You are on page 1of 3

Dpto.

de Xeografía e Historia
Adriángela Menéndez Llorente IES BLANCO AMOR

CONSTITUCIÓNS E PARTIDOS POLÍTICOS

Falar de constitucións implica falar de liberalismo, sendo precisamente nas constitucións onde se
recollen os principios do liberalismo; sen embargo, á hora de levar a práctica estes principios existiron fortes
diferencias entre as diversas elites burguesas na súa loita por controlar o poder político1. Estas diferencias
xiraron principalmente arredor de dúas opcións:

1. A SOBERANÍA DA NACIÓN: fronte á lexitimidade da orixe divina da soberanía real, o liberalismo


defende a lexitimidade da orixe humana do poder: a fonte de todo poder é a nación pero esta idea
foi entendida de forma diferente: uns (os menos) identificaron a nación co conxunto de individuos
que vivían nela e, polo tanto, defenderon que o poder deriva única e exclusivamente da vontade da
maioría dos seus habitantes: SOBERANÍA POPULAR. Os máis conservadores e moderados
identificaron a nación coas súas institucións históricas (a Coroa e as Cortes); segundo esta idea fálase
de SOBERANÍA NACIONAL (a soberanía reside nas Cortes) ou de SOBERANÍA COMPARTIDA entre o rei
e as Cortes (o rei e máis as Cortes representan á nación). Deste xeito dise que o rei o é “pola gracia
de Deus e da Constitución”.

2. O DEREITO AO SUFRAXIO: podía ser sufraxio universal masculino ou sufraxio censatario. As mulleres
votarán por primeira vez en España, nas eleccións de 1933.

Dentro pois, do liberalismo distínguense tres modelos diferentes de constitucións:

1) As CONSTITUCIÓNS MODERADAS OU CONSERVADORAS: 1845 e 1876, que responden ao seguinte


esquema básico:
 Soberanía compartida polo rei e as Cortes
 O poder executivo recae na Coroa
 O poder lexislativo é compartido polas Cortes e o Rei
 Preeminencia do rei sobre as Cortes
 Cortes bicamerais cun senado de designación real
 Poder xudicial nos tribunais
 Sufraxio censatario masculino moi restrinxido
 Catolicismo oficial
 Liberdades persoais moi restrinxidas. Censura

2) As CONSTITUCIÓNS PROGRESISTAS como a de 1837 e a non promulgada de 1856, responden ao seguinte


esquema:
 Soberanía nacional asumida polas Cortes
 Poder executivo na Coroa
 Poder lexislativo nas Cortes co Rei
 Limitación das facultades do rei sobre as Cortes
1
O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, que son o grupo hexemónico da sociedade do século
XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e ao triunfo das revolucións políticas fronte á conxunción
monárquico-eclesiástica do Antigo Réxime.
Dpto. de Xeografía e Historia
Adriángela Menéndez Llorente IES BLANCO AMOR

 Cortes bicamerais cun Senado de designación real e elección


 Poder xudicial nos tribunais e creación de xurados
 Sufraxio censatario amplo
 Tolerancia de cultos
 Maior amplitude de liberdades persoais

3) As CONSTITUCIÓNS DEMOCRÁTICAS, como a de 1869 e o proxecto republicano de 1873, baséanse na:


 Soberanía popular (claramente identificada co pobo)
 Clara división de poderes
 Poder executivo na Coroa (no presidente do Goberno na de 1873) pero cun forte control das
Cortes.
 Poder lexislativo nas Cortes
 Preeminencia do poder lexislativo e fortes limitacións sobre o poder executivo.
 Cortes bicamerais cun Congreso e Senado libremente elixidos
 Poder xudicial nos tribunais e creación de xurados
 Sufraxio universal masculino
 Liberdade de cultos
 Amplo catálogo de liberdades persoais

***
Destacar que:

- A Constitución de Cádiz (1812) convértese no símbolo liberal por excelencia da Historia de España.
- O Estatuto Real de 1834 ten unha orixe exclusivamente real e por iso non pode considerarse unha
verdadeira Constitución senón unha “Carta Outorgada” (trátase dun decreto dun rei absoluto
que convoca unhas Cortes organizadas por el).
- A importancia da Constitución de 1837 estriba en que consolida definitivamente o réxime
constitucional en España.
- A Constitución de 1869 considérase a primeira constitución democrática de España.

PARTIDOS POLÍTICOS NO SÉCULO XIX

1) Absolutistas / Carlistas

2) Liberais:
 PARTIDO MODERADO
 PARTIDO PROGRESISTA
 “UNIÓN LIBERAL” (formada pola ala dereita dos progresistas e os máis progresistas dos
moderados. Era un partido de centro)
 PARTIDO DEMÓCRATA (ala esquerda dos progresistas):
 Demócratas monárquicos
 Republicanos (Unitarios e Federais)
Dpto. de Xeografía e Historia
Adriángela Menéndez Llorente IES BLANCO AMOR

PARTIDOS POLÍTICOS DENTRO E FÓRA DA QUENDA DINÁSTICA


DENTRO:
1) PARTIDO CONSERVADOR. Nel incluíronse os antigos moderados e a “Unión Liberal”.

2) PARTIDO LIBERAL ( ou fusionista). Reuniu a antigos progresistas, demócratas, monárquicos radicais


e republicanos moderados.

FÓRA:
A.- Os sectores republicanos:
1) Republicanismo unitario:
 PARTIDO POSIBILISTA (Emilio Castelar)
 PARTIDO REPUBLICANO PROGRESISTA (Ruiz Zorrilla)
 PARTIDO CENTRALISTA (Nicolás Salmerón)

2) Republicanismo Federalista, representado polo PARTIDO REPUBLICANO FEDERAL (Pi i Margall)

3) En 1893 creábase “UNIÓN REPUBLICANA” que agrupaba a federais, centralistas e progresistas,


quedando á marxe os posibilistas.

4) En 1903 “Unión Republicana” agrupaba ós diferentes grupos republicanos en torno á figura de


Nicolás Salmerón; pero enseguida apareceron discrepancias no seu interior, sendo protagonizadas
as máis importantes por Alejandro Lerroux, quen en 1908 crea o seu propio partido: o PARTIDO
RADICAL.

B.- As organizacións obreiras:


1) As correntes anarquistas (en 1907 créase “SOLIDARIDADE OBREIRA” e en 1910, a “Confederación
Nacional do Traballo”: CNT).

2) As organizacións socialistas (en 1879 xorde o PSOE e no ano 1888, o seu sindicato socialista: UXT)

You might also like