You are on page 1of 119

PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

PROGRAMACIÓN XERAL
ANUAL
CURSO 2018 – 2019

CEIP AMARO
REFOJO
(VERÍN)
1
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Índice

1. DATOS XERAIS DO CENTRO PÁX. 3

1.1.DOCUMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CENTRO (DOC) PÁX. 3

2. OBXECTIVOS XERAIS PÁX. 13

2.1.PLAN DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PÁX. 16

2.2.PLAN ANUAL DE LECTURA PÁX. 34

2.3.PLAN ANUAL DE ACT. COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PÁX. 49

2.4.PLAN DE CONVIVENCIA PÁX. 51

2.5.PLAN DE ACCIÓN TITORIAL PÁX. 67

2.6.PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PÁX. 71

2.7. PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN PÁX. 92

2.8. PLAN DAS TICs PÁX.110

3.MEDIDAS QUE SE DESENVOLVERÁN PARA A SÚA CONSECUCIÓN PÁX.114

3.1. COORDINACIÓN HORIZONTAL PÁX.114

3.2. COORDINACIÓN VERTICAL PÁX.114

3.3. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PÁX.114

3.4.RELACIÓN COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO PÁX.115

3.5.REVISIÓN DO P.E. PÁX.115

3.6. MEDIDAS DE MELLORA PÁX.115

4. HORARIO XERAL DO CENTRO PÁX.116

4.1. HORARIO LECTIVO PÁX.116

4.2. CRITERIOS PEDAGÓXICOS PARA A SÚA CONTINUIDADE PÁX.116

4.3. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICOPOLO EQUIPO DIRECTIVO PÁX. 116


4.4. HORAS DOUTRAS ACTIVIDADES PRESENCIAIS NON FIXAS PÁX. 117
4.5. DÍAS NON LECTIVOS PARA O PRESENTE CURSO PÁX.117
4.6. REPERCUSIÓNS DO PROXECTO LECTOR PÁX.118
2
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
1. DATOS XERAIS DO CENTRO

Denominación: C.E.I.P. Amaro Refojo

Titularidade: Público

Nº código de centro: 32015797

Municipio (Localidade): Verín

CP: 32600

Tfno: 988 411425

Fax: 988411425

Enderezo: Rúa Irmáns Fernández Álvarez,1

Provincia: Ourense

Enderezo electrónico: ceip.amaro.refojo@edu.xunta.es

Páxina Web: http:// www.edu.xunta.es/centros/ceipamarorefojo/

1.1. DOCUMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CENTRO (DOC)

A. ESTRUTURA ORGÁNICA DO CENTRO

Equipo directivo

Director: Ricardo Rodríguez Álvarez

Xefe de estudos: José Manuel Piñeiro Vidal

Secretaria: Mª José González Veloso

Consello Escolar

A composición no momento actual é a seguinte:

 Equipo directivo: Xa mencionado no punto anterior.

 Representantes do profesorado:

- Mª Eugenia Diz Cid

- Mª Teresa Pérez Álvarez

3
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

- Carlos Santamarina Núñez

 Representantes dos pais:

- Mª del Carmen Sola Pérez

- Elvira Prieto Fernández

 Representante do Concello:

- Diego Lourenzo Moura.

 Representante do persoal non docente:

- Álvaro Ferreira Diéguez

B. ADSCRICIÓN DO PROFESORADO

●EDUCACIÓN INFANTIL

 Eva Pena Álvarez (4º E.I. A )


 Marina Pérez Rivero (4º E.I. B )

 Mª Belinda Vaz Barreal ( 5º E.I. A )


 Mª del Carmen Novoa Luis (5º E.I. B )
 Manuela Cid Montero (6º E.I. A )
 Olga Vieito Plaza (Substituta de Mª Sandra Prieto Ceñal (6º E.I. B )
 Mª Eugenia Diz Cid ( Apoio nas aulas e substitucións cando falta algunha profesora).
 Mª José González Veloso ( Apoio nas aulas e substitucións cando falta algunha
profesora).

4
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

*Imparten docencia ademais nesta etapa os profesores de : Inglés ,Patricia Doval Rodríguez;
Relixión, Carlos Sánchez Moura e Psicomotricidade e Atención Educativa,Raquel Domínguez
Fernández (Substituta de Mª Teresa Pérez Álvarez)

●EDUCACIÓN PRIMARIA

 Patricia Doval Rodríguez (1º A)

 Paula Salgado López (1º B)

 Elena Mª Iglesias Alonso (2º A)

 Cristina López Álvarez (2º B)

 Sandra Basalo González (3º A)

 Judit Puente-Dodd Fernández (3º B)

 Carlos Santamarina Núñez (4º A)

 Mª Pilar Filloy Colmeiro (4º B)

 Ricardo Rodríguez Álvarez (5º A)

 Jessica Papa Rodríguez (5º B)

 José Manuel Piñeiro Vidal (6º A)

 Mercedes Fernández Alonso (6º B)

●ESPECIALISTAS

 Francisco Javier Guede García (E. Física )

 Carlos Santamarina Núñez (E. Física )

 Natividad Rivero Guerra (Inglés)

 Ana Mª Calvo Cendán (Inglés)

 Eduardo Xosé Cabrera Paradela (Música)

5
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 Ana Carballo Fernandes ( AL )

 Estela Cid Núñez ( AL )

 María Fernández Alonso (Pedagoxía Terapéutica)

 Carlos Sánchez Moura (Relixión Católica)

 XEFE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 Francisco Danta Gago

 REPARTO DE ÁREAS

Educación Física

- Carlos Santamarina Núñez.- Educación Física en 1º e 2º e Matemáticas,L.Galega,L.


Castelá en 4º A (Titor).

- Francisco Javier Guede García.- Educación Física en 3º, 4º , 5º e 6º de E.P., Ciencias


da Natureza, e Lingua Castelá e Literatura en 6º A.

Inglés

- Patricia Doval Rodríguez: 2º ciclo de Educación Infantil e Matemáticas,L.


Castelá,CCs Sociais e CCs Naturais en 1ºA (Titoría 1ºA).

- Natividad Rivero Guerra.- Inglés en 4º, 5ºB e 6º e Seccións Bilingües en 4º,5º e


6º de Educación Primaria.

- Ana Mª Calvo Cendán.- Inglés en 1º,2º e 3º de E. Primaria e Seccións Bilingües


en 1º,2º e 3º de E. Primaria.

- Ricardo Rodríguez Álvarez.- Matemáticas ,Sociais ,Naturais , L.Castelá e Inglés


en 5ºA (Titor 5ºA) e Dirección

Relixión Católica

- Carlos Sanchez Moura Ed. Infantil e Ed. Primaria ao completo.

6
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Educación Musical.-

Eduardo Xosé Cabrera Paradela.- Ed. Musical en toda E.P. e Valores en 1º,3º,4ºB,5º e 6ºB.

Outras.-

Raquel Domínguez Fernández.- L. Galega en 1ºA; Valores en 2º e 4ºA e Apoio e Atención


Educativa en E. Infantil (Substitúe a Mª Teresa Pérez Álvarez).

Ana Carballo Fernandes.- CCs Sociais e CCs da Natureza en 4ºA.

José Manuel Piñeiro Vidal.- Matemáticas,L. Galega,CCs Sociais e Valores en 6ºA (Titor) e
L. Galega en 5ºA e Xefatura de Estudos.

• COORDINACIÓNS
 Educación Infantil: Mª Belinda Vaz Barreal .
 Actividades Complementarias e Extraescolares: Francisco Javier Guede García.
 TICs e Abalar : José Manuel Piñeiro Vidal.
 Normalización Lingüística: Ana Mª Calvo Cendán.
 Biblioteca: Patricia Doval Rodríguez.

EQUIPOS DOCENTES

EXTRAESCOLARES BIBLIOTECA
Fco.Javier Guede García (Coordinador) Patricia Doval Rodríguez (Coordinadora)
Fco. Danta Gago Manuela Cid Montero
Mª José González Veloso Estela Cid Núñez
Cristina López Álvarez Elena Mª Iglesias Alonso
Sandra Basalo González Eva Pena Álvarez
Raquel Domínguez Fdez. (Mª Teresa Pérez Álvarez) Olga Vieito Plaza (Sandra Mª Prieto Ceñal)
Carlos Sánchez Moura Paula Salgado López
Ana Carballo Fernandes Jessica Papa Rodríguez

7
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
TICs EDLG
José Manuel Piñeiro Vidal (Coordinador) Ana Mª Calvo Cendán (Coordinadora)
Mercedes Fernández Alonso Mª Eugenia Diz Cid
María Fernández Alonso Mª Pilar Filloy Colmeiro
Ricardo Rodríguez Álvarez Mª del Carmen Novoa Luis
Eduardo X. Cabrera Paradela Carlos Santamarina Núñez
Judit Puente-Dodd Fernández Marina Pérez Rivero
Natividad Rivero Guerra Mª Belinda Vaz Barreal

COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

Fco. Danta Gago (Coordinador)

Ana Carballo Fernandes / Cristina López Álvarez (2º)

Estela Cid Núñez / Sandra Basalo González (3º)

María Fernández Alonso / Mª Pilar Filloy Colmeiro ( 4 º )

Ricardo Rodríguez Álvarez (5º) / Paula Salgado López (1º)

José Manuel Piñeiro Vidal (6º) / Patricia Doval Rodríguez

Mª Belinda Vaz Barreal / Ana Mª Calvo Cendán

Fco. Javier Guede García

8
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
C.ESTATÍSTICA DE PRINCIPIO DE CURSO

Empezamos este curso cun total de 397 alumnos/as ( 105 alumn@s en E. Infantil e 292 alumn@s en
E. Primaria),distribuídos como segue:

 Educación Infantil

4º E.I. A - 20

4º E.I. B - 19

5º E.I. A - 14

5º E.I. B - 16

6º E.I. A - 18

6º E.I. B - 18

 Educación Primaria

1º A - 24

1º B - 25

2º A - 24

2º B - 23

3º A - 23

3º B - 23

4º A - 25

4º B - 26

5º A - 25

5º B - 24

6º A - 25

6º B - 25

9
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Deste total hai uns 60 nenos e nenas con necesidades educativas específicas que son apoiados
polo profesorado de P.T. e A. L. nas aulas ordinarias e algunha sesión fóra das mesmas e outros
que son apoiados polo profesorado titor nas horas destinadas a tal fin.
Asimesmo,este curso hai dous nenos en 4º e 5º de E.Infantil de NEE que precisan coidadora.

D. INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO

INSTALACIÓNS
EDIFICIO DE INFANTIL:

6 aulas ( unha para cada grupo de alumnos )


1 sala de profesores
1 salón de usos múltiples onde se imparte Música, Psicomotricidade e Inglés.
1 gabinete médico
1 despacho de dirección
1 despacho de conserxería.

EDIFICIO DE PRIMARIA:

12 aulas ( unha para cada grupo de alumnos/as de 1º a 6º con dobre liña ).


1 aula de música
1 aula de inglés
1 aula de informática, vídeo e DVD.
1 aula de AL
1 aula de PT
1 salón de usos múltiples
1 despacho para dirección
1 despacho para orientación
1 sala de profesores
1 espazo pequeno de recursos
1 conserxería
1 biblioteca

10
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
O máis salientable neste aspecto é que os espazos de que dispoñemos son escasos para a
cantidade de alumnado escolarizado e as necesidades pedagóxicas que xorden.

Podemos subliñar as seguintes deficiencias:


-Non dispomos de locais suficientes para as titorías dos especialistas.
- O ximnasio é moi pequeno e carece de duchas.
-O patio é excesivamente pequeno e sufriu unha deficiente pavimentación o verán do curso
2014/2015 mentres que a zona cuberta é minúscula, o cal nos obriga a turnarnos os días de choiva.

-O chan das aulas do edificio antigo, por ter moitos anos, atópase en mal estado , con baldosas
levantadas ; o que supón un gran perigo para as persoas que o usan , e as escaleiras presentan
fendas.

EQUIPAMENTO

Neste momento pódese dicir que o mobiliario que temos é bastante escaso e antigo,o que se
reflicte no seu estado,aínda que todos os anos debido ao incremento de alumnado e ao
anteriormente exposto solicitamos novo material á Xunta de Galicia,sen resultado ata o de agora.

PLAN DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS.

A aula de inglés utilízase polas dúas mestras titulares segundo calendario elaborado polo
centro, procurando que todos os cursos o utilicen o mesmo número de horas ( dúas semanais por
curso).

A aula de informática, vídeo e DVD utilízase segundo petición feita polo profesorado e exposta
na porta da mesma.

O ximnasio é utilizado polos dous profesores de Educación Física e todos os cursos dispoñen de
dúas horas semanais para o seu uso.

Biblioteca .- Cada curso dispón dunha hora semanal , en horario lectivo, para disfrutar deste
espazo.
* Nas ACTIVIDADES DA TARDE utilízanse:
■Aula de informática e/ou patio: Luns, martes e mércores de 16 a 18 h ,para impartir diferentes
actividades de 16:00 a 18:00h , organizadas pola A.N.P.A.
■Biblioteca: todos os días agás os martes.
■Ximnasio: Os xoves de 16 a 18 h para clases de danza e baile galegos.

11
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

E. QUENDAS DE RECREO

En Educación Infantil non hai quendas de recreo pois as mestras permanecen cos seus alumnos
durante a media hora de recreo tanto no patio como dentro cando as inclemencias do tempo
non permiten saír.

En Educación Primaria hai quendas nos dous recintos empregados,o propio e o dos
Mercedarios.

F.RECURSOS MATERIAIS

F.1.Presuposto económico do centro

O que nos concede a Consellería de acordó co número de unidades do centro e que se reparte
segundo se acorda cando se fai o reparto orzamentario de cada ano, asignando cada trimestre a
mesma dotación a todos os profesores para os gastos de funcionamento da súa aula , segundo
acordo tomado polo equipo directivo e consensuado por todo o Claustro. Para o primeiro
cuatrimestre do curso quedamos cun pequeno remanente do curso anterior, suficiente para os
gastos máis urxentes e para o resto haberá que esperar ao orzamento do ano 2018.

Ademais contamos con outros ingresos que conseguimos grazas aos proxectos nos que
traballamos , como son : Seccións Bilingües, Contratos - Programa e Plan de Normalización
Lingüística. Os ingresos que xeran invírtense na compra do material necesario para poder levar
a cabo as actividades programadas para acadar os obxectivos propostos.

O centro atópase en malas condicións físicas debido, en parte á antigüidade do edificio, e tamén
á calidade dos materiais de construcción, atopándonos con humidades nalgunhas aulas, baldosas
do chan levantadas ou fendas nas escaleiras e moito frío no inverno nas aulas que dan ao norte, o
que lles obriga, a meirande parte do inverno, a permanecer nas aulas coa roupa de abrigo posta
a pesares de que durante o curso 2012 se instalaron dobres ventanais e continuouse coa
instalación das mesma este verán de 2018.

12
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

2.OBXECTIVOS PARA O CURSO 2018/2019

O presente curso 2018 – 2019 vén sendo unha continuidade dos anteriores xa que seguimos
desenrolando proxectos comezados cursos atrás como son: o “ Proxecto Abalar” no terceiro ciclo de
primaria, as “Seccións Bilingües ”, impartíndose a materia de inglés en toda a educación infantil e
primaria, ademais de impartirse tamén en inglés a educación plástica en todos os cursos de
primaria; á adaptación das aulas e das programacións á implantación das novas tecnoloxías, a
continuidade da campaña de fomento a lectura, a traves das actividades da biblioteca, os
Programas - Contrato nas modalidades de reforzo educativo no segundo e terceiro ciclo de
Primaria e outros.

O noso centro decidiu, en Claustro, converter as horas de Libre Configuración en Reforzos e


Afondamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá en 4º e 6º de Educación Primaria,
respectivamente,baseándonos na situación xeográfica (proximidade con Castela e León) e na
incidencia das Obras Públicas (AVE) na comarca, xa que nos últimos anos detectamos a presenza
de novos alumnos de orixe castelá que retornan a Castela ao comezar a ESO.

Tamén buscamos a Mellora da Calidade da Lectura e da Escritura en ámbalas dúas linguas.


Continuamos coa inculcación de hábitos saudables a través do programa de almorzos saudables.
En relacion a isto os nosos obxetivos xerais para o presente curso son os seguintes:
 Inculcar o coñecemento, a necesidade e o respecto polas normas de convivencia e dese xeito
o seu cumprimento voluntario.

 Valorar a hixiene e a saúde , aprender a coidar o corpo e utilizar a educacionfisica e o


deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

 Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade así como


unha actitude contraria á violencia e aos prexuicios de calquera tipo.

 Coñecer e valorar o seu contorno natural, social e cultural. Coñecer homes e mulleres que
realizaron importantes achegas á cultura e sociedade galega e máis en concreto á nosa vila. Coñecer
e valorar o noso pasado para así entender mellor o presente.

 Adquirir toda a competencia comunicativa necesaria para desenvolverse en situacions cotiás


nas dúas linguas oficiais e a competencia básica nunha lingua estranxeira.

 Continuar utilizando as tecnoloxias da información e da comunicación.

13
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto cara as normas que axudan a


prevención de accidentes.

 Fomentar a lectura como requisito esencial da aprendizaxe e recurso de gran utilidade para
o lecer así como para ás actividades ordinarias.

 Habilitar a biblioteca como lugar de traballo, tanto no horario lectivo como no extraescolar,
para todo o alumnado, especialmente para os que non dispoñen dun lugar axeitado e os recursos
necesarios nos seus respectivos domicilios.

 Potenciar a imaxinación, a creatividade e a orixinalidade.


 Ofrecer acceso ao alumnado e ao profesorado a material que complemente e enriqueza aos
libros de texto.

 Formar aos usuarios infantís na búsqueda documental.


 Promover encontros arredor da lectura entre os diferentes sectores da comunidade escolar.
 Acadar un clima de cooperación real e voluntaria que reforce a integración de
tod@s @s alumn@s nas distintas actividades do centro.

As actividades que pretendemos desenvolver nos diferentes ámbitos do eido educativo son:

PROFESORADO

 Desenvolver o proxecto lector

 Formar ao alumnado na búsqueda documental.

 Continuar coa informatización dos fondos bibliográficos.

 Participar na xestión técnica e organización da biblioteca.

 Formar lectores e lectoras competentes creando e consolidando neles o hábito da lectura.

 Crear ambientes lectores que desenvolvan actitudes favorables á lectura.

 Facilitar a atención á diversidade.

 Participar en actividades encamiñadas ao fomento da lectura como por exemplo: os


contacontos.

 Elaborar actividades encamiñadas a fomentar valores como o coidado e respecto pola


natureza , medioambiente e desenrolo sostible; educación para a paz, hábitos non sexistas,
educación para o consumo, hábitos alimenticios saudables e educación vial.
14
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Fomentar no alumnado hábitos de saúde a través da actividade fisica e a alimentación.

ALUMNADO

 Investigar sobre os feitos históricos máis importantes acaecidos nun pasado recente no
ambito mundial e máis en concreto no ambito da nosa vila e do noso centro.

 Participar nas actividades organizadas polo centro para fomentar a educación en valores.

 Elaborar composicións escritas propias en prosa e en verso, traballando todo tipo de textos
en soporte impreso ou electrónico.

 Afondar na comprensión lectora para enfrontarse a textos cada vez máis complexos..

 Analizar e valorar con equidade textos propios e alleos.

 Descubrir e asimilar información por sí mesmos/as.

 Facer da biblioteca un lugar de disfrute cotián.

 Acceder e traballar coas TICs.

 Aproveitar, compartir e coidar os recursos do centro.

 Valorar a lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o
desenvolvemento persoal.

PAIS/NAIS.

 Fomentar no alumnado a adquisición de normas de cortesía e hábitos de cooperación.

 Inculcar aos seus fillos o valor do esforzo e o respecto cara á diversidade.

 Participar no intercambio de experiencias e informacións.

 Utilizar e valorar os servizos ofertados pola biblioteca escolar.

 Colaborar co centro no desenvolvemento das actividades programadas.

15
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

PROGRAMACIÓN ANUAL EDLG

CURSO 2018/2019

16
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

ÍNDICE

Limiar.

