You are on page 1of 13

IV CONGRESO

EDUCODS2030
CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI
IINTRODUCIÓN..........................4

OBXECTIVOS..............................5

DÍAS E UBICACIÓNS...................6

NECESIDADES............................8

PARTICIPANTES.........................9

ORGANIZACIÓN CEIP Nº1...........12

ÍNDICE
INTRODUCCIÓN
O noso centro caracterízase polo traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial, por iso, desde hai dous
cursos o noso centro celebra un Congreso Educativo sobre a importancia de concienciar e crear unha
comunidade comprometida coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Un dos principais obxectivos da realización deste congreso é fomentar o papel activo do alumnado ante os
desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro, e que poidan servir de bo
exemplo, tanto para o propio centro como para o resto da comunidade educativa galega.

A escola debe dar resposta aos retos de carácter global como a igualdade de xénero e a coeducación, a
competencia dixital, o recoñecemento dos dereitos da infancia, a promoción da saúde, a educación
intercultural ou a transición ecolóxica... e, dende a nosa pequena escola, cremos que é o momento de implicar
ao concello para crear algo máis grande que implique a toda a comunidade galega e así darlle máis difusión e
repercusión.

Durante o curso 2020-21 o centro realizou o seu primeiro congreso durante a pandemia. O congreso durou
catro días para que a comunidade educativa entrara ao recinto de xeito máis ordenado evitando aglomeracións.
O congreso realizouse de mañá en horario de 10:00 a 12:00 horas e un día de tarde acompañámolo coa
realización dunha xornada inclusiva con charlas e formacións con distintos expertos relacionados coa
educación inclusiva.
Debido ao éxito deste primeiro congreso e coa premisa de seguir traballando a prol dunha educación de
calidade e inclusiva vinculada ás necesidades da sociedade actual decidimos darlle continuidade a este
congreso, así durante o curso 2021-22 organizamos o II Congreso educativo dos ODS. Nel abrimos o centro e
invitamos a outros centros educativos a visitarnos e participar dos distintos stands onde o noso alumnado foi
anfitrión. Continuando neste camiño, o curso pasado 2022-23 o Congreso medrou e transformouse en
EDUCODS 2030 onde os centros que viñeran o ano anterior de visita colocaron os seus stands co seu
alumnado, así viñeron centros de Pontevedra, Vigo, Mos, Porriño e Tui e participaron activamente. Tamén
convidamos a poñer stands a Revitaliza, Afaga e Aldeas Infantís.
Este ano queremos seguir avanzando neste camiño tan importante, involucrando cada vez a máis xente para
que xuntos creemos unha sociedade concienciada e involucrada co cambio.
OBXECTIVOS
Dar a coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Tomar conciencia dos problemas mundiais actuais.

Concienciar da importancia dun cambio urxente.

Fomentar hábitos máis sostibles relacionadas cos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Visibilizar accións e boas prácticas que realizan os centros educativos galegos.

Establecer relacións importantes entre o consumo, o medio ambiente e o cambio climático.

Fomentar o respecto polos animais como seres sensibles.

Transformar a sociedade actual para garantir un futuro.

Reivindicar os dereitos humanos e os dereitos da infancia.

Fomentar unha mobilidade activa e sostible.

Garantir unha vida digna para todas as persoas prestando atención as necesidades das comunidades
desfavorecidas.

Avanzar na igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e nenas.

Traballar en equipo para mellorar como comunidade.

Compartir reflexións e puntos de vista a través de mesas redondas sobre os problemas sociais actuais.

Dotar a sociedade futura de ferramentas para afrontar as problemáticas futuras e crear unha sociedade
resiliente.
DÍAS E UBICACIÓNS
MARTES 4 de xuño
MÉRCORES 5 de xuño
XOVES 6 de xuño
VENRES 7 de xuño
HORARIO DE 10: 30 A 13:30 HORAS
TARDE DE 17:30 A 19:30 HORAS

CORREDOIRA
SEMINARIO
ÁREA PANORÁMICA
MARTES 4
ÁS 10:00 HORAS INAUGURACIÓN
A CARGO DO ALUMNADO E DO ALCALDE
ÁS 10:30 HORAS VISITA DE STANDS

VENRES 7
ÁS 10:30 ENCONTRO DE CARRILANAS
STANS DO ALUMNADO DE INFANTIL
ÁS 13:30 HORAS CLAUSURA
A CARGO DO ALUMNADO E A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN

ACTIVIDADES DE MAÑÁ:

STANDS DOS CENTROS EDUCATIVOS DO MARTES AO XOVES

STANDS DE ONG, ASOCIACIÓNS, COMUNIDADES DE MONTES...

