You are on page 1of 4

Tema 8.

A cuestión nacional no último terzo do século XIX


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece
os factores que levaron á eclosión dos nacionalismos periféricos (o seu nacemento como unha reacción fronte ás
pretensións centralistas do Estado liberal), o seu ideario, así como o seu desenvolvemento posterior (carácter
minoritario nos comezos ata a súa conversión en movementos de masas, cunha importante influencia política,
capaces de enfrontarse aos partidos da quenda). Deberá tamén facer mención dos seus líderes principais.

FACTORES QUE LEVARON Á ECLOSIÓN DOS NACIONALISMOS PERIFÉRICOS

No último terzo do século XIX, a imaxe do acontecido noutros lugares de Europa, en España
desenvolvéronse os rexionalismos e nacionalismos. Estes movementos, opostos á política
centralizadora da Restauración, xurdiron sobre todo en territorios periféricos (Cataluña, País Vasco
e Galicia) dotados de elementos culturais diferenciados sobre os que se foi xerando unha
conciencia política a través do pensamento elaborado por intelectuais e eruditos vencellados coa
burguesía.

A partir da década de 1880 do s. XIX domina o denominado Rexionalismo que non discute a unidade
nacional de España nin o seu modelo territorial de Estado, pero que reivindica unha autonomía e un
desenvolvemento de institucións propias que, ao non recibir resposta positiva dos gobernos da
Restauración, vai radicalizando a súa postura desembocando no s. XX en posturas de tipo nacionalista.

O nacionalismo persegue dotar de organización política propia a un territorio sobre o que existe
unha identidade de pertenza diferenciado por unha lingua propia, uns costumes, unhas tradicións e
unhas figuras xurídicas propias que se foron forxando ao longo da historia. Se o concepto de nación
española como suxeito político, que aspira a estar dotado dunhas institucións de goberno propias, xurde
co liberalismo das Cortes de Cádiz; no último terzo do XIX, como consecuencia da influencia do
Romanticismo, os territorios periféricos descobren a patria pequena fronte a convulsa construción
do Estado- Nación español. A feble nacionalización española, o descontento pola marcha do
país, especialmente despois do desastre do 98, a centralización e o unitarismo do réxime da
Restauración son factores que explican a formación deste movemento político. A partir da
creación dun relato histórico centrado nun agravio na relación con España (Cataluña na perda dos
fueros en 1714, País Vasco na perda dos fueros en 1876 e Galicia no atraso) estes territorios reivindican
outro modelo territorial e outra relación con España para poder desenvolverse como país. Defenden as
súas comunidades como unhas nacións diferenciadas da española con dereito a dispoñer de
soberanía política e goberno propio.

DESENVOLVEMENTO, IDEARIO E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS

Este proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional propia pasou por diversas fases:

1. Provincialismo (Rexurdimento, Renaixença). Nos seus comezos, un número reducido de eruditos


burgueses comeza a interesarse pola historia, a lingua e a cultura da súa comunidade creando as
bases para unha solidariedade colectiva. Nun segundo momento súmase a axitación política, que
aspira a conseguir cotas de autogoberno. Xorden así o catalanismo, o galeguismo, o andalucismo…

2. Rexionalismo (tras a década de 1880): Solicitudes de descentralización e autogoberno. Son


movementos políticos e culturais que reivindican descentralización administrativa e autogoberno
fronte ao Estado unitario, uniformizador e centralizador.
3. Nacionalismo (fins do XIX e principios do XX): Das peticións de autonomía á idea de nación
diferenciada. Son movementos en defensa da consideración e do recoñecemento da comunidade
propia como unha nación diferenciada con dereito a dispoñer de soberanía política e de Goberno
propio.

No século XX, temos xa 4 tipos de nacionalismos claramente configurados:


NACIONALISMO ESPAÑOL, cun ideario que pode ser tanto:
◦ conservador (defendido por liberais conservadores e progresistas, e cunha forte influenza da
Igrexa católica), como
◦ democrático (defendido por liberais democráticos e republicanos, máis abertos á
descentralización e a recoñecer outras identidades nacionais)

NACIONALISMO CATALÁN, protagonizado por unha burguesía moi poderosa (principalmente. rexión
industrial de España) que reclama todo o poder perdido coa imposición dos Decretos de Nova Planta
no XVIII, e que se sente atrapada nunha España débil, atrasada e decadente.

Comeza en 1830 coa Renaixença, un movimiento literario para recuperar a cultura catalana, e en 1880
pásase a un Rexionalismo que pide maior autogoberno para Cataluña.

Ideoloxicamente este rexionalismo catalán estivo dividido en dúas tendencias: unha progresista e laica
e outra tradicionalista e conservadora.

• A tendencia progresista estivo liderada polo federalista Valentí Almirall, iniciando a reivindicación
política vinculada á idea de modernización e transformación do país. Almirall fundou a primeira
publicación diaria en catalán, Diari Català, (1879) e o primeiro organismo defensor dos intereses
especificamente cataláns, o Centre Català, (1882).

Froito do impulso de Almirall e do Centro Catalán foi a presentación, en 1885, dun Memorial de
agravios ao rei Afonso XII durante a súa visita a Cataluña. Tratábase dunha crítica da política do
Goberno acompañada de propostas para modificar a estrutura centralizada do Estado para dar
cabida a unha organización rexional de España, pero o Goberno rexeitounas.

• A tendencia conservadora foi a que tivo máis capacidade de actuación e de influencia na vida
política española. En 1887 fundouse a Lliga de Cataluña, da que formaron parte algúns dos futuros
dirixentes do catalanismo como Prat de la Riba, Cambó… Pola súa iniciativa creouse en 1891 Unión
Catalanista que va a demandar a restauración das institucións históricas e o traspaso de
competencias. Esto suporía un novo paso no proceso de afirmación catalanista
Na súa primeira asemblea, celebrada en Manresa en 1892, aprobouse un proxecto autonomista de
carácter conservador, coñecido como as Bases de Manresa.

