You are on page 1of 50

A CRISE DO ANTIGO

RÉXIME
ANTIGO RÉXIME
• Antigo Réxime: sistema político,
social e económico vixente na Europa
do século XVIII. Caracterizado por
unha sociedade estamental, unha
economía agraria e a monarquía
absoluta como forma predominante
de goberno.
• Sociedade estamental: baseada na
desigualdade xurídica entre os individuos e no
inmobilismo. O lugar na sociedade vén
determinado polo nacemento.
• Tres estamentos: nobreza e clero, que son
grupos privilexiados ( non pagan impostos,
reciben rendas,aspiran á ociosidade, posúen o
poder político e económico) e xente do común
ou terceiro estado que son non privilexiados
(pagan impostos, traballan, están suxeitos á
arbitrariedade dos señores, non teñen poder
inda que teñan riquezas)
• Nobreza e clero: grupos heteroxéneos con
importantes diferenzas económicas no seu
interior.
• Xentes do común: a maioría (90%) son
campesiños, que traballan as terras da nobreza
e da Igrexa como arrendatarios, xornaleiros
ou servos. Deben pagar rendas aos señores,
impostos ao rei e décimo á Igrexa..Unha minoría
,os burgueses, vive en cidades dedicados ao
comercio, a artesanía ou a profesións liberais,
poden ter riquezas pero non poder político (ou
limitado ao ámbito urbano)
A pirámide social do Antigo Réxime
Texto: a xustificación da sociedade estamental

A xustificación da sociedade estamental

Todo sistema que, baixo unha aparencia de humanidade ou de beneficencia, levase


a unha monarquía ben ordenada a establecer entre os homes unha igualdade
de deberes e a destruír as distincións necesarias, conduciría pronto á desorde,
consecuencia inevitable da igualdade absoluta, e produciría a subversión da sociedade.

O nobre consagra a súa dignidade á defensa do Estado e asiste o soberano


cos seus consellos. A última clase da nación que non lle pode outorgar ao Estado
servizos tan distinguidos, trócaos polos tributos, a industria e os traballos corporais.

SOLENNELLES, Amoestacións do Parlamento de París, 4 de marzo de 1776


Caricatura: o terceiro estado esmagado polos impostos

Na pedra
pon
„Impostos e
corveas‟
• A economía é de base agraria e gandeira, con
baixos rendementos e escaso avance técnico;
agricultura de subsistencia que depende dos
avatares climáticos, co cal a poboación estaba
exposta ciclicamente a grandes fames. A terra
era a principal fonte de riqueza e estaba nas
mans dos nobres e da Igrexa, se ben estes
donos non a cultivan directamente e moitas
terras estaban amortizadas (non se podían
vender nin dividir) limitando aínda máis o seu
baixo rendemento
• A artesanía estaba controlada polas
asociacións de artesáns chamadas
gremios, que agrupan aos practicantes
do mesmo oficio, cuxa rixidez dificultaba a
introdución de innovacións técnicas. Estas
puideron introducirse nas manufacturas
reais que elaboraban armas e produtos de
luxo e tamén no domestic system
(produción téxtil en domicilios) que
complementaba a economía campesiña
1.- Población, economía agraria y régimen señorial

La industria artesanal Un empresario capitalista


compra la materia prima y
Nuevas formas de producción la distribuye entre familias
campesinas
En el siglo XVII se desarrolla el
sistema de trabajo a domicilio
(domestic system) Los campesinos fabrican la
mercancía en los meses de
Se escapaba del control de los gremios descanso agrario

Aumentaba la
producción
El empresario capitalista
recoge el producto

El empresario se ocupa
Otra forma de producción eran las de distribuir o vender la
fábricas patrocinadas por el mercancía
Estado (“manufacturas reales”)
• O comercio exterior intensificouse moito,
desenvolveuse de xeito triangular entre
Europa, Africa e América, e estivo en
mans de compañías privilexiadas que
tiñan o monopolio estatal de comercio de
determinados produtos entre a metrópole
e as súas colonias en América e Asia
• Na política predominaron os estados con
monarquía absoluta durante o século XVIII. O
rei concentra na súa man todos os poderes, e
fundamenta a súa autoridade na orixe divina
da mesma. Un numeroso corpo de funcionarios
e un exército poderoso apuntalan o seu poder.
As monarquías absolutas practicaban o
mercantilismo no plano económico: a riqueza
dun pais mídese pola acumulación de metais
preciosos (ouro e prata), polo tanto hai que
limitar as importacións e fomentar as
exportacións-
O ABSOLUTISMO
Luís XV, obra do taller de Van Loo
Texto: o Estado absoluto

