You are on page 1of 59

UD4: CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA

NA BIOSFERA
BIOSFERA
Conxunto de tódolos seres vivos que habitan a Terra. Área
ocupada por materia viva.
É un sistema aberto: intercambia materia e enerxía có entorno.

Retén a enerxía o maior


tempo posible nas súas
estruturas, antes de que a
enerxía se disipe en forma de
calor.
Os descompoñedores
reciclan a materia.
Nos ciclos bioxeoquímicos, a
materia que sae da biosfera
recorre outros sistemas
terrestres (atmosfera,
hidrosfera, xeosfera).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 2


ECOSISTEMA

Sistema natural formado por compoñentes vivos e non vivos que


interactúan entre si.
ECOSISTEMA = COMUNIDADE O BIOCENOSE + BIOTOPO
(parte biótica) (parte abiótica)

ECOSFERA: Conxunto de tódolos ecosistemas da Terra. A biosfera


sería a súa biocenose. É un sistema pechado para a materia e
aberto para a enerxía.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 3


BIOMAS

Son os grandes
ecosistemas da Terra.
Tundra, taiga, bosque
caducifolio, vexetación
mediterránea ou
esclerófila, estepas e
praderías, sabana,
selva tropical e
deserto.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 4


Relacións tróficas.
Transferencia de enerxía

Hai 3 niveis tróficos:


1º: Produtores. Autótrofos.
2º: Consumidores. Heterótrofos.
3º: Descompoñedores. Detritívoros saprofitos.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 5


1º: Produtores (autótrofos)
Inclúe dous tipos de organismos:
Fotosintéticos: a enerxía é solar. Prantas
e fitoplancton.
Quimiosintéticos: a enerxía ven de oxidar
moléculas inorgánicas.

Fotosíntese:
6 CO2 + 6 H2O + E solar  6 O2 + C6H12O6
A materia orgánica que producen coa fotosíntese:
•A degradan respirando:
6 O2 + C6H12O6  6 CO2 + 6 H2O + calor
•A almacenan en tecidos vexetais (que comerán os consumidores).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 6


2º: Consumidores (heterótrofos)
Respiran a materia orgánica producida polos autótrofos.

Tipos:
Herbívoros ou
consumidores primarios
Carnívoros ou
Consumidores secundarios
Carnívoros finais
Omnívoros, que se
alimentan de máis dun nivel
trófico
Preéiros ou necrófagos.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 7


2º: Consumidores (heterótrofos)
O fluxo de enerxía é unidireccional. Vai diminuindo porque se
degrada na respiración e se desprende como calor (no
mantemento).
Enerxía entrante = Enerxía almacenada + Enerxía sainte
(solar ou alimento) (m.o.) (calor)

Esta diminución da
enerxía nas cadeas
tróficas é o que fai que
como máximo adoite
haber 5 elos tróficos.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 8


3º: Descompoñedores
(Detritívoros saprofitos)
Transforman a materia orgánica en
moléculas sinxelas inorgánicas
(que podan empregar os
fotosintéticos).
Son bacterias e fungos do solo e o
auga. Reciclan a materia.

O ciclo da materia tende a ser


pechado (aínda que poden
escapar nutrientes por gasificación
ou lixiviado, ou enterrarse en
condicións anaerobias).
O fluxo da enerxía move o ciclo da
materia (son parecidos os
percorridos da enerxía e dun
átomo de C).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 9


Parámetros tróficos

Serven para evaluares a


rentabilidade tanto dun só
nivel trófico como dun
ecosistema completo.

Estudaremos 5 parámetros:
1.Biomasa. (Capital).
2.Produción. (Intereses).
3.Produtividade. (Taxa de
renovación).
4.Tempo de renovación.
5.Eficiencia.
(Saídas/Entradas).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 10


1. Biomasa (=Capital)

Cantidade de materia orgánica (viva ou morta) dun nivel


trófico ou ecosistema.
Serve de almacén de enerxía.
Unidades: g, kg, mg. (1g de m.o. ~ 4-5 kcal).
Adoítase indicar a cantidade de m.o./área ou volumen:
g C/cm2; kg C/m2; t C/ha; (1ha = 1 hm2).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 11


2. Produción (=Intereses)
Cantidade de enerxía que flue por cada nivel trófico.
Unidades: g C/m2·día; Kcal/ha·ano…
Pode ser:
Produción primaria  fixada por autótrofos.
Produción secundaria  resto de niveis tróficos.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 12


