You are on page 1of 56

A hidrosfera e a

atmosfera
Unidade 2
Criterios de avaliación
• CA5.1 - Explicar procesos biolóxicos ou xeolóxicos utilizando coñecementos,
datos e información achegados, o razoamento lóxico ou recursos dixitais.
• CA5.2 - Interpretar a paisaxe analizando os seus elementos e reflexionando
sobre o impacto ambiental derivados de determinadas acción humanas.
• CA5.3 - Analizar as funcións da atmosfera e o seu papel esencial para a
vida na Terra reflexionando sobre a importancia do efecto invernadoiro.
• CA5.4 - Analizar as funcións da hidrosfera e o seu papel esencial para a
vida na Terra reflexionando sobre a importancia do ciclo da auga.
• CA5.5 - Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e a atmosfera
debidos á acción humana relacionándoos coas súas causas e consecuencias
no medio.
Índice: hidrosfera
1. Orixe da hidrosfera. 6. Os usos da auga.

2. A auga 6.1. Auga virtual.

2.1. Cambios de estado. 6.2. Pegada hídrica.

2.2. Propiedades. 7. A contaminación da auga.


2.2.1. Tensión superficial e capilaridade. 6.1. Contaminación de mares e océanos.

3. Distribución da auga na Terra. 6.2. Plásticos e microplásticos.

4. O ciclo da auga. 6.3. Potabilización.

4.1. Modificacións do ciclo da auga. 6.3. Depuración.

5. Correntes oceánicas. 8. Xestión sostible dos recursos


hídricos.
A hidrosfera
INTRODUCIÓN: • Parte da Terra formada por
• Conceptos previos. auga.
• Pode estar en estado sólido
(xeo), líquido (auga) ou gasoso
(vapor).
1. Orixe da hidrosfera
2

• Orixinouse fai 800 millóns de anos, mediante os seguintes


procesos:

Impacto de asteroides con Arrefriamento da superficie


auga xeada + erupcións terrestre à condensación do
volcánicas = emisión de vapor de auga à
vapor de auga á atmosfera. precipitacións.

Hidrosfera: é a auga que existe preto da superficie da Terra en forma de


xeo, auga líquida ou vapor de auga. ¾ da superficie terrestre están
cubertas por auga.
2. A auga: estados de agregación

Xeo dos casquetes polares Chuvia, mares e océanos Vapor de auga na atmosfera

d = 0,917 g/ml d max = 1 g/ml d = 0,596 g/ml


(T= 0 ºC, P= 1 atm) (T= 4 ºC, P= 1 atm) (T= 100 ºC, P= 1 atm)
2.1. A auga: cambios de estado

• A fusión e a solidificación
son procesos contrarios que
ocorren á mesma
temperatura. 0 ºC 100 ºC

• A vaporización e a
condensación son procesos
contrarios que ocorren á
mesma temperatura.
• Exemplos de sublimación:
xeo seco (CO2), naftalina. 0 ºC 100 ºC
• Exemplos sublimación
inversa: formación da neve.
• Temperatura ou
punto de fusión /
conxelación = 0º C

• Temperatura ou
punto de
vaporización /
ebulición = 100 ºC

Durante os cambios de estado non hai variación de temperatura


3 ata que toda a substancia cambia de estado.
2.2. A auga: propiedades
• Incolora, inodora e insípida.
• Puntos de fusión e vaporización elevados à presencia de auga
líquida a Tª ambiente (∼15 ºC).
• Disolvente universal para substancias con carga à medio onde
se producen as reaccións químicas do corpo.
• Maior volume en estado sólido ca en estado líquido à vida nos
fondos mariños.
• Elevada tensión superficial à desprazamento insectos, medio
de transporte de nutrientes (vasos sanguíneos).
• Elevada capacidade calorífica (cantidade de calor necesaria
para elevar a temperatura dunha substancia 1 ºC) à excelente As moléculas de auga
regulador térmico (corporal, clima). están formadas por 2
átomos de H e 1 átomo
de O à H2O
4
2.2.1. Tensión superficial e capilaridade
Os líquidos tenden a cohesionarse (non dispersarse) e minimizar a súa superficie (formar
gotas). A superficie compórtase polo tanto como unha película que ofrece resistencia a súa
deformación e polo tanto a romperse.

