You are on page 1of 5

A formación conforme

ao traballo
DIDÁCTICA E PROFESIÓN DOCENTE
EVA FERNÁNDEZ FREIRE
Índice

1. Introdución
2. Funcións e tarefas do profesional docente na institución
3. Oferta formativa para a actualización profesional
4. Conclusións
5. Referencias bibliográficas
1. Introdución

Na unidade didáctica 2 falamos sobre institucións de educación infantil.


Falamos das casas de nenos que son centros educativos para nenos de entre
1 e 3 anos. Estes nenos só poden estar como máximo 3 horas ao día alí. Os
pais téñense que comprometer a colaborar co programa educativo.

Outra entidade sería a casa niño que é un modelo de atención á infancia


de 0 a 3 anos adaptado ás características dos concellos de ámbito rural de
Galicia nos que, pola súa escaseza de poboación, non resultan viables os
modelos tradicionais de servizos de atención á primeira infancia.

As escolas unitarias que son escolas, maioritariamente rurais, onde non


hai un número suficiente de nenos dunha determinada idade para cubrir un
aula, co cal nunha mesma aula conviven alumnos de diferentes idades.

E os servizos de axuda educativa a domicilio que é un servizo para


aqueles alumnos que, por prescrición facultativa, non poden asistir ao colexio
ou instituto, sempre que o seu período de convalecencia sexa superior a 30
días.

2. Funcións e tarefas do profesional docente na institución

Unha vez presentado as institucións pasamos a falar sobre as funcións


que teñen os profesionais que traballan aí.

Nas casas de nenos os profesionais co educan cos pais dos alumnos xa


que nesta institución é moi importante a cooperación dos pais.

Nas casas niño as persoas que queiran ter ou traballar nelas teñen que
ter unha formación específica como técnico superior en educación infantil, grao
en mestre de educación infantil ou primaria, grao en pedagoxía, psicoloxía ou
educación primaria e outra formación acreditada en áreas de atención á
infancia e coidados infantís. Nesta institución a función do profesional é a
mesma que exerce alguén que traballa nunha escola infantil pero con un
número de nenos menor. Os pais tamén acadan moita importancia e
participación.
Nas escolas unitarias os profesionais son mestres de educación infantil
ou primaria que dan clase a nenos de todas as idades nunha mesma aula.
Como en calquera escola a función do mestre é a de ensinar aos nenos a
través do currículo, pero neste caso co aliciente de que na aula pode haber
nenos de diferentes idades co que se lle engade a complicación de ter que
ensinar o mesmo concepto a todos os nenos.

Nos servizos de escola unitaria é un docente o que vai ao domicilio, co


cal é un mestre titulado en educación primaria ou secundaria.

3. Oferta formativa para a actualización profesional

A formación docente ou a actualización proponse para xerar cambios


que son innovadores no seu ámbito, xa que orientan as estratexias implantadas
no proceso.

A actualización docente ten como propósito aumentar a eficacia dos


mestres nas actividades pedagóxicas e didácticas. Para isto é necesaria unha
avaliación dos obxectivos, así como as metas do proceso de ensinanza e
aprendizaxe clave que determina o gran traballo que constitúe a docencia.

Entre as técnicas de formación docente podemos atopar as seguintes:

 Posibilitar o trato entre estudantes e profesores


 Fomentar a colaboración entre estudantes, o traballo en equipo
 Motivar o aprendizaxe activo
 Subministrar un proceso de ensinanza aprendizaxe

A formación, capacitación e actualización docente, proponse xerar


desenvolvemento e innovación nos ámbitos educativos presentes nas
institucións educativas.

4. Conclusións

Con esta práctica aprendemos os diferentes tipos de institucións que


existen no ámbito escolar. Estas institucións son importantes para a educación
dos infantes e para os pais.
Pero tamén é importante que o profesorado se manteña actualizado nas
súas competencias e para iso existen páxinas oficiais que fan que os mestres
estean actualizados.

5. Referencias bibliográficas

https://www.euroinnova.edu.es/blog/cursos-de-actualizacion-docente-en-
linea

You might also like