You are on page 1of 2

Benqueridas familias:

Despois dun verán que agardamos fose moi feliz e reparador, iniciamos un novo curso
con moita ilusión e alegría de volver soñar xuntos.
Detallamos aquí embaixo algúns aspectos organizativos deste curso.
Nas reunións de familias programadas, das que vos damos conta embaixo, farémosvos
chegar outras datas importantes como as de avaliacións, convivencias e actividades
complementarias.
No entanto, non dubidedes en poñervos en contacto con nós para resolver calqueira
cuestión que poida xurdir, no correo xefaturaeso@salesianosvigo.es
Todo o persoal do Centro dámosvos a benvida e esperámosvos cos brazos ben abertos.

1.- REUNIÓNS DE FAMILIAS


● 1º ESO: o día 11 de setembro, ás 19:00, verémonos na Aula Magna, á que se
accede pola porta de Infantil, situada na rúa Taboada Leal. .
● 2º, 3º e 4º ESO: o día 19 de setembro, ás 19h, no Cine Salesianos, na rúa
Venezuela.
● 1º e 2º de Bacharelato: o día 20 de setembro, ás 19h, no Cine Salesianos, na rúa
Venezuela.

2.- COMEZO DO CURSO


Comezaremos as clases o vindeiro luns, 11 de setembro, ás 11:30. Excepcionalmente,
tanto ESO como Bacharelato entrará pola porta da rúa Venezuela. A partir do día 12 de
setembro:
● ESO accede pola porta da rúa Venezuela.
● Bacharelato entra pola rúa Taboada Leal. A porta está situada ao carón do do
portalón do garaxe.
A xornada rematará ás 14:25.

RÚA VENEZUELA, 7 | VIGO | 36203 | WWW.SALESIANOSVIGO.ES


3.- HORARIOS
Horarios de setembro e xuño
• ESO: de 8:45 a 14:25. A porta abrirase de 8:35 a 8:43.

• Bacharelato:

• Luns, martes, xoves e venres: de 8:45 a 14:25. A porta abrirase de 8:35 a 8:43.

• Mércores: de 8:45 a 15:15. A porta abrirase de 8:35 a 8:43.

Horario de outubro a maio


• ESO:

• Mañás: de 8:45 a 14:25. A porta abrirase de 8:35 a 8:43.


• Luns á tarde: de 16:00 a 17:40. A porta abrirase de 15:52 a 15:58

• Bacharelato:

• Luns, martes, xoves e venres: de 8:45 a 14:25. A porta abrirase de 8:35 a 8:43.

• Mércores: de 8:45 a 15:15. A porta abrirase de 8:35 a 8:43.

• Luns á tarde: de 16:00 a 17:40. A porta abrirase de 15:52 a 15:58.

4.- SECRETARÍA e ADMINISTRACIÓN atenden tanto presencialmente (podedes atopar


os horarios na páxina web) e por vía telemática, nos corrreos:
secretaria@salesianosvigo.es
administracion@salesianosvigo.es

De novo, recibide un afectuoso saúdo no nome de todo o equipo docente de ESO e


Bacharelato.
Susana Piñeiro Paz,

Xefa de Estudos de ESO e Bacharelato.

RÚA VENEZUELA, 7 | VIGO | 36203 | WWW.SALESIANOSVIGO.ES

You might also like