda que teña demótico).
Probablemente tiña que mudar o demótico se mudaba de demos de residencia.

ada meteco debía elixir un cidadán ateniense como garante, e tal vez como patrón (prostates).
Se non o facía, podía ser obxecto de un procedemento xudicial por tal causa, penado con
confiscación de bens e venda pública como escravo. Era unha acción privada, non pública
para que o denunciante puidese aproveitarse do producto da confiscación e da venda.Da
patronaxe dos metecos non sabemos case nada. Sabemos por Aristóteles (Política), que en
moitas cidades había que ter un patrón para poder emprender unha acción xudicial. Mais non
sabemos se en Atenas isto era tamén así.

Tiñan poucos dereitos e bastantes obrigas. Ningún dereito político, ninguna parte nas
distribucións e outras vantaxes económicas dos cidadáns.

Non podían posuir terras nin casa no Ática (salvo por un privilexio especial de enktesis) nin
ser concesionario das minas arxentíferas, salvo autorización especial.

O matrimonio entre metecos e atenienses era nulo. E a cohabilitación dun meteco con unha
ateniense reprimida máis severamente que a dun ateniense con unha meteca.

O homicidio voluntario era punido con penas menos severas se a vítima era un meteco. E os
metecos podían ter que testemuñar sobre tortura.

Debían realizar o servizo militar e pagar impostos. Entre eles o “metoikion”, que era de 12
dracmas por ano se era un home e 6 para as mulleres. Se eran bastante ricos debían pagar
como os cidadáns, a “eisphora” e pagar as litúrxias cando fose o seu turno. Só un privilexiado
especial, a “isoteleia”, podíaos dispersar do metoikion e e ter as mesms obrigas militares e
fiscais que un cidadán.

Os metecos en Atenas dividíanse en 2 grupos:

- Os nacidos libres, instalados en Atenas como artesáns e comerciantes, ou


como refuxiados políticos.
- OS escravos manumitidos que tiñan como patrón o seu antigo amo. A única
diferenza xurídica consistía nunha serie de obrigas que os 1os seguían
mantendo cos seus amos.
Os escravos:

Os escravos eran unha propiedade móvil, como os animais, as ferramentas... Para Aristóteles
eran un “instrumento animado”. Era propiedade do seu amo, que podía véndelo, hipotecalo,
alugalo, e dalo en herdanza por testamento. O escravo estaba a mercede do seu amo, que non
tiña máis que dous límites:
O amo non podía matalo, e se o facía era xulgado no Paladion, aínda que a pena non solía ir
mais alá dunha multa.
O escravo podía buscar refuxio no santuario das Erínias ou no de Teseu e podía pedir ser
vendido a outro amo.

Non posuía dereitos xurídicos: non pode ter ningún ben (teoría), non poderá casar sen o
consentimento do propietario. Non tiña dereitos políticos pero podía formar parte das grandes
festas relixiosas ou ser iniciado nos misterios. Estaban excluídos dos tribunais e non podían
testemuñar, e o seu testemuño non tiña valor ningún se non foi obtido por tortura.

Ora, todo o dito ten matices. Por exemplo: algún escravos non vivían baixo a continua
vixilancia do seu amo, senón que tiñan unha vivenda propia onde eles traballaban para o amo
dándolle unha parte fixa dos seus ingresos. Tales escravos de feito sí tiñan bens, cos cais
podían comprar a súa libertade. Outro caso é o do escravo que é capitán dun barco, que fai
contratos con libres e que áinda empresta 1000 dracmas a un dos mercadores que están no seu
barco.

Non é o mesmo os escravos das minas de Laurión que os barqueiros, capataces de obra ou
administradores das propiedades do seu amo.

Os escravos non serven como soldados, mais fanno en calidade de auxiliares, escudeiros.
Unha gran parte dos remeiros eran escravos. Como grupo non eran homoxéneos, e non existía
solidariedade entre eles, pois a situación é variabel e hai disparidade de orixes.

