You are on page 1of 14

Vasalos e señores: uso alternativo do poder da

xustiza na Galicia baixomedieval*

Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela

Na Idade Media, o exercicio da xustiza e o goberno dos homes,


eran unha mesma cousa1. De maneira que os alcaldes dos concellos,
por exemplo, anexaban ó seu papel principal de xuíces outros
labores de tipo administrativo, económico, fiscal e militar 2, que
facían deles os cargos institucionais máis importantes no goberno
local. Dende o rei para abaixo: gobernar era facer xustiza.
A centralidade da xustiza no sistema político medieval vén a
ser consecuencia directa da fragmentación do poder no feudalismo3.
A ausencia dunha administración pública forte, a privatización da
*
Carlos BARROS, “Vasallos y señores: uso alternativo del poder de la justicia en la Galicia
bajomedieval”, Arqueologia do Estado. Iª Jornadas sobre formas de organiçâo e exercício dos
poderes na Europa do Sul, séculos XIII- XVIII, Lisboa, Historia & Crítica, 1988, pp. 345-354;
“Xustiza alternativa”, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 171-186 (https://h-
debate.com/wp-content/uploads/2016/07/viva_rei.pdf).
1
Walter ULLMANN, Principios de gobierno y política en la Edad Media, Madrid, 1971, p. 23; a
fins da Idade Media a función militar e a función facendística, comezan a se separar de vagar da
función xudicial, sen embargo, a comezos da Idade Moderna, a xustaposición de cargos de goberno e
xustiza nunhas mesmas persoas, seguía en vigor; a nova monarquía xustificaba o seu poderío
absoluto coa necesidade de implantar a xustiza, facía desta o principal atributo do poder do rei,
Manuel EIRAS ROEL, «Prólogo», La Real Audiencia de Galicia, órgano de gobierno en el Antiguo
Régimen (1480-1808), I, A Coruña, 1982, p. 30.
2
María del Carmen CARLÉ, Del concejo medieval castellano-leonés, Buenos Aires, 1968, pp. 112-
116; Luis G. de VALDEAVELLANO, Curso de Historia de las Instituciones españolas, Madrid, 1977
(5ª ed.), p. 545.
3
Perry ANDERSON, Transiciones de la Antigüedad al feudalismo, Madrid, 1979, pp. 153-154.

1
soberanía, concentrou nos señores diversas funcións estatais. Eran
quen xeralmente tiñan, por delegación do rei, a función de exerceren
a xusticia, entendida como a aplicación das leis tradicionais; en
rigor, o mecanismo da creación de novas leis, un poder
«lexislativo»: é un fenómeno moderno. Atribución anexa da
principal función xudicial era a función militar, derivada polo
demais do sistema mental das tres ordes, que facía dos cabaleiros os
defensores da sociedade, os encargados de garantir a xustiza, a paz e
a seguridade de todos.
No medievo, conseguintemente, a xustiza abranguía un abano
significativamente máis amplo de competencias que na época
moderna; a xustiza era o nome ordinario do poder4, na vida social
en xeral e na mentalidade colectiva en particular. Transmíteno
claramente as testemuñas do pleito Tabera-Fonseca cando falan dos
dirixentes da revolta irmandiña de 1467:

vido que los dichos alcaldes e diputados de la dicha


hermandad azian justiça de los malfechores e
gobernaban y mandaban e se posieran
contra los caballeros y señores que al dicho
tiempo abia que tenian fortalezas por los dichos
males que dellas hazian5

A crencia popular na xustizacomo un valor moral, e a


presencia deste valor colectivo na revolución irmandiña como un
resorte mobilizador e lexitimador6, pon ó descuberto dúas
dimensións da xustizamedieval que a miúdo pasan desapercibidas:
4
Ibidem.
5
Angel RODRIGUEZ GONZALEZ, ed., Las fortalezas de la mitra compostelana y los
«irmandiños». Pleito Tabera-Fonseca, II, Potevedra, 1984, p. 443.
6
Cuestión que xa investigado en A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988.

