You are on page 1of 31

UNIDADE 10.

A LITERATURA GALEGA DO POSREXURDIMENTO Á


GUERRA CIVIL (I): CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL. A POESÍA
“ANTRE DOUS SÉCULOS”. A POESÍA NA ÉPOCA NÓS.

1. Contexto histórico e cultural.


Desde o punto de vista da historia social e política, o período que se
estende desde o ano 1889 ata o 1939 abarca as seguintes etapas:
 Unha boa parte da Restauración borbónica (1874-1931).
 A II República (1931-1936).
 A Guerra Civil (1936-1939).

Na historia da literatura galega ese período corresponde a dúas etapas


coñecidas como Posrexurdimento (1889-1913) e Segundo Renacemento
(1914-1939); esta última coincide practicamente coa que se chamará
época Nós.

A Restauración
Rexencia é o período de Nesta etapa pódense diferenciar dous momentos: a Rexencia e a crise da
goberno dun reino durante a monarquía
minoría de idade, ausencia ou
incapacidade do rei. Rexente é - A Rexencia (1885-1902).
a persoa que rexe nese Á morte de Alfonso XII, en novembro de 1885, a raíña Mª Cristina ficou
momento o reino no canto do como rexente ata maio de 1902. A situación política neste período
monarca. caracterízase pola continuidade da alternacia no poder dos gobernos
liberais e conservadores e pola pervivencia do caciquismo e a
Ilustración arbitrariedade da vida política nas provincias e municipios galegos.
O caciquismo é unha práctica
política baseada na total A fin da Rexencia coincide coa do século e mais coa crise provocada pola
influencia e predominio dunha guerra das colonias e o “desastre do 98”, que supón a debacle do Imperio
oligarquía local e provincial.
colonial español.

- A crise da monarquía (1902-1931).


O reinado de Alfonso XIII (1902-1931) é a última etapa da Restauración.
Ata 1923 mantén o carácter de monarquía parlamentaria herdado da
época precedente; desde 1923 a 1930 desaparece tal sistema ó imporse un
réxime de excepción mediante un golpe de estado militar e a dictadura
subseguinte. Entre 1930 e 1931 o réxime entra en crise de xeito definitivo
e total, ata rematar coa proclamación da II República o 14 de abril de
1931.

En Galicia este é o momento do agrarismo e do nacionalismo, mais


tamén o da acentuación do éxodo migratorio e a aparición do
movemento obreiro.

O agrarismo
O agrarismo constitúe o movemento social máis representativo do
primeiro tercio do século XX; trátase dun proceso reivindicativo que
procura melloras nas condicións de vida dos campesiños. En Galicia
localizámolo entre 1907 (data da fundación da asociación agraria
Solidaridad Gallega) e 1923. Composto por grupos de ideoloxía
hetereoxénea pasa por diferentes etapas, mais o seu momento culminante
esténdese desde 1912 ata 1915. A principal organización agraria nesa
altura será Acción Gallega, dirixida por Basilio Alvarez, vigairo da
parroquia ourensá de Beiro.
O foro era un tipo de
arrendamento rústico de longa Os obxectivos básicos do agrarismo galego eran conseguir a redención ou
duración polo que se cedía en
usufructo un ben a cambio do a abolición dos foros e acabar co caciquismo.
cumprimento dunha serie de
condicións acordadas. A loita agraria viviu momentos de especial intensidade e virulencia. A
represión policial causou varias víctimas mortais entre os campesiños
nalgúns episodios tráxicos, como os vividos en Oseira o 23 de Abril de
1909 ou en Sobredo-Guillarei o 22 de novembro de 1922. En 1926 por
fin, durante a dictadura de Primo de Rivera, promulgouse a Lei de
redención de foros, que viña marcar o final do Agrarismo en Galicia.

Ilustración O nacionalismo
O nacionalismo, máis que O galeguismo rexionalista evolúe nas primeiras décadas do século XX
unha doutrina política, é unha cara ao nacionalismo –movemento de defensa e exaltación dos valores e
actitude cívica; un peculiar dereitos culturais, económicos e políticos dos pobos–. A asociación
xeito de aprehender e definir a
realidade socio-cultural.
agraria Solidaridad Gallega servirá de ponte de transición entre o
rexionalismo e as Irmandades da Fala. No seo destas nacerá o
nacionalismo galego, que se consolidará mediante a aprobación dun
programa político completo a partir da Asemblea Nacionalista celebrada
en Lugo en novembro de 1918.

Ilustración As Irmandades da Fala: Estas asociacións culturais e políticas nacen na


Desde novembro de 1916 A Coruña en 1916 por iniciativa de Antón Villar Ponte. O seu obxectivo
Nosa Terra publícase como inmediato era a defensa do idioma galego como punto de partida para a
voceiro das Irmandades da
Fala.
recuperación cultural de Galicia. Axiña irán xurdindo novas Irmandades
nas vilas e cidades máis importantes de Galicia –Santiago, Lugo, Vigo,
Pontevedra, Ourense, Monforte, A Estrada ...– onde recalarán galeguistas
de diferente orixe, traxectoria e orientación. Moi logo, baixo o liderado
de Porteiro Garea, o proxecto ampliará os seus obxectivos iniciais ata
converterse nunha plataforma política que denuncia a situación de
colonización da economía galega respecto da española. A súa
presentación como organización nacionalista –a primeira que elabora o
seu discurso político en galego– producirase no Congreso Rexionalista de
xullo de 1918 en Santiago. Os malos resultados electorais de 1918 xunto
coa súpeta morte de Porteiro Garea serán a causa de que, a partir de 1920,
triunfe a liña de acción culturalista que desde o principio defendera un
sector das Irmandades (Risco, Otero, Carré ...).
Nos primeiros anos vinte
aparecen tamén os primeiros
grupos independentistas O nacionalismo galego coñece a súa primeira ruptura na Asemblea de
coñecidos baixo a Monforte de 1922; dela sairán dúas tendencias:
denominación xenérica de  Por un lado a artellada arredor do núcleo coruñés orixinal das
arredistas. Un dos máis Irmandades da Fala, que mostraba unha liña partidaria da
salientables é o Comité
Arredista de La Habana
participación política e tiña como líderes históricos aos irmáns Villar
liderado por Fuco Gómez. Ponte e como líder político a Peña Novo.
 Por outro lado a Irmandade Nazonalista Galega, máis favorable a dar
batalla no eido cultural, que tiña como líder indiscutible a Vicente
Risco. O intelectual ourensán é o principal teórico do nacionalismo
galego de preguerra, ademais de ser o impulsor dun brillante proxecto
cultural vertebrado arredor da revista Nós.
Ilustración
Estímase que preto dun millón A emigración
de galegos atravesaron o
Atlántico ao longo das tres
A emigración é un dos fenómenos máis característicos da sociedade e a
primeiras décadas do século economía galega moderna e contemporánea. Segundo Carlos Sixirei (A
XX para buscar fortuna nas emigración; Galaxia): “Empuxada polas dificultades obxectivas dun país
Américas. economicamente deprimido e abrumada pola falta de perspectivas de
cara ó futuro, unha parte considerable da poboación rural deste país
buscou na emigración unha saída para os seus problemas económicos e
unha esperanza para as súas vidas”.

Desde 1850 o fluxo migratorio con destino a América coñece un


incremento sen precedentes. A inxente emigración transatlántica terá
como consecuencia unha acusada fractura social –perda de man de obra
e de capacidade de transformación social, rupturas familiares, etc.– que
non pasará inadvertida para os nosos intelectuais e escritores.

O movemento obreiro
A I Internacional é a Ao longo das primeiras décadas do século XX, aínda que serodiamente e
asociación mundial organizada con limitada implantación, prodúcese a aparición das primeiras
en 1864 en Londres polos organizacións de traballadores nos incipientes núcleos industriais galegos
representantes do movemento (A Coruña, Ferrol, Vigo) influídas pola I Internacional.
obreiro co albo de unir ao
proletariado na loita a prol do
socialismo. No seu seo De calquera xeito, o sector primario ocupaba a meirande parte da
enfrontáronse socialistas poboación activa galega nestes anos. A escasa industrialización e o atraso
marxistas e anarquistas. nas comunicacións constituían un atranco considerable para o
Disolveuse en 1876. desenvolvemento de Galicia. Por iso era a principal preocupación dos
sectores sensibilizados coa realidade do noso país.

A cultura galega na época


Ilustración: RAG

 O primeiro feito destacable desta época no eido da cultura galega é o


nacemento da Real Academia Galega, promovida desde A Habana
por Fontenla Leal e Curros Enríquez. A súa primeira reunión tivo
lugar no salón do Real Consulado da Coruña o 4 de setembro de 1905,
baixo a presidencia de Manuel Murguía e exercendo como secretario
Uxío Carré Aldao. En abril de 1906 comeza a publicación do seu
Boletín. Despois da guerra viviu momentos tan delicados que se
chegou a temer pola súa supervivencia.
Ilustración: Revista Nós
 Desde 1920 publícase en Ourense a Revista Nós, unha das empresas
culturais galegas máis importantes de todos os tempos. O seu núcleo
Cenáculo: Reunión pouco fundacional estaba formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo
numerosa de literatos e artistas e Florentino López Cuevillas –que constituían, así mesmo, o cerne do
con ideas afíns.
Grupo Nós, tamén chamado Cenáculo Ourensán–. Ademais da súa
importancia cultural como medio de expresión literaria e intelectual da
xeración do mesmo nome, a revista desempeñou ata a súa morte –
víctima da guerra, en xullo de 1936– un destacado papel na
Ilustración: capa La Centuria
consolidación ideolóxica do nacionalismo galego.
A revista Nós tivo como
antecedente inmediato La Nos seus dezaseis anos de existencia, foron moitos e moi diversos os
Centuria, revista neosófica; colaboradores da revista: desde Castelao (o seu director artístico) ata
outra empresa xornalística Álvaro Cunqueiro, desde Wenceslao Fernández Flórez ata Valentín
alentada polos membros do
Cenáculo Ourensán cando Paz Andrade, por exemplo. Todos os escritores galegos da época,
aínda non militaban no tanto os máis vellos como os máis novos, atoparon acollida nas súas
galeguismo. páxinas. E non só estaba aberta aos escritores galegos, tamén aos
contemporáneos portugueses (Teixeira de Pascoaes, Rodrigues Lapa,
Hernani Cidade ...), irlandeses, ingleses e bretóns. Ademais, na revista
Nós pódese atopar puntual información sobre as novidades literarias
europeas, noticias sobre literaruras e escritores exóticos ou
minoritarios, documentación sobre arqueoloxía, etnografía,
antropoloxía e, en xeral, calquera ámbito das Ciencias Humanísticas.

Diversas foron tamén as vicisitudes polas que pasou e os lugares nos


que se editou: deixou de publicarse entre xullo do 1923 e xullo de
1925, durante os primeiros anos da dictadura de Primo de Rivera.
Nesa última data pasou a publicarse en Pontevedra e, máis tarde,
editaríase sucesivamente na Coruña e en Santiago; aínda que sempre
mantivo a redacción en Ourense.
Ilustración: Grupo Nós
 Como queda dito, o Grupo Nós estaba formado por un reducido
círculo de intelectuais (aos xa mencionados Risco, Otero e Cuevillas
pode engadirse tamén Antón Losada Dieguez) nados entre 1880 e
1890 que chegan ao galeguismo, xa na madurez, desde unha posición
ideolóxica caracterizada polo europeísmo cosmopolita, o elitismo e o
culturalismo. Convertidos ao nacionalismo galego, pasarán a
representar os papeis protagonistas da vida cultural e mesmo política
de Galicia durante a década dos 20 e os primeiros anos 30.
Segundo a teoría de Risco,
Galicia, como realidade Defensores da tradición e do enxebre –que no noso país se expresaba
espiritual que é, constitúe en galego–, fronte á modernidade que supostamente representaba a
nación de seu; con entidade (ou
personalidade) histórica e burguesía urbana castelanizada, farán do celtismo e do catolicismo os
cultural baseada na unidade fundamentos étnico e relixioso sobre os que apoiar o seu discurso
xeográfica e étnica, que ideolóxico –que constitúe o alicerce teórico do primeiro nacionalismo
presenta como atributos: galego– xustificado, polo demais, na existencia dun territorio propio e
 Territorio
 Raza
dunha cultura e unha lingua diferenciada.
 Economía
 Tradición Conscientes do escaso desenvolvemento da narrativa galega, sobre
 Costumes todo en relación coa poesía, centrarán os seus esforzos creativos en
 Lingua aumentar e modernizar o acervo prosístico mediante o cultivo dos seus
 Carácter
diversos xéneros e formas: relato breve, conto, novela, ensaio,
discurso, etc.