Procedencia: importados. Sabemos que había un mercado de escravos no ágora e que as taxas
de importación de escravos era unha parte importante dos ingresos do estado. A maior parte
prisioneiros de guerra. Nunha guerra entre 2 cidades gregas era normal que os prisioneiros
fosen rescatados pola súa familia ou os seus amigos (a comezo do s. V soía ser de 200
dracmas). Non obstante, cando se saqueaba unha cidade non era raro que todos os seus
habitantes fosen vendidos como escravos. Cando a guerra era contra os bárbaros, rara vez
había rescate. O normal era que fosen vendidos.

O estado posuía escravos, un no apreciable deles. Había 3 grupos: os asistentes dos


maxistrados, os que eran obreiros e os “taxotai” escritas.
As mulleres:

As mulleres atenienses exercían o poder e obtiñan o estatus tanto na vida privada como na
pública polos seus roles centrais na familia e na relixión, respectivamente. As mulleres no
ámbito político, están ausentes, e as súas contribucións á cidade poden ser pasadas por alto
polos homes. As mulleres atenienses contribuían á polis exercendo públicamente como
sacerdotisas e privadamente criando fillos lexítimos, os futuros cidadáns da cidade, e servindo
como xestoras da propiedade da casa.

Esperábase que unha muller da clase propietaria evitase frecuentes ou cercanos contactos con
homes que non eran membros da súa familia ou do seu círculo de homes. O mais normal é
que estiveran nas súas casas ou de amigas. O patio central solía estar con mulleres. Aos
visitantes masculinos de fora da familia estáballes prohibido entrar nas habitacións dunha
casa destinadas ao espazo femenino, o que non significaba que as mulleres estivesen
confinadas a estas áreas. Eran as áreas nas que executaban as súas actividades.

As mulleres aristocráticas non serán suxeitas a este encarceramento. As mulleres pobres tiñan
moito menos tempo para as actividades domésticas pq tiñan que deixar as súas casas para
traballar. Dunha muller acomodada esperábase que só saíse por razón apropiadas. Felizmente
había moitas destas: festas relixiosas, funerais, nacementos en casas de parentes ou amigas,
visitas a tendas. Pola reclusión característica das mulleres de estatus elevado, a palidez
convertiuse nun signo de status envexábel, e se non lograban ser suficientemente brancas
recurríase ao maquillaxe.

Un debate que existe nos estudos helénicos é se realmente había mulleres cidadáns. Hai toda
unha serie de autores que asinalan que a muller carece de algún aspectos que consideran
fundamentais no status de cidadán: Carecen de capacidade para acudir aos tribunais: cousa
extraña porque as metecas sí tiñan capacidade para acudir aos tribunais, e non ten dereito á
propiedade da terra. N. O., as mulleres están contadas entre os grupos dos astoi (os cidadáns),
delas depende desde o 451 a concesión da cidadanía, xa que se esixe en Atenas ser fillo de
cidadán e cidadá para poder ser considerado cidadán ateniense. En moitos aspectos estaba
protexida do mesmo xeito que os homes, p ex, a muller cidadá era xulgada dos mesmos xeitos
nos tribunais que o homes.

Unha muller ateniense tiña o mesmo estatuto que un ateniense porque estaba protexido polas
mesmas normas que os de un cidadán:
· Non podía ser escravizada en Atenas.
· Non podía ser torturada para dar probas.
· O asesinato dunha muller cidadá era xulgado cos mesmos procedementos e nos mesmos
tribunais que no caso dun home ateniense.
​ O TEATRO

​ Unha das características culturais da Atenas do s. V é o teatro. O teatro non era un fenómeno
meramente de entreteñemento, senón que era un fenómeno relixioso. Nace no contexto dun
festival relixioso, as Grandes Dionisíacas, e era durante a súa celebración cando en Atenas se
facían as representacións.

​ O teatro estaba xunto ao templo Dionísio, e na orquesta había un altar no que se facía un
sacrificio antes de comezar as representacións. Para estas festas, os maxistrados de Atenas
elexían a 3 autores para representar 4 obras de teatro cada un cada día: 3 eran traxedias e unha
era unha sátira.