2. Produción
Ámbolos tipos de produción, á súa vez, poden ser:
•Produción bruta: cantidade de enerxía fixada/tempo. Por
exemplo: total fotosintetizado ou total asimilado.
•Produción neta: cantidade de enerxía almacenada/tempo. É o
aumento de biomasa (descontando a respiración), que queda
dispoñible para o seguinte nivel trófico.
Produción bruta = Produción neta + Respiración (mantemento)

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 13


2. Produción

A regra do 10% di que a enerxía que pasa dun elo a


outro é o 10% da enerxía acumulada nel. (Non é
constante o %).
Por iso hai poucos elos.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 14


Regra do 10%

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 15


Actividade:
Por que as árbores medran máis rápido nos primeiros anos
de vida?
Porque canto maior sexa a súa cantidade de biomasa, deben
dedicar máis enerxía ao seu mantemento (e menos a producir
novas estruturas).
Cal dos dous ten maior produción neta, unha planta de
trigo ou unha árbore?
A árbore ten maior produción neta total (é máis grande).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 16


Actividade:
Son comparables equitativamente as producións netas da
pranta e a árbore?
Non, pois sería como comparares o número total de parados nos
EEUU e en España.
O dato que debemos comparar é a taxa de paro:
Taxa de paro = nº parados/poboación.
Para comparar as producións as dividimos pola súa biomasa, có
que obtemos un novo parámetro, a produtividade.
Produtividade = Produción neta/Biomasa
O trigo ten maior produtividade.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 17


3. Produtividade (Taxa de renovación)

A productividade é maior nunha pradería que nunha selva.

É a relación entre a produción neta e a biomasa.


PRODUTIVIDADE = PRODUCIÓN NETA/BIOMASA
Indica a velocidade de renovación da biomasa. É maior canto
máis xove sexa o organismo.
As súas unidades son: tempo-1
Pneta (g/m2·día) / Biomasa (g/m2) = días-1

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 18


4. Tempo de renovación
Período que tarda en renovarse un nivel trófico ou sistema. É a
inversa da produtividade.
TEMPO DE RENOVACIÓN = BIOMASA/PRODUCIÓN NETA
TEMPO DE RENOVACIÓN = PRODUCTIVIDADE-1
As súas unidades son: tempo (días, anos…)

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 19


5. Eficiencia (Saídas/Entradas)
Rendemento dun nivel trófico ou sistema. En produtores, pode
calcularse de dúas formas:
Para a produción bruta:
Eficiencia = E asimilada/E incidente
Para a produción neta, mide as perdas por respiración, e é maior
nos ecosistemas terrestres:
Eficiencia = Pneta (E incorporada)/Pbruta (E total asimilada)

En consumidores se calcula:
Eficiencia = Pneta /Alimento total
inxerido.
Sería equivalente ao parámetro que
se emprega en gandaría:
engorde/alimento inxerido.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 20


Eficiencia ecolóxica (%)
Eficiencia ecolóxica = (Pneta/Pneta (nivel anterior)) · 100
Non se deben valorar só os resultados (ex. total colleita), senón
considerares tódalas entradas de materia e enerxía (ex. abonos,
enerxía para arar e colleitar…) é dicir, os costes ocultos.
Segundo o aproveitamento enerxético e a regra do 10%, é máis
eficiente alimentarse de vexetais: se aproveita máis a enerxía e
se pode alimentar a maior número de individuos. (Aínda que
para unha alimentación completa fan falla 60 g proteínas/día,
segundo a FAO).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 21


Bioacumulación

Proceso de acumulación de
substancias tóxicas (metais
pesados ou compostos
orgánicos sintéticos) en
organismos vivos en
concentracións cada vez
maiores e superiores ás
rexistradas no medio
ambiente.
As substancias inxeridas non
poden ser descompostas nin
excretadas.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 22


Actividade: Comparación entre unha
pradería e un bosque tropical
Ecosistema Produción Biomasa Respiración Produción Productividade
bruta gC/m2 kgC/m2 (mantem.) neta (PB-R) (PN/B) días -1
gC/m2·día gC/m2·día

Pradería 4 2 2 4-2=2 2/2000=0,001

Bosque 6,5 18 6 6,5-6=0,5 0,5/18000=


tropical 0,0000277

É moito maior a produción neta da pradería, porque ten que


manter menor cantidade de biomasa.
A pradería ten maior produtividade (0,001 días-1), o que indica
que o seu tempo de renovación é menor (1000 días) que no
bosque (36000 días). Por iso supón menor deterioro aproveitala
para a alimentación que o bosque, que tardaría moito máis tempo
en recuperarse.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 23