1. Análise sociolingüística
2. Obxectivos
2.1.- O contorno sociolingüístico do centro

2.2.- A situación do profesorado

2.3.- A situación do alumnado

2.4.- A situación lingüística do centro

3. Medidas tendentes á consecución dos obxectivos previstos no plan xeral para o uso do idioma e no

plan específico para o ensino en lingua galega

4. Descrición das actividades


4.1.- O contorno sociolingüístico do centro

4.1.1.- Entroido

4.1.2.- Maios

4.1.3- Recomendacións de lecturas

4.2.- A situación do profesorado

4.2.1- Actividades destinadas á adquisición, descarga de internet e/ou elaboración de

material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego

4.2.2- Actividades para fomentar o uso do galego noutras áreas curriculares

4.2.3- Web do centro e blog

4.3.- A situación do alumnado

4.3.1- Contacontos

4.3.2- Día da Paz

4.3.3- Nadal

4.3.4.- Día do libro

17
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
4.3.5- Festival de Fin de Curso

4.4.- A situación lingüística do centro

4.4.1- Magosto

4.4.2- Samaín

4.4.3- Exposición autor/a letras galegas

4.4.4- Letras Galegas

4.4.5.- Mannequin challenge polo galego

4.4.6.- Concurso de slogans

4.4.7.- Xogos tradicionais

4.4.8.- Premios Muralla de Lugo

4.4.9.- Confección dun diccionario

5. Temporalización das actividades e porcentaxe do alumnado e profesorado implicado


5.1. Temporalización das actividades

5.2. Porcentaxe de alumnado e profesorado implicado

6. Previsión do impacto producido na comunidade educativa e no contorno


6.1 Impacto das actividades que afectan ao alumnado e profesorado do centro

6.2 Impacto das actividades no ámbito familiar

6.3 Impacto das actividade nos habitantes da localidade

6.4 Impacto das actividades en calquera persoa, dentro e fóra da localidade

7 Estudo dos parámetros de calidade da programación


7.1 En relación á implicación de membros da comunidade educativa

7.2 En relación á orixinalidade das propostas para incidir nos usos reais, orais e escritos, da

comunidade educativa

7.3 En relación á utilización das Novas Tecnoloxías

7.4 En relación á colaboración con outras institucións, entidades ou asociacións externas ao centro

co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega fóra do ámbito educativo

18
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
LIMIAR:

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro ten como obxectivo fundamental acadar

a galeguización da vida académica, tanto no aspecto docente como no das relacións diarias entre tódolos

membros da nosa comunidade escolar. Este equipo quere animar a andar á comunidade educativa no

camiño da normalización, camiño, sinxelo e complexo ao mesmo tempo, e quere contribuír tamén co seu

traballo á difusión da cultura propia e incentivar e apoiar iniciativas a prol do uso da nosa lingua. É

importante consolidar un vieiro que se manteña e medre no futuro e que xa este ano promova o uso do

idioma galego cunha actitude positiva por parta de toda a comunidade educativa porque é a lingua de

Galicia dende sempre e ata sempre, como non podería ser doutro xeito.

Neste novo curso a programación de Dinamización da Lingua Galega segue tendo como finalidade,

marcar un camiño axeitado á nosa realidade que nos permita que cada día a presenza do galego sexa maior,

así como abrir aos nenos e nenas as portas da nosa cultura e das nosas raíces para preservar a identidade e

o patrimonio cultural.

O noso plantexamento pedagóxico resposta a unha función educativa e non a unha simple transmisión

de coñecementos, fomentando un traballo baseado nos intereses de cada individualidade, tendo como nexo

de transmisión da información a lingua galega.

A nosa intención é deseñar actividades en torno ao tema globalizador do ano, facendo actividades que

contribúan a fomentar o “coñecemento” e a “protección” da nosa lingua, como parte fundamental do noso

Patrimonio Cultural. Para iso, partindo da globalidade e do entorno máis inmediato, será como nos

acheguemos aos nenos e nenas e as súas raíces.

Nesta época de constantes cambios onde a globalización nos fai cada vez máis semellantes é evidente

a necesidade da conservación e revalorización dos nosos valores culturais por iso cremos e pensamos que

o conxunto de estratexias que se propoñen e programan conseguirán, que o galego teña unha maior presenza

e mellor consideración contribuíndo a que ocupe no uso diario, por parte de profesores/as, alumnos/as e

demais membros da comunidade educativa, tanto dentro coma fóra das aulas, a posición que lle

corresponde.

19
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Intregrantes do EDLG:

Coordinadora:

Ana María Calvo Cendán

Membros do profesorado:

Uxía Díz Cíd


Mª Pilar Filloy Colmeiro
Carmen Nóvoa Luis
Marina Pérez Rivero
Carlos Santamarina
Belinda Vaz Barreal

1.- ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA.

No contorno sociolingüístico no que se desenvolve o alumnado do noso centro, atopámonos con

diferentes situacións:

- Pais e nais, que, se ben teñen o galego como lingua materna e o utilizan en diferentes situacións

comunicativas, aínda non o consideran como normal no eido escolar e, polo tanto, falan con seus fillos e fillas

en castelán.

- Pais e nais, que teñen o galego como lingua materna, e que o utilizan en diferentes situacións

comunicativas e o consideran como normal no eido escolar e falan con seus fillos e fillas en galego.

- Pais e nais, que teñen o castelán como lingua materna e o falan con seus fillos e fillas.

- Pais e nais, que teñen como lingua materna o idioma do seu país de orixe e o falan con seus fillos e fillas.

Polo tanto a situación do alumnado cando chega e moi variada e atopámonos tanto con casteláns

falantes, a maioría, como galego falantes, a minoría pero cunha tendencia a suba como seguimos

comprobando neste curso. Algo que hai que destacar e que todos os nenos e nenas entenden o galego e acólleno

moi ben cando se lles fala.

Ademais, atopámonos cun número cada vez máis importante de alumnado inmigrante (en torno ao 7%), que

presenta certas necesidades de adaptación á lingua castelá e máis aínda á lingua galega.

20
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Por outra banda, observase un feito diferenciador entre o alumnado que se trasladou hai pouco dende

municipios e aldeas limítrofes, respecto do nacido no municipio verinense: os primeiros tenden a utilizar

maioritariamente ó galego nas súas comunicacións mentres que o segundo grupo, tende polo xeral a empregar

o castelán nos diferentes intercambios comunicativos.

En canto a situación lingüística do centro sinalar que temos en conta a lingua maioritaria da aula, sen

esquecernos da minoritaria e promocionando o uso das linguas. De aí que os obxectivos e contidos sexan

basicamente os mesmos, posto que o obxectivo final é que o alumnado acade o dominio ao remate da etapa.

Como queda reflectido no PCC do centro, consideramos que a dinamización lingüística é un obxectivo

imprescindible para a consecución dunha escola renovadora, democrática e socialmente integradora, que non

poña en perigo a nosa identidade senón que favoreza o seu mantemento e consolidación.

Por último facer referencia a situación do profesorado , a gran maioría somos galego falantes pero hai unha

porcentaxe de castelán falantes, que, se esforzan por utilizalo cos pais/nais, compañeiros/as e en diferentes

situacións escolares.

2.- OBXECTIVOS.

2.1.- O contorno sociolingüístico do centro.

 Potenciar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa, nas actividades do centro e en

proxectos que procuren unha valoración positiva do uso da mesma

 Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa de forma que a presenza

da lingua galega sexa relevante.

 Identificar e valorar a lingua galega como unha parte do noso patrimonio cultural.

 Promover unha actitude positiva cara a lingua galega, eliminando todo tipo de actitudes negativas de

cara a súa utilización por parte de toda a comunidade educativa.

21
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 Establecer, de acordo coa ANPA, asociacións con outros centros, organizacións sindicais e outras

entidades con incidencia no ámbito escolar, convenios de colaboración e participación en distintas

actividades promovidas polas mesmas.

 Promover a interacción entre a escola e o seu contorno para facer máis rendibles os recursos e os

esforzos deses dous ámbitos a prol da normalización do galego.

2.2.- A situación do profesorado.

 Facer unha achega ó autor ó que se lle adican as Letras Galegas no ano 2019.

 Alcanzar un uso maioritario do galego na docencia, entre os docentes e nas relacións escolares en xeral.

 Garantir unha oferta de materiais didácticos de calidade e en diversos soportes que fagan atractivo o

proceso de ensinanza/aprendizaxe da lingua galega.

2.3.- A situación do alumnado.

 Dar ao alumnado unha educación de calidade para que acade unha axeitada competencia lingüística.

 Potenciar e propiciar o coñecemento, uso e desfrute da música galega.

 Recuperar, utilizar e difundir expresións galegas que enriquezan o vocabulario do alumnado, a través do

estudo da Tradición Oral.

 Dar a coñecer ó alumnado as raíces culturais da súa comarca e tamén de Galicia, adquirindo a

capacidade de respectar e valorar a importancia das festas e tradicións populares: Samaín, magosto,

entroido, semana das letras galegas... e participar nelas.

 Elaborar estratexias para levar a cabo unha adaptación progresiva do alumnado inmigrante ao entorno

galego falante.

22
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
2.4.- A situación lingüística do centro.

 Potenciar o uso da lingua, tanto na linguaxe oral como escrita, a través de xogos, contos, festivais,

representacións..., procurando que sexa empregada con total normalidade en situacións formais e informais;

para así poder reafirmar o galego como lingua de uso habitual.

 Incidir na comunidade escolar para vencer prexuízos cara o galego e para promover actitudes

favorables á galeguización da escola mediante información e explicación argumentada e científica.

3.- MEDIDAS TENDENTES Á CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PREVISTOS NO PLAN

XERAL PARA O USO DO IDIOMA E NO PLAN ESPECÍFICO PARA O ENSINO EN LINGUA

GALEGA.

 Celebración e exaltación das festas populares galegas e das súas tradicións e costumes (SAMAÍN,

MAGOSTO, ENTROIDO, MAIOS, LETRAS GALEGAS...) contando coa participación de todos os

membros da comunidade educativa (pais, nais, A.N.P.A., mestres, alumnos/as...).

 Utilización da lingua galega, tanto na linguaxe oral como na escrita, nas aulas, para que a través de

cancións, xogos, contos, representacións... vaia empregándose con total normalidade por todos/as os/as

alumnos/as.

 Utilización das T.I.C.s para un mellor coñecemento da lingua e cultura galegas.

 Actividades e proxectos nas aulas relacionadas coa lingua e cultura galega.

 Recompilación de cancións, poemas, adiviñas, trabalinguas, lendas, refráns, ditos e historias de

tradición popular.

 Incorporación aos contidos curriculares actividades sobre as tradicións do entorno próximo.

 Proporcionar aos diferentes equipos material axeitado para potenciar a incorporación da lingua galega

no ensino.

 Motivación dos distintos profesionais que colaboran co centro na importancia de empregar o idioma

galego para relacionarse co profesorado, familias e entorno.

23
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 Facilitación aos pais e nais da información do centro sempre en galego, tanto a nivel oral como escrito.

 Confección de murais e carteis sobre temas relacionados co currículo ou sobre as celebracións fixadas

no plan de actividades complementarias e extraescolares.

 Proxección de vídeos de interese cultural e social da nosa realidade.

 Elaboración de material adaptado para ir introducindo progresivamente ao alumnado inmigrante, no

coñecemento e uso da lingua galega.

 Elaboración da revista escolar dixital do curso 2018/2019.

 Promoción da colaboración de toda a comunidade escolar á hora de elaborar a revista escolar.

 Celebración da Semana das Letras Galegas.

 Representacións teatrais, interpretación de panxoliñas, cantigas, recitado de poesías, etc...

 Dramatizacións por niveis e por clases de distintas obras teatrais en galego, de relevancia literaria e

inventadas polos propios nenos/as.

 Lectura e escritura de contos, cómics e libros na nosa lingua.

4.- DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES.

4.1.- O contorno sociolingüístico do centro.

4.1.1.- Entroido.

 Recollida de información sobre o Entroido no pobo de Verín.

 Recompilación de historias tradicionais, comidas, etc..., relacionadas co Entroido.

 Realización de disfraces cun tema monográfico para todo o colexio para saír no tradicional desfile cos

centros da zona.

4.1.2.- Maios.

 Elaboración de coplas por niveis e entrega polas rúas de Verín o primeiro de Maio.
 Confección dun Maio artístico e exposición na Alameda de Verín.
 Gravación en CD das coplas cantadas polos nenos/as para acompañar ao maio artístico durante a súa
exposición na vila.
 Participación no concurso de poesía Xosé C. Caneiro, organizado polo concello.

24
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
4.1.3- Recomendacións de lecturas.

Mandáranse recomendacións de lecturas en galego no Nadal e no Verán.

4.2.- A situación do profesorado.

4.2.1.- Actividades destinadas á adquisición, descarga de internet e/ou elaboración de material

didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego.

 Adquisición de fondos bibliográficos en galego para as bibliotecas de centro e de aula.

 Adquisición de fondos bibliográficos para a sala de mestres; dicionarios, gramáticas, dicionarios de

dúbidas, etc...

 Descarga de internet e adquisición de materiais informáticos en galego para o encerado dixital e a aula

de informática e as aulas ordinarias.

 Adquisición de materiais lúdico- didácticos en galego para os distintos niveis.

 Adquisición de material didáctico, bibliográfico..., específico para apoiar aos alumnos/as con

necesidades educativas especiais.

4.2.2.- Actividades para fomentar o uso do galego noutras áreas curriculares.

No centro estanse a impartir varias áreas en galego, isto supón a necesidade de incrementar e actualizar

os fondos en galego para estas áreas coa compra de novos materiais tales como contos, CDs de música,

vídeos en formato DVD, xogos educativos, etc... relacionados cos contidos desas áreas curriculares. Tamén

ocorre que o profesorado ten ás veces que traducir e adaptar o material publicado en castelán para podelo

abordar en galego.

As actividades a desenvolver son múltiples:

 Adaptación de textos do castelán ao galego.

 Xogos educativos en galego nas distintas áreas.

 Audicións musicais de música en galego.

 Visionado de vídeos en galego sobre contidos determinados das respectivas áreas curriculares.

 Elaboración de fichas e cadernos de traballo en galego sobre contidos determinados.

 Elaboración de carteis
25
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
4.2.3.- Web do centro e blog.

 Formación e participación por parte do profesorado en xeral na creación e mantemento de blogs

asociados á páxina principal.

 Selección por parte do alumnado e profesorado do que se incluirá no blog.

 Deseño dos blogs por niveis.

 Mantemento periódico da páxina e blogs asociados, introducindo os contidos que se consideren

interesantes en cada momento; avisos ás familias, convocatorias de distinto tipo, publicación de traballos

dos alumnos/as, reseñas de acontecementos destacados, plantexamento de actividades a realizar polos

alumnos/as na casa, etc...

 Gravación dos contos e representacións teatrais

 Transformación das diapositivas dos contos tradicionais e dos debuxos de nenos/as, a formato cd.

 Presentación ao resto da comunidade educativa da páxina web.

4.3.- A situación do alumnado.

4.3.1.- Contacontos

Esta actividade vense facendo dende o curso 2003/2004. Os alumnos/as dos diferentes niveis de E. Infantil

e E. Primaria ocuparanse de preparar representacións en galego en formatos variados: dramatización,

musical... Esta representación farase como actividade motivadora para a lectura por parte do alumnado do

conto representado. As representación faranse para todos os alumnos de Infantil e Primaria.

En torno a este traballo levaranse a cabo múltiples actividades:

 Preparación e representación dos contacontos por parte dos alumnos/as.

 Visitas de autores.

 Elaboración de materiais para os contacontos; traxes, decorados etc...

 Adquisición de fondos fonográficos para o desenvolvemento dos contacontos.

 Adquisición de fondos bibliográficos en relación aos contos representados ( mesmo autor, mesma

temática etc...)
26
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 Elaboración de fichas e cadernos de traballo.

 Lecturas individuais e grupais de contos.

 Elaboración de debuxos e outras representacións plásticas das personaxes e lugares dos contos.

 Elaboración de murais.

 Creación de textos, contos, cómics, etc...

4.3.2.- Día da Paz.

 Aprendizaxe de cancións en galego relacionadas coa conmemoración.

 Busca de información en internet sobre personaxes históricos relacionados con este día: Gandhi, Luter

King, etc...

 Elaboración de poemas en galego relacionados con esta conmemoración.

 Recitado de poemas elaborados polos nenos/as : intercambios nas clases.

 Realización de carteis e murais.

 Exposición colectiva dos traballos realizados polos distintos grupos.

4.3.3.- Nadal .
 Realización dun nacemento

 Preparación e representación de obras de teatro, panxoliñas, cancións en galego...

 Uso das novas tecnoloxías: proxección de imaxes, uso de efectos sonoros baixados de internet,

utilización de sistemas de son e iluminación complexos (varias pistas de son, focos de cores etc...)

 Elaboración de decorados e disfraces.

 Elaboracións e exposición de carteis.

 Recompilación e elaboración dun agasallo para un compañeiro da escola.. Logo Papá Noel ou os reis

magos repartirán a cada neno/a o que lle toque.

4.3.4.- Día do libro.


 II Concurso de poesía

27
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
4.3.5.- Festival de Fin de Curso.
 Representación de obras de teatro.

 Elaboración de decorados e disfraces.

 Preparación e representación de cancións da música tradicional galega.

4.4.- A situación lingüística do centro.

4.4.1.- Magosto.

Ademais da saída educativa para a celebración do Magosto no campo coma tódolos anos, tamén se farán

as seguintes actividades:

 Exposición de froitos do outono. “Mercadiño de outono”

 Programación de xogos ao aire libre para a saída da celebración do Magosto.

 Debuxos, murais e redaccións sobre as actividades realizadas.

 Traballo de campo sobre o Magosto; fotografías, recollida de follas, ourizos, castañas etc...

 Elaboración de Unidades Didácticas por niveis.

 Contacontos.

 Manualidades

 Exposición e concurso de cabazas.

 Circuíto terrorífico (en colaboración con FEMURO).

4.4.2.- Samaín.

 Exposición de cabazas en Educación Infantil e Concurso de cabazas en Educación Primaria.

 Introdución á orixe desta festa.

 Usos das cabazas.

 Difusión de cantigas relacionadas con esta festa.

4.4.3.- Exposición do autor/a das letras galegas.


Elaboración dunha Exposición da vida e obra do autor/a homenaxeado nas letras galegas.
Este ano: Antón Fraguas Fraguas

28
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
4.4.4.- Letras Galegas.
Actividades encamiñadas ao coñecemento da vida e obra do homenaxeado/a o día das letras galegas.
Elaboración de fichas e cadernos de traballo, confección de murais, lectura de textos do autor, uso de materiais
informáticos sobre o autor, procura de información en internet, etc...
Letras Galegas 2019: Antón Fraguas Fraguas
4.4.5.- Mannequin Challenge
Gravación dun vídeo con tódolos/as protagonistas inmóbiles, como no medio dunha escena conxelada,
igual que se fosen manequíns (de aí o nome da actividade). Para que o Mannequin Challenge resulte aínda
máis impactante, os participantes (mestres/as, alumnos/as, persoal non docente…) deberán valerse do seu
enxeño para quedar quietos na postura máis dramática ou divertida posible. Ademais, dado que a gravación é
en prol do uso do galego os participantes deberán traer elementos relacionados coa cultura e lingua galegas:
camisetas, instrumentos, obxectos típicos galegos, carteis…
4.4.6.- Concurso de slogans
Concurso de slogans para fomentar o uso do galego. O concurso terá lugar durante o primeiro trimestre
do curso e participarán tódolos alumnos de primaria. O slogan, irá acompañado dun debuxo. A segunda parte
da proposta será a colaboración do concello para que o slogan sexa pintado en algunha parede da vila.
4.4.7.- Xogos tradicionais
Participación no XIV Obradoiro de Xogos Tradicionais. Nesta actividade só participaran os alumnos/as
de 5º de Primaria. Os xogos serán xogos tradicionais e xogos bailados: billarda, peóns... As actividades terán
lugar o 3 e o 10 de decembro respectivamente.
4.4.8.- Premios Muralla de Lugo
Participación na XIX Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís.
4.4.9.- Dicionario visual
Confección dun dicionario visual: o equipo proporá unha letra e os alumnos/as de cada unha das aulas do
centro farán un mural sobre unha palabra que comeza por esa letra.

29
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
5.- TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES E PORCENTAXE DO ALUMNADO E
PROFESORADO IMPLICADO.

5.1.- Temporalización das actividades.

Ao longo do curso 1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre


Adquisición, descarga de Samaín Día da Paz Día do libro
internet e/ou elaboración de (concurso de poesía)
material didáctico, bibliográfico, Exposición/
fonográfico, videográfico e Concurso de
informático en galego. cabazas

Participación e mantemento da Magosto Entroido Maios


web do centro con actividades do
EDLG Mercadiño de
outono
Actividades para fomentar o uso Concurso de Confección Exposición (autor/a
do galego noutras áreas slogans diccionario visual
letras galegas)
curriculares María Victoria
Moreno Márquez
Contacontos Mannequin XIX Edición dos Letras Galegas
Premios Muralla Antón Fraguas
challenge
de Lugo de Fraguas
Debuxo e
Redacción
Participación con artigos na XIV Obradoiro de Festival fin de
Xogos Tradicionais curso
revista do centro.
Nadal Recomendacións de
lecturas en galego.
Recomendacións de
lecturas

5.2.- Porcentaxe de alumnado e profesorado implicado.

O alumnado e profesorado implicado nesta programación é do 100% do mesmo, o que supón nenos/as e

profesores/as, de xeito que todos/as participan en todas as actividades, coa excepción, loxicamente,

daquelas nas que os alumnos/as non están capacitados para intervir ...

30
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
6.- PREVISIÓN DO IMPACTO PRODUCIDO NA COMUNIDADE EDUCATIVA E NO
CONTORNO.

6.1.- Impacto das actividades que afectan ao alumnado e profesorado do centro.


As seguintes actividades terán unha repercusión directa sobre todo o alumnado e profesorado do centro:

 Adquisición, descarga e elaboración de material bibliográfico, informático etc...


 Actividades para estender o uso do galego noutras áreas curriculares, nas que participa todo o
alumnado e profesorado.
 Actividades en torno ao Magosto, na que participa todo o alumnado e profesorado.

