You are on page 1of 1

A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869

– A Revolución Gloriosa
– Crise final do reinado de Isabel II (1866-1868)
– Oposición crecente ó réxime moderado apoiado pola raíña polo monopolio do
poder, o crecente autoritarismo, e o descontento causado por unha doble crise
financieira (1866) e de subsistencia (1867)
– Pacto de Ostende en 1866 entre progresistas e demócratas (e unionistas en 1867)
para expulsar ós moderados e á raíña do poder e implantar un réxime democrático →
principais líderes: Prim (progresista), Topete e Serrano (unionistas)
– Revolución Gloriosa en setembro de 1868: pronunciamento do almirante Topete en
Cádiz, formación de xuntas, derrota das tropas gubernamentais na batalla de Ponte de
Alcolea e exilio de Isabel II → inicio do Sexenio Democrático (1868-1874)
– O goberno provisional (1868-1869)
– Situación de doble poder trala Revolución:
– Xuntas revolucionarias, con avanzadas reivindicacións políticas e sociais:
sufraxio universal masculino, amplas liberdades persoais e colectivas (culto,
ensino, reunión...), abolición das quintas e dos consumos, Cortes constituíntes
– Goberno provisional liderado por Serrano, de ideoloxía burguesa: apoio ó
cambio político, pero mantendo a orde social
– Decretos de reforma do goberno concedendo a maior parte das peticións populares
(dereitos, sufraxio universal masculino, promesa de supresión dos consumos,
eleccións a Cortes constituíntes) → satisfacción e disolución das xuntas
– Medidas económicas liberais ó gusto burgués: reorganización monetaria e creación
da peseta (1868), Lei de Minas (1868), arancel librecambista (1869)
– Levantamento independentista cubano (1868) e inicio da guerra de Cuba → as
esixencias da guerra e o mal estado da economía forzan a manter quintas e consumos
– Cortes Constituíntes (maioría progresista / unionista / demócrata, coa aparición dos
republicanos) e Constitución de 1869 → proxecto de monarquía democrática

– A monarquía democrática
– Rexencia de Serrano (1869-1871), con Prim como presidente → busca dun novo rei
– Movementos de contestación do novo réxime
– Oposición dos republicanos pola forma monárquica do Estado
– Descontento popular pola falta de solucións ós problemas sociais →
desenvolvemento do movemento obreiro e creación da FRE-AIT en 1870
– Elección disputada de Amadeo de Savoia como rei gracias ó apoio de Prim
– Reinado de Amadeo I (1871-1873)
– Asasinato de Prim a véspera da chegada de Amadeo a España → falta de apoios do
novo rei e forte inestabilidade política e social
– Agudización da crise política co inicio da Terceira Guerra Carlista en 1872, trala
non-elección do seu candidato ó trono
– Abdicación de Amadeo I ante a acumulación de problemas e a incapacidade de
gobernar → proclamación da república polas Cortes

You might also like