A tensión superficial é a enerxía necesaria A capilaridade depende da tensión


para incrementar a superficie do líquido, é superficial e permite aos líquidos ascender
dicir, romper esa resistencia natura dos ou descenden por un tubo capilar (vasos
líquidos a deformarse. sanguíneos) à ascenso da auga nas plantas
dende as raíces ata as follas.
3. Distribución da auga na Terra
5

• O planeta contén 1386 millóns de Km3 de auga. Dese volumen, a auga doce accesible
representa tan só o 0,4%. Malia, non toda esa auga é apta para o consumo humano.
• A porcentaxe de auga potable real que hai no planeta é de 0.007%, cantidade que se
reduce ano tras ano pola contaminación.
3. Distribución da auga na Terra
6

• Auga de mares e océanos: é salgada (∼35 g sales minerais/ L) pola aportación de sales
minerais disolvidas que achegan os ríos e os volcáns submarinos. Tª é moi variable
entre rexións (-1 a 32 ºC).
• Auga continental: é doce (< 0,5 g sales minerais / L) e desprázase dende zonas
elevadas cara aos mares e océanos.
• Estado sólido (glaciares) ou líquido no subsolo (principal reserva de auga doce
inaccesible).
• A maioría da pouca auga líquida superficial forma lagos e unha pequena parte, ríos
e torrentes.
• Se hai infiltracións no terreo a auga acumúlase nos poro e gretas das rochas à
augas subterráneas (principal reserva de auga doce accesible). Cando esta sae á
superficie à mananciais.
• Auga atmosférica: contén moi pouca cantidade de auga doce, dela proceden as
precipitacións.
4. O ciclo da auga
7 Cinco procesos relacionados

1. Evapotranspiración =
evaporación da auga dos mares,
ríos, lagos + transpiración das
plantas.
2. Condensación à formación das
nubes.
3. Precipitacións.
4. Infiltración à formación de augas
subterráneas.
5. Escorras = movemento das
augas subterráneas +
movemento das superficiais (ríos,
torrentes).
4.1. Modificacións no ciclo da auga
As nosas actividades diarias
modifican o ciclo da auga:
• Deforestación, crecemento
das cidades, a expansión da
agricultura e gandería à
redución da área que permite
a infiltración da auga a
través do solo para recargar
aos acuíferos.
• Ao extraer máis auga da que
permitimos que se filtre à
escaseza de auga
subterránea dispoñible para
nós e os ecosistemas.
De aquí a 2025, a metade da poboación mundial vivirá
8 en zoas con escaseza de auga (OMS).
5. Correntes oceánicas
9, Contribúen a redistribuír a calor en todo o planeta.
10

Correntes profundas: moven o Correntes superficiais: moven o 10% da auga dos océanos.
90% da auga dos océanos e son
impulsadas polos cambios de • O vento move as capas superficiais da auga que a súa vez
densidade da auga salobre: mobilizan as capas inferiores e así sucesivamente. Incluso
a auga a 400m de profundidade vese afectada polo vento
• Canto máis fría, máis salobre que sopra na superficie.
e densa à afúndese.
• Os patróns de movementos das augas superficiais forman
• Canto máis cálida, menos grandes bucles (xiros) que van en sentido das agullas do
salobre e densa à ascende reloxo no hemisferio norte e no sentido contrario no
transportando nutrientes. hemisferio sur à rotación da Terra (efecto Coriolis).

