You are on page 1of 6

ABAU-6.

pdf

Luciagc21

Historia de España ABAU

1º Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
HISTORIA DE ESPAÑA. ABAU. Composición de texto Nº 6

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición, sobre a primeira
república (proxecto de constitución federal e cantonalismo), tendo en conta os documentos e o
seu contexto histórico, debes atender cando menos a chegada da primeira república, as
características do proxecto federal e omovemento cantonal.

Doc.1.-Proxecto de Constitución federal de 1873:

“Art. 1. Compoñen a Nación Española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Asturias,
Baleares, Canarias, Castela a Nova, Castela a Vella, Cataluña, Cuba, Estremadura, Galicia, Murcia,
Navarra, Porto Rico, Valencia, Rexións Vascongadas. Os Estados poderán consevar as actuais
provincias ou modificalas segundo as súas necesidades. (...).

Reservados todos los derechos.


Art. 39. A forma de goberno da Nación Española é a República federal (...).

Art. 42. A soberanía reside en todos os cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos
políticos da República constituída por medio do sufraxio universal.

Art. 43. Estes organismos son: o Municipio, o Estado rexional, o Estado federal ou Nación (...).

Art.45. O poder da Federación divídese en poder lexislativo, poder executivo, poder xudicial e poder
de relación entre estes poderes”.

Art. 49. O poder de relación será exercido polo presidente da república. (…)

Doc.2.- O Cantón de Cartaxena

Proclamada como forma de goberno para España a república federal, o pobo republicano na súa
inmensa maioría reclamaba (…) que se organizase a federación, establecendo inmediatamente a división
rexional dos cantóns e dándolles a estes e ó municipio a autonomía desexada hai tanto tempo (…). (…)
Púxose en armas porque creu ver en inminente risco a santa causa da República Federal…

Proclama da Xunta de Cartaxena, 12 de Xullo de 1873

Doc.3.- Pavía entra no Congreso

Sr. Calvo: a Garda Civil entra no edificio preguntando ós porteiros o camiño (do hemiciclo) e dicindo
que se desaloxe o edificio por orde do capitán xeral de Madrid. (…)

Sr. Presidente: Rogo ós señores deputados que ocupen os seus asentos. Non temos máis remedio que
ceder ante a forza, pero ocupando cada quen o seu posto. (…).

Sr Castelar: Sr Presidente, eu estou no meu posto e ninguén me arrincará del: eu declaro que me
quedo aquí, e aquí morrerei.

Varios Srs deputados: Que éscandalo! (…)

Varios Srs deputados: Soldados, Viva a República federal! Viva a Asemblea soberana! (…)

( Óense algún disparos, quedando rematada a sesión no acto).

Diario de Sesións do Congreso dos Deputados 3-1-1874

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3084999
ABAU 6

A 1ª República é a resposta que dan as cortes españolas no ano 73 á incapacidade de elixir


outro monarca para España. Non é unha elección, é unha imposición pola falta de opcións. A
República chega nun momento de gran conflitividade e oposición política, que continua tras a

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
renuncia de Amadeo de Savoia, anterior rei, ante as dificultades do Goberno en 1873.

Ante os problemas planteados pola guerra de Cuba, Carlista e a inestabilidade política,


Amadeo renuncia á Coroa en 1873. Con esta renuncia, as élites gobernantes, Congreso e
Senado, representantes da nación, convocan unha Asemblea Nacional. Ante os fracasos
democráticos e monárquicos anteriores, deciden establecer a República o 11 de febreiro de
1873.

Ante este novo goberno, esta Asemblea Nacional Republicana asume os poderes, nomeando
como presidente executivo ao republicano Estanislao Figueras. Aquí comeza esta etapa,
caracterizada nunha maior parte pola súa inestabilidade política (debido a que é moi
heteroxénea), as diferenzas ideolóxicas, e as revolucións sociais e movementos obreiros.

Reservados todos los derechos.


