You are on page 1of 64

1 ALBARES nº 11

EDITA: EDLG DO CPI AS MIRANDAS

EDITORIAL
ATA SEMPRE, COMPAÑEIRAS!

Se pensabamos que unha revista nunca sería suficiente para resumir a vida dun profesor, neste exemplar de Al-
bares paréceme máis difícil aínda concentrar nunhas poucas liñas as traxectorias, persoal e profesional, de dúas
das nosas compañeiras. Este número está dedicado a vós: Blanca e Maru.

Tivemos a sorte de compartir con vós moitos anos de experiencias e viven-


cias. Sinceramente creo que debemos felicitarvos pola nova etapa que em-
prendedes. Chegastes ata aquí, tras moitos anos de profesión e vocación, si,
vocación! porque iso é o que sempre advertimos en vós. O voso traballo no
colexio non se remitiu a un simple cumprimento laboral. A nosa relación
convosco permítenos realizar tal afirmación.

Cando chega este momento, sempre se acode ao tópico de que xubilación


significa xúbilo e neste caso, así debe ser. Tras toda unha vida dedicada ao
ensino é xusto que vos sintades felices polo traballo ben feito. Deixades
este colexio, no que pasastes tantos anos, co recoñecemento dos vosos
compañeiros e compañeiras e o afecto dos vosos alumnos e alumnas.

Nunca esqueceremos o voso compromiso con toda a comunidade educativa


xa sexa desde a docencia ou desde o equipo de dirección.

Desexamos que a partir de agora gocedes deste merecido descanso aínda


que sabemos que as de Pontedeume tedes “corda para longo” .

Apertas a moreas e...felicidades ás dúas!

Edición: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas.


O EDLG do CPI As Mirandas agradece a todo o profesorado e alumnado as súas achegas e colaboracións para que a nosa revista
vexa a luz outro ano máis, e a seguir demostrándonos con tan gratos recordos, que a educación das nosas nenas e nenos é unha
tarefa que paga a pena realizar co máximo entusiasmo .
2

PROXECTOS ARTÍSTICOS E CURRÍCULO

Desde a administración educativa convídannos á procura da excelencia, a desenvolver proxectos educativos


que fomenten a creatividade, que poñan ao alumnado no centro, que respecten as diferenzas individuais. Ao
mesmo tempo, deseñan corsés moi pouco flexibles á hora de plantexar as programacións de aula, de elaborar
os horarios, de avaliar de xeito formativo.
Cada vez máis, escoitamos queixas sobre a escasa presenza das artes na escola (das humanidades en xeral).
O horario reservado para estas materias é moi reducido. Pola contra, ninguén nega a súa importancia na for-
mación integral das persoas; e mesmo hai opinións que defenden que son estas disciplinas as que marcan a
diferenza.
As artes poden ser fonte de inspiración para xerar experiencias educativas ricas e globalizadas, fomentan
aprendizaxes significativas e provocan cambios nas persoas.
A través das linguaxes artísticas expresamos ideas, xeramos reflexións e transmitimos mensaxes. A función
emotiva destas linguaxes é fundamental. Cada expresión artística pretende causar no receptor unha reacción,
espertar unha emoción. E xa sabemos que sen emoción non hai aprendizaxe.
Nos centros educativos deberíamos contar con espazos para a experimentación artística e creativa. Espazos
ben coidados, ben iluminados, estética e funcionalmente ben pensados.
O teatro, a música, a literatura, as artes plásticas, a danza, o audiovisual, deben ter unha presenza na edu-
cación en todas as súas manifestacións. Son experiencias que combinan as tres dimensións da aprendizaxe:
cognitiva, emocional e condutual.
Podemos utilizar unha expresión artística como punto de partida para un proxecto multidisciplinar, ou para
transmitir o que aprendemos en áreas que aparentemente nada teñen que ver coas artes.
Implicar ao alumnado en proxectos artísticos fomenta o traballo en equipo, as relacións interpersonais, o
respecto pola diversidade. Promover experiencias compartidas no ámbito da música, o teatro, a literatura, etc.
desenvolve habilidades interdisciplinares como a expresión oral e escrita, a atención, a responsabilidade, a
empatía, a relación social, a colaboración. Permítenos ademais achegar ao alumnado ás manifestacións artísti-
cas da contorna, as máis actuais e as tradicionais, transcendendo as paredes do centro para ampliar as súas
posibilidades de aprender: agrupacións musicais, de danza, teatrais, de lectura e escritura, de pintura, artesa-
nías…
Escola e comunidade retroalimentándose de novo, como debe ser. Ben sexa como motivación ou como ex-
presión, as artes e as súas linguaxes deben recuperar o seu lugar no currículo, transversalizando as súas apren-
dizaxes cara outras disciplinas.
Maica Canedo.
Mestra de infantil
3 ALBARES nº 11

MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

Con estas liñas despídome e pecho unha etapa de vinte e tres anos como profesora neste centro
na que, xuntos, o convertemos nun referente de éxito educativo a nivel local, autonómico, nacional e in-
ternacional e transformamos o centro, así como o seu nome.

Asemade pecho a miña vida profesional e, que mellor neste centro!, onde acadei a miña praza de-
finitiva no curso 1999-2000 cando aínda se chamaba CPI Conde de Fenosa.

Comecei coa Dirección hai doce anos, despois de pasar seis na xefatura de estudos de Secundaria,
decidida a traballar coa implicación e total compromiso tanto do meu equipo directivo como do persoal do
centro, así como loitar pola necesidade da súa ampliación e renovación. Coa implicación do equipo directi-
vo e a colaboración de todo o persoal do centro construímos un proxecto pedagóxico innovador, adaptado
ás necesidades do século XXI (pasando da escola 2.0 á 4.0 e a súa internacionalización) colocando así, ao
alumnado, no centro da súa aprendizaxe, gañando premios e recoñecementos, viaxando e facendo gozar,
ensinar e motivar a moitísimas rapazas e rapaces ao longo destes anos.

O camiño da innovación non foi doado, mais a unión e o compromiso do persoal do centro, a con-
fianza das familias e o traballo do alumnado permitiu superarnos cada día e así poder acadar grandes éxi-
tos e traballar polo noso fin que é ENSINAR.

Nesta despedida debo agradecer a confianza inicial a quen apostou por min para reformar e cola-
borar na coordinación e Dirección do Centro e, por suposto, a quen non deixou de facelo ao longo do tem-
po. Cada caso individual e colectivo de éxito ten detrás a firma de todos eles; sen persoas como vós isto
non sería posible, sobre todo ao equipo directivo que me acompañou dende o principio ata o final: xefas
e xefe de estudos, secretario e secretaria; grandes profesionais moi implicadas facendo o meu traballo
máis doado en toda esta etapa. Traballamos sen descanso, todo por e para a defensa do ensino público.
A miña carreira profesional remata con este precioso proxecto e coa aprobación por fin da amplia-
ción do centro, obxectivo inicial dende o meu comezo como Directora.
4

AGRADECEMENTOS

Quero tamén dar as grazas:

• á comunidade educativa en xeral, porque están abertos ás diferentes propostas de plans, proxectos,
actividades...que se propoñen en cada curso escolar.

• ás familias que nos confiastes o máis importante: a capacidade de influír e mellorar a educación e as
oportunidades de futuro dos vosos fillos.

• a miña familia porque eles sufriron directamente a enorme dedicación que mantiven neste centro, amo-
sándome sempre o seu apoio.

• por último, reitero as grazas a quen fostes os principais protagonistas deste camiño: profesorado,
alumnado, persoal do centro en xeral, pola vosa entrega e profesionalidade porque estes avances na
educación non serían posibles sen a vosa entrega e inigualable traballo.

Confiamos en que este alumnado sexa capaz de devolver e aportar á sociedade todo o aprendido para cons-
truír un futuro mellor.

Como vos dicía ao principio, moitos anos despois de chegar a Ares, tomei esta difícil decisión de poñer fin a
esta aventura; quero afrontar novos retos na nova etapa que comezo, non son quen de estar parada.

Levo comigo a aprendizaxe, a experiencia, a ilusión de cada momento vivido aquí, grandes compañeiras e
compañeiros que co seu traballo e compromiso dinamizaron e seguen a dinamizar este centro.
Con este potencial sei que seguiredes facendo historia.

Non quero despedirme sen escribir esta cita de Jorge Luis Borges(1899-1986) que vai definir a nova etapa que
comezo: “Buscar la serenidad me parece una ambición más razonable que buscar la felicidad. Y quizás la sere-
nidad sea una forma de felicidad"

Un agarimoso saúdo cheo dos mellores desexos para todos vos!


Blanca Cortizas.
Directora do CPI As Mirandas
5 ALBARES nº 11

GRAZAS LUISA , POR TANTO!

Despois de moitos anos, este é o primeiro curso que non contamos


con Luisa a nosa intérprete de Lingua de signos. A verdade é que a
botamos moitísimo de menos. Por iso as alumnas e alumnos que
tivemos a sorte de compartir con ela o noso tempo, as nosas risas, o
noso facer neses videoclips que ela argallaba e aos que nos apun-
tabamos sen pestanexar, queremos a través das páxinas da revista
escolar, onde tantas veces ela escribiu, darlle as grazas.
Grazas Luisa por ser parte da nosa aprendizaxe onte, agora e sempre. Grazas por deixar que che axudáse-
mos a achegar a lingua de signos a tanta xente na nosa comunidade educativa e máis aló. Por facer que o
pasásemos xenial neses días de gravacións onde realizabamos eses magníficos videoclips para os concursos
de “cantando coas mans” ou para o resto de eventos no cole. Por convencer ao profesorado para que nos
deixasen as súas horas para ensaiar e o mellor de todo, poder faltar a clase, ja,ja,ja… Pero sobre todo grazas
por involucrar durante tantos anos, xa choveu desde aquel primeiro lipdup, a tantas nenas, nenos e profes
do cole na aprendizaxe da lingua de signos.
Agora que non estás, podémosche asegurar que non sabemos, sen a túa axuda, expresarnos en lingua de
signos, (xa nos gustaría), pero o intentamos e seguimos facendo algunha cousiña. Pero sobre todo grazas
por ensinarnos o importante que é que as persoas con discapacidade audituiva poidan comprender e co-
municarse, coñecer, ser e estar no mundo. E ese foi o teu empeño neste cole, facendo cousas máis aló do
que o teu traballo che esixía.
Simplemente, grazas por contar con nós en todos estes anos. Queremos que saibas que nunca te esquece-
remos, que sen ti isto non é o mesmo e que o que aprendemos contigo axudounos a crecer como persoas
e a ser mellores. Sempre nos quedarán eses vídeos tan chulos nos que participamos e quen sabe… quizais
alguén de nós siga os teus pasos e exerza como intérprete de lingua de signos. Se fose así, ti serías o noso
principal exemplo.
Grazas Luísa, por tanto!!!. Non esquezas que esta será sempre a túa casa e esperamos que o día da nosa
graduación poidas estar aquí e acompañarnos. Querémoste!
As túas signantas e signantes.
6

CARTA DE BOS DESEXOS PARA MARU

Non podo despedirme deste centro sen escribir esta carta de agradecemento, desexos e bo sentimento á
miña compañeira, Mª Esperanza Cuíña Sardiña (Maru), benquerida amiga e compañeira, dende os inicios
dos nosos estudos no mesmo centro educativo aos 4 anos, e permanecendo na mesma clase ata o Bacha-
relato onde separámonos polas diferentes ramas elixidas: ela Letras e eu Ciencias e polos posteriores estu-
dos universitarios.