Os movementos de auga fría e cálida das augas profundas, debido ás diferenzas de densidade,
dan lugar a unha corrente vertical chamada circulación termohalina. Esta percorre todos os
océanos e constitúe unha cinta transportadora de calor que inflúe no clima e transporta
nutrientes e minerais desde o fondo mariño cara ás augas superficiais.
• A temperatura do mar cada vez máis alta, está enlentecendo a cinta transportadora à
favorece ao cambio climático.
6. Os usos da auga
A AUGA QUE CONSUMIMOS (INE)
Consumo real 2014 = 132 L/ persoa.
Consumo real 2016 = 136 L/ persoa.
Consumo real 2018 = 133 L/ persoa.
Consumo real 2020 = 133 L/ persoa.
6.1. Auga virtual
A AUGA VIRTUAL
É o volume de auga consumida, necesaria para crear un produto, medida ao longo da súa
cadea de produción completa à non se usa directamente, pero consúmese para producilo.

11
6.2. Pegada hídrica
A PEGADA HÍDRICA
É un indicador medioambiental do volume de toda a auga doce que consumimos no
desenvolvemento de calquera actividade humana en relación a súa procedencia.

Segundo a procedencia da auga


consumida diferenciamos entre:

Auga incorporada Auga da chuvia, Auga contaminada


ao produto neve ou desxeo que durante o proceso
procedente de se incorpora ao e que é necesario
fontes naturais: produto. Presente en depurar antes de
ríos, mananciais produtos agrícolas. votala á natureza.
ou acuíferos.
7. A contaminación da auga
12
É a alteración das súas propiedades físicas, químicas ou biolóxicas.

Tipos de contaminantes:
• Residuos sólidos: de orixe natural (cinzas volcánicas) ou das actividades humanas
(plástico*, vidro, metal, papel, restos de alimentos) à reducen actividade fotosintética,
destrúen lugares de posta e obstrúen ríos e pantanos.
• Substancias disolvidas: deterxentes, fertilizantes... Que favorecen o rápido crecemento
de bacterias que reducen a concentración de O2 na auga provocando a morte seres
vivos.
• Seres vivos: virus, bacterias e outros parasitos que causan enfermidades ao ser humano
e outro organismos. Exemplo: cólera (enfermidade infecciosa producida pola bacteria
Vibrio cholerae, que provoca diarreas de gran volume e deshidratación extrema).
• Calor: os vertidos de augas quentes (centrais nucleares e industrias que empregan a
auga como refrixerante) diminúe a concentración de O2 na auga à morte de animais.

Calcúlase que a contaminación da agua potable provoca máis de 502.000 mortos por
diarrea ao ano (OMS).
7.1. Contaminación de mares e océanos
CAUSAS CONSECUENCIAS
Praguicidas e herbicidas: chegan aos Destrúen fitoplancto e algas à reducen a concentración de O2
mares mediante os ríos e augas na auga.
subterráneas contaminadas pola
actividade agrícola.
Fertilizantes e deterxentes Favorecen enriquecemento de nutrientes das augas à
crecemento desmedido de microorsganismos que esgotan os
recursos (eutrofización) à morren os os organismos
fotosíntéticos e non queda O2 disolvido dispoñible.

Produtos químicos Provocan toxicidade.


Hidrocarburos (petróleo) Provoca asfixia nos animais.
Plásticos e microplásticos* Da lugar a malformacións e amputacións nos animais ao
quedares enredados neles.

13
7.2. Plásticos e microplásticos*
Plástico = material sintético derivado do petróleo.
• Polietileno (PET), principal plástico à baixo coste e fabricación sinxela.
• Os plásticos son moi resistentes e duradeiros (tardan de 500 a 1.000 anos en descompoñerse).

Microplásticos = plásticos cun tamaño < 5 mm.