6.2.- Impacto das actividades no ámbito familiar.


En vista dos resultados de anos anteriores, prevemos que as seguintes actividades espertarán o interese das
familias do alumnado do centro, polo que supoñemos acudirán ás diferentes convocatorias ao longo do
curso en maior ou menor número segundo a actividade:

 Contacontos: actividade en horario de mañá na que participarán ao longo do curso tódolos alumnos/as
do centro. Festivais de Nadal e de Fin de Curso, cunha alta asistencia das familias, ademais de todo o
alumnado.
 Distribución de Postais elaboradas polos nenos/as e ás familias.
 Exposición de traballos do Día da Paz, con asistencia das familias, ademais de todo o alumnado.
 Exposición de cabazas no Samaín. Colaboran todo o alumnado do colexio e as súas familias xa que os
axudan a decorar as cabazas.
 Exposición de traballos sobre o Día das Letras Galegas, con asistencia das familias, ademais de todo
o alumnado.

6.3.- Impacto das actividade nos habitantes da localidade.


 Festival de Nadal, ao que esperamos que acudan ademais de familiares, veciños de Verín.
 Entroido, con desfile polas rúas da vila de Verín.
 Maios, co reparto de coplas pola localidade e coa exposición do Maio artístico na Alameda da vila.

6.4.- Impacto das actividades en calquera persoa, dentro e fóra da localidade.


 Elaboración e mantemento da páxina web do colexio.
 Recomendacións de lecturas: pois están destinada ao alumnado do centro e tamén ás súas familias.

31
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
7.- ESTUDO DOS PARÁMETROS DE CALIDADE DA PROGRAMACIÓN.

7.1.- En relación á implicación de membros da comunidade educativa.


As actividades están enfocadas practicamente todas elas á participación de todo o alumnado e profesorado
do colexio, ofrecendo ademais a posibilidade aos pais/nais ou a calquera persoa en particular de que poida
presenciar e gozar das mesmas.

7.2.- En relación á orixinalidade das propostas para incidir nos usos reais, orais e escritos, da
comunidade educativa.
Inténtase ofrecer un abanico amplo e variado de actividades que resulten o máis atraentes posible, de
xeito que os nenos/as gocen aprendendo e que a lingua na que se realizan estas actividades sexa vivenciada,
cun compoñente afectivo máis.
A meirande parte das actividades teñen un carácter eminentemente activo, moitas delas baseadas na
expresión oral, así por exemplo:
- Os recitados de poemas no día da paz, nas Letras Galegas, etc...
- As representacións do Nadal, fin de curso, etc...

7.3.- En relación á utilización das Novas Tecnoloxías.


Nos últimos anos as TICs teñen ido e van gañando terreo en moitas das tarefas escolares, de xeito que
a súa utilización xa empeza a verse como algo habitual, e o mesmo ocorre, por tanto, en moitas das
actividades que se describen neste proxecto. Entre as que máis destacan pola incorporación de elementos
relacionados coa utilización destas TICs podemos sinalar as seguintes:
- Utilización do encerado dixital nas clases de infantil e primaria.
- Elaboración e mantemento do blog, tratamento da imaxe e son, navegación na rede etc...
- Uso de programas de edición de páxinas web, manexo de cámaras dixitais, descarga e escaneado de
imaxes, etc...
- Utilización de efectos de son nas representacións teatrais, algúns baixados de internet de páxinas web...
- Utilización do proxector para acompañar as representacións con imaxes.
- Uso de efectos coa mesa de iluminación e focos de cores; raios, ambientes diversos etc...
- Conmemoracións, festas...: Elaboración e proxección de reportaxes con foto e texto realizados en
Power Point, Memories OnTV, etc. Relativas á saída e/ou actividades.

32
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
7.4.- En relación á colaboración con outras institucións, entidades ou asociacións externas ao centro
co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega fóra do ámbito educativo.
A destacar:
- A participación conxunta para a realización de distintas actividades con outros centros
educativos: C.E.I.P.s e I.E.S.
- A colaboración do Concello.
- A participación no desfile do Entroido organizado polo Concello de Verín.
- Colaboración con FEMURO (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense).

33
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

PLAN ANUAL DE LECTURA


CURSO 2018/2019

E.A.BIBLIOTECA
CEIP AMARO REFOJO

34
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

ÍNDICE

1. COMPOSICIÓN DO EQUIPO
2. OBXECTIVOS
3. ACTUACIÓNS
4. FUNDAMENTOS
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
6. ANEXOS

1. COMPOSICIÓN DO EQUIPO

 Manuela Cid Montero

 Eva Pena Álvarez

 Sandra Prieto Ceñal

 Estela Cid Nuñez

 Elena María Iglesias Alonso

 Paula Salgado López

 Jessica Papa Rodríguez

 Patricia Doval Rodríguez (Responsable do E.A.B)

2. Como desenvolvemento do Proxecto Lector do centro, CEIP Amaro Refojo elaborou un Plan Anual de
Lectura no que se plasman todas as actuacións que se pretenden realizar coordinadamente ao longo do
curso para conseguir os seguintes OBXECTIVOS:

1. Incrementar e estimular os hábitos de lectura de toda a comunidade educativa.

2. Favorecer a comprensión lectora e a lectura fluída e expresiva.

3. Contribuír a mellorar a súa competencia na expresión oral e escrita.

4. Desenvolver as habilidades no proceso de busca de información tanto nos soportes tradicionais como
nas novas tecnoloxías.

35
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

3. Para a consecución dos devanditos obxectivos, o C.E.I.P. Amaro Refojo deseñou as seguintes
ACTUACIÓNS

✓ Seguir coa organización e funcionamento da biblioteca do edificio de Infantil

✓ Continuar coa reorganización e catalogación da biblioteca do edificio de Primaria

✓ Organización, aproveitamento e aumento dos recursos bibliográficos

✓ Facer propostas para renovar o Proxecto Lector de centro

✓ Proxecto Meiga: rexistrar de novo todos os fondos e os usuarios da biblioteca.

✓ Distribución das horas de uso da biblioteca (ANEXO I)

✓ Comunicación das normas de uso da biblioteca

✓ Actualización do blog da biblioteca ao alumnado novo.

✓ Mochilas viaxeiras

✓ Tertulias Literarias Dialóxicas (ANEXO II)

✓ Tertulias Literarias Dialóxicas Solidarias (ANEXO III)

✓ Hora de ler (ANEXO IV)

✓ Actividades de Animación á Lectura

• Biblioreto.

• Contacontos.

• Contos na Lareira.

✓ Posta en marcha do Espazo Lector/traballo

✓ Bibliopatio

✓ Exposición de libros

36
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

✓ Recolleita de traballos elaborados polo alumnado

✓ Publicidade de libros

✓ Recursos sobre, Antón Fraguas, Letras Galegas 2019

✓ Traballos coa Prensa

✓ Outras tácticas de Animación á Lectura nas aulas

✓ Diferentes textos para traballar na aprendizaxe da lingua escrita

✓ Recomendacións ás familias para fomentar a lectura

✓ Colaboracións coa Biblioteca Municipal,

✓ Actividades con FEMURO (ANEXO V)

✓ Plan anual de traballo do centro (ANEXO VI)

4. FUNDAMENTOS

O Plan Anual de Lectura e o Proxecto Lector de Centro garantirán a paulatina capacitación do


alumnado nas competencias básicas que se pretenden, de cara á súa formación como cidadáns activos e
solidarios.

Entre estas podemos destacar que:

 desenvolve a imaxinación e o coñecemento do mundo, dos seus poboadores, costumes e


sentimentos.
 estimula a curiosidade polo que nos rodea e acércanos a mundos lonxanos.
 enriquece a linguaxe e aumenta a nosa capacidade de expresión.
 educa en valores, axuda a coñecernos e a identificarnos con outros.
 familiariza co manexo de libros, favorecendo o hábito lector.

37
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Con esta finalidade, empregaranse cun enfoque funcional as distintas tecnoloxías da comunicación
e da información ao alcance do alumnado, para incidir en aspectos específicos destes soportes e linguaxes
de cara a unha utilización eficaz, comprensiva e ética deles.

A formación da lectura comprensiva exixe, a súa vez, un traballo progresivo e continuado.


Traballarase con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte
impreso ou electrónico.

Incidirase na identificación da finalidade da lectura e na forma de axustar a lectura ao obxectivo en


cada ocasión. Ensinaranse estratexias de comprensión lectora.

O profesorado de todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, incluirá nas
súas programacións as actividades previstas no proxecto segundo a temporalización que nel se acorde,
determinando a dedicación real dun tempo mínimo diario para a lectura e a inclusión de prácticas de
comprensión e fomento da lectura e a escritura.

5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do proxecto
e das súas concrecións nos plans anuais de lectura.

Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta non só os índices de
lectura, senón tamén a capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e ser quen de se
enfrontar a textos cada vez máis complexos, así como a sús actitude diante da lectura como medio para a
aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.

38
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

ANEXOS
PLAN
LECTOR
 ANEXO I: HORARIO BIBLIOTECA

 ANEXO II: TERTULIAS LITERARIAS DIALÓXICAS

 ANEXO III: TERTULIAS LITERARIAS SOLIDARIAS

 ANEXO IV: HORA DE LER

 ANEXO V: ACTIVIDADES CON FEMURO

 ANEXO VI: PLAN ANUAL DE TRABALLO

39
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
• ANEXO I .- HORARIO BIBLIOTECA

40
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 ANEXO II: TERTULIAS LITERARIAS DIALÓXICAS

41
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

42
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

43
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 ANEXO III: TERTULIAS LITERARIAS SOLIDARIAS

 ANEXO IV: HORA DE LER

44
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 ANEXO V: ACTIVIDADES CON FEMURO

45
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

46
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 ANEXO VI: PLAN ANUAL DE TRABALLO

o SETEMBRO

▪ Constitución do Equipo de Apoio á Biblioteca (E.A.B.)

▪ Organización dos horarios : de gardas do E.A.B. e para que acudan os diferentes

cursos tódalas semanas.

▪ Revisar as normas da Biblioteca.

▪ Organización da “Hora de Ler”.

▪ Organización das bibliotecas de Infantil e Primaria.

▪ Catalogar no MEIGA tódolos fondos e dar de alta los usuarios da biblioteca.

▪ Organizar con FEMURO as actividades conxuntas.

▪ Organizar recreos e Bibliopatio.

▪ Revisar autorización do blogue da biblioteca.

▪ Revisar as Tertulias Literarias Dialóxicas.

▪ Revisar as Tertulias Literarias Solidarias.

o OUTUBRO

▪ Posta en marcha das “Mochilas Viaxeiras”.

▪ Solicitar “Maletas Viaxeiras” da Consellería.

▪ I Concurso Literario Terrorífico.

▪ Facer proposta de traballo para a elaboración do Boletín Escolar Nº2.

o NOVEMBRO

▪ Comezar co “Biblioreto”.

▪ Decorar marcalibros para usar na biblioteca.

47
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

o DECEMBRO

▪ Reinauguración da biblioteca.

▪ Enviar ás familias consellos para estimular a lectura.

▪ Festival fin de trimestre (dispor de recursos)

o XANEIRO

▪ Expor diferentes libros que traten da Paz, amizade, compañeirismo, cooperación,…

▪ Contos na Lareira.

o FEBREIRO

▪ Cartelización e anuncios para convidar a vivir o Entroido.

o MARZO

▪ Celebración da Semana da Prensa, somos xornalistas e imos recoger historias de

tradición oral das familias.

o ABRIL

▪ Celebración do día do Libro:

• Lectura colectiva dalgún libro escollido polo equipo.

• Entrega dun agasallo.

o MAIO

▪ Preparación das Letras Galegas.

▪ Exposición II Feira Violeta.

o XUÑO

▪ Elaboración do “Boletín Escolar Nº2” por parte do E.A.B.

▪ Avaliación do Plan Lector.

48
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

2.3. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para o curso 2018/19 está constituído


polos seguintes mestres:

Francisco Javier Guede García (Coordinador).


Carlos Sánchez Moura
Cristina López Álvarez
Francisco Danta Gago
María José González Veloso
Raquel Domínguez Fernández (Substituta de Mª Teresa Pérez Álvarez)
Sandra Basalo González
Ana Carballo Fernandes

Durante o presente curso escolar e contando coa colaboración dos demais equipos de traballo do centro,
este grupo contempla programar e desenvolver as seguintes actividades educativas:

Trimestre 1º

 III Bicicletada
 Samaín

 Día Internacional da Infancia. (20 de novembro)

 Festival de Nadal.

Trimestre 2º

 Día da Paz (30 de Xaneiro).

 Entroido

 Día da Muller Traballadora (8 de Marzo)

Trimestre 3º

 Festival de fin de curso (Montaxe, Son, Presentacións, Actuacións e Proxección)


49
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
A preparación e realización de actividades coma o Día do Libro Infantil e Xuvenil, Día do Libro e
Semana das Letras Galegas estará organizada polo EDNL e polo equipo de Biblioteca, pero o equipo de
Actividades Extraescolares colaborará activamente con eles.

Asimismo, este Equipo colaborará con calquera actividade que organice o centro. Concretamente,
ao longo deste curso están previstas “ III Bicicletada” (outubro),en colaboración con Tráfico,o
Concello e diversas asociacións da vila, e a posible participación da Semana Internacional de Curtas
organizada polo concello de Verín
Para evitar incidentes, este equipo acorda que nos festivais de Nadal e de Fin de Curso, ningún
profesor poderá actuar co alumnado.
O Equipo considera importante salientar a intención de colaborar nas programacións de outros
equipos, sempre e cando exista consenso nas condicións para o seu desenvolvemento. Da mesma
maneira , este equipo agarda contar tamén coa axuda que se precise para levar a cabo as estipuladas
actividades e acadar os posibles obxectivos fundamentados nunha educación en valores. Por iso,
pensamos que calquera actividade extraescolar ou complementaria realizada no centro debe contar co
consenso do Equipo de A. E. , ao mesmo tempo que calquera actividade programada polo Equipo
deberá contar co consenso do claustro de profesores/as.

O Equipo ten intención de celebrar o Festival de Nadal no Auditorio Municipal,para Educación


Primaria,e na Casa de Cultura do Concello,para Educación Infantil.

50
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

2.4.PLAN DE CONVIVENCIA

O plan de convivencia é o documento no que se articula a convivencia escolar e as liñas xerais do


modelo de convivencia que se pretende implantar, os obxectivos específicos que cómpre alcanzar, as
normas que a regulan e as actuacións que se deben realizar neste ámbito para a consecución dos
obxectivos proxectados. En definitiva, é un proxecto de reflexión e pensamento
en que se sinalan as liñas de actuación para a mellora da convivencia no centro docente, e por iso o proxecto
educativo de cada centro incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios
establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas sobre a materia. O dito plan de
convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun
diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas e as actuacións incluíndo a
mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.

1. FINS E PRINCIPIOS INFORMADORES DAS NORMAS SOBRE CONVIVENCIA

A convivencia nos centros docentes orientarase aos seguintes fins, que informarán a súa
interpretación e aplicación:
 A garantía dun ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da
educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de forma óptima os
recursos que a sociedade pon a disposición do alumnado no posto escolar.
 A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e
oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas.
 A prevención e tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces.

 O recoñecemento ao profesorado, en especial aos membros dos equipos directivos dos centros docentes,
das facultades precisas para previr e corrixir as condutas contrarias á convivencia, así como da
protección xurídica adecuada ás súas funcións.
 A corresponsabilidade das nais e pais ou das titoras ou titores no mantemento da convivencia nos
centros docentes, como un dos principais deberes que lle corresponden en relación coa educación
dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas.
 Promover a resolución pacífica dos conflitos e fomentar valores, actitudes e prácticas que permitan
mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas.

51
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Avanzar no respecto entre todos os membros da comunidade educativa e na mellora da


convivencia escolar.
 A promoción da sensibilización dos distintos sectores que interveñen na educación sobre a
importancia da convivencia como parte fundamental para o desenvolvemento persoal e social do
alumnado.

2.ANÁLISE DA SITUACIÓN (Contextualización no P.E.)


Detección das necesidades
Partimos das conclusións derivadas dunhas enquisas realizadas, no curso 2015-2016, pola
Consellería de Educación, a alumnado, familias e profesorado sobre a convivencia no centro.

Os resultados clasifícanse en tres apartados:


1. Enquisas realizadas ao alumnado

2. Enquisas realizadas ao profesorado

3. Enquisas realizadas ás familias

Non existe conflitividade salientable na relacións que se dan no centro

Tampouco as familias presentan una problemática determinada que provoque tensións ou xere
intervencións educativas especiais,...

3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PLAN DE CONVIVENCIA


Obxectivos Xerais
a. Fomentar a convivencia do centro e entre os membros da Comunidade Educativa
b. Contribuír á información é sensibilización da comunidade educativa sobre a importancia dunha
boa convivencia escolar e sobre os procedementos para mellorala.
c. Desenvolver estratexias para a prevención de conflitos e a resolución pacifica dos mesmos.
d. Potenciar a consecución da non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.
e. Prover á comunidade educativa de recursos para a prevención e xestión de conflitos.

Obxectivos para o Profesorado

a. Coñecer o grupo de alumnos e alumnas, ademais das competencias curriculares, dende o punto
de vista persoal: as súas motivacións, intereses, preocupacións, inquedanzas e relacións persoais co fin
de dar unha resposta educativa axeitada.

52
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
b. Fomentar a integración do novo alumnado e profesorado desenvolvendo accións que favorezan a
adaptación e a súa interacción co resto do alumnado e profesorado.

c. Contribuír a formación integral do alumnado, en sintonía cos principios de igualdade, tolerancia,


respecto, solidariedade e paz

d. Promover a participación das familias no labor formativo, asesorándoas informándoas do que precisen
e demanden, en especial, da importancia da estimulación dos seus fillos/as, da promoción da súa
autonomía, dos valores a considerar, das relacións familia-alumnado- profesorado e de todo o
relacionado co proceso de ensino-aprendizaxe, para contribuír á formación dunha sociedade para a
convivencia democrática.

Obxectivos para o Alumnado

a. Adquirir os valores de tolerancia, respecto e actitude de diálogo como xeradores dunha boa
convivencia.

b. Aceptar as diferenzas e valoralas como algo positivo e enriquecedor, evitando calquera tipo de
discriminación

c. Aprender a utilizar estratexias para resolver conflitos xerados no entorno escolar de xeito
pacífico

d. Manifestar unha actitude de responsabilidade e respecto no uso e coidado do seu entorno e do


material e das instalacións

e. Manifestar actitudes de respecto, colaboración e solidariedade cara aos demais

f. Coñecer os seus dereitos e deberes

g. Coñecer cales son as condutas que perturban a convivencia, así como os tipos e medidas de
corrección

h. Facer uso positivo da linguaxe, libre de violencia e prexuízos

Obxectivos para as Familias

a. Implicarse e colaborar no proceso educativo.

b. Participar e colaborar co centro educativo nas medidas de prevención e corrección das


posibles condutas perturbadoras da convivencia.

c. Coñecer os dereitos e deberes dos seus fillos/as como membros da comunidade educativa.

53
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
d. Coñecer cales son as condutas que perturban a convivencia, así como os tipos e medidas de
corrección.

e. Participar no desenvolvemento da convivencia no centro a través dos distintos organismos:


Consello Escolar, ANPA, Comisión de Convivencia...).

54
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
4. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, DAS MEDIDAS OU DOS PROGRAMAS QUE SE VAN
DESENVOLVER PARA FAVORECER A CONVIVENCIA, INCLUÍNDO MEDIDAS
PREVENTIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN E ACTUACIÓNS ORGANIZATIVAS,
CURRICULARES E DE COORDINACIÓN, ENTRE OUTRAS.

As normas básicas de convivencia do centro parten dos valores que a comunidade educativa, no marco
da legalidade vixente, considera fundamentais para a educación e para a convivencia no Proxecto
Educativo.

Estas normas básicas de convivencia, recollidas nas Normas de Organización, Funcionamento e


Convivencia convértense, deste xeito, nun instrumento para a consecución dos principios educativos do
centro xa que:
 Permiten crear oportunidades para respectar a diversidade e as diferenzas.
 Contribúen a desenvolver a autonomía moral, a participación democrática e a educación cidadá.
 Constitúen o marco de participación na vida do centro.

a. Actuacións organizativas, curriculares e de coordinación

A acción titorial constitúe o marco indispensable e necesario para establecer unhas boas bases para a
convivencia no grupo e por extensión á vida do colectivo total do alumnado. A capacidade do titor/a para
canalizar e resolver os problemas relacionais, así como para crear un clima afectivo e integrador no
aula no que teñan cabida todos e cada un dos alumnos/as do grupo, representa o factor máis influínte
na configuración das relacións persoais e é o elemento crave sobre o que pivota o resto das actuacións
con outros sectores da comunidade escolar.

A organización do aula, as estratexias de comunicación que se establecen con cada profesor/a, os vínculos
relacionais, o axuste curricular e as adaptacións curriculares, as normas de aula e as rutinas que o
titor/a utiliza no desempeño das súas tarefas son os elementos dun fenómeno interactivo que vai
determinar substancialmente o proceso da convivencia no centro.

