You are on page 1of 1

 ALUMNADO DE 2º CURSO QUE NON TITULA

Aquel alumando que ten módulos suspensos e debe repetir ditos módulos debe facer a
matrícula.
O alumnado que so ten que facer o módulo de FCT (e proxecto en caso de CS) pode formalizar
a matrícula no mesmo prazo que o alumnado anterior.
Aquel alumno que non faga entrega da documentación o día 27 de xuño, non se lle atenderá
ata a semana do 11 ao 15 de xullo para dito trámite.

O día de recollida de notas (27 de xuño a partir das 10 da mañá), o titor ou titora fará entrega do
boletín de notas e do documento de matrícula para o seguinte curso. É recomendable cubrilo na
clase co titor. Ademais deben traer :

 Copia DNI
 2 Foto carnet
 1,12 € para o pago do seguro escolar

Co papel da matrícula e a documentación anterior irán a secretaría para facer a entrega de todo.
Aquel alumno que non faga entrega da documentación o día 27 de xuño, non se lle atenderá
ata a semana do 11 ao 15 de xullo para dito trámite.

 ALUMNADO DE 2º CURSO DE CCFF QUE TITULA (tanto CM como CS)

O día de recollida de notas (27 de xuño a partir das 10 da mañá), o titor ou titora entregará co
boletín de notas dous formularios:

 O pago das tasas do título. As tasas son: 22,07€ no caso dos CM e 54€ nos CS (o
alumnado que sexa familia numerosa que pregunte estes días en secretaría). Este
formulario débese levar ao banco e facer o pago correspondiente. Podedes avisar ao
alumnado destes costes para que o día de recollida de notas poidan facer o pago
delas.
 Petición de certificado. Para aquel alumnado que necesite un certificado para seguir os
seus estudos ou contrato laboral.

O alumnado debera devolver estes dous formularios, o de petición de certificado so se o


necesita, ao centro. Unha vez feito os trámites poden deixalos en conserxería e voltar aos 2 días
a recoller tanto o certificado como a copia do pago das tasas en conserxería tamén. Non deben
facer cola en secretaría para este trámite.

You might also like