You are on page 1of 1

MODELO DE COMPOSICIÓN 1: A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA (ABDICACIÓNS E OCUPACIÓN

NAPOLEÓNICA)*

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a crise da monarquía absoluta de Carlos IV. deberá
contextualizar a crise da monarquía absoluta española no reinado de Carlos IV, facendo referencia aos problemas económicos,
políticos e sociais que o caracterizan, así como ao impacto da Revolución Francesa sobre o mesmo. Explicar o proceso de
abdicacións en Baiona e demostrar que coñece as repercusións da ocupación napoleónica tanto na súa vertente política –
goberno francés/Xuntas revolucionarias– como militar –guerra, pero sen entrar no desenvolvemento da mesma–.Lembra que
non se trata de elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes referirte aos seus contidos ao longo da túa
redacción.
Doc.1: Tratado de Fontainebleau (27 de Outubro de 1807):
Art.1. A provincia de Entre-Douro-e-Miño coa cidade de Porto darase en toda propiedade e soberanía de S.M. ao rei de Etruria
co título de rei da Lusitania Setentrional.
Art.2. A provincia do Alentexo e o reino dos Algarves se darán en toda propiedade e soberanía ao Príncipe da Paz [Godoy], para
que as goce co título de príncipe dos Algarves.
Art.3. As provincias de Beira, Tras-os-Montes e a Estremadura portuguesa quedarán en depósito ata a paz xeral, para dispor
delas segundo as circunstancias e segundo conveña ás dúas altas partes contratantes. (...)
Art.13. As dúas altas partes contratantes entenderanse para facer un repartimento igual das illas, colonias e outras propiedades
ultramarinas de Portugal.
Doc.2: Anónimo atopado por Carlos IV no seu escritorio (28 de outubro de 1807):
O príncipe Fernando prepara un movemento en Palacio: a coroa de V.M. periga: a raíña María Luísa corre o risco de morrer
envelenada: urxe impedir tales intentos sen perder un instante: o vasalo fiel que dá este aviso non está en posición nin en
circunstancias para poder cumprir doutra maneira os seus deberes.
Doc.3: Decreto de abdicación promulgado por Carlos IV tralo motín de Aranjuez (19 de marzo de 1808):
Como os achaques de que adoezo non me permiten soportar por máis tempo o grande peso do goberno dos meus reinos, e
cómpre para reparar a miña saúde, gozar dun clima máis temperado e da tranquilidade da vida privada, determinei despois da
máis seria deliberación, abdicar a miña coroa no meu herdeiro e moi caro fillo o príncipe de Asturias. Polo tanto é a miña vontade
que sexa recoñecido e obedecido como rei e señor natural de todos os meus reinos e dominios.
Doc. 4: Proclama aos españois de Napoleón Bonaparte en Baiona (25 de marzo de 1808):
Españois: despois dunha longa agonía, a vosa nación ía perecer. Vin os vosos males e vou remedialos (...). Os vosos príncipes
cedéronme todos os seus dereitos á coroa das Españas; Eu non quero reinar nas vosas provincias; pero quero adquirir dereitos
eternos do amor e do recoñecemento da vosa posteridade.
A vosa monarquía é vella: a miña misión diríxese a renovala; mellorarei as vosas institucións, e fareivos gozar dos beneficios
dunha reforma sen que experimentedes quebrantos, desordes e convulsións. (...) Depoñerei todos os meus dereitos, e colocarei
a vosa gloriosa coroa na cabeza doutro (...) que concilie a santa e saudable autoridade do Soberano coas liberdades e privilexios
do pobo. Españois: acordádevos do que chegaron a ser os vosos pais, e mirade a que chegastes. Non é vosa a culpa, senón do
mal goberno que vos rexía. Tende suma esperanza e confianza nas circunstancias actuais; pois eu quero que a miña memoria
chegue ata os vosos últimos netos e que exclamen: É o rexenerador da nosa patria.
Doc. 5: Carta da Xunta Central do Principado de Asturias ao rei Xurxo III de Gran Bretaña (26 de maio de 1808):
O Principado de Asturias, reunido na Xunta Xeral de representantes, en quen reside toda a soberanía polas particulares
circunstancias (...), antes de caer na escravitude dun conquistador (...) e animado coa dor de ver nas cadeas dun tirano violador
de todos os dereitos ao seu desgraciado rei Fernando VII e demais familia real, tomou neste día valorosamente as armas na súa
defensa para recobrar a monarquía, cando non poidan as súas persoas (...). Acude, pois, o Principado, por medio dos seus
deputados con plenos poderes, a solicitar da V.M. os auxilios oportunos na presente situación.
Doc. 6: Regulamento das Partidas e Cuadrillas realizado pola Xunta Suprema Central Gobernativa de España e Indias
(28 de decembro de 1808):
I. Cada Partida constará de 50 homes de a cabalo, pouco máis ou menos, e doutros tantos a pé, que montarán xuntos en caso
necesario. (...)
V. Cada Partida terá un xefe co título de comandante (...).
XIV. A elección de armas que han de usar déixase ao arbitrio de cada comandante (...). En cuanto ao traxe, cada cal levará o
que teña, polo menos por agora.
XV. Será seu o botín do inimigo que vencesen por si mesmos ou apresasen como diñeiro, xoias e roupas que lle encontren
encima ou tomen en equipaxes ou recuas e repartirano entre si (...).
XXII. O exercicio dos partidarios será interceptar as Partidas do inimigo (..), impedir que entren nos pobos (...), incomodalos nas
súas marchas con tiroteos desde as paraxes axeitadas (...).
XXIII. Cando se crea conveniente reuniranse dúas, tres ou máis partidas para impedir ou (...) interceptar os convois ou alarmalos
con ataques falsos, especialmente polas noites, coa fin de non deixalos descansar.

*NO MODELO DE ABAU SÓ DISPOREDES DE 3 DOCUMENTOS PARA ELABORAR A COMPOSICIÓN

You might also like