Ilustración:  En 1923 xorde en Santiago o Seminario de Estudos Galegos. Trátase


Membros do Seminario (foto
de grupo).
dunha institución con carácter interdisciplinar creada por iniciativa de
certos alumnos e algún profesor da Universidade compostelá. Os seus
fins eran a pescuda sistemática, a formación de investigadores e a
divulgación da realidade galega. O primeiro presidente foi Armando
Cotarelo Valledor, catedrático universitario de Lingua e Literatura
Española, e entre os seus fundadores atopamos a Xosé Filgueira
Valverde, Fermín Bouza Brey, Luís Tobío Fernández e Ramón
Martínez López. Esta institución, que domina o labor dos escritores da
preguerra ata xustificar que se fale dos Tempos do Seminario como un
período dentro da literatura galega, tampouco sobreviviu á Guerra
Civil.

Ilustración
Proclamación da II República
nalgunha cidade ou vila galega.
 A II República (1931-1936)
A II República representa o entusiamo e a esperanza popular para
resolver os problemas de España fronte ao fracaso da monarquía
parlamentaria da Restauración. Os anos nos que se desenvolve coinciden
no ámbito internacional cunha situación de depresión económica e de
profunda axitación social, causadas pola crise mundial de 1929, que
facilitarán o ascenso de réximes de corte fascista en Europa.

Coa Chegada da República o nacionalismo galego supera


momentaneamente a súa división mediante un proceso de converxencia
Ilustración política, que leva a diversas asociacións republicanas e galeguistas a
(Imaxe relacionada co PG)
coaligarse baixo as siglas do Partido Galeguista (PG). Castelao, Bóveda
e os intelectuais da Xeración Nós han ser os principais líderes do partido
ata 1936.

No PG cohabitaban, basicamente, tres tendencias en certa medida


diverxentes: Os conservadores, refractarios a calquera pacto coa
esquerda, entre os que atopamos a Risco, Otero Pedrayo e Filguera
Valverde. A esquerda, favorable a unha alianza cos partidos progresistas
de ámbito estatal, onde están Castelao e Bóveda. Os arredistas, grupo
minoritario partidario da independencia total; entre os que destaca Álvaro
de las Casas. A raíz do acordo de integración na Frente Popular, ao que se
chega en 1936, o PG vive unha profunda crise interna saldada coa
segregación do sector conservador, que pasará a constituír a dereita
galeguista. Con todo, os diversos sectores do galeguismo souberon
colaborar entre si na campaña do referendum do Estatuto de Autonomía
dese mesmo ano.

Un dos principais logros do Partido Galeguista foi, xustamente, a


aprobación en plebiscito popular do devandito Estatuto de Autonomía,
baseado no rigoroso proxecto político elaborado polos galeguistas do
Seminario de Estudos Galegos. Infelizmente, o Estatuto nunca chegou a
estar vixente xa que estalou Guerra Civil pola insurrección dun sector do
exercito en contra da legalidade republicana.

Ilustración
Debuxos de Castelao dos  A Guerra Civil (1936-1939)
álbumes Atila en Galicia ou
Milicianos.
A sublevación militar de 1936 é un episodio da loita de clases que
enfrontou na Europa dos anos trinta á clase dominante cos sectores
populares que pugnaban por conseguir o recoñecemento dos seus
dereitos. En España a este problema acrecentábase ademais o contencioso
que mantiña o Estado cos nacionalismos emerxentes.

Desde os primeiros días da guerra Galicia ficou no bando “nacional”, o


que á fin resultaría vencedor na contenda. No noso territorio non houbo
fronte de combate pero si houbo unha feroz represión exercida contra
todos aqueles que resultaban sospeitosos de ser “antiespañoles”
(anarquistas, comunistas, socialistas, republicanos, masóns, galeguistas,
separatistas, librepensadores, sindicalistas, demócratas, liberais, etc.). A
tortura, o asasinato, o cárcere, a guerrilla ou o exilio foron o cruel destino
de moitos bos cidadáns víctimas dos odios que se desatan en calquera
guerra. Outros moitos mozos coñeceron a dura experiencia do campo de
batalla mobilizados nas filas do exercito de Franco.

Coa Guerra Civil morren todas as esperanzas de modernización do


Estado e de convivencia en liberdade que a segunda República espertara.
É o comezo da “longa noite de pedra”.

2. A literatura do posrexurdimento: A poesía “Antre dous séculos”


“A solución idealista de Galicia foi autóctona: foi o formalismo
finisecular. A xeración que segue ó formalismo, a xeración “Antre Dous
Séculos”, asume aquela herdanza e mais a arrequenta con influxos
modernistas, entre outros”.
X. L. Méndez Ferrín; De Pondal a Novoneyra. Xerais.

Ao longo da última década do século XIX e das dúas primeiras do século


XX a vida cultural galega coñece un momento de diversificación de
esforzos, para procurar a consolidación do acadado no Rexurdimento, que
se traduce na creación de distintas empresas sociais e culturais e que
suporá un certo devalo cualitativo na nosa producción literaria.

O profesor Méndez Ferrín denomina “Antre Dous Séculos” á xeración


literaria composta polos escritores nacidos entre 1869 e 1879, que,
A Escola Formalista da dalgunha maneira, continúan na liña de reacción contra a estética realista
literatura galega está iniciada polos escritores da Escola Formalista. Serán eles os protagonistas
configurada por Eduardo
Pondal, Aurelio Ribalta, no posrrexurdimento da transición literaria desde o século XIX ao XX.
Florencio Vaamonde Lores e
Manuel Lugrís Freire. A denominación “Antre Dous Séculos” está tomada do título dunha obra
de Xerardo Alvarez Limeses, autor que xunto con Gonzalo López
Abente, Francisco Álvarez de Nóvoa, Francisca Herrera Garrido, e os
máis coñecidos Ramón Cabanillas Enríquez e Antonio Noriega Varela
conforman o grupo xeracional.

2.1. Antonio Noriega Varela


Ilustración: retrato de Noriega
Noriega Varela foi un home de Vida
ideoloxía tradicionalista que Nado en Mondoñedo en 1869, comezou estudios eclesiásticos –que non
pasou polo agrarismo e mais o chegou a rematar– no seminario desa cidade. Estudia maxisterio e comeza
nacionalismo. a publicar algúns poemas e outras colaboracións na prensa. Entra en
contacto co agrarismo a través de Antón Villar Ponte e publica algúns
textos anticaciquís. Por mor do seu activismo agrarista é desprazado á
provincia de Ourense (Calvos de Randín e Trasalba), onde coñecerá aos
intelectuais galeguistas do Grupo Nós e entrará en contacto coa literatura
portuguesa. Foi membro de diversas institucións académicas portuguesas
así como da Real Academia Galega. Tras obter destino en Abadín publica
un estudio lexicográfico titulado Como falan os brañegos (1928). De alí
trasladaríase a Viveiro onde morre en 1947.

Obra
Ilustración Literariamente, as súas influencias máis evidentes son as do seu paisano
Manuel Leiras Pulpeiro Leiras Pulpeiro, os clásicos latinos, o “Siglo de Oro” español e os poetas
(Mondoñedo, 1854-1912) poeta saudosistas portugueses (Guerra Junqueiro, Teixeira de Pascoaes, Eugénio
serodio, continuador da liña do
de Castro ...).
Rexurdimento. Autor de
carácter predominantemente
social e de ideoloxía A súa obra literaria consta de dous títulos –en realidade, diferentes
republicana anticlerical. O edicións dun mesmo poemario– revisados e reeditados en varias ocasións:
único título que publicou en Montañesas (1904/1910) e Do ermo (1920/1929/1946). Comezou, baixo o
vida foi Cantares gallegos
(1911). influxo de Leiras Pulpeiro, sendo un poeta epigonal do costumismo
decimonónico e irase arriquecendo na medida en que vaia ampliando as
súas influencias literarias.

O profesor Anxo Tarrío resume a importancia de Noriega na literatura


galega coas seguintes palabras “o que se adoita valorar máis nel son
aqueles poemas onde reflicte a súa delicada sensibilidade para a
captación da paisaxe montañesa e, sobre todo, da natureza en estado
virxinal. Foi e segue sendo moi aplaudido polo ben que soubo cantar á
humildade das cousas pequenas, á floriña do monte, á pinga do orballo e
á máis minúscula pegada de Deus. O seu franciscanismo e crecente
LABERQUIÑA ... misantropía, levárono a refugar a estética modernista (anque illadamente
Laberquiña, que te axotas atopemos algunha pincelada proveniente de tal paleta), pero deixou
das degaradas gueivotas
oíndo o salvaxe berro, escritos poemas, principalmente sonetos, de grande beleza e coidada
musa, que a mariña extrañas, expresión que aprendeu nos poetas da Escola Nova portuguesa, con
olla as azules montañas Antero de Quental á cabeza, e nos saudosistas (Teixeira de Pascoaes, a
¡desde as plaias do desterro! revista A Aguia, etc.).
Esquence o mar, lembra o gado
miudo, i o regalado A BRÉTEMA UNHA BREVE
vivir, ¡as tumbadas festas!, PUCHARQUIÑA
i as cantigas dos pastores, A brétema, ¿ti sabes?, é ceguiña: É unha breve pucharquiña
que fan grinalda coas frores os piñeirales pouco a pouco explora, sobre un enorme penedo.
amareliñas das xestas. i anda sempre descalza, e si se espiña
(Do ermo) sangrar, non sangra; pero chorar, chora ... Sin fatuidade urbana,
míranse naquel espello
Chora copiosamente a pobresiña! as froriñas dun carpazo,
como chorou Xesús, cal chora a aurora, a ramaxe dun esvedro,
i en maus do sol é cada lagrimiña linda pastora de Anaigo,
derramada, unha estrela brilladora ... i as estreliñas do ceio.

Lagrimiñas preciosas!, recollelas É unha breve pucharquiña


mil veces se me ocurre, pra con elas sobre un enorme penedo.
facer ... (si xa non soño, ¿qué eu faría?) (Do ermo)

¿Unha sarta me pides? Lograréina.


¡Como un rei quixera pra unha reina!
como nunca se veu na xoiería.
(Do ermo)

Ilustración: 2.2. Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959). Dada a súa lonxevidade


retrato de Cabanillas
e a que se deu a coñecer como escritor serodiamente, a crítica coincide ao
sinalar a dificultade de adscribir a Cabanillas a un grupo ou xeración
determinada. Con todo, pola súa vinculación ao agrarismo e polas
características da súa obra –esteticamente superadora dos modelos do
rexurdimento e claramente prevangardista–, o máis pertinente parece
estudialo dentro do período de transición intersecular.

Modernismo: Nome co que se É con diferencia o poeta máis sobresaliente desta época, que vai desde os
coñece no ámbito hispanófono grandes mestres do século XIX ata as correntes renovadoras da poesía
unha das escolas renovadoras
da expresión poética, enmar- galega xurdidas na terceira década do século XX baixo o signo das
cadas dentro do movemento vangardas históricas.
idealista que reacciona contra e
estética realista dominante no Na obra poética de Ramón Cabanillas atopamos o alento social ao estilo de
século XIX. Xorde en América
a fins do XIX e principios do
Curros, a liña intimista que lembra a Rosalía e o aristocratismo e o ton
XX e axiña se espalla por toda épico que xa explorara Pondal. Ademais, aínda sen ser modernista, deixa
a área de fala hispánica. Ten a notar unha clara influencia desta escola poética de raíz hispanoamericana e
súa orixe no parnasianismo e de xinea idealista.
no simbolismo francés. Enri-
queceu e refinou a linguaxe
poética, renovou a métrica e Vida
deu dimensións descoñecidas Estuda no Seminario menor de Santiago desde os dez ata os dezasete anos.
ás metáforas e aos temas. Entre 1910 e 1916 reside en Cuba como emigrante, alí comeza o seu labor
literario. No ano 1912, durante unha breve estadía en Cambados, entra en
Ilustración
contacto coa asociación agrarista Acción Gallega, lideradada por Basilio
O abade Basilio Álvarez foi un Álvarez. En 1916 regresa a Galicia e, nas dúas décadas seguintes,
dos principais dirixentes do desempeña labores burocráticos, publica algúns textos e participa en
movemento agrario liderando a actividades políticas e culturais. En 1936 coincide con Castelao en
organización Acción Gallega. Valencia, mais a diferencia do de Rianxo, que nunca xamais volvería pisar
“ACCIÓN GALLEGA” terra galega, ao ano seguinte volta a Cambados. Durante a posguerra
HINO continuou exercendo o cargo de secretario en varios municipios
¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño pontevedreses. No último treito da súa vida pasa tempadas no mosteiro de
a folla do fouciño Samos, onde escribe un poema homónimo en honor desa abadía. Tras
fagamos rebrilar! recibir diversas homenaxes, morre en Cambados en 1959. Hoxe está
soterrado no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa compostelá de San
Que vexa a vila podre,
coveira da canalla,
Domingos de Bonaval.
á Aldea que traballa
disposta pra loitar. Ao longo da súa vida estivo presente nos máis salientables acontecementos
e institucións da Galicia contemporánea: apoiou ao movemento agrarista,
Antes de ser escravos, pertenceu ás Irmandades da Fala, publicou na revista Nós, participou nas
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos actividades do Seminario de Estudos Galegos e foi membro da Real
dende a montana ó mar. Academia Galega (desde 1920) e da Real Academia Española (desde
1929) representando á literatura galega. O seu labor esténdese ademais a
¡Ergámonos sin medo! innumerables colaboracións en publicacións periódicas galegas de ambas
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
as beiras do Atlántico.
o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques, Obra