2
1º) A xustiza é unha mentalidade. 2º) O poder mental da xustiza é
empregado tamén polos vasalos e pola monarquía contra os señores
feudais. O cal é particularmente importante cando estudiamos
como o Estado moderno subtraeu aspectos cruciais da función
xudicial á sociedade civil baixomedieval. En suma, é a nosa
intención esculcar no entorno mental e social da xustiza, institución
política clave, no ámbito do reino de Galicia, integrado na coroa de
Castela e León, no momento do tránsito á modernidade; para isto
cómpre deternos algo máis na dimensión institucional da xustiza
medieval.
O término que mellor ilustra o concepto da xustiza como poder
social, como relación de dominación, é o de xurisdición: autoridade
que ten a entidade-xuíz sobre unhas persoas, ou sobre os que viven
en determinado lugar, como consecuencia da súa obrigación de ditar
xustiza e facer cumprir leis e costumes en determinado ámbito
espacial e social. O señorío e mailas rendas xurisdicionais derivan,
en e consecuencia, do exercicio da función xudicial. Extremo do
maior interese posto que, na Baixa Idade Media, coincide a
denuncia popular xusticeira contra os señores-xuíces7 co
acrecentamento da importancia dos ingresos señoriais de tipo
xurisdicional8; razón pola cal na psicoloxía popular aparecen
unidos, inseparables, confundíndose ás veces, agravios e trabucos,
abusos e usos señoriais.
A identificación xustiza-xurisdición-señorío era percibida con
claridade por parte dos rebeldes irmandiños de Ourense que, en
agosto de 1467, se dispoñen a rexeitar militarmente ós cabaleiros
contrarios:
7
Salustiano MORETA, Malhechores-feudales. Violencia, antagonismo y alianza de clases en
Castilla, siglos XIII-XIV, Madrid, 1978; véxase a nota anterior.
8
Salvador BERNAL MARTIN, La administración de la justicia en la Segovia medieval, Segovia,
1979, p. 36.

3
por quanto algúus cabaleiros e fidalgos se quiseran e
querían entrometer de entrar ena dita çibdade e tomar a
justiça e señorío dela e a dita justiça e se apoderar en ela9

E tamén por parte de quen, anos despois, dende posicións


contrarias, decían que Diego de Andrade forzara os seus vasalos a
reedificar castelos, derrocado en 1467, como señor y persona que
tenia jurisdiçion sobre ellos, engadindo que tan poderoso hera el
dicho señor Patriarca para hacer lo mismo10.
En ámbalas dúas citas queda claro, tanto para un bando como
para outro, que te-la xustiza e a xurisdición era ter o señorío e o
poder. Esta idea consciente forma parte da mentalidade xusticeira
irmandiña, ante todo determinada por un potente sentimento
colectivo de agravio. A loita pola xustiza significaba a aspiración
colectiva a poñer fin á actividade delituosa reinante, pero tamén era
unha loita polo poder, porque a fonte dos agravios estaba na clase
dirixente e porque, como é sabido, a resposta definitiva á anarquía,
tócante á administración de xustiza e á orde pública, foi o
fortalecemento do Estado, trasladándose o centro de gravidade do
poder, e da xustiza, da sociedade civil á sociedade política.
A fins da Idade Media os conflitos polo poder e as rendas
xurisdicionais abundan. As guerras e os preitos entre señores tiñan a
miúdo como motivo o control dos señoríos xurisdicionais. Vasalos e
señores enfróntanse polo pagamento -en especie, diñeiro ou
traballo- dos los dereitos xurisdicionais, asemade, moi a miúdo11,
9
Xesús FERRO COUSELO, ed., A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en
galego dos séculos XIII ao XVI, II, Vigo, 1967, p. 378.
10
Angel RODRIGUEZ, op. cit., p. 144.
11
Carlos BARROS, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios, tese de
doutoramento inédita, Universidade de Santiago, 1988, pp. 389-390, 399.

