You are on page 1of 3

Carla Martínez Castreje

-Evolución da sociedade no seculo XIX. O papel da muller


Os documentos a analizar pertencen aos cambios socieconómicos producidos no século
XIX, concretamente os de tipo social. O primeiro é unha táboa da poboación agraria nos
diferentes países de Europa, o segundo consta da Declaración da Doutrina labrega no
“Catecismo” de Valentín Lamas e o último trata dun regulamento interior para as mulleres da
fábrica de conserva de Vigo.

No século XIX ponse fin á sociedade estamental, as novas leis impoñen a igualdade
xurídica de todos os cidadáns. Poñíase fin polo tanto aos privilexios outorgados de
nacemento ou por títulos. Imos polo tanto cara un modelo de sociedade burguesa e unha
organización da sociedade de clases.

No novo sistema liberal, a poboación tiña unha única catergoría xurídica, a de cidadáns,
tendo as mesmas leis e impostos que pagar. Non obstante, o liberalismo censatario limitaba
o dereito ao sufraxio, empezando a ser claras as diferenzas sociais en función da riqueza e
non da situación legal. Os máis beneficiados con estos cambios foron os burgueses, xa que
se eliminaron obstáculos que se opoñían ao seu crecemento.

A estructura social estaba dividida polo tanto en: unha clase alta; a aristocracia e burguesía
que formaban o 6% da poboación coa maior parte da riqueza do país. Unha clase media
que representa o 13%. Por último un enorme proletariado rural (xornaleiros e labregos) ao
que se engade un proletariado industrial, que en conxunto represantan o 81% restante.

Todas as clases evolucionaron de forma diferente, entrando a continuación na análise


destas transformacións.
A nobreza aínda que perdeu prerrogativas e privilexios, conservou e incluso aumentou o
seu patrimonio debido ás desamortizacións. Os nobres en xeral seguiron formando parte da
cúspide da nova sociedade e foron aumentando debido ao nomeamento de novos nobres
polo monarca (ennobrecemento burgués). En Galicia a fidalguía mantivo o poder social
sobre os campesiños. A súa base económica eran as rendas agrícolas, polo que debido a
crise agraria e perda de valor das rendas forais fixo que foran perdendo a posición social a
medida que avanzaba o século XIX.
O clero como institución perdeu privilexios e o número de membros, sobre todo do clero
regular masculino, quedou reducido a un terzo do que existía no século XVIII. Unha parte
non se resignou a nova situación, estando en contra das novas ideas liberais. Aínda así,
tendo en conta a relixiosidade que se mantiña no país, a súa influencia seguiu sendo moi
importante. Con todo, os gobernos progresistas loitaron por unha laicización da vida pública
mentres que os moderados favoreceron á Igrexa.

As clases tradicionais seguen a ser mais do 60% da poboación. O nivel de vida era moi
baixo e a súa situación non mellorou no século XIX. Moitos teñen que emigrar á cidade.
Eran principalmente pequenos propiertarios ou arrendatarios e xornaleiros.
Os campesiños en canto á situación xeográfica teñen dúas zonas. Andalucía, onde
predominan as grandes propiedades en mans dunha oligarquía agraria. Esto aumenta o
número de xornaleiros sen terras, sendo ameazados co paro e ca fame, producíndose
revoltas durante o seculo XIX e principios do XX principalmente polo movemento anarquista
(man negra)
En Galicia o campesiñado ainda que non tiña a propiedade da terra, tiña dereitos do réxime
foral. Para facer fronte as numerosas obrigas que tiñan, o campesiñado galego intensificou
o rendemento da terra mediante especializacion en hortas, prados… Ainda así haberá un
auxe da emigración e das protestas.
Cabe recalcar que España é un país cunha importancia capital do campesiñado debido á
economía do país. Si ben é certo que durante o século XIX, como podemos observar no
Documento 1, pérdese unha porcentaxe grande de poboación agraria debido ao explicado
anteriormente. Esta perda non só se produce en España, como podemos observar moitos
países de Europa vense afectados polo mesmo diminuíndo arredor dun 5 ou 10% a súa
poboación agraria.
Ademais, no documento 2, observamos unha conversación na que se explica o que é un
labrego e as condicións desfavorables nas que viven, como xa explicamos. Valentín Lamas
Carvajal denuncia na súa obra desta forma a situacion dos labregos, tachándoos de
traballar moitas horas, así como da probeza á que se ven sometidos moitos.