• Son os máis abundantes nos océanos, proveñen da descomposición dos plásticos polo efecto da
radiación UV.
• Os seres vivos comen os microplásticos, que se transmiten na cadea trófica, ata chegar aos
seres humanos.
• Concentracións altas de microplásticos no organismo asócianse con niveis hormonais anormais ou
enfermidades como o cancro.
• A maioría dos microplásticos adhírense a minerais e algas e son trasladados polas correntes
termohalinas formando acumulación de ata dous millóns de partículas por m2.
CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICOS E MICROPLÁSTICOS 14

CONSECUNCIAS:
CAUSAS:
• Enredos nos animais interferindo na súa nutrición à morte.
• Tírase aos mares e océanos arredor
de 8 millóns de toneladas ao ano à • Envelenamento polo consumo de produtos químicos producidos pola
para 2050 haberá máis plástico ca súa descomposición.
peixes no mar.
• Afecta a economía: turismo e sectores pesqueiros.
• Carencia ou mala reciclaxe. • O 90% das aves comen plástico, o que lles provoca a morte.
• Vertidos de barcos: durante o século POSIBLES SOLUCIÓNS:
XX vertíanse ao mar, pois pensábase
que non tiña ningunha consecuencia. • Reducir o consumo de plásticos evitando os de un só uso (prohibidos
Actualmente segue habendo vertidos Europa, dende 2021).
aínda que si sabemos das súas • Comprar alimentos a granel evitando os envasados.
consecuencias.
• Evitar os cosméticos con microplásticos.
• Plantas de tratamento de augas
residuais: vertidos ou mal
• Comprar roupa biodegradable.
funcionamento. • Reutilizar e reciclar adecuadamente.
• Exceso de produción de plásticos dun • Empregar bacterias que dixiren o PET (biorremediación).
só uso (forman o 43% do lixo dos
• Proxecto Ocean Cleanup (uso da tecnoloxía para limpar os océanos e
mares).
os ríos).
7.3. Potabilización da auga
Finalidade: obter auga segura para o consumo.

1. Filtración de grosos. Neste filtro


retéñense follas, ramas, etc.
2. Decantación. A area, os lodos e
as arxilas deposítanse no fondo.

3. Filtración fina. A auga pasa a


través de filtros de area e carbón
activo.

4. Desinfección. A auga filtrada


está limpa, pero engádense
compostos que liberan cloro para
eliminar os microorganismos.
En 2015, o 71% da poboación mundial (5200 millóns de persoas)
5. Almacenamento. A auga, xa utilizaba un servizo de suministro de agua potable xestionado de
potable, almacénase en depósitos forma segura (OMS).
para distribuíla por tubaxes ata os
fogares. 15
7.4. Depuración da auga
Finalidade: obter auga que non contamine aos ecosistemas acuáticos.

1. Filtración. Plásticos, toalliñas


húmidas e outros obxectos quedan
retidos.
2. Decantación de lodos.
Deposítanse os lodos, e os
sobrenadantes de aceites e graxas
elimínanse.
3. Tratamento biolóxico. Airéase a
auga para que as bacterias
consuman a materia orgánica.
4. Decantación de lodos
bacterianos. A auga decántase de
novo e, xa limpa (pero non
potable), úsase para regar ou
devólvese aos ríos ou ao mar.
8. Xestión sostible dos recursos hídricos
Pese a ser un recurso renovable (ciclo da auga), a auga é un ben escaso e de difícil acceso para unha
parte importante da poboación à debe facerse unha xestión sostible para garantir as reservas de
auga doce no futuro.

Medidas para a xestión sostible da auga:


16
Os electrodomésticos coas
novas etiquetas ecolóxicas
de eficiencia A supoñen un
70% de aforro de auga e
electricidade.
Índice: atmosfera
1. Orixe. 7. Importancia para os seres vivos.
2. O aire. 8. Contaminación atmosférica.
3. Os ventos. 8.1. Contaminantes químicos.

4. Estrutura e composición. 9. Problemas ambientais derivados da


contaminación atmosférica: chuvia ácida,
5. Función protectora.
smog fotoquímico, destrución capa de
5.1. Capa de ozono. ozono, efecto invernadoiro artificial,
5.1.1. Burato de ozono. quentamento global e cambio climático.

5.1.2. Evitar os CFC. 10. Consecuencias do cambio climático.


5.2. A magnetosfera. 11. A pegada de carbono.
6. Función termorreguladora. 12. A pegada ecolóxica.
A atmosfera
INTRODUCIÓN: • A atmosfera é a parte gasosa que
rodea e protexe a Terra.
• Conceptos previos. • Esténdese ata os 10.000 Km de
altitude.
• A súa composición é moi distinta ao
resto de planetas do Sistema solar.
1. A atmosfera: orixe 18

A atmosfera comezou a formarse


fai 4600 millóns de anos a partir
dos gases expulsados polos
volcáns à atmosfera primitiva.

