You are on page 1of 1

ANEXO I.

MODELO DE SOLICITUDE

PROCESO SELECTIVO PARA ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (LEI 20/2021,


DO 28 DE DECEMBRO)

D./D.ª ..., con DNI ..., domicilio para efectos de notificacións en rúa ..., C.P. ..., localidade ...,
teléfono ... e dirección de correo electrónico ...,

EXPOÑO:

Primeiro.- Que reúno os requisitos establecidos na base cuarta das Bases xerais dos procesos
selectivos para a execución da oferta extraordinaria de emprego público de 2022 do Concello
do Pereiro de Aguiar e na base terceira das Bases específicas da convocatoria excepcional do
proceso selectivo para a estabilización do emprego temporal e ingreso en ... prazas estruturais
do Concello do Pereiro de Aguiar de persoal laboral fixo na categoría de ..., publicadas no
Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 299, do 31 de decembro de 2022.

Segundo.- Que acepto na súa totalidade e me someto ás devanditas Bases xerais e


específicas polas que se rexe o proceso selectivo.

Terceiro.- Que achego a documentación sinalada na base terceira das Bases xerais:

a) Copia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento válido en dereito que


acredite a identidade da persoa aspirante.

b) Copia do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega correspondente a


cada praza á que se aspire, de ser o caso.

c) Copia da titulación esixida para cada praza nas bases específicas e, de ser o caso,
acreditación dos demais requisitos esixidos por aquelas.

d) Relación de méritos alegados para a súa valoración coa súa xustificación documental, de
acordo coa seguinte orde: 1.º Experiencia profesional; 2.º Méritos académicos: i) Cursos de
formación; ii) Titulación académica superior á requirida para o acceso e relacionada coa praza.

e) Carta de pagamento de ter aboada a taxa por dereitos de exame.

Polo cal, SOLICITO:

Que se me admita a participar no proceso selectivo para a estabilización do emprego temporal


e ingreso na praza estrutural vacante do Concello do Pereiro de Aguiar de persoal laboral fixo
na categoría de ...

Data e sinatura.

You might also like