​ As traxedias se compuñan en versos cunha linguaxe elevada, e solene, e frecuentemente


baseábanse en historias sobre as consecuencias violentas da interacción entre os homes e os
deuses. A historia remataba con unha resolución do problema tras considerable sufrimento e
derramamento de sangue.

​ Para asegurar o xogo limpo, todas as traxedias tiñan o reparto de igual tamaño, 3 actores para
representar tods os papeis parlantes, fosen de homes e de mulleres, e 15 membros do coro. As
representacións tiñan unha asistencia masiva, dunhas 13.000 ou 14.000 persoas. A xente
levaba comida.

​ “Theorikon”: subsidio da cidade á asistencia ao teatro. T


​ EATRO: ESQUILO
-Esquilo, xeración de Maraton e Salamina.
​ -Algunhas das súas obras aluden a problemas contemporáneos: “Os persas”, a Orestíada.
​ -As súas personaxes colectivas, encarnados nos coros, revelan tamén a importancia que ten os
aspectos comunitarios sobre os meramente individuais.


​ TEATRO: SÓFOCLES
​ -Fue un poeta trágico de la Antigua Grecia. Autor de obras como Antígona o Edipo Rey, se
sitúa, junto con Esquilo y Eurípides, entre las figuras más destacadas de la tragedia griega. De
toda su producción literaria sólo se conservan siete tragedias completas que son de
importancia capital para el género.
​ -Interese nos grandes problemas da existencia humana. A loita do home contra un destino
inintelixible era un tema repetido.
​ -Os deuses tamén están omnipresentes, e a final acaba impóndose un sentimento profundo da
omnipotencia divina, a pesar da simpatía dos seus heróis rebeldes.
​ TEATRO: EURÍPIDES
​ -Fue uno de los tres grandes poetas trágicos griegos de la antigüedad, junto con Esquilo y
Sófocles.
​ -Os grandes ideais cívicos deixaron paso a custións de carácter máis individualista.
-Irracional.
​ -A doutrina cívica e moral dos anteriores está ausente de Eurípides.
​ -Só lle interesaban a busca e análise das cuestión, non a súa resolución definitiva.

​ SOFISTAS

​ Eran profesores intinerantes de educación superior. Sofista significa “experto ou sabio”. A
partir do século V, acaba aplicándoselle a uns grupos de persoas que viaxaban dando
conferencias e educación nun aspecto amplio de temas. Non había organización de sofistas,
nin existen un conxunto común de sofistas. As materias que trataban foron: a popularización
da filosofía natural xonia, as matemáticas, a historia, a xeografía e a antropoloxía
especulativa. Entre eles: Hippias e Protágoras. Os sofistas foron pioneiros no estudio das
técnicas de persuasión e debate, estudio da linguaxe, incluida a gramática, pasando pola
crítica literaria e pola semántica. Protágoras foi o primeiro en escribir un manual de técnica
de debate. Os sofistas en Atenas suscitaron fortes reaccións, tanto positivas como negativas.
Entre as positivas, as (...) de gran éxito dalgúns sofistas, da un indicio considerábel da súa
demanda, sobre todo, dos aspirantes a políticos. Entre as negativas, foron considerados como
supresores da moralidade e da relixión. En realidade, varios sofistas, someteron á moral o
encontro, así, Protágoras mantiña unhas ideas relativistas, seguir as (...), a verdade ou non das
creencias dependen das (...) que suman. Platón di que había sofistas todavía mais relativistas
como Trasímaco e Caristes. Ver ou considerar todos os sofistas que compartían unha visión
escéptica ou radical é simplificalo. Hippias mantiña a doctrina tradicional de que había leis
naturais, iguais para todos os pobos, mentres Protágoras insistía en que os sofistas eran
completan unhas simples (...) tradiciones e simpatizantes (...). A maior parte dos escritos dos
sofistas se perderon, coñecemolas a través doutros autores como Platón, mais este é hostil ós
sofistas, porque Platón cría que as sospeitas que atribuían ós sofistas contribuia da
profundidade dos sofistas fosen os culpables da morte de Sócrates.

You might also like