Máis, que coincidencia!, no ano 2000 o destino levounos a compartir o traballo como profesoras no mes-
mo centro educativo, CPI As Mirandas, e despedímonos ao mesmo tempo (2023) da nosa etapa profesio-
nal. Cando comecei coa dirección tiven a sorte de contar con ela no meu equipo directivo como xefa de
estudos de secundaria durante 8 anos, tempo no que desenvolveu un excelente traballo baixo o seu lema
“nunca deixes para mañá, se pode ser onte mellor, o que poidas facer hoxe ”; gran persoa, gran profesional
e excelente compañeira.
Desexámosche o mellor para os teus plans futuros que sabemos serán moitos. Esta é unha despedida pro-
fesional, porque sei que nos volveremos a ver e pode ser que compartamos outros plans e proxectos no
futuro.
Feliz entrada na nova etapa e moita sorte !

Blanca Cortizas.
Directora do CPI As Mirandas
7 ALBARES nº 11

ENTROIDO NO CPI AS MIRANDAS

Un ano máis o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro “Dancemos co mundo que quere-
mos” . E así de coloridos e rumbosos desfilaron o alumnado e profesorado do centro polas rúas da nosa vila
nun espléndido e radiante día.
8

Que ben o pasamos!!!


9 ALBARES nº 11

AMBIENTARES

Este ano todo o alumnado de primaria decidimos traballar ben xuntiños e xuntiñas para compartir expe-
riencias e traballos. Ao proxecto chamámoslle familiarmente AMBIENTARES, xa que en cada aula montamos
un ambiente diferente dedicado ao tema que necesitásemos investigar. Unha das cousas novidosas é que ne-
nos e nenas de diferentes idades e grupos xúntanse para aprender: manipulando, experimentando, descu-
brindo, xogando…

A primeira investigación foi descubrir un misterio suscitado na ría de Ares,


e que nos levou ata as Illas Molucas e a coñecer a Magallanes.

Podedes ver os
7 capítulos no
código QR

O segundo reto viunos dado pola nosa pediatra Lucía. A través del descubrimos o corpo humano.

E xa por último estamos inmersos e inmersas na investigación dun achado no colexio que nos leva ao pasado.
10

OBRADOIRO DE HIP HOP

Este curso o noso proxecto de centro leva como título “Dancemos co mundo que queremos” e con esta
premisa algúns alumnos da ESO lles quixeron aprender ao alumnado do 2º ciclo de primaria que é e como
se baila o hip hop, unha cultura artística que inspirou a millóns de persoas en todo o mundo. Os seus catro
elementos son: grafiti, DJ, breaking e MC, os cales permiten expresarse a través da arte, a música, o baile e a
poesía.

O obradoiro de dúas sesións foi moi divertido e os nenos e nenas de primaria puideron aprender como
se baila o hip hop e algunhas das súas técnicas

Queremos agradecerlles o tempo que pasaron con nós e o que nos ensinaron.

1/2 DA HUMANIDADE

Este curso en 6º A investigamos o papel que as nenas e as mulleres temos en ámbitos como: o deporte
(en concreto no fútbol), na ciencia (puxémonos en contacto coa universidade no campus de Ferrol) e a mú-
sica. Neste último fixemos unha recompilación de cancións e clasificámolas en cancións de amor, desamor e
con contido explicitamente sexual, reflexionando e facendo unha tertulia na que tratamos a mensaxe que
estas cancións transmiten sobre as mulleres.
11 ALBARES nº 11

AS ABELLAS, PROXECTO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Ao longo deste curso 2022-2023, nas aulas de Educación


Infantil estivemos a traballar nun proxecto sobre as abellas.
En torno a tres preguntas -que sabemos, que queremos sa-
ber, que temos aprendido- levamos a cabo unha serie de acti-
vidades que nos permitiron pescudar que son as abellas, co-
mo é o seu corpo, como nacen, onde viven, que comen, por
que son tan importantes, etc.

As nenas e os nenos, en colaboración coas súas familias,


aportaron diversos materiais que nos axudaron moito nas
nosas pescudas.

Para saber máis, visitamos a Casa do Mel en Goente, onde


puidemos coñecer de preto a vida das abellas, o que nos
aportan e cal é o traballo dos apicultores.

Creamos na horta escolar un xardín con flores de diferentes


variedades para colaborar na alimentación das abellas e facili-
tar a súa observación no medio natural. Instalamos ademais
un refuxio para insectos.

Agora que coñecemos as abellas e a súa importancia, sere-


mos moito máis respectuosos coa natureza que nos rodea e
da que formamos parte.
12

COIDANDO OS ESPAZOS VERDES DO NOSO COLE

Un curso máis, varios docentes conformamos un grupo de traballo co obxectivo de recuperar e


coidar os espazos verdes do noso centro, implicando ao alumnado nesta tarefa e utilizándoos co-
mo recurso educativo.
Hai varios cursos, comezamos creando unha horta escolar e recuperando un patio interior co-
mo centro de actividades en torno á natureza. Alí gardamos apeiros, utensilios e sementes que
nos axudan a desenvolver algunhas actividades.
O curso pasado instaláronse dúas mesas con bancos para uso do alumnado e profesorado en
tempo de traballo ou lecer.
Este curso plantamos árbores, continuamos co traballo nos bancais da horta, instalamos un
composteiro, creamos un punto limpo no patio (o segundo está en proceso) e temos previsto
acondicionar dous espazos máis entre as aulas de primaria. Pouco a pouco tratamos de imple-
mentar actuacións que humanicen os espazos exteriores do centro, facéndoos máis amables, máis
acolledores, máis saudables e máis sostibles.
Implicamos ao alumnado nestas tarefas para que medren sendo ambientalmente responsables,
coidando da súa contorna, sentíndose parte dun ecosistema global.

COIDAR O PLANETA QUE NOS SUSTENTA É TAREFA DE TODOS.


13 ALBARES nº 11

III CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

Dentro das actividades propostas para conmemorar o Día do Libro o


EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de
Ares volvemos a convocar o III Concurso de Escritura Creativa de
Microrrelatos.

Un total de 106 alumnos e alumnas, divididas en dúas modalidades


(primaria e ESO) participaron no certame.

Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Ote-


ro con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida so-
ñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.

Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia
Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con
“Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da
categoría de "Primaria" a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con "A casa queimada"; e Larraitz Aranaga
Carrasco con "A primeira man que sostivo a miña" na modalidade de "ESO".

Parabéns a todas e todos pola vosa participación. Xa estamos esperando a IV Edición.

A continuación podedes ler os relatos premiados:

A VIDA SOÑADA

Había moito tempo que non notaba a padiola baixo as miñas costas,
había moito tempo que non escoitaba os sons da máquina que me
mantiña naquela amarga prisión branca chamada hospital. Había moi-
to que non escoitaba os roncos dos meus pais que me acompañaron
nesta dura etapa dende que me diagnosticaron ese maldito cancro.
Arrebatoume todo, todo. Arrebatoume o meu precioso cabelo louro,
arrebatoume a esperanza, a felicidade, as gañas de vivir. Aínda que o
peor foi como o pasaron os meus pais, temerosos de que algún día non espertara.

Eu sentíame seguro, a pesar de todo isto. O meu pai prometeume levar lonxe, moi lonxe de todo este pesade-
lo, do hospital, da casa e desta enfermidade que ía murchándome lentamente. Pero ese día non foi como o
resto, foi distinto. Ese día non espertei nese hospital. Ese día espertei baixo a atenta mirada dun home envolto
nun traxe azul, parecido ao das persoas que me atenderan durante a miña condena branca. Non era o doutor,
non era o meu pai, e esa non era a miña habitación de hospital.

-¡Felicidades, é unha nena!-exclamou o home de azul.


Entendino de súpeto e o corazón encolléuseme. Agora tiña outro fogar.
Leo De Navas Rodríguez. 2ºESO A
14

A NENA PANTASMA

Que estraño!, dixo a rapaza avanzando paseniñamente. A rapaza era


pequena, igual tiña uns 10 anos, levaba un vestido branco e estaba descal-
za. Parecía como se fose levitando cos pés. Tiña unha voz aguda e á vez un
pouco doce.

Foise metendo cada vez máis no bosque. Eu tiña medo!. Era de noite, así
que marchei á casa correndo. Cando cheguei ceei e logo fun a cama, tapei-
me e apaguei a luz.

Escoitei unha voz como a da rapaza, acendín a luz eeee!.... estaba a rapa-
za ao meu lado! Escapei da casa e na rotonda volvín ver a mesma rapaza,
pero tiña o pelo diante da cara. Eu berrei: HAAAAAA!!!. Chamei á policía e
díxome que eran alucinacións por beber un batido caducado.

Valeria Villares Otero. Curso 4º B

A PRAIA

Facía moito tempo que chegaramos á praia de Estacas. Aquel era o último día de vacacións antes de come-
zar o curso escolar. Un novo curso cheo de aventuras e experiencias, onde coñeceríamos xente nova e faría-
mos moitas amizades.

O sol de setembro agochábase no horizonte formando unha paisaxe que semellaba unha fermosa pintura.

Nesa praia o mar normalmente está en calma. Se hai sorte podes ver arroaces no horizonte. Nas augas da
ría tamén hai peixes que adoran estar entre as rochas, buscando alimento ou dando unha volta. As xardas
seméllanse a cebras pastando na sabana, xa que son prateadas con raias escuras e na maioría das veces na-
dan en bancos. É raro ver unha soa.