ladróns e herexes, fuxe “Ramón Cabanillas é autor dunha obra complexa, plural e de difícil
ó redentor empuxe
da alma rexional. sistematización e estudio pola amplitude da súa producción e polas
diversas liñas de sentido que a cruzan.”
Antes de ser escravos, Diccionario da literatura galega (I). Galaxia.
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó val.
Os dous primeiros títulos poéticos que publicou –ambos na Habana– son
No desterro. Visións galegas (1913) e Vento mareiro (1915). Neles
(Vento mareiro)
achamos textos de clara intención social –na liña anticaciquil que
caracterizaba o movemento agrarista– ao lado doutros onde Cabanillas
desenvolve unha vea lírica que acusa a influencia de Rosalía, do
modernismo e do saudosismo, cunha clara intención actualizadora da
Saudosismo: escola poética poesía galega.
portuguesa de tipo simbolista
fundada a comezos do século É a súa poesía civil a que resulta máis celebrada naquel momento nos
XX por Teixeira de Pascoaes.
Ao igual que o modernismo,
círculos agraristas e galeguistas, de aí que, de volta en Galicia, fose
enmárcase dentro do recibido como Poeta da Raza; digno herdeiro de Curros Enríquez.
movemento idealista.
Con Da terra asoballada (1º edición 1917, 2º edición 1926) e coa segunda
edición de Vento mareiro (1921) aprofunda na liña poética comprometida,
agora xa desde uns presupostos ideolóxicos nidiamente nacionalistas. Con
todo, segue reservando un oco para os poemas de inspiración lírica.

A man da santiña (1921) é unha comedia de costumes escrita para ser


representada polo Conservatorio Nazonal de Arte Galego na súa
Conservatorio Nazonal de primeira actuación.
Arte Galego: Institución
creada en 1919 pola Irmandade O ano 1926 é un dos máis importantes no labor creativo de Cabanillas pois
da Fala coruñesa para potenciar publicará:
e actualizar o teatro galego.
Desde 1922 a 1926 sobrevivirá
baixo a denominación de O bendito San Amaro. Poema narrativo longo de ton popular que lembra
Escola Dramática Galega. os romances de cegos.

O Mariscal. Traxedia histórica en verso que, partindo dun proxecto de


Antón Villar Ponte, manifesta unha clara intención política e ideolóxica ao
reinterpretar en clave nacionalista o episodio histórico da execución do
mariscal Pardo de Cela, en 1483, por orde dos Reis Católicos. O Mariscal
é presentado como unha víctima do centralismo e convértese nun símbolo
da resistencia galega. O estudio histórico ofrece outros matices a respecto
da realidade dese personaxe.

Na noite estrelecida. Obra poética narrativa composta de tres poemas


longos, que Cabanillas denomina “sagas”, onde se recrea a temática
medieval da materia de Bretaña trasladándoa a Galicia. Os títulos das tres
sagas son: “A espada Escalibor”, “O Cabaleiro do Sant Grial” e “O Soño
do Rey Arturo”. A obra, unha das máis salientables do autor, sitúase na
liña pondaliana de reelaboración do pasado céltico de Galicia e presenta,
ademais, claras influencias do prerrafaelismo e do modernismo.
Ilustración
Prerrafaelismo: corrente
literaria e artística inglesa que, A propósito de Na noite estrelecida podemos ler en Historia da literatura
a mediados do século XIX, galega de Dolores Vilavedra (Galaxia):
reacciona contra a arte realista.
Enmarcada dentro do
movemento idealista, o nome
“Mais se é rechamante a apropiación de motivos (a mítica espada
alude á estética dos pintores Escalibor consérvase na illa de Sálvora, o Grial no Cebreiro, etc.), éo
anteriores a Rafael (1483-1520) máis a posible lectura simbólica que agroma da combinación de celtismo,
nos que se inspiraron. cristianismo e galeguismo que Cabanillas nos propón como base mítica
sobre a que construír o futuro da nación galega”.

En 1927 publica A rosa de cen follas. Breviario dun amor. Trátase dun
poemario de temática amorosa e intimista dotado dunha gran elegancia e
sinxeleza formal. A influencia de Rosalía é evidente xa desde o propio
título, tirado dun verso de Follas novas; tamén é notable a pegada do
saudosismo. Algúns críticos estiman que nesta obra se atopa o mellor do
legado poético de Cabanillas.

Na súa obra de posguerra destacan os seguintes títulos:

Camiños no tempo (1949). Colección da súa poesía narrativa e lexendaria


dos anos 20.

Antífona da cantiga (1951). É o primeiro libro publicado pola editorial


Ilustración: capa de Galaxia. Trátase dunha antoloxía de cantares populares precedidas dun
Antífona da cantiga prólogo no que se fai unha louvanza da cántiga. Para Carballo Calero este
prólogo é “a única prosa escrita espontaneamente por Cabanillas” e “a
máis importante de todas”.

Da miña zanfona (1954). Breve feixe de poesías onde volve dar unha
mostra sobranceira do seu estilo contido e depurado.

Versos de alleas terras e de tempos idos (1955). Selección de textos de


autores estranxeiros de diferentes épocas traducidos ou versioneados por
Cabanillas.

Samos (1958). É a súa derradeira obra. Poema descritivo de carácter


didáctico que versa sobre a historia do mosteiro e a vida monástica na
abadía desa localidade, onde Cabanillas pasou algunhas tempadas nos seus
últimos anos.

Lingua e estilo
Nas súas primeiras obras, Cabanillas manifesta unha sensibilidade
lingüística semellante á que se atopaba nos escritores do XIX. Toma como
modelo a lingua popular da súa rexión de procedencia, o Salnés –zona de
transición entre a área fisterrá e a área tudense, no bloque occidental–, se
Ilustración: fotografía de
Aquilino Iglesia Alvariño ben non recolle dous dos trazos fonéticos máis característicos, a gheada e o
Aquilino Iglesia Alvariño seseo explosivo, por consideralos excesivamente vulgares.
realizou un detallado estudio da
lingua e o estilo de Cabanillas Nesta primeira etapa, emprega unha lingua popularizante na que se poden
para a edición da obra completa
do cambadés publicada en Bos
rexistrar un certo número de castelanismos (*axena, *guedexas,
Aires no ano 1959. *carcaxadas ...) mais, asemade, tamén manifesta unha certa tendencia
enxebrizante, propia dos autores do período de preguerra, que se
documenta na presencia de hiperenxebrismos (*soma, *hourizonte,
*adourar ...).

Desde os anos 20, o seu modelo lingüístico “tende a un galego


aristocrático que procura a máxima enxebreza, xa non no senso de
fidelidade dialectal á lingua falada, senón non senso de fidelidade
filolóxica ao idioma virxe”, segundo deixou dito o profesor Carballo
Calero. Esta tendencia reflectirase no interese polas formas arcaicas e no
afastamento do localismo, excepto cando a particularidade local resulte
estilísticamente relevante.

Aínda que ás veces se poida observar neste autor, como nos máis da época,
unha certa querencia polo diferencialismo lingüístico con relación ao
castelán, Cabanillas mostrarase neste punto sobrio dabondo,
nomeadamente na restauración de solucións mofolóxicas arcaizantes (por
exemplo, o plural en –aes dos nomes rematados en –al). O mesmo se pode
afirmar en canto ao uso de neoloxismos e lusismos, que Cabanillas
introduce cun razoable equilibrio.

Xosé M. Millán Otero (Historia da literatura galega; AS-PG, A Nosa


Terra) distingue catro fases na evolución literaria –estilística, temática e
ideolóxica– de Cabanillas:

 1910-1915: Etapa de formación (pregaleguista/agrarista).


Caracterizada pola procura dunha temática propia e a experimentación
de moldes formais. Predomina o “eu” nostálxico de resonancias
rosalianas, aínda que tamén se escoite a chamada exaltada á rebelión.
Acusa a influencia do modernismo; utiliza metros populares
(octosílabos, hexasílabos ...), mais tamén bota man de estrofas
clásicas (soneto) e mixtas (hendecasílabos combinados con
heptasílabos ...). O seu ideal estético vén determinado pola claridade
expositiva, a musicalidade e a plasticidade das imaxes.

 1915-1920: Etapa decisiva (galeguista). Predominio da temática


cívica; desde unha actitude máis tranquila procúrase a concienciación
nacionalista do pobo. Resulta evidente desde esta etapa a vontade de
crear un modelo de lingua culta e a preocupación por elevar a
consideración do galego literario. Nas súas obras aparece o idioma
galego empregado en ámbitos sociais elevados –personaxes fidalgos,
señoritas refinadas, etc.–, cousa que, daquela, resultaba moi inusitada.

 1920-1931: Etapa mítico-saudosista (nacionalista historicista).


A entrada de Cabanillas na
Reconstrucción do pasado na procura da “esencia” galega movido polo
Real Academia Española en sentimento de saudade. Presencia da temática relixiosa.
1929 marca un certo declive do Estilisticamente atópanse textos dominados pola ampulosidade e
seu recoñecemento social, á vez grandilocuencia (Na noite estrelecida) cabo doutros caracterizados
que supón unha tentativa de pola emotividade e a sinxeleza expresiva (A rosa de cen follas).
“oficialización” do poeta.
Para os poetas novecentistas e
vangardistas Cabanillas deixa  1939-1959: Segunda madurez (moralista). Afastamento do
de ser unha referencia literaria compromiso ideolóxico explícito. Intimismo autorreflexivo en liña co
diferente dos “antigos” xeitos pesimismo existencial coetáneo. Volta a predominar o “eu” nostálxico.
decimonónicos. Estilisticamente salienta o clasicismo formal xunto co ton poético
grave e contemplativo.

Importancia de Cabanillas na historia da literatura galega


Cabanillas é o escritor galego máis importante do período que, a cabalo
entre os séculos XIX e XX, vai desde o Rexurdimento ata a xeración Nós.
A súa figura literaria aparece vinculada aos principais acontecementos
históricos e culturais do primeiro tercio do século XX (agrarismo,
nacionalismo, Seminario de estudos Galegos ...).

Poeta máis que notable, a súa obra supón a asimilación dos modelos
poéticos do dezanove galego e a súa superación histórica, mercé á
incorporación dalgunhas das correntes renovadoras do discurso literario
occidental (modernismo, prerrafaelismo, saudosismo ...). A súa
competencia técnica permitiulle saír airoso das diversas empresas literarias
que afrontou, gozando como poucos do éxito e do recoñecemento público.

A figura de Cabanillas ten sido tamén obxecto de utilizacións ideolóxicas


interesadas. Se antes da guerra foi o símbolo do nacionalismo conservador
inspirado por Risco; nos últimos anos da súa vida e no momento da súa
morte o mundo oficial apropiouse da súa obra. Así, destacáronse del
aqueles aspectos menos comprometidos, máis inocuos: poeta da aldea, da
saudade, humilde de espírito e corazón, de fortes sentimentos relixiosos ...

Foi ademais unha personalidade de ampla proxección social; bandeira


poética do nacionalismo antes da guerra, converterase, xunto con Otero
Pedrayo, en punto de referencia obrigado para os escritores galegos que
comezan o seu labor a partir dos anos 50.

3. A poesía na época Nós


 A Época Nós
Arredor da revista Nós xirou todo un movemento cultural e de creación de
conciencia galeguista que tiña entre os seus obxectivos básicos a
rexeneración da cultura galega e a súa incorporación, sen intermediarios e
en pé de igualdade, ao ámbito europeo contemporáneo. Nesta etapa a
literatura galega acada uns niveis de calidade e producción –sobre todo na
prosa narrativa mais tamén na poesía, no teatro e no ensaio– que son
indicio inequivoco do estadio de madurez a que ten chegado.

