You are on page 1of 5

MONARQUÍA CONSTITUCIONAL DOCTRINARIA: monarquía con una constitución en la que el poder residía en

el gobierno y las cortes y había un sufragio censitario

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a vida política da
Restauración. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender polo menos aos
obxectivos e ao funcionamento do sistema de quendas entre partidos, ás características dos
mecanismos electorais que o facían posible e aos seus efectos.

DOCUMENTOS A TRABALLAR:
Doc. 1. O turnismo visto polo historiador Miguel Artola:
“A quenda é unha fórmula política que ofrece vantaxes inmediatas a cambio de enormes riscos
a medio prazo… No canto da inestabilidade e o perigo, a quenda ofrece, a cambio dunha
pequena manipulación, a posibilidade de que ambos os partidos poidan desenvolver os seus
programas satisfacendo a maior número de electores e asegurando unha evolución pacífica
(…). Os efectos perversos da quenda pactada derívanse da
perda de información respecto da opinión pública (…). A separación conceptual da España
real e a España oficial que leva irremisiblemente aparellada a contraposición dunha e outra,
así como a condena da última, non é máis que a consecuencia previsible e inevitable da
aceptación do principio da quenda”.
Fonte: J.L. Garcia Delgado y otros, La España de la Restauración, Madrid, Editorial s. XXI,
1985, p. 15.
Doc. 2. Artigo contra o caciquismo publicado no xornal El Imparcial, o 18 de
outubro de 1883:
“É necesario (…) poñer man nisto e romper esa vinculación de poderes, pola que resulta que
unha soa persoa, allea a todo cargo oficial, e libre, por tanto, de toda responsabilidade,
constitúe unha maxistratura anónima, pero omnipresente e práctica, un despotismo peor cen
veces que o dos reis absolutos, porque tendo por seus ao recadador de impostos, ao alcalde e
ao xuíz; a facenda, a honra e ata a vida dos homes honrados están á mercé dese gran
especulador da política que se chama cacique (…)”.
Doc. 3. O fraude electoral segundo Benito Pérez Galdós (1884):
“É moi triste como se fixeron as últimas eleccións, co menor número posible de electores, con
bastantes resurreccións de mortos e non poucas violencias e atropelos. Xa é costume que só
voten os que dunha maneira ou outra sacan partido das amizades e servizos políticos, e a
inmensa maioría da nación, mirando tan importante acto con desdén, abstense de tomar parte
nel, segura de non alcanzar por procedementos representativos o remedio dos seus males (…).
Resultado desta fraude pública, é que as eleccións as fai o
ministro da Gobernación, e da fábrica de votos que son as eleccións saen tamén as minorías.
Non puidendo marchar ben o sistema sen oposición, o goberno fabrica esta fraude co mesmo
celo que pon na construción da maioría”.
Fonte: B. Pérez Galdós, “Política española”, Antología de artículos, 1884.

MODELO SOLUCIONADO
ORIENTATIVO:

Dende 1876 ata 1923, aínda que con moitas dificultades ó final, douse en España o sistema
político da Restauración ou sistema canovista (por ser Cánovas del Castillo o seu principal
creador). Un sistema conservador, pouco democrático que beneficiaba ós grupos dominantes e
se baseaba nunha monarquía constitucional doutrinaria, a manipulación das eleccións mediante o fraude e a
actuación dos caciques, a alternancia pacífica e de mutuo acordo entre as forzas monárquicas (principais

forzas políticas do país) agrupadas en torno a dous grandes partidos políticos e o transaccionismo e dereitos e

liberdades. Pretendíase acabar cos problemas do Estado Español na etapa anterior, como o