4
cando non disputaban directamente polo señorío e os seus símbolos,
queimando, por exemplo, o señor, a forca, signo da xustiza, e
reconstruíndoa despois os veciños12. En terceiro lugar, témo-la
pugna entre as xurisdicións señoriais e a xurisdición pública, real,
que se superpón ós dous tipos conflitivos anteriores. O feito é que a
administración pública da xustiza se implanta establemente no reino
de Galicia, por medio do apoio da monarquía e os seus
representantes -ás veces practicando unha dobre política- ós
mosteiros e a outros señores eclesiásticos contra a rapacidade da
nobreza laica, e a cidadáns e campesiños contra a clase señorial. Os
dous grandes momento desta fundamental confluencia de intereses,
que non está exenta de contradicións, son: a autorización do
levantamento xusticeiro antiseñorial de 1467 por parte de Enrique
IV, e o envío do gobernador Acuña en 1480 a Galicia por parte dos
Reis Católicos.
A crise irreversible da xustiza señorial é, sobre todo,
perceptible na mentalidade popular. Sen un consenso xeneralizado
entre os gobernados, virtuais reos, querelantes e pagadores de
tributos, é imposible mante-la cesión inicial que fixo o rei da
soberanía xurisdicional ós señores, ó menos nos termos medievais
clásicos. Na Galicia irmandiña o pobo, e sectores da clase dirixente,
transformáronse en xuíces dos cabaleiros-xuíces, inculpándose
colectivamente como malfeitores e, o que é máis grave para o
sistema político medieval, levando á práctica, con certo éxito, os
ideais xusticeiros ó derrocaren por vía insurreccional case tódalas
fortalezas señoriais do reino de Galicia. Esta inxente inversión de
valores, provocada pola necesidade señorial de acudir arreo á
detracción ilegal do excedente económico, veu a facer do rei o deus
ex máchina da situación.
12
Trátase dun conflito que tivo lugar, en 1469, entre Estevo de Xunqueiras e os veciños de Pobra do
Deán, AHN, Diversos, Colección diplomática, leg. 1, nº 52.

5
O rei pasa de se-la instancia superior de apelación, o grande
árbitro, o garante supremo da xustiza terreal, a intervir
permanentemente nas cousas da xustiza do goberno da sociedade
civil: a título persoal, por razóns simbólicas13; e, fundamentalmente,
por delegación a través dunha sólida e enérxica rede de funcionarios
letrados e de institucións xudiciais estables e públicas. O apoio ás
irmandades populares xusticeiras en conxunturas determinadas, que
algunhas veces se excedían no seu labor orixinal14 coma no caso
galego, é precisamente unha medida parcial, provisional, da
monarquía baixomedieval no camiño da construción dun Estado
moderno sobre unha base popular. A monarquía absoluta vai
reformular no sucesivo a figura arbitral do rei, alonxando a súa
persoa do contacto popular, artellando no medio unha mesta capa
administrativa, que dará pé a numerosos conflitos e problemas polo
seu custe económico, pero a administración real ofrecerá tamén as
súas contrapartidas. A nova administración gañará credibilidade
popular en función da súa eficacia, que a fins do século XV se
medirá en relación coa situación anárquica anterior, causada pola
crise de hexemonía da nobreza medieval15.
No escenario da Galicia baixomedieval, ademais da xustiza
señorial e da xustiza real, está presente unha xustiza popular que se

13
Os Reis Católicos fixéronse unha imaxe xusticeira retomando a tradición anterior de impartir
xustiza de forma persoal e exemplar, Fernando de PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE nº
70, pp. 323-324.
14
Pulgar puxo por boca de Alonso de Quintanilla, futuro ministro real de facenda, na Junta de
Dueñas de 1476, as seguintes palabras: si las otras hermandades pasadas no permanecieron en su
fuerza, aquello fué porque se entremetieron á entender en muchas cosas mas de lo que les
pertenecia, ídem, p. 302.
15
Logo da revolta irmandiña o concello de Ourense dá instrucións ós seus procuradores, un dos
cales fora dirixente da irmandade de 1467, para que sobre os trabucos da nova irmandade dos Reis
Católicos, digan a estes que se despoys de la Hirmandad non fosemos administrados en justiçia,
que no sejamos obligados aos pagar, X. FERRO COUSELO ed., op. cit., p. 479.