Fotosíntese:
CO2 à O2

Despois de millóns de anos e tras a


aparición de organismos con
capacidade fotosintética e fixadora
de CO2 para formar rochas
(cianobacterias), foi cambiando a Composición: moi baixas
Composición: altas
súa composición ata converterse concentracións de dióxido de
concentracións de dióxido carbono (CO2), altas
de carbono (CO2). na atmosfera actual. concentracións de osíxeno (O2).
2. A atmosfera: o aire 19,20,21,22

O aire é a mestura de gases que compoñen a • O aire nunca está seco,


atmosfera: senón que contén unha
proporción variable de
vapor de auga segundo a
súa localización.
• Tampouco está limpo
pois sempre presenta
partículas en suspensión
como grans de pole,
cinzas volcánicas, etc.
• Exerce unha forza sobre
a superficie terrestre
que se coñece como
presión atmosférica. A
presión atmosférica
sobre o nivel do mar é
de 1013 mb = 1atm.
3. A atmosfera: os ventos 23

• O aire en contacto co radiador A superficie terrestre recibe máis raios do Sol no


quéntase e as súas partículas ecuador à zona máis quente da Terra.
sepáranse à menor densidade O aire en contacto coa superficie quente incrementa a
à aire ascende. súa temperatura à ascende. En consecuencia, deixa
• Cando arrefría, as partículas
unha zona de baixa presión que a atmosfera tende a
do aire están máis xuntas à igualar desprazando aires de zonas de alta presión.
maior densidade à aire Estas diferenzas de presión xerar correntes de aire que
descende. chamamos vento.
4. A atmosfera: estrutura e composición 24

A composición química e a temperatura da atmosfera varían segundo a latitude.

O aire non está repartido homoxeneamente senón que se acumula nas zonas baixas da atmosfera debido a atracción
gravitacional à os gases máis densos do aire acumúlanse no parte inferior e os menos densos na superior.

A atmosfera divídese en capas con características propias:

• Troposfera (de media ata 12Km altitude): capa máis próxima á


superficie terrestre onde se acumula a maior parte do aire. Nela
prodúcense os fenómenos meteorolóxicos e acontece a vida. A
temperatura diminúe coa altitude.

• Estratosfera (>12-50Km) : nela atópase a capa de ozono. A


absorción de radiación ultravioleta polo ozono provoca que a Tª
aumente coa altitude.

• Mesosfera (>50-80Km): onde se queiman os meteoritos à


estrelas fugaces. A Tª diminúe co altitude.

• Termosfera (>80-500Km): temperatura máis alta (1500 ºC).


Prodúcense auroras boreais e transmítense as ondas de radio.
Atópanse algúns satélites e a Estación Espacial Internacional. A
alta radiación solar provoca a que a Tª aumente coa altitude.

• Exosfera (>500Km): capa máis lonxe da superficie terrestre.


Considérase que hai atmosfera ata os 10mil Km de altitude, mais
non ten límite definido, pásase gradualmente ao espazo exterior.
5. A atmosfera: función protectora 25

1. Filtra as radiacións solares impedindo o paso Radiacións Solares


daquelas que transportan máis enerxía: raios
gamma, raios X e raios ultravioletas:
• Raios gamma e raios X: son bloqueados nas Daniños para os
capas máis altas da atmosfera que forman a seres vivos.
termosfera pola interación cos gases alí Desestabilizan o
disolvidos. En consecuencia libérase moita ADN à
enerxía en forma de calor à xustifica a canceríxenos.
elevada temperatura da termosfera.
• Raios ultravioletas (UV): a maioría son
bloqueados pola capa de ozono da
estratosfera.
2. Reduce o efecto dos impactos dos meteoritos
sobre a superficie da Terra. O rozamento do aire
quente co meteorito na termosfera provoca a
súa fundición. Se é moi grande se fragmenta e se
é pequeno se vaporiza.
O3 O3 O3 O O3
5.1. A capa de ozono: O2
O3
O
O3 O2

