You are on page 1of 5

AS ORGANIZACIÓNS ESCOLARES A PROBA DA REFORMA

de San Martín Alonso, Ángel e Beltrán Llavador, Francisco (2004)

Todo xira en torno ao centro escolar


− Calquera organización que se prece dispón dun edificio co que se identifica e proxecta
socialmente. No sistema escolar é a escola. No ensino público, a diferenza do privado, os
centros non contan cunha única denominación xenérica e nalgúns casos non teñen nome
específico identitario. (Véxase LOE-LOMLOE, art. 111).
− O gasto en inmobles e funcionamento dos centros españois é menor que o da media dos
países da UE e dos da OCDE.
− O Ministerio de Educación establece os requisitos mínimos (instalacións e condicións
materiais dos centros, relación alumnos/unidade, titulación académica do profesorado,
número de postos escolares), dos centros que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP e ES
e a flexibilización destes no caso de que impartan distintas ensinanzas no mesmo edificio ou
recinto, algo bastante frecuente (Véxase RD 132/2010, RDL 14/2012 e Lei 4/2019, art. Único
).
− A convivencia entre culturas docentes diferentes xera tensións e conflitos ao distribuír tarefas
entre profesorado con distinta titulación, formación, horas de dedicación e soldo.
− En canto ao tempo de ocupación dos espazos escolares, os problemas xiran en torno ao
calendario (Véxase orde pola que se aproba o calendario escolar de cada curso escolar) e á
xornada escolar (Véxase orde 29 de maio de 2008, DOG 06/06/2008). Como inflúen estes
aspectos no rendemento? As múltiples variables incidentes e as relacións entre elas, así como
os intereses en xogo dificultan chegar a unha resposta definitiva. Por un lado, as organizacións
escolares soen elaborar horarios ríxidos; por outro, as variacións en tempo e intensidade da
ocupación laboral das familias inciden na capacidade de atender aos seus fillos e fillas e nas
súas demandas en relación co calendario e coa xornada escolar.
− Os cambios na estrutura demográfica da sociedade española suscitan interrogantes en
relación coa organización dos centros: etapas que debe abarcar, ratios, etc.
− Na década dos 90 houbo un incremento da poboación inmigrante, a cal se distribuíu
desigualmente entre comunidades e escolarizouse, case na súa totalidade, no sector público.

O desencanto da dirección
− A dirección dos centros sufriu moitos bandazos coas reformas:
• Coa LXE (1970) o director tiña moito poder.
• Coa LOECE (1980) e coa LODE (1985) case se considera un corpo a extinguir.
• Coa LOPAGCE (1995) iníciase un percorrido inverso cara á profesionalización.
Outórgaselle á dirección un papel fundamental no fomento da convivencia escolar e
regúlase a acreditación (mediante o recoñecemento do exercicio previo de cargos
directivos ou vía formación) como requisito de acceso á función directiva, apostando
pola profesionalización. É a acreditación o sistema máis adecuado para formar
profesionais que van exercer a función directiva?
• Coa LOCE (2002) restáurase o corpo.
− No medio, en moitos casos, os Consellos Escolares elixiron directores con proxectos e talante
democrático e noutros, ao non haber candidatos, a Admón. designou a alguén. Do curso 85-
86 ao 98-99 a elección a cargo dos Consellos Escolares diminuíu bastante.

1
− Que razóns explican a falta de candidatos?
• Estrutura organizativa inadecuada ao modelo de dirección que se pretende impulsar.
• Posible falta de preparación da organización dos centros, a comezos dos anos 80, para
asumir unha dirección democrática no organizativo e colaborativa no pedagóxico
despois de tantos anos dunha dirección tecnoburocrática.
• Posible inadecuación do novo perfil de dirección para unha organización multiservizos
destinada a educar nun contorno no que o concepto do público é cada vez máis
borroso.
• Incapacidade dos equipos directivos para acadar no seu mandato as expectativas
depositadas neles, ao principio (apoio pedagóxico, coordinación, traballo cos
diferentes axentes da comunidade).
• Incapacidade para asumir tarefas relacionadas coa xestión, control e clima do centro
que se lle foron atribuíndo ás direccións máis tarde no medio das reticencias dos
colegas do claustro e da desconfianza da Admón. Educativa.
− O perfil do profesorado que accede á dirección ten entre 41 e 50 anos de idade, é
predominantemente varón nos centros públicos e varón ou muller por igual nos concertados
e ten entre 21 e 30 anos de experiencia docente (nos centros de educación secundaria pública
ten menos experiencia a pesar de haber neles máis conflitos) ou máis.

