You are on page 1of 2

COMPOSICIÓN Nº 13 (SÉCULO XX) – Podcast Somos Historia · Episodio 31

A CRISE DE 1917, OS GOBERNOS DE CONCENTRACIÓN E A GUERRA DE MARROCOS


@miguelabraira

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá explicar a
crise de 1917 na súa triple dimensión: militar (formación das Xuntas de Defensa), social (folga xeral) e
política (formación da Asemblea de Parlamentarios), para, a partir da mesma, comentar a substitución
do turnismo polos gobernos de concentración cuxo fracaso, xunto co “desastre de Annual” e as súas
consecuencias, explican o establecemento da ditadura de Primo de Rivera.

En 1914 comeza a 1ª Guerra Mundial, con España declarándose neutral,


pero aínda así cun enorme impacto económico sobre o país, con dúas caras:
-por unha parte, ao converterse en subministradora de produtos para os países en guerra,
aumentou o desenvolvemento industrial e comercial de España.
-pero doutra parte, provocou tamén un aumento nos prezos dos produtos máis necesarios
xa que, ao exportarse masivamente, eran máis difíciles de atopar no mercado español,
empeorando as condicións de vida das clases medias e baixas, cada vez máis molestas.
Así, en 1917, terá lugar a crise máis profunda do sistema da Restauración,
ao confluír e estoupar no mesmo ano 3 crises ou conflitos: militar, social e político.

A CRISE MILITAR comeza un pouco antes, no outono de 1916, en Barcelona,


cando oficiais de media e baixa graduación deciden crear XUNTAS DE DEFENSA militares,
para asociarse e reclamar a suba dos seus salarios (pois perderan capacidade adquisitiva)
pero tamén outras reivindicacións:
-que os ascensos se concederan por antigüidade no corpo e non por méritos de guerra
-a defensa da honra dos militares fronte ás críticas
-ou que se actuara con man dura contra socialistas, anarquistas e nacionalistas periféricos.
O goberno (do conservador Eduardo Dato) detivo aos responsables e disolveu as Xuntas,
pero o enfado e solidariedade dos militares obrigou ao goberno a legalizalas,
demostrando de novo (como en 1906) a debilidade do poder civil fronte ao militar.
Ademais, os militares lograron que se atenderan as súas peticións (salarios e ascensos),
que se controlaran as críticas na prensa e incluso nomear aos ministros de Guerra…
Pese ao cal, o exército seguiu arrastrando vellos problemas como o mal equipamento,
ou mesmo os enfrontamentos entre militares peninsulares (ascenso por antigüidade)
e os militares africanistas (que pedían o ascenso por méritos de guerra).

A CRISE POLÍTICA xorde precisamente desta débil actuación do Goberno na crise militar,
da cada vez máis forte división interna dentro dos dous partidos turnistas,
ou das contínuas intromisións do rei Alfonso XIII na política.
É neste clima no que Francesc Cambó, líder do partido catalanista Liga Rexionalista,
aproveita para presionar ao Goberno, pedindo a autonomía para Cataluña.
Ante o non do Goberno, Cambó convoca a unha reunión aos parlamentarios cataláns
(tanto deputados como senadores) en Barcelona o 5 de xullo,
e nela deciden esixir ao Goberno a inmediata reunión das Cortes
para debater nelas a organización do Estado e a autonomía de rexións e municipios;
e se o Goberno se negaba a isto, como así foi, invitábase a todos os parlamentarios do país
a reunirse por libre, nunha ASEMBLEA DE PARLAMENTARIOS extraordinaria,
para, como representantes lexítimos do país, debater sobre estes temas.
Esta asemblea, que tivo lugar en Barcelona o 19 de xullo,
contou só coa presencia de parlamentarios catalanistas, ou republicanos ou socialistas,
pero debido á reacción do Goberno, que a acusou de ilegal e separatista,
e aos propios desacordos entre eles (temorosos algúns duna rev.social) acabou en nada,
cos catalanistas da Liga Rexionalista optando por buscar un acordo co Goberno.