A area da praia, vista de preto, semella un deserto onde varios animais, principalmente insectos coma formi-
gas crúzano buscando comida ou explorando novos terreos.

Ás veces, os sitios máis marabillosos están xusto en fronte da nosa porta.

Elia Toribio García, 6ºB

Praia de Estacas
15 ALBARES nº 11

ROSALÍA, MIÑA VIDA.

Había moito tempo que non vía os seus ollos. Aquela fermosa tarde de abril mentres
paseaba coa miña cadela Lúa, recoñecín unha figura que se me facía coñecida, tan
coñecida que Lúa acercóuselle a ulirlle os pés.

Levantei a mirada e vin os ollos daquela rapaza. Quedei totalmente abraiado, esa
nena que coñecera con tan só 15 anos estaba fronte de min.

Esa na que levaba pensando tanto tempo... na súa mirada, na súa silueta marabillo-
sa, no seu cabelo suave e delicado como as flores...estaba fronte de min!.

Nada máis recoñecela comecei a falar para que non fuxira como facían todas, nada
máis verme. O seu nome era Rosalía. Cando eramos mozos ela marchara cara outro país a estudar. Agora que
a tiña outra vez preto de min pedinlle o seu teléfono para poder volver falar dos tempos pasados, eses que tan
melancólico me volven. Despois deste encontro comezamos a chamarnos diariamente ata que un día decidi-
mos saír como amigos, un plan para coñecernos mellor en persoa. Cada día que pasaba sentía por Rosalía
máis e máis cousas, totalmente inexplicables. Aos 3 meses de estar saíndo, decidín dicirlle o que todo este tem-
po estaba esperando contarlle.

Despois de 17 anos... Lucas Varela Rodríguez. 2ºESO A

A CASA QUEIMADA

Facía moito tempo que Pepiño non volvía ao seu pobo. Cando chegou viu
que estaba todo queimado. Percorreu a vila ata a casa dos seus avós e ao
chegar viu que o lume acabara coa casa. Comezou a chorar porque era a
casa que gardaba os mellores recordos de cando era neno. Pasaba todos
os verás alí cos seus primos; xogaban ao fútbol, ían pescar, camiñaban to-
das as tardes polos montes derredor, viviron mil aventuras. Doulle tanta pena que decidiu restaurala el mes-
mo. Levoulle máis de catro anos rematala, pero cando o conseguiu sentiuse moi ben. Quería que os seus
fillos tiveran a mesma oportunidade de vivir a infancia tan bonita que tivo el nese pobo e crear novos recor-
dos con novos amigos.
Hugo Martínez Cereijo, 6ºB,

A PRIMEIRA MAN QUE SOSTIVO A MIÑA

Facía moito tempo que as miñas mans non tocaban as túas. Sen a túa presenza
xa non sorrío coma antes. Desde que te fuches teño un baleiro no peito que me
mata e non sei que facer. Dicirche que volvas sería moi egoísta pola miña parte,
o único que pido é que volva ese día á tarde cando o tempo pasaba mentres
afundía nos teus ollos. Gustaríame abrazarte forte e que os meus problemas mar-
chen.

Era moi feliz, pero con lágrimas nos ollos tívenme que despedir. Abandonáchesme cando tiña dez anos. Este
ano eu cumpro trece e... sigo sen esquecerte.

Larraitz Aranaga Carrasco 1ºA


16

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ

O luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día Escolar da


Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o
alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso
compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento
dunha cultura da paz no noso día a día.

Os nenos e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas


que adornaron as portas das súas aulas e rematamos o acto
cantando a canción “Mensajes del agua”.
17 ALBARES nº 11

PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

O alumnado do 1º ciclo de primaria


realizamos no 1º trimestre unhas saí-
das relacionadas co proxecto Magalla-
nes. Na primeira delas fomos a Ferrol
a visitar o museo Naval (EXPONAV)
no que puidemos aprender como é o
proceso de construción dos barcos en
España, así como ver impresionantes
maquetas dos estaleiros ferroláns.

Na segunda saída desprazámonos a cidade Herculina, ao Aquarium Finisterrae, para coñecer moitas das
especies mariñas do noso proxecto e como non, saudar ao xa coñecido tiburón Gastón.

E un ano máis, xa no cole, removemos a terra e... a plantar!! Este curso tocounos fresas. Agardamos impa-
cientes a colleita en xuño.
18

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL

O alumnado de Cultura Clásica e


Latín visitou no Centro de interpreta-
ción de Caldoval unha vila romana
situada na costa mugardesa, propia da
elite terratenente romana, habitada
dende o século I d.C ao V d.C.

Os baños de Caldoval eran unha


parte fundamental da vila romana.
Estas instalacións estaban dedicadas á
hixiene, pero tamén ao coidado do
corpo, ao deporte e ao lecer en xeral.

MEMORIA DA NOSA HISTORIA

O alumnado de 3º de ESO elaborou un traballo de


investigación sobre a nosa historia máis recente, entrevis-
tando a familiares e veciños, mestres de cultura e vida,
que aportaron as súas testemuñas e vivencias sobre a
posguerra. Toda unha oportunidade para descubrir a
historia viva máis recente da man dos que a viviron ou a
escoitaron.
A maioría dos traballos centráronse na historia da fuxi-
da de Ares do bou Ramón.
O alumnado, grazas á Asociación Cultural da Memoria
Histórica Democrática tivo a oportunidade de gozar no
propio centro educativo dunha visita guiada á exposi-
ción fotográfica A fuxida do bou Ramón. Así se achega-
ron a toda unha historia de sacrificios e solidariedade na
que 27 republicanos, buscando a liberdade, conseguiron
partir de Ares no bou “Ramón” o 20 de xullo de 1929 e
chegar a Francia.
19 ALBARES nº 11

LETRAS GALEGAS 2023

A Real Academia Galega escolleu este ano ao escritor e intelectual


Francisco Fernández del Riego como persoeiro homenaxeado no Día
das Letras Galegas 2023 .

En Vilanova de Lourenzá nace Francisco Fernández del Riego, o 7 de


xaneiro de 1913, primeiro fillo dunha extensa familia. Tras formarse
no seu pobo natal e en Mondoñedo, en 1930 iniciou a carreira de
Dereito en Madrid, pero ao ano seguinte instalouse coa súa familia en
Santiago de Compostela, onde a acabou en 1934 e empezou a exer-
cer como profesor axudante de Dereito Civil. Ao estalar a guerra en
1936 alistouse para evitar ser represaliado polas súas actividades polí-
ticas, pois non só era secretario das Mocidades Galeguistas, senón
que fixera unha intensa campaña en apoio do estatuto de autonomía de Galicia plebiscitado en 1936, e era coñe-
cido como un destacado membro da xeración de mozos intelectuais do Seminario de Estudos Galegos. Tras a gue-
rra instalouse en Vigo, contraeu matrimonio e comezou a traballar primeiro como profesor no ensino privado e
despois como avogado.

En 1943 empezou a reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidade. En 1950 fundou, xunto con outros gale-
guistas, a emblemática Editorial Galaxia, na que se ocupou da xerencia. En 1960 ingresou na Real Academia Gale-
ga, conseguindo que a partir de 1963 a institución escollese anualmente
unha figura da cultura galega que protagonizase o Día dás Letras Gale-
gas, que desde entón celébrase o 17 de maio. En 1963 comezou a súa
andaina a revista galega de cultura Graal, que Fernández del Riego codi-
rixiu con Ramón Piñeiro durante os seus cen primeiros números, ata
1988; tamén en 1963 implicouse activamente na creación da Fundación
Penzol, cuxa biblioteca —de consulta imprescindible para temas galegos—
dirixiu. En 1997 foi elixido presidente da Real Academia Galega, e impri-
miu a esta un aire máis dinámico durante os catro anos en que, por limi-
tación estatutaria, estivo á fronte da institución.

Á narrativa chegou tardiamente, ao publicar en 1992 O cego de Pumardedón, onde fai ficción da súa vivencia
da Guerra Civil.

Posiblemente é a figura máis premiada da historia da


cultura galega, pois recibiu, entre moitos outros, os
seguintes galardóns: Premio de Ensaio do Centro
Galego de Buenos Aires (1948), Premio Pedrón de
Ouro (1979), Medalla Castelao (1985), Premio Trasal-
ba (1988), Premio de Creación Cultural da Xunta de
Galicia (1992), doutor honoris causa da Universidade
de Vigo (1992), Galego Egrexio (1993), Premio Fer-
nández Latorre de Xornalismo (1994), Premio Otero
Pedrayo (1995), Insignia de Ouro da Universidade de
Santiago (1996), e o Premio das Artes e das Letras de
Galicia (1997).
20

LEMBRANDO A FERNÁNDEZ DEL RIEGO

As nenas e nenos de infantil celebraron o Día das Letras Galegas co recitado de poemas en galego e reali-
zaron uns preciosos murais.
Podedes velos a través dos códigos QR

Exposición de cartaces sobre a vida e obra de Florencio Delgado nos corredores do centro.
21 ALBARES nº 11

O GALEGO DA MOITO XOGO

E seguindo cos actos conmemorativos


do Día das Letras Galegas todo o
alumnado do centro participou na
actividade o deporte coa lingua baixo
o lema “O galego da moito xogo”.

O xoves, 18 de maio, o alumnado da


ESO realizou unha carreira de relevos
pola nosa vila. Cada relevista levaba
unha parte dunha cita motivadora
sobre o deporte en relación co Día
das Letras galegas. Ao chegar á meta
cada grupo montou o seu crebacabe-
zas coas pezas que foron achegando.

Tamén o alumnado de infantil e primaria uniuse


a esta celebración cunha actividade que consis-
tía en buscar pistas e retos agochados por todo
o patio. Unha vez atopados tiñan que resolver
ditos retos para ir completando un panel con
contidos relacionados co noso idioma baixo o
lema "O galego da moito xogo".

Esta actividade foi coordinada polos


departamentos de Educación Física
e o EDLG do noso centro e contou
co impulso do Servizo de Normaliza-
ción Lingüística da Mancomunidade
e a Concellaría de Cultura de Ares.
22

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Ao longo do curso, o Departamento de Tecnoloxía levou a cabo distintas actividades extraescolares co


alumnado do centro.