Medidas de mellora no grupo-clase:

Aínda que estas medidas enmárcanse esencialmente na Acción Titorial, é conveniente que constitúan un
referente metodolóxico unificado e xeneralizado para todo o profesorado co fin de evitar mensaxes
incoherentes ou contraditorios que fosen prexudiciais para a consecución dos obxectivos fixados:
 Fomentar a aprendizaxe cooperativa.
 Reparto equilibrado de responsabilidades e tarefas entre o alumnado.
 Favorecer a autoestima cando se detecten situacións de infravaloración.

55
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 Crear un clima de confianza aceptando as suxestións dos nenos/as.
 Rexeitar as actividades grupais discriminatorias, fomentando o compañeirismo.
 Establecer normas claras de funcionamento no centro cunha formulación positiva.
 Fomentar a participación en tarefas e responsabilidades do centro.
 Creación da figura do alumno/a axudante para os nenos/as novos/as no centro.

b. Actuacións dirixidas a garantir a participación da comunidade educativa.

O proceso formativo susténtase nunha estreita colaboración entre escola e familia sen a cal resulta difícil e
en ocasións inútil o esforzo educativo. Consideramos que as seguintes son propostas necesarias de
cooperación a ter en conta polas familias:
 Dar modelos positivos e intentar resolver os conflitos sen aceptar a violencia.
 Exercicio da autoridade que lles corresponde no proceso de educación e formación dos seus fill@s.
 Cooperación co centro en casos de indisciplina, agresividade, etc.
 Colaboración co centro no proceso de ensino aprendizaxe e de integración escolar.
 Non desautorizar ao profesorado diante dos fill@s.
 Fomentar nos seus fill@s a construción de valores como o esforzo persoal, a constancia, a
autonomía, o respecto cara aos demais.
 Coidar o crecemento emocional, ensinándolles a poñerse no lugar do outro e a controlarse
emocionalmente.
 Impedir que os fillos/as accedan a contidos da TV, videoxogos ou Internet inadecuados á súa idade,
ofrecéndolles alternativas.
 Evitar a sobreprotección dos seus fill@s.
 Revalorizar o centro escolar como un espazo de ensino e de formación.

Do alumnado:

Buzón de suxerencias e queixas:

Trataríase de establecer no centro un espazo destinado a albergar un buzón ou caixa onde o alumnado
poida depositar información que sirva para canalizar as súas suxestións, inquedanzas, problemas, queixas
ou observacións en xeral.

Estas manifestacións serían confidenciais e poderían servir en certa medida para obter datos de posibles
situacións conflitivas que subxacen e que non son perceptibles a primeira ollada.

Algúns nen@s non sempre teñen estratexias suficientes para resolver os seus problemas ou inquedanzas,
ou para verbalizalas na aula.

56
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Esta actividade deberá ser previamente informada e traballada no marco da titoría, para que sexa utilizada
de forma rigorosa. O alumnado non debe valerse deste sistema para transmitir información
intranscendente ou banal que constitúa unha perda de tempo innecesaria e desvirtúe o seu carácter
participativo, consultivo e de prevención.
A información recolleita trasladaríase aos responsables vinculados coa mesma para tratar de resolver e/ou
determinar actuacións de mellora.

c. Actuacións dirixidas á prevención de condutas contrarias ás normas de convivencia.


 Circular informativa ao inicio de cada curso. A dirección do centro remitirá ás familias unha circular
informativa lembrando as principais normas de organización e funcionamento do centro.
 Reunións informativas titores-familias. Información ás familias ao principio de cada curso sobre o
Plan de convivencia e as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.
 Titorías: Ao principio de curso darase información sobre o Plan de convivencia e as Normas de
Organización , Funcionamento e Convivencia ao alumnado.

5. PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN, DETECCIÓN E TRATAMENTO DAS SITUACIÓNS


DE ACOSO ESCOLAR, DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NO ARTIGO 30.2 DA LEI
4/2011, DO 30 DE XUÑO.
As dinámicas de funcionamento, tanto do grupo amplo que forma o alumnado do centro coma do grupo
limitado á aula, poden favorecer relacións negativas como o acoso. Outros conflitos escolares non son acoso:
meterse un co outro de xeito amigable e sen intención de facer dano ou as discusións e incluso as pelexas
entre alumnado a un mesmo nivel, situados, polo tanto, nun equilibrio de forzas.
É importante, xa que logo, diferenciar o acoso escolar doutras situacións disruptivas puntuais, que presentan
a miúdo unha abordaxe diferente, aínda que requiren tamén dunha resposta efectiva.
Considérase acoso escolar calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno
ou alumna por outro ou outra ou outros, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento
ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas
realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que
xurda no ámbito escolar.
As medidas que deben adoptarse en caso de detección dunha situación de acoso escolar así como as propostas
de actuacións de sensibilización contra o acoso escolar, dirixidas a toda a comunidade educativa, que axuden
a previlo e a preparar para detectalo e reaccionar e intervir fronte a este figuran no Protocolo xeral de
prevención ,detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso que se inclúe como Anexo ao presente
Plan.
Protocolo de acoso: enlace a páxina web da Consellería: http://www.edu.xunta.es/portal/node/9678
57
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
6. CONCRECIÓN, EN CADA UNHA DAS ACTUACIÓNS, DAS MEDIDAS OU DOS
PROGRAMAS, DAS PERSOAS OU DOS ÓRGANOS RESPONSABLES, DAS PERSOAS
DESTINATARIAS E DOS PROCEDEMENTOS QUE SE VAN A SEGUIR PARA O SEU
DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN.

a. Actividades de acollida para o alumnado que se matricula por primeira vez no centro e para
as súas familias. (Contempladas no Plan de Acollida)

As actividades de acollida teñen como finalidade facilitar o proceso de escolarización, a adaptación e a


integración do alumnado de novo ingreso no centro ao entorno escolar como aparecen recollidas no
Plan de Acollida.

b. Actividades para a sensibilización fronte aos casos de acoso e intimidación entre iguais,
dirixidas á comunidade educativa.

Plan Director de Convivencia charlas dirixidas ao alumnado e á comunidade educativa sobre:


 O acoso escolar.
 Navegación segura en Internet e uso responsable das novas tecnoloxías.

c. Actividades dirixidas á sensibilización da comunidade educativa na igualdade entre homes


e mulleres para previr posibles situacións de violencia de xénero.

A educación para a igualdade entre homes e mulleres debe ocupar un lugar preeminente na educación
en valores que pretendemos.

A educación escolar debe contribuír a que os alumnos e alumnas sexan capaces de identificar situacións
nas que se produce este tipo de discriminación polo xénero, de analizar as súas causas e de actuar eles
mesmos á súa vez de acordo con estes valores igualitarios.

Accións dirixidas á comunidade escolar


 Tratamento da linguaxe: uso dunha linguaxe non sexista, no que se contemple e visualíce o xénero
feminino.

Accións no centro
 Reparto equilibrado de tarefas e responsabilidades entre o alumnado de ambos sexos.
 Igualdade de trato entre o alumnado en todos os aspectos educativos (curriculares,
organizativos, metodolóxicos, actitudinais, etc.)
 Criterios de selección de textos e materiais curriculares que contemplen un tratamento
equilibrado de xénero que non sexa sexista (linguaxe, roles, imaxes, currículo oculto, etc.).
58
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
 Potenciar os comportamentos e actitudes relacionais entre o alumnado que sexan igualitarios.
 A perspectiva de xénero debe estar incluída e debe ser tida en conta en todas as áreas. O labor máis
importante respecto diso desenvólvese obviamente na titoría, con todo o compromiso debe ser
asumido por todo o profesorado. As actuacións educativas serán máis efectivas canto máis
interiorizadas estean polos equipos educativos.
 Impulsar actividades sobre coeducación dirixidas ao alumnado (talleres, charlas,

conmemoracións, etc.)
 Colaborar con outras institucións e organismos para ofrecer recursos e actividades sobre
coeducación.

d. Actividades dirixidas á sensibilización da comunidade educativa na non discriminación por


razón de raza, sexo, procedencia e condición persoal ou social.
 Celebración de datas que sensibilicen a toda a comunidade educativa nos valores democráticos:
a tolerancia, igualdade, o respecto, o diálogo, a resolución de conflitos de forma pacífica e a non
violencia: Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Día da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos, Día escolar da non Violencia e da Paz , Día Internacional da Muller,...
 Medidas de carácter organizativo que posibiliten a adecuada vixilancia dos espazos e dos tempos
considerados de risco, como os recreos, as entradas e saídas do centro e os cambios de clase nos
corredores.
 O Departamento de Orientación elaborará e desenvolverá un programa que contribúa á adquisición de
habilidades e competencias sociais por parte do alumnado como complemento das medidas correctoras
das condutas contrarias á convivencia, dirixido ao alumnado que incorra reiteradamente en condutas
disruptivas, coa finalidade de mellorar a súa integración no centro docente.
 Así mesmo, elaborarase e desenvolverase un programa que contribúa á adquisición de habilidades e
competencias sociais específico para aquel alumnado que, como consecuencia da imposición das
medidas correctoras, estea temporalmente privado do seu dereito de asistencia ao centro. Este
programa aplicarase coordinadamente entre o Departamento de Orientación e o profesorado titor,
que procurarán implicar o resto do profesorado e as familias e, de ser o caso, os servizos sociais
correspondentes, para lograr conxuntamente o desenvolvemento adecuado do proceso educativo e das
accións propostas.

O recreo e o xogo

O período de recreo é un dos momentos onde se producen con frecuencia incidencias ou conflitos entre o
alumnado. O patio de recreo é o espazo de xogo que os nenos e nenas utilizan fóra xa dos límites da aula
para establecer vínculos relacionais máis libres e onde a interacción con outros grupos é maior.
59
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
É por iso que resulta tamén un espazo educativo proveitoso onde se establecen unhas normas de
funcionamento claras e precisas que todo o profesorado debe coñecer e aplicar de forma xeneralizada e
coordinada. Para iso debe haber unha organización definida de uso dos espazos de xogo e de vixilancia do
profesorado. Esta organización recollerase nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia.

7. NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO COA CONCRECIÓN DOS DEREITOS E


DEBERES DOS DIFERENTES MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E
PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN E INCUMPRIMENTO DELAS

Recollidas nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia.Destacamos as seguintes:

(Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa).

Dereitos e deberes das nais e pais ou das titoras ou titores

1. As nais e pais ou as titoras ou titores, en relación coa educación dos seus fillos ou fillas ou pupilos
ou pupilas, son titulares dos seguintes dereitos de convivencia e participación, sen prexuízo dos
establecidos nas leis orgánicas de educación:

a. A ser respectados e recibir un trato adecuado polo resto da comunidade educativa.

b. A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou
fillas ou pupilos ou pupilas, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos
equipos directivos dos centros docentes.

c. A recibir información sobre as normas que regulamentan a convivencia nos centros docentes.

d. A seren oídos, nos termos previstos por esta lei, nos procedementos disciplinarios para a imposición
de medidas correctoras de condutas contrarias á convivencia dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou
pupilas.

e. A participar no proceso educativo a través de consultas e outros procedementos de participación


directa que estableza a Administración educativa.

2. Así mesmo, como primeiros responsables da educación dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas,
teñen os seguintes deberes:

a. Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración co profesorado e


cos centros docentes.

b. Coñecer as normas establecidas polos centros docentes, respectalas e facelas respectar, así como
respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado

60
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
no exercicio das súas competencias.

c. Fomentar o respecto polos restantes compoñentes da comunidade educativa.

d. Colaborar cos centros docentes na prevención e corrección das condutas contrarias ás normas de
convivencia dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas.

Dereitos e deberes do alumnado

1. Recoñécenselle ao alumnado os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar, sen prexuízo dos
establecidos nas leis orgánicas de educación:

a. A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa
personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo.

b. A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.

c. Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de
acoso escolar.

d. A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración


educativa, nos termos previstos no título IV da Lei 4/2011.

e. A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflitos e, en


xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de convivencia.

f. Son deberes básicos de convivencia do alumnado:

g. Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de


estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación.

h. Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas


competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

i. Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos


entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade
educativa.

l. Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.

m. Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.

n. Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte a convivencia dos seus
respectivos centros docentes.

61
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
o. Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.

p. Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.

q. O alumnado empregará unha vestimenta axeitada que non lle impida ou dificulte a realización das
actividades escolares e non sexa atentatoria contra a súa dignidade ou a dos demais.

Dereitos e deberes do profesorado.

1. Ao profesorado, dentro do marco legal establecido e no ámbito da convivencia escolar,


recoñécenselle os seguintes dereitos:

a. A ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto da comunidade educativa e pola
sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.

b. A desenvolver a súa función docente nun ambiente educativo adecuado no que se preserve en todo
caso a súa integridade física e moral.

c. A participar e recibir a colaboración necesaria para a mellora da convivencia escolar e da


educación integral do alumnado.

d. A que se lle recoñezan as facultades precisas para manter un adecuado ambiente de


convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares.

e. Á protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes.

f. A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración


educativa, nos termos previstos no título IV da Lei 4/2011.

g. A acceder á formación necesaria na atención á diversidade e na conflitividade escolar e recibir os


estímulos máis axeitados para promover a implicación do profesorado en actividades e experiencias
pedagóxicas de innovación educativa relacionadas coa convivencia e a mediación.

2. Son deberes do profesorado:

a. Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade


persoais de todos os membros da comunidade educativa.

b. Adoptar as decisións oportunas e necesarias para manter un adecuado ambiente de convivencia


durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares, corrixindo, cando lle
corresponda a competencia, as condutas contrarias á convivencia do alumnado ou, no caso contrario,
poñéndoas en coñecemento dos membros do equipo directivo do centro.

c. Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á

62
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.

d. Informar ás nais e pais ou ás titoras ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración


socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, cumprindo as obrigas de
dispoñibilidade dentro do horario establecido no centro para a atención a aqueles que lle impoña
a normativa aplicable.

e. Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das
alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as
circunstancias persoais e familiares do alumnado.

Dereitos e deberes do persoal de administración e de servizos.

1. Ao persoal de administración e de servizos dos centros docentes, dentro do marco legal


establecido e no ámbito da convivencia escolar, recoñécenselle os seguintes dereitos:

a. A ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto da comunidade educativa e pola
sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.

b. A desenvolver as súas funcións nun ambiente adecuado no que se preserve en todo caso a súa
integridade física e moral.

c. A participar, no exercicio das súas funcións, na mellora da convivencia escolar.

d. Á protección xurídica adecuada ás súas funcións.

e. A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración


educativa, nos termos previstos no título IV da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e
participación da comunidade educativa.

2. Son deberes do persoal de administración e de servizos:

a. Respectar e colaborar, no exercicio das súas funcións, para facer que se respecten as normas de
convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais de todos os membros da
comunidade educativa.

b. Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á


convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.

c. Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das
alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as
circunstancias persoais e familiares do alumnado.

d. Gardar sixilo e confidencialidade respecto das actuacións relacionadas co ámbito educativo das que
63
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
teña coñecemento.

8. ESTABLECEMENTO DAS CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA E DAS


CORRECCIÓNS QUE CORRESPONDAN AO SEU INCUMPRIMENTO

Recollidas nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia.Así temos :

 Actuarase segundo o disposto no Título III do Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se
desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa
en materia de convivencia escolar.

 O órgano encargado da imposición de medidas correctoras dunha conduta é a dirección.

 A dirección consultará á comisión de convivencia as medidas a adoptar ante unha conduta grave,
sempre que non esixa unha toma de decisión inmediata, neste caso comunicarallo a posteriori.

 As medidas de corrección comunicaranse no 1º Consello Escolar ordinario que se celebre.

O profesorado que teña coñecemento dunha incidencia, deberá rexistrarala nun parte e
comunícala, se é o caso, ao/á titor/a, empregando o modelo que figura como anexo.

9. AS NORMAS ESPECÍFICAS PARA O FUNCIONAMENTO DA COMISIÓN DE


CONVIVENCIA DO CENTRO, A SÚA COMPOSICIÓN, A PERIODICIDADE DAS REUNIÓNS
E O PLAN DE ACTUACIÓN E, DE SER O CASO, DA AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA
OU DA ESCOLA DE NAIS E PAIS.

A Comisión de Convivencia estará integrada por:

 Director/a do centro.

 Xefe/a de Estudos.

 Xefe/a do Departamento de Orientación

 2 representantes do profesorado.

 2 representantes de nais e pais.

 1 persoal non docente.

 1 persoa representante do Concello.

64
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
A Comisión de Convivencia reunirase, polo menos, unha vez ao trimestre para analizar as incidencias
producidas, as actuacións realizadas e os resultados conseguidos, así como, elevar ao Consello Escolar
propostas para a mellora da convivencia.

A Comisión de Convivencia elaborará, ao rematar cada curso escolar, a correspondente memoria do plan
de convivencia do centro, de acordo cos datos e coas conclusións extraídos do proceso de seguimento e
avaliación e coas propostas de mellora que se consideren necesarias.

Aula de convivencia inclusiva

A aula de convivencia inclusiva ten como función substituír o tempo de expulsión do alumnado que
estivese temporalmente privado do seu dereito de asistencia ao centro, como consecuencia da imposición
de medidas correctoras, buscando a reincorporación á súa propia aula no menor tempo posible.
O profesorado que atenderá a aula de convivencia inclusiva, será profesorado de garda. Para a atención
da aula de convivencia contárase coa colaboración do xefe/a do departamento de orientación nalgunhas
sesións.

O Departamento de Orientación programará actuacións encamiñadas a favorecer un proceso de reflexión


por parte do alumnado.

O horario e localización da aula establecerao a Xefatura de Estudios tendo en conta os espazos


dispoñibles e de xeito que se incida do menor xeito posible nas actividades lectivas ordinarias. O
profesorado titor coa colaboración do Departamento de Orientación facilitará o material didáctico preciso
para o seu funcionamento.

10. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNA NO CENTRO, COAS


FAMILIAS E CON OUTROS CENTROS EDUCATIVOS OU ORGANISMOS DO CONTORNO.

As actuacións recollidas no presente Plan deberán levarse a cabo baixo os principios de colaboración e
coordinación de todos os sectores da comunidade educativa implicados en cada unha delas.

Os órganos de coordinación docente, no seu ámbito competencial, serán responsables de incorporar nas
súas actuacións as medidas e os acordos adoptados, de conformidade co que estableza o plan de convivencia
e as normas de convivencia do centro.

Os órganos de coordinación docente incluirán as medidas e os acordos relacionados coa convivencia


nos documentos institucionais do centro, concretamente nas concrecións curriculares de etapa, para
asegurar a coherencia destes co proxecto educativo e a programación xeral anual.

O centro establecerá a coordinación cos Servizos Sociais locais en todos aqueles casos nos que se require
a intervención dos mesmos. A información que se intercambia e as intervencións máis comúns están
65
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
relacionadas coa atención e o seguimento das minorías desfavorecidas, alumnado inmigrante,
determinación de axudas de diversa índole, situacións de familias con dificultades, etc.

A través do departamento de Orientación coordinaranse as actuacións de transición do alumnado que se


vaia incorporar ao novo IES Xesús Taboada Chivite en colaboración co Departamento de Orientación do
mesmo.

Control do absentismo escolar.

O protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, será a referencia:


http://www.edu.xunta.es/portal/node/11632

11. ESTRATEXIAS PARA REALIZAR A DIFUSIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA.

Ademais das actuacións recollidas nos distintos apartados, o Plan de Convivencia estará a disposición da
Comunidade Educativa na páxina web do centro.No momento da súa aprobación e ao inicio de cada curso
a dirección do centro informará desta circunstancia, na circular de principios de curso.

12. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO PLAN DE


CONVIVENCIA.

Corresponde á Comisión de Convivencia o seguimento e coordinación do Plan de Convivencia. A


Comisión de Convivencia reunirase, polo menos, unha vez ao trimestre para analizar as incidencias
producidas, as actuacións realizadas e os resultados conseguidos, así como, elevar ao Consello Escolar
propostas para a mellora da convivencia.

Os equipos docentes, o Claustro de profesores e a Asociación de Nais e Pais achegarán as súas


conclusións e propostas de mellora para a convivencia no centro á Comisión de Convivencia.

A Comisión de Convivencia elaborará, ao rematar cada curso escolar, a correspondente memoria do plan
de convivencia do centro, de acordo cos datos e coas conclusións extraídos do proceso de seguimento e
avaliación e coas propostas de mellora que se consideren necesarias. O consello escolar por proposta da
súa comisión de convivencia, aprobará a memoria do plan de convivencia elaborada por esta. Esta
memoria formará parte da memoria anual do centro.

*Desde o curso 2017/2018,o noso centro,xunto co resto de centros do concello de Verín participa nun
PFPP centrado na implementación do programa de Titoría entre Iguais nos cursos de 3º e 5º de
E.Primaria.

66
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
2.5. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

2.5.1.EDUCACIÓN INFANTIL

 Comezarase o curso entregando unha carta informativa ás familias para que coñezan algunhas
normas que nos axudarán ao mellor funcionamento do centro e que farán máis fluída a relación familia-
escola.

 A principio de curso terase unha reunión colectiva na que se tratarán os seguintes aspectos:

- Presentación do profesorado.

