You are on page 1of 2

Composición tema 8

O 12 de abril de 1931 celebráronse as eleccións municipais en España,


mediante sufraxio universal masculino. A participación foi moi alta e as
candidaturas republicano-socialistas triunfaron nas grandes cidades. Aínda
que o número de concelleiros monárquicos era lixeiramente superior, fíxose
evidente que unha boa parte do electorado apostara por un cambio de
signo.
O 14 de abril, os concelleiros electos da localidade guipuscoana de Éibar
proclamaron a República e, ao longo do día, fixérono os concelleiros de
Valencia, Sevilla, Oviedo, Zaragoza… Ante este feito, Afonso XIII decidiu
renunciar á potestade real e ese mesmo día abandonou o país (Doc 1. “As
eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o
amor do meu pobo”)

En Madrid, os representantes dos partidos asinantes do Pacto de San


Sebastián constituíron un goberno provisional, que ese mesmo día se
presentou no Ministerio de Gobernación e proclamou oficialmente a
Segunda República española. Os membros dese goberno representaban as
principais forzas da conxunción republicano-socialista: republicanos de todo
tipo, socialistas e nacionalistas cataláns e galegos. Á marxe quedaban a
dereita monárquica, os nacionalistas vascos e o obreirismo máis radical. Ese
goberno convocou as eleccións a Cortes costituíntes para o dia 28 de xuño.
A II República chegou nunha época marcada no exterior e no interior polos
seguintes factores: unha conxuntura internacional adversa, unha sociedade
dividida e enfrontada cun forte desequilibrio social e a fragmentación e
polarización política, derivada do novo papel asignado pola República aos
cidadáns.
O goberno decretou unha serie de medidas de extrema urxencia.
As eleccións xerais do 28 de xuño tiveron unha alta participación e venceu a
coalición republicano-socialista (Doc2. Partido Socialista Obreiro Español
115 escanos)

Os deputados electos formaron novas Cortes republicanas e o executivo


ficou en mans dunha coalición vencedora. As Cortes nomearon unha
comisión encargada de elaborar un proxecto de constitución, que aprobouse
en decembro de 1931.

A Constitución de 1931 foi moi avanzada para o seu tempo. Tiña un carácter
democrático e progresista. Define a España como “unha República de
traballadores de todas as clases que se organiza nun réxime de Liberdade e
Xustiza” (Doc 3. Art.1). A Constitución recolle os seguintes principios: O
Estado configurábase de forma integral, pero aceptábase a posibilidade de
constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións (Doc3. Art.1), establécese
unha radical división de poderes, recoñecíase unha ampla declaración de
dereitos e liberdades; garantíase a igualdqde absoluta ante a lei (Doc 3.
Art.2), dereito q voto das mulleres maiores de 23 anos, ou a afirmación da
Composición tema 8

laicidade do Estado ao non declarar ningunha relixión como oficial (Doc3.


Art.3). Tamén asume o principio de que a riqueza do país quedaba
subordinada aos intereses da economía nacional, pois garántese o dereito á
propiedade privada o traballo é unha obriga social e o Estado logra a
posibilidade de intervir e dirixir os asuntos económicos (Doc3. Art.44).

A Constitución non conseguiu o consenso de todas as forzas políticas,


existían fondas discrepancias entre a esquerda e a dereita, sobretodo no
referente á cuestión relixiosa e autonómica. Aprobar os artigos relixiosos da
Constitución provocou a dimisión dos sectores católicos do goberno e que
Manuel Azaña substituíse na xefatura do goberno a un Niceto Alcalá Zamora
que un tempo despois accedería ao posto de presidente da República.

You might also like