O Estado absoluto

É só na miña persoa onde reside o poder soberano, o seu carácter propio é o espírito
de consello, de xustiza e de razón; é a min a quen lle deben os meus cortesáns
a súa existencia e a súa autoridade; a plenitude da súa autoridade que eles non exercen
máis que no meu nome reside sempre en min e non pode volverse nunca contra min;
só a min pertence o poder lexislativo sen dependencia e sen división; é pola miña
autoridade que os oficiais da miña corte proceden non á formación, senón ao rexistro,
á publicación e á execución da lei; a orde pública xorde de min, e os dereitos
e os intereses da nación, dos que se acostuma facer un corpo separado do monarca,
están unidos necesariamente ao meu e non descansan máis ca nas miñas mans.

Discurso de Luís XV ante o Parlamento de París, 3 de marzo de 1766


Absolutismo
O absolutismo tivo as súas excepcións: Inglaterra e
Provincias Unidas de Holanda.
• En Inglaterra xa no século XVII implantouse unha
monarquía parlamentaria tralas revolucións que
derrocaron á dinastía Estuardo, e na Declaración de
Dereitos de 1689 se estableceu que o rei necesita a
aprobación do Parlamento para cobrar novos impostos e
aprobar leis, asentándose ademais o principio da
división de poderes.
• En Holanda, trala independencia de España (1648)
estableceuse unha República parlamentaria
Esquema do sistema político inglés
A Ilustración
No século XVIII desenvolveuse unha corrente intelectual
que cuestionou os principios do Antigo Réxime en base
aos seguintes principios:
• a razón (século das Luces) como oposta á tradición e o
costume
• o desenvolvemento do dereito natural que se contradí
coa desigualdade xurídica
• o coñecemento e a educación como premisas para
alcanzar a liberdade e a felicidade humanas
• a tolerancia como principio básico da convivencia
A crítica do Antigo Réxime

ANTIGO RÉXIME ILUSTRACIÓN E LIBERALISMO

• Igualdade social e legal.


• Sociedade estamental
FIN DOS PRIVILEXIOS
• Fin dos señoríos
• Réxime señorial
• Desamortización

• Liberdade económica
• Control da economía • Librecambismo
polos gremios e a monarquía • Non-intervención do Estado na economía
• Fin dos monopolios

• O rei controla todos os poderes • División de poderes


• Defensa dos dereitos naturais do
• As persoas non teñen dereitos
ser humano
• O gobernante representa os cidadáns
• O rei é representante de Deus
CONTRATO SOCIAL
A Ilustración
Os principios da Ilustración foron recollidos
na Enciclopedia publicada en Francia e
editada por Diderot e D´Alembert.
Texto: a Enciclopedia

Publícase a Enciclopedia

Privilexio significa unha distinción útil ou honrosa da que gozan certos membros
da sociedade e da que os demais carecen. Hai varias clases deles:

1. Os que poden chamarse inherentes á persoa en razón dos dereitos do seu nacemento
ou do seu estado. […]

2. Os que se cederon mediante as cartas do príncipe. […] Sería moi desexable


que as necesidades do Estado, a necesidade dos negocios ou das intencións particulares
non multiplicasen os privilexios tanto como o fixeron e que, de cando en cando, se volvese
aos motivos aos que deben a súa orixe […] e se resolvese conservar só os privilexios
que se dirixisen á utilidade do príncipe e do público. É moi xusto que a nobreza que ten
como deber servir o Estado nos exércitos […], e que maxistrados dignos de consideración,
[…] e que fan xustiza nos tribunais superiores gocen de distincións honrosas que ao mesmo
tempo son a recompensa dos servizos que prestan e lles procuran o sosego espiritual
e a consideración que necesitan para dedicarse utilmente ás súas funcións […]

DIDEROT e D‟ALEMBERT, Enciclopedia (1751-1752). Artigo «Privilexio», redactado por Jaucourt


