You are on page 1of 1

Benqueridas familias:

A presente circular ten como propósito convidarvos a participar nunha


iniciativa que impulsamos o último trimestre do pasado curso: o equipo de
colaboradores en diversas funcións asociadas coa biblioteca.

No marco de noso proxecto “Lectura e familias”, queremos contar coa


vosa participación activa na dinamización dun ambiente con tanto potencial
comunitario e educativo como pode ser a biblioteca escolar.

Trataríase de participar nun grupo de persoas implicadas en cuestións de


todo tipo: labores técnicos, promoción de actividades, xestión de
recursos…

Somos conscientes das dificultades que entraña este tipo de propostas,


pero cremos que tamén pode resultar moi estimulante para algúns de vós.

O mércores, 4 de outubro, reunirémonos na biblioteca, ás 16:30, tanto os


colaboradores que iniciaron a súa andaina o curso pasado como aqueles
que queiran sumarse á iniciativa.

Un cordial saúdo,

O equipo coordinador da biblioteca

RÚA VENEZUELA, 7 | VIGO | 36203 | CIF R3600135B | WWW.SALESIANOSVIGO.ES

You might also like