You are on page 1of 6

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE CURSO NAS TITULACIÓNS

DE GRAO E MÁSTER DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE


ENXEÑARÍA

De conformidade co Estatuto do estudantado e o Regulamento de Réxime Interno da Escola


Técnica Superior de Enxeñaría, convócanse eleccións de representantes de curso de grao
e máster, segundo as seguintes regras de desenvolvemento, establecidas no Regulamento
de elección de representantes de curso aprobado en Xunta de Escola do 21 de setembro
de 2023:

PRIMEIRA.- Convocatoria

Ten por obxecto a elección de representantes de delegado/a e subdelegado/a de cada


curso dos grao e másteres impartidos na Escola Técnica Superior de Enxeñaría para o
curso académico 2023-24.

SEGUNDA.- Calendario electoral

O calendario electoral figura como anexo I á presente convocatoria. A votación efectuarase


o día 17 de outubro de 2023.

TERCEIRA.- Electores e elixibles

Os/as alumnos/as serán electores/as e poderán ser candidatos/as e no curso máximo no que están
matriculados/as.
O censo de electores publicarase no campus virtual de cada titulación e abrirase un periodo para
reclamacións ao mesmo.

CUARTA- Presentación de candidaturas e outros escritos

A presentación de candidaturas realizarase na secretaría da ETSE a través do formulario anexo II,


que se enviará asinado a etse.secredireccion@usc.es. Finalizado o prazo estabrecido emitiranse
listaxes provisionais e definitivas dos candidatos que se publicarán no Taboleiro Electrónico da
USC.

QUINTA- Suposto no que non procede realizar votación

Non procederá someter a votación a elección de representantes de curso cando:

O número de candidatas/os sexa igual ao número de postos elixibles. Neste caso a asignación do
posto de delegado/a e subdelegado/a farase por acordo entre eles/as e de non existir dito acordo
asignarase por sorteo.
O número de candidatas/os sexa inferior ao número de postos elixibles. Neste caso os postos
vacantes asignaranse por sorteo. A asignación do posto de delegado/a e subdelegado/a farase por
acordo entre eles/as e de non existir dito acordo por sorteo, debendo contar coa aceptación da
persoa seleccionada.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/65BF-E4BF-4074-B6D0
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0 1/6
SEXTA.- Procedemento electoral

Cada elector poderá votar como máximo a dous candidatos/as. A votación será presencial na data,
hora e lugar indicado e garantirase que o voto sexa secreto.

O/A coordinador/a do título (ou persoa na que delegue) encargarase do proceso electoral.
Rexistrará aos/ás votantes, que deberán identificarse co seu D.N.I. Unha vez finalizado o proceso
se realizará o escrutinio e se emitirá un acta co resultado da votación. O/a candidato/a máis
votado/a será o delegado/a e o segundo o subdelegado/a.
Os/as candidatos/as elexidos/as publicaranse no Taboleiro electrónico da USC e na web do centro.
II.

Santiago de Compostela, na data da sinatura electrónica.

Julia González Álvarez


Directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Taboleiro de anuncios da USC.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/65BF-E4BF-4074-B6D0
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0 2/6
ANEXO I

Exposición do censo provisional 25 - 27 setembro


Reclamacións ante a Dirección contra o censo provisional 25 - 27 setembro
Publicación do censo electoral definitivo 29 de setembro
Presentación de candidaturas 2 - 4 de outubro
Proclamación provisional de candidatos/as 5 de outubro
Recursos ante Dirección contra a proclamación provisional de candidatos/as 6 - 9 outubro
Proclamación definitiva de candidatos/as 10 de outubro
17 de outubro
Votacións
Grao en Enx. Informática:
1º ás 10:00 A1
2º ás 15:00 A2
3º ás 9:00 IA-S-1
4º ás 17:00 IA-S1

Grao en Enx. Química:


1º ás 10:00 A2
2º ás 16:00 A1
3º ás 10:00 A3
4º ás 16:00 A3

Grao Intelixencia Artificial:


1º ás 10:00 IA.11
2º ás 16:30 IA.11

Máster Big Data: ás 17:15


IA.01

Máster Enx. Ambiental: ás


12:00 A7

Máster Enx. Quím. e


Bioprocesos: ás 11:00 A6

Máster Computación Altas


Prestacións: ás 15:55 A5

Máster Visión por


Computador: ás 15:30 A9

Máster Intelixencia Artificial:


1º ás 17:00 IA.S2
2º ás 16:30 IA.02

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/65BF-E4BF-4074-B6D0
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0 3/6
Proclamación provisional de candidatos/as electos/as 18 de outubro
Recursos ante a Dirección contra a proclamación provisional de electos/as 19-20 de outubro
Proclamación definitiva de candidatos/as electos/as 23 de outubro

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/65BF-E4BF-4074-B6D0
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0 4/6
ANEXO II

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE CURSO NAS TITULACIÓNS DE GRAO E MÁSTERES DA


ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA

Don/dona____________________________________________________________con D.N.I
nº____________________, que figura no censo da da Escola da ETSE como pertencente ao sector:

 Grao en Enxeñaría Química


 Grao en Enxeñaría Informática
 Grao en Intelixencia Artificial
 Máster en Enxeñaría Ambiental
 Máster en Enxeñaría Química e Biotecnoloxía
 Máster en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data
 Máster en Visión por Computador
 Máster en Computación de Altas Prestacións
 Máster en Intelixencia Artificial

CURSO:
SOLICITA

Ser proclamado/a candidato/a do dito sector na elección de representantes de curso

En_____________________________, a ___________________de 20.

(Sinatura)

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/65BF-E4BF-4074-B6D0
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0 5/6
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature
Asinante/Firmante/Signer: JULIA GONZALEZ ALVAREZ, DIRECTOR A DA ESCOLA TECNICA SUPERIOR DE
ENXEÑARIA, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22/09/2023 11:26:31.

CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/65BF-E4BF-4074-B6D0
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 65BF-E4BF-4074-B6D0 6/6

You might also like