6
expresa sinaladamente na revolta irmandiña; no seo da cal é preciso
diferenciar dous compoñentes, un urbano e o outro rural. Agás
Betanzos, A Coruña e algún outro lugar, que estaban baixo a
xurisdición do rei: a grande maioría dos galegos baixomedievais
eran vasalos dos agresivos señores das fortalezas, mesmo aqueles
que dependían de abadías e igrexas episcopais, xa que estas, a
mediados do século XV, estaban en mans da nobreza laica pola vía
da encomenda ou da simple ocupación. Fronte a dito estado de
cousas as cidades dispuñan de mellores condicións có campo para
se defender da ofensiva señorial: o recinto amurallado e o concello
urbano.
Para os campesiños as fortalezas eran o inimigo externo, a
fonte dos agravios señoriais; para os vasalos urbanos ídem, pero
menos porque vivían xuntos e protexidos dentro da fortaleza-cidade.
Os centros urbanos galegos pertencían na súa maioría ó señorío
do arcebispo de Santiago e dos bispos de Ourense, Lugo, Tui e
Mondoñedo, e obtiveran o dereito a ter concello e xustiza da cidade.
Este poder cidadán, limitado pero experimentado, en pé de loita
cando as circunstancias o precisaban, vén a darlle a razón a Fossier
cando afirma que a Idade Media sempre segregou contra calquera
poder demasiado grande un contrapoder que limitaba a súa
tiranía16.
O contrapoder dos campesiños, a maioría da poboación e a
principal clase produtora da sociedade medieval (xa o di a teoría das
tres ordes), ten outras características. No mundo rural galego
mandan os señores laicos e as súas fortalezas, escasean as
experiencias dos concellos, e os únicos xuíces existentes, na
inmensa maioría dos territorios, son os meiriños e/ou os alcaldes das
fortalezas, designados polos señores, perante os que se tiñan que
presenta-los procuradores campesiños para preitear e mesmo paga-
16
Robert FOSSIER, Historia del campesinado en el Occidente medival, Barcelona, 1985, p. 161.

7
los trabucos.
Cando os xuíces non só son xuíz e parte senón que son,
ademais, os grandes inculpados: estala unha xustiza campesiña
violentamente derrubadora. Os campesiños vasalos que expresan e
levan á práctica a súa propia representación colectiva da xustiza, na
primavera de 1467, organizados como Santa Irmandade -
demandada y promovida orixinariamente dende as cidades- teñen
tras de si unha forza de masa pero non as institucións e os
coñecementos prácticos e teóricos sobre a xustiza e a legalidade,
que acumulara a burguesía das cidades, asistida polos relativamente
abundantes veciños letrados; o cal contribúe a explicar os excesos
de 1467.
En resume, que os campesiños, e demais veciños das aldeas,
parte substancial da cultura oral e popular baixomedieval, ó
careceren de poder institucional e político17, empregan o poder
mental da xustiza para impoñer, pola forza, o seu modelo xusticeiro
á impugnada clase señorial galega, en alianza conxuntural coas
cidades e con significados sectores da Igrexa e o Estado
monárquico.
A historia social das mentalidades descubre a existencia dunha
dimensión da xustiza medieval como poder moi pouco estudiada e
coñecida: a dimensión mental colectiva. A mentalidade xusticeira
da xente común18 do campo, e da cidade, é unha forza social que
non dispón dun reflexo institucional estable -e, polo tanto, está
menos suxeita ós condicionamentos específicos da cultura escrita e
legal- pero actúa diariamente, podémolo observar analizando os
17
Non esquezamos que os labregos non estaban representados como tales no esquema político
baixomedieval; a delegación do terceiro estado nas Cortes, por exemplo, detiñan os cidadáns.
18
Unha cousa é a lei escrita e outro ben distinta a mentalidade popular, puidémolo comprobar ó
pescudar na tipoloxía e a xerarquía delitiva, segundo os casos de Corte, as querelas populares e os
casos de irmandade, véxase A mentalidade xusticieira dos irmandiños, pp. 131 ss.