características e orixe O3
O
O3
O
O3

• Localización: estratosfera. O2 O2
O3
O2
• Función: absorber a maioría das O3 O
radiacións ultravioletas de maior
enerxía que emite o Sol e que son O2 O3
nocivas para os seres vivos. O
O3
• Composición: ozono (O3) à alótropo O2
do osíxeno. O2 O

Formación: os raios UV de
maior enerxía rompen as
moléculas de O2 (osíxeno)
e estas se volven a
reorganizar dando lugar a
O3 (ozono).
Tipos de radiación ultravioleta (UV):
• UVC: raios ultravioletas tipo C. Son os
de maior enerxía. Bloqueados
totalmente pola capa de ozono.
• UVB: raios ultravioletas de tipo B. De
enerxía media. Bloqueados parcialmente
pola capa de ozono.
• UVA: raios ultravioletas tipo A. Os de
menor enerxía. Non son bloqueados pola
capa de ozono. Responsables de
poñernos morenos no verán e da
produción de vitamina D en plantas e
animais.

A Organización de Nacións Unidas (ONU) busca


dende 1987 ca firma do “protocolo de Montreal”
reducir a produción e consumo de substancias
agotadoras de ozono (SAO), para así recuperar
a capa de ozono destruída.

26
5.1.1. A capa de ozono: o burato de ozono
Os gases como os clorofluorocarbonados Evolución da concentración de ozono na
(CFC) e o bromuro de metilo impiden a Antártida:
formación de ozono na estratosfera à
burato de ozono.
• CFC persisten na atmosfera 50-200
anos. Empréganse na industria da
refrixeración e como propelentes de
aerosois. Por lei reduciuse o seu uso
nas últimas décadas, un substituto
menos nocivo é o HCFC.
• Bromuro de metilo cunha vida media 1979 2008
de 1 ano, é 60 veces máis prexudicial
que os CFC para a atmosfera. Non ten
O desgaste grave da capa de ozono provoca o aumento
substituto polo que se segue de casos de melanomas, cancros de pel, cataratas,
empregando masivamente como inmunodepresión… en humanos e noutras especies.
pesticida, funxicida, acaricida... Para Tamén pode afectar a cultivos sensibles á radiación
labores de fumigación de pragas, etc. UV de alta enerxía.
5.1.2. A capa de ozono:
Que podemos facer nós para evitar o uso de CFC?

• Evitar o consumo de desodorizantes en aerosol; substituíndoos polos de barra ou


de bola.
• Preferir os fixadores de cabelo en xel.
• Usar desodorizantes ou outros produtos que veñen en envases mecánicos a
presión e que non conteñen CFC.
• Evitar os desodorizantes ambientais, mantenndo unha boa ventilación.
• Tratar de usar insecticidas naturais.
• Evitar aerosois para afeitarse; no seu lugar usar xabón ou crema de afeitar.
• Evitar usar produtos que non teñan un selo garantizado de non conter CFC.
5.2. O campo magnético da Terra: a magnetosfera
O núcleo externo metálico da Terra é o causante do campo magnético da Terra.

Debido ao efecto de rotación da Terra, os metais


O campo xeomagnético esténdese máis aló da
fundidos do núcleo externo xiran a gran
velocidade, producindo movementos de cargas atmosfera ata o espazo exterior, conformando
eléctricas que dan lugar ao campo xeomagnético. o que se coñece como magnetosfera. Esta ten
Este ten dous polos, N e S, moi próximos aos N e unha función principalmente protectora.
S xeográficos (11,5º de diferencia),
correspondentes ao eixe de xiro do planeta.