Pirámides ecolóxicas
Visualización das cadeas tróficas.
Son barras horizontais de altura constante e lonxitude
proporcional ao parámetro medido (enerxía acumulada,
biomasa, número de individuos…)

Hai tres tipos:


1.Pirámides de enerxía.
2.Pirámides de biomasa.
3.Pirámides de números.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 24


1. Pirámides de biomasa

Poden ser:
●verdadeiras pirámides (ecosistemas terrestres)

●pirámides invertidas (ecosistemas mariños).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 25


1. Pirámides de biomasa
Nos ecosistemas mariños os
produtores teñen gran taxa de
renovación (=produtividade) ou,
o que é o mesmo, un tempo de
renovación breve.
Isto permite manter a un elo
superior maior.

A produtividade non depende só da


biomasa, senón tamén da
renovación desta (no debuxo,
da velocidade á que xira o
cilindro).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 26


2. Pirámides de enerxía

Teñen forma de pirámide: seguen a regra do 10%.


Unidades: kJ/m2·ano; Kcal/m2·ano.
A enerxía acumulada polos descompoñedores non
figura, pois é difícil de medir: non se ven, non se
poden contar e se reproducen rápido.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 27


3. Pirámides de números

Reconto do número
total de individuos
de cada nivel.
Poden ser enganosas
pois as veces son
invertidas (por ex.
un vexetal con
moitos pulgóns nel).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 28


Actividade: Comparación entre un cultivo,
un bosque e o océano.
En cal elo se acumula maior
cantidade de biomasa?
Nos ecosistemas terrestres (cultivo e
bosque) hai máis biomasa nos
produtores e no ecosistema
mariño (océano) hai máis biomasa
nos consumidores.
Os humanos nos alimentamos de
produtores en terrestres e de
consumidores en mariños, que son
os elos onde se acumula máis
biomasa.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 29


Actividade: Baia xaponesa de Minamata, 1950. Trastornos e mortes
en familias de pescadores e gatos. Causa: vertidos de Hg ao mar

Cadea trófica de transmisión do Hg:


 Crustáceos Cefalópodos  Humanos
Fitoplancton  Zooplancton
 Peixes  Peixes  Gatos
pequenos grandes

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 30


Bioacumulación
Por que son os niveis
tróficos superiores os máis
afectados por
bioacumulación?
Ao vivir máis tempo, inxiren
máis cantidade.
Ao alimentarse de gran
cantidade de individuos,
inxiren todo o Hg que tiñan
todos eses individuos.
O Hg non se pode excretar, se
queda nos tecidos, e a partir
de certo nivel é tóxico.
O mercurio, pola OMS

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 31


Factores limitantes da producción
primaria
Factor ecolóxico: magnitude
ambiental que varía e afecta aos
seres vivos (se é constante non é
un factor ecolóxico, por ex. a
gravidade).
Exemplos: temperatura, luz, pH,
salinidade, humidade, nutrientes,
espazo…
Lei do mínimo (Liebig): o
crecemento está limitado pola
ausencia do único elemento que
está en cantidade inferior á
mínima necesaria. Chámaselle
factor limitante.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 32


1. Temperatura e humidade
A actividade fotosintética
aumenta ao aumentar a
temperatura e ao aumentar a
humidade.
Pero se a temperatura
aumenta demasiado, a
fotosíntese decrece
bruscamente, ao
desnaturalizarse os enzimas.

A principal enzima é a Rubisco (Ribulosa 1,5 bi-P-carboxilase-


oxidase), que ten unha dobre actividade:
•Fotosíntese (carboxilación), cando a [CO2] é normal.
•Fotorrespiración (oxidación), cando a [CO2] é baixa. A
fotorrespiración resta eficiencia fotosintética (-30%-50%).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 33


1. Temperatura e humidade
Perdas de auga:
Cando se abren os estomas para que entre CO2 tamén pode saír
auga. Durante o día (cando a temperatura é máis alta) se perde
auga ao abrires os estomas para facer a fotosíntese.

Isto ocorre na maioría das


plantas, as chamadas C3.
É un problema cando o clima é
caloroso e seco.
Hai dúas posibles solucións:
Plantas C4 e plantas CAM.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 34


1. Temperatura e humidade

Plantas C4  millo, cana de azucre, paínzo, sorgo.