Será a principios do século XX cando adopte unha orientación nacionalista, baixo o impulso
de Prat de la Riba (foi o primeiro en identificar Cataluña como nación, pois contaba cos requisitos
para ser considerada como tal: lingua, dereito, territorio, conciencia da súa existencia diferencial e
vontade de autogobernarse) e despois do Desastre do 98 é cando Cataluña sente que o seu futuro
político debe desenvolverse de forma propia e que a súa integración en España só lle conduce a un
estancamento.

En 1901, Prat de la Riba e Cambó funda a Lliga Regionalista, un partido nacionalista de tipo
conservador e burgués, que competiu electoralmente con éxito contra os partidos monárquicos do
sistema da Restauración e que dominará a escena política catalana ata que a crise de 1917 fíxolle
perder influencia en favor dun nacionalismo máis progresista e republicano

No XX xurdirá ERC (Esquerra Republicana Catalunya), aínda vixente.


NACIONALISMO VASCO No caso vasco, a evolución foi diferente e estivo marcada por un feito
político: a abolición dos fueros en 1876. As protestas levaron a Cánovas a aprobar os Concertos
Económicos dous anos mais tarde, recoñecendo a autonomía fiscal das Provincias Vascas. Con
todo, a demanda da plena reintegración foral daría lugar a un movemento reivindicativo encabezado
por Sabino Arana. O seu ideario identificaba a etnia, o integrismo católico, a lingua vasca, os
privilexios vascos e cultura tradicionais como elementos identitarios do territorio que denominou
Euskadi. O seu nacionalismo é conservador e historicista ao estilo das correntes dominantes no
pensamento nacionalista alemán. Desenvolve un discurso crítico cara o proceso de transformación
industrial que experimenta o País Vasco que atrae traballadores de fóra, aos que despectivamente
denomina maquetos, e que conduce a unha transformación dos valores xenuínos vascos. O seu
desprezo por todo o español condúceo a unha postura independentista. Para defender a su
independencia fundou en 1895 o Partido Nacionalista Vasco, un partido de dereitas, racista e
ultracatólico. Para Sabino Arana, o País Vasco corría risco de españolizarse e converterse en un
territorio ateo e liberal. En 1898 lograron os seus primeiros éxitos electorais. En 1911 fundaron
o sindicato Solidariedade de traballadores Vascos para contrarrestar a influencia do socialismo e
anarquismo entre a clase traballadora. A morte do seu fundador conlevou co tempo a unha fractura
interna entre unha tendencia posibilista e autonomista fronte a outra independentista e máis radical.

NACIONALISMO GALEGO,

O galeguismo tamén experimentou unha lenta evolución na segunda metade do século XIX.

Nunha primeira etapa, iniciada en 1840, o Provincialismo de Antolín Faraldo alentaría a progresiva
toma de conciencia das particularidades e necesidades de Galicia. Este primeiro movemento acabará
nos fusilamentos de Carral que pon fin ao pronunciamento progresista fracasado en 1846. Chegouse
a crear en Santiago unha Xunta Suprema do Goberno de Galicia.

Ese impulso precursor viuse reforzado nos anos 60 polo Rexurdimento, o movemento cultural
iniciado por Rosalía de Castro, que aspiraba á revitalización do galego como lingua literaria.

Con todo, será a partir de 1880 cando xurda o Rexionalismo, defensor do dereito á autonomía
política, e que tivo como figuras mais destacadas o liberal Manuel Martínez Murguía e o conservador
Alfredo Brañas.

O galeguismo, no século XIX, foi un movemento obra de intelectuais e profesores de universidade e


non tivo o respaldo de amplas capas da poboación ata ben entrado o século XX. Parte dunha
reflexión sobre o atraso de Galicia e o esquecemento do Goberno central sobre as necesidades deste
territorio.

Murguía define os criterios que fan de Galicia un territorio con dereito a unha autonomía política
mentres que Brañas defendeu a idea da dobre patria e avogou pola creación de institucións de
goberno propias para as rexións que así o pediran. Para Brañas era o catolicismo un dos trazos
definitorios da alma galega e o corporativismo social e gremial a base das institucións políticas
rexionais.

Neste tempo foron fundándose xornais en galego e as primeiras organizacións galeguistas (


Asociación Rexional Galega, a Liga Galega) así como a creación da Real Academia Galega da
Lingua.

Non será ata 1916 coa creación das Irmandades da Fala en que o rexionalismo torne a unha
postura nacionalista
Finalmente, a inicios do XX este rexionalismo evoluciona cara o nacionalismo galego, destacando
organizacións como as Irmandades da Fala e a Xeración Nós, que rematarán na fundación do
Partido Galeguista en 1931, con Castelao á fronte, capaz de presentar ás Cortes en 1936 un
Estatuto de Autonomía para Galicia.

En conclusión, durante o XIX predominaba un liberalismo moderado centralizador, que tendía a


uniformar e a negar a diversidade cultural do Estado español, o que acabou encendendo a mecha
dos nacionalismos periféricos (Cataluña,Euskadi,Galicia).

Esta “cuestión nacional” iría medrando en importancia, sobre todo a partir do desastre do 98
converténdose en Cataluña nunha opción capaz de enfrontarse aos partidos do turnismo, e nunha
preocupación do exército, sendo un dos factores que os levaría a dar o golpe do 36. Durante a
ditadura, o ultranacionalismo español do réxime intentou aplastalos. E hoxe, no XXI, segue sendo unha
cuestión sen resolver, como se ve en Cataluña.

You might also like