You are on page 1of 6

ABAU-2.

pdf

Luciagc21

Historia de España ABAU

1º Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
REPASO ABAU 2019-2020 Composición de texto Nº 2

HISTORIA DE ESPAÑA: AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812

Doc.1. A forma da monarquía

. O primeiro obxecto que debe arrebatar a atención da nación xunta en Cortes, é a santa relixión que profesamos.
Estando a relixión como merece, estará gobernada a monarquía como se debe (…). A relixión católica é o único
punto dende un rei católico debe partir á dirección dos seus coidados e atencións. Ela é a primeira pauta do rei, e a
principal adoración do vasallo. La relixión católica prescribe todas as obrigacións dun e doutros. Un rei ben
instruído na relixión católica e celoso da súa honra será un bo príncipe, e un reino relixioso saberá defender, amar
e respectar ao seu rei.

Reservados todos los derechos.


Francisco Antonio CEBRIÁN [bispo de Orihuela]. Informe [á Xunta Suprema sobre a convocatoria de
Cortes]. 2-10-1809.

Doc. 2.-Constitución de 1812:


“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...).
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de
establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

Doc.3. “La proclamación de la Constitución de Cádiz” Salvador Viniegra (1862-1915)

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082559
ABAU 2

As Cortes de Cádiz reúnense en España nun contexto de guerra de Independencia con Francia, e ao
mesmo tempo significan o principio do liberalismo no país. Estas cortes son convocadas polo Supremo
Consello de Rexencia, de onde podemos destacar a deputados como Don Pedro Quintana, Bispo de

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Ourense. Polo tanto, estas Cortes van a convocar a primeira Constitución na historia de España, neste
comezo de século XIX, que recolle os principios liberais que marcan este paso do Antigo Réxime ao
Estado liberal.

As Cortes de Cádiz marcan a fractura ideolóxica de España nesta época: uns consideran as ideas que
propón un atentado aos seus intereses, como as clases tradicionais, nobreza e clero; e por outro lado,
os liberais e reformistas ilustrados ven estas ideas como unha oportunidade para levar a cabo as
reformas do país. Entre estas dúas ideoloxías haberá numerosas discrepancias, que se estenderán por
todo o periodo liberal. Así mesmo, as clases tradicionais van intentar impór os seus pensamentos,
como é o caso da Igrexa, como se pode ver no documento 1. Aquí, o bispo de Orihuela, Alicante,
manda un informa á Xunta Central Gobernativa, a cal vai convocar Cortes, ahondando no tema da

Reservados todos los derechos.


relixión e a súa importancia na monarquía. Do catolicismo parten as obrigas e os coidados, e constitúe
unha guía tanto para o rei como para o vasallo (l.3-6). Estas Cortes vánse celebrar en Cádiz, que era
unha das partes de España que se atopaba liberada dos franceses, e unha vez convocadas van, en
ausencia do rei, formar unha lexislatura en forma de constitución que recolla todos os principios
liberais que defendían.

Xa convocadas as Cortes, realízase unha consulta ao país e agrúpanse todos os deputados e


colaboradores que van aportar o seu punto de vista e chegar a un acordo para poder redactar a
constitución. Dentro de estes, predominan dúas tendencias ideolóxicas: a realista, que apostaban polo
mantemento da soberanía real anterior, e dicir, que o rei conservara todo o poder que tiña antes, e a
liberal, que defendía unha monarquía baseada na constitución, co limitación do poder real. Dentro dos
tipos de deputados, podemos distinguir sobre todo moitos pertencentes á igrexa e a clases medias,
por exemplo, xente de administración, militares... Por outra parte, aprécianse unha mínima parte de
comerciantes e de altos cargos nobiliarios e eclesiásticos, así como a inexistencia de artesáns e
campesiños. A proclamación desta constitución pódese ver na obra de Salvador Viniegra, no
documento 3. Dentro deste cadro podemos atopar detalles como o tempo de duración que leva esta
constitución en facerse, desde a creación da Xunta en 1808 a 1812, cando a constitución e os decretos
xa se atopan redactados. Ambas fechas atópanse na parede, á esquerda e á dereita respectivamente.
Así mesmo, nas persoas que se atopan retratadas podemos observar a algúns militares, eclesiásticos
medios ou tamén a comerciantes.

A obra lexislativa das Cortes de Cádiz, que queda completa en 1812, consta de dúas seccións. Por unha
parte, ademais da constitución constitúense uns decretos, os cales rompen co modelo do Antigo
Réxime e baséanse nos fundamentos liberais para crear un novo modelo económico, social, político e
administrativo. O primeiro decreto que se impón é a proclamación da soberanía nacional e a
separación de poderes, medida que se fai pública o 24 de setembro do ano 1810. Con este decreto
quedaba o poder nas mans da nación, representada polas Cortes, fronte o antigo poder absoluto que

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082559
ocupaba o rei. O segundo decreto consiste na abolición dos señoríos xurisdiccionais, é dicir, deixando
os territoriais, e os privilexios feudais. Polo tanto, o poder de xustiza dos nobres quedaba anulado,
mentres que o poder territorial convértese en propiedade privada (aínda que a propiedade privada
puido ser máis tarde ampliada pola ambigüidade dos dereitos). Ademais destes dous decretos
principais vénse outras medidas que se van implantando dende 1810 ata 1813, como a liberdade de
imprenta sen censura, ante a falta de liberdades que existía no Antigo Réxime. A adicción de ministros
para regulamentar o poder executivo, levado a cabo á súa vez polo monarca, polo que estes ministros
aconsellábano. Outra medida importante é a formación dos Concellos constitucionais e Deputacións