PUNTO DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA SOS TOMIÑO


ACTIVIDADES DE TARDE:

MARTES 4: Lugar Paseo da Corredoira

CHARLA PLAN REVITALIZA


CONTACONTOS

MÉRCORES 5 : Lugar Área Panorámica

XORNADA EDUCATIVA "Por unha educación de calidade inclusiva"

XOVES 6: Lugar Paseo da Corredoira


CORO PAZOS DE REIS
MESA REDONDA
CONCERTO
NECESIDADES
TRANSPORTE DO MATERIAL DENDE OS CENTROS DE TUI A CORREDOIRA.
GARDA DE SEGURIDADE PARA COIDAR O MATERIALNAS HORAS QUE NON
ESTÁ A RAPAZADA NOS STANDS.
VALADO PARA DELIMITAR A ZONA
PUBLICIDADE
COLABORACIÓN RMTUI
ESCENARIO CON MEGAFONÍA
POSTOS
TRANSPORTE PARA OS CENTROS PARTICIPANTES
MERENDA PARA OS CENTROS PARTICIPANTES
COLABORACIÓN PROTECCIÓN CIVIL, POLICÍA LOCAL E AMBULANCIA
PUNTOS DE ELECTRICIDADE PARA OS POSTOS
TOLDOS E CARPAS EN CASO DE MOITO SOL OU CHOIVA
PUNTOS DE RECOLLIDA DE LIXO
VOLUNTARIADO FAMILIAS
CADEIRAS
OPCIÓN DE ACCESO A BAÑOS DA OFICINA DE TURISMO E SEMINARIO
PARTICIPANTES
CEIP PLURILINGÜE Nº1
CEIP PAZOS DE REIS
IES SAN PAIO
CEIP PLURILINGÜE Nº2
IES VALADARES
CEIP REIGOSA
CEIP COUTADA BEADE
CEIP RIBEIRA
CEIP DA CRUZ
CEIP MESTRE GOLDAR
CPR ANDERSEN AUGALONGA
CEE DE PANXÓN
CEIP PEDRO CASELLES
CEIP DE TEBRA
EEI GÁNDARA
CEIP ANTONIO BLANCO RODRÍGUEZ (COVELO)
ACEESCA
CPR MONTERREY
CEE JUAN MARÍA
CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO
IES PEDRO FLORIANI (REDONDELA)

Cada centro recibirá unha solicitude de participación onde presentará a súa experiencia para o congreso incluíndo: título, curso,
nº de alumnado, ODS relacionadas e necesidades.
Ademais, invitaremos a outros centros a visitarnos e gozar da experiencia.
ORGANIZACIÓN CEIP Nº1
PRIMARIA: DÍA 4, 5, 6 E 7 DE XUÑO

INFANTIL: DÍA 4, 5, 6 E 7 DE XUÑO


MARTES: VISITA Á INAUGURACIÓN

MÉRCORES: VISITA AOS STANDS 4º DE INFANTIL CON 4º DE PRIMARIA

XOVES: VISITA AOS STANDS 5º DE INFANTIL CON 5º DE PRIMARIA


VISITA AOS STANDS 6º DE INFANTIL CON 6º DE PRIMARIA

VENRES: STANDS DE INFANTIL E VISITA POR QUENDAS Á XUNTANZA DE CARRILANAS


4ºEI, 3º e 4º visita

DÍA 1 - MARTES 4 XUÑO DÍA 2 - MÉRCORES 5 XUÑO

1º e 2º visita
3º e 4º 1º e 2º

Infantil:
visita a inauguración 5º e 6º 5º e 6º

DÍA 3 - XOVES 6 XUÑO DÍA 4- VENRES 6 DE XUÑO

1º e 2º INFANTIL CEIP Nº2


+
Encontro de
3º e 4º carrilanas

5º EI, 6º EI, 5º e 6º visita


CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI

You might also like