8
múltiples pleitos e pregos de querelas conservados. En momentos
de crise social pódese mesmo redobrar a capacidade de intervención
histórica eficaz da xustiza como mentalidade popular: as duradeiras
consecuencias mentais, sociais e económicas do pulo xusticeiro
irmandiño, son un excelente paradigma disto.
Así, o resultado da nosa investigación sobre mentalidade e
revolta nos prolegómenos da Galicia moderna, vén a confirmar, en
liñas xerais, a teoría do dobre uso histórico do dereito19, por parte
das clases dominantes e das clases subalternas, e mais da teoría da
supervivencia, na Idade Media, dunha concepción ascendente,
populista, do dereito e do poder en pugna coa concepción
dominante, descendente, teocrática e monarquista20. O carácter
contractual do feudalismo favorece a manifestación de dito
dualismo21. Agora ben, para situar ó dereito e á xustiza no centro do
movemento, sempre tempestuoso, da historia concreta é preciso
considerar, xunto coa dialéctica xeral das clases e das culturas, que
a historia a fan os homes, e que estes se moven, interveñen en cada
coxuntura (froito dunha combinación irrepetible de elementos que
escapa a calquera tentativa reductora), en función da representación
social que teñan da xustiza -e doutros ideais-; representación que
abrangue a idea consciente da xustiza, os sentimentos que xera e o
imaxinario colectivo que a envolve22.
Foucault nunha entrevista sobre a xustiza popular reiteraba, en
1972, o carácter señorial, coactivo, baseado na forza armada, da
xustiza medieval, medio institucionalizado de apropiación do
excedente económico; e o carácter antixudicial da protesta popular:
19
Véxase José María LASO PRIETO, «Sobre la teoría del uso alternativo del derecho», II
Congreso de teoría y metodología de las ciencias, II, Oviedo, 1984, pp. 559-566.
20
Walter ULLMANN, op. cit., pp. 23-28.
21
Idem, pp. 27, 156.
22
Cornelius CASTORIADIS, L'intitution imaginaire de la société, París, 1975, pp. 162 ss.

9
Nas grandes sedicións a partir do século XIV combátese
regularmente ós axentes da xustiza polas mesmas razóns cós
axentes da fiscalidade e de forma xeral ós axentes do poder23. Na
nosa opinión trátase dunha visión restrictiva de máis das revoltas e
da conflictividade social baixomedieval. Na revolta irmandiña, por
exemplo, pódese decir que os axentes reais da xustiza estaban coa
rebelión, e os axentes do poder señorial eran máis ben o adversario.
Realmente, ¿é posible un levantamento colectivo sen que os
seus protagonistas se sintan empurrados por unha lexitimación
xusticeira? A hora de estudiar, en cada caso concreto, a vertente
xusticeira da mentalidade de revolta non abonda con perfila-la toma
de conciencia a partir da praxe social e da tradición oral, cómpre
considerar, e moito, a reutilización popular da idea dominante da
xustiza, procedente da cultura escrita, sobre todo cando as ideas
dominantes están en crise, en proceso de recomposición. En
relación á xustiza, como noutros temas, a interpretación da cultura
popular e subalterna coa cultura erudita e hexemónica, é un feito
indubidable.
E convinte teimar nas diferencias entre o uso da xustiza como
factor de conservación e como factor de cambio. O primeiro
predomina mentres o sistema medieval permanece estable, e é quen
de garanti-lo exercicio da xustiza en condicións que á xente común
lles parecen normais; ten un contido de clase señorial, que Foucault
recolle ben, e entraña unha xustiza institucionalizada. O segundo
emerxe dende a base popular da sociedade segundo a concepción
descendente, que puxera nas mans dos señores feudais o poder da
xustiza, fracasa; é un fenómeno menos episódico, perifericamente
ou nada institucionalizado, que asume no momento da ascensión,
contidos de clase populares e antiseñoriais, e que basea a súa forza
impulsora na mentalidade social. Iso é posible porque na Idade
23
Michel FOUCAULT, Microfísica del poder, Madrid, 1978, pp. 48-50.

