You are on page 1of 4

TEMA 2

CONTINENTES E OCÉANOS

PUNTO 7. A FORMACIÓN DOS CONTINENTES E DO RELEVO

A FORMACIÓN DOS CONTINENTES E DO RELEVO


A codia é a capa máis superficial da xeosfera, e está constituída por continentes e por fondos
oceánicos. Esta superficie non é permanente nin homoxénea, senón que foi variando por mor de
distintos axentes que influíron nela.

a) A formación dos continentes


A distribución dos continentes e dos océanos cambiou de maneira progresiva. A teoría da deriva
continental e a teoría da tectónica de placas, que se sumou á anterior, contribuíron a explicar este
feito:

 En 1912, o xeofísico alemán Alfred Wegener expuxo a súa teoría da deriva continental,


segundo a cal os continentes estiveron unidos no pasado nun único bloque de terra
chamado Panxea. Este bloque comezou a romper en fragmentos ou placas, que foron
desprazándose moi lentamente, o que provocou a paulatina separación ou deriva dos
continentes.
 A mediados do século xx, expúxose a teoría da tectónica de placas, segundo a cal a
litosfera está fragmentada en varias placas ríxidas, as chamadas placas tectónicas. Esas
placas, que se corresponden aproximadamente cun continente, subcontinente ou océano,
flotan sobre o manto e desprázanse moi amodo. Este movemento segue producíndose na
actualidade.

1
b) A formación do relevo
O relevo son as desigualdades que existen na superficie terrestre como resultado dun proceso,
chamado oroxénese, no que se produce a acción:
- Dos axentes internos ou formadores. Causados pola enerxía interna da Terra, son a tectónica de
placas, as dobras, as fallas, os volcáns e os terremotos.
- Dos axentes externos ou modeladores. Son a auga, o vento, a vexetación, a temperatura e a
acción humana.

 Axentes internos
Nos seus diferentes movementos, as placas tectónicas orixinan algúns dos principais elementos do
relevo terrestre: ao separarse, as dorsais oceánicas ou, se é nun continente, os rifts; ao chocar, as
fosas mariñas e as cordilleiras; e polo movemento lateral, as grandes fallas.

En menor medida, a forza da enerxía interior da Terra pode apreciarse nas deformacións e fracturas
da superficie, como as dobras e as fallas.

2
PUNTO 8. A MODELAXE DO RELEVO

A MODELAXE DO RELEVO
Os chamados axentes externos modelan o relevo. Estes axentes poden ser naturais ou humanos e
actúan mediante a erosión, o transporte e a sedimentación dos materiais da superficie da Terra.

a) Como se modela o relevo? (Axentes externos)


Os principais axentes externos son a auga, o vento, a vexetación e a temperatura, e cada un deles
incide sobre o relevo de maneira diferente.

 A auga é o axente externo máis activo.


o As ondas, as correntes mariñas e as mareas actúan sobre o litoral: desgastan os cantís,
transportan area, forman golfos...

o A auga da choiva escava a superficie das rochas; fíltrase e disolve as rochas formando


covas. Tamén pode disolver e arrastrar determinados compoñentes dos solos.

o Os ríos escavan vales e canóns e arrincan materiais, especialmente no curso alto, que se


depositan no curso baixo e forman chairas aluviais e deltas.

o O xeo. A auga depositada nas gretas ou nas fendas das rochas, ao se xear, aumenta de
volume e exerce unha presión sobre as rochas que pode provocar a súa ruptura.

 O vento transporta partículas, por exemplo de area ou de arxila, que impactan sobre as


rochas e van puíndo e redondeando a súa superficie. Ademais, pode formar grandes
acumulacións de materiais, como nas dunas dos desertos.

 A vexetación escava coas súas raíces os solos e as rochas, e axuda así á súa disgregación.
Con todo, non debemos esquecer que a vexetación é tamén a principal protección contra a
erosión de solos e ladeiras, pois mitiga o efecto erosivo da auga e do vento.

 A temperatura tamén inflúe nos procesos de erosión. Por exemplo, a dilatación producida


pola calor do día e a contracción que provoca o frío durante a noite teñen como
consecuencia a formación de fendas nas rochas.

b) A acción dos seres humanos

Os seres humanos transformaron desde sempre o medio no que viviron.


Á medida que se produciron avances técnicos, esta transformación foi maior.

Existen dous modos en que os humanos poden modificar o medio:

 Directamente. Mediante a construción de cidades, estradas, aeroportos e outras


infraestruturas, así como a explotación de canteiras e minas, a construción de encoros ou de
portos, o desvío de ríos...
 Indirectamente. Mediante a deforestación provoca un aumento da erosión e, ademais, a
falta de vexetación repercute de forma negativa sobre a produción de osíxeno, as choivas e
as temperaturas.

3
4

You might also like