- Descrición dos obxectivos que se pretenden.

- Explicación breve do proceso de aprendizaxe dos máis pequenos da escola.

- Recordar normas de funcionamento.

Todo isto evitando no posible a información sobre casos concretos, que deberán ser tratados
individualmente cos afectados.

 Entrevistas individuais cos pais e nais na hora de titoría dos martes pola tarde na que se
abordarán os temas que afecten a cada neno concreto, aspecto este que se evitará nas reunións xerais.

 Intercambio de información puntual, se é necesario, nos momentos de recepción ou despedida dos


pequenos.

2.5.2. EDUCACIÓN PRIMARIA

A.1º e 2º NIVEL.

 Actividades previas (1ª quincena de setembro)

 Distribución de titorías

 Información e coñecemento da normativa vixente sobre a función titorial.

 Consulta do expediente persoal de cada alumno/a da titoría.

 Intercambio de información co profesorado e titores/as anteriores.

 Fixación dos horarios de titorías.

67
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Primeiro trimestre

 Mandar á familia circular co horario de titorías.

 Recibimento e acollida do alumnado.

 Presentación e información sobre a figura do titor/a.

 Presentación aos pais/nais dos obxectivos que se pretenden acadar, contidos que se
traballarán , criterios de avaliación, mínimos esixibles para obter unha valoración positiva,criterios de
cualificación, procedementos de avaliación tendo en conta a súa idade e metodoloxía empregada para
acadalos.

 Exposición de actividades extraescolares e complementarias ás unidades didácticas.

 Explicación do funcionamento do centro.

 Elaboración, por consenso, das normas de convivencia e exposición das mesmas na aula.

 Reunións co profesorado de nivel para estudiar posibles casos de A.C. ou R.E.

 Reunión xeral de pais/nais para informar sobre obxectivos e contidos, criterios de


avaliación, normas, etc.
 Reunión para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe do trimestre.

 Información do resultado.

 Revisión trimestral do P.A.T.

 Segundo trimestre

 Sesións cos titorados/as nas que se incida nos valores prioritarios para este curso.

 Asembleas e debates co alumnado para tratar posibles conflitos que xurdan, problemas que
poidan inquedalos, temas puntuais da actualidade...

 Seguir coas tomas de contacto coa familia nas horas de titoría.

 Reunión do profesorado de nivel para avaliar o proceso e resultados do trimestre.

 Información sobre o resultado.

68
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Terceiro trimestre

 Continuar na mesma liña de actividades establecida para o trimestre anterior.

 Avaliación final do proceso de ensino-aprendizaxe e do resultado do mesmo.

 Revisión final do P.A.T. e suxestións de cara ao próximo curso.

B. 3º e 4º NIVEL.

 Actividades previas a principio de curso

 Distribución de titorías.

 Consultar os expedientes do alumnado.

 Intercambio de información co profesorado de anos anteriores.

 Fixación dos horarios de titorías.

 Reunión co profesorado de nivel para tratar de fomentar técnicas de aprendizaxe tendo en


conta as capacidades de cada alumno/a.

 Elaborar información básica relativa á programación didáctica e cada titor e cada


especialista informará a pais e alumnos sobre a programación docente da súa área ou materia, nos
seguintes apartados: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, mínimos esixibles para obter unha
valoración positiva, criterios de cualificación e procedementos de avaliación da aprendizaxe, que se
vaian utilizar.

 Actividades ao longo do curso

 Mandar circular ás familias co horario de titoría.

 Reunión conxunta cos pais/nais para informalos sobre obxectivos e contidos e estratexias de
aprendizaxe.

 Presentarlle ao alumnado os obxectivos do curso.

 Explicarlles aos nenos e nenas o funcionamento do centro.

69
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Elaborar as normas de convivencia na clase por acordo de todos e elección dos


encargad@s de clase para cada semana; de xeito que todos e todas teñan que asumir
responsabilidades ao longo do curso.

 Traballar cos titorados/as os valores para este curso: normas de convivencia.

 Debates para tratar os temas de interese que poidan xurdir.

 Charlas impartidas por algún membro da comunidade educativa que reforcen o


traballo da clase (dentista, oculista, carpinteiro/a...)

 Reunión co profesorado de nivel para tratar os casos de nenos e nenas con


dificultades e as avaliacións trimestrais.

 Reunión coas familias para informar do resultado das avaliacións.

 Revisión trimestral do desenvolvemento da programación.

C. 5º e 6º NIVEL .

 Distribución de titorías.

 Intercambio de información co profesorado e titores/as anteriores.

 Fixación de horarios de titorías e circular ás familias.

 Recibimento e acollida do alumnado.

 Explicación do funcionamento do centro (estructura, órganos de goberno, RRI...)

 Reparto de tarefas para o alumnado.

 Elección de delegado/a e funcións.

 Elaboración das normas de convivencia e exposición das mesmas.

 Reunión xeral de pais/nais para informar sobre obxectivos e contidos,


criterios de avaliación, normas...

 Reunións trimestrais por niveis para avaliar o proceso e resultados.

 Información dos mesmos a alumnado e familias.

 Sesións periódicas co alumnado para tratar os valores deste curso.

 Asembleas e debates para tratar posibles conflitos e temas de interese.


70
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

2.6. PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

INTRODUCIÓN.

No marco do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do


alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as
ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, enténdese por atención á
diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás
diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e
situacións sociais e culturais da totalidade do alumnado.

O actual sistema educativo ofrece unha ensinanza básica comprensiva cun tronco común para tódolos
alumnos e alumnas ata os 16 anos. Pero esto podería ser discriminatorio senon se tiveran en conta as
diferencias no punto de partida de cada alumno-a debidas tanto á orixe social como ás súas capacidades
ou ó seu historial académico. O propio sistema establece, entón, a necesidade de atender a esta
diversidade de xeito que se lle dea a cada un o ensino que precisa.

Esta atención personalizada pode e debe realizarse no ámbito das actuacións pedagóxicas que
configuran a maneira habitual de proceder nos centros escolares e nas aulas. Son actuacións que
afectan á metodoloxía, o currículum aberto, ós criterios de agrupamento do alumnado, á posibilidade
de reforzo educativo ou de permanencia dun ano máis na etapa educativa, etc.

Sen embargo, en ocasións, as necesidades educativas de certos alumnos e alumnas demandan


actuacións extraordinarias tanto de carácter curricular como organizativo. Estamos a falar das
denominadas "medidas extraordinarias de atención á diversidade”: aquelas que se toman en casos
concretos nos que non foron suficientes as medidas ordinarias. Entre elas están as Adaptacións
Curriculares Individualizadas, a posibilidade de permanencia dun ano máis en Ed. Infantil, a
anticipación no inicio da escolaridade obrigatoria, etc.

1. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

O CEIP Amaro Refojo caracterízase por ser un colexio situado na zona urbana de Verín, preto do
centro da localidade, polo que recibe alumnado procedente das rúas adxacentes, sen que haxa
necesidade de transporte escolar. Ten un horario de xornada única, de 9 a 14 h, non contando
tampouco con servizo de comedor escolar,

71
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

O colexio está dividido en dúas partes, unha para E. Primaria e outra para E. Infantil, situadas en
dous puntos separados da localidade, os cales distan entre si aproximadamente uns 5 minutos
camiñando. Esta circunstancia complica dalgún xeito a organización de horarios de profesorado,
gardas, coordinacións, recollida de irmáns por parte das familias, etc.

As instalacións, sobre todo en E. Primaria, son bastante limitadas en canto a espacios. Concretamente,
o patio de Primaria ten unhas dimensións reducidas para o número de alumnos que o utilizan, situación
que se ven paliando en parte grazas a que un colexio privado adxacente ao noso nos presta as súas
instalacións para os recreos dos nenos e nenas de 5º e 6º nivel, pero co perigo que supón levalos cada día
pola beirarrúa ao outro colexio, ademais de que o patio continúa sendo bastante pequeno para os
alumnos/as que quedan, de 1º a 4º nivel, o que dalgún xeito complica o tempo de lecer e incluso favorece
os posibles accidentes e os conflictos entre eles. Ademais do patio, as instalacións interiores tamén
son reducidas. Moitas das aulas, incluso as que se fixeron ultimamente, non acadan unhas dimensións
axeitadas para o traballo diario. O ximnasio utilízase como salón de actos pero resulta pouco axeitado
para tal fin, xa que ten un aforo tan reducido que nos leva a facer dúas representacións cada vez que se
utiliza e cando hai algún acto de presentación do curso, conferencias, etc. parte do público queda fora.
Outros espacios como a sala de profesores, biblioteca, almacén, etc. tamén son deficitarios en canto ás
súas dimensións.

Contamos con diferentes servizos:

 Servizo de gardería antes e despois das actividades lectivas

Actividades extraescolares variadas organizadas polo colexio, Anpa e Concello

Aulas específicas: biblioteca, informática, inglés, música.

En canto ao alumnado, contamos con máis de 400 alumnos, cunha ratio xeral por aula normalmente
entre 22 e 24 alumnos/as, segundo o ano, estando moitas das aulas no máximo de matriculación. Nos
últimos anos houbo que facer unha baremación coas solicitudes de admisión, dado que superaban o
número de prazas ofertadas.

A gran maioría do alumnado procede de familias de clase media ou media-baixa. Contamos coa
presencia do alumnado estranxeiro con nacionalidade marroquí, eslovaca, portuguesa, etc., ademais de
algúns nenos/as de etnia xitana. Nestes casos as dificultades veñen derivadas normalmente polo
descoñecemento das linguas oficiais e/ou polo desfase curricular. Moitos deles son alumnos con
necesidade específica de apoio educativo.

72
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

O centro dispón de unha hora semanal, os martes pola tarde, para a atención ás familias, aínda que os
contactos acostuman a producirse tamén noutros momentos, cando así se considera necesario.

A maioría das familias teñen unha boa relación co centro, interesándose polo traballo escolar dos seus
fillos/as. Moitas axudan na adquisición de hábitos de estudo.

Hai algunhas familias con carencias económicas que reciben prestacións por parte dos organismos
oficiais da Xunta de Galicia, ademais de as axudas para a adquisición de material escolar ou a
posibilidade de adscribirse ao fondo de libros.

Existe unha coordinación cos servizos sociais do Concello para os casos de nenos/as ou familias nos
que se considera necesario por diferentes circunstancias.

O número de profesorado na actualidade ronda a treintena, a maioría mulleres e a meirande parte


definitivo no centro. A maioría participa en actividades de formación, moitas veces con carácter
individual en entidades alleas ao centro e outras como colectivo no propio colexio.

2. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DAS NECESIDADES

As necesidades que se advirten por parte do profesorado son as seguintes:

Mellorar os índices de comprensión lectora e de expresión escrita do alumnado.

Incrementar a competencia do alumnado nos cálculos e resolución de problemas matemáticos.

Mellorar a competencia comunicativa oral na lingua galega.

Mellorar a competencia comunicativa oral na lingua inglesa.

 Incrementar o nivel de autonomía do alumnado á hora de aprender (competencia de aprender a


aprender)

 Mellorar os índices de atención do alumnado respecto das explicacións do profesorado e da realización


das actividades en xeral.

Mellorar o grao de motivación e de esforzo do alumnado.

Mellorar nas técnicas e hábitos de traballo e organización do traballo persoal

Cultivar os valores da tolerancia e da amizade e o respecto polas diferenzas.

73
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Mellorar a acollida e a inclusión do alumnado con necesidade específica de apoio educativo por parte
da totalidade do alumnado.

 Rebaixar os niveis de competitividade e insolidariedade do alumnado no que atinxe ás tarefas


escolares.

Desenvolver habilidades sociais no alumnado para que saiba resolver os conflitos.

Diminuír a ratio alumnado-profesorado para que mellore a aprendizaxe.

Máis investimento económico por alumnado.

Dar máis importancia á creatividade e á expresión plástica.

3. DETERMINACIÓN DOS OBXECTIVOS DO PLAN

Os obxectivos que se formulan e pretenden acadar con este PXAD, tomando como referencia as
primeiras necesidades expresadas no apartado anterior son:

1. Organizar os recursos persoais e materiais do centro co fin de facilitar unha resposta educativa
axeitada a todo o alumnado, especialmente aos que presentan necesidades específicas de apoio
educativo, establecendo os mecanismos axeitados e medidas de apoio e reforzo precisas.

2. Favorecer a flexibilidade na organización de ditos recursos realizando as oportunas adaptacións


á realidade do Centro en cada momento.

3. Mellorar a coordinación e implicación dos diferentes profesionais que colaboran na atención á


diversidade.

4. Considerar a atención á diversidade como un proceso continuo e integrado dentro da labor


titorial e dos especialistas.

5. Facilitar ao alumnado o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e a


adquisición das competencias básicas e dos obxectivos do currículo establecidos para a educación
infantil e primaria, garantindo así o dereito á educación que o asiste.

6. Mellorar o rendemento académico do alumnado e minimizar as situacións de fracaso escolar.

7. Priorizar a comunicación oral e as áreas instrumentais (competencia lingüística e matemática)

8. Utilizar unha metodoloxía variada e adaptada ás distintas circunstancias e aos distintos


alumnos/as.

9. Incorporar na práctica diaria o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.


74
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

10. Mellorar o nivel xeral de atención do alumnado e o seu compromiso (motivación e esforzo) na
realización das actividades escolares.

11. Fomentar a participación das familias para apoiar o proceso educativo dos seus fillos e fillas.

12. Promover a coordinación con institucións ou organismos externos ao Centro.

4. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, MEDIDAS E/OU PROGRAMAS PARA A


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Por regra xeral as medidas sempre tenderán a ir do máis ordinario ao máis extraordinario, das
situacións máis normalizadoras ás menos normalizadoras.

MEDIDAS ORDINARIAS

 Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización


e xestión da aula ás características do alumnado.

 Cada profesor/a, desde a súa materia adaptará a programación didáctica do seu nivel a cada grupo de
alumnos/as en particular, unha vez realizada a avaliación inicial en canto a obxectivos e contidos.

Precisar cales son os obxectivos e contidos mínimos de cada unidade didáctica.

Precisar cales son os obxectivos e contidos mínimos de nivel.

 Seleccionar e priorizar aqueles contidos que sexan funcionais para o alumnado e que lle permitan
aprender por si mesmo.

 Utilizar unha metodoloxía baseada no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, na titoría entre
iguais, no aprendizaxe por proxectos e noutras que promovan a inclusión.

 Traballo individualizado profesorado/alumnado en momentos determinados e breves que favorecerán


a seguridade do alumnado.

Diversidade de actividades para cada contido.

 Actividades secuenciadas segundo a súa dificultade (cada alumno/a vai realizando e, unha vez
superadas, pasan ás de nivel seguinte).

Existencia de actividades de libre elección.

Realización de actividades de reforzo (para todo o grupo como repaso ou para alumnado con

75
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

dificultades de aprendizaxe, tdah, ...).

Realización de actividades de ampliación ou enriquecemento (para alumnado avantaxados).

 Plantexar un enfoque centrado na aprendizaxe significativa e no desenvolvemento das fortalezas e


talentos de todos o alumnado.

 Adaptar materiais didácticos: seleccionar e utilizar materiais curriculares diversos, adecuándoos ás


características do alumnado e aproveitando a súa potencialidade motivadora.

 Empregar recursos didácticos variados de xeito que un mesmo contido se presente a través de
recursos diferentes.

 Fomentar o usa da axenda escolar como axuda na organización do traballo e como canle de
comunicación colexio-familia

Realizar unha avaliación inicial ao comezo do curso.

Adaptar tempos, instrumentos e procedementos de avaliación en función do alumno/a ao que se dirixe.

Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación variados.

Valorar os procesos nas respostas dos exames, non só o resultado final.

 Valorar distintos criterios de cualificación: nota das probas, dos exames de trimestre, traballos de
aula, actitude, comportamento, responsabilidade, realización dos deberes, ...

Avaliar de xeito prioritario os contidos mínimos.

 Valorar o progreso do alumno/a a partir dos diferentes puntos de partida e, en definitiva, das dúas
diferentes posibilidades.

 Á hora de decidi-la promoción ou non tomaranse como referencia ás capacidades xerais que se sinalan
nas competencias e obxectivos de nivel ou de etapa, analizando si o nivel de logro acadado é suficiente
para seguir progresando nas ofertas educativas posteriores.

Desdobramento de grupos.

Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

Programas de enriquecemento curricular.

Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas, especialmente para:

- Alumnado que obteña uns resultados moi baixos nas probas de avaliación inicial de comezos de
curso.

76
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

- Alumnado que estea repetindo e se considere que esta medida pode atender as súas necesidades.

Programas específicos personalizados (modificación de conduta, habilidades sociais...)

 Medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia


MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

Apoio do profesorado especialista de PT/AL.

Adaptacións de acceso ao currículo

Adaptación curricular individualizada

 Redución do tempo de escolarización (flexibilización) ao alumnado con sobredotación intelectual


acreditada

 Ampliación do tempo de escolarización (flexibilización) ao alumnado con necesidades educativas


especiais que se considere necesario

Escolarización en modalidade combinada ou en aula específica dentro de centro ordinario

É conveniente que queden recollidas no expediente académicos as medidas tomadas co alumnado con
n.e.a.e.

Como conclusión, dicir que o profesorado ten que acomodar o proceso de ensino- aprendizaxe ás
condicións particulares de cada alumno/a. Así, haberá alumnos/as que requiran explicacións ou
exercicios específicos; outros/as que traballarán mellor sós nun determinado momento; outros aos que
haberá que adaptarlles a avaliación en canto ao tempo e/ou procedemento; outros/as aos que haberá
que dar certas responsabilidades; algúns aos que haberá que poñer frecuentemente en situación de
éxito, etc. En ocasións estas adaptacións deberán chegar aínda máis lonxe, como no caso daqueles
alumnos/as para os que sexa necesario realizar adaptacións curriculares individualizadas.

PROGRAMAS

 Programa de acollida ao novo alumnado, sexa por ser de nova escolarización ou por traslado desde
outro centro.

 Oferta de grupos de adquisición das linguas e/ou de adaptación da competencia curricular ao


alumnado procedente do estranxeiro que o precise.

 Programa de transición entre etapas de Infantil, Primaria e ESO, que inclúan a coordinación entre os
profesionais implicados, visitas aos centros, período de adaptación, reunións con pais, etc.

Programa de acompañamento escolar, dirixido a aqueles alumnos/as que presentan dificultades de


77
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

aprendizaxe así como a aqueles/as en situación de desventaxa educativa polo entorno sociocultural

 Programa de Habilidades Sociais para o alumnado con comportamento disruptivo así como no caso de
alumnos/as que se vexan temporalmente privados do seu dereito de asistencia ao centro como
consecuencia da imposición de medidas correctoras.

5. DETERMINACIÓN DOS CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN


DOS RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS

Coa finalidade de poñer en funcionamento e explotar o potencial das medidas propostas, establécense:

A. Criterios para garantir a coordinación vertical e horizontal das programacións das diferentes áreas:

 Tomando como referente o currículo establecido para cada etapa educativa nos correspondentes
decretos, o profesorado de cada nivel elaborará a programación da súa área (programación de
actividades e tarefas) partindo da concreción curricular da etapa.

 A comisión de coordinación pedagóxica (CCP) establecerá os criterios para que a concreción


curricular das distintas etapas que se impartan no centro, de ser o caso, garanta unha continuidade das
ensinanzas e unha coherencia das metodoloxías.

 A dirección garatiza o establecemento de tempos para a coordinación entre profesorado de nivel-aula


e entre o profesorado que deixa un grupo co profesorado que o recibe.

B.Criterios para garantir a adaptación dos tempos, instrumentos e procedementos de avaliación ás


circunstancias do alumnado:

 O profesorado deberá ter en conta as características do alumno/a para adaptar os seus procesos de
avaliación de tal xeito que a mesma sexa válida para reflectir a evolución real do alumno/a en canto ás
competencias básicas, contidos e obxectivos acadados.

 A adaptación dos tempos e dos instrumentos de avaliación deberá constar na correspondente


programación de área (medidas de atencion a diversidade)
C.Criterios para promover a equidade na adscrición do alumnado

Seguirase un criterio de orde alfabética na adscripción do alumnado ao grupo

 En caso de xemelgos ou ben dous irmáns no mesmo nivel, en xeral, procurarase que cada un esté en
diferente aula (agás demanda familiar xustificada).

78
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 As novas incorporacións, de producirse, irán para a unidade con menor número de alumnado. De ser
igual o número, a incorporación realizarase por orde alfabética das aulas, aínda que sempre se terá en
conta se hai nenos/as con dificultades ou con problemas de conducta.

D.Criterios de actuación na atención ao alumnado con n.e.a.e.

Enténdese por alumnado con necesidade específica de apoio educativo aquel que requira, de forma
temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar
necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por altas capacidades
intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de
historia escolar

Principios xerais:

O profesorado terá en conta estos principios xerais:

 Responsabilidade do titor/a ou profesor/a de área sobre a aprendizaxe de todos e cada un dos seus
alumnos/as. Este principio implica a responsabilidade sobre o deseño e desenvolvemento da ACI ou
Reforzo Educativo nos casos en que se precise.