27
• A magnetosfera protéxenos
do vento solar. Se non
houbese magnetosfera, o
vento solar erosionaría a
atmosfera ata acabar con ela
como parece que sucedeu
con Marte.
• A magnetosfera desvía as
partículas con alta enerxía
do vento Solar cara os polos
magnéticos evitando o seu
efecto sobre a atmosfera
Terrestre. Este fenómeno
pódese observar, pois crea
as auroras boreais.
• Sen magnetosfera, non hai
atmosfera. E sen atmosfera
non hai vida tal e como a
coñecemos.
28
6. A atmosfera: función termorreguladora
1. Conserva esa calor na superficie (efecto invernadoiro
natural) à temperatura media 15 ºC à permite a
existencia de auga líquida na superficie.
6. A atmosfera: función termorreguladora
2. Redistribuír a calor da superficie da Terra, reducindo as 29
diferencias térmicas entre o ecuador e os polos.
7. A atmosfera: importancia para os seres vivos
A Lúa non ten gravidade Actúa como filtro dos Función protectora.
suficiente para reter os raios solares
gases polo tanto non ten Reduce as oscilacións Función termorreguladora.
atmosfera. de temperatura
Permite a existencia Movementos de aire que ocasionan
do ciclo da auga os fenómenos meteorolóxicos: vento,
nubes, precipitacións.
Proporciona gases O2 para a respiración (animais) e CO2
esenciais para a vida para a fotosíntese (plantas).
Fai posible o voar. Correntes de aire e a súa resistencia
ao seren desprazadas permiten o voo
dos organismos.
Permite a As ondas sonoras non se transmiten
comunicación e a polo vacío. Precisan dun material
escoita. (sólido, líquido ou gasoso) à na
atmosfera, o aire.
8. Contaminación atmosférica 30

Cambio na composición do aire que pode supoñer un risco, dano ou molestia para os seres vivos.

a) Contaminantes químicos b) Contaminantes físicos


• Trátase de gases liberados nos • Contaminación sonora: prodúcese polo
procesos de combustión: de orixe ruído (autoestradas, aeroportos,
natural (erupcións volcánicas e sirenas, alarmas, máquinas de obra).
incendios) ou de orixe artificial Este impide concentrarse, durmir, causar
(combustión dos motores dos estrés e perda auditiva.
vehículos).
• Contaminación luminosa: prodúcese polo
• Principais gases contaminantes: óxidos exceso de luces artificiais sobre todo
de nitróxeno e xofre (NOx, SOx), nas cidades (farois, ornamentación dos
monóxido de carbono (CO), dióxido de edificios). Altera o sono dalgúns animais
carbono (CO2). e impide ver o ceo estrelado.

c) Contaminantes biolóxicos Sectores máis contaminantes:


• Presenza de microorganismos no aire enerxético, moda, alimentación e
como bacterias, virus e fungos. construción.
8.1. Contaminantes químicos 31

A combustión é unha reacción de oxidación rápida que ibera enerxía mediante a transformación
química do combustible.
Para que se produza a combustión precísase:
1. Combustible: calquera material que poida arder (carbón, petróleo, madeira).

2. Comburente: permite que o combustible poida arder (osíxeno).


3. Enerxía de activación: aporte enerxético que desencadea a reacción.

Combustión completa
O combustible quéimase en presenza suficiente de
osíxeno polo que se transforma integramente
xerando enerxía, dióxido de carbono e auga.

Combustión incompleta (produce contaminantes primarios)


O combustible non se queima totalmente pola presenza
insuficiente de osíxeno o que da lugar a enerxía, CO,
NOx, SOx, CO2, auga, cinzas finas (feluxe)...
8.1. Contaminantes químicos
SMOG (néboa
Contaminantes
Contaminantes secundarios tóxica):
primarios
Aqueles orixinados no Mestura do aire con
Aqueles procedentes aire pola interacción de contaminantes
directamente das fontes dous ou máis
contaminantes primarios,
primarios en
de emisión.
ou da reacción destes condiciones
NOx cos gases normais da anticiclónicas. Isto
atmosfera. xera unha néboa
CO SOx HNO3
tóxica que se
H2SO4
mantén na
troposfera e inhibe
as precipitacións.
9. Problemas ambientais derivados da contaminación atmosférica
1. SMOG INDUSTRIAL OU CHUVIA ÁCIDA
Precipitación atmosférica de auga, neve, sarabia ou po con elevadas concentracións de
ácido nítrico (HNO3) ou ácido sulfúrico (H2SO4).