Todos estes puntos vénse reflexados nas diferentes ideoloxías republicanas, e por
consecuencia nos enfrontamentos ideolóxicos durante toda a república. Por un lado, os
unitarios apostaban por unha república unitaria, con centralización do poder na capital,
Madrid, que asume a maior parte dos poderes, postura defendida, sobre todo, por Nicolás
Salmerón e Emilio Castelar. Por outra banda, outro grupo defendía que a república fose
gradualista e federal, que as Cortes decidisen o reparto de poderes entre o Estado Federal e os
que formaran a federación, é dicir, o Estado constrúese dende arriba, dende os altos mandos.
Estos son os federais gradualistas, dirixidos principalmente por Pi i Margall. Este político quere
dar opción ao nacionalismo catalán, pero non a independencia de Cataluña, polo que ademais
é un nacionalista español que segue a corrente liberal-democrática*. Por último, atópanse os
federais intransixentes ou cantonalistas, que se apoian nos movementos reivindicativos como
os movementos obreiros marxistas e anarquistas, e que piden que o estado federativo se
organice desde abaixo, desde unidades territoriais políticas soberanas, os cantóns. Apoiando
este movemento encóntranse asociacións como a AIT.

Debido a esta inestabilidade política, o goberno de Figueras convoca eleccións para buscar un
modelo de República que remate cos problemas existentes. Baseadas no sufraxio universal de
maiores de 21 anos (propio do liberalismo democrático), estas eleccións foron gañadas
ampliamente polo republicanismo federal, establecéndose así unha República Federal, en xuño
do 1873, con Francisco Pi i Margall como presidente executivo. Este federalista, como as bases
da Constitución do 69 non son axeitadas para o seu prototipo de goberno, elabora un proxecto
de Constitución Federal. As cortes intentan redactar esta constitución inspirada na do 69 polas
amplas liberdades, onde defínese a España como república federal, e onde o poder
estructúrase entre un estado federal e os estados rexionais, cada un cunha constitución, e
ademais o estado federal arbitra as competencias para ambos. Algúns artículos deste proxecto
podemos observalos no documento 1, que reflicten moitas das bases do federalismo da

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3084999
República. “Os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa...” correspóndese coa división en 17
estados federados de España, nos cales inclúense tamén Cuba e Porto Rico. Como vése no
artículo 42, a soberanía nacional a través do sufraxio universal é o método para elixir ás élites
gobernantes, co presidente da República como dirixente: “o poder de relación será exercido...
(art. 49)”. Este presidente é o que debe nomear ao presidente do Goberno, e debe relacionar
os diferentes poderes, separados en lexislativo (exercido pola Asemblea Nacional co Congreso
e o Senado, as Cortes bicamerais), executivo, xudicial e de relación, como se explica no artículo
45. Unha das bases máis salientables desta Constitución é o punto de vista organizativo e a

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
organización territorial, coa declaración da autonomía municipal como vése en “os organismos
políticos da República son o Estado Rexional, o Municipio...”; xunto coa separación absoluta da
Igrexa e o Estado. Por enriba, declara a liberdade de cultos e prohíbe a subvención a calquera
relixión.

En cambio, estas Novas Cortes atópanse cun gran problema: ao mesmo tempo que se redacta
a constitución, aparecen movementos cantonalistas. Apoiados polos anarquistas e revoltas
obreiras, os intransixentes sublévanse, co fin de mellorar as súas condicións sociais. De entre
todas as folgas e protestas, destaca a revolta social de Alcoi (1873), mais todas estiveron
impregnadas de abundante violencia. Xunto con todas estas protestas, o movemento
cantonalista comeza a expandirse pola Península, sobre todo pola parte do sur e do leste.

Reservados todos los derechos.