 Ter presentes aos alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo en cada un dos elementos
que configuran o desenvolvemento curricular. Por exemplo:

Na planificación de actividades tales como exposicións orais, saídas, teatros, ... para que poidan
participar todos/as.

Temporización axeitada para que os máis lentos poidan segui-lo ritmo da clase aínda que sexa cun
nivel de realización diferente.

 As actividades do alumnado con n.e.a.e. deben situarse tamén dentro da dinámica xeral da aula, de
xeito que non existan currículums paralelos, é dicir, que o alumnado con n.e.a.e. non estea a facer
continuamente actividades que non teñan relación co que fai o resto do grupo. É labor do profesor/a
facilitar que este tipo de alumnos poida participar nas actividades xerais na medida das súas
posibilidades.

Aspectos da práctica diaria:

De cara á práctica diaria, haberá que considerar os seguintes aspectos:

 Para levar a cabo un traballo axeitado ás necesidades específicas do alumno/a haberá que adaptar
obxectivos, contidos, actividades, criterios de avaliación, metodoloxía, etc., segundo o caso. O

79
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

profesorado podrá introducir, eliminar ou priorizar obxectivos en función das características do


alumno/a.

 Para este alumnado, a autonomía, o equilibrio personal, a socialización e a adquisición das


aprendizaxes instrumentais serán obxectivos prioritarios.

 Respecto da temporización, poderase alonga-lo tempo das actividades para algúns alumnos/as: darlle
máis tempo para as actividades fundamentais, mentres os demais fan outro tipo de tarefas
(complementarias, de ampliación, ...). Tamén haberá que ter en conta a necesidade de adaptarse ó seu
ritmo en canto a momentos de descanso, cambios máis frecuentes de tipo de actividade, etc.

 Na avaliación, adaptaranse os tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación segundo as


necesidades e características do alumno/a.

 Será necesario dispor na aula de certos materiais específicos para o alumno/a motivo de n.e.a.e. tales
como punzóns e alfombrillas, plastelina, xogos educativos, materiais para alumnos/as con déficits
sensorias ou motóricos, de se-lo caso, etc.

 En canto a distribución de espacios, deberanse ter en conta aspectos físicos que poden ter incidencia
en deficiencias específicas. Por exemplo, no que se refire á accesibilidade á aula, os alumnos/as con
problemas motóricos deberán ubicarse en aulas da planta baixa do edificio. Os materiais da deberán
estar ó alcance do neno/a, ... O obxectivo da organización do espacio será facilita-la autonomía e a
participación.

 Igualmente, dentro da aula, o alumnado con n.e.a.e. deberá situarse nun lugar no que se facilite a
supervisión e dedicación por parte do profesorado, que contribúa a centra-la súa atención sobre o que
se explique e facilite a participación (especialmente se ten problemas de atención, hiperactividade ou
déficits sensoriais) e que favoreza a integración no grupo.

 O profesorado fomentará a participación activa do alumno/a con n.e.a.e. nas actividades grupais. Así,
por exemplo, o profesor titor ou de area faralle preguntas axeitadas ao seu nivel nas exposicións,
mandarao saír á pizarra ou a escenificar contidos so ou con outros compañeiros, a manipular obxectos
en experiencias demostrativas, pediralle que estea atento en todas aquelas actividades en que el poida
entender, ... igual que aos demais alumnos, pero sempre dentro das súas capacidades. Hai que ter en
conta que o feito de que el mesmo se sinta e todos o vexan como un compañeiro máis contribúe a
aumentar o seu desexo por aprender.

Tal como se menciona no apartado anterior, unha metodoloxía de aula participativa, con actividades

80
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

grupais, diversas, expresivas, vivenciadas, ... facilitará esta integración do alumnado con n.e.e na
dinámica xeral. Na medida que a rixidez sexa maior, será máis difícil acadar ese obxectivo.

Modalidades da atención ao alumnado con n.e.a.e.:

O reforzo educativo:

Diríxese a aqueles alumnos que teñen certas dificultades de seguimento da programación diaria, por
exceso ou por defecto, pero que non se apartan dos obxectivos xerais do nivel no que se atopa
escolarizado.

Implica poder modificar as secuencias dos contidos, as formas e instrumentos de avaliación, a


organización da aula e a metodoloxía, é dicir, os elementos non prescriptivos do currículum.

As medidas de RE serán elaboradas polo profesor titor ou polo profesor de área, co coñecemento do
titor/a, podendo solicitar asesoramento do Departamento de Orientación.

O seu desenvolvemento levarase a cabo no contexto escolar ordinario e polo profesor/a que imparte a
área e, se é o caso, en colaboración con outros profesionais que en ningún caso poderán substituí-lo
profesor/a.

O referente será a programación didáctica do nivel na área correspondente.

Debe constar como RE no expediente do alumno.

As familias deberán ter constancia desta medida de atención á diversidade.

A Adaptación Curricular Individualizada (ACI):

Está destinada a atende-las necesidades educativas dun alumno/a motivadas tanto por unha
determinada dificultade persoal como polas súas capacidades excepcionais cando esta atención supoña
modificar elementos prescriptivos do currículo común – competencias básicas, obxectivos, contidos e
criterios de avaliación -, podendo afectar a unha, a varias ou a tódalas áreas.

Polo carácter extraordinario que esta medida de atención á diversidade implica, cómpre que antes de
toma-la decisión de realizar unha adaptación curricular individualizada se teñan aplicadas outras
medidas menos excepcionais -flexibilización na temporalización para conseguir as competencias e
obxectivos, contidos con distinto grao de dificultade, tratamento dos contidos básicos do currículo
unicamente, realización de actividades de ampliación e de libre elección, adecuacións de recursos e
materiais, adaptacións nos procedementos de avaliación, etc.-.

81
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Procedemento de deseño e desenvolvemento da adaptación curricular individualizada: A conveniencia


da realización da adaptación curricular individualizada vén determinada pola avaliación
psicopedagóxica do alumno. Esta é realizada polo departamento de orientación, en colaboración co
equipo de profesores.

O deseño e desenvolvemento da adaptación curricular individualizada é responsabilidade do


profesorado que imparte a área ou materia, coa colaboración dos diferentes profesionais que participen
na atención ó devandito alumno, co asesoramento do departamento de orientación do centro e, cando
sexa necesario, do equipo de orientación específico provincial.

É conveniente que o desenvolvemento da adaptación curricular se realice integrado, na medida do


posible, nas accións educativas ordinarias do grupo de alumnos de referencia, para asegura-lo
maior grao de integración no grupo-clase do alumno que segue unha AC.

Aprobación: Correspóndelle á inspección educativa a aprobación desta medida extraordinaria de


atención á diversidade, á vista da proposta de adaptación curricular individualizada enviada polo
director ou directora do centro no que o alumno está escolarizado.

A familia deberá estar informada desta decisión, podendo reclamar en caso de desacordo ao Director
e, no seu caso, ao Servicio de Inspección.

Terá unha duración mínima de dous anos.

Os criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe establecidos nela serán o referente fundamental
para a súa avaliación e promoción.

Reflectirase como AC no expediente académico.

Criterios de organización dos apoios:

Procedemento de solicitude de apoio

 O profesor/a realizará en primeiro lugar os axustes necesarios na súa programación para dar
resposta ás dificultades escolares do alumno/a.

 No caso de que as dificultades persistan ou que así se considere necesario, solicitará a intervención do
Dpto. de Orientación mediante a folla de derivación.

82
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 O Dpto. realizará unha avaliación contextualizada das necesidades e capacidades do neno/a, e se é o


caso, elaborarase o oportuno informe psicopedagóxico. Neste proceso deberán colaborar tódolos
axentes implicados se así se lles require.

 Unha vez establecido que alumnos/as van necesitar apoio, o orientador e profesorado de PT e AL
establecerán o horario de atención ó alumnado con n.e.a.e., así como as distintas modalidades de apoio.
Poderá tamén intervir o Xefe/a de Estudios especialmente no que se refire aos apoios do profesorado
con dispoñibilidade horaria.

Criterios na atención aos alumnos con n.e.a.e.

 Terán prioridade os alumnos/as con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou


trastorno grave de conduta.

 A continuación do alumnado anterior, terán prioridade outros alumnos/as con n.e.a.e. que necesiten
adaptación curricular, preescrita mediante informe psicopedagóxico

Terán prioridade os alumnos/as con necesidades educativas permanentes sobre os de n.e. transitorias.

 Dentro do alumnado con n.e. non permanentes, terán prioridade aqueles que teñan un desfase maior
respecto á aula ordinaria.

 Terán prioridade os alumnos/as xa atendidos/as en cursos anteriores sobre os novos, sempre e cando
se trate de niveis de necesidades semellantes.

Priorizarase a atención dende os cursos máis baixos cara os máis altos.

 No caso do profesorado de AL priorizarase a intervención dos alumnos/as necesitados/as de


reeducación logopédica fronte a aqueles que necesiten atención soamente en áreas instrumentais (posto
que neste caso non se necesita un traballo tan especializado).

 O profesorado de PT apoiará en E. Infantil cando se trate de atrasos madurativos graves ou de n.e.


permanentes e así se determine na avaliación psicopedagóxica

 En canto ao profesorado especialista de Audición e Linguaxe primarase a intervención temperá no


ciclo de Educación Infantil e no primeiros cursos de Primaria.

 O profesorado de apoio en E. Infantil participará nas adaptacións curriculares xunto co titor, levará a
cabo os programas de intervención e colaborará na elaboración de materiais.

 Ao remate de cada curso, o profesorado de PT/AL deixará constancia por escrito da intervención
levada a cabo segundo o modelo de informe elaborado polo Dpto. de Orientación.

83
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

G.Modalidades de apoio ao alumnado con n.e.a.e.

Condicións xerais

 O profesorado de PT e AL apoiará ós alumnos-as con adaptación curricular, sendo o deseño e


desenvolvemento destas adaptacións responsabilidade do profesor-a que imparte a área
correspondente, o cal contará coa colaboración dos diferentes profesionais que participen na atención ó
alumno-a realizando un traballo coordinado.

 No caso de alumnos-as con reforzo educativo a responsabilidade é tamén do profesor de área, podendo
contar, se é o caso, coa colaboración deses profesionais en canto a metodoloxía, materiais, organización
dos agrupamentos na aula, etc. Estes alumnos recibirán este reforzo básicamente dentro da aula e polo
profesor/a que imparte a área na que o necesita .

 Se o número de alumnos/as atendidos e a organización dos apoios o permite, o profesorado de PT e AL


prestará apoio tamén nos casos de reforzo educativo.

 Estableceranse tamén apoios por parte doutros profesores/as con disponibilidade horaria,
principalmente nos casos de reforzo educativo. Este apoio realizarase preferentemente por parte do
profesorado do mesmo nivel ou niveis máis afíns a aquel no que se atopa o alumno/a e coincidindo coas
áreas instrumentais.

 Será necesaria unha coordinación constante entre o titor/a ou profesor/a de área e o profesor/a de
apoio en canto a preparación de materiais, adaptacións metodolóxicas, avaliación, etc.

Apoio dentro/fóra da aula.

 Os apoios dos alumnos-as con adaptación curricular faranse maioritariamente nas aulas ordinarias,
salvo no caso de que o alumno/a necesite unha intervención moi especifica que non sexa posible
desenvolver na aula ordinaria (porque interfira dificultando a dinámica xeral do grupo, porque necesite
uns medios materiais, un espacio, ... que non se poidan ter nesa aula, etc.).

 En algún caso, debido ó elevado número de alumnos/as con n.e.a.e. e/ou o escaso profesorado de apoio
poderanse facer agrupamentos fóra da aula.

 No caso de reforzo educativo, este desenvolverase “no contexto escolar ordinario”, polo profesor-a
que imparta a área e coa colaboración doutros profesionais se é preciso, pero “que en ningún caso
poderán substitui-lo profesor”.

84
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Os apoios fóra da aula faranse nun espacio axeitado: aulas de P.T. e A.L., principalmente, e no caso de
que estas estean ocupadas buscarase un espacio de traballo axeitado no que non haxa interrupcións ou
elementos que desvíen a atención do neno/a (mellor unha aula libre que a sala de profesores).

 Cando un profesor se negue a recibir o apoio dentro da aula ordinaria poderase eliminar ou reducir
dito apoio se se considera que facelo fóra da aula é perxudicial para o neno/a.

Sobre o apoio dentro da aula:

 En caso de que o alumno/a estea apoiado por un profesor/a na aula o titor/a e profesorado de área
deberán colaborar facilitando as condicións para este apoio:

habilitar un lugar cercano ao neno/a no que se poida ter a man o material específico,

ter unha silla ao lado para que non teña que buscala cada vez que acuda á aula,

situar o apoio de xeito que non entorpeza a visión dos outros nenos,

se hai varios nenos/as a apoiar facilitar o labor situándoos de xeito que poidan ser atendidos
grupalmente

 Se o profesor/a de apoio está a traballar nunha zona da aula é normal que haxa algo de “ruido”. Non
pretendamos que a clase estea sempre totalmente en silencio.

 Aínda que o neno/a estea sendo atendido por un profesor/a de apoio, será conveniente incentivar
tamén a súa participación activa nas actividades xerais ou grupais que se realicen nese momento na
aula, baixo a dirección do profesor/a titor/a ou de area que estea impartindo a clase, tal como que se
expuxo no apartado anterior. O profesor/a de apoio colaborará facilitando esta participación.

 É preferible, e máis ventaxoso para todos que, aínda que o profesor/a de apoio se centre no alumno/a
con n.e.a.e., haxa momentos nos que atenda a outros nenos/as que o requiran, de xeito que os
alumnos/as vexan que non está “marcando” a un neno/a senon que toda a clase pode ser suxeito de
axuda nun momento dado. Incluso, é interesante que nalgúns momentos titor/a e profesor/a de apoio
intercambien os papeis, esto é, que o de apoio se ocupe da clase xeral e o titor/ apoie ó neno con ne.e.

 O neno/a con n.e.a.e ten que ter como referencia sempre ó titor/a por encima de todo porque é o que
vai estar a maior parte do tempo, polo que é preciso que, aínda que o neno/a se encontre apoiado nese
momento, o titor/a se acerque de vez en cando a ver o traballo do neno/a , que o faga intervir na clase
xeral, que o alumno/a poida acercarse a el para mostrarlle un traballo, etc.

Disponibilidade do profesor de apoio.

85
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 O profesorado de apoio (tanto PT e AL como outros profesores que apoian) poderá ampliar a súa
intervención – é será conveniente que así sexa- a outros nenos/as da mesma aula que nun momento
determinado necesiten algunha axuda. O titor/a procurará facilitarlle este labor.

 Tendo en conta o anterior, se o alumno/a suxeito principal do apoio na aula ordinaria non acude ó
colexio polo motivo que sexa, o profesor/a de apoio acudirá igualmente á aula para prestar axuda a
outros nenos/as ou o grupo en xeral, salvo que se pacte co titor/a que non acuda para poder preparar
material ou debido a que dispoña dun número escaso de horas non lectivas.

Flexibilidade da organización dos apoios.

A organización dos apoios será aberta, flexible e suxeita a modificacións ao longo do curso.

7. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS EN RELACIÓN ÁS


MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO.

Con este epígrafe trátase de recoller aquelas actuacións profesionais que permitan facer realidade as
medidas propostas, non de establecer ou recordar as funcións que xa están debidamente reguladas. En
consecuencia, enténdese que as medidas a poñer en marcha requiren os seguintes compromisos:

a) Por parte do equipo directivo:

O equipo directivo deberá:

1. Garantir que se cumpren os criterios establecidos para a organización e distribución dos recursos e a
aplicación das medidas propostas.

2. Deseñar un procedemento para que as concrecións curriculares das diferentes etapas garantan unha
coordinación vertical e horizontal.

3. Dar cumprimento á proposta de prestación de apoio do profesorado de PT e/ou AL realizada pola


xefatura do departamento de orientación.

b) Por parte do profesorado titor:

1. Informar debidamente a cada unha das familias afectadas sobre as medidas propostas para o seu fillo
ou filla, recabando a súa autorización ou conformidade no caso das medidas que así o teñan establecido.

2. Solicitar as avaliacións psicopedagóxicas no modelo facilitado pola xefatura do departamento de


orientación, colaborando coa orientadora ou co orientador no proceso de exploración.

86
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

3. Realizar as convocatorias do equipo docente para a elaboración das adaptacións curriculares e para
o seu seguimento e avaliación, levantando as correspondentes actas.

4. Colaborar coa xefatura do departamento de orientación e co profesorado de apoio de PT e/ou AL no


posible axuste horario para a prestación dese servizo ao alumnado da súa titoría.

c) Por parte do profesorado de PT e/ou AL:

1. Colaborar coa xefatura do departamento de orientación na distribución dos servizos de apoio do


profesorado de PT e/ou AL ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

2. Elaborar o plan de traballo para o alumnado que atende, en colaboración co profesorado da área que
corresponda e segundo as orientacións da xefa ou do xefe do departamento de orientación

3. Realizar, ao final de curso e segundo o modelo facilitado polo departamento de orientación, o informe
de apoio educativo do alumnado ao que atendeu.

d) Por parte do resto do profesorado:

1. Realizar a adaptación curricular da área que ten encomendada, no caso do alumnado ao que se
decidiu aplicar esa medida, dentro dos prazos acordados e segundo o modelo establecido para o centro.

2. Facilitar ao profesorado titor, no que atinxe á súa área, a competencia curricular daquel alumnado
ao que se vai solicitar unha avaliación psicopedagóxica.

e) Por parte da xefa ou do xefe do departamento de orientación:

1. Realizar a proposta de intervención do profesorado de PT e AL unha vez considerada a opinión dese


profesorado e do profesorado titor.

2. Deseñar e dar a coñecer os modelos de demanda dunha avaliación psicopedagóxica por parte do
profesorado titor e por parte das familias.

3. Responsabilizarse de que o departamento de orientación deseñe os modelos de documentos necesarios


para o desenvolvemento deste plan (modelo no que planificar as áreas dunha adaptación curricular,
modelo de informe fin de curso do profesorado de apoio, modelo de informe titorial das medidas de
reforzo educativo, etc.).

4. Promover a elaboración e posta en práctica dos programas preventivos e de atención á diversidade


que o centro considere necesarios. Entre eles: programa para ensinar a pensar, programa de técnicas
de estudo, programa para a mellora da comprensión lectora, programa de acollida, programa de
habilidades sociais.

87
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

5. Manter os contactos necesarios con outros axentes externos como a preparación do tránsitos á ESO,
colaboración cos Servizos Sociais, etc.

8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS, ASÍ COMO CON


OUTRAS ETAPAS EDUCATIVAS E COS CENTROS ADSCRITOS OU DE ADSCRICIÓN.

A coordinación a nivel interno realízase mediante as seguintes reunións:

- Reunións do Departamento de Orientación.

- Do Orientador co profesorado para o asesoramento na elaboración das ACIs.

- Do Orientador co profesorado titor para a elaboración de programas de intervención; técnicas de


estudio, autoestima, desenvolvemento intelectual e para a realización de actividades de comprensión
lectora, atención e resolución de conflictos.

- Do Equipo directivo e a Comisión pedagóxica para a revisión dos Plans.

- Do Orientador co profesorado nas avaliacións trimestrais dos niveis que finalizan cada etapa.

Ademais das anteriores, realizaranse reunión de coordinación co orientador/a e equipo directivo do


centro de Secundaria ao que está adscrito o noso centro e tamén con outros orientadores/as da zona
para coordinar o traballo a realizar nos distintos Centros e intercambiar experiencias.

9. CANLES DE COLABORACIÓN COAS NAIS, PAIS OU TITORES E TITORAS LEGAIS DO


ALUMNADO E COS DIFERENTES SERVIZOS EXTERNOS AO CENTRO.

Levaranse a cabo as seguintes accións:

Establecemento dunha hora semanal para atender ás familias, os martes de 16 a 17h.

 Mantemento dunha reunión xeral do titor/a cos pais/nais dos alumnos/as do seu grupo ao principio de
cada curso.

Determinación dos contidos mínimos a tratar nesas reunións, sendo estes os seguintes:

Equipo docente do grupo en cuestión.

Información sobre a CC.

Información sobre o calendario escolar.

88
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Aclaración da liña metodolóxica usada na aula e sobre aspectos como: materiais necesarios, contidos a
traballar, actividades de aprendizaxe, criterios e instrumentos de avaliación, actividades de reforzo e de
ampliación, apoios e RE, criterios de promoción, nivel de colaboración familiar, a información ás
familias, etc.

Información dos principais aspectos das NOF e da PXA, en concreto: estrutura organizativa, horarios
de cada clase e criterios usados, horas de titoría e/ou atención ás familias, actividades complementarias
e extraescolares, control da asistencia e xustificación das faltas, normas de convivencia, etc.

Outros contidos que o titor/a considere necesarios.

 O procedemento ordinario de información ás familias son os informes trimestrais de avaliación. No


caso do alumnado con importante desfase curricular entregaráselle ás familias un informe trimestral de
cada alumno en función dos obxectivos traballados nese trimestre, o cal será elaborado polo
profesorado especialista de PT e AL, de ser o caso, coa colaboración do titor/a.