Ademais de servir como medio de expresión á xeración literaria


homónima, a revista Nós foi unha referencia e un punto de converxencia
para toda a intelectualidade galega de preguerra; tanto para as xeracións
máis vellas como para as máis novas. De aí que, seguindo ao profesor
Anxo Tarrío, se utilice neste manual a denominación xeral de época Nós
para aludir ao período que vai desde 1916 ata 1936. Algúns estudiosos da
nosa literatura consideran que se trata verdadeiramente dun Segundo
Rexurdimento.
3.1. Grupos, tendencias poéticas, escolas e autores.
“Os grupos xeracionais que se suceden en Galicia durante o século XX,
até o ano 1936, gravitan sobre a Xeración Nós. De certo, a masa da
Xeración Nós é tan poderosa que atrae para o seu centro tanto as figuras
de “Antre Dous Séculos” como as da Xeración de 1925.”
X. L. Méndez Ferrín.

Na época Nós inclúense:

 A Xeración Nós propiamente dita (Risco, Otero, Cuevillas, ...).


Formada polos escritores nados na década dos oitenta do século XIX

 A obra poética dos autores da Xeración de 1925 (Manuel Antonio,


Baixo a denominación Xera- Amado Carballo, Fermín Bouza Brey, Eduardo Blanco Amor ...).
ción de 1925 intégranse dous
grupos segundo a clasificación
Constituída, segundo Ferrín, polos autores nados entre 1895 e 1909.
que fai Carballo Calero:
 Os Novecentistas (nados  Parte da obra dalgún representante da Xeración de 1936 (Aquilino
arredor do 1900). Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro). Configurada polos escritores e as
 A segunda promoción dos escritoras nadas entre 1910 e 1920.
escritores dos Tempos do
Seminario [de Estudos
Galegos] (nados arredor Por outra banda, tamén os escritores chamados de “Antre dous séculos”
de 1910). estenden o seu labor creativo ao longo desta época.

Sen desdeñar o labor poético dalgúns autores da Xeración Nós,


fundamentalmente o de Xohan Vicente Viqueira –o primeiro poeta
neotrobadoresco, que fai presaxiar a Bouza Brey e a Amado Carballo– e o
de Ramón Otero Pedrayo –autor dun único libro de poemas titulado
Bocarribeira–, a achega poética máis importante desta etapa ha ser a dos
autores nacidos entre 1895 e 1909, isto é, a Xeración de 1925. A cohesión
do grupo vén determinada pola súa participación en tres iniciativas
comúns: O Seminario de Estudos Galegos no eido da investigación, o
Partido Galeguista no eido social e a revista Ronsel no artístico e literario.
Ilustración: capa da revista
A revista Ronsel serviu como
medio de expresión aos poetas Os poetas desta xeración –en certa medida baixo a guía dos mestres da
da Xeración do 25, sobre todo Xeración Nós, singularmente de Risco– van efectuar a modernización da
ao sector lugués: Pimentel, lírica galega mediante a superación dos moldes decimonónicos e a
Correa Calderón, Anxel incorporación das correntes vangardistas, que axitaban o mundo artístico
Johan ...
contemporáneo. Neste labor destacan entre outros Luís Pimentel, Amado
Carballo, Fermín Bouza Brey e, sobre todo, Manuel Antonio.

 As liñas e as escolas poéticas


O profesor e crítico literario Arcadio López Casanova distingue catro liñas
poéticas que tentan renovar o panorama da poesía galega da época:
 Impresionista.
 Simbolizante.
 Esteticista.
 Vangarda pura.

Desas catro liñas, a última –Vangarda pura– non pasa de deixar algunha
mostra que imita de maneira mecánica fórmulas experimentadas noutras
literaturas. A ela corresponden algúns textos de Euxenio Montes (Vigo,
1897-Madrid, 1982; autor de Versos de a tres cás o neto) e de Manuel
Luís Acuña (Trives, 1900-Ourense, 1975; autor de Fírgoas).
Vangardas: correntes de Á liña simbolizante, baseada na utilización recorrente de símbolos que
renovación artística e literaria transmiten valores de índole espiritual, pertencen De catro a catro e algúns
desenvolvidas nas primeiras
décadas do século XX que se poemas de Luís Pimentel.
propoñen romper coas
convencións estéticas vixentes. A liña estetizante caracterízase pola demorada e reflexiva investigación
Difundíanse mediante mani- sobre os códigos poéticos. Atopará a principal achega no exquisito
festos nos que daban a coñecer
o seu ideal estético. Entre esas
intimismo radical de Luís Pimentel.
correntes ou ‘ismos’ cómpre
mencionar os seguintes: A liña impresionista, na que a forza das sensacións reflectidas a través das
 Futurismo. imaxes poéticas é fundamental, acadou notable éxito mercé ao labor de
 Expresionismo. Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) e os seguidores da escola
 Dadaísmo. imaxinista, hilozoísta ou animista que o pontevedrés inaugura na
 Cubismo.
 Surrealismo.
literatura galega (Xulio Sigüenza, Euxenio Montes ...).
 Creacionismo.
 Imaxinismo. O hilozoísmo será a tendencia poética renovadora que acadará maior eco
Por riba das diferencias de na literatura galega da época; probablemente porque se axustaba ben á
escola todos eles presentan uns tradicional liña paisaxística –cultivada polos autores do XIX e tamén polos
trazos comúns:
de “Antre Dous Séculos”– e asemade introducía o recurso sistemático á
 Antisentimentalismo.
 Deshumanización. imaxe poética humanizadora, que proporcionaba un aire novidoso e
 Busqueda da arte pura. peculiar, como trazo distintivo da escola xunto coas formas rítmicas
 Uso poético do cotián. sinxelas e populares.
 Renovación da linguaxe.
 Total liberdade creativa. Por outra banda, atópanse outras tendencias menos renovadoras, aínda que
poidan resultar novidosas dentro da nosa literatura:

 O clasicismo ou neovirxilianismo; cultivado por autores da xeración


de 1925 como Xosé María Crecente Vega (Castro de Rei, 1896-
Segovia, 1948) ou autores de tránsito entre a xeración de 1925 e a de
1936 como Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín, 1909-Santiago, 1961).
En Galicia esta escola medra a miúdo como unha derivación do
paisaxismo ruralista, sobre todo na obra de Crecente Vega. O
clasicismo é unha tendencia que se desenvolverá na posguerra e
coincide cunha liña semellante na poesía en castelán (Leopoldo
Panero, Luis Rosales ...).

 O neotrobadorismo. Nalgún tempo foi considerado como a máis


orixinal achega vangardista da literatura galega; Arcadio López
O neotrobadorismo foi creado Casanova inclúe esta escola dentro da liña renovadora de carácter
por escritores da xeración Nós impresionista, na que tamén atopabamos o hilozoismo. É unha
e da de 1925 (Johán Vicente
Viqueira, Fermín Bouza Brey) corrente xurdida como consecuencia da fascinación que produce no
pero serán os da xeración de ambiente cultural galego a divulgación da nosa lírica medieval, mercé
1936 quen o leven á súa ás edicións dos cancioneiros realizadas polo filólogo portugués José
máxima expresión, sobre todo Joaquim Nunes en 1928 e 1932.
Álvaro Cunqueiro.
Dolores Vilavedra explica ese éxito da lírica medieval “polo feito de
que aparecía como un paradigma sintético dos trazos máis
caracterizadores do ser galego, o lirismo e a saudade, ós que habería
que engadir unha certa forma de humor (evidenciada no cancioneiro
satírico) ou o sentimento da natureza; a especificidade sería tal que
chegaría mesmo a desenvolver un xénero exclusivamente autóctono
como a cantiga de amigo. Deste xeito, cómpre ver no
neotrobadorismo, ademais dun modelo estético e formal, un esforzo
de recuperación dos valores máis orixinais, máis “enxebres” da arte
galega.”
Algúns poetas galegos tentarán reproducir, recuperar, reelaborar ou
actualizar os modelos estéticos e formais da escola lírica medieval galego-
portuguesa. En calquera caso, os presupostos sobre os que se desenvolve
esta escola parecen estar bastante lonxe do espirito vangardista,
determinado pola ruptura coa tradición, creación de novos moldes
estéticos, experimentación coa linguaxe, etc.

3.2. Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930).


É o poeta máis interesante e orixinal da literatura galega de preguerra. A
Ilustración: Manuel Antonio súa obra, sen concesións ao lector tradicional, supón a máis acabada e
coherente mostra de actitude creativa vangardista da literatura galega;
debedora –entre outros ‘ismos’– do futurismo, do creacionismo e do
cubismo, transcende os límites do mundo cultural galego contemporáneo e
acada dimensión universal.

Mantivo ao longo da súa breve vida unha actitude crítica e inconformista,


tanto no social como no artístico. Asinou en 1922 –xunto co artista gráfico
Álvaro Cebreiro– o único manifesto vangardista galego da época (Máis
alá), no que, por primeira vez, se verte unha ollada crítica sobre a historia
da nosa literatura desde dentro e cun afán progresivo. É o primeiro escritor
notable que reivindicará o monolingüismo para os escritores galegos.

Vida
Por decisión familiar, para afastalo da tuberculose que sofre o seu pai,
desde os catro anos ata os once reside en Padrón baixo a tutela dun tío
coengo. Durante estes anos vivirá inmerso nun ambiente dominado polo
tradicionalismo ideolóxico. Continuará a súa educación en Santiago, como
alumno dun instituto, e en Vigo, onde estudiará Náutica desde 1919 ata
1923. Nesta etapa comeza a decantarse ideoloxicamente cara o
republicanismo galeguista e principia o seu labor poético. Mantén unha
interesante relación epistolar con Dieste, Castelao e Risco; o mestre
ourensán informarao sobre os diversos ismos que estaban a xurdir daquela
en Europa e tentará orientar o seu labor creativo. Manuel Antonio é en boa
medida autodidacta; lector ávido e inquedo, recibe prensa especializada en
arte e literatura de Galicia, de España e mesmo do estranxeiro.

Rematada a súa formación náutica, cursou en Santiago estudios de


Filosofía e Letras, que non chegou a concluír. Entre 1926 e 1927 embarca
no paquebote Constantino Candeira como piloto en prácticas. Durante a
singradura xestará o seu libro de poemas máis coñecido e o único que
chegou a ver publicado en vida: De catro a catro (1928). Aínda fará
algunhas travesías máis, pero en 1929 desembarca en Cádiz moi enfermo
de tuberculose, doenza da que morre en 1930.

Obra
No xa citado Diccionario da literatura galega (I) da editorial Galaxia
pódese ler, a propósito do legado literario de Manuel Antonio, o seguinte:

“En toda a súa obra domina a constante preocupación pola lingua e polo
nacionalismo. Consciente da singularidade do sistema cultural galego,
que estivera tanto tempo á marxe dos avances estéticos das grandes
literaturas e caera na exaltación do enxebrismo, decídese polo labor de
depuración da lingua na procura dun rexistro literario culto. Por outra
parte, lonxe de escoller o discurso de tese, no que prima o contido (como
o feito polos ruralistas e os seguidores da liña patriarquista de
Cabanillas), prefire o discurso estético no que o compromiso ideolóxico
queda patente na aposta do escritor polo monolingüismo (ata o momento,
os escritores galegos eran intencionadamente bilingües).

Aínda que a maior parte da súa obra non verá a luz ata 1972, os primeiros
poemarios que compuxo datan de 1920-22 (Con anacos do meu interior)
e de 1922-25 (Foulas). Neles combínanse os elementos tradicionais
(métrica, rima, tropos ...) con outros máis novidosos (uso expresivo dos
recursos tipográficos, caligramas ...), que son proba da asimilación dos
Ilustración procesos creativos e da estética vangardistas que estaba realizando o poeta.
Caligrama: Poema icónico no
que a disposición tipográfica
tenta representar o contido do En 1923 escribe un poema longo de carácter narrativo titulado Sempre e
poema. Toma o nome da obra mais dispois que se pode incluír dentro da liña paisaxística tradicional.
Calligrammes (1918) do poeta Esta obra e as dúas anteriores corresponden a un primerio período de
vangardista francés Guillaume formación e aprendizaxe do poeta.
Apollinaire (1880-1918).

Con De catro a catro (1928) acada o seu cume creativo. Estas Follas sen
data dun diario de abordo –como aparece subtitulado– pasaron bastante
inadvertidas para a crítica contemporánea malia (ou por mor de) a súa
modernidade e o insólito que resultaba no panorama da poesía galega da
época unha obra destas características:
 Sen a penas referencias explícitas a Galicia.
 De difícil lectura e escura interpretación.
 Con certa tendencia á abstracción.
 Afastada das estructuras rítmicas tradicionais.
 Posuidora dun sorprendente sistema de imaxes poéticas.
 Construída sobre un modelo culto de lingua supradialectal.
 Cun léxico inzado de termos específicos da navegación.