Os alumnos e alumnas de Educación Dixital de 3º


ESO participaron, no mes de novembro, nun concurso de
robótica organizado polo concello da Coruña. Tiveron
que resolver distintos retos relacionados coa programa-
ción dun robot Lego Mindstorms EV3. Aínda que o nivel
das probas foi bastante esixente, a experiencia resultou
ser moi enriquecedora.

Pola súa parte, o alumnado de 4º ESO visitou, no mes de maio, as ins-


talacións de Sotavento, na que recibiron unha pequena charla sobre
os distintos tipos de fontes de enerxía
que se empregan para obter electrici-
dade. Tamén realizaron un obradoiro
no que tiveron que acender un díodo
LED e unha lámpada con placas foto-
voltaicas. E puideron comprobar co-
mo aproveitar os recursos naturais
para construír unha vivenda bioclimá-
tica, contribuíndo ao aforro enerxético e á redución da contaminación atmosféri-
ca. E que mellor que rematar a xornada que cunha andaina, organizada polo
Departamento de Educación Física, pola beira do río Trimaz (Cabreiros), permitín-
dolles observar as impresionantes paisaxes de campeiros e fragas.

Os rapaces e rapazas de 2º
ESO visitaron, tamén no mes
de maio, o MUNCYT da Co-
ruña. Alí realizaron a monta-
xe de distintos circuítos eléc-
tricos e electrónicos e expli-
cáronlles a evolución da tec-
noloxía dende principios do
século XX ata a actualidade.

E para rematar, os máis pequenos de Educación Secundaria, 1º


ESO, visitaron as instalacións de Navantia (Fene), nas que puide-
ron comprobar, de primeira man, as dimensións da ponte grúa e
ver os distintos jackets que se empregan para instalar os aeroxene-
radores no medio dos mares e océanos.
23 ALBARES nº 11

CREANDO MÚSICA COS PÉS

Os que xa temos unha certa idade recordaremos a famosa escena da película Big na que Tom Hanks e Ro-
bert Loggia tocaban un piano de chan. O alumnado de 4º de ESO traballou, na materia de Tecnoloxía e durante o
segundo trimestre, o bloque de “Control e robótica”, polo que se lles propuxo, de forma voluntaria, a elaboración
do seguinte proxecto: “Por que non construír un piano para poder tocar cos pés?”. E un pequeno número de ra-
paces e rapazas aceptaron o reto de boa gana.

Ao longo de, practicamente, todas as tardes dos venres dos meses de marzo, abril e maio, Lucas, Ángel, Dani
Varela, Leo, Hugo, Sara, Tania e David acudiron ao centro para proceder á súa construción. Mediron, trazaron,
cortaron, pintaron, soldaron e programaron. Tamén comprobaron o seu correcto funcionamento tocando distintas
cancións.

Unha vez comprobado que todo funcionaba correctamente, chegou a hora de dar a coñecer o proxecto ao
resto da comunidade educativa. Os primeiros que tiveron a oportunidade de velo e tocalo foron os nenos e nenas
de infantil do centro escolar.

Mais non quedou aí a cousa, xa que tamén acudiron ao CEIP A Magdalena, das Pontes, para explicarlles aos
máis pequerrechos como se sentiron e o que aprenderon á hora de realizar este proxecto.

Como profesor de Tecnoloxía quixera dar as GRAZAS e os PARABÉNS a todos os rapaces e rapazas que se
involucraron neste proxecto, polo boa acollida do mesmo, pola súa boa actitude, polo seu compromiso e polo
gran traballo realizado!
Diego Calvo Hermida
(Profesor de Tecnoloxía)
24

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

Construír produtos tecnolóxicos para resolver problemas e satisfacer as necesidades dos seres humanos. Esa
é a función da tecnoloxía e a iso se dedicou o alumnado dos distintos grupos do noso centro escolar nas materias
de Tecnoloxía e Educación Dixital.
Estruturas de papel capaces de soportar o peso dunha persoa, xogos e maquetas de distintos medios de
transporte empregando material de refugallo, reloxos solares, tangrams, bailarinas movidas mediante mecanis-
mos de transmisión de movemento, montaxe de circuítos electrónicos soldando os seus compoñentes en placas
perforadas, prácticas de instalacións eléctricas, deseño de obxectos en 3D, prácticas de programación da placa
Arduíno, programación de distintos videoxogos realizados con Scratch,... son algúns exemplos das distintas tare-
fas e proxectos realizados polo alumnado de 1º a 4º de ESO.
Nas seguintes imaxes aparece parte do alumnado de 2º de ESO amosando os seus produtos finais.

PARABÉNS a todos e todas polo gran traballo realizado!


25 ALBARES nº 11

VIAXAMOS DE EXCURSIÓN A LUGO Por Ariadna e Lara

O luns pola mañá collemos o bus para ir a Ao rematar a visita, sacámonos unha fotos
Lugo dende o colexio. Durante a ida, para- todos xuntos na muralla de Lugo e logo mar-
mos en urxencias porque a Alejandro Mahía chamos en grupos a comer onde quixéramos.
doíalle o peito.
Mentres algúns ían ao Goiko a comer unhas
Unha vez chegamos ao noso destino, visita- hamburguesas grandes e moi ricas, Oscar
mos o Vello Cárcere, que hoxe en día é un Bañobre perdeuse, e Cristian tivo que ir a bus-
museo, ademais dun lugar de exposicións. calo.

O cárcere era un lugar grande, con moita Máis tarde, visitamos o Castro de Viladonga;
historia que contar. Por exemplo, alí contá- primeiro entramos ao museo, onde observa-
ronnos que nela había un corredor principal mos algúns restos de cousas que utilizaban
que conectaba a zona dos homes coa das naquela época, como xogos cos que xoga-
mulleres, e a porta que unía esas zonas tíñase ban. Despois, visitamos a zona do Castro, on-
que pechar cada vez que un preso pasaba. de observamos como evolucionou ao longo
Tamén nos contaron que algunhas celas ti- dos anos, xa que a base das construcións
ñan vistas ao exterior para poder falar coa cambiaba. E tamén observamos que no pozo
xente de fora. Principalmente as celas eran onde gardaban o auga, aínda había auga,
para moi poucas persoas, pero finalmente, feito que lle fixo moita ilusión á profesora.
debido a cantidade excesiva de presos que
E por último, marchamos cara Ares ao redor
había, as celas que ao mellor eran para dez
das seis da tarde. Ao día seguinte vimos o ví-
persoas, remataron sendo para cincuenta. deo do Castro na clase, xa que aquel día che-
gáramos tarde e non o puidemos velo alí.
Na visita, tamén nos deixaron ler algunhas
das cartas que os presos escribían ás súas fa-
milias cando sabían que os ían matar.
Como xa dixemos antes, actualmente é un
museo e un lugar de exposicións, e aquel día
coincidimos cunha exposición de arte que
algúns observamos con máis detalle cando
nos deixaron visitar o cárcere por libre.
26

VISITANDO COMPOSTELA

Os alumnos de 2º de ESO fomos de


excursión a visitar Compostela coas pro-
fes Yoli e Rocío. O programa incluía
unha visita aos museos da catedral e ao
Pórtico da Gloria restaurado fai uns can-
tos anos. A verdade é que é espectacu-
lar. Despois da restauración resalta máis
a súa policromía e os detalles.

Aprendemos cousas que non sabia-


mos da man da guía da catedral e da
nosa profe de historia Rocío. Logo pui-
demos ver polo miúdo o interior. Que-
riamos visitar as reliquias que uns pensa-
ban de Santiago e outros de Prisciliano.
Percorremos o interior, sobre todo ven-
do as capelas da ábsida e a Capela da
Corticela. Con isto e a visita polas facha-
das exteriores, rematamos a parte da
Catedral e comezou a actividade sorpre-
sa: unha carreira na procura de lugares
polo casco histórico da cidade.
Divididos en grupos aleatorios, tiña-
mos que buscar diferentes sitios no cas-
co antigo de Compostela. Axudados
pola tecnoloxía e cunha aplicación de
móbil onde, nun plano da cidade, se
marcaban os diferentes puntos coa in-
formación e pistas sobre o que tiñamos
que atopar, partimos cara a aventura.
Tiñamos que localizar 13 puntos da ci-
dade e, en cada un, facer un selfi onde
saíran todos os integrantes do grupo e
enviarllo ás profes.
A verdade e que o pasamos xenial e
nos pareceu un xeito divertido de apren-
der un montón sobre Compostela, de
cooperar en grupo e tamén un bo exer-
cicio de orientación sobre o plano. Re-
matamos cansos e chegou a hora de
xantar. Tiñamos diferentes opcións para
comer aínda que a maioría optou polo
equilibrado menú do Burguer King ou
do KFC.
Chegamos cansos pero contentos!.
Un día xenial.
27 ALBARES nº 11

VISITA AO HOTEL ALDA SADA MARINA

As nenas e nenos de 3 º e 4º de primaria


visitamos o Hotel Alda Sada Marina. Co-
mo estivemos estudando os oficios e pa-
ra coñecer ben o sector terciario, concre-
tamente o turismo, tivemos a sorte de
que nos convidasen a visitar este hotel.
Tiñamos moita curiosidade por saber
cantos oficios diferentes podería haber.

Ao chegar fomos recibidos por David


que é o comercial de eventos, Patricia
que é a directora do hotel e Ana que se
encarga de coordinar a dirección de va-
rios hoteis da cadea.

Chegamos á recepción, saudamos e fo-


mos a unha sala onde nos explicaron
como funciona un hotel. Na visita íamos
cubrindo unha ficha que levabamos e
na que apuntabamos os seus nomes e
os diferentes traballos que realizaban.

Logo ensináronnos unha habitación e


un apartamento. Saudamos ás camarei-
ras de habitacións, a Suso que se dedica
ao mantemento do hotel e aos camarei-
ros Jesús e Marga.

Convidáronnos a almorzar… Que rico


estaba todo!

Moitísimas grazas por poder vivir esta


experiencia.
28

ENCONTRO INTERXENERACIONAL

Como en anos anteriores, tamén


este curso viñeron compartir con
nós as súas vivencias catro persoas
que pasaron pola experiencia da
emigración. Carmen, María José ,
Lito e Manuel narráronnos como foi
a peripecia das súas vidas. A emi-
gración de Lito, sendo un neno, a
Arxentina e máis adiante, xa adulto,
a Santo Domingo. A marcha de Ma-
nuel a New Jersey moi novo e os
seus complicados comezos. Con
Carmen coñecimos a emigración a
Europa, concretamente a Holanda
e o contraste que senten os emi-
grantes en lugares moi diferentes
aos da súa orixe. E con María José
achegámonos á outra cara da emi-
gración, o exilio; vimos a inxustiza
da ditadura franquista sobre tantas
españolas e españois retratada na
fuxida da súa familia.