A aposta por unha xestión participativa


− A LOECE timidamente e a LODE de forma clara apostaron por un modelo de xestión e dirección
apoiado nos diferentes órganos colexiados (s.t. no consello escolar) para artellar a
participación dos axentes escolares.
− A LOPAGCE limita as competencias do consello escolar de centro en relación coa elección da
dirección e auméntaas en relación coa avaliación do centro orientada ao rendemento
académico.
− Na LOCE o consello escolar ten función de control do centro (elaboración de informes sobre
o funcionamento e actividade do centro, a petición da Admón.), deixa de ser o órgano que
elixe en exclusiva ao director e deixa de ser órgano de goberno para ser de participación na
xestión e control do centro.
− Os datos do Consello Escolar do Estado do 2002 indican que o colectivo docente é o que máis
participa nas eleccións, séguelle o persoal non docente, o alumnado e os pais e nais.
− O sector máis indefenso é o do estudantado.
− Segundo o indicado na LOCE, o alumnado de educación primaria e de 1º e 2º de ESO non
poderá ser candidato ao consello escolar de centro. Desde as administracións educativas non
se está promovendo a participación do alumnado nas asociacións de estudantes nin na vida
do centro.
− Da participación do representante das corporacións locais nos consellos escolares dos centros
(asistencia, actuacións e propostas) non hai datos. A LODE asígnalle aos concellos a
coparticipación na toma de decisións e na vertebración na comunidade escolar e a LOCE
atribúelle responsabilidades no plano da financiación e xestión.
− A implicación dos distintos axentes adquire sentido en virtude dos argumentos e da
capacidade operativa que teñan.
− Os consellos escolares, na actualidade, enfróntanse a políticas que devalúan a participación
ao obviala e a un comportamento dos axentes sociais impregnado pola lóxica mercantil.

2
Autonomía: a fraxilidade dun concepto político
− Importancia atribuída á autonomía (razóns):
• Progresiva desregulación dos servizos públicos
• Ampliación da diversidade cultural e pluralidade de culturas profesionais
• Tolerancia ante novas formas organizativas nos centros
− Coordenadas dos discursos sobre a autonomía:
• Os centros asumiron a selección social
• Parte das políticas xerais pasan a ser asumidas como propias do centro
− Autonomía ao profesorado e aos centros: incremento da súa capacidade de decisión ou falta
de compromiso dos responsables políticos co funcionamento das institucións públicas e os
efectos do sistema?
− Concepcións da autonomía dos centros:
• Na LXE dise que os centros terán autonomía para establecer materias e actividades
optativas, adaptar os programas ás características e necesidades do medio, ensaiar e
adoptar novos métodos de ensino e establecer sistemas de goberno e administración.
• Na LODE dise practicamente o mesmo que na LXE.
• A LOXSE refírese á autonomía pedagóxica dos centros como forma de desenvolver e
completar o currículo no marco da súa programación docente, como principio da
actividade educativa e como posibilidade para definir e programar materias optativas.
• Na LOCE considérase a autonomía como un dos eixos da Lei, vincúlaa á confianza
mutua centros-Admón. e á responsabilidade sobre os resultados da educación.
Considéraa como un dos principios de calidade do sistema educativo. Establece que
os directores teñan autonomía de xestión para impulsar e desenvolver proxectos de
mellora da calidade.
• A Comisión Europea considera a autonomía en termos de capacidade para a toma de
decisións. Caben tres posibilidades:
o Ter plenos poderes e autonomía
o Ter autonomía limitada
o Non ter capacidade de decisión
− Ámbitos para o exercicio da autonomía:
• Tempo
• Recursos económicos
• Os cadros de persoal docente
• Ensino
− Tendencias comúns nos países europeos (aínda existindo grande variabilidade):
• Non se ten autonomía ou é limitada en relación ao nº de días lectivos por ano e aos
edificios.
• Tense algo de autonomía ou completa na distribución de materias ao longo da
semana, na adopcións de métodos de ensino e na elección de libros de texto.
• Atópanse as tres situacións (ningunha autonomía, algunha ou completa) no que
respecta ao número de horas por materia, no equipamento dos centros, no
recrutamento do profesorado e na asignación de postos docentes.
− No que se refire a España, na información que aparece nas bases de datos europeas indícase
que os centros públicos teñen:
• Autonomía plena no equipamento, gastos de funcionamento, libros de texto e
métodos de ensino.

