You are on page 1of 1

HdE.

Composición históricas Código:______________

ORIENTACIÓNS: Os seguintes textos permiten a elaboración dunha composición que teña por tema central a Primeira
República (proxecto de constitución federal e cantonalismo). Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: fracaso
do intento de instaurar unha monarquía con Amadeo I; implantación da Repúblicae dificultades (cantonalismo); final da
República e do Sexenio Revolucionario. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha
composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos
e a corrección da expresión escrita.
Documentos 1.
Grande foi a honra que merecín da nación española elixíndome para ocupar o seu trono (...). Hai dous anos longos que
cingo a Coroa de España, e España vive en constante loita, vendo cada día máis lonxe a era de paz e de ventura que tan
ardentemente anhelo.
Se fosen estranxeiros os inimigos da súa dita, entón, á fronte destes soldados, tan valentes como sufridos, sería o primeiro
en combatelos; pero todos os que coa espada, coa pluma, coa palabra, agravan e perpetúan os males da nación son españois,
todos invocan o doce nome da patria, todos pelexan e se axitan polo seu ben; e entre o fragor do combate; entre o confuso,
atronador e contraditorio clamor dos partidos; entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é imposible
atinar cal é verdadeira, e máis imposible aínda encontrar o remedio para tamaños males.
Busqueino avidamente dentro da lei e non o puiden encontrar. Fóra da lei non vai buscalo quen prometeu observala (...)
Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, en o seu nome a vós, a Coroa que me ofreceu
o voto nacional, facendo dela renuncia por min, polos meus fillos e sucesores.
AMADEO I. Discurso de renuncia á Coroa. 2-2-1873
Documento 2
Art.1. Compoñen a nación española todos os Estados, de Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Asturias, Baleares,
Canarias, Castela a Nova, Castela a Vella, Cataluña, Cuba, Estremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Porto Rico, Valencia,
Rexións Vascongadas. Os estados poderán conservar as actuais provincias ou modificalas segundo as súas necesidades (...)
Art.39. A forma de goberno da nación española é a República federal. (...)
Art.42. A soberanía reside en todos os cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos políticos da república
constituída por medio do sufraxio universal.(...)
Art.43. Estes organismos son: O municipio. O Estado rexional. O Estado federal ou nación (...).
Art.45. O poder da Federación divídese en poder lexislativo, poder executivo, poder xudicial e poder de relación entre estes
poderes.
Constitución federal. 1873
Documento 3
Os representantes das cinco provincias de Asturias e Galicia acordaron aliarse e unirse para todo o que se refira á conduta
do partido republicano e á causa da revolución, sen que de modo ningún intente separarse do resto da nación. (...)
A asemblea xeral galaicoasturiana, considera como única forma de goberno, capaz de perpetuar a práctica das nosas grandes
e patrióticas aspiracións, a república democrática federal. O partido republicano de Asturias e Galicia queda constituído da
seguinte maneira:
En cada concello haberá un comité composto de tres ou máis individuos,nomeado por sufraxio directo de todos os
republicanos do mesmo concello (...) que nomearán individuos (...) para formar o comité do distrito xudicial (...). O comité
de distrito nomeará un individuo para o comité provincial, e o comité provincial nomeará tres para a formación da xunta
xeral da federación. (...)
Esta xunta (...) terá na cidade da Coruña, centro polo de agora da federación, unha comisión permanente (...). Esta comisión
estará en comunicación directa coas de todas as confederacións de España e Portugal (...) e convocará todos os individuos
para determinar en asuntos de carácter grave. (...) A asemblea xeral do pacto galaicoasturiano (...) declara que a federación
(...) ao contrario de romper a unidade nacional, a aperta máis intimamente, dando a cada Estado o dereito de administrarse,
organizarse e vivir como crea máis en conformidade coa súa índole e circunstancias, unindo todos polos inquebrantables
vínculos da nacionalidade, a forza e a harmonía de intereses, e por unha asemblea nacional e un goberno sinxelo que
concentre sen custosa e frívola vaidade a grandeza dun pobo libre que apelida irmáns a todos os pobos.
Viva a República federal!
Pacto federal galaicoasturiano. A Coruña, 18-7-1869

You might also like