Son de climas calorosos e soleados. Poden acumular CO2 nas
follas gracias a súa estrutura interna foliar. Así conseguen que a
Rubisco teña sempre alta [CO2] e non perden eficiencia coa
fotorrespiración.
Plantas CAM  cactos, crasuláceas. (Desérticas).
Absorben o CO2 e o fixan en forma de ácidos, para gastalo na
fotosíntese de día (poden realizala cós estomas pechados).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 35


1. Temperatura e humidade
Temperaturas frías (invernos longos e rigorosos):
•Predominio de herbáceas anuais (pasan o inverno como
sementes).
•Desenvolvemento de estruturas subterráneas (bulbos,
tubérculos…)
•Existencia dun fotoperíodo (época de máximo desenvolvemento).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 36


2. Falta de nutrintes

Nódulos de
Rhizobium en
raíces de
leguminosas

O CO2 non é un factor limitante, pois está na atmosfera.


O P é o principal factor limitante da produción primaria.
O N é o 2º factor en importancia. Cando falta aparecen
microorganismos fixadores do N2 atmosférico.
Para reciclar nutrientes o principal problema é a distancia entre o
lugar de produción da materia orgánica e o lugar da súa
degradación.
Se gasta enerxía externa en transportar os nutrientes de volta ás
zonas de produción. Esta enerxía externa pode ser natural
(ventos, ciclo da auga…) ou artificial (fertilizantes).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 37


2. Falta de nutrintes
En ecosistemas acuáticos esta
distancia é maior: a fotosíntese
ocorre na superficie da auga e no
fondo ten lugar a degradación de
m.o.
Os nutrientes:
•ascenden en zonas de afloramento
(correntes verticais),
•chegan por aportes continentais
(ríos) ou
•chegan por correntes superficiais
mariñas.
En ecosistemas terrestres a distancia
é pequena: da copa da árbore ao
chan. Só pode chegar a ser máis
grande por lixiviado ou por
explotación humana.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 38


Actividade: Zona de afloramento na costa
de Perú
É unha zona de afloramento a consecuencia do baleiro de auga
que xeran os alisios. Estes ventos tamén arrastran as nubes cara o
océano, polo que a costa peruana é árida e seca.

Nivel trófico dos seres


vivos da figura:
•Produtores: fitoplancto.
•Consumidores primarios:
zooplancto; secundarios:
anchovetas; terciarios:
atunes e aves mariñas.
•Descompoñedores:
bacterias.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 39


Actividade: Zona de afloramento na costa
de Perú
Por que é alta a produtividade neste lugar?
Porque hai enerxía externa (o vento), que achega os nutrientes
dende o fondo mariño ata a zona iluminada, onde ocorre a
fotosíntese.

Bucle de
retroalimentación +.
O bucle é positivo e a pesca
non decae polo aporte
extra de nutrientes polo
afloramento.
Isto permite que se poda
seguir extraendo
enerxía do sistema, en
forma de alimentos.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 40


Actividade: Zona de afloramento na costa
de Perú
Por que a costa é árida?
Os ventos alisios, ademais de xerar a corrente mariña superficial
que provoca o afloramento, tamén levan as nubes cara o Oeste
do Pacífico, deixando unha zona sen humidade.
Que outras zonas da Biosfera (en todo o planeta) son
tamén de afloramento?
Son zonas situadas ao lado de grandes desertos: California,
Atacama, Sáhara, Namibia.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 41


Actividade: Zona de afloramento na costa
de Perú

Que ocorrería se amainasen os alisios? Que pasaría coa


pesca?
Se non hai alisios, as nubes se quedan aí e choverá nas costas de
Perú. É o fenómeno de “El Niño” (ou Oscilación Meridional), no
que se caldea a auga superficial e se forma unha borrasca.
Ocorre cada 3-5 años e dura 18 meses, tendo o seu máximo
en Nadal, de onde lle ven o nome.
Pola outra banda, se acabaría o afloramento, o que reduciría a
cantidade de fitoplancto e de peixes.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 42


3. Luz (disposición das unidades
fotosintéticas)
A luz chega aos fotosistemas (nos
cloroplastos), que teñen:
•Moitas moléculas captadoras
(clorofilas, carotenos), que actúan de
antena.
•Un só centro de reacción (molécula de
clorofila especial).

