You are on page 1of 6

Tema 1 

 
1. O Antigo Réxime 
Réxime 
 
O ​Antigo Réxime​ era o sistema político , social e económico vixente en Europa en Europa 
no século XVIII. Era unha ​sociedade estamental​, cunha ​economía agraria​ e con 
monarquía absoluta. 
 
1.1 Unha sociedade desigual 
 
A sociedade estamental organizábase en 3 grupos chamados estamentos: a nobreza, o 
clero e xente común. Os trazos fundamentais eran: 
➔ A existencia de privilexios:​ Os estamentos privilexiados (nobreza e clero) 
posuían importantes vantaxes, como ser xulgados por leis especiais ou non pagar 
impostos. 
➔ O inmobilismo​:​ A pertenza de estamentos (Salvo no clero) dependía do 
nacemento e era moi difícil ascender socialmente. 
 
A nobreza dividíase en ​alta nobreza​ (Grandes propiedades, ingresos polos seus dereitos 
señoriais…) e a ​baixa nobreza​ (Peor situación económica e trataba de emparentarse coa 
burguesía adiñerada) 
 
O clero tamén se dividía en ​alto clero​ (Como os bispos, adoitaban ser os fillos menores 
das familias nobres) e o ​baixo clero​ (Como sacerdotes, que procedían da xente común) 
 
A xente común dividíase en: 
 
➔ O campesiñado​: Grupo maioritario, solía traballar nas terras da nobreza ou da 
Igrexa e debían pagar impostos. 
➔ A burguesía:​ Comerciantes, médicos, artesáns… Tiñan grandes riquezas, pero con 
pouco poder político. 
 
1.2 Sector agrario importante pero pouco productivo 
 
Neste século a agricultura e a gandaría eran as principais actividades económicas. 
Practicábase a agricultura de subsistencia. A agricultura dependía do clima e, cando se 
daban fenómenos meteorlóxicos adversos; perdíanse as colleitas, subían os precios e 
chegaban grandes fames. 
 
1.3 O desenvolvemento da artesanía e o comercio 
 
As actividades artesanais eran controladas por gremios (Asociacións de artesáns do 
mesmo oficio que regulaban a producción e dificultaban as innovacions) 
 
A monarquía pontenciou a creación de manufacturas reas ou ​reais fábricas​ (Instalacións 
similares a grandes obradoiros artesanáis nas que se facían armas e artigos de luxo) 
 
O ​comercio exterior​ medrou grazas ao aumento dos intercambios con América e Asia. 
As ​compañias privilexiadas​ monopolizaban as relacións comerciais en certas zonas do 
mundo. 
 
Tamén se desenvolveu o ​comercio triangular​ (Os barcos de Europa ían cara África, onde 
intercambiaban productos de pouco valor por escravos e os vendían en Ámerica. Co 
beneficio compraban algodón e outros productos que revendían en Europa) 
 
O ​domestic system​ era un sistema de producción a marxe dos gremios. Un comerciante 
proporcionaballe aos campesiños materia prima e estes realizaban os productos nas súas 
vivendas, onde despois eran recollidos e vendidos. 
 
2. As formas de goberno a comezos do XVIII 
XVIII 
 
2.1 O mantemento do absolutismo 
 
O absolutismo era o sistema político vixente na maioría de Europa.​ O rei concentraba os 
poderes​ lexislativos, executivos e xudiciais. Considerábanse representantes de Deus na 
Terra e pensaban que o seu poder era de orixe divina, polo que estaban por encima da 
lei. Contaban con numerosos funcionarios e un poderoso exército. 
 
Os monarcas absolutos implicaron o ​mercantilismo​, que baseaba a riqueza do país na 
cantidade de ouro e prata que posuía. 
 
 
PODERES DO REI 
REI 

Poder lexislativo  Poder executivo  Poder xudicial 

Decidia as leis e  Dirixía a Administración  Era a máxima autoridade 


aplicábaas mediante  e era o xefe supremo do  xudicial. A xustiza 
ordenanzas  exército  exercíase ao seu nome. 

O REI CONCENTRA TODOS OS PODERES DO ESTADO 


 
 
 
2.2 O parlamentarismo inglés 
 
O conflito entre o rei e a burguesía provocou o estalido das ​revolucións de 1642 e 1688​, 
que terminaron coa expulsión da dinastía de Estuardo do trono e o triunfo da monarquía 
parlamentaria (Basada na supremacía das leis sobre o monarca, que aceptaba o control 
do Parlamento) 
Na ​Declaración de Dereitos de 1689​ o rei garantía unha serie de dereitos e liberdades e 
dicía que o monarca non podía aprobar leis, crear novos impostos ou cobralos sen a 
aprobación do Parlamento. 
 