A CRISE SOCIAL estoupa debido a alza dos prezos nos alimentos debido á 1GM,
o que aumentou o malestar e comezou a derivar en múltiples protestas e folgas:
-en dec.1916, os sindicatos UGT e CNT convocan unha folga xeral de 24 h. que para o país.
-en ago.1917, son UGT e o PSOE os que convocan unha FOLGA XERAL REVOLUCIONARIA
con 2 obxectivos: derrocar o Goberno e convocar eleccións a Cortes Constituíntes,
para tratar nesas novas Cortes os problemas fundamentais e crear unha nova Constitución.
Esta folga do 13 de agosto 1917 foi moi seguida polos obreiros das zonas industriais,
pero o Goberno, axudado por empresarios e exército, respondeu cunha represión feroz:
con cadea perpetua para os convocantes da folga (líderes do PSOE e UGT),
imposición da lei marcial en todo o país (o exército toma o control das rúas)
e disolución violenta das manifestacións (uso de armas de fogo, detencións masivas…),
conseguindo así que os obreiros abandonaran a folga e volveran ao traballo.

En resume, en 1917, unha parte do exército, dos parlamentarios e da clase obreira,


levantáronse por separado pero case ao mesmo tempo contra o sistema,
que non conseguiron derrocar debido a que non compartían intereses e obxectivos;
así, os republicanos e os catalanistas (burgueses e temerosos dunha revolución á rusa),
acabaron renunciando ás súas pretensións para poñerse do lado do Goberno;
ou o exército, que unha vez logradas algunhas das súas demandas, quería orde nas rúas.

Paralelamente, os gobernos cada vez duraban menos e eran máis difíciles de formar,
debido á tensión entre os líderes e ao fraccionamento interno de ambos partidos.
Ante esta grave situación, o rei propón formar “GOBERNOS DE CONCENTRACIÓN”,
compostos non por un partido (como era costume no turnismo) senón por varios:
con representantes dos partidos Liberal, Conservador e dos catalanistas
(que como bos burgueses preferirán a orde nas rúas antes que o seu catalanismo).
Tampouco funcionaron... pero o sistema turnista de Cánovas comezaba así a desaparecer.

A esta axitación dunha ampla parte da sociedade,


únese o problema da guerra de Marrocos, na que España avanzaba con dificultade,
debido á resistencia dos rifeños, dirixidos polo caudillo local Abd-el-Krim.
Para solucionalo, o Goberno aumentou a inversión e creou dous novos corpos do exército:
-a Lexión, un corpo de soldados profesionais, fundado en 1920 polo ferrolán Millán Astray
-os Regulares, un corpo formado por españois, pero tamén por indíxenas marroquís
Corpos que se convertirán enseguida na élite do exército español.
Pero en 1921, aos problemas explicados, vaise unir o impactante DESASTRE DE ANNUAL*.
Buscando unha vitoria definitiva en Marrocos e animado polo rei Alfonso XIII,
o xeneral Silvestre arrisca en exceso, penetrando no Rif sen asegurar a retagarda.
As tribus rifeñas de Abd-el-Krim atácanos en Annual e asasinan a uns 10.000 soldados;
o resto retroceden despavoridos cara Melilla, cos rifeños perseguíndoos brutalmente.
Aos poucos días, proclaman a República do Rif (un logro inédito na África colonial).

Este Desastre de Annual, como o chamou a prensa, impactou moito na opinión pública
e aumentou a impopularidade do exército e da guerra de Marrocos,
Ante a gravidade do sucedido e para depurar responsabilidades,
encárgase unha investigación ao xeneral Picasso, coñecida como Expediente Picasso*,
dous mil folios nos que denunciaba múltiples errores militares e corrupción no exército,
que entregou en 1922 ao Congreso dos Deputados,
e que estendeu rapidamente nos sucesivos debates a idea da culpabilidade do rei.
Cando as Cortes deciden convocar unha votación para sinalar aos responsables,
o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera,
dá un golpe de Estado, disolve o parlamento e proclama o inicio dunha ditadura militar,
co visto bo do rei Alfonso XIII, e co apoio do exército e da burguesía catalana.

You might also like