Ao aumentares a intensidade da luz,


aumenta a fotosíntese, ata que se
satura. Neste momento están
ocupados todos os centros de
reacción.
Asemade, os sistemas de captación se
fan sombra uns aos outros.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 43


Actividade: Bancos pesqueiros de
Terranova, Canadá.
Plataforma costeira de pouca
profundidade onde chocan as
correntes fría do Labrador coa cálida
do Golfo. Alí se concentran grandes
cantidades de capellinos
(~sardiñas).
Hai factores limitantes da
produción primaria?
Non hai factores limitantes, pois hai
enerxías externas:
•Ondada que axita os fondos (por ter
pouca profundidade).
•Aportes fluviais ricos en nutrientes.
•Choque de correntes de distinta
temperatura.
•A escasa profundidade fai que haxa
luz suficiente para a fotosíntese.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 44


Actividade: Bancos pesqueiros de
Terranova, Canadá.

Cadea ou rede trófica, coas relacións causais.


Aves (Gaivotas, mascatos)
Fitoplancto  Zooplancto  Capellinos  Peixes (Bacallau)
Mamíferos (Focas, baleas)
Que problemas supón a pesca excesiva?
A sobrepesca leva á esquilmación da fauna mariña; polo que é insostible.
Que medidas se deben tomar para paliar a situación de
sobrepesca?
Non pescar a un ritmo maior que o tempo de rexeneración (Regras de
Herman Daly ou Principios do Desenvolvemento Sostible).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 45


CICLOS BIOXEOQUÍMICOS
É o percorrido que fai a
materia dende que sae da
biosfera (cara a atmosfera,
hidrosfera, litosfera…) ata
que volve de novo á
biosfera.
Aos lugares nos que
permanece moito tempo se
lles chama sumidoiros,
almacéns ou reservas.
Estes ciclos tenden a seren
pechados, pero as
actividades humanas os
aceleran, e poden
desestabilizar os seus
bucles de regulación.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 46


Ciclo do C

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 47


Actividade:
En que forma está o C en cada un dos subsistemas terrestres e
como chegou a cada un deles?
•Biosfera: Biomasa  chega por fotosíntese.
•Xeosfera: Rocas silicatadas e carbonatadas  chega gracias á
precipitación de restos de seres vivos no fondo mariño. Combustibles
fósiles  chega por transformacións anaerobias da biomasa.
•Hidrosfera: Disolto (como carbonatos e silicatos)  entra por
difusión directa e se transforma en H2CO3.
•Atmosfera: CO2  por erupcións volcánicas, combustión
(combustibles fósiles), descomposición aerobia, respiración, incendios
forestais. CO  por combustión incompleta (falta de O2 suficiente ao
queimarse). CH4  por queima de bosques, solos inundados,
gandaría intensiva, escapes de pozos petrolíferos, vertedoiros de lixo.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 48


Ciclo do C
Como afecta a cantidade de CO2 atmosférico á temperatura
terrestre?
Canto máis CO2 estea noutros lugares e menos na atmosfera, menor
será o efecto invernadoiro (se reducirá a temperatura).
Sinala tódalas intervencións humanas sobre o ciclo do C e as
súas consecuencias.
•Queima de biomasa, incendios.
•Deforestación, que reduce a fotosíntese.
•Ao aumentares a temperatura, se disolve menos en auga.
•Queima de combustibles fósiles.
A principal consecuencia é que aumenta o efecto invernadoiro e con
ilo aumenta a temperatura media terrestre.
O CO2 se disolve mellor na auga fría, que efecto terá un
quentamento da auga?
Deixaría de admitir máis CO2 o océano, e liberaría parte do que ten
agora disolto. Sería unha realimentación positiva do efecto
invernadoiro.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 49


Ciclo do P

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 50


Ciclo do P
O P é o principal factor limitante da fotosíntese. As principais causas
da escaseza do P son:
•Non ten fase gasosa (non se pode tomar libremente da atmosfera).
•Moitos fosfatos son pouco solubles, polo que non están dispoñibles
para as plantas.
•Se libera moi lentamente das rochas por meteorización (a maioría
está en sedimentos oceánicos e rochas sedimentarias).

É necesario para os seres vivos. Se atopa:


•Como fosfatos: no esqueleto de vertebrados e disolto no líquido
intra- e extracelular (regulando o pH).
•Forma parte de moléculas orgánicas esenciais: ATP, ADN, ARN.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 51


Ciclo do P
Os procesos naturais que retardan a súa precipitación son:
•Afloramento dende as augas profundas.
•Ondada de fondos costeiros.
•Aves mariñas (levan P do mar ao continente).