 Manteranse entrevistas individuais cos pais e nais tanto por parte do profesor titor como do
Orientador nos casos que así o requiran, lembrando sempre o seu carácter confidencial. Nestas
entrevistas se lle comunicará e orientará sobre as dificultades observadas nos seus fillos, despois de
valorar os resultados acadados nas distintas probas realizadas, e desta maneira implicalos nas
actividades que incidan na súa formación e aprendizaxe.

 O Departamento de Orientación manterá entrevistas con distintos servizos externos ao centro para
intercambiar información que incida nun mellor tratamento psicopedagóxico ao alumnado:

Servizo de Saúde Mental infanto-xuvenil do Sergas.

Servizos Sociais do Concello de Verín

Equipo de Orientación Específico de Ourense.

Cruz Vermella e o seu Centro de Día

Servizo de Familia e Menores

10. PROTOCOLOS PARA A SOLICITUDE E/OU AUTORIZACIÓN DAS MEDIDAS

EXTRAORDINARIAS.

No Dpto. de Orientacións constarán os seguintes documentos:

Demanda de intervención ao Dpto. de Orientación

89
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Autorización de apoio fóra da aula ordinaria.

Modelo do centro de AC

Modelo de opinión dos pais coa proposta de AC

Modelo de opinión dos pais sobre a proposta de flexibilización da escolarización

 Modelo de informe trimestral para o alumnado con desfase curricular importante (profesorado
PT/AL)

Modelo de informe anual para o alumnado apoiado polo profesorado de PT/AL

Demanda de intervención ao EOE

11. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO PLAN

O equipo directivo será o responsable do desenvolvemento, seguimento e avaliación do Plan Xeral de


Atención á Diversidade.

Ao comezo de cada curso escolar, os departamentos de Orientación dos centros elaborarán a proposta
da concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade, que debe formar parte da programación
xeral anual

O equipo directivo incorporará a concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade á


programación xeral anual, e velará polo seu cumprimento, avaliación e memoria.
Ao longo do curso, o equipo directivo e o departamento de orientación irán facendo un seguimento do
desenvolvemento do plan e da programación para introducir os axustes necesarios. Haberá unha posta
en común na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Elevaranse as conclusións e posibles modificacións ao Claustro para o seu coñecemento.

Incluiranse as valoracións na Memoria de Final de Curso, que, á súa vez, servirá de base para a
Programación Xeral Anual do curso seguinte.
Se as condicións do Centro se viran alteradas por calquera motivo durante o período escolar,
procederíase a realizar as modificacións oportunas.

Ao final de cada curso, analizarase a súa adecuación á realidade do centro e deseñaranse as

90
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

modificacións pertinentes en canto a alumnado e recursos humanos e materiais previstos para o curso
seguinte.

Os criterios de avaliación para determinar a calidade do plan e programación da atención á


diversidade son:

Adecuación ás necesidades reais do centro.

Logros acadados no referente aos obxectivos previstos.

Nivel de colaboración e participación dos distintos estamentos da comunidade educativa.

 Nivel de colaboración e participación dos servizos externos ao centro.

Grao de implicación dos responsables no seu desenvolvemento.

Con estes datos, ao final de cada curso, o Departamento de Orientación elaborará a correspondente
memoria do PXAD establecendo, de ser o caso, as pertinentes propostas de mellora. Esta memoria
incorporarase á memoria do Departamento de Orientación e, en consecuencia, á Memoria Anual do
centro.

91
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
2.7. PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN

XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO E NECESIDADES.

Contexto legal.

O presente Plan Anual de Orientación ten a súa base nos referentes legais que regulan a
orientación educativa en Galicia, dende o Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a
orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 27/04/1998) e a Orde de
24 de xullo do mesmo ano pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa
e profesional, ata a normativa máis recente, incluíndo as circulares específicas de orientación da
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se ditan
instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación
educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Destes referentes deriva unha concepción da orientación como servicio de asesoramento a toda a
comunidade educativa, o que conleva un Plan de Actuacións propio insertado dentro da dinámica xeral
do centro.

Contexto socioeducativo.
O CEIP Amaro Refojo está emplazado no núcleo urbano de Verín. É un centro antigo, construído
a finais da década dos cincuenta do século pasado, polo que ten experimentado ao longo de todo este
tempo distintas remodelacións para adaptarse ás necesidades de cada momento.

O centro acolle alumnado que reside integramente en Verín, non existindo servizo de transporte
escolar.

A vila constitúe o centro demográfico e social da comarca de Monterrei, conta con algo máis de
10.000 habitantes e ten medrado bastante como consecuencia da inmigración procedente dos arredores
e tamén do estranxeiro, agás nestes últimos anos de crise económica nos que apenas hai cambios na
poboación. Loxicamente, isto reflíctese no aumento do alumnado inmigrante no colexio, sobre todo de
orixe latinoamericana e, en menor medida, doutros países como Marruecos, Portugal, etc.

92
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
No que respecta ao colexio como espazo educativo, cabe sinalar que este soporta uns
condicionamentos derivados da estructura física que convén destacar:

 Os edificios de E. Infantil e Primaria están distanciados e ubicados en rúas diferentes, cos


conseguintes invonvenientes na organización e funcionamento xeral do colexio
(substitucións nas gardas, apoios, coordinación entre o profesorado, etc.).

 O problema da falta de espazo dentro dos centros segue sendo importante, sobre todo en E.
Primaria, pese ás melloras realizadas nos últimos anos nas instalacións do colexio. Grazas á
última reforma, podemos contar con biblioteca, dúas aulas máis e cunha sala de profesores
pero todas elas teñen unhas dimensións claramente insuficientes para o número de
alumnos/profesores que as ocupa habitualmente.

 Debido ás escasas dimensións do patio de Primaria, continuamos tendo que levar cada día a
unha parte dos nenos/as ás instalacións do Colexio dos Mercedarios na hora do recreo. Para
acceder a ditas instalacións é necesario saír primeiro á beirarrúa, co perigo que supón para os
nenos/as este recorrido tódolos días do curso. Aínda trasladando a estes rapaces/as fóra do
colexio, o patio de Primaria segue estando excesivamente masificado para o alumnado restante.

 Unha boa porcentaxe das aulas teñen unas dimensións insuficientes para o número de
alumnos/as que ubican.

 Así mesmo, o ximnasio está mal acondicionado para realizar convenientemente as actividades
de Ed. Física. Ademais de ser pequeno, non conta con vestiarios e utilízase como sala de usos
múltiples.

 Non existe propiamente salón de actos, o que nos obriga a usar como tal o ximnasio pero
cunhas condicións moi pouco axeitadas: aforo moi limitado para representacións, escenario
de dimensións mínimas, ... de tal xeito que as representacións teatrais, festivais, etc. non
lucen o traballo e teñen que realizarse forzosamente en dúas sesións, unha para pais-nais e
outra para nenos-as, salvo o festival de fin de curso, que se fai no patio. En ocasións téñense
utilizado outras instalacións alleas ao centro (pabellón municipal, parroquia, ...), cos
inconvenientes engadidos.

93
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
O alumnado.

No curso actual contamos con 397 alumnos/as, repartidos do seguinte xeito:

 6 aulas de E. Infantil, con 105 alumnos/as.


 12 aulas de E. Primaria, con 292 alumnos/as.

A ratio do colexio é de 22 alumnos/as por aula. Se separamos por etapas, temos 17,5 en E.
Infantil e 24,3 en E. Primaria, estando seis aulas de Primaria no máximo de alumnado. Ademais,
hai que ter en conta que na maioría das aulas existen nenos/as con necesidades específicas de apoio
educativo. Temos alumnos/as con TEA, problemas de conduta e/ou hiperactividade, capacidade
intelectual límite, discapacidade, dificultades de aprendizaxe, descoñecemento dos idiomas
oficiais, etc.

Como consecuencia do incremento da poboación estranxeira, tal como se mencionaba


anteriormente, nos últimos anos ten aumentado de forma sensible o número de alumnos/as
inmigrantes no centro. A maioría son de orixe latinoamericano e tamén hai varios portugueses,
marroquís, etc. En xeral, son nenos que non plantexan problemas de integración social no
contexto escolar pero, ademais das dificultades relacionadas co idioma, en moitos casos veñen
cun desfase curricular considerable, polo que a miúdo son necesarias medidas de atención a
diversidade enfocadas á adquisición das linguas e/ou á adaptación da competencia curricular.

Tamén contamos con varios nenos/as de etnia xitana. Neste caso a problemática reside no
grado de absentismo, especialmente cando cursan E. Infantil, o que xunto coa súa situación
sociocultural redunda nun menor rendemento nas tarefas escolares.

Necesidades educativas
Alumnado  Atención á diversidade.
 Acollida do alumnado estranxeiro
 Período de adaptación do alumnado de E. Infantil
 Formación en habilidades sociais que favorezan a convivencia
 Mellora do clima de relación na aula.
 Identificación co centro
 Aprendizaxe de técnicas de traballo intelectual

94
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Orientación Académica

 Mellora das técnicas instrumentais básicas de lectura, escritura, expresión


e cálculo
Profesorado  Información en relación a aspectos concretos da normativa educativa
recente
 Formación sobre aspectos psicopedagóxicos e didácticos

 Formación sobre aspectos metodolóxicos

 Formación sobre o sistema de avaliación.

 Formación para respostar á diversidade e á comprensividade educativa.

 Coordinación como equipo docente.


Familias  Información sobre o sistema educativo
 Implicación en proxectos de formación e seminarios didácticos.
 Información sobre as actividades académicas

 Información dos seus fillos e fillas

 Formación para a colaboración no proceso de ensino-aprendizaxe.


Centro  Elaboración
Participación enoactualización de documentos,
proxecto educativo do centro. plans de actuación, ...
segundo as novas directrices educativas
 Programas de formación no centro.

 Oferta educativa diversificada (plans diversos, ...)

OBXECTIVOS XERAIS

 Participar e asesorar na elaboración e actualización dos distintos documentos que integran


o Proxecto Educativo do Centro, no ámbito das competencias do Dpto.
 Realizar a identificación, avaliación, intervención e seguimento dos alumnos con n.e.a.e.
(integración e normalización,avaliación psicopedagóxica,medidas organizativas para os
agrupamentos, ...)

 Fomentar un desenvolvemento axeitado das liñas xerais marcadas no plan de Atención


á Diversidade do Centro.

95
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Apoiar o proceso de ensinanza-aprendizaxe (atención temperá, habilidades básicas, estratexias de


aprendizaxe, hábitos de estudio, ...)

 Colaborar cos equipos docentes e co equipo directivo en temas de avaliación e promoción, así
como no asesoramento ás familias nestes temas.

 Colaborar cos titores/as para fomentar a valoración do esforzo dos alumnos/as na aprendizaxe.

 Colaborar cos titores/as para fomentar a motivación pola aprendizaxe nos alumnos/as.

 Asesorar e elaborar plans de actuación dirixidos a mellorar as relacións sociais e a convivencia no


centro.

 Fomentar e colaborar no seguimento, avaliación e revisión das bases da acción titorial no centro
(liñas de actuación dos titores para levar a cabo cos alumnos, familias, equipos docentes, ...)

 Propiciar a coordinación entre as ensinanzas de E. Infantil, Primaria e Secundaria.

 Coordinarse nas actuacións cos membros dos diferentes sectores implicados: escola, familia, servicios
sociais, ...

 Establecer canles de coordinación cos Dptos. de Orientación de centros de Infantil e Primaria así como
cos de Secundaria da comarca, co obxecto de intercambiar experiencias e facilitar o tránsito do
alumnado á seguinte etapa educativa.

96
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS

Planificación xeral.

Para a planificación das accións a levar a cabo no presente curso temos en conta as últimas
circulares da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mencionadas
anteriormente. Nelas dítanse instrucións para priorizar e coordinar as actuacións da totalidade dos
departamentos de Orientación.

A partir da normativa citada e das necesidades que se valoraron nos primeiros días do curso,
elaboráronse os obxectivos xerais así como as liñas de accións prioritarias. En función destes
plantexamentos confecciónase o Plan Anual de Orientación, o cal, unha vez aprobado por tódolos
membros do Dpto., así como no Claustro e no Consello Escolar, enviarase á Inspección Educativa.

As actuación do departamento basearanse en dous modelos de intervención:

 No modelo de programas, cando sexa necesario abordar as necesidades antes de seren


demandas polo suxeitos obxecto da intervención.

 No modelo de consulta, cando a demanda sexa manifestada ou requirida polos axentes


implicados coa intención de establecer un contexto de colaboración para traballar co persoal
docente nun programa no que se sintan todos implicados

Durante este curso manteranse contactos tamén con outros orientadores-as da zona de cara ao
intercambio de experiencias e á posible elaboración de programas de traballo conxuntos.

O Dpto. contará cun presuposto para o seu funcionamento, considerando o plan de orientación
anual.
Ao final de curso realizarase unha memoria na que se recollerán as modificacións introducidas ao
longo do curso, a valoración do grao de consecución dos obxectivos e propostas de mellora para o próximo
curso.

Definición de actuacións prioritarias.


1. Participar na actualización dos documentos que integran o Proxecto Educativo do Centro.
2. Actuacións que teñan como obxecto a atención a toda a diversidade presente no centros:

 Identificación temperá de necesidades


 Revisión e/ou modificación das medidas de apoio ó alumnado, avanzando na prevención
nos problemas de aprendizaxe e na loita contra o fracaso escolar.
97
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Establecemento de canles de coordinación entre orientadores/as de primaria e


secundaria da mesma zona, de modo que se facilite o tránsito do alumnado entre etapas
educativas.
3. Actuacións en torno ao plan de acción titorial: asesoramento, colaboración e incorporación de
contidos relacionados coa prevención de problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe,
estratexias de aprender a pensar, técnicas de traballo intelectual, aprendizaxe emocional, etc.
4. Proposta de actuacións que promovan unha maior participación e implicación das familias
na vida do centro e na educación das súas fillas e fillos.

ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN E ACTUACIÓNS:

A NIVEL DE CENTRO
Actuacións Participantes
Ámbito da Colaboración do Equipo de Orientación Dpto. de Orientación,
atención á Específico: Orientador, Directora,
diversidade Solicitar a colaboración do equipo de orientación Inspección
específico para os casos de nenos con posible
derivación a un centro específico así como a súa
asesoría en canto a técnicas de avaliación
específicas, orientacións e materiais para o traballo
directo cos alumnos/as, ...

98
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Servicios externos ó Centro: Dpto. Orientación


Sercicios Sociais
Manter contactos con outros profesionais “externos”
Pediatras
como asistentes sociais, servicios de atención
Psiquiatra
primaria da Mancomunidade de Municipios, centro
Fisioterapeuta
de día, pediatras, Unidade de Saúde Mental,
Etc.
orientadores doutros centros educativos, etc.

Ámbito da P.A.T.: Dpto. de Orientación


acción
Revisar as liñas de actuación existentes en cada ciclo
titorial
en torno á Acción Titorial.
Establecer criterios e elaborar directrices para os Dpto. de Orientación
ciclos á hora de deseñar obxectivos e actuacións Claustro de Profesores
dentro do P.A.T.
Avaliación de 3º e 6º nivel: Comisión de
coordinación: Director,
Participar e asesorar na avaliación individualizada de Xefe de Estudos,
3º nivel e na avaliación final de E. Primaria Orientador, Titores de
3º e 6º de Primaria.
Programas conxuntos: Dpto. de Orientación
Dpto. de Orientación
Participar no deseño e desenvolvemento de
dos centros da comarca
programas elaborados conxuntamente con
departamentos de orientación doutros centros.
Plans diversos Dpto. de Orientación
Claustro de profesores
Favorecer a aplicación das novas tecnoloxías da
comunicación no colexio. Colaborar no
funcionamento da aula de informática.
Colaborar no funcionamento da biblioteca e en Dpto. de Orientación
proxectos de animación lectora. Claustro de profesores

Ámbito da Manter contactos cos Dptos. de Orientación dos Orientador


orientación centros de Secundaria cara a programación de Claustro de profesores
vocacional actividades enfocadas ao tránsito á ESO

99
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

A NIVEL DE PROFESORADO
Actuacións Participantes
Ámbito da Alumnado con R.E. ou A.C.I.: Dpto. de Orientación
atención á Xefe do Dpto. de
Apoiar aos profesores titores e especialistas na
diversidade Orientación
intervención cos alumnos que reciban medidas de
Reforzo Educativo ou A.C.I.
Colaborar co profesorado na elaboración de Dpto. de Orientación
A.A.C.C. Xefe do Dpto. de
Orientación
Multiculturalidade: Dpto de Orientación

Asesorar e ofrecer recursos nos que se contemple a


diversidade multicultural.

Promover e asesorar na realización de actividades Dpto. de Orientación


que contribúan a integrar mellor ao alumnado
inmigrante estranxeiro e a adquirir actitudes
positivas no alumnado en xeral frente a diversidade
multicultural

Ámbito da P.A.T.: Dpto. de Orientación


acción
Elaborar propostas para o Plan de Acción Titorial.
titorial e
orientación
Apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe: Dpto. de Orientación
Asesorar no plantexamento do proceso de Xefe do Dpto. de
ensino/aprendizaxe (atención temperá, prevención Orientación
de problemas de desenvolvemento ou de
aprendizaxe, estratexias de aprender a pensar,
técnicas de traballo intelectual, etc.)
Integrar os programas de intervención que se Dpto. de Orientación
deseñen dentro das programacións didácticas. Profesorado do Centro

100
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Asesorar na adquisición, elaboración e uso de Dpto. de Orientación


materiais curriculares para os distintos ciclos
educativos.
Continuar ampliando o fondo bibliográfico do Dpto. de Orientación
Departamento para uso do profesorado do centro con
novas adquisicións en diferentes ámbitos: métodos
de lectoescritura, abordaxe de problemas de conduta,
hiperactividade, autoestima, etc., repertorios de
exercicios nas diferentes áreas curriculares e nos
diferentes niveis, programas educativos en soporte
informático, ...
Elaborar e promover a cumprimentación de rexistros Dpto. de Orientación
de avaliación eficaces nas tarefas docentes
Asesorar na cumprimentación dos informes finais de Dpto. de Orientación
curso/ciclo, especialmente no ámbito referido aos Xefatura de Estudios
alumnos con n.e.a.e
Motivación/ Autoestima: Dpto. de Orientación

Axudar a detectar as causas que inflúen na


desmotivación e falla de esforzo polas tarefas
escolares por parte dos alumnos
Establecer unha serie de estratexias e actividades Dpto. de Orientación
para fomentar a autoestima e a actitude positiva
fronte ao traballo escolar.
Establecer unhas directrices xerais cara o reforzo Dpto. de Orientación
positivo.
Convivencia/ Adaptación persoal e social: Dpto. de Orientación
Asesorar na búsqueda de estratexias para a
resolución de problemas de adaptación persoal e
social dos alumnos/as. Coordinar o plan de
formación no programa TEI.

101
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

A NIVEL DOS ALUMNOS/AS


Actuacións Participantes
Ámbito da Alumnado con R.E. ou A.C.I.: Xefe do Dpto. de
atención á Orientación
Realizar a avaliación psicopedagóxica, asesorar e
diversidade Dpto. de Orientación
participar no deseño da intervención para os
alumnos con n.e.a.e.
Recoller información nun expediente persoal para Xefe do Dpto. de
todos os alumnos/as que necesiten algún tipo de Orientación
apoio no centro.
Participar na actualización dos datos relevantes Xefe do Dpto. de
referidos á orientación. Orientación
Ámbito do Valoración de necesidades: Dpto. de Orientación
apoio ó Profesorado do Centro
Valorar as necesidades educativas nos ámbitos da
proceso de
orientación dos alumnos-as do Centro.
ensinanza- Atención Temperá e prevención: Dpto. de Orientación
aprendizaxe Profesorado do Centro
Deseñar accións encamiñadas á Atención Temperá e
á prevención de problemas de aprendizaxe e
desenvolvemento.
T.T.I.: Dpto. de Orientación
Profesorado do Centro
Promover a utilización de técnicas de traballo
intelectual.
Avaliación: Dpto. de Orientación
Xefe do Dpto. de
Intervir nos procesos de avaliación e no
Orientación
establecemento de criterios de promoción.
Ámbito da Valoración do esforzo: Dpto. de Orientación
prevención e Profesorado do Centro
Promocionar o esforzo e motivación dos alumnos
desenvolve-
polas tarefas escolares.
mento

102
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

persoal e Convivencia: Dpto. de Orientación


social Profesorado do Centro
Deseñar programas e accións que aborden a
aprendizaxe de valores e o fomento dun clima de
convivencia harmónica e de respecto entre as
persoas. Continuar coa implantación do programa
TEI no alumnado de 3º 6º nivel.
Fomentar no alumnado actitudes positivas frente a Dpto. de Orientación
diversidade en xeral. Profesorado do Centro
Integrar programas de fomento da habilidades Dpto. de Orientación
sociais, resolución de conflitos e toma de decisións. Titores
Multiculturalidade: Dpto. de Orientación
Profesorado do Centro
Prever actitudes discriminatorias cara ao alumnado
doutras culturas fomentando a súa integración
normalizada dende un principio
Ámbito da Informar sobre o tránsito á E. Secundaria. Dpto. de Orientación
orientación Titores
vocacional

A NIVEL DAS FAMILIAS


Actuacións Participantes
Facilitar ás familias información das normas de réxime interno e Dpto. de Orientación
aspectos xerais relativos ao funcionamento do Centro Titores
Equipo Directivo

Asesorar e orientar aos pais/nais en relación ás necesidades e Dpto. de Orientación

intervención co alumnado con n.e.e, problemas de conduta, etc., que Profesorado do Centro

poidan xurdir durante o curso.