Os nosos alumnos e alumnas de 2º


de ESO fixeron un traballo de inves-
tigación sobre a existencia de emi-
grantes entre a súa familia ou ami-
gos e elaboraron uns magníficos
traballos sobre eles. Amosaron va-
rios deses traballos aos nosos visi-
tantes e foi unha experiencia moi
enriquecedora; sorprendémonos
con algunha historia, choramos con
outras e con todas aprendemos o
duro que resulta abandonar o pro-
pio fogar pola incertidume dun fu-
turo nun lugar descoñecido.

Moitas grazas a todos e todas as


persoas que co seu esforzo axuda-
ron a facer un mundo mellor e ade-
mais veñen a compartilo con nós.
29 ALBARES nº 11

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

O noso centro estivo realizando ao longo de to-


da unha semana actividades para render homena-
xe á figura de Rosalía de Castro, poeta central e uni-
versal dentro da identidade galega.
Ata o de agora, a efeméride celebrábase o 24 de
febreiro, día no que constaba o bautismo da autora
de Follas Novas, mais a aparición de nova docu-
mentación permitiu certificar a data real de nace-
mento de Rosalía xusto no día anterior.

O lema escollido para este 2023 foi:


#cumpriuseaxustiza#, un lema que a escritora Car-
me Adán fai seu a modo de pregunta e interrogan-
te no manifesto que escribiu para este día e que
alumnado e profesorado, leron no noso centro.

As nenas e nenos de infantil sumáronse


á conmemoración do Día de Rosalía
facendo este fermoso mural inspirado
na frase de Rosalía de Castro: “ Galicia
florida, cal ela ningunha de frores
cuberta, cuberta de espuma».

Tamén gozamos co “Concerto a Rosalía” a cargo


da “Mini big band” do noso cole. Un luxo ter a esta
rapazada sempre disposta. O himno galego puxo
fin ao acto.

E os peques de 1º e 2º de Educación Primaria gozaron do contacontos “A miña historia”, unha revisión da


vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos, representación que correu a cargo da compañía
Trémola. Todas e todos puideron coñecer, a través do personaxe de Andrea, as anécdotas e a historia da
nosa poetisa máis universal, muller pioneira no seu tempo e que hoxe en día cobra máis sentido ca nunca.
30

DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO

A ROSA INCANDESCENTE
Dentro dos homenaxes a Rosalía proxectamos tamén a cur-
tametraxe “A rosa incandescente” e ao rematar, a súa guionista
e produtora, Anxos García Fonte engaiolounos cunha clase ma-
xistral sobre Rosalía e desvelou algúns segredos sobre a súa ex-
periencia na rodaxe da curta.

Para finalizar, Antonio e Sofía de 2º de ESO deleitáronnos


cunha breve peza teatral dramatizando episodios da súa vida.

EXPOSICIÓNS ORAIS NAS CLASES DE LINGUA GALEGA


Unha proposta de traballo de exposición oral para o alumnado de 2º ESO foi representar escenas teatrais
baseadas na vida de Rosalía de Castro.

As rapazas e rapaces caracterizáronse de Manuel Murguía e Rosalía. Murguía entrevistou a Rosalía visibili-
zando o talante feminista da autora e dramatizaron os momentos máis senlleiros das súas vidas percorrendo
o seu álbum familiar.
31 ALBARES nº 11

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CUN DESFILE DE CONTO!

Este ano para conmemorar o Día do Libro a biblioteca Carabela e o Equipo de Dinamización Lingüística or-
ganizaron a primeira edición do "Desfile de Personaxes de Contos". A actividade consistiu en caracterizarse
da personaxe dun conto que se tivera lido e realizar un desfile acompañado do libro.

Mirade que chulada!


32

OS LIBROS SON AMIGOS QUE NUNCA DECEPCIONAN


33 ALBARES nº 11

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA CARABELA

APADRIÑAMENTOS LECTORES

CARTAS DE AMOR
EN SAN VALENTÍN
ESCOLA E TORNEO DE XADREZ

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CONTOS A ESCURAS EN SAMAÍN


34

OS LIBROS SON AMIGOS QUE NUNCA DECEPCIONAN

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADAS DE LIBROS


Co gallo das actividades para conmemorar o Día Das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüísti-
ca (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela organizan a VI Edición do Concurso de deseño de cubertas de
libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como potenciar as capacida-
des creativas do alumnado.
35 ALBARES nº 11

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA


36

Mens sana in corpore sano


37 ALBARES nº 11

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA


38

SPRING WEEK 2023

No mes de abril 17 alumnos e alumnas de 3º ESO tiveron a oportunidade de participar nun campamento de inmersión
lingüística en inglés con alumnado doutros 7 centros de toda Galicia e con monitores de diferentes países de fala inglesa.
Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora en moitos sentidos. O mellor é que o propio alumnado fale das súas
vivencias e aprendizaxe.
“O pasado 30 de abril, fomos eu máis algúns compañeiros de 3°
“Os alumnos de 3º da ESO fixemos unha in- ESO á Spring Week, unha semana na que se practica o inglés a
mersión lingüística este curso. O 30 de abril todas horas. Esta foi nos Peares, Ourense.
saímos cara a Os Peares, Ourense. Unha vez
alí organizáronnos en pequenos grupos e Nada máis chegar, reunímonos todos os participantes da Spring
comezamos cuns xogos de presentación. Week, e logo coñecémonos entre todos. Os monitores fixeron
Durante a semana realizamos todo tipo de grupos con nomes de países, o meu grupo era Scotland, pero
xogos que relacionaban o inglés co medio- había moitos máis.
ambiente e o desenvolvemento sostible. Todas as mañás tiñamos clase sobre o medio ambiente, e pola
Tivemos clases, creamos as nosas propias tarde tiñamos outra para dedicala ao proxecto que expoñeria-
casas con materiais reciclados, fixemos un mos o derradeiro día. Durante a semana fixemos moitas activi-
cómic, dous roteiros arredor do campamen- dades como crear a nosa cidade, as nosas casas, facer un desfile
to e tamén preparamos un proxecto final no e moitas máis. E sempre, despois de cada cea, faciamos unha
que tiñamos que crear unha empresa que actividade. Fixemos retos, xogos de apostar, tivemos discote-
axudara ao medio ambiente; este traballo ca… Aínda que o primeiro día todos queriámonos ir, porque
presentámolo o último día diante do resto tamén, o móbil deixábancho 1 hora (a nós máis porque éramos
de participantes. Ademais de todo o traballo do 2º grupo), e non podías estar con el a calquera momento. Ao
realizado tamén coñecemos a moita xente final pasámolo ben. Volvemos o 6 de maio, o día no que fixe-
da que non nos imos esquecer nunca. O 6 de mos as exposicións dos nosos proxectos. Foi unha moi boa ex-
abril, finalmente volvemos a Ares moi con- periencia e gustaríame volver e coñecer xente nova como fixen
tentos con esta nova experiencia.” desta vez!”

“Foi moi divertido. As actividades eran moi entretidas e os monitores moi amables. Repetiría sen dubidalo.
39 ALBARES nº 11

PROXECTO RELOXO SOLAR

A asociación da vila de Ares “Amigos de Santa Catalina”, coa que levamos


anos colaborando no mantemento da contorna do Mosteiro de Santa Catalina
de Montefaro, ven de agasallarnos cun reloxo solar vertical para colocalo na pa-
rede exterior do noso centro escolar. A súa presidenta, Celsa Formoso, foi a im-
pulsora deste proxecto tras a formación do profesorado hai 3 anos grazas á cola-
boración desinteresada de Lorenzo Capllonch Blanco.

OBXECTIVOS

• Reflexionar sobre o concepto do tempo e sobre como poder medilo.

• Comprender que hai moito tempo, a xente usaba diversos instrumentos para medir o tempo.

• Descubrir que antigamente era moito máis difícil que na actualidade saber que hora era con exactitude.

• Comprender, analizar e realizar a lectura dun reloxo solar.

• Formar ao alumnado de 1º e 2º de Primaria na comprensión do reloxo solar con xogos de orientación por parte da
mestra de educación física e análise das sombras por parte do alumnado de Tecnoloxía de 2º de ESO.

PROPOSTA NA MATERIA DE TECNOLOXÍA AO ALUMNADO DE 2º DE ESO B

• Analizar co alumnado de 2º de ESO o funcionamento do reloxo solar.

• Construción dun reloxo solar.

• Análise do funcionamento.

• Busca de información.

• Conceptos: latitude, lonxitude, coordenadas xeográficas, gnomon, orientación, puntos cardinais, equinocios.

• Localizar as coordenadas xeográficas do centro educativo.

• Investigar coas sombras a posición do sol: Puntos cardinais, variación co tempo.

• Explicación por parte do alumnado de ESO ao alumnado de 1º e 2º de Primaria o funcionamento do reloxo solar.
40

V FEIRA: DANZAMOS CO MUNDO QUE QUEREMOS


41 ALBARES nº 11

RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O departamento de orientación achéganos unha serie de recursos para divertirnos este verán.
42
43 ALBARES nº 11

70L34ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45


(TOLEANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS)
M473M471C45 N4 R414 3D1C1ON MMXXIII
(MATEMÁTICAS NA RAIA EDICIÓN 2023)

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesora-


do de Educación Matemática) e a APM
(Asociación do Profesorado de Matemáticas
de Portugal) convocaron unha nova edición
de “Matemáticas na Raia”, un concurso de
resolución de problemas dirixido ao alumnado
de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o
noso alumnado 3º ESO-A e 3º ESO-B partici-
pou o 23 de marzo. Trátase dun concurso
que fomenta o traballo colaborativo, pois os
grupos equipos son grupos-clase completos.

Puxeron todo da súa parte para resolver os cinco problemas que propuxo a organización facendo varios
simulacros e entrenando para o gran día. Dispuxeron de hora e media e de todo tipo de material agás co-
nexión có exterior, e foron supervisados por dúas profesoras do IES María Casares de Oleiros. Da mesma
forma, as profesoras de Matemáticas do CPI As Mirandas, María Calvo e Belén Morón, desprazáronse ao
IES María Casares para vixiar a proba do alumnado dese centro. Felicitamos á nosa rapazada xa que fixo
un traballo excelente e tivo un comportamento exemplar. Non gañaron a proba pero demostraron que sa-
ben organizarse e ilusionarse coas “mates”. Moitas grazas pola vosa implicación e moito ánimo en 4º para
participar no Rally Sen Fronteiras.