Efecto dalgunhas actividades humanas sobre o ciclo do P:


•Pesca: (é semellante ao efecto das aves mariñas) Traslada P ao
continente dende a mar, có que retrasa a súa precipitación aos
fondos mariños.
•Abuso de fertilizantes químicos e uso de deterxentes con
fosfatos: aceleran o ciclo, pois o arrastre por lavado e o seu
transporte polos sumidoiros favorecen a súa chegada ao mar e a súa
precipitación no fondo mariño.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 52


Ciclo do N

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 53


Ciclo do N

Abunda na atmosfera (78%), pero case ningún organismo pode


tomalo do aire, só as bacterias fixadoras de N: Azotobacter (solo),
cianobacterias (fitoplancto), Rhizobium (simbionte de leguminosas) e
o fungo Frankia.
En tormentas, volcáns e combustións, se forman óxidos de
nitróxeno (NOx) a partires do N2 e o O2. Despois caen xunto coa auga
ao chan como HNO3 (chuvia ácida), onde formará o NO3- que toman
as plantas.
A maioría do N que usan as plantas ven da descomposición da
materia orgánica, polas bacterias nitrificantes:
NH3 (seres vivos)  NO2-  NO3- (abono prantas)
Nitrosomonas Nitrobacter
As bacterias desnitrificantes actúan en condicións anaerobias
(encharcamento ou pisoteo). Transforman os nitratos en N2, que
escapa á atmosfera e se empobrece o solo.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 54


Ciclo do N
Hai actividades humanas que afectan ao ciclo do N:
•Combustión a altas temperaturas  provoca a reacción do O2 e o N2 do
aire, formando NO2 que se libera á atmosfera. Alí, xunto coa auga, formará o
ácido nítrico da chuvia ácida.
•O proceso de fixación industrial para fabricar fertilizantes (método de
Haber-Bosch).
•O abonado excesivo dos cultivos fai que se libere N2O á atmosfera (que
aumenta o efecto invernadoiro). Tamén as plantas poden crecer demasiado e
acabar con outros nutrientes do solo máis escasos, có que o solo se
empobrece. Por lixiviado tamén podería chegar a outros lugares onde
provocaría eutrofización.
Actividade: Como afectan ao ciclo do N as seguintes actividades?
•O exceso de rego.
Fomenta as condicións anaerobias, que favorecen a acción das bacterias
desnitrificantes (que empobrecen o solo).
•O abuso de transporte privado.
Aumentan as emisións de óxidos de nitróxeno (que provocan a chuvia ácida).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 55


Ciclo do N
Actividade: Indica tódolos tipos de fixación do nitróxeno
atmosférico.
A fixación do nitróxeno atmosférico consiste en pasares o N2 a unha
forma utilizable polas plantas.
•Natural: fixación atmosférica (en tormentas) e fixación
biolóxica (por Rhizobium, cianobacterias…)
•Artificial: fixación industrial (método de Haber-Bosch) e
combustión a altas temperaturas no interior dos motores N2 + O2
 NO2.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 56


Ciclo do S

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 57


Ciclo do S
SOLO:
•Chegan ao solo coa chuvia ácida ou como xesos (as rocas
evaporitas que se forman en mares pouco profundos).
•Se perden por lixiviado.

BIOSFERA:
•As plantas, bacterias e fungos os incorporan como sulfatos e os
reducen a SO3 e H2S.
•Ao morrer os seres vivos, na súa descomposición se libera ácido
sulfhídrico á atmosfera ou ao solo.

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 58


Ciclo do S
OCÉANOS PROFUNDOS E LUGARES ANAEROBIOS:
A principal reserva de S son os océanos (onde está como sulfato).
Chega por lixiviado e por chuvia ácida. Ademais, as bacterias
sulforreductoras transforman o sulfato en ácido sulfhídrico, e liberan
osíxeno. Este sulfhídrico pode:
–precipitar como pirita (desde onde sairá por volcáns ou ao queimar
combustibles fósiles)
–chegar a zonas aerobias e volver a oxidarse a sulfatos.
Desde os océanos se perde como sulfatos (sal mariña arrincada polo
vento) e como ácido sulfhídrico transformado polas algas DMS, que
fan que pase á atmosfera.

ATMOSFERA:
•Recibe o S de diversas formas: por volcáns (H2S, SO2, SO4-2); pola
industria (SO2); como sulfatos mariños levantados polo vento;
desprendido nas putrefaccións (H2S); polas algas DMS (SO4-2  H2S).
•Se perden os sulfatos coa chuvia (ácida).

CTA 2ºBach UD4. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA 59

You might also like