You are on page 1of 2

Finalizada a Semana Tráxica chega a noticia do inicio da Primeira Guerra Mundial e da

Revolución Rusa.No enfrontamento, España mostrase neutral,xa que non se integra nos
sistemas de alianzas europeos,pero si actúa como abastecedora de productos industriais e
agrarios,feito que xera o empeoramento das condicións de vida das clases populares e
por tanto numerosas protestas. A noticia da Revolución Rusa(primeira revolución
proletaria) estimula as perspectivas revolucionarias o que leva a realización de folgas, este
feito asusta a burguesía que inician represións contra ditas folgas.Todo isto xera tensións
sociais que provocan a crise do
sistema político e producese unha protesta antigubernamental xeralizada.
Todos estes efectos xeran a Crise de 1917 formada por unha crise militar,protestas obreiras
e o nacionalismo catalán.
A crise militar debese á inflación que perxudica aos funcionarios e a diferenza entre
africanistas e peninsulares,xa que os primeiros tiñan un maior salario.
Coa intención de solucionar estes problemas creanse as Xuntas de Defensa nas que
mostran o seu resentimento contra os políticos e a sociedade ,reclaman aumentos
salariais,opeñense aos ascensos dos africanistas e piden represión contra os inimigos da
patria e do exército(nacionalistas,socialistas e anarquistas).Estas xuntas son declaradas
ilegais polo goberno e deteñense aos seus dirixentes, isto provoca a rebelión dos militares
contra os represores,xa que estes teñen que ceder e recoñecelas feito que xera a
debilidade do poder civil fronte ao militar. Aproveitando a debilidade do goberno
F.Cambó( pertencente a Liga Rexionalista catalá) crea a Asamblea de Parlamentarios en
Barcelona para exercer presión co fin de conseguir máis autonomía para Cataluña nesta
Asamblea demandan unha convocatoria de Cortes,unha deliberación do Estado e a
autonomía rexional e municipal pero esta é declarada ilegal e separatista polo goberno.
Neste contexto podemos situar o documento 1 ,fonte primaria redactada Asamblea de
Parlamentarios(formada por partidos opositores)en Barcelona o 19 de xullo de 1917.
A través deste documento mostran desacordo ca política do goberno do momento e
piden a deliberación e organización do goberno,unha combocatoria de Cortes
constituintes e un Estado unitario pero descentralizado. Estas peticións non se levan a
cabo por falta de apoio e divisións de opinión ante a folga
xeral de agosto. A crise social iniciase pola alza de prezos en productos de 1ª necesidade e
polo descenso do pode adquisitivo que xeran un gran malestar social.
Como resposta a estes problemas UGT-PSOE(socialistas) coa colaboración da
CNT(anarquistas) convocan unha folga xeral revolucionaria o 18 de agosto do 1917 co
obxectivo de derrocar o réxime e que se elaboren unhas Cortes constituintes.Esta folga
ten seguimento maioritario en: Madrid, Barcelona, Levante País Vasco e Asturias.
Nesta situación situamos o documento 2,fonte primaria na que se reflicte o manifesto do
Comité de folga á clase traballadora en Madrid o 12 de agosto de 1917.
Neste documento mostranse as peticións dos folguistas nas que piden unhas votacións
sen manipulacións,un goberno que asuma o poder executivo e a elaboración dunhas
Cortes constituintes para así elaborar unha nova Constitución.
Finalmente advirten de que ata que estas peticións se cumpran seguiran ca folga.
A esta folga o goberno respondeu cunha forte represión.Diluiron as manifestacións de
forma violenta,empregaron armas de fogo polas forzas de orde pública,houbo detencións
masivas e numerosas vítimas.
A crise de 1917 xerou multiples consecuencias.O goberno debilitouse e con el produciuse a
quebra do sistema político(fin do turnismo);esta crise xerou conflictividade social e
reforzou o movemento obreiro;tamen se produciu un aumento das actividades
republicanas e das rexionalistas e nacionalistas e finalmente o pistoleirismo.
O pistoleirismo xurdiu como reacción da patronal ante o aumento da afiliación sindical e
as loitas obreiras en Barcelona baixo o goberno de Dato e co nomeamento como
gobernador de Barcelona do xeneral Martínez Anido. Os anarquistas asasinan a Eduardo
Dato.
No ano 1912 é preciso revisar as fronteiras do Protectorado español con Francia,para
manter o Protectorado había que ocupalo e pacificalo por tanto os gastos
incrementaronse e o éxercito creou corpos específicos para a loita en Marrocos:a Lexión e
os Regulares.
O xeneral Silvestre co obxectivo de obter unha vitoria definitiva e apoiado polo rei
realizou unha manobra arriscada coas súas tropas adentrandose polo Rif coa intención de
ocupar.
Alhucemas pero os independentistas marroquís obrigaronlle a retirarse nesta estratexia
morren máis de 12.000soldados españois feito que xera un gran escandalo a nivel
nacional e con el o desprestixio do exercito por ser derrotado.
Este desastre coñecido como o Annual aumentou a impopularidade do exército e da
guerra,incrementou a oposición a monarquía xa que había sospeitas que detrás de todo
isto estaba a intervención de AlfonsoXIII por interese económicos e finalmente abriuse o
expediente Picasso xa que numerosos grupos políticos esixiron responsabilidades.
Podemos contextualizar o documento 3 nesta situación,unha fonte primaria na que se
mostra un discurso parlamentario pronunciado por Ignacio Prieto(político do partido
socialista obreiro español) en outubro de 1921 sobre o desastre Annual.
En dito discurso refirese aos Parlamentarios e pidelles explicacións sobre o desastre
Annual e denuncia que non se esta a investigar para atopar unha explicación.
Foi un longo periodo que supuxo a quebra do réxime da Restauración e desencadeou nun
golpe de estado dado por Primo de Rivera e apoiado por Alfonso XIII no ano 1923.

You might also like