You are on page 1of 2

COMPOSICIÓNS BLOQUE 7

COMPOSICIÓN 7: A Restauración

Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición sobre os fundamentos


políticos da Restauración borbónica e o funcionamento real do sistema. Concibida como
unha monarquía parlamentaria (Doc.1) que se plasma na Constitución de 1876 (Doc.2),
a súa dinámica política estivo non obstante marcada pola manipulación da quenda
pacífica entre os dous grandes partidos dinásticos (Doc.3). Lembra qu e non se trata de
elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes apoiarte nelas ó
elaborar a túa redacción.

Doc.1.-Constitución de 1876:

“Don Alfonso XII, pola gracia de Deus, rei constitucional de España; a tódolos que as
presentes viren e entenderen sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do reino,
actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da
Monarquía española (...): Art. 11. A relixión Católica, Apostólica e Romana é a do
Estado. A nación obrígase a manter o culto e os seus ministros (...).
Art. 18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
Art 19. As Cortes están formadas por dous corpos colexisladores iguais en facultades: o
Senado e o Congreso dos Deputados (...).
Art.50. A potestade de facer executar as leis reside no Rei (...)”.

Doc. Táboa eleccións lexislativas (nº de deputados obtidos) 1891-1903

1891 1893 1896 1898 1899 1901 1903


Conservadores 262 61 279 84 236 87 240
Liberais 83 295 88 266 122 245 102
Republicanos 31 33 1 14 18 19 36
Independentes 4 5 10 12 28 11
Carlistas e integristas 7 7 9 5 3 7 7
Rexionalistas 6 7
Outros 16 19 22 11 9

Doc 3.-Valentí Almirall, republicano federal, denuncia o fraude electoral (1880):

“Entre nós reina a farsa en toda a súa crueza, unha farsa completa, exclusiva das
eleccións españolas. O mesmo se o sufraxio é universal que restrinxido, nunca hai máis
que un só elector: o ministro da Gobernación. Este cos seus gobernadores de provincia
e o innumerable exército de empregados de todas clases, sen excluir os altos cargos da
maxistratura e do profesorado, prepara, executa e consuma as eleccións (...), dende o
fondo do seu despacho, situado no centro de Madrid (...). Nada hai que sexa sagrado:
listas elrectorais, urnas, escrutinio, todo é falseado polos nosos políticos baixo a
inmediata dirección do gobernador civil de cada provincia”.
COMPOSICIÓN 8: A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO DO XIX
Ao longo do derradeiro cuarto do século XIX vaise forxando no estado español, igual que
noutros estados europeos, movementos inicialmente rexionalistas que se irán
transformado en nacionalistas. En Cataluña, País Vasco e Galicia terá o seu cerne.
Algúns serán de tendencia conservadora e outros lib erais.

Doc. 1.-Manuel Martínez Murguía. O rexionalismo galego. Lixeiras observacións. 1889

“Non temos unha soa cidade populosa, porque negouse todo elemento de riqueza ás
nosas poboacións durante tres séculos; sobre os nosos campos pesaron sempre tanto e
tan duramente os impostos, que pode dicirse que pronto habemos de velos desertos. A
emigración non é xa un mal pasaxeiro, senón unha necesidade (...) Tales son os
resultados da centralización.
Lingua distinta, díxose sempre, distinta nacionalidade. Sentíndoo así, Galicia tívose
sempre por nación de feito; o mesmo cando tiña reis e condes propios (...) que
incorporada á coroa de Castela (...). é un feito pois, que pola orixe, polo territorio e a
linguaxe, de igual maneira que pola súa historia e a comunidade de sentimentos e
desexos, estes pobos de noroeste forman unha nación con caracteres propios (...).

Doc.2.-Sabino Árana Goiri. Regulamento Euskaldun Ba tzokija (24-5-1894)

Art. 3 Jaungoikua. Biskaia será católica-apostólica -romana en todas as manifestacións


da súa vida interna e nas súas relacións cos demais pobos.
Art. 4 Lagizarra. Biscaia constituirase libremente. Restablecerá en toda a súa integridade
o esencial das súas leis tradicionais chamadas foros .Restaurará os bos usos e
costumes dos nosos maiores. Constituirase, se non exclusivamente,
principalmente con familias de raza euskeriana. Sinalará o Euskera como lingua
oficial( ...).
Art. 8 Sendo Biscaia pola súa raza, lingua, fe, carácter e costumes, irmá de Álava,
Benabarre, Guipúscoa, Lapurdi, Navarra e Suberoa, ligarase ouconfederarase
con estes seis pobos para formar un todo chamado Euskeria, pero sin mingua da
súa particular autonomía. Esta doutrina exprésase co principio seguinte: Biscaia
libre en Euskeria libre.
Art. 12 Prohíbese: a blasfemia, os cantares impíos e obscenos, os xogos de azar e os
cantos xenuinamente españois.

Doc.3.-Unión catalanista. Bases para a Constitución rexional catalá (27-3-1892)

“Base 3ª. A lingua catala será a única que, con carácter oficial, poderá utilizarse en
Cataluña e nas relacións desta rexión co poder central.
Base 4ª. Só os cataláns de nacemento ou por virtude de naturalización, poderán
desempeñar en Cataluña cargos públicos (...).
Base 6ª. Cataluña será a única soberana do seu goberno interior. Polo tanto, ditará
libremente as súas leis orgánicas (...).
Base 7ª. O Poder lexislativo rexional radicará nasCortes catalas (...).
Base 9ª. Exercerán o Poder executivo cinco ou setealtos funcionarios nomeados polas
Cortes, os cales estarán á fronte das diversas ramas da administración
rexional.

You might also like