Esperamos xa con moitas ganas a Edición 2024 de Matemáticas Na Raia.


44

A VOLTAS COAS MATES

Este ano volvemos a organizar diversas actividades que coa pandemia quedaran sen realizarse.
A primeira semana lectiva de abril, tres clases de 2º e 4º ESO participaron no rally matemático sen fronteiras,
en grupos de 8 alumnos e alumnas. Pasaron unha tarde tentando resolver os problemas plantexados desde a
organización. Os grupos foron os seguintes:

2ºESO A 2ºESO B 4ºESO A


Sofía Aguiar Lucas Espiñeira Hugo Cartelle
Manuel Amorín Arturo Jarosz Álvaro Castro
Álvaro Arias Héctor Pereira Ángel Fernández
Leo De Navas Daniel Ramos Sergio Gil
Bega Fernández Manuel Riveiros Daniel Varela
Elisabet García Hugo Suárez
Antonio Otero Adrián Vidal
Lucas Varela Zhihao Zheng

Por outra banda, os alumnos de 2ºESO Sofía Aguiar, Leo De Navas, Lucas Varela e Adrián Vidal partici-
paron na fase de zona da Olimpíada matemática galega dese curso que se celebrou no IES de Canido. Leo
de Navas clasificouse para a fase final galega en Lugo, que ten lugar a finais de maio.

Por último, no que a concursos se refire, en 2º ESO están a participar no XIII Concurso Incubadora de
Experimentos e Sondaxes. Aproveitando os traballos de investigación realizados na aula, presentáronse os
catro mellores traballos ao concurso na súa fase galega. Na páxina seguinte, os seus protagonistas falan
un pouco sobre os seus traballos e as aprendizaxes que deles extraeron.
45 ALBARES nº 11

XIII CONCURSO INCUBADORA DE EXPERIMENTOS E SONDAXES

Julia, Alejandra e Sara

Realizamos un traballo de estatística sobre o cancro e a súa influencia mun-


dial. Decidimos escoller este tema porque na actualidade danse moitos casos de
cancro e queriamos informarmos sobre o tema.
Os nosos obxectivos foron saber a diferencia de casos entre homes e mulle-
res, as idades nas que se presentan máis casos, as defuncións segundo o país,
os tipos de cancro e as causas que o provocan.

Paula, Malena e Aroa

A idea de facer este traballo foi porque o pai dunha das nosas compañeiras su-
friu un accidente cando ía na furgoneta do traballo e chocou con outros vehículos
xa accidentados na estrada xeada, recibindo o impacto de outros 10 coches e que-
dando tetrapléxico.
Unha das conclusións que sacamos do noso traballo é que se producen dema-
siados accidentes de tráfico. No que levamos de ano morreron 150 persoas.

Antonio e Álvaro

Fixemos un traballo relacionado coas redes sociais e as novas tec-


noloxías. Recollemos os datos mediante un formulario que fixemos ao
alumnado e ao profesorado no que obtivemos un total de 103 repostas,
e tamén recollemos datos de páxinas como Save the Children, Zenit,
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Observato-
rio da Infancia e o xornal La Voz de Galicia.

No traballo falamos de diversos temas como as idades ás que se ten


por primeira vez o teléfono móbil, as horas de uso dos dispositivos móbiles, a popularidade das redes sociais, o
aumento do uso de internet durante a pandemia, o consumo de contido explícito entre menores, os perigos das
aplicacións de citas e fixemos unha pequena conclusión.

Sofía, Leo, Lucas e Adrián

O traballo que fixemos titúlase ‘As nenas van a pintura e os nenos ao fútbol’.
Trata sobre as actividades extraescolares que realizan os alumnos e alumnas do
noso colexio. Tamén nos centramos en quen practica deportes, artes e outras activi-
dades, na diferenza de idades, xénero, etc. Ademais, fixemos unha diferenciación
das razóns que levan aos nenos e nenas a practicar deporte, idiomas ou artes, así
como a deixalos, de aí o título reivindicativo do noso traballo.
46

POSDATA: RECUPERANDO O INTERCAMBIO EPISTOLAR

Din que a última carta auténtica en papel enviarase nesta xeración. Quen
de nós a escribirá? E, que perdemos ao abandonar o xénero epistolar?, ese
que segundo Virginia Woolf é “a arte máis humana, xa que afunde as súas
raíces no amor aos amigos”.

A arte de escribir cartas e postais perdeuse desde que se masificou o co-


rreo electrónico e o whatsApp e xa non hai necesidade de redactar nun pa-
pel, gardar o papel no sobre e metelo no buzón de correos para que lle che-
gue ao destinatario uns cantos días ou semanas despois. É unha pena por-
que o valor da carta como obxecto físico non é só un texto que se transmite,
senón un elemento material que foi forxado polas mans dunha persoa e che-
ga ás mans doutra.

Recuperando este xénero, o curso de 3º


ESO, particularmente a clase B, participou nun
intercambio de tarxetas de nadal cun país moi
afastado, pero coa sorte de que ambos com-
partimos unha mesma lingua, o inglés: no seu
caso a segunda lingua e no noso a terceira.
Grazas a esa lingua puideron comunicarse e
lograr facer un intercambio produtivo para am-
bas clases.

Tamén o alumnado de 1º e 2º de ESO envia-


ron, por correo postal ás persoas maiores usua-
rias do Centro de Día de Ares, as felicitacións
de Nadal que fixeron para elas cos seus mello-
res desexos. E que cousa tan bonita recibimos
despois de enviarlles a nosa correspondencia;
agasalláronnos con outra preciosa postal e dedi-
catoria así como cuns marabillosos axóuxeres
que fixeron coas súas fermosas mans.
47 ALBARES nº 11

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL

Alumnos de 4º ESO trabajando grabados y vaciados de yeso y arcilla


48

EXCURSIÓN DE 3º ESO A MÁLAGA, GRANADA E MÉRIDA


49 ALBARES nº 11

DESDE SANTA CATALINA DE MONTEFARO

Si de algo nos sentimos orgullosos en


los años que llevamos en la Junta Directiva
de la Asociación de Amigos del Monasterio
de Santa Catalina de Montefaro, es de ha-
ber promovido que los alumnos de Ares
con vuestros profesores nos hayáis visitado.

Conocer el Monasterio os ayudará a


quererlo, mantenerlo como algo vuestro y
de todos los aresanos y para todos cuantos
se interesen en la historia y el cuidado del
paisaje y de todo cuanto lo rodea.

Un poco de historia: el monasterio de


Pero la mejor dotación fue la Villa de Mugar-
Santa Catalina, fue construido por Fernán
dos y su “couto”, jurisdicción y señorío, tuvo lugar
Pérez de Andrade, primer Conde de Andra-
en “San Vicenço de Caamouco” el día 1 de julio
de, allá por 1392, 100 años antes del descu-
de 1397. Todos los impuestos y serventías que
brimiento de América. En un documento
pagaban a él, pasaran al convento.
de 1607 el visitador de la archidiócesis com-
postelana Jerónimo del Hoyo dice. “O mos- Además el convento aumentará sus riquezas
teiro de Santa Catalina de Faro, posee con compras y con donaciones y son los encarga-
“cerca de la mar unha ermita de nuestra dos del Hospital del Espíritu Santo en el puente de
Señora de la Merced, donde dicen se co- Pontedeume y también cobrarán el portazgo y un
mençó a fundar este monasterio y se dexó décimo de la madera que transportaban por el
por no parecer sitio seguro”. río.

En el siglo XIV eran frecuentes los ata- La construcción es de estilo románico, modifi-
ques piratas a las costas, sobre todo a los cado en el siglo XVIII con estilo barroco. Muchas
monasterios o lugares que pudieran poseer piezas de su construcción se encuentran en el
riquezas. Así se edificará en una pequeña Museo Arqueológico de San Antón en la Coruña.
llanura, antes de la cima de la Bailadora,
lugar que está protegido de los vientos do-
minantes en la zona y además tiene un ma-
nantial de agua dulce.

El monasterio se edificará en un “couto”


propiedad de la Iglesia de Santiago, en la
feligresía de S. Pedro de Cervás, encomen-
dándose a la Tercera Orden Regular Fran-
ciscana y está bajo la advocación de la
“virgen bienaventurada Santa Catalina” y se
hace con fines devocionales y hospitalarios
y se dota con tierras y vasallos.
50

Algo curioso ocurre al final del siglo XVIII: Un galeón


atraca en Salgueiras (puerto natural de Chanteiro). Su
capitán estaba herido y los frailes le cuidaron; en agra-
decimiento les dejó cuatro espigas de maíz negro, “Millo
corvo”, que se planta en Meiro, parroquia de Bueu de la
que procede. Les habla de las propiedades alimenticias
del mismo y también indica que es de fácil cultivo. Los
frailes lo plantan en sus fincas y con la harina de este
millo corvo, hacen un postre típico, “A Roda de Santa
Catalina”, que elaboran con melaza de calabaza y hari-
na de millo corvo. Con este postre y una jarra de vino de
sus fincas agasajaban a los romeros que de todas partes
de la comarca subían a pie el día 25 de noviembre, día
de Santa Catalina.

Esta celebración se mantuvo desde su fundación hasta


la desamortización de Mendizabal en 1836, cuando los
frailes son expulsados del monasterio. Desde el año
2002 se recupera la Festa de Santa Catalina, promovida
por la recién constituida Asociación de Amigos.

Recuperar este postre como un postre típico de Ares nos lo ha propuesto el Alcalde Julio Iglesias y nos ha
parecido un buena idea y promoción del Monasterio. El pasado 14 de Abril, acudimos a Meiro, a la Festa do
“millo corvo” y de allí hemos traído unas espigas con el propósito de plantarlas en el huerto del monasterio y
recuperarlo mediante un concurso de recetas basadas en lo citado en el libro de A Falda da Bailadora, de Car-
los Rodríguez Cartelle publicado recientemente por el Concello de Ares y la Diputación de La Coruña.