A Ilustración
Os principais pensadores ilustrados foron:
John Locke, inglés, o precursor porque
viviu no século XVII e establece o principio
do pacto social e da división de poderes.
A Ilustración
• Montesquieu: “O espírito das leis”,
establece definitivamente tres poderes,
executivo (rei), lexislativo (Parlamento
representativo da sociedade) e xudicial
(xuíces independentes dos anteriores).
A división de poderes

A división de poderes

Cando o poder lexislativo e mais o executivo


se axuntan nunha mesma persoa
ou corporación, non hai liberdade, porque é de temer
que o monarca ou o Senado fagan leis tiránicas
para executalas do mesmo modo. […]

No Estado no que un home só ou unha soa


corporación de próceres ou de nobres, ou do pobo,
administrase os tres poderes e tivese a facultade
de facer as leis, de executar as resolucións públicas
e de xulgar os crimes e contendas dos particulares,
perderíase todo enteiramente.

MONTESQUIEU, O espírito das leis, 1748


Esquema: a división de poderes
A Ilustración
• Rousseau: establece que a soberanía
reside na nación (conxunto de cidadáns)
quen delega o exercicio da mesma nos
seus representantes no Parlamento; isto é
a soberanía nacional que procede dun
“Contrato social”.
A soberanía

A soberanía

Que é, pois, o goberno? Un corpo intermediario


establecido entre os súbditos e o soberano para
a súa mutua correspondencia. […] No instante
en que o goberno usurpa a soberanía, o pacto social
queda roto. […] Os deputados do pobo non son, pois,
nin poden ser os seus representantes, non son máis
ca os seus mandatarios; non poden concluír nada
definitivamente.
Toda lei non-ratificada polo pobo en persoa é nula;
non é unha lei. O pobo inglés cre ser libre, e engánase
moito; non o é senón durante a elección dos membros
do Parlamento; desde o momento en que estes
son elixidos, o pobo xa é escravo, non é nada.

J. J. ROUSSEAU, O contrato social, 1762


A Ilustración
• Voltaire: defensor da tolerancia como
condición indispensable para a
convivencia
A Ilustración
Despotismo Ilustrado
• Despotismo Ilustrado: algúns monarcas do século
XVIII, entre eles Carlos III de España, tentaron de
conciliar absolutismo coas ideas da Ilustración e o
resultado é o despotismo ilustrado cuxo lema foi “todo
para o pobo pero sen o pobo”. Tratábase de dinamizar
a economía e xerar riqueza ,elevando o nivel económico
da poboación, proporcionar educación aos súbditos,
racionalizar a Administración para que fora máis eficaz e
aforrase recursos, pero sen cuestionar os principios da
sociedade estamental nin o poder absoluto do monarca,
co cal foi un paliativo pero non puido evitar a creba do
Antigo Réxime
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• En 1700 morre sen descendencia Carlos II, o último
monarca da casa de Austria. No seu testamento nomeou
herdeiro a Filipe de Anjou, o seu parente máis directo
en tanto que neto de Lois XIV de Francia e Mª Tareixa
de Austria (filla de Filipe IV); pero era un Borbón
pertencente a casa real de Francia e polo tanto nin
Inglaterra nin Austria (que presentou a outro candidato
alternativo, Carlos de Austria, cun grao similar de
parentesco) aceptaron a decisión . Iniciouse deste xeito
unha guerra, chamada Guerra de Sucesión española,
que foi ao tempo que unha guerra internacional unha
guerra civil (a Coroa de Castela apoiaba a Filipe e a de
Aragón a Carlos) á que puxo fin o Tratado de Utrecht
(1713-14) co recoñecemento de Filipe V como rei de
España, a cambio de perdas territoriais (entre elas
Menorca e Xibraltar que pasan a Inglaterra)
Guerra de Sucesión
Guerra de Sucesión
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• Os monarcas Borbón introduciron a centralización e
uniformización administrativa francesas, suprimiron as
singularidades e dereitos propios da Coroa de Aragón
cos Decretos de Nova Planta impoñendo a todos os
territorios do Estado as leis , institucións e lingua de
Castela. Suprimiron os vellos Consellos temáticos e
territoriais dos Austrias , e os substituíron por
Secretarios de Despacho (ministros) A política exterior
española baseábase na alianza con Francia (os
chamados Pactos de familia, agás con Fernando VI),
que levaron a España a intervir en numerosas guerras.
Liña do tempo
Filipe V
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• FILIPE V (1701-1746): iniciador da dinastía,
realiza reformas administrativas (Secretarios de
Despacho, provincia como unidade
administrativa), centraliza e unifica o territorio
sobre a base de Castela a través dos Decretos
de Nova Planta que impón aos territorios da
Coroa de Aragón. Impón a Lei sálica que veta
ás mulleres para a sucesión ao trono.
Enfrontamentos contra Austria e Inglaterra.
A familia de Filipe V, de Van Loo