10
Media o dereito e a xustiza non eran concibidos como algo alleo á
sociedade civil, como unha tarefa do Estado e dunha vontade
racionalizadora exterior, senón que se confundía coa defensa da
existencia da comunidade ou do honor da persoa 24; estas, ó se
sentiren ameazadas, fan vale-la alternativa de intervención que o
dereito consuetudinario, e mesmo legal, medieval lles ofrece. O
caso é que sen esta participación da comunidade civil a xustiza
pública non se imporía doadamente (alomenos en Galicia) a unha
xustiza señorial decadente que se negaba a deixar sitio libre a novas
realidades, a novas necesidades.
Jean Froissart inxuria ós rebeldes da jacquerie e da cidade de
París, acusándoos de todo tipo de crimes e delitos 25. Actitude
descualificadora dos cronistas, e aínda da cultura escrita, bastante
habitual, que sen embargo pasa a ser un fenómeno marxinal 26 cando
estudiámo-las testemuñas que aportan as fontes posteriores arredor
da revolta irmandiña e das irmandades en xeral. O normal é
encontrarnos con louvanzas ó labor xusticeiro das irmandades do
tempo de Enrique IV; así, cara a 1592, Juan de Mariana escribiu:

Veíanse robos, agravios y muertes sin temor alguno del


castigo, por estar muy enflaquecida la autoridad y fuerza
de los magistrados. Forzadas por esto las ciudades
y pueblos, se hermanaron para efecto que las insolencias
y maldades fuesen castigadas. A las hermandades, con

24
Manuel GARCIA-PELAYO, La idea medieval del derecho, Caracas, 1962, p. 3.
25
Jean FROISSART, Crónicas, Madrid, 1988, pp. 177 ss.
26
En 1622, Malaquías de la Vega, posto de parte do conde de Lemos, escribe sobre a irmandade
galega de 1467: porque aviendosse instituido para librar a los agraviados, ellos haçian mayores
agravios a los pobres, y flacos, y a los poderosos que querian destruir), y contraraçon y justiçia,
tomaron al Conde de Lemos todas sus tierras, destruyendole las fortalezas, y robandole sus
bienes, y los de sus vasallos, Chronologia de los jueces de Castilla, BN, ms. 19418, fol. 341.

11
consentimiento y la autoridad del Rey, se pusieron
muy buenas leyes para que no usasen mal
del poder que se les daba y se estragasen27

En xeral, as actitudes colectivas adversas ós feitos de 1467 no


reino de Galicia, eluden a cuestión da situación da xustiza antes do
levantamento popular e, por tanto, a lexitimación deste como unha
masiva posta en práctica do dereito medieval de resistencia; silencio
que, no contexto da polémica que seguiu á revolta, equivale a unha
confesión tácita.
A visión popular e a visión cortesá da xusticia, que
converxeron en posibilita-la revolta galega, veñen de lugares
diferentes e apuntan a obxectivos distintos. O padre Mariana reflexa
esta distinción cando, na cita precedente, explica que o rei autorizou
as irmandades..., dándolles leis para que non se extralimitasen no
seu poder. De feito, o mesmo Enrique IV, dende 1458 deica 1460,
remite varias cartas ós cabaleiros e ós cidadáns e demais vasalos do
arcebispo de Santiago, Rodrigo de Luna, emprazándoos para que
deixasen de agraviar ó arcebispo, a quen deben, de dereito,
obedecelo e pagarlle as rendas28. Uns anos antes da revolta
antiseñorial de 1467, Enrique IV aparece a carón do señor arcebispo
contra os vasalos, e tenta botar o peso da xustiza real sobre os
rebeldes: proba evidente da maleabilidade do concepto medieval do
dereito, e de que o modelo popular de xustiza se impón na
conxuntura de 1467 superando, ademais do obstáculo da oposición
señorial, as resistencias previas dos que sostiñan unha visión
progresiva pero descendente da xustiza.
Ouro exemplo das dificultades que tivo que atravesar a xustiza
popular no seu camiño emerxente son as resistencias proviñentes da
27
«Historia de España», Obras del padre Juan de Mariana, BAE, II, Madrid, 1854, p. 163.
28
Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, Fondo Xeral, leg. 21, fol. 104, 108, 130 v.