A obra dá pé a multiples lecturas; desde a máis superficial, que a ve como


a simple evocación poética dunha travesía marítima concreta, localizable
biograficamente na vida do autor, ata outras interpretacións de índole
filosófica, metafísica, simbólica, metaliteraria ... Para Arcadio López
Casanova De catro a catro enmárcase dentro da liña simbolizante,
debedora do creacionismo.

Consta de 19 poemas e está concibida como o diario dunha travesía, desde


o momento en que o barco se fai ao mar (“Intencións”) ata que retorna ao
punto de partida (“Adeus”). Polo medio atópanse dous poemas nos que o
navío toca terra (“Recalada” e “Navy bar”) nun porto intermedio.

Desde o primeiro poema Manuel Antonio vai ofrecendo unha visión do


mar e da travesía, do barco e do ceo –sobre todo nocturno– que deveñen en
alegorías da realidade, da existencia, do ser e do coñecemento do mundo.
Vai contruíndo un tecido simbólico e un sistema de imaxes visionarias –en
moitos casos de xinea creacionista mais onde tamén é perceptible a
influencia doutros ismos– resultantes dun depurado proceso de maduración
estética que converten o poemario nunha verdadeira obra mestra da
literatura galega contemporánea, expoñente da etapa máis brillante do
poeta de Rianxo.

Viladomar (1928) marca unha terceira e definitiva etapa creativa na que


Manuel Antonio recupera a forma e o ton tradicionais das súas primeiras
obras.

Ademais de na súa obra poética, Manuel Antonio desenvolveu a súa idea


da arte literaria en dous textos en prosa:
 Máis alá (1922), asinado xunto con Álvaro Cebreiro. Trátase dun
provocativo manifesto estético e ideolóxico no que predomina a crítica
ao establecido, dentro do mundo cultural galego, sobre a proposta
concreta de alternativas.
 Prólogo a un libro e poemas que ninguén escribeu (1924). Neste
breve texto, publicado o día da festa nacional no periódico Galicia,
expón de maneira máis clara e positiva as súas intencións, as súas
influencias e as súas ideas sobre o que debe ser a arte literaria; sen
abandonar o ton crítico e irónico característicos da súa visión acerca da
realidade contemporánea.

Importancia de Manuel Antonio na historia literatura galega


A obra de Manuel Antonio foi singular dentro do panorama literario
galego. Non creou escola, os seus principios estéticos tiveron escasa
repercusión entre os seus contemporáneos e pódese dicir que morreron con
el. O propio autor era consciente do avanzado da súa proposta dentro dun
ambiente tan dominado pola tradición como era o da cultura galega. Iso a
pesar de que a tradición literaria galega se reducía, basicamente, aos
autores do XIX.

Sen embargo, as novas xeracións poéticas xurdidas a fins dos anos setenta
verán en Manuel Antonio o modelo a seguir, tanto polo seu inconformismo
e radicalismo estético e ideolóxico, como polo seu afán de superación e a
constante búsqueda e experimentación coa lingua literaria, así como tamén
pola integridade e autenticidade da súa actitude artística e cívica.

Hoxe en día o poeta de Rianxo é un dos máis celebrados pola crítica e un


dos que máis ten influído sobre a obra de certos poetas contemporáneos; se
non tanto nas formas, si no espírito indócil e pouco acomodaticio das súas
propostas. Manuel Antonio representa a vangarda histórica dentro da
literatura galega; un esforzo serio por superar a situación de
subdesenvolvemento cultural da que adoece o noso país. A súa obra
demanda un lector adulto, maduro e que non se desalente diante das
dificultades que cómpre superar para acadar os niveis máis depurados do
goce estético que produce a experiencia inmediata da arte verdadeira.

3.2. Outros autores


Se deixamos de lado a radical proposta de Manuel Antonio, por mor das
peculiaridades históricas do noso país –falta de normalización cultural,
diglosia, ausencia de tradición fóra do século XIX, instrumentalización da
actividade literaria–, en Galicia non atopamos unha actitude vangardista
propiamente dita como a que se atopa noutras literaturas europeas. Sen
embargo, isto non significa que non se deixe sentir a pegada deses
movementos na nosa pintura, na música e, en maior o menor medida,
mesmo nalgúns outros autores da nosa literatura; entre eles sobresaen os
que a continuación se relacionan.

 Fermín Bouza-Brey (Ponteareas, 1901-Santiago, 1973) é o principal


fundador da escola neotrobadoresca e a súa obra Nao senlleira (1933)
Ilustración: retrato do autor o primeiro título importante do neotrobadorismo. Con todo, Bouza-
“Os tres trazos que mellor
caracterizan a poética de
Brey enriquecerá os elementos neotrobadorescos engadindo outros de
Bouza-Brey son o popularismo, carácter popular, así como coa creación de dúas entidades simbólicas
o clasicismo e o formalismo, relevantes: o barco e o mar.
que, xunto coa ausencia dun
ton cómplice e confesional, A segunda obra lírica importante deste autor, Seitura (1955), afástase
subliñan un concepto artificioso
da construcción poética”. xa dos modelos neotrobadoristas nun momento no que a escola
Diccionario da literatura acadara gran fortuna entre os seus contemporáneos. O discurso
galega I. Ed. Galaxia. poético de Bouza-Brey achégase na posguerra ao formalismo
clasicista, que será a tendencia estética predominante nesta obra.
QUEN DERA SER NAO
SENLLEIRA
¡Quén dera ser nao senlleira Como narrador publicou en 1925 Cabalgadas en Salnés, novela de
n-aquel mar non presentido aventuras ambientada na Galicia do XIX que mostra certas
das ja mergulladas terras! resonancias valleinclanescas, tanto nos temas como no estilo.
Sen ceo, sen astros, sen vento,
sempre â toa pol-as ondas Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923;
deitado no esquecimento, realizou traballos de investigación sobre arqueoloxía e estudios sobre
etnografía e folclore, dos que publicou numerosos artigos; tamén
nin andar nin desansdar, practicou a crítica literaria. Licenciado en Dereito, exerceu como xuíz
nin ter outro coido acedo
que leijase ir pol-o mar ...
e impartiu clases na Facultade de Dereito de Santiago; aínda que foi
cesado na carreira xudicial a comezos da década dos cincuenta por
¡Quén dera ser nao senlleira! motivos políticos. Foi membro da Real Academia Galega desde 1941.
Sen fito –estrela nin porto–
¡ser eu a propia ribeira!
 Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927). Creador, dentro da
literatura galega, da escola hilozoísta ou animista (tamén chamada
¡Quén dera ...! imaxinista ou mesmo amadocarballista), correspondente á liña
(Fermín Bouza Brey) definida como impresionista polo profesor López Casanova. Publicou
dous libros de poemas en galego: Proel (1927) e o póstumo O galo
Ilustración: retrato de Amado (1928). A súa obra foi moi celebrada pola crítica contemporánea e
serviu como fonte de inspiración e imitación para moitos outro poetas
galegos coetáneos e posteriores. Sobre ela pódese ler no xa citado
Diccionario da literatura galega I. Autores:

“Con ela comeza o hilozoísmo, unha corrente na que se mesturan


trazos franciscanistas, panteístas e espiritualistas no seu xeito de
achegarse á natureza polo que supón asemade unha prolongación e
unha renovación da sólida tradición poética baseada na paisaxe que
atopamos a principios do século XX, período no que cómpre destacar
a Noriega Varela, quen participa da mema cosmovisión ca amado
Carballo.”

Na poesía de Amado Carballo conxúganse trazos renovadores, como


atrevidas imaxes de xinea vangardista ou afortunadas metáforas moi
A sinestesia, tropo que consiste persoais, xunto con outros máis conservadores, como as sinxelísimas
en unir dúas imaxes ou formas rítmicas tradicionais ou o emprego dunha retórica demasiado
sensacións procedentes de popularizante.
diferentes dominios sensoriais,
é unha das figuras retóricas
máis empregadas por Amado O resultado é unha poesía na que a sensualidade acada unha forza
Carballo: inusitada, onde a natureza aparece animada na medida en que a
presencia humana se esvae tras os elementos da paisaxe, na que se
[...]“Os sinos sachaban
no camposanto
ofrece unha orixinal visión dun mundo próximo á inocencia
terra mollada. primixenia e onde resulta evidente, entre outros, o influxo do lirismo
de Valle-Inclán:
No frío silenzo
Caiu a pedrada “Aladas sombras en la gracia intacta “No ronsel do hourizonte,
Do cadaleito.” [...] brilla o forno
del ocaso, poblaron los senderos, onde tempran seu fío as
alboradas,
y contempló la luna, estupefacta, i engurrúñase a noite nun
salaio
el paso de los blancos mensajeros.” domente vai erguéndose a
luzada.”
(Valle Inclán) (Amado
Carballo)

A influencia deste autor tamén é patente na súa noveliña Os probes de


Deus (1925), publicada na colección “Lar”. En prosa publicara
anteriormente o relato Maliaxe (1922), no volume III da revista
pontevedresa Alborada, da que foi cofundador.

Amado Carballo, membro dunha ilustrada familia conservadora de


Pontevedra, estudiou maxisterio e algún curso de dereito, aínda que
exerceu como xornalista en publicacións periódicas madrileñas e
galegas. En 1925 detéctaselle a tuberculose, que será a causa da súa
prematura morte o ano seguinte.

Ilustración: retrato do autor


A crítica non se pon de acordo  Luis Pimentel (Lugo, 1885-1958). Este autor bilingüe deixou en
á hora de dilucidar en qué
medida Pimentel escribiu esas galego dous poemarios: Triscos (1950) e Sombra do aire na herba
obras orixinalmente en galego (1959, póstumo). Aínda que estes títulos aparecen no período de
ou se o fixo maiormente en posguerra o seu autor pertence á xeración de 1925 –a que leva adiante
castelán, sendo traducidas para a renovación estética da poesía galega baixo o influxo das correntes
o galego polos seus amigos, os
tamén escritores, Celestino
vangardistas–, sendo ademais o único representante notable da mesma
Fernández de la Vega, Ánxel que sobrevive á guerra civil. Da súa experiencia nos tempos da guerra
Fole, Ánxel Johán e Ramón e posguerra quedan algúns vestixios poéticos na súa obra en galego
Piñeiro. (“Forasteiro” en Sombra do aire na herba) e mais algún poema solto
(“Cunetas”).
ECO
Crara voz de espello, A poesía de Pimentel é profundamente lírica e intimista. Por veces
sen sangue nen roupa sitúase esteticamente en postulados moi próximos aos do surrealismo,
cos teus seos fríos, coma o aínda que marcado por certos trazos moi persoais e autóctonos; outras
mirto,
mitade luz, mitade soma.
veces móstrase como un poeta neorromántico e simbolista, case
Nos teus cadrís duros impresionista. Entre as características do seu peculiar estilo cómpre
a lus fría salientar:
de un marfil vivo traes. - Imaxes poéticas tomadas do mundo dos soños.
Do fondal do misterio do - Metáforas visionarias.
bosque
sais espida, - Quebra do discurso lóxico.
cas maos valeiras, - Combinación do delicado e gustoso co anguriante e irracional.
sen alento nen ar. - Presencia constante dos espacios interiores e pechados.
Circia como un lago morto. - Contraste simbólico entre as luces e as sombras.
Crara voz entre follas.
(De Triscos)
- Predominio do verso libre.
- Expresión sinxela e delicada.
INVERNO NA MIÑA
VILA Nouturno
Fino ceo de telaraña O corazón ben o sabía,
cinza de pérola.
Un galo canta, e na frente da noite
flama sobre a neve. a música rompía frores de marfil
As murallas durmen, pra o piano pulido de silencio.
redondas e brandas. Eu pensábache regalar a iauga da noite
Roto o resorte do pobo, pra vestir os teus ombros acaídos.
as voces caen en cabezales ¿I as voceciñas das frores da amendoeira?
de nardos.
Horas sin ferro. ¡Canto medo sobre o tronco negro
Reló de fariña: e canto espía a unha i outra beira do río
neve. contando as estrelas que se queren afogar!
Salirá a lúa, Non sabes que o muíño devolverache máis puro o vidro.
como unha raxa de melón
fría e dulce.
[...]
(De Sombra do aire na herba)

 Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979). Cómpre


Ilustración: retrato do autor
destacar que este gran renovador da narrativa de posguerra publicou en
Neopopularismo: Corrente lírica 1928 o seu primeiro libro de poemas en galego, Romances galegos,
de carácter culto inspirada en nunha liña neopopularista próxima á da “Generación del 27” da
motivos populares. Nace no seo da
“Generación del 27” española.
literatura castelá.