monopolio do poder por parte dos moderados, a intervención dos militares na vida política
mediante os pronunciamentos, as revoltas para esixir dereitos, ou os enfrontamentos civís entre
os españois. A Restauración rematou con estes problemas e trouxo modernización económica,
pero tamén foi unha época de dominio da burguesía oligárquica (parte de la alta burguesía que
pertenece a la élite económica y tiene poder político), de caciquismo e de fraude electoral. Por
outra banda, hai que sinalar que a Restauración coincide cos reinados de Afonso XII e Afonso
XIII.
No Doc. 1 temos unha reflexión dun historiador contemporáneo acerca dun dos principais
fundamentos políticos da Restauración: o turnismo. Coñecido tamén
como alternancia ou quenda pacífica de partidos, tratábase dun principio político introducido
por Cánovas que consistía na existencia de dous grandes partidos monárquicos, un no
Goberno e outro na oposición, que se alternarían de forma pacífica no exercicio do poder. Na
tarefa de aglutinar ás diferentes forzas políticas monárquicas nestes 2 partidos, contou co
apoio do outro gran líder político do liberalismo español do momento, Sagasta. Era un modelo
bipartidista inspirado no británico. Así, apareceron en España o chamado Partido
Conservador dirixido polo propio Cánovas, e que incluía ós antigos moderados e ós
unionistas; e o Partido Liberal, liderado por Sagasta, que agrupaba ós antigos progresistas,
demócratas, radicais e republicanos moderados.
Os dous partidos coincidían no esencial (defensa da monarquía, da Constitución, da
propiedade privada, do sistema capitalista e da centralización administrativa) e, con isto,
representaban os intereses da alta burguesía e das clases medias acomodadas, polo que eran
partidos de minorías. Ademais, entre eles pactaran non promulgar leis que tivesen que ser
abolidas polo goberno de turno.
Era un“bipartidismo” totalmente amañado e sen depender dos resultados electorais, xa que os
dous partidos dinásticos repartíanse o exercizo do poder sen que houbera unha auténtica
participación democrática do pobo. Deste xeito, o sistema funcionaba de tal maneira que
cando un Goberno tiña dificultades para seguir a súa labor ou sufrira un forte desgaste político
por un determinado conflicto, o rei nomeaba como novo xefe de Goberno ó líder da oposición.
Para que o patido que lle tocaba puidese gobernar cun amplo apoio parlamentario (apoio das
Cortes), o rei disolvía as Cortes e convocaba novas eleccións, que gañaba este partido, o que
nos dá idea do funcionamento fraudulento do sistema canovista. Deste modo, entre 1875 e
1902, a meirande parte dos gobernos foron presididos, de forma alternativa, por Cánovas e
Sagasta. Ademais, coa morte de Afonso XII en 1885 e o inicio da rexencia de María
Cristina, os líderes dos partidos dinásticos acordaron no Pacto do Pardo, por un lado, garantir
a permanencia do réxime e a vixencia da quenda pacífica no Goberno e, por outro, agardar a
proclamar ó herdeiro (o futuro Afonso XIII). Sagasta foi de novo chamado a gobernar pola
rexente e o sistema da quenda pacífica quedou así definitivamente consolidado
O Documento 2 fai referencia a unha das ferramentas básicas para que funcionase
axeitadamente o sistema canovista: o papel do caciquismo. O control dos caciques foi unha
das pezas imprescindibles da quenda pacífica de partidos, xa que o dominio que exercía
permitía “fabricar” resultados electorais para que gañase o partido que debía gobernar. O
cacique era un personaxe local que tiña unha gran influencia ou poder sobre as autoridades e
sobre os veciños dunha comarca, sobre todo no mundo rural, gracias ó seu control dos
concellos, do mercado laboral ou das terras, e que empregaba esta influencia en servicio do
candidato do goberno central. Este poder e influencia está claramente recollida ó longo do
texto. Os caciques eran imprescindibles para controlar os resultados electorais. Nalgúns casos,
o caciquismo permitía que moitos distritos fosen sempre controlados pola mesma familia ou
saíse sempre elixida a mesma persoa (“distritos enfeudados”). Por todo o dito, o caciquismo foi
unha das lacras políticas máis vergonzosas do sistema canovista, e un dos elementos máis
criticados pola oposición política.
No Documento 3, o escritor Galdós referencia a outro piar do sistema canovista: o emprego
da chamada fraude electoral. A necesidade que tiñan os gobernos de gaña-las eleccións xerais
e ter maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento permanente e o desenvolvemento dunha
ampla rede de relacións e influencias baseada na unión dos notables locais e no rexeitamento e
manipulación das masas populares. Nesta fraude electoral tiveron un papel primordial o
Ministro da Gobernación, o Gobernador civil e os caciques. O sistema funcionaba de arriba
abaixo, seguindo a a estrutura da chamada “pirámide da fraude electoral” e desta forma: o
ministerio da Gobernación elaboraba o “encasillado” (lista dos candidatos que debían salir
elexidos ) e llo comunicaban aos alcaldes e caciques locais que se encargaban da manipulación
directa dos resultados electorais utilizando distintos procedemientos: actitudes protectoras
hacía os electores, ameazas, extorsiónss, compra de votos
En síntese, o réxime político dominante na Restauración borbónica foi unha Monarquía
constitucional doutrinaria favorable ós intereses sociais, políticos e económicos das clases
burguesas e aristocráticas, que mantivo fóra do xogo político á maioría do país. Un réxime
oligárquico, clerical en moitos aspectos, sen democracia, pseudoparlamentario, cunha clase
política formada por servidores de notables unidos para poder ocupar os cargos públicos dun
Estado débil no que o caciquismo constituía a columna do goberno do pobos. Un réxime que
manifestaba o profundo egoísmo social dos grupos dominantes que pretendían simplemente
asegura-lo seu monopolio do poder e protexer a súa hexemonía social e económica.
Finalmente, e tras unha serie de graves crises (1898, 1909 e 1917), e ante a imposibilidade do
propio sistema de democratizarse, a Restauración remataría co golpe de Estado de Primo de
Rivera en 1923.

You might also like