Carlos III

Fernando VI

Filipe V
Texto: Decretos de Nova Planta

Decretos de Nova Planta

Aragón e Valencia (1707). Como consideraba que perdera os reinos de Aragón


e de Valencia, e todos os seus habitantes pola rebelión que cometeron […]
todos os foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban […], xulguei por
conveniente […] abolir e derrogar enteiramente […] todos os referidos foros, privilexios,
práctica e costume ata aquí observados nos referidos reinos de Aragón e Valencia;
é a miña vontade que estes se reduzan á lei de Castela.

Cataluña (1716). Resolvín, que no referido principado se forme unha audiencia,


na cal presida o capitán xeral ou o comandante xeral das miñas armas, de maneira
que os despachos, despois de empezar co meu ditado, prosigan no seu nome. Na cidade
de Barcelona haberá vinte e catro rexedores, e nas demais, oito, a súa nominación
resérvoa […]. Todos os demais oficios que había antes no principado […] non expresados
neste meu Real Decreto, quedan suprimidos e extintos.
Fernando VI
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• FERNANDO VI (1746-1759): : fomenta a
economía, incentivando os rendementos
agrarios e intensificando a industria e o
comercio, mellora da armada (Arsenais de
Ferrol e Cartaxena) e mesmo intentou
(fracasando) impoñer impostos aos
privilexiados (a única contribución,
proporcional ás rendas). Pacifismo en
política exterior.
Carlos III
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• CARLOS III (1759-1788): principal
representante do despotismo ilustrado en
España. Antes de ocupar o trono español foi rei
de Nápoles, e de Italia procederon os seus
primeiros ministros, como Esquilache contra o
que se produciu un motín (1766) tralo seu
intento de modificar a indumentaria española
tradicional. Logo rodeouse de ministros
españois e ilustrados como Floridablanca e
Jovellanos.
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
Fixo moitas reformas cunha dobre finalidade:
aumentar o poder do monarca pero tamén o benestar
dos seus súbitos:

•fomento da economía en diversos ámbitos,


buscando mellorar os rendementos agrarios
(mediante colonización de novas terras, regadío,...),
incrementar a produción artesá e creando
manufacturas reais, dignificando o traballo artesanal
(compatible coa nobreza e os cargos públicos),
intensificar o comercio a través do acondicionamento
das estradas e camiños reais e liberalizando o
comercio con América
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• Promoción da cultura e da educación: xornais, Academias
(da Lingua, de Historia), Sociedades de Amigos do Pais.

• Fortalece o Estado con novos funcionarios e reforma do


exército e crea a bandeira e o himno nacional (símbolos do
Estado).

• Expulsa aos xesuítas tralo motín de Esquilache para


aumentar o regalismo (prerrogativas reais en asuntos
eclesiásticos).

• Política exterior belicosa fronte a Inglaterra á que consigue


arrebatar Menorca e contra a que se enfronta participando
na guerra de independencia dos EEUU en apoio das
colonias.
A familia de Carlos IV
ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
• CARLOS IV (1788-1808): ao comezo do seu
reinado produciuse a Revolución Francesa, motivo
polo cal recorta todas as reformas do período
anterior ( a fin de evitar o “contaxio” revolucionario).
Debe facer fronte a grave crise da Facenda Real.

• Na política exterior, primeiro se enfrontou á Francia


revolucionaria pero o Tratado de San Ildefonso
(1796) retomou a alianza con Francia e o
enfrontamento con Inglaterra, o cal conduciu ao
desastre naval de Trafalgar ( 1805)

You might also like