RAID Posteriormente publicou Poema en catro tempos (1931), de ton


Baixo a leira da noite sementada
estrelas a florir.
elexíaco, ambientación mariñeira e arquitectura musical –segundo
Estrondo inevitábel da lúa. Carballo Calero a obra está escrita, “ao xeito dunha sinfonía que
Coitelada remata nunha marcha fúnebre”–. Sen dúbida, este é o seu poemario
de luz pra me ferir.
máis interesante. A crítica literaria contemporánea está descubrindo e
Abren ruta as esquinas, esas facendo xustiza á faceta lírica de Blanco Amor, escurecida pola
proas dimensión da súa narrativa.
fastiadas da cibdá.
Cargamento de pérolas i adoas
pra o porto da mañá. En 1956 publicou Cancioneiro, do que a crítica coincide adoito en
Na encrucillada espallan meus
indicar que non achega nada novo á súa obra poética.
intentos
catro brazos en cruz. A partir dos anos 50, desenvolve en galego unha obra en prosa –
E arrédanse de min os
pensamentos: importantísima dentro da narrativa galega de posguerra– que o han
catro vieiros de luz. converter, probablemente, no máis grande narrador da literatura
galega ata o día de hoxe. (Atoparase información detallada sobre a
Berros xordos, metáforas valeiras
sobre min a chover. vida e obra deste autor na unidade correspondente á narrativa de
E a carón das estrelas tecedeitras posguerra).
sinto o ser e o non ser.

Van polo mouro espello dos


tellados
Rolando horas sin fin.
E neste raid aos soles apartados
fuxo soio, sin min.
(De Romances galegos)
ESCOLMA DE TEXTOS
RAMÓN Texto 2: No desterro Texto 3: No desterro
SAVONAROLA No máis fondo, no máis fondo
CABANILLAS Na praza que o Palazzo Vechio lévote dentro de min:
Texto 1: No desterro cerra, Entrache un día xogando,
A PRINCESA ROIBA... ante a forca do frade frorentino, por sempre quedache alí.
Reza un merlo no souto cambeado o pobo do Duomo,
frorido de cereixos indino Xa o sabes. ¡Crava o puñal
relixioso ofertorio seus fanatismos embruxado berra. sin ter compasión de min,
duns místicos amores. Esquencendo o saqueo de pero non o enterres moito
Pasa un vento de bicos Volterra, porque te podes ferir!
que vai buscando beixos, na fogueira que encende Texto 6: Da terra asoballada
como enxame de abellas Ramolino ¡EN PÉ!
que vai buscando frores. ó arroxar o cadavre, é asasino ¡Irmáns! En pé sereos,
das libertades da sua propia terra. a limpa frente erguida,
Fio a fio debulla O Cristo da Edá Media foi envoltos na brancura
sua madeixa a fonte queimado. da luz que cai de riba,
barbullando chorosa A negra intransixencia do Papado o corazón aberto
o verso lexendario a toda verba amiga,
as súas cinzas sobre o Arno
do Paxe de Castelo e nunha man a fouce
aventa. e noutra man a oliva,
aforcado na Ponte Mais quedounos altísimo arredor da bandeira azul e branca,
e da Reina encantada tesouro arredor da bandeira da Galicia,
no Pazo solitario. nesta frase en que o esprito seu cantémo-lo dereito
alenta: a libre nova vida!
Nas follas dos salgueiros “Cálices de madeira e Bispos de
pelexas e chilidos. ouro.” Validos de treidores
Un trasno luxurioso a noite da Frouseira
–––––––––––––––––––––
estala en gargalladas á patria escravizaron
Texto 5: Da terra asoballada uns reises de Castela.
ollando, sobre o espello O CARBALLO Comestas polo tempo,
das augas, os despidos Cando soio, ó serán, vou paseniño xa afloxan as cadeas ...
corpos, cristal e neve, cara ó fogar, de volta do traballo, ¡irmáns asoballados
dun fato de driadas. sempre detén meus ollos un de xentes estranxeiras,
carballo ergámo-la bandeira azul e branca!
Nos cálices das rosas ergueito nun mallón, sobre o ¡E ó pé da enseña da nazón galega
hai comunión de orballo. camiño. cantémo-lo dereito
Mentras no rexio alcázar a libertar a Terra!
xunta ó baleiro trono Lanzal o tronco, as ponlas ¡Irmáns no amor á Suevia
por ela espera a corte, alongadas, de lexendaria historia,
á sombra dun carballo o follaxe en dosel, forte, senlleiro, ¡en pé! ¡en pé dispostos
texe a princesa roiba ten a medosa traza dun guerreiro a non morrer sin loita!
un encaixe de Ensono. vixiante de castros e valgadas. ¡O día do Medulio
––––––––––––––––––– con sangre quente e roxa
Texto 4: Vento mareiro Ó chegar ó pé del na atardecida, mercámo-lo dereito
POMBAS FERIDAS da lexendaria edade saudoso, a libre, honrada chouza!
XI ¡Xa está ó vento a bandeira azul e
quixérao ver cadeira frorecida
A roseira do recordo branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
ten as rosiñas a centos; dun rei celta, barbudo, fazañoso, berremos alto e forte:
ni-as pode queimar o sol ou soleada, verdecente ermida “¡A nosa terra é nosa!”
ni-as pode arrincar o vento: dun santiño aldeán e miragroso. ––––––––––––––––––––––––––
frorece cando se quere –––––––––––––––––––––– Texto 10: Versos de alleas terras
e dalle o delor recendo. Texto 7: Na noite estrelecida e de tempos idos.
––––––––––––––––––––––––– A ESPADA ESCALIBOR Sentirás un bater seco, inquedante,
Texto 8: Na noite estrelecida (fragmento) si pós a man enriba do meu peito:
O SONO DO REI ARTUR É o pobo que, levado das iras do Destiño, é un carpinteiro que non fondo,
(fragmento) seguindo o rumbo fúlxido do sol no seu arfante,
Os vellos servidores e os nobre fazañosos camiño, labra meu cadaleito.
escoitan ó Rei santo trementes e chorosos tramontando da Europa as fragorosas
e un sopro de misterio de iñorada serras,
Bate que bate, con tenzón avesa,
fragancia dende os castros azúes e as verdecentes
terras non o podo aturar nin repelir ...
bica as frentes reiales, revoando na
estancia. das fontes do Danubio, inquedado, ¡Acaba, carpinteiro, acaba apresa
¡Galahaz, docemente, diante o Rei axoella esitante, e déixame durmir!
e lle amostra dos ollos a esmeralda onde atravesou a canle do bravo mar de Atlante ( Versión galega dun poema de Heine)
espella e arribóu ós rochedos que o misterioso –––––––––––––––––––––––––
crara, fúlxida, viva, con ardor de luceiro, druida
a visión miragrosa do día do Cebreiro: siñalara por lindes da terra prometida,
o caliz que lampexa fulgor de eternidade da terra en que repousa afiando as espadas Texto 13: De catro a catro
e a pomba renascente da diviña Saudade! para as novas, bariles e sangrentas NAVY BAR
–––––––––––––––––––––––––– xornadas; Este bar ten balances
que os gaélicos bardos das arpas e tamén está listo
MANUEL ANTONIO armoñosas pra se facer á vela
Texto 11: De catro a catro xa anunciaron os tempos das loitas
TRAVESÍA fazañosas.
¡Enchéronnos o vaso
Troqueles reiterados ––––––––––––––––––––––––– con toda a auga do Mar
o reloxe e o Sol Texto 9: A rosa de cen follas pra compor un cocktail de horizontes
alcuñaron moedas efímeras III
que repetían todas Naceume unha fror no peito, Pendurados das horas
a mesma cara e a mesma cruz no furo sombrizo e estreito atlas xeográficos d’esperantos
crece que dá groria ver. están sin traducción
A costa e o Mar E tatexan as pipas
escamotearon unánimes dorsos co ademán políglota das bandeiras
permutadores da mesma É bermella. ¡Foi tinguida
lonxincua evasión polo sangue da ferida,
Ese cantar improvisado
que rachou para nacer! é o mesmo
Temos un estrangoado diagrama –––––––––––––––––––––––––- que xa se improvisou nalgures
repasado por tódolos nobelos do
horizonte Texto 12: De catro a catro ¿Quen chegou avisándonos
que viraron a proa e a Rosa dos SÓS desa cita noiturna que temos
Ventos Fomos ficando sós co vento ao NE
o Mar o barco e mais nós na encrucillada das estrelas apagadas?
Na fasquía dos barcos anónimos
postos a flote pola madrugada ¡Eiquí bebe de incónito
estraviados no roteiro do serán Roubáronnos o Sol
o Mariñeiro Desconecido
persistiron sempre O paquebote esmaltado –sin xeografía nin literatura–
a mesma foula e o mesmo ronsel que cosía con liñas de fume A noite dos naufraxos
áxiles cadros sin marco co seu brazo salvavidas
Ese intertroque de radiogramas aferrará connosco unha vela de
que reeditaron os faros e as estrelas Roubáronnos o vento chuvascos
dounos a multiplicación monótona Aquel veleiro que se evadeu
das mesmas letras do mesmo morse O vaso derradeiro
pola corda floxa do horizonte
estaba cheo de despedidas
¿Foi a derradeira rafega de vento
quen nos desfollou de tódalas Este oucéano desatracou das Polas rúas dispersas
lembranzas? costas íbamonos fechando
e os ventos da Roseta cada un dentro da súa alta mar
O Mundo ourentáronse ao esquenzo
que xa non sabe As nosas soedades No repouso dalgún vaso
máis que repetir unha volta consabida veñen de tan lonxe tódalas noites naufraga o Bar.
rachou clandestinamente
como as horas do reloxe
as follas imprevistas dos almanaques 
Pero tamén sabemos a maniobra
Espellaban
Cas nosas mans suicidas dos navíos que fondean escorregando
espallaremos no carroussel dos a sotavento dunha singladura as rúas
ventos e o espanto das lúas
os catro puntos cardinaes No cuadrante estantío das dos escaparates
Mentras o timoel a ringleira de faroes que se ría
estrelas coma unha sucesión de disparates.
arrumbará proa a Ningures ficou parada esta hora: Un paraugas noctámbulo
O cadavre do Mar esquivábase
Repetirémo-los cansos corazóns no anónimo da rúa transversal.
fixo do barco un cadaleito
cronometrando monotonías un reloxo pasivo
Espreguizábase
Nas velas indecisas Fume de pipa Saudade cunha voz estraña do Ben e do Mal.
follea o vento dun indelébel Noite Silenzo Frío O rectilíneo rañaceos
álbum de leitmotivs E ficamos nós sós até se convenceu da mansedume
espiritual
sin o Mar e sin o barco do budista chover
O minuteiro nós. e o hermetismo foi sentimentoso.
(tic tac) Dos carrís esquencidos do tranvía
asumeu o compás das travesías  non se sabe o desexo misterioso
––––––––––––––––––––––––– Mentras sonea a mareta
no paralelo rego que fuxían.
Texto 14: De catro a catro Foi unha absolución
vai folleando no libro das velas o rumorexo longo e bo da auga
AO REVERSO DA NOITE da salvaxe soberba diaria
do mastodonte camión.
Loceiros degolados Irredentos velamios eshaustos Eu vinte
desángranse de ouro no Mar resiñados a pendurar da cidade convulsa 
cruz anestesiada unha noite que choveu
De par de nós 
a Lúa Estrelas inconscentes Semellábaste menos allea
fai ronseles infecundos mecanizan o ouseso tictac menos vulgarenta
 e menos ...
Que sei
––––––––––––––––––––––––––– A auga toda dos oucéanos Eu!
Texto 16: Máis alá (extracto) ensumeuse nunha bágoa Suxerencia dos gatos
I que fan do día unha vulgaridade
O XESTO e de noite
[...] Nós tencionamos tan só facer unha E o pano branco do novo día nos ollos fogos-fatos
protesta forte, densa e implacábel contra enxugará os ollos do ceo. nas siluetas de excentricidade
os vellos. –––––––––––––––––––––––- e nos choros de gaita diluída
Os vellos non son os que escribiron hai van sinfonizando a vida.
moitos anos –aqueles son os devanceiros–.
Texto 15: Con anácos do meu
Eu vinte
Os vellos son os que escriben hoxe como interior cidade convulsa
se vivisen no antonte dos séculos. [...] XI anestesiada unha noite:
LIRIDADE NOCTÁMBULA Chovía
A NOSA RAZÓN EU vinte no sedento da miña repulsa
[...] Tida en conta a importancia cidade convulsa e no sedento ermo do teu día.
primordial que a Arte ten nos anestesiada unha noite:
rexurdimentos raciais (miudean os chovía. –––––––––––––-–––––––––––––
movementos nacionalistas que comezan 
polo arredismo artístico ) chegaremos a LUÍS AMADO
coidar se non fracasado polo menos de
remota eficacia o actual movemento Texto 17: Prólogo dun libro de CARBALLO
rexurdente na Galicia se non se consegue poemas que ninguén escribeu Texto 19: Proel
un troco radical no aspecto da nosa (extracto) SOL-POR
Literatura. Porque é pretender andar cos
pes atados o tratar de libertarnos dos Acorado e roibo
[...] O autor diste libro, [...] fixo da durmíase o día,
trabamentos externos sen facer antes o
súa independenza un sagro fanatismo,
mesmo coa podredume interior. [...] coa testa deitada
[...].
no colo da ría
O RURALISMO
Os nosos poetas, desde os precursores até Ten, ademais, o seu arte resoancias
os seus herdeiros actuais, non serviron futuristas, creacionistas, dadaistas e As campás beatas
máis que para embrutecer o nosos non sei que máis, todas elas no ceo bulían
sentimento. Esta verdade, espallada ós anarquicamente escolmadas e rezando rosarios
catrro ventos, sería o verdadiro comezo da
autocriticamente peneiradas. El di, a á Virxe María.
loita xeral galeguista. [...]
pesar disto, que o seu arte é maís
OS DEVANCEIROS racial que moitos dos que campan Bogando nas nubens
[...] Nós non admiramos a ninguén nin nos arrentes do noso chan por mor de ver cara ó ceo ían
coidamos inferiores a ninguén. [...] na estética do pobo o esprito e non a
O herdo dos devanceiros redúcese pois a letra [...]. envoltas nos ouros
un exemplo de vontade e patriotismo, do sol que morría.
espido de toda eficacia literaria como non Botouse o traballo de facer un molde
sexa pola reacción que produce o Pol-o mar, as velas
propio pra o seu lirismo, sin reparar
desagrado.
no celeiro de moldes feitos que nos eran folerpiñas,
III deixaron os inesquencentes que da lúa aberta
NÓS Precursores. [...] nas ágoas caíran.
[...] A nosa rota, nos primeiros pasos, [...] Pensa que someter o arte ás
quere tan só coñecer por onde non necesidades da vida en troques de
debemos ir: tódolos outros camiños poden someter a vida ás necesidades do arte,
Da veira do río
ser nosos. é a forma máis engullosa do chegaban cantigas,
A Novidade que enxerguemos é tan só un choutando nas leiras
filisteísmo.
arredamento, unha liberación do pasado
O ritmo dos seus versos non se pode molladas de risas.
sen a definición do seu resultado: isto é
arbitrariamente persoal. [...] levar cos pés no piso, nin cos cotelos
sobre a táboa; i el quixera facelos Preto do hourizonte
A FALA decote de tal xeito que non puderan estrelas obrizas
Tamén nós temos, aínda que noutra orde ser decramados nin adeprendidos de
os nosos imperativos, e comezamos pola
frotaban os ollos
memoria. [...]
máis agresiva intransixencia na Fala. [...] tirando a perguiza.
Inútiles como pasatempo, requiren
DESBOTANDO E bicando os lonxes
[...] Renegamos dos temas obrigados. É certa colaboración auditiva [...]
vergoñento falar da escravitude da Terra,
as foulas ispidas
mentres non se teña feito todo o que A sua única páxina romántica é o o alén nevaban
cómpre por anulala. [...] a literatura suicidio do seu sentimentalismo. [...] de limpas surrisas.
paisaxística ó xeito de fotografía
iluminada con notas de turista burgués, é a Mais, ó paso que levamos, poida que
Un outo aturuxo
maior carniza da nosa paisaxe, que aínda teñarazón en coidar que o seu libro
agarda a sensibilidade complexa do noso voando fuxía.
está máis alá de tres xeneraciós.
tempo para ser interpretada. [...] E os bosques lonxanos
noite revertían.
INDIVIDUALISMO
Consagramos a individualidade até o
FERMÍN BOUZA ––––––––––––––––––––––––––
extremo de desexar que a definición de BREY
cada un de nós sexa unha palabra: o seu
propio nome.
Texto18: Nao senlleira
GÁNDARA
N-aquel biduído dos bidos louzanos
–––––––––––––––––––––––– o páxaro Sol non pía seus raios,
e morre de amor.

