You are on page 1of 7

CONVOCATORIA DE CAMBIO DE GRUPO CURSO 2023-24

GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA, GRAO EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL E GRAO EN ENXEÑARÍA


INFORMÁTICA

A resolución de 15 de xuño de 2011, pola que se publica a normativa de avaliación do


rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobado no Consello de
Goberno da USC, establece que entrementres o Consello de Goberno non aprobe unha
normativa xeral sobre cambios de grupo, os centros establecerán os criterios tanto para a
asignación como para o cambio de grupo. A Escola Técnica Superior de Enxeñaría aprobou un
procedemento en Comisión Permanente de 24 de xullo de 2014, segundo o que se establece
que:

1.- Dos grupos

- A distribución de grupos de seminarios e de titorías queda delegada nos coordinadores


das materias.

- Corresponderá á Dirección do Centro a distribución dos alumnos entre os diferentes


grupos interactivos de laboratorio previstos no PDA. Dita distribución farase por orde
alfabética de apelidos e figura no Anexo II.

2.- Cambio de grupo

O alumnado poderá solicitar cambio de grupo de docencia interactiva laboratorio. Para elo
establécense tres modalidades de solicitude:

- Permuta (Intercambio de Grupo entre 2 estudantes):

Estudantes do mesmo curso que presenten a súa solicitude xunto cos datos e
sinatura doutra/o estudante, co obxecto de permutar grupo entre eles.

A concesión, unha vez verificadas as solicitudes, é automática.

Salvo situacións excepcionais que deben acreditar as/os solicitantes, esta


permuta implicará o cambio de grupo para todas as materias do curso.

-Cambio de grupo xustificado:


Estudantes que acrediten unha situación que lles impida asistir ás clases do
grupo que lle corresponde por apelidos (motivos laborais, familiares, físicos, de
transporte, incompatibilidade horaria entre materias de distintos cursos,
programas de intercambio de mobilidade, cursos ponte…).
No suposto de que a solicitude se base no solapamento de horarios de materias
non é necesario que aporte ningunha documentación. Só será necesario que na

Taboleiro USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 1/7
solicitude indique o nome das materias nas que se produce o solapamento e as
materias e grupos para os que solicita o cambio.
A concesión dos cambios estará condicionada pola capacidade docente dos
distintos grupos.

-Cambio de grupo non xustificado:


Os estudantes poderán solicitar o cambio de grupo sen presentar ningunha
xustificación e a súa aceptación dependerá da capacidade docente dos distintos
grupos.

3.- Solicitudes e prazo


Primeiro prazo: do 11 ao 15 de setembro de 2023.
Segundo prazo para os alumnos que modifiquen ou amplíen matrícula: do 18 ao 22 de setembro.
Os estudantes deberán enviar ao correo etse.secredireccion@usc.es o impreso de solicitude
(Anexo I), debidamente cumprimentado xunto á documentación acreditativa de ser necesaria.

4.- A Dirección da Escola resolverá e publicará no taboleiro da USC unha listaxe provisional coas
solicitudes admitidas e excluídas e establecerá un prazo de 3 días para a presentación de
reclamacións e rectificación de solicitudes.
Publicaranse dúas resolucións independentes, o 20 de setembro para o primeiro prazo e o 27
de setembro para o segundo.

5.- Finalizado o prazo de reclamacións publicarase no taboleiro da USC a listaxe definitiva coa
relación dos cambios aceptados.

6.- A resolución da Directora sobre concesión e denegación de solicitudes de cambio poderá


recorrerse en alzada perante o Reitor no prazo dun mes dende que se ditou o acto.

7.- Comunicarase aos profesores ou coordinadores das materias afectadas os cambios


realizados.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023.
O Secretario da ETSE

Juan Carlos Vidal Aguiar

Taboleiro USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 2/7
ANEXO I

IMPRESO DE SOLICITUDE DE CAMBIO DE GRUPO

APELIDOS: NOME:

D.N.I.: TELÉFONO:

ENDEREZO:

CORREO ELECTRÓNICO:

Alumna/o do da Escola Técnica Superior de Enxeñaría no actual curso , vista a


CONVOCATORIA DE CAMBIO DE GRUPO de data 7 de setembro de 2023.

EXPÓN QUE:

POLO QUE SOLICITA:

Permuta (Intercambio de grupo entre 2 estudantes)*


Cambio de grupo xustificado
Cambio de grupo non xustificado

DOCUMENTACIÓN QUE APORTA:

*Debe indicar o nome do estudante co que permuta e o seu D.N.I. no apartado de


documentación que se aporta.

Santiago de Compostela, de de 20

(Sinatura alumno que permuta) (Sinatura solicitante)

Taboleiro USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 3/7
ANEXO II

DISTRIBUCIÓN DE GRUPOS POR ORDE ALFABÉTICA 1º CUATRIMESTRE

GRAO EN ENXEÑARÍA INFORMÁTICA

Grupos Interactivos

1º CURSO

4 Grupos A-E
F-Gos
Gü-Per
Pes-Y
Dobre Grao: Todos no grupo 1
5 Grupos A-Bl
Bo-Fo
Fr-Lod
Lop-Pe
Po-Y
Dobre Grao: Todos no grupo 1

2º CURSO

4 Grupos A-B
C-Gi
Go-Pa
Pe-V
Dobre Grao: Todos no grupo 1
5 Grupos A-Berd
Bern-Fernández P
Fernández R-I
L-Pérez G
Pérez R-V
Dobre Grao: Todos no grupo 1

Taboleiro USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 4/7
3º CURSO

4 Grupos A-Ca
Ce-Le
Li-P
Q-W
Dobre Grao: Todos no grupo 1

4º CURSO

4 Grupos A-Bl
Bu-Gol
Gon-Pen
Per-V
Dobre Grao: Todos no grupo 1
2 Grupos A-I
J-Z
Dobre Grao: Como corresponda alfabeticamente

GRAO EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Grupos Interactivos

1º CURSO

3 grupos A-D
E-O
P-Z

2º CURSO

2 grupos A-G
H-Z

Taboleiro USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 5/7
GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA

Grupos Interactivos

1º CURSO

3 grupos + grupo inglés A-F


G-O
P-Z
4 grupos A-Di
Do- La
Le- Re
Ri-Z
Fundamentos Procesos Químicos A-De
Di-K
L-Re
Ri-Z
2º CURSO

3 Grupos A-Fl
Fo-Ma
Me- Z
4 Grupos A-Di
Do- I
J- Pe
Pi-Z
Termodinámica Aplicada á Enx Química A-Fernández
Fi-López Paz
López Rúa-Piñeiro García
Piñeiro Pérez-Z

3º CURSO

2 Grupos +grupo inglés A-Me


Mo-Z
3 Grupos A-Me
Mo-Z
Grupo 3: o grupo de inglés da materia
Transferencia de Materia
4º CURSO

3 grupos A-I
J-Ri
Ro-Z

Taboleiro USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 6/7
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature
Asinante/Firmante/Signer: JUAN CARLOS VIDAL AGUIAR, NIF ***2389**, 07/09/2023 11:25:05.

CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/EE0F-433C-4B3E-85B3
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: EE0F-433C-4B3E-85B3 7/7

You might also like