 
PODER LEXISLATIVO 
LEXISLATIVO  PODER EXECUTIVO 
EXECUTIVO  PODER XUDICIAL 

PARLAMENTO  REI  XUÍCES E TRIBUNAIS 

Cámara dos Lords  Son independentes dos 


Nomea  outros dous poderes. 
Xulgan a quen non cumpren 
Cámara dos comúns  Goberno 
as leis e impoñen sancións 
e pena 

ELECTORES 

Sufraxio censitario: Só podían votar os cidadáns homes cun determinado nivel de 
riqueza 
 
2.3 A república das Provincias Unidas 
 
As Provincias Unidas ao independizarse de España en 1648 converteuse nunha ​república​, 
na cal o poder era exercido polos cidadáns máis influentes, os burgueses. Grazas a iso, a 
burguesía aumente o seu poder económico e adquiriu un gran poder político. 
 
Esta república estaba formada por sete provincias, e cada representante de estas 
provincias reuníanse nos Estados Xerais, onde se adoptaban decisións comúns. 
 
3. A ilustración e a crítica do Antigo Réxime 
 
3.1 A ilustración 
 
Foi unha corrente intelectual do século XVIII baseada na razón que cuestionou os 
principios do Antigo Réxime. As súas bases ideolóxicas eran: 
 
➔ A razón​ debía aplicarse en todos os ámbitos da vida, polo que os ilustrados 
rexeitaban todo o que se rixía polos costumes e non estaba de acordo coa razón. 
➔ O centro das súas teorías era o ​ser humano​. Considerábase que as persoas tiñan 
uns ​dereitos naturais​ que o Estado non podía suprimir arbitrariamente. 
➔ O ser humano podía alcanzar o ​coñecemento​, que para os ilustrados era a base da 
felicidade. Deu grande importancia á ​educación​ e ás ciencias experimentais, xa 
que se pensaba que a través delas a humanidade podía progresar indefinidamente 
➔ A ​tolerancia​ era a base da convivencia 
 
As ideas ilustradas difundironse grazas á ​Enciclopedia​, publicada en Francia. Tamén 
foron medios de transmisión os salóns, as academias e a prensa 
 
3.2 Os pensadores Ilustrados 
 
As teorías do pensador ​John Locke​ (1632-1704) exerceron grande influencia nesta 
época. Sostiña que o Estado era o resultado dun pacto entre gobernantes e gobernados, 
que se podía romper se os primeiros non gobernaban de maneira xusta. 
 
 
PRINCIPAIS PENSADORES ILUSTRADOS 

Montesquieu (1689-1755)  Voltaire (1694-1778)  Rousseau (1712-1778) 

IDEOLOXÍA 

Defensor da división dos  Partidario dunha monarquía forte  Defensor da liberdade e 


poderes do Estado: O poder  en que se respectasen as  igualdade das persoas. A 
lexislativo deber ser  liberdades civís. Firme defensor  sociedade corrompe ao ser 
exercido por un Parlamento  da liberdade de expresión e  humano, que é bo por 
representativo, o poder  rexeitou o fanatismo e a  natureza. A soberanía 
executivo do rei, e o  intolerancia, que criticou con  reside no conxunto do pobo 
xudicial por xuíces  dureza.  e este chega a un acordo 
independentes  para permitir a un poder 
superior que goberne no seu 
nome. 

OBRAS DESTACADAS 

O espírito das leis (1748)  Candido ou o optimismo (1759)  Emilio (1762) 


Tratado sobre a tolerancia (1763)  O contrato social (1762) 
 
​3.3 O depotismo ilustrado 
 
Neste século varios monarcas aplicaron algunhas ideas ilustradas. Este sistema político 
coñécese como ​depotismo​ ou ​absolutismo ilustrado​. O obxectivo era elevar o nivel de 
educación dos seus súbditos, racionalizar a Administración e potenciar o 
desenvolvemento económico dos territorios que gobernaban, pero sen perder poder. 
Tomaron diversas medidas: 
➔ Fundaron novas institucións educativas​, como universidades e academias. A 
ensinanza de ciencias cobrou maior importancia. 
➔ Modernizaron a burocracia, ​reforzaron a Administración central​, crearon novos 
códigos legais e intentaron que os privilexiados pagasen impostos 
➔ Trataron de levar a cabo a ​desmortización​, que os bens de mans mortas pasasen 
ao Estado para poñelos en venta. 
 
Isto non alterou as bases do Antigo Rexime, xa que non limitaron o poder absoluto dos 
monarcas e chocaron cos privilexios estamentais, que os reis non quería abolir. 
4. A guerra de Sucesión 
Sucesión 
 
4.1 A guerra de Sucesión española 
 
En 1700, a morte de Carlos II de Habsburgo sen descendencia enfrontoy a Francia co 
Sacro Imperio. Os candidatos eran ​Filipe de Anjou​ (Neto do rei de Francia Luís XIV) e o 
arquiduque Carlos de Habsburgo​. No testamento, Carlos II designou herdeiro a Filipe de 
Anjou, pero o arquiduque non o admitiu e reclamou o seu dereito ao trono.  
 