Como podemos observar no documento 2, proclamado pola Xunta de Cartaxena, organismo
político vixente en moitas rexións, declárase o Cantón de Cartaxena en 1873. Neste
documento vénse reflexadas as bases do cantonalismo, declarando a autonomía das rexións
que eles dividían, denominadas cantóns “establecendo a división dos cantóns (...) dándolles a
autonomía”. Todas estas revoltas, tanto de anarquistas, obreiros (AIT) como de cantonalistas
fan fracasar o modelo político de Pi, xa que ten que empregar as forzas de seguridade, facendo
que dimita en xullo de 1873, e dando entrada a un novo goberno unitario.

Con estes sucesos, comeza un goberno unitario, que defende un Estado co centro de poder na
capital, Madrid, e dirixido por Nicolás Salmerón dende o 18 de xullo de 1873. Para sufocar aos
cantonalistas, Salmerón apóiase en Pavía e Martínez Campos, militares que restablecen a orde.
En cambio, ao ter que asinar penas de morte para eliminar estas revolucións, Nicolás Salmerón
vése obrigado a dimitir, deixando o goberno en mans de Emilio Castelar, republicano unitario;
o cal xa formara parte da revolución estudiantil durante o goberno ultramoderado de
Narváez**. Ao conseguir poderes da Asemblea, este novo presidente consegue facer fronte ás
guerras cubana e cantonalista, mais goberna dun xeito autoritario e drástico apoiándose nos
militares. Esto xera un descontento social, os federais reclaman un novo presidente. Tal é o
descontento que, o 3-1-1874, o Xeneral Pavía entra no Congreso e disolve a Asemblea
Nacional, pondo fin á Iª República. Esta entrada de Pavía no Congreso podemos vela no
documento 3, onde vese un diálogo entre o presidente da República, Emilio Castelar e algúns
dos deputados. Neste documento vese o momento xusto onde a Garda Civil entra no
Congreso, a reticencia dos deputados por abandonar a sala, e por último os disparos, símbolo
da violencia deste golpe de Estado.

Cabe destacar que o republicanismo en Galicia foi moi activo durante o Sexenio. Apoiándose
no Partido Democrático Republicano Federal, os partidos republicanos e os seus apoios van
crecendo en Galicia, destacando líderes como Manuel Paz Nóvoa en Ourense ou Ramón Pérez

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3084999
Costales na Coruña. Deste último, sobre todo, é preciso destacar a forza contra a monarquía

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
que desprende pola carta que lle envía ao anterior monarca, Amadeo de Savoia, chea de
dureza e cunha clara ideoloxía republicana. Ademais, destacan as dúas figuras ourensanas, as
cales participan na comisión de Pi i Margall para a redacción de constitución federal: Eduardo
Chao e Paz Novoa.

Ante este baleiro de poder, o xeneral Serrano asume o poder executivo da República,
apoiándose en xefes políticos e militares (sobre todo unionistas), e suspende as garantías
constitucionais e ilegaliza aos federais, controlando a censura da prensa e disolvendo a AIT. As
tensións entre republicanos, as guerras carlista e cubana e os movementos obreiros xeran
medo, o cal favorece os intentos de Cánovas del Castillo de restaurar a monarquía. Así,
convence a Sabela II para abdicar no seu fillo, Afonso de Borbón en 1870. Este preséntase
como un monarca respectuoso co sistema, liberal e monárquico no manifesto de Sandhust,
onde reflíctense os ideais do sistema canovista: coroa, Cortes e Constitución. Así, en decembro

Reservados todos los derechos.


do 74, Martínez Campos pronúnciase a favor desta monarquía, provocando a volta dos
Borbóns en 1875 e o comezo da Restauración Borbónica.

Podemos dicir, entón, que a 1ª República recolle o pensamento federal e o unionista, cun
proxecto de Constitución que vai supor un avance ata 1874, co seu fin. Polo tanto, con esta
etapa finalizamos o Sexenio Democrático e comeza un novo periódo histórico coa volta dos
Borbóns: A Restauración Borbónica.

*EXPLICACIÓN NA COMPOSICIÓN Nº 9 NACIONALISMOS

**COMPOSICIÓN Nº4 CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3084999

You might also like