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Provinciais, que axudan a implantar totalmente o réxime liberal nas diferentes partes de España. Así
mesmo, créase o Tribunal Supremo de Xustiza, refórmanse as Audiencias e créanse partidos xudiciais,
medida que tamén xorde coa supresión anterior dos señoríos xurisdiccionais. Como última medida,
imposta cun pouco de retraso, en 1813, o Tribunal da Inquisición, organización utilizada pola Igrexa
Católica para perseguir aos infieis, queda suprimido, deixando a xustiza en mans das novas
organizacións creadas.

Á hora de instaurar o réxime liberal, as Cortes de Cádiz atopan unha serie de dificultades. Por unha
parte, para as clases tradicionais, tanto nobreza como clero, este paso do Antigo Réxime á nova
realidade liberal é un retroceso nos seus dereitos, polo que non aceptan estas medidas e as tachan de
revolucionarias. Dado a influencia que estas clases teñen na sociedade española da época, estas ideas

Reservados todos los derechos.


vánse estendendo, polo que finalmente o pobo, o cal se atopa culturalmente atrasado e que se guía
das clases tradicionais privilexiadas do antigo Réxime, ponse tamén nunha postura antiliberal.

A pesar destas dificultades e a crecente oposición que atopan, as Cortes de Cádiz continúan a súa
labor co desenvolvemento da segunda sección da súa obra lexislativa, e o 19 de marzo de 1812 (fecha
que coincide coa celebración do día do pai e co aniversario de recoñecemento como rei de Fernando
VII), apróbase a Constitución de 1812, chamada popularmente a Pepa (xa que o 19 de marzo é o día
de San Xosé). Nesta Constitución recóllense as ideas liberais e o novo modelo de Estado que s6e
plantea. Estas ideas pódense ver recollidas dentro dalgúns artículos no documento 2. Dentro dos seus
trazos máis característicos, atopamos unhas das bases máis importantes do liberalismo, que xa se fora
implantando cos decretos: a soberanía nacional. Esta soberanía popular, como xa se decretara,
dictamina que o posuidor do poder é o pobo, que vai estar representado a súa vez polas Cortes (art.
3), as cales son unicamerais. Así mesmo, os deputados son elixidos polo pobo mediante sufraxio
universal masculino, así como os alcaldes e rexentes dos concellos. Agora o poder atópanse en mans
do pobo, ao contrario do Antigo Réxime, que sostiña un poder absoluto do rei. Outra das bases que
sostén é unha forma de goberno monárquica (art. 14), é dicir, cun rei que dirixe o Estado pero que ten
poder limitado, xa que é o pobo quen ten a soberanía nacional. Por outra parte, como xa se
dictaminara, prodúcese unha separación de poderes: o poder real absoluto do Antigo Réxime queda
dividido en poder lexislativo, que elabora as leis, exercido polas Cortes (elaboran as leis)(art.3 “a
nación ten dereito a establecer as súas leis fundamentais”) e mais o monarca (sanciona e promulga
estas leis) (art. 15); executivo, que executa estas novas leis, o cal é exercido polo monarca (art 16),
que constitúe á vez as figuras de xefe de Estado e de Goberno; e xudicial, encargado da xustiza
nacional, e exercido polas institucións creadas anteriormente, os tribunais de xustiza (art 17). Así
mesmo, implántanse numerosos dereitos e liberdades dos cidadáns, como a de opinión, imprenta,
igualdade ante a lei e ante as cargas do Estado, así como o recoñecemento da propiedade privada
individual e o servizo militar obrigatorio. Ademais, xa como se comezaba a implantar cos decretos,
imponse unha única lexislación rupturista co Antigo Réxime, que elimina os particularismos antigos e

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082559
os privilexios forais. Como última base, esta constitución declara a relixión católica como oficial,

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
constituíndo o catolicismo do Estado. Para asegurar o liberalismo, ademais créanse as milicias
nacionais, que son organizacións e forzas que teñen como obxectivo o mantemento da orde pública.
En conclusión, a Constitución mestura tanto rasgos tradicionais, como o gran poder do monarca (aínda
que se impoña a soberanía nacional), e liberais (igualdade, separación de poderes, soberanía
nacional...)

Polo tanto, estas Cortes de Cádiz, van a instaurar legalmente o liberalismo en España, rompendo ao
completo co Antigo Réxime. Por primeira vez, a soberanía nacional e a monarquía van ser o centro do
réxime. Mais tamén vai a introducir a crise da monarquía. A pesar de todo o traballo realizado, esta
Constitución precisa dun rei para aprobala e completar a monarquía, e se espera que Fernando VII,
que volve de Francia, a autorice. Mais ao retornar, o rei declara nulos os dereitos desta Constitución
de 1812, establecendo de novo o poder absoluto e comezando así o seu reinado, a Restauración.

Reservados todos los derechos.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082559

You might also like