En 1701 iniciouse a ​guerra de Sucesión​, que foi un conflito internacional, na que se 
enfrontaron o Sacro Imperio, Países Baixos e Reino Unido contra Francia e España. 
Tamén foi ​guerra civil​, porque parte de Castela apoiou a Filipe e a Coroa de Aragón foi 
con Carlos. 
 
En 1713, Carlos foi nomeado emperador, o que supuxo o fin da guerra. En 1713-1714 
asinouse o ​Tratado de Utrecht​ no que se recoñecia a Filipe V como rei de España, A 
cambio de Flandres e Italia que entregou a Austria. Cedeu Xibraltar e Melilla a Reino 
Unido e concedeu aos británicos vantaxes comerciais con América. 
 
4.2 Primeiros Borbóns españois: Filipe V e Fernando VI 
 
Filipe V​ (1700-1746) acentuou a ​centralización​ e a uniformidade administrativa do país 
para facela máis parecida ao sistema francés. Aproveitou que a Coroa de Aragón se 
opuxera e promulgou os ​Decretos de Nova Planta​, nos que suprimía os foros e 
institucións propios destes territorios (Privilexio que mantiña desde a Idade Media) 
 
Para gobernar prescindiu dos antigos consellos dos Austrias e creou a figura do 
secretario de despacho​ (ministro). Tamén o mantivo o seu sucesor, ​Fernando VI 
(1746-1759), quen reforzou a armada. 
 
A ​política exterior​ de Filipe centrouse en recuperar os territorios italianos perdidos. 
Para iso aliouse con Francia por pacts de familia e interveu en varias guerra. Recuperou 
Nápoles e Sicilia e varios ducados de Parma, Piacenza e Guastalla. Felipe VI mantivo 
unha política de neutralidade. 
 
LIÑA DO TEMPO DO TRATADO DE UTRECHT 
 
 
1700  1746  1759  1788   

Felipe V  Fernando VI  Carlos III  Carlos IV 

1701  1714  1733  1749  1766  1793  1808 


Guerra de  Tratado de  Primeiro Pacto  Inicio do catastro  Motín de  Guerra contra  Guerra 
Sucesión  Utrecht  de Familia  de Ensenada  Esquilache  Francia  Independecia 
5. O depotismo ilustrado en España 
 
5.1 Un déspota ilustrado: Carlos III 
 
Carlos III (1759-1788) foi o máximo expoñente do depotismo ilustrado en España. Ao 
inicio do seu reinado o monarca nomeou ministros italianos, como Esquilache ou Grimaldi, 
que aplicaron reformas en contra dos intereses dos privilexiados. Aproveitando unha 
crise de subsistencia promoveron o ​motín de Esquilache​ (1766), un levantamento popular 
contra este ministro, que tivo como detonante un bando sobre a modificación da 
indumentaría española tradicional. 
 
Tras o moín, Esquilache foi deposto e Carlos rodeouse de ministros españoles como 
Aranda, Campomanes, Floridablanca e Jovellanos​. Aplicaron diversas medidas para 
modernizar o país: 
 
➔ Aplicou unha ​política regalista​, que implicaba o sometemento da Igrexa ao poder 
real. Os xesuítas foron expulsados, por ser acusados de ser responsables do motín 
➔ ​Potenciouse o desenvolvemento económico​: Decretouse o libre comercio con 
América desde a maioria de portos españois, construíronse canles de rega e 
cultiváronse novas terra. Tamén se crearon reais fábricas. 
➔ Fomentouse a educación​: Ampliouse a ensinanza primaria coa construcción de novas 
escolas. Os plans de estudos en cursos superiores foron renovados. 
➔ Impulsouse a creación de ​Sociedades Económicas de Amigos do País​, grupos de 
ilustrados que se reunían para intercambiar ideas sobre diversos temas 
 
En ​política exterior​, España fracasou no intento de arrebatar Xibraltar pero ​recuperou 
Menorca​. Apoiou aos colones contra o R.U. na guerra de independencia de EE.UU. 
 
5.2 A paralización das reformas con Carlos IV 
 
Carlos IV accedeu ao trono en 1788. Cando comezou a Revolución Francesa freáronse as 
reformas e intensificouse a censura para que esas ideas non entraran en España. 
 
Os ministros de Carlos tiveron que afrontar a ​grave crise da Facenda Real​. Para tratar de 
aumentar os ingresos Godoy desamortizou algúns bens a Igrexa, pero non resolveu nada. 
 
En política exterior, España participou na​ loita contra a Francia revolucionaria​, que 
condiciu á firma da Paz de Basilea en 1795, que fixo ceder a España Santo Domingo. 
 
Coa frima do tratado de San Ildefonso en 1796 retomouse a tradicional alianza 
hispano-francesa, que levou a enfrontamento naval co Reino Unido. No conflito, a armada 
española foi destruída na ​batalla de Trafalgar​ (1805). 
 
As dificultades aumentaron a oposición cara Carlos IV e Godoy. En 1808, o monarca 
abdicou en favor de seu fillo, Fernando VII 

You might also like