N-aquel biduído dos lanzales bidos


o páxaro Sol non criba seus píos
e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus


raios
e albean de frío os albres delgados
e morren de amor.

¡Non ceiba seus raios, non tece seus fíos


e albres e mámoas albean de frío
ca poldra que morde no mato cativo.
––––––––––––––––––––––––––––––––––

ACTIVIDADES
1. Elabora un esquema onde recollas o máis salientable da información histórica
proporcionada na unidade, relativa ao período que abarca a última década do século
XIX e o primeiro tercio do século XX. Posteriormente, amplía algún dos seus
apartados (por exemplo, os alusivos á emigración e ao movemento obreiro) coa
axuda dun manual de Historia ou unha enciclopedia.

2. Escolle un dos temas seguintes para un traballo de documentación e exposición oral:


a) A Real Academia Galega.
b) A Revista Nós.
c) O Seminario de Estudos Galegos.

3. Debate: o(s) nacionalismo(s).

4. Tanto os textos literarios que se inclúen na lección como os que conforman a


escolma do final da unidade deben ser lidos con atención e en voz alta –sobre todo
se se trata de poemas–. Todos eles son susceptibles dunha análise e dun comentario
lingüístico nos que se resolvan, coa axuda do profesor e dun bo diccionario, as
dificultades de comprensión e se salienten aqueles aspectos nos que o texto se afaste
do que hoxe sería de uso común ou normativamente correcto.

5. Le con atención os poemas de Noriega Varela que se inclúen na lección. Localiza os


diminutivos que neles aparecen e tenta facer un comentario sobre o valor formal e
de significado que o autor obtén dese recurso, tan característico do seu estilo.
6. Indica qué semellanzas de tema e de expresión atopas nos textos de Noriega que
acabas de ler.

7. Resume e comenta a mensaxe que transmite o poema de Ramón Cabanillas titulado


“ACCIÓN GALLEGA” HINO incluído na lección. Non esquezas ubicalo no
momento histórico no que foi escrito.

8. O texto 1 da escolma –A PRINCESA ROIBA , de Cabanillas– acusa a influencia do


modernismo reflectida no gusto polo exótico, a sensualidade, o erotismo, a
musicalidade e a procura da beleza ou esteticismo. Elabora un breve relato tomando
como punto de partida o tema do poema.

9. No texto 2 da escolma poetízase un acontecemento histórico. Procura información


sobre o mesmo e sinala qué intención coidas que move ao autor a escoller ese tema.

10. En Cabanillas atopamos ecos dos tres grandes poetas do Rexurdimento. Tenta atopar
a influencia de Rosalía, Curros e Pondal nos textos do cambadés incluídos na
escolma da unidade.

11. A temática artúrica –a materia de Bretaña– constitúe un dos ciclos literarios


europeos que máis interese e cultivo ten acadado na nosa terra en diferentes
momentos históricos, desde a Idade Media ata a actualidade: narrativa medieval,
Cabanillas, Cunqueiro, Ferrín ... Pescudade e elaborade un traballo en grupo sobre
ese particular prestando especial atención á versión que dela fai Cabanillas.

12. Recolle nun resumo esquemático a información máis importante que se ofrece no
apartado 3.1. –Grupos, tendencias poéticas, escolas e autores– da lección
correspondente a esta unidade.

13. Indica os elementos tradicionais e os elementos modernos que se poden atopar na


poesía de Manuel Antonio tomando como referencia algúns dos textos da escolma.

14. Realiza un comentario interpretativo sobre o contido dos textos 12 e 13 da escolma


–SÓS e NAVY BAR–.

15. O texto 14 –AO REVERSO DA NOITE– susténtase sobre un serie de atrevidas


imaxes poéticas de carácter vangardista (creacionistas). Trata de interpretalas e
explicalas.

16. Analiza formal e estilisticamente o texto 15 –LIRIDADE NOCTÁMBULA–.

17. Nos textos 16 e 17 da escolma atópanse algunhas das ideas e das aspiracións
estéticas de Manuel Antonio; unhas expresadas en negativo –o que rexeita–, e outras
en positivo –o que pretende–. Tenta entresacalas e clasificalas separadamente en
dúas columnas: qúe quere / qué non quere.

18. ¿Qué arela expresa o texto de Fermín Bouza Brey titulado QUEN DERA SER NAO
SENLEIRA, que se inclúe na unidade?
19. Sinala os elementos trobadorescos e os elementos modernos que se atopan no texto
18 da escolma –GÁNDARA–, obra de Bouza Brey.

20. O recurso sistemático á imaxe poética humanizadora da natureza e a desaparición do


ser humano na paisaxe son dous dos trazos que mellor definen a concepción
hilozoísta da poesía. Observa e indica en qué medida se verifica o que se acaba de
afirmar no texto 19 da escolma –SOL-POR, de Luís Amado Carballo–.

21. Realiza un breve comentario interpretativo sobre algún dos poemas de Luís
Pimentel incluídos na lección –ECO ou INVERNO NA MIÑA VILA–

22. Compara e comenta as diferentes visións poéticas da lúa que se dan nos textos
INVERNO NA MIÑA VILA, de Luís Pimentel, e RAID, de Eduardo Blanco Amor.
Ambos incluídos na lección.

TEORÍA LITERARIA
O TEXTO NARRATIVO. A NOVELA

A novela (do italiano novella e este do latín nova: noticia) é un dos As primeiras mostras de novela
en Europa prodúcense en Grecia
xéneros literarios de aparición máis tardía e de máis difícil e Roma nos séculos I-II. Dafne e
definición debido, fundamentalmente, á enorme diversidade de Cloe , de Longo e o Satiricón, de
modelos que pode presentar. Petronio son algunhas obras
relevantes desta primeira época.

En calquera caso, unha novela é unha narración extensa en prosa


dunha historia ficticia. Esta historia desenvólvese nunhas
coordenadas espacio-temporais máis ou menos determinadas e nela
participan uns personaxes.

Así mesmo, a novela pode tomar elementos doutros xéneros, como


por exemplo o diálogo -máis propio do teatro-, a subxectividade
-máis característica da poesía-, a reflexión filosófica -propia do
ensaio-, etc.

ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS
- Existencia dunha gran diversidade de modelos (xénero
multiforme). Poñer portada de Maxina ou a
filla espúrea.
- Carácter aberto (caben todo tipo de elementos dentro: cartas, Poñer portada de Xente ao lonxe,
---------------------------------------
documentos, diálogos, poemas, reflexións, etc.). de
Maxina ou Amor.
E. Blanco a filla espúrea,
---------------------------------------
- Certa extensión. escrita por Marcial Valladares
Xente ao lonxe, de Eduardo
cara a 1870 e publicada por
- Narra unha historia de ficción. Blanco
entregas en 1880podeen ser
Amor La
considerada como unha novela
Ilustración Gallega y Asturiana
de espacio, e dentro delas, como
é considerada como a primeira
Novela aberta unha novela social de
novela galega moderna.
protagonista colectivo (170
Nela non existe un desenlace Novela
(non se cerrada
sabe cal é o destino dos personaxes). personaxes individualizados) na
Presenta
Aquela que, estructurada en tres partes na
unha trama pouco definida que se suceden
(introducción, ou mesturane
desenvolvemento que o autor nos ofrece unha
diversas accións.
conclusión), deixa claro cal é o desenlace. visión da sociedade ourensá de
principios do século XX.
Adoita ter acción única e perfectamente delimitada.
- Trama complexa.
- Temática diversa.
- Participación dun amplo número de personaxes.
- Variedade espacial e temporal.

CLASIFICACIÓN
Precisamente por ser un xénero “aberto e multiforme”, é moi difícil
establecer unha tipoloxía concreta e exhaustiva do mesmo. Sen
embargo, a modo de pequena referencia e tendo en conta diversos
puntos de vista, pódese distinguir:

SEGUNDO A ESTRUCTURA
O tema principal da novela de
Novela de acción: nela os acontecementos constitúen o núcleo central, acción adoita ser o amor, aínda
mentres que a descrición de espacios e a caracterización de personaxes que poden aparecer outros.
teñen menor relevancia. A súa estructura está formada por introducción,
desenvolvemento e desenlace.
A novela clásica e as novelas de aventuras, de viaxes, policíacas... son deste
tipo.
Novela de personaxe: aquela na que todo (acción, espacios, etc.) está
supeditado a un personaxe central.
Desta clase son moitas novelas autobiográficas, psicolóxicas,
sentimentais...
Novela de espacio: neste tipo de novela o eixe central está formado polo
marco histórico e social no que se desenvolve a trama.
Dentro das novelas de espacio están a novela social, a de costumes, a
pastoril, ...