12
mesma irmandade. O 24 de febreiro de 1468, a Junta de Madrigal
de la Santa Hermandad de los Regnos de Castilla e Leon e Toledo,
a petición do conde de Lemos, escribe á irmandade de León e do
Bierzo para que cesen os levantamientos contra el dicho conde e
suyos, incluíndo os máximos dirixentes irmandiños estes
levantamentos e os cercos ás fortalezas, entre os males, e dapnos, e
robos, e fuerças, xa que o conde e os seus eran e son nuestros
hermanos29; é dicir, un sector da irmandade, en Castela-León pero
tamén dentro do reino de Galicia, non estaba de acordo en fundi-la
idea da xustiza coa conciencia antiseñorial, perseguindo ós
cabaleiros como malfeitores, cuestionando, en definitiva, o uso
alternativo e popular do poder da xustiza que se estaba a facer en
Galicia e mailas súas zonas limítrofes.
A fins da Idade Media, os termos inxusta30 e inxustamente31
eran de utilización corrente na cultura escrita. Sen embargo, na
cultura oral, significativamente, non consta o seu emprego. As ideas
dominantes reutilizadas, a Xustiza, o Rei e Deus, expresábanse
sempre en positivo; os protagonistas da revolta ubicaban eses
grandes conceptos no conxunto mental favorable32, sen concibiren
unha situación permanente de non-xustiza, o que seguramente non
facilitaba o emprego cotián e popular da palabra inxustiza.
A paradigmática revolución irmandiña pon en evidencia as
29
Arquivo de E.J. Pardo de Guevara, Madrid.
30
e suplico mandasemos revocar e dar por ninguna la dicha sentençia, como ynjusta e muy
agraviada, 1497, carta executoria da Chancillería de Valladolid sobre 0 preito mosteiro Vilar de
Donas/conde de Monterrey, publica José Luis NOVO CAZÓN, El priorato santiaguista de Vilar de
Donas en la Edad Media (1194-1500), A Coruña, 1986, p. 473.
31
sin tener para ello cabsa alguna que justa fuesse salvo la malicia de tener á la dicha su parte
sin hacienda ynjustamente y pidio ser enmendada la dicha sentencia, 1515, carta executoria do
preito Sancha de Lobera/García Sarmiento(copia), Archivo del Museo de Pontevedra, Colección
Sampedro, caja 11.
32
A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988, pp. 69-83.

13
raigañas populares do Estado moderno, que só puido impoñer ós
señores galegos a xustiza pública, peza clave do novo poder, logo
de que os populares derrubasen durante un tempo as bases éticas e
físicas (fortalezas) da xustiza señorial. Non é a feudalidade senón o
pobo quen busca e acada apoio no poder centralizado na conxuntura
de revolta de 1467 en Galicia. O paso na Baixa Idade Media do rei-
xuíz ó rei-lexislador33, ¿sería posible sen entrar na escena a xente
común?. Dificilmente. A monarquía absoluta vén a se-la solución
sintética que dá resposta ás demandas propostas polas clases
populares, se ben de maneira parcial e xerárquica, e ós problemas
graves de inadaptación e falta de consenso social que tiña a nobreza
que dirixía a sociedade civil baixomedieval, se ben sacrificando
intereses inmediatos dos señores feudais a prol de intereses máis
xerais da poboación e de intereses máis a longo prazo da clase
señorial. No tema fundamental da xustiza, coma noutros, o uso
alternativo e popular qué é senón un mecanismo regulador da
sociedade medieval, que, coa súa posta en práctica permite saír da
crise baixomedieval e poñe-los cimentos da modernidade da única
maneira realmente posible: contando con tódalas clases sociais en
presencia.
A intervención popular no proceso de transición Idade
Media/Idade Moderna resúmese bastante ben se dicimos que foi
unha loita pola xustiza, isto é, unha loita de mentalidades, política e
social, unha loita por un obxecto ideal e polo poder, e polas rendas e
o señorío xurisdicionais, todo o cal estaba naquel momento en curso
de reestruturación, en estado provisional.

33
Manuel GARCíA-PELAYO, La idea medieval del derecho, Caracas, 1962, p. 46.

14

You might also like