Aparecen novos grupos sociais, sendo este a burguesía e o proletariado industrial.


A burguesía constitúe o grupo ascendente do século formado por funcionarios, propietarios,
militares….Os seus valores impuxéronse á sociedade. Diferencianos alta burguesía que
manexaba grandes fortunas e controlaban o poder político, e clases medias, que era
favorables á introducción dos principios liberais e democráticos.
As clases populares urbanas é un grupo moi heteroxéneo que estará formado
principalmente por: traballadores do sector terciario (transporte, comercio…), servicio
doméstico (sobre todo mulleres), traballadores de talleres artesanales (podendo incluír
algúns propietarios), traballadores das fábricas e marxinados.
Son normalmenre inmigrantes do campo trasladados á cidade, aumentando polo tanto
desde mediados do século. As condicións de traballo son moi duras: teñen xornadas
laborais moi longas, salarios baixos, malas condicións de traballos e traballo infantil (nenos
de a partir de 8 anos).

Na España liberal do XIX e principios do XX seguía considerándose á muller como ser


inferior que debía estar sometida a un home. A subordinación da muller era xustificada pola
suposta inferioridade xenética e función reprodutora que convertía á muller nun ser pasivo e
inferior.
A lexislacion liberal (código penal 1848/1870, civil 1889 e do comercio 1885) discriminaba
claramente a muller someténdos ao home para calquera tioo de acción legal ou comercial.
O marido era o administrador dos bens da sociedade conxugal e o representante da muller
na xustiza.
Nesta epoca non se recoñece o dereito á voto da muller. O movemento sufraxista loitou por
conseguir este dereito pero en España tivo menos forza que noutros países. En 1918
fundouse a Asociación Nacional de Mulleres Españolas formada por mulleres que esixían o
voto para a muller. En Madrid tivo lugar no 1921 a primeira manifestación das rúas de
Madrid. A Constitución do 1931 recoñece o dereito ao sufraxio. Votarán por primeira vez en
1933.
Ademais as mulleres tamén teñen unha discriminación cultural de forma que se legalizou a
formacion sexista e de xénero que impoñía a domesticidade. O comportamento das
mulleres estivo sometido ás ríxidas imposicións da moral masculina que ditaba se era
correcta ou non a súa conducta e vestimenta.
Por último temos una discriminación laboral e salarial. O salario das mulleres en todo o
período era moito menor que o dos homes (entre un 30 e 60%). A xornada laboral era máis
longa, polo xeral (frecuentes xornadas de 12 horas).
Como observamos no documento 3, as mulleres na fábrica de conservas de Vigo estaban
obrigadas a quedarse media hora máis que os homes para realizar as labores de limpieza.
Ademais existe unha discriminación tamén nos oficios. A taxa de analfabetismo é superior
na muller que no home.

En conclusión e para rematar é clave recalcar que os cambios na sociedade do século XIX
foron moi importantes, así como o nacemento da burguesía e das clases obreiras, debido
en parte tamén ao movemento obreiro. No caso das mulleres, seguían tendo unha
discriminación en todos os aspectos, situación pola que loitarán para poder cambiala con
moitas manifestacións e revoltas.
Todo irá evolucionando e cambiando ata os nosos días, grazas en parte á valentía de estas
mulleres que van gañando en dereitos para lograr a igualdade.

You might also like