103
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Buscar a implicación dos pais/nais no proceso de ensino- Xefe do Dpto. de
aprendizaxe dos seus fillos/as así como na mellora de actitudes Orientación
escolares e sociais. Dpto. de Orientación
Profesorado do Centro
Fomentar a colaboración e as relacións fluídas dos pais/nais co Dpto. de Orientación
profesorado do centro. Profesorado do Centro
Incidir sobre o feito de que non se produzan comentarios e/ou Dpto. de Orientación
actitudes negativas cara o alumnado inmigrante estranxeiro, sobre Profesorado do Centro
todo diante dos nenos-as.
Potenciar a necesidade de que na familia se inculque o valor do Dpto. de Orientación
esforzo no traballo de cara a conseguir calquera meta, fronte a Profesorado do Centro
actitudes como darlles ós fillos-as todo feito ou cumprirlles todos
os caprichos.
Promover a realización de reunións periódicas entre o profesorado Profesorado de P.T. e
de apoio – titor – pais dos alumnos con n.e.a.e. para unha mellor A.L.
coordinación na actuación con estes nenos/as. Profesorado do Centro
Xefe do Dpto. de
Orientación

104
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES:

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


 Planificación dos apoios a nenos/as con n.e.e. por parte do profesorado de
PT-AL e tamén os apoios do profesorado en xeral, de ser o caso.
 Valoración de novos casos de alumnos/as con n.e.e.
 Revisión de expedientes de novas incorporacións.
 Seguimento de casos anteriores: reforzo/ACI.
 Elaboración do guión para a reunión de inicio de curso cos pais/nais
 Revisión e actualización da documentación a entregar en dita reunión
inicial.
 Elaboración da programación anual.
 Asesoría aos pais e colaboración na cumprimentación das becas para
a.c.n.e.a.e.
1º TRIMESTRE
 Elaboración de informes para ditas becas.
 Entrevistas cos titores/as e especialistas
 Entrevistas coas familias
 Reunións de Dpto.
 Seguimento dos posibles casos de absentismo.
 Deseño e revisión de programas de intervención.
 Elaboración da segunda fase do plan de formación do profesorado cara á
implantación do programa TEI (Titoría entre iguais) e a mellora da
convivencia en xeral.

105
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

 Contacto habitual e colaboración con aquelas institucións do entorno que sexa


necesario: servizos sociais, sanitarios, terapéuticos, etc.
 Selección e sondeo de alumnado a remitir para actividades en servizos externos
ao centro (Cruz Vermella, Concello, ...)
 Mantemento das liñas de colaboración cos Departamentos de Orientación dos
centros da zona.
 Solicitude de colaboración ao EOE de Ourense nos casos nos que se considere
necesario.
 Compra de material: caderniños de traballo, tests psicopedagóxicos, programas de
intervención, material funxible, ...
 Actualización da documentación do departamento: rexistros de seguimento,
avaliación,etc.
 Colaboración cos distintos departamentos do centro: Actividades
Complementarias, Biblioteca, TICs, ...
 Colaboración nos distintos canles de comunicación por internet: páxina web e blogs
do colexio.
 Participación nas sesións de avaliación

106
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
2º TRIMESTRE  Continuar coa implantación do programa TEI en 3º e 5º nivel e supervisar o
funcionamento en 4º e 6º.
 Revisión dos apoios a nenos/as con n.e.e., facendo as modificacións
pertinentes
 Valoración de novos casos de alumnos/as con n.e.e.
 Revisión de expedientes de novas incorporacións.
 Seguimento de casos de reforzo/ACI.
 Entrevistas cos titores/as e especialistas
 Entrevistas coas familias
 Reunións de Dpto.
 Seguimento dos posibles casos de absentismo
 Deseño e revisión de programas de intervención
 Contacto habitual e colaboración con aquelas institucións do entorno que sexa
necesario: servizos sociais, sanitarios, terapéuticos, etcétera
 Reunións cos orientadores dos centros da zona.
 Solicitude de colaboración ao EOE de Ourense nos casos nos que se considere
necesario.
 Compra de material: caderniños de traballo, tests psicopedagóxicos, programas de
intervención, material funxible, ...
 Actualización da documentación do departamento: rexistros de seguimento,
avaliación,etc.
 Colaboración cos distintos departamentos do centro: Actividades
Complementarias, Biblioteca, TICs, ...
 Colaboración nos distintos canles de comunicación por internet: páxina web e
blogs do colexio.
 Participación nas sesións de avaliación

107
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

3º TRIMESTRE Seguimento do programa TEI.

 Valoración de novos casos de alumnos/as con n.e.e.


 Revisión de expedientes de novas incorporacións.
 Seguimento de casos anteriores: reforzo/ACI.
 Entrevistas cos titores/as e especialistas
 Entrevistas coas familias
 Reunións de Dpto.
 Seguimento dos posibles casos de absentismo
 Deseño e revisión de programas de intervención
 Contacto habitual e colaboración con aquelas institucións do entorno
que sexa necesario: servizos sociais, sanitarios, terapéuticos, etcétera
 Mantemento das liñas de colaboración cos Departamentos de
Orientación dos centros da zona.
 Solicitude de colaboración ao EOE de Ourense nos casos nos que se
considere necesario.
 Participación na avaliación individualizada de 3º e na avaliación final de
6º de E. Primaria
 Informe dos alumnos de 6º curso e xornada de acollemento no IES
Taboada Chivite.
 Análise dos criterios para pasar de etapa e intervención nos casos
nos que así se demande.
 Participación nas sesións de avaliación
 Compra de material: caderniños de traballo, tests psicopedagóxicos,
programas de intervención, material funxible, ...
 Colaboración cos distintos departamentos do centro:
Actividades Complementarias, Biblioteca, TICs, ...
 Colaboración nos distintos canles de comunicación por internet: páxina
web e blogs do colexio Actualización da documentación do departamento:
rexistros de seguimento, avaliación,etc.
 Informes finais do alumnado con n.e.e.
 Memoria do Departamento.

108
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN ANUAL

A avaliación do Plan Anual de Orientación realizarase en función dos seguintes criterios:


a) Adecuación ás necesidades plantexadas no Centro.

b) Consecución dos obxectivos plantexados.

c) Realización das actividades nos tempos previstos.

d) Dificultades atopadas e modificacións introducidas.

Estes aspectos reflectiranse nunha memoria final na que, ademais, se exporán as conclusións e as
propostas de mellora para o curso seguinte

En definitiva, coa avaliación do Plan Anual de Orientación e do funcionamento do Departamento


o que se pretende é:
 Mellorar curso a curso o asesoramento e apoio prestado a titores, mestres, alumnado e
familias.
 Adecuarse ás demandas dos distintos ámbitos de intervención, tras coñece-las necesidades.
Coñece-la efectividade das intervencións realizadas e revisar aqueles aspectos (obxectivos, estratexias de
intervención, recursos, actividades...) que son susceptibles de mellora.

109
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

2.8. PLAN TIC

O desenvolvemento do Plan TIC está fundamentado no seguinte marco lexislativo:

1-Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación nos seus artigos 17.i), 19.2 e 23.e)

2-Decreto 130/2007 do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na


Comunidade autónoma de Galicia, tanto no artigo 6.5 como no anexo V.

3-Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na


Comunidade autónoma de Galicia, no artigo 3º e nos anexos I e II.

4-Orde de 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción do compoñente singular do


complemento específico por función titorial e outras funcións docentes.

OBXECTIVOS DO PLAN TIC

A. XERAIS

1-Fomentar o uso dos medios informáticos como xeito de rachar coas desigualdades sociais.

2-Potenciar o emprego das TIC como ferramentas de traballo no proceso de ensino-


aprendizaxe.

3-Favorecer o perfeccionamento do profesorado e a súa utilización nas tarefas habituais do centro:


programación, memorias, plans...

4-Facilitar o acceso a estas ferramentas por parte dos alumnos con necesidades educativa especiais e
nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.

5-Conseguir que o alumnado acceda ao mundo de internet con capacidade de procura de


información e de tratamento crítico da mesma.

6-Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e
de respecto doutros costumes e outras formas de vida.

7-Potenciar actividades de participación de toda a comunidade educativa nas diferentes


actividades do centro: páxina web, xornal escolar, actividades culturais...

Actividades: Dotación das aulas de PT de software e hardware axeitado, irmanamentos informáticos


con outros centros da contorna, creación de blogues de aula para a participación do alumnado,
realización de programas de capacitación dixital para o profesorado.

110
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

B. EQUIPO DIRECTIVO

1-Difundir entre o profesorado o emprego dos recursos informáticos para a xestión do centro.

2-Planificar a política de adquisicións para garantir a dispoñibilidade dos recursos necesarios para o
traballo do profesorado no marco das TIC.

3-Dinamizar o uso das TIC no centro fomentando a formación do profesorado.

Actividades: Adquisición de equipamentos informáticos, solicitude de equipamentos á administración,


creación de grupos de traballo ao redor das TIC, fomentar a páxina web, integrar as TIC na vida cotián
do centro (convocatorias de reunións por correo electrónico, emprego da web como axenda de
actividades ecomo taboleiro...)

C. PROFESORADO

1-Mellorar o plan pedagóxico a través das TIC.

2-Empregar as TIC para o traballo cotián e as actividades aula: programacións, actividades, controis,
fichas...

3-Saber consultar e sacar información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para
experiencias interesantes para a súa actividade docente.

4-Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades e participar en foros, chats,... e diversas


redes de colaboración como internet.

5-Elaborar materiais propios facendo uso dos recursos existentes ( escáner, impresora, cámara dixital…).

Actividades: Integración do uso da aula de informática na práctica didáctica cotián, realización de


actividades adaptadas á realidade do alumnado coas ferramentas de autor disponibles e máis axeitadas,
partillar os enlaces de interese atopados na internet co resto dos profesionais do centro.

D. ALUMNADO

1-Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de


coñecemento.

2-Espertar o interese por coñecer cousas diversas e lograr que utilicen as pautas adecuadas para chegar
á información precisa.

3- Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das


propias ideas.

4- Potenciar a comunicación cos seus semellantes.

5- Utilizar programas e contornas que faciliten a súa aprendizaxe das diferentes áreas do Currículo, así
como favorecer a adquisición de habilidades e destrezas.

111
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
Actividades: Emprego do ordenador nas distintas áreas e con diferentes obxectivos (procura de
información, realización de deseños, presentación de traballos...), realización de traballos
cooperativos en rede (wikis) colaborando para chegar a acordos, interiorización de pautas de
comportamento na internet referidas á protección da privacidade, de respecto das fontes documentais,
de contraste de informacións...

E. COMUNIDADE ESCOLAR

1-Lograr a integración das TIC como un medio dinámico de comunicación, sendo un elemento común de
información e contacto con todos os axentes do proceso facilitando a conexión entre eles.

2-Poñer en marcha mecanismos, ao través da ANPA, para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e


favorecer a adquisición por parte de nais e país dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso
das TIC.

Actividades: emprego da web do colexio como eixo das comunicacións entre a escola e as familias,
programación de actividades de formación para as familias (seguridade na rede, control parental...)

*Ao longo deste curso o equipo das TICs vai a encargarse da elaboración do proxecto de
solicitude de incorporación a EDIXGAL,que será sometido á aprobación do Claustro e do
Consello Escolar e,posteriormente,dado o caso,será remitido ao órgano competente que se
estableza na orde de solicitude de incorporación a EDIXGAL.

112
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
A seguinte táboa reflicte os obxectivos específicos a acadar polo profesorado e o
alumnado no noso centro.

E Infantil 1ºCiclo E. P. 2ºCiclo E. P. 3º Ciclo E. P. PROFESORAD


Apagar e acender o O
ordenador
Manexar o rato
Utilizar os recursos
educativos da nosa web
Abrir e pechar
programas
Escanear arquivos
Gardar e eliminar
arquivos
Imprimir documentos
Utilizar o procesador de
textos Libre Office Writer
Elaborar gráficas
Libre Office Cal
Elaborar presentacións
Libre Office Impress
Buscar información en
Internet
Consultar enciclopedias
virtuais
Seleccionar

Utilizar o correo
electrónico
Conectar e utilizar a
pizarra dixital e o canón
Utilizar a cámara
proxectora
Utilizar a cámara dixital
Descargar as fotografías
dixitais
Utilizar o prog. XADE
Utilizar o prog. MEIGA
Elaborar material
multimedia
Subir contidos á nosa
páxina web

113
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN
3.MEDIDAS QUE SE DESENVOLVERÁN PARA A SÚA CONSECUCIÓN
3.1. COORDINACIÓN HORIZONTAL

A coordinación entre cursos do mesmo nivel levarase a cabo mediante reunións semanais dos
titores/as respectivos ao igual que a coordinación entre profesores que imparten docencia nunha
mesma titoría .

A coordinación entre titores e profesorado de nivel quedará asegurada mediante unha reunión
mensual que convocarán os respectivos coordinadores /as; con carácter ordinario, segundo
calendario establecido pola C.C.P. un martes de cada mes en horario de 17 a 18 h e, con
carácter extraordinario, sempre que sexa necesario para temas puntuais.

3.2. COORDINACIÓN VERTICAL

Para que esta sexa posible, haberá unha reunión mensual da Comisión de Coordinación Pedagóxica
na que se tratarán os problemas que poidan xurdir en cada ciclo e se tentará buscarlles solucións
tratando sempre de unificar criterios ao máximo. Así mesmo en dita reunión, a C.C.P elaborará o
calendario das reunións que se realizarán cada trimestre.

Isto mesmo será tratado nas reunións de Claustro que se terán todos os últimos martes de mes con
carácter ordinario e, con carácter extraordinario, sempre que sexa preciso. Coidamos que é necesario
facelo así para garantir unha perfecta unificación de criterios e tamén para manter un maior contacto
entre o profesorado de Educación Infantil e o de Educación Primaria que, como ben é sabido, estamos
en edificios distintos.

3.3. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Terase en conta sempre a plena integración do alumnado dentro do nivel correspondente coa súa
idade e a participación de todos no conxunto de actividades complementarias e extraescolares do
centro. Para a consecución deste obxectivo contamos coa axuda dous mestres de Audición e Linguaxe e
unha de Pedagoxía Terapéutica que atenderán ao alumnado con necesidad específica de apoio
educativo .

Para orientar e coordinar todo este proceso terase en conta o asesoramento do Xefe do
Departamento de Orientación do centro.

As liñas básicas de actuación neste eido son as que se expoñen na Programación das unidades de
A.L. e P.T. e no Plan Xeral de Atención á Diversidade aprobado no presente curso.

114
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

3.4.RELACIÓN COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO

De cara a favorecer o desenvolvemento integral do alumnado é fundamental que profesorado e


pais/nais camiñemos xuntos. De aí que nos manteñamos en contacto periodicamente na hora de titoría
de cada martes.

Por outra banda, terase unha reunión conxunta de carácter xeral a principio de curso para
presentar ao Claustro de Profesores e dar a coñecer as normas e o funcionamento do centro e a
continuación, os pais/nais, reuniranse na aula dos seus respectivos fillos para que o titor/a lles informe
dos obxectivos e contidos que se pretenden acadar, criterios de avaliación, mínimos esixibles, criterios
de cualificación e procedementos de avaliación; e outra reunión a finais de curso para avaliar os
resultados obtidos.

A principio do curso 2002-2003 constituíuse a A.N.P.A. no centro. Actualmente dita asociación


traballa conxuntamente co centro na organización das actividades extraescolares que se están
realizando en horario de 16 a 18 horas ou en calquera outra actividade na que o centro lles solicite a
súa colaboración; do mesmo xeito, tamén o centro colaborada coa asociación cando esta llo pide.

3.5.REVISIÓN DO P.E.

Nunha das horas complementarias de permanencia no centro, o equipo docente adicarase a :

- Completar a fixación dos aspectos curriculares xerais.

- Revisar as programacións docentes.

- Elaborar unidades didácticas.

- Programar actividades complementarias e extraescolares.

- Planificar e levar a cabo as actividades programadas en cada un dos equipos a fin de acadar os
obxectivos propostos.

3.6. MEDIDAS DE MELLORA

Para acadar uns mellores resultados pensamos desenvolver un Programa para a Mellora do Éxito
Escolar que inclúe unha das modalidades de Contrato – Programa, a de Reforzo Escolar,
Orientación e Apoio (Acompañamento Fóra do Horario Lectivo) para 2º e 3º Ciclo.

115
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

4. HORARIO XERAL DO CENTRO

4.1. HORARIO LECTIVO

O horario será dunha sesión continuada de 9:00 a 14:00 horas, tendo dúas horas de actividades
extraescolares polas tardes, de 16,00 a 18,00 horas. As tres primeiras sesións da mañá son dunha hora
de duración cun recreo de 30 minutos e as dúas últimas son de 45 minutos cada unha.

O horario de Infantil é o mesmo que o de primaria.


4.2. CRITERIOS PEDAGÓXICOS PARA A SÚA CONTINUIDADE

Por unha banda, o maior rendemento do alumnado nas sesións da mañá levounos a apostar pola
xornada única.

Por outro lado, que os nenos e nenas teñan máis tempo polas tardes para asistir a actividades
extraescolares que ofertan na vila e poder disfrutar de máis tempo de lecer ao non ter clases pola
tarde. Os anos que levamos de experiencia con este horario demóstranos que é o máis axeitado
para os nosos alumnos e por iso mesmo toda a comunidade educativa está de acordo en continuar
co mesmo.

4.3. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

9:00 Director Director Director Director Director

10:00 Secretaría Secretaría


10:00 Secretaría Director Secretaría

11:00 Xefat. Xefat. Xefat.

11:00 Director

12:00 Secretaría Xefat.

Secretaría

RECREO

12:30 Director Xefat. Xefat.

13:15 Secretaría Secretaría

13:15 Director Director


Xefat.
14:00

116
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

4.4. HORAS DOUTRAS ACTIVIDADES PRESENCIAIS NON FIXAS (5 SEMANAIS)

A distribución das cinco horas presenciais non fixas queda do seguinte xeito: Todos os días o
profesorado chega ao centro as 8:45 h e sae as 14:15, as outras dúas e media realízanse os martes
pola tarde, quedando distribuidas do seguinte xeito:

1º martes de cada mes (de 17:00 a 18:00 horas): Reunións de equipos de ciclo.

2º martes de cada mes (de 17:00 a 18:00 horas):Reunións da C.C.P

3º martes de cada mes (de 17:00 a 18:00 horas): Reunións de equipos

4º martes de cada mes ( de 17: 00 a 18 horas) :Reunión xeral de todos osprofesores/as do


centro (Claustro ou Consello Escolar)

Todos os martes de 16:00 a 17:00: Titoría para a atención aos pais/nais.

Esta distribución non é ríxida, é simplemente unha orientación que se pode modificar segundo o
esixan as circunstancias.

Estas actividades levaranse a cabo a partires das 16:00 horas.

Como no centro temos xornada única e polas tarde hai actividades para os alumnos,
sempre están dous mestres de garda,completando así as cinco horas semanais.

4.5. DÍAS NON LECTIVOS PARA O PRESENTE CURSO

Segundo a Orde de 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso:

 Día do Ensino: 7 de decembro.

 Entroido: 4,5 e 6 de marzo.

 Días non lectivos locais: 17 de xaneiro e 1 de marzo.

 Períodos de vacacións: Nadal (do 22 de decembro de 2018 ao 7 de xaneiro de 2019, ambos os


dous inclusive) e Semana Santa (do 13 ao 22 de abril de 2019, ambos os dous inclusive).

 Outras : as sinaladas no calendario laboral como festivos para a Comunidade e/ou para o
Estado.

117
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

4.6. REPERCUSIÓNS DO PROXECTO LECTOR

A relación entre as áreas e a lingua/s nas que se imparten ven establecida polo proxecto
lingüístico do centro,modificado parcialmente coa inclusión dos afondamentos ou reforzos en
lingua galega/lingua castelá en 4º e 6º nivel.

Así queda determinada esta relación:

a) Ciencias Naturais Lingua galega

b) Ciencias Sociais Lingua galega

c) Lingua e literatura castelá Lingua castelá


d) Lingua e literatura galega Lingua galega

e) Matemáticas Lingua castelá

f) Música Lingua galega

g) Plástica Inglés
h) Lingua estranxeira (Inglés) Inglés
Lingua castelá
i) Educación física
l) Relixión católica Lingua galega

m) Valores sociais e cívicos Lingua galega

n) Afondamento/Reforzo Lingua galega/Lingua castelá

118
PXA 2018/2019 CEIP AMARO REFOJO - VERÍN

Esta Programación Xeral Anual foi presentada ao Claustro e ó Consello Escolar para a
súa aprobación nas reunións dos devanditos órganos colexiados celebradas o día 23 de
outubro de 2018 .

Verín, a 23 de outubro de 2018 .

O Director

Asdo: Ricardo Rodríguez Álvarez

119

You might also like