A prohibición da
queima de
carbón (que
contén
impurezas de
xofre) está
reducindo este
problema.
9. Problemas ambientais derivados da contaminación atmosférica 32

2. SMOG FOTOQUÍMICO
Cando os contaminantes primarios como os NOx e os compostos orgánicos volátiles
derivados da queima de combustibles fósiles reaccionan coa luz solar, dan lugar a ozono
(O3) que se acumula na troposfera xerando unha néboa tóxica escura e prexudicial para
os seres vivos, pois o ozono é un gas oxidante e tóxico que pode provocar problemas
cardiorespiratorios, irritación de mucosas e pel, alerxias, etc. Este fenómeno vese
agravado co aire cálido e seco, por iso no verán é cando máis se ve.

Situación Situación de
normal: a inversión
temperatura térmica: xérase
descende unha masa de
coa altitude aire cálido
à favorece sobre o frío à
dispersión os
dos contaminantes
contaminant non se poden
es cara dispersar e
arriba. almacénanse.
9. Problemas ambientais derivados da contaminación atmosférica
3. DESTRUCIÓN DA CAPA DE OZONO
A destrución da capa de ozono obsérvase analizando o seu espesor ao longo do tempo.
Espesor normal entre 10-20 Km, espesor de zonas en constante destrución 1-2 Km.
9. Problemas ambientais derivados da contaminación atmosférica
4. O AUMENTO DO EFECTO INVERNADOIRO (efecto invernadoiro artificial)
A emisión de grandes cantidades de gases coa capacidade de absorber a radiación infravermella
durante o último século, como consecuencia da actividade humana, deu lugar a un aumento significativo
do efecto invernadoiro.
O efecto invernadoiro artificial é a
principal causa do quentamento
global e polo tanto, do cambio
climático que se está producindo
actualmente no noso planeta.

Principais gases de efecto


invernadoiro:
Vapor de auga, metano (CH4),
dióxido de carbono (CO2), óxido
nitroso (N2O), ozono (O3),
cluorofluorocarbonados (CFC).

33
EFECTO INVERNADOIRO EFECTO INVERNADOIRO
NATURAL ARTIFICIAL
10. Consecuencias do cambio climático 34

• Elevación da temperatura da superficie da Terra à aumento temperatura dos océanos:


• Menos O2 disolvido à morte de organismos acuáticos.
• Desxeo dos casquetes polares à incremento do nivel do mar.

• Aumento da frecuencia e magnitude de tifóns, furacáns e chuvias torrenciais.


• Aumento da frecuencia das ondas de calor à incendios forestais.
• Extensión das rexións coas características climáticas do deserto.
• Destrución dos hábitats de moitas especies, que dará lugar á súa extinción à gran fame.
11. Que podemos facer para
diminuír a nosa pegada de
carbono? 35

Gases
invernadoiro

CO2 O3
N2 O
H2O CH4 CO2
CFC Pegada de carbono
12. Pegada ecolóxica
Índice medioambiental que mide o impacto que a
humanidade exerce sobre o planeta Terra. É dicir, a
superficie ecoloxicamente produtiva necesaria para
producir os recursos consumidos por un individuo, así
como a necesaria para absorber os residuos que
xenera. Calcúlase tendo en conta a biocapacidade da
Terra.

• Biocapacidade ou capacidade biolóxica (recursos


que produce un ecosistema + capacidade que
ten este de almacear os residuos xerados).

A diferenza da pegada de carbono que só ten en


conta os gases de efecto invernadoiro producidos,
a pegada ecolóxica ten en conta todos os factores
do estilo de vida, emitan ou non gases de efecto
invernadoiro, que son nocivos para o entorno.

You might also like