Todos los años leo con atención vuestra revista Albares y me encanta todo lo que hacéis en el CPI As Miran-
das. Así mismo, me gusta que conozcáis el único BIC (Bien de Interés Cultural desde el 2000) de la península
de Bezoucos, para que valoréis el patrimonio de Ares, lo cuidéis y respetéis.

Nos gusta vuestro colegio, sus alumnos y vuestros profesores. Recuerdo algo que me dijeron muchas veces y
que cada vez valoro más “tener unos buenos educadores (profesores y padres) es lo mejor que puede pasarte
en la vida”.

Y para finalizar, animaros a trabajar mucho. Con mis mejores deseos.


Celsa Formoso Martínez
Presidenta de la Asociación de
Amigos del Monasterio de Santa Catalina
51 ALBARES nº 11

ENTREVISTA Á NOSA DIRECTORA Polo alumnado de 3º ESO

Estamos aquí coa nosa directora Blanca que este ano nos deixa por unha boa razón, a súa xubi-
lación, que lle vai permitir gozar doutro xeito do seu tempo despois de tantos anos de traballo
na docencia e nos distintos cargos como xefa de estudos e directora.

-Ola Blanca, xa choveu desde que chegaches aquí a Ares, cando foi iso?

Si, xa choveu. Déronme a miña primeira praza definitiva neste centro no curso 1999-2000.

-Só traballaches neste centro ou estiveches en outros?

Antes de chegar a Ares, traballei noutros centros das diferentes provincias: Narón, Ferrol, Sada, Porto do Son, Pontedeume (A Coru-
ña), Vigo (Pontevedra), e Lugo entre outros.

-Cantos anos botaches en cargos directivos no noso cole?. Gustouche esta etapa?

Aínda que son profesora de Física e Química, comecei neste centro sendo profesora de Tecnoloxía e Xefa de departamento; adxudi-
cáronme a xefatura de estudos dende o 2005 ata o 2011 e o posto de Directora dende o 2011 ata o 2023. A verdade é que estiven
moi feliz neste centro, gústame moito a miña profesión, tiven e teño grandes compañeiros que me acompañaron coas miñas inque-
danzas e proxectos e poder así contribuír á mellora na educación, implicando a toda a Comunidade Educativa porque todos son im-
portantes para o bo funcionamento .

-O cargo de directora é complicado?. Algunha vez tiveches algunha situación que non puideras resolver?

O cargo de directora non é doado, o importante é contar cun equipo que te acompañe na coordinación e toma de decisións para
desenvolver o proxecto educativo consensuado para este centro. Sempre hai situacións que non dependen de ti, que non se poden
resolver como e cando quixeras, mais foron as mínimas.

-Podes contarnos algunha anécdota ou algo curioso que che acontecese no noso centro?

Un dos primeiros días na dirección do CPI, ás 4 da mañá dun sábado, soou unha alarma na sala de informática de primaria. Chamou-
me a central de alarmas e comentoume que tiña que avisar á Garda Civil e abrirlles o centro.

Así foi, fun cara o centro e estaban esperándome para entrar. Entramos no edificio de primaria poñéndose un diante de min e outro
detrás, así fomos ata a aula de informática. (menuda película!). Durante o percorrido non atopamos nada que puidera facer soar esa
alarma. Revisado todo e agradecendo o servizo á garda civil volvín para a miña casa. O luns os da central de alarmas viñeron revisar
os sensores e descubriron unha araña que andaba dentro dun sensor.

-Como che gustaría que che recordasen?

So o voso recordo, de calquera situación, clase, viaxe, actividade, proxecto... xa é moi importante para min.

-Agora que nos deixas, que plans tes cara o futuro?

Como non son quen de estar parada, sei que me envolverei en novos proxectos, polo de pronto, ler, ler moito, organizar unha horta,
viaxar e non ter horario...en definitiva, facer o que me apeteza en calquera momento.

Pois desexámosche toda a sorte do mundo e botarémoste moito de menos. Gustaríanos que nos volveses a visitar polo menos o día
da nosa graduación. Ata sempre e desfruta desta nova etapa!

Moitas grazas! Contade comigo para o que queirades, non o dubidedes.


52

ENTREVISTA A MARU Polo alumnado de 2º da ESO

Despois de parte da súa vida no noso colexio a nosa profe Maru deixa o centro para comezar unha nova
etapa, é dicir, xubílase, e como di a palabra, que xúbilo!, para ela claro, non para nós, pois a vamos a botar
moito de menos.
-Maru, sempre quixeches ser mestra?

Eu quería estudar filoloxía hispánica ou maxisterio, e finalmente me decantei por esta última carreira por
unha serie de variables, entre elas, que éramos catro irmáns e tres deles moi seguidos... Non podiamos
coincidir todos fóra da casa estudando... De todos xeitos, o que tiña claro desde un principio era desenvolver o meu traballo profe-
sional no eido educativo. Cando estudaba bacharelato impartín clase durante os veráns e deime conta da facilidade de conexión
que tiña coa rapazada.

-Chegaches ao CPI Conde de Fenosa e rematas no CPI As Mirandas, o mesmo colexio pero cun nome distinto. Tamén cambiou a
ensinanza desde que chegaches ata agora que te vas?

Cheguei ao CPI Conde de Fenosa no curso 2000/01 para incorporarme ao 1º ciclo da ESO pola especialidade de lingua castelá. Lem-
bro de xeito especial os primeiros anos aquí con moitos compañeiros e compañeiras que xa están xubilados ou que mudaron de
colexio. Co paso do tempo formei parte do equipo directivo no posto de xefatura de estudos de secundaria, desde o curso 2011/12
ata o 2018/19. No curso 2015/16 propuxemos o cambio de nome do CPI e saiu adiante cunha grande participación da comunidade
educativa. Pretendiamos contaxiar nese momento a nosa visión dun centro moderno e ilusionante arraigado á nosa contorna.

Como dixen anteriormente, chego a Ares no ano 2000, levando xa no ensino quince anos. Desde 1985 á actualidade xorden dife-
rentes leis educativas dependendo da opción política que estea no poder: LODE, LOGSE, LOPEG, LOCE, LOE, LOMCE, LOMLOE. As
diferentes leis foron introducindo cambios: enfoques diversos na aprendizaxe, aparición de materias adaptadas aos novos tempos,
novos currículos, etc. A maioría do profesorado aboga por un consenso político para un pacto educativo que aposte por unha edu-
cación pública de calidade, inclusiva, igualitaria e non segregadora.

-Polo tempo que levas no noso centro seguro que lle deches clase aos fillos de algúns dos teus primeiros alumnos. Como é esa
sensación?

Pois nos primeiros anos, cando ao comezo de curso atopaba nomes de alumnos e alumnas con apelidos xa coñecidos, era inevita-
ble facer a conexión e preguntarlles polos seus posibles familiares. Co paso do tempo, empezou a pasar que xa apareceron fillos e
fillas de antigos alumnos e alumnas. Mesmo fun titora dalgún fillo de antigos alumnos. Tamén teño unha compañeira de EP da que
fun profesora e titora, e é habitual que atope polo colexio ou polas inmediacións algún antigo alumno que ven a recoller aos seus
fillos ao cole.

Que vou sentir? Tempus fugit...


53 ALBARES nº 11

Que vou sentir? Tempus fugit...

-Tes algunha anécdota que queiras compartir con nós?

O alumnado é coñecedor de moitas anécdotas coas que habitualmente ilustro as clases.

Por poñer algún exemplo, utilizo unha anécdota que me sucedeu sendo profesora de EI en 3 anos para explicar tabú e eufemismo.
Un alumno de 3 anos ten ganas de facer pis e non pode porque na casa lle puxeron un pantalón que para nada favorece a súa auto-
nomía. O alumno preguntoume na clase se lle quitaba o pollito para poder facer pis e eu pregunteille se tiña unha granxa dentro.

Cando impartía clase na unitaria de San Xiao de Montoxo, en Cedeira, o alumnado viña en taxi. O concello tiña contratado a un
taxista que traía aos rapaces en varios viaxes. Había un que choraba desde que chegaba ata que se ía preguntando todo o tempo
onde estaba “Manolo”, o taxista. Nesta escola tiñamos que beber auga embotellada porque a auga era de pozo e tiña que levala eu
constantemente a analizar á farmacia da vila. Tamén, cando se estropeaba algunha estufa tiña que deixala na oficina bancaria onde
traballaba o meu marido e, cando estaba amañada, avisábame alguén do concello para ir a recollela ao mesmo sitio. Asemade, o
alcalde, alá polos anos noventa e poucos, accedeu a proporcionarme un teléfono móbil (era tan grande que ocupaba todo o bolso)
porque estaba soa, no medio do monte con 22 nenos e nenas de educación infantil.

En 2º ESO, nun exame sobre o teatro, pregúntase que é un monólogo e un alumno contesta que os manolos son unhas persoas
que saen na tele e contan chistes.

-Fuches xefa de estudos da ESO. Como foi ese período?

Foi un período de moito traballo e moitos cambios no colexio. Non é un traballo fácil. Na xefatura de estudos recaen moitas fun-
cións, entre elas a coordinación das diversas actividades académicas e do persoal docente. Lembremos que se traballa con diferen-
tes persoas da comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias e, ás veces, xenéranse tensións que hai que resolver. É un
traballo cunha carga excesiva que conleva unha tensión emocional grande e consume moito tempo persoal . Opino que a xefatura
está infravalorada e mal pagada pola administración. De todos xeitos, animo aos compañeiros e compañeiras que pasen por este
posto para poder ver a educación desde outra perspectiva. Ás veces, desde fóra, todo parece máis sinxelo do que realmente é.
Persoalmente, tamén penso que os postos directivos non deberían ser “vitalicios”, que de feito non o son pero hai profesionais que
se acoplan a eles, quizais porque son pouco atractivos e pouco valorados e poucos profesionais se atreven.

-Para rematar dúas últimas preguntas:

Que recordos levas deste cole e que consello lles darías aos teus alumnos/as?

Para min, este é o meu cole, onde desenvolvín a maior parte do meu labor no ensino. Levo moitos recordos e sensacións. Encánta-
me seguir escoitando ao alumnado ao final das clases: ”Pero xa pasou a hora? Qué rápido!”

Como profe de lengua aconsello ao alumnado que lea todo o que poida para poder pensar e ser libre para elixir. Lembro unha cita
atribuida a Federico García Lora: “Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan, sino que pediría medio
pan y un libro”.