SEGUNDO O CONTIDO
Novela de aventuras: nelas o máis importante é a acción e o extraordinario
dos acontecementos que se relatan na mesma. Poden ser de varios tipos:
novela bizantina, de cabalerías e de ficción científica.
Novela histórica: centra a acción en acontecementos históricos.
Novela pastoril: de tipo bucólico, está protagonizada por pastores.
Novela picaresca: novela española do século XVI que presenta,
normalmente de forma autobiográfica, a vida dun pícaro e as súas
aventuras.
Novela policíaca: parte do descubrimento dun delicto e consiste na
resolución do caso.
Novela social: ten protagonista colectivo, xeralmente un grupo social.
Novela de terror: céntrase en accións naturais ou sobrenaturais que
provocan medo. O espacio contribúe a crear esta atmosfera de sobresalto.
Novela de viaxes: a acción transcorre a través dun itinerario xeográfico,
que é o elemento máis importante.

ESTRUCTURA
A novela, como texto narrativo que é, está estructurada en dous
niveis: a historia e o discurso. A historia fai referencia ao contido
do texto cunha orde temporal e causal (o desenvolvemento dunha A transformación da historia en
anécdota ou argumento); o discurso refírese ao conxunto de motivos discurso implica tres accións por
na sucesión en que se presentan na obra. parte do novelista: a
modalización ou cuestión do
“punto de vista” da narración, a
O discurso temporalización e a
A novela é ante todo un xénero literario composto a base de espacialización.
J.L. Onieva
linguaxe. O discurso está formado, pois, polos medios lingüísticos e
os recursos técnicos empregados polo autor para contar o argumento.

Formas do discurso:
- Estilo directo: cando os personaxes se manifestan a través das súas
propias palabras. A modalidade máis habitual é o diálogo, pero
tamén existen outras como o monólogo (no que só se oe a un dos
personaxes) e o soliloquio (no que un personaxe expresa, en
solitario, o que pensa).
- Estilo indirecto: cando un narrador conta as accións dos
personaxes, os diálogos, pensamentos, etc. Unha variante é o estilo
indirecto libre.
Cando o narrador tenta reflectir os sentimentos e ideas dos seus personaxes, pero
introducíndose na conciencia destes para reproducir o seu pensamento e incluso as súas formas
de expresión, entón está utilizando o chamado estilo indirecto libre.
D. Estébanez Calderón

Actividades:
1- Tendo en conta o que acabamos de estudiar, explica de qué tipo son as seguintes novelas da
literatura galega: Arredor de si, de R. Otero Pedrayo; Os dous de sempre, de Castelao; A
esmorga, de E. Blanco Amor; Se o vello Sinbad volvese ás illas, de A. Cunqueiro; Arraianos, de
X.L. Méndez Ferrín; Breixo, de Alfredo Conde; Land Rover, de Suso de Toro; O lapis do
carpinteiro, de Manuel Rivas.

2- Por grupos. Axudándovos dunha enciclopedia da literatura universal, tentade elaborar un


breve traballo sobre a historia da novela en Europa.

3- Analiza as formas do discurso dos textos seguintes:

César Regueira pechou cuidadosamente todos os caixóns da mesa; pulsou a tecla que desconectaba a
alimentación do ordenador e, mentres os números desaparecían da pantalla, a súa mente foi abandonando
a contabilidade analítica dafábrica de conservas para entrar no mítin de cerre da campaña eleitoral.
Xavier Alcalá: Fábula
Galaxia

Señora Jones
Estou tirado nun colchón que dispuxen fronte á ventá dende a que podo ve-las bragas que pendurou a
señora Jones no seu tendedeiro. O Brooklin introduce por esa mesma fiestra os máis infestos olores de
petróleo. É a ventá da miña vida e da miña morte. Se a miña vida, as bragas da señora Jones,
desaparecese, a ventá só me traería os olores de Brooklin e parecería preso de dores, sobre este colchón
que eu mesmo quixen instalar aquí. é curioso pensar na importancia que o colchón adquiriu na miña
existencia. Non son nada sen el.
Xosé de Cora: Letra de muller
El Correo Gallego

- Mamá, ¿a que veu onte probar é máis vella ca ti ou non?


- ¿Quen? ¿Pirucha, dis?
- Si, si, esa chiflada.
- ¡Ai, filla! Creo que aínda me ha de levar ben uns dez anos.
- ¿Viches? Pois non parece. Ti deberías doidarte máis e ben poderías vestir mellor.
- ¿Si? ¿Como Pirucha? ¿E logo por que lle chamaches chiflada? ¿Eh?
- ¡Hom! É que ela... ¡pásase un peliño!, pero ti...
Fina Casalderrey: ¡Asústate, Merche!
Xerais

Resposta ao exercicio 2:
(incluír na Guía Didáctica)
As primeiras mostras de novela en Europa prodúcense en Grecia e Roma nos séculos
I-II (Dafne e Cloe, de Longo; Satiricón, de Petronio), mais ao longo da Idade Media o
xénero estenderase a outras culturas, especialmente á francesa (Roman de Troie, de
Benoit de Saint-Maure; Tristán e Lancelot, de Chrétien de Troyes; ...).
Durante o século XVI florecen diversos tipos de novela, como a pastoril en Portugal
(Menina e moça, de Bernardim Ribeiro), en España (Diana, de J. de Montemayor) ou
en Italia (Arcadia, de J. Sannazzaro); a de cabalerías (Amadía de Gaula, de Garci
Rodríguez de Montalvo); ou a picaresca (Lazarillo de Tormes). Mentres tanto, en
Francia publícase unha novela de excepcional importancia: Gargantúa e Pantagruel, de
F. Rabelais.
Foi, sen embargo, ao longo do século XVII -en plena época barroca- cando a novela
experimentou os primeiros cambios importantes, sobre todo gracias ao Quijote de
Cervantes, considerada a primeira novela moderna.
A novela do século XVIII experimenta un gran desenvolvemento e empeza a ser un
instrumento de análise da sociedade e un medio de transmisión e difusión de ideas.
Nace así a novela burguesa, que se desenvolve, sobre todo, en Inglaterra (Robinson
Crusoe, de D. Defoe; Viaxes de Gulliver, de J. Swift; ...) e Francia (Manon Lescaut, de
A.F. Prevost; Cándido, de Voltaire...).
Moito máis variado é aínda o panorama do século XIX, ao xurdir a novela histórica,
saída do Romanticismo (Ivanhoe, de W. Scott); e sobre todo a novela realista (Madame
Bovary, de Flaubert; Vermello e negro, de Stendhal; Amor de perdición, de C. Castelo
Branco; Crime e castigo, de Dostoievski; La Regenta, de Clarín; Fortunata y Jacinta, de
Galdós; ...) e naturalista (Os Maias, de Eça de Queiroz; Germinal, de E. Zola; ...).
Tamén é o século de grandes novelas de aventuras (A illa do tesouro, de Stevenson;
Moby Dick, de Melville) e fantásticas (A narración de Arthur Gordon Pym, de E. Allan
Poe); ...).
Ao longo do século XX a novela acada o seu maior desenvolvemento. Vanse usar
novas técnicas e prodúcese unha renovación dos temas.

Aparecen as novelas de análise psicolóxica de Marcel Proust e de Virxinia Woolf; James Joyce crea
as súas grandes novelas de minensións míticas, construídas en torno ás recorrencias dos arquetipos
(Ulisses e Finnegans wake); Kafka dá a coñecer as súas novelas simbólicas e elegóricas. Renóvanse os
tema, explóranse novos dominios do individuo e da sociedade, modifícanse profundamente as técnicas de
narrar, de construír a trama, de presentar os personaxes. Sucédense a novela neorrealista, a existencialista,
o nouveau roman. A novela, en fin, non para de revestir formas novas e de expresar novos contidos,
nunha singular manifestación de perenne inquedanza estética e espiritual do home.

Vítor Manuel de Aguiar e Silva: Teoría de la literatura, Gredos, Madrid, 1972.

Algunhas obras e autores do século XX: Á procura do tempo perdido, de M. Proust; A


metamorfose, de Kafka; A náusea, de Sartre; A montaña máxica, de T. Mann; Ulises, de
J. Joyce; Cien años de soledad, de G. García Márquez; La familia de Pascual Duarte,
de Cela; Memorial do convento, de José Saramago; A esmorga, de E. Blanco Amor.

COMENTARIO DE TEXTOS
A NOVELA (1)

Para abordar o comentario dunha novela ou dun fragmento cómpre


lembrar as fases sinaladas no libro de 1º, páxina 199. Así mesmo, Poñer o cadro titulado “Muller
lendo”, de M. Colmeniro.
tamén son válidas moitas das indicacións dadas a propósito dos (Atópase no libro titulado
textos poéticos e dramáticos (páx. 217, 243, 267, 299 e 318). Manuel Colmeiro, Ministerio de
Cultua e Xunta de Galicia,
1982).
---------------------------------------
Nesta primeira achega ao texto
cumprirá fixarse nos termos
clave e buscar o significado
daquelas palabras que nos sexan
descoñecidas.
LECTURA COMPRENSIVA
Débese proceder a efectuar unha primeira lectura do texto co
obxectivo de tentar comprender o contido xeral do mesmo.

Nunha segunda lectura subliñaranse as palabras e frases clave así


como as ideas principais e as secundarias.

Na terceira lectura irase anotando o texto procurando establecer


unha xerarquización entre as ideas. Debe servir tamén para
comprender a estructura interna e para interpretar e valorar eses
contidos.

En definitiva, unha vez realizada a lectura comprensiva, haberá que


estar en condicións de:
 Interpretar o texto.
 Relacionar informacións.
 Avaliar argumentos.
 Emitir xuízos propios sobre os contidos.
 Recoñecer a calidade do texto (valorar o texto).
 Situar o texto no seu contexto (autor, época, etc.).

RELACIÓNS CO CONTEXTO
Para unha mellor comprensión da novela pode ser conveniente tentar
relacionala co autor (biografía, relación co resto da súa producción,
etc.), co contexto histórico-social (época, xeración, condicionantes
políticos ou sociais do texto, relación con algún movemento político
ou cultural, ...) e co contexto literario (época, corrente, xénero e
xubxénero literario, relación con outros textos, etc.).

Actividades:
1- Le repetidamente o texto seguinte e tenta realizar as seguintes
tarefas:
a) Busca nun diccionario as palabras que non coñezas e explica o
seu significado no fragmento.
b) Detecta as palabras e frases clave.
c) Realiza un breve resumo do argumento.
d) Indica cáles son as ideas principais e as secundarias.

Penas non me faltaron e traballar teño traballado abondo dende nena. e


para acabar, isto. Cando xa ve-los fillos criados, cando debían ser eles os
que axudasen a unha, pois velaí: a seguir loitando, e o que é peor, para
nada, para ver como eles mesmos se matan, que se ven, Señor, que eu
dígollo tódolos días: ¿pero ti non ves que te estás matando?, ¿ti non ve-lo
que lle pasou a teu irmán? E non vale de nada. Alí está: horas para atopar
unha vea, fura por aquí, fura polo outro lado: os brazos, os pés, as pernas,
xa non ten onde crava-la agulla. Berra e desespérase, e acaba cheo de
sangue coma un cristo, dá pena velo, pobriño meu, ¡que terá esa cousa, oia,
que os colle desta maneira!
E todos igual, aínda que os meus nunca lle fixeron mal a ninguén.
Roubar si, pero non se meten coa xente. A Pablo non o colleron nunca, a
Luís si. Ten pendentes dous xuízos e xa estivo seis meses na cadea. O
primeiro xuízo é por quitarlles a unhas mulleres unhas sortellas.
Denunciárono e despois recoñecérono, pero dixo a avogado que por iso non
lle sairá moito tempo, porque non lles fixo mal, só lles pediu o que levaban
e, como levaban poucos cartos, quitóulle-las sortelas e as cadeas de ouro. O
outro é máis grave. Foi por un atraco a un banco. Enredouno un amigo, só
tiña que vixiar, pero o outro levaba unha pistola e matou a un garda. Tamén
a el o mataron, era un rapaz novo de alí do barrio, eu coñecíao.
Marina Mayoral: Chamábase Luís
Xerais

2- Procura a maior información posible acerca da profesora Marina


Mayoral e tenta relacionar o fragmento co contexto histórico-social
no que vive a autora.

You might also like