3
• Autonomía limitada na duración dos períodos de tempo lectivo (sesións/materia), o
inicio e finalización das leccións, os edificios e a proposta de directores.
• Non dispoñen de ningunha autonomía no calendario escolar (días/ano, horas/ano,
horas/semana e horas/materia), nº de profesores por centro, recrutamento do
profesorado e asignación de postos.
− A capacidade de tomar decisións dos órganos de representación con presenza de pais e nais:
• Varía duns países a outros.
• Varía duns ámbitos a outros:
o regulamentos escolares,
o deseño do plano de centro,
o elaboración de programas e obxectivos de ensino,
o control de gastos e
o disposición dos recursos asignados á escola.
− A información que aparece sobre España declara que os órganos de participación con
presenza de pais e nais teñen capacidade de decisión en todos eses ámbitos agás en
programas e obxectivos (papel consultivo).

A inestabilidade da inspección
− Inspección: un dos órganos con capacidade de control sobre as organizacións escolares.
− Características da inspección en España:
• Autoritarismo.
• Escasa aceptación por parte dos axentes da comunidade escolar.
• Dobre función (control administrativo e asesoramento educativo).
− Cambios, coas reformas, no procedemento de acceso.
− Proposta do Consello Escolar do Estado: independizala do poder político.
− Corpos despois da transferencia de competencias:
• Inspección ordinaria/inspección educativa:
o Ten competencias dentro do territorio da comunidade autónoma.
o A pesares dos cambios que experimentou coas reformas estruturais
(extinción, exercicio da función de modo interino e reinstauración) non se
atopou o modelo adecuado.
o Segue sendo a instancia máis visible de control aínda que este se relaxase
(entendéndose como recollida e análise de información para a toma de
decisións máis que como revisión do cumprimento da legalidade) e se
delegasen asuntos de avaliación (avaliación, acreditación, formulación de
indicadores estandarizados) en axencias externas.
o Esta delegación veu motivada porque nunca se veu a inspección ordinaria
como instancia externa á Administración nin ao sistema escolar.
o Chama a atención o feito de que, a pesares de aumentar o ensino privado
(concertado e privado), a maior parte das inspeccións se dirixan á escola
pública.
• Alta Inspección:
o Aparece coa LOECE, lei na que se concibe como órgano estatal orientado a
garantir o cumprimento das obrigas dos poderes públicos en materia
educativa e velar pola igualdade de dereitos e deberes da cidadanía en
educación.
o Máis tarde:

4
→ Órgano funcional de cada Delegación do Goberno.
→ Constituído por un ou dous funcionarios en cada Delegación do
Goberno.
→ Ata a aprobación da LOCE as súas competencias e funcións eran
ambiguas.
→ Na LOCE defínese o seu ámbito de actuación e as súas competencias,
definición que foi criticada por considerar que interfería nas
competencias das comunidades autónomas e porque denotaba falta
de confianza na responsabilidade da inspección ordinaria e na da
Admón. autonómica.

Que se ve no horizonte inmediato?


− O carácter instrumental da dimensión organizativa dos centros desde a LXE (1970) á LOCE
(2002).
− Desorde (interpretado como incapacidade) que leva a novas actuacións normativas sobre o
sistema escolar.
− Que as reformas non reforzaron a dimensión organizativa, o que contribuíu:
• a que se debilitase o modelo de consellos escolares,
• a que houbese reticencias á fórmula de elección de cargos,
• á falta de resposta institucional ao desafío da comprensividade e
• á inefectividade do control.
− Que se sobreestimou o instrutivo en detrimento do organizativo.
− Que a calidade (interpretada como supeditación da organización da escola aos intereses dos
poderes económicos, relixiosos, gremiais ou políticos) desprazou á solidariedade, o que
provocou fragmentación da escola e incapacidade para atopar respostas á mobilidade
demográfica, á pluralidade cultural ou á difusión do coñecemento socialmente máis útil.
− Que os sectores dominantes pretenden suplantar o plano organizativo polo xerencial
(baseado na produtividade, a competitividade e a flexibilidade).
− Que hai unha pretensión de que o esforzo de pais e nais, profesorado e estudantado se centre
no que se recolle nos estándares, nas avaliacións externas e en atopar un valor engadido para
a oferta coa que atraer á demanda.
− Que todo o demais, incluído o público e a participación, queda nun segundo plano.
− Que a construción do espazo común europeo para a educación dos seus cidadáns é difícil.

You might also like