Grazas Maru por esta entrevista pero sobre todo, por ser tan boa profesora e ensinarnos tanto. Desexámosche o mellor nesta nova
etapa e esperamos que non nos esquezas e que veñas a facernos algunha visita a este , o teu colexio. Moita sorte!
54

JOURNÉE INTERNATIONALE DES DROITS DES FEMMES

Pour célébrer la journée internationale des droits des femmes, les élèves de 3è ont rédigé des bio-
graphies de femmes françaises liées au domaine des lettres, de la politique, des sciences ou encore du
sport. Ils ont également lu un discours ,

Les élèves de troisième de la classe de français, nous avons fait des biographies de femmes fra-
nçaises célèbres pour commémorer la journée internationale des droits des femmes.

Nous avons parlé de femmes sportives comme Surya Bonaly et Jeannie Longo, de femmes de let-
tres comme par exemple Marguerite Duras et Simone de Beauvoir, de femmes artistes comme
Coco Chanel et Niki de Saint-Phalle, de femmes politiques comme Christine Lagarde et Edith Cres-
son ou encore de femmes scientifiques comme Marie Curie ou Sophie Germain.

La journée internationale des droits des femmes, c’est le 8 mars mais la journée de la femme, c’est
tous les jours.

Nous sommes fières et reconnaissantes du travail réalisé par toutes ces femmes parce que, grâce
à elles, nous sommes ici aujourd’hui.
55 ALBARES nº 11

HOROSCOPO SEMANAL

Gustaríache saber que ocorrerá durante os próximos sete días? Atoparás por fin o amor? Chegará a oferta laboral
que tanto ansías? Deberás comezar a coidarte máis? A continuación, mostrámosche que din os astrólogos de 1º de
ESO para que poidas afrontar coa mellor actitude posible os próximos días, sabendo como reaccionar no caso de
que a sorte non te acompañe.

ARIES

Esta semana espertas cunha gran simpatía porque sabes engaiolar á xente
que te rodea. Coñecerás so co poder da mirada ao teu amor. Debes ter moito
coidado co aire acondicionado, e mesmo poderías coller unha boa gripe. Res-
pecto ao teu estado de ánimo, vas estar un pouco deprimida, pero non tes
que desesperar porque pronto todo volverá a ser como antes.

TAURO

Debes facer unha revisión ou analítica, porque é bo que te controles,


pero non deixes que isto che obsesione. No amor vivirás relacións ínti-
mas con moita paixón. No traballo todo vai ben, ti es o xefe/a. Coidado
con facenda que che está investigando.

GÉMINIS

A túa saúde é perfecta, parece que aprendiches a lección e tomaches por


costume comer de maneira equilibrada. Ademais, xa non consumes tanto
alcol e deixaches de fumar. Segue así. No amor tes que abrir o teu corazón e
manifestar o teu agarimo, senón quedarás para vestir santos.

CÁNCER

Tes un pouco descontrolada a tensión, controla os teus decibelios. No amor co-


ñecerás a unha persoa na praia que che quitará o sentido e os cartos. Segue así e
non chegarás moi lonxe.

LEO

Esta semana levantaraste todos os días co pé esquerdo. No amor vas en picado,


non te comes un rosco. No diñeiro cada vez estás quedando máis pobre, pero
se esta semana cobres un euromillón volveraste máis rico que Amancio Ortega.

VIRGO

A túa saúde está complicada debido aos nervios. Vai a un psiquiatra e que che recete
algo para tomar. No amor, se o teu corazón non está ocupado, moi pronto vas coñe-
cer a alguén que che fará vela vida doutra cor (o negro). Tocarache a lotería e compra-
rás un Ferrari, pero terás que vendelo por culpa do prezo da gasolina.
56

OS ASTROS DARANCHE A SOLUCIÓN

LIBRA

Esta semana se vos complica un pouco a vida. A maioría ides perder o traballo xa
que sodes moi festeiros e despois da festa non apetece ir ao traballo, así que vos
despedirán. O amor tampouco irá moi ben; os que tedes parella ides sufrir unha
infidelidade e os que non a tedes seguiredes máis sos ca unha. Toma aspirina e
mellorarás. Na amizade non vos irá tan mal, seguiredes cos amigos de toda a vida
e coñeceredes novas persoas (para ben ou para mal).

ESCORPIO

Levas un tempo que pasas de todo e isto pódeche traer problemas. O nú-
mero tres e a cor azul daranche sorte. Na saúde estás como un carballo,
deixa de tomar vitaminas ou estouparás. En canto ao amor esa persoa que
se manifesta nos teus sonos aparecerá de súpeto e levarás unha decepción
do fea que é. Non desesperes nin chores, a vida é así.

SAGITARIO

Se o teu corazón non está ocupado, Mercurio vaite favorecer e vas atopar a alguén
moi especial que coñecerás grazas a unha amizade de toda a vida. En canto á saú-
de os sagitario ides ser pais de xemelgos e iso fará que non durmades pola noite e
teñades ansiedade. En canto aos cartos, teredes unha subvención da Xunta por ter
xemelgos.

CAPRICORNIO

Esta semana encontraredes a unha persoa que será clave na vosa vida e a
cambiará por completo, pero ten coidado non cha volva do revés. En canto á
saúde, non esperes a que chegue o verán para eliminar eses rolos de graxa
do corpo, e o sabes!. Terás diñeiro, pode que si ou pode que non, segundo
che vaia a vida.

ACUARIO

Este semana levantaraste co pé esquerdo, e non é porque che vaia pasar nada malo
se non porque o tes merecido polas túas bromas pesadas. Na saúde sairanche pelos
no nariz e isto dificultarache a respiración. Non ligarás nada.

PISCIS

Os piscis levantaranse torpes polo clima e a calor, un pouco de xeo na cama


será a solución. No amor tes que ter moito coidado porque hai sereas que po-
den quitarche o corazón e iso vai afectarche como máximo catro meses. É reco-
mendable quedar na casa, descansar e facer actividades tranquilas.
57 ALBARES nº 11

ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS- ERASMUS + Project

School Exchange at the Bilnet Okullari in Samsun, Turkey- June 5th – 11th 2022.
Thank you for your great work!

Last school year we finished our Erasmus + mobilities related to our Erasmus+ Project, a group of ten stu-
dents and four teachers from our school and the groups from Italy, Romania and Greece participated in the different
activities at the Bilnet School in Samsun: job shadowing, workshops and cultural trips. All the students and teachers
helped us to feel good there.

Before the trip we made a mini-book with information about Turkey and Samsun which was read by the stu-
dents and teachers. During our school exchange we wrote a diary where we took notes of the most relevant events
and experiences there.

This school year we have continued learning about Festivities and Traditions in our country, Europe and the
World: Halloween, Bonfire Night, Thanksgiving, St. Andrew's Day, Christmas, Peace Day, Valentine's Day, Carnival,
St. Patrick's Day, Easter, World Book Day, Flower Carpets, St. John's Bonfire. Here are some examples:
58

PASATEMPOS

SUDOKUS

FÁCIL MEDIO DIFÍCIL

Horizontais:
2. O antónimo de cheo.
4. A ti paréceche que este é _____ de deixar as cousas?
6. Emitir sons confusos ou palabras incomprensibles como mostra
de enfado ou de protesta.
7. Mes no que se celebra a festa de Galicia.
9. Un dos autores do himno galego.

Verticais:
1. Néboa.
3. Alegría, felicidade.
5. Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu
case por completo e as cousas se perciben como sombras.
8. Luz do Sol reflectida pola Lúa, que ilumina a Terra durante á
noite.

XEROGLÍFICO

PARTE DA PERNA
59 ALBARES nº 11

XOGOS NUMÉRICOS
Sergio, o mestre de reforzo e apoio do Programa PROA + deste curso 2022-2023,
proponnos 5 retos matemáticos para poñer a funcionar a cachola.

5+3=4

Temos dúas garrafas de auga. Unha de 5 litros


e outra de 3 litros de capacidade.
Con elas e so con elas, queremos conseguir 4
litros xustos de auga. Como facemos?

XEROGLÍFICO FESTEIRO
A que hora rematou a festa?

pistA: número roMano

1, 2, 4, 8, 16, 32…

Nunha caixa hai unha miñoca. Esta miñoca duplícase cada minuto. Cando pasa unha
hora, a caixa está chea. Cando a caixa está pola metade?
60

MATEMAXIA

Adiviña o número que pensa outra persoa. Instrucións:

1.- Di a outra persoa que pense un número do 1 ao 64. Pensar, NON dicir.
2.- Logo que mire ben as 6 cartas y que diga todas as cartas, TODAS, onde aparece o número que pensou.
3.- Hora da MateMaxia (ver páxina X).
4.- Número acertado (o mago adiviña o 100% dos números, se hai algún fallo, é da persoa que pensou o núme-
ro).

WANTED

Cal é o símbolo seguinte?

Solucións na páxina 62
61 ALBARES nº 11

Un peu de poésie…

Les calligrammes
62

SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS

5+3=4
Enchemos por completo a garrafa de 5 litros. Logo, enchemos toda
a garrafa de 3 litros ca garrafa de 5 litros. Así temos a garrafa de 3
litros chea e a garrafa de 5 litros con 2 litros. Baleiramos totalmente
a garrafa de 3 litros. A continuación, metemos os 2 litros da garrafa
de 5 na garrafa de 3 litros. Enchemos de novo a garrafa de 5 litros
por completo. Por último, botamos un litro da garrafa de 5 litros na
garrafa de 3 litros que xa ten 2 litros. Deste modo, quédanos a ga-
rrafa de 3 litros chea e a garrafa de 5 litros con 4 litros xustos de
auga.

Xeroglífico festeiro

O número 50 en números romanos é a letra “L”. A letra “L” no cír-


culo dun reloxo analóxico corresponde ás 3 en punto. Collemos a
“A” de “pistA” e a “M” de “roMano” e listo (AM): a festa rematou
ás 3 da mañá.

MateMaxia

O mago ten que sumar os números que están arriba e á esquerda


de cada carta que diga a outra persoa. Exemplo: a persoa pensa no
número “15”, mira as cartas e di que o seu número está na carta 1
(arriba, esquerda: “1”), carta 2 (arriba, esquerda: “2”), carta 3
(arriba, esquerda: “4”) e carta 4 (arriba, esquerda: “8”). Polo tanto,
o mago suma: 1 + 2 + 4 + 8 = 15.

WANTED

1, 2, 4, 8, 16, 32…

A caixa estará pola metade no minuto 59.

You might also like