You are on page 1of 4

Actividade: saída

ao campo
Traballo feito por Alexandre Liñeira, David Quintela e Sofía López

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Profesor: Iván Rodríguez Cañás


Nota: algunhas das fotos son de produción propia, mais moitas delas non, debido a que nesta época do
ano é difícil atopar animais e outros elementos.
a. Cal é a poboación máis numerosa? Indica o nome do ecosistema acorde coa
especie dominante (se procede, por exemplo: carballeira, silveira, etc.).
A poboación máis numerosa neste parque natural é o carballo, xunto cos castiñeiros e os
bidueiros. Acorde coas especies dominantes, o ecosistema correspóndese cun bosque caducifolio.

b. Trátase dun ecosistema con elevada biodiversidade? Cantas especies


vexetais e animais atopas?
Si, este parque é coñecido pola súa gran biodiversidade.
En canto a especies vexetais, pódense encontrar: carballos, castiñeiros, bidueiros,
musgos, fieitos, e dedaleiras (entre outros)
En canto a especies
animais, neste parque hai
moitos anfibios (polo seu
clima húmido):
píntegas comúns,
saramagantas rabilongas, sapos comúns ou ras comúns. Tamén se poden
encontrar aves (como mouchos, merlos acuáticos, martiños peixeiros ou petos verdes), mamíferos
(como lontras, lobos, cervos ou xabarís) e peixes (como troitas ou muxes). Finalmente, como na
maioría dos ecosistemas, tamén podemos encontrar moscas...

c. Describe as características ambientais (factores


abióticos) presentes nese ecosistema (indicar se é
húmido, soleado, se o solo é profundo, etc).
Este parque é moi húmido e sombrío (e ademais conta
con dúas estacións: fría e cálida), ten unha temperatura
media anual de 14ºC, é moi extenso
(cun espazo de 9126,65
hectáreas) e ten zonas
nas que o chan
chega
ata
os
300 metros de
altura (aínda que a profundidade varía depende da zona).

d. Relaciona as adaptacións de diferentes seres vivos (5 de animais e 5 de


vexetais) aos diferentes factores físico-químicos do biótopo.
As adaptacións dos animais:
• Troita: a adaptación aos factores do biótopo serían as branquias para poder respirar dentro
da auga e escamas para evitar a perda de auga.
• Muxe: a adaptación aos factores do biótopo serían as branquias para poder respirar dentro
da auga e escamas para evitar a perda de auga.
• Cervo: a adaptación aos factores do biótopo serían os pulmóns para poder respirar e a pel
para evitar a perda de auga.
• Lobo: a adaptación aos factores do biótopo serían os pulmóns para poder respirar, a pel
para evitar a perda de auga, a fecundación interna e unha mandíbula para desgarrar ás súas
presas.
• Píntega: a adaptación aos factores do biótopo sería a pel para poder respirar a través dela e
a fecundación interna, para evitar así a perda de auga.

As adaptacións dos vexetais:


• Carballos: a adaptación aos factores do biótopo é polos niveis de CO2 na atmosfera. Por
iso, aumenta a súa taxa de fotosíntese.
• Fieitos: a adaptación aos factores do biótopo é a adaptación á humidade (tendo follas finas
e delgadas, e moitos estomas... é dicir, unha estrutura que impide a perda de auga).
• Bidueiros: a adaptación aos factores do biótopo é á humidade. Este necesita de abundante
auga e humidade, pero tampouco en exceso (xa que podería morrer).
• Musgos: a adaptación aos factores do biótopo é á humidade. Se non hai suficiente
humidade, o musgo morre.
• Dedaleiras: a adaptación aos factores do biótopo é á presión. Estas son moi comúns en
alturas elevadas, e non tanto en outras máis baixas.

e. De que se alimenta cada un dos seres vivos identificado? podes empregar as


fotografías para realízalo a modo de esquema e elaborar unha cadea trófica,
indicando o papel de cada un no ecosistema.
Os animais máis comúns, entre outros moitos, nas Fragas do Eume son: píntegas comúns, ras,
sapos, mouchos, petos verdes, lontras, lobos, xabarís ou cervos. Logo, neste tamén hai animais que
son “típicos” en moitos ecosistemas: caracois, miñocas, arañas...
Ras e sapos: comen moscas, mosquitos, peixes pequenos...
Petos verdes e mouchos: comen insectos (formigas, miñocas) en xeral, aínda que ás veces tamén
pequenos peixes, réptiles...
Lontras de río: comen pequenos peixes, anfibios, réptiles, insectos e incluso pequenos mamíferos.
Lobos: comen en xeral mamíferos (coma cervos, xabarís, ovellas ou cabras), aínda que ás veces
tamén comen aves e outros animais.
Cervos: comen vexetais principalmente (herba, follas, xuncos, bagas...).

*O produtor serían os *O produtor serían os


refugallos refugallos
Mosca: consumidor primario Ra: consumidor secundario Lontra: consumidor terciario Miñoca: consumidor primario Moucho: consumidor
secundario
Vexetais: produtor Cervo: consumidor primario Lobo: consumidor secundario

f. Identifica unha especie eurioica e unha especie estenoica, indicando o factor


abiótico que a condiciona ou limita a súa supervivencia.
Unha especie eurioica sería, por exemplo, a mosca (xa que é pouco esixente respecto dos valores
alcanzados por certo factor, é dicir, a súa valencia ecolóxica rexistra unha gran amplitude); en
cambio, un exemplo de especie estenoica sería a troita (xa que é moi esixente con respecto aos
valores alcanzados por un determinado factor, é dicir, o seu límite de tolerancia é estreito).
O factor abiótico que condiciona ou limita a supervivencia da troita é a agua. A troita vive en auga
doce (vive en augas frías e limpas, e en ríos e lagos), e se a metésemos en auga salada, esta
morrería (por iso mesmo o seu límite de tolerancia é estreito).

g. Que tipo de ecosistema é? Razoa se o ecosistema se atopa nas etapas iniciais


da sucesión ecolóxica, se acadou xa a comunidade clímax ou se polo
contrario se atopa nunha regresión ecolóxica.
Este ecosistema é principalmente un bioma terrestre (xa que é un bosque caducifolio). Segundo a
súa orixe é natural (xa que non foi modificado pola actividade dos humanos), e segundo as súas
características é mixto (xa que principalmente é un bosque caducifolio, pero tamén ten un río que
pasa polo seu lado). Tamén podería considerarse, nalgunhas zonas, un bioma acuático
doceacuícola con augas en movemento, é dicir, lóticas (xa que no ecosistema hai un río).
Este ecosistema podería considerarse que se atopa nunha regresión ecolóxica xa que, nalgunhas
zonas, en 2012 houbo un incendio. O parque sufriu unha alteración e agora mesmo está
recuperándose intentando volver ao seu estado anterior.

h. O ecosistema elexido está alterado pola acción do ser humano dalgunha


maneira? Valora a alteración e indica accións concretas que podamos levar a
cabo para protexelo e mantelo en equilibrio.
As Fragas do Eume están alteradas pola acción humana de forma leve, xa que hai camiños, un
mosteiro, sinais... Sen embargo, a maioría do espazo mantense nun estado case inalterado (é dicir,
natural).
Algunhas das accións que podemos levar a cabo para protexelo e mantelo en equilibrio serían: non
prender lume á vexetación, non tirar lixo no parque, non pescar nin cazar compulsivamente (xa
que desaparecerían todos os animais), non construír máis estradas (ou outras edificacións) ou non
utilizar vehículos contaminantes no parque (xa que contribúe á contaminación ambiental).

You might also like