You are on page 1of 3

Rúa da Escola, s/n

36450 Salvaterra (San Lourenzo)


886110717 886110720
ceip.infante.felipe@edu.xunta.gal
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
36008751

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E


MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 22 de maio ao 21 de xuño de 2022

NORMATIVA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf

FORMAS DE PRESENTACIÓN:
- Telemática: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario
normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros
(https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal.
- Presencial: En horario de 10:00 a 11:00 e de 12:00 a 13.00 sen necesidade de pedir cita. Para
facilitar a entrega de documentación podedes solicitar que lle entreguemos as solicitudes ao
alumnado no teléfono 886 110 716 ou o poden solicitar directamente en secretaría e entregalo
cuberto e asinado nos seguintes días, sen necesidade de acudir os proxenitores ao centro, entregando
os Anexos e as fotocopias da documentación requirida.

Debido á posible falta de persoal administrativo no centro e ao non saber cando se asignará persoal
substituto, recomendamos ás familias presentar as solicitudes antes do 5 de xuño, para facilitar a
correcta organización do centro.

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR O FORMULARIO: (cubrirase un formulario por familia)

Datos da persoa solicitante: Pai/nai/titor(a) legal do alumnado que conviva con este.
Datos do alumnado: Alumnado admitido nos cursos de 1º a 6º de Educación Primaria no curso 2023/2024 no CEIP Infante
Felipe de Borbón.
Membros computables da unidade familiar: restantes membros da unidade familiar que non figuren na primeira páxina da
solicitude.
Comprobación de datos: Marcar se autoriza a consulta dos datos da renda na última casiña.
Sinatura da persoa solicitante: Sinatura do pai/nai/titor(a) legal que apareza na primeira páxina da solicitude.
Anexo II: Todos os membros da unidade familiar excepto o solicitante, incluído o alumnado para o que se solicite a axuda.
No caso de menores de idade deberá asinar o pai, nai ou titor/a, NUNCA o menor de idade.
Hai que cubrir e asinar os dous cadros de comprobación de datos para autorizar a consulta de DNI e datos da renda, ademais
da situación de discapacidade, de ser o caso.
Se a unidade familiar está composta por máis de catro membros se cubrirán tantos Anexo II como sexan necesarios.
Xunto coa solicitude deberá achegarse o libro de familia e, se este non reflicte a situación familiar a 31/12/2021 achegarase
a documentación precisa (resolución xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador, certificado de discapacidade se
NON está recoñecida pola Xunta, etc.)
En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2021, agás
cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas
proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
As familias deberán traer a fotocopia da documentación esixida o día da presentación no centro, ademais da solicitude
(Anexos I e II) cuberta e asinada polos membros da unidade familiar.
No caso de realizar a presentación telemática, deben escanear o anexo II correctamente asinado e axuntalo.
Rúa da Escola, s/n
36450 Salvaterra (San Lourenzo)
886110717 886110720
ceip.infante.felipe@edu.xunta.gal
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Resumo do fondo de libros e das axudas: Renda per cápita familiar 2021
Suma das casiñas 435 e 460 da declaración dividida entre o nº de
membros da unidade familiar
> 6000€ > 6000€
≤ 6000€ ≤ 6000€
≤ 10.000€ ≤ 10.000€

Libros de texto Material

1º e 2º Educación Primaria 240 € 160 €


3º a 6º Educación Primaria 6 libros 4 libros 75 € 60 €
Alumnado con NEAE 240 € 160 €
Alumnado tutelado pola Xunta 240€ ou 6 libros
75 €
Discapacidade ≥ 65% e Ed. Especial 300€

(1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.
(2) O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % que non empregue os libros de texto do curso en que estea
matriculado ou con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda da orde, poderá
adquirir os libros doutros cursos ou o material específico que determine o centro docente
(3) O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de
texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros axeitados no fondo solidario en ningún curso, o
centro expediralle un vale, co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente
determine (Disposición adicional 2ª).
Esta situación deberá acreditarse cun informe do centro onde se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o
alumno e a imposibilidade de empregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa
solicitude.
Rúa da Escola, s/n
36450 Salvaterra (San Lourenzo)
886110717 886110720
ceip.infante.felipe@edu.xunta.gal
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

PRAZOS

Presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 21 de xuño, ambos incluídos, en horario de 10:00 a 11:00 e de 12:00 a 13.00 sen
necesidade de pedir cita. Para facilitar a entrega de documentación podedes solicitar que lle entreguemos as solicitudes ao
alumnado no teléfono 886 110 716 ou o poden solicitar directamente en secretaría e entregalo cuberto e asinado nos seguintes días,
sen necesidade de acudir os proxenitores ao centro, entregando as fotocopias da documentación requirida. O día 23 de maio
recolleranse solicitudes en horario de tarde, de 16:30 a 18:00 horas, só con cita previa. Debido á posible falta de persoal
administrativo no centro e ao non saber cando se asignará persoal substituto, recomendamos ás familias presentar as solicitudes
antes do 5 de xuño, para facilitar a correcta organización do centro.

O alumnado trasladado desde centros de fóra de Galicia ou privados non concertados terá un mes desde a data de formalización de
matrícula, que deberá ser anterior ao 31 de marzo de 2024 en todo caso.

Devolución dos libros do curso 2022/2023: Para evitar aglomeracións establécense diferentes horarios para a entrega de libros. As
familias con alumnado en diferentes cursos poderá traer os libros de todos os alumnos no mesmo día. Pregamos cumpran o horario
establecido.

 Alumnado 3º Ed. Primaria: 8 e 9 de xuño de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30

 Alumnado 4º Ed. Primaria: 7 de xuño de 09:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30

 Alumnado 5º Ed. Primaria: 8 e 9 de xuño de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30

 Alumnado 6º Ed. Primaria: 7 de xuño de 09:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30

You might also like