You are on page 1of 1

UD9: Os procesos xeolóxicos externos

Bioloxía e xeoloxía 3ºESO . Actividade de ampliación

Nome:
Curso: Data:

Influencia humana sobre o litoral


Dende os albores da súa existencia, a especie humana interaccionou coa paisaxe,
modificándoa. Ata tempos relativamente recentes, eses cambios eran de pouca entidade
e non permitían considerar o ser humano como un axente xeolóxico de importancia. Coa
chegada da sociedade industrial e o desenvolvemento de máquinas, as accións das
persoas sobre a paisaxe fixéronse máis extensas e profundas, por non mencionar a
progresiva vertedura á atmosfera de gases e partículas. A remoción de grandes masas de
rochas, a perforación do subsolo, a retención de auga en presas e encoros, a ruptura do
subsolo profundo para extraer hidrocarburos e tantas outras accións configuran o ser
humano como un axente xeolóxico de influencia crecente, por encima de calquera outra
especie animal do planeta. Esta influencia tamén chegou á liña de costa. Son moitas as
infraestruturas que se construíron e que interfiren coa dinámica do mar. Así, os portos
comerciais e deportivos supoñen barreiras artificiais para as correntes litorais que
transportan areas e pequenos seixos. Un exemplo claro destes efectos témolo no litoral
mediterráneo español, que ten a súa corrente de deriva de norte a sur.
Ao alcanzar o porto a corrente, freará na cara
norte e depositará os materiais que transporta. En
cambio, na cara sur do porto, como a corrente non
leva materiais, o único proceso que realizará será
o erosivo. A consecuencia é que na zona norte do
porto predomina a sedimentación e a praia
avanza, e na cara sur predomina a erosión, co que
a praia retrocede.

1. Le atentamente o texto e reflexiona: aínda que o o ser humano leva miles de anos
poboando a Terra, por que é nos últimos 150 anos e, sobre todo, nas últimas décadas,
cando máis está influíndo sobre a paisaxe e o relevo terrestre?

2. Se ben esta situación é moi grave no mediterráneo, cres que tamén acontece na
costa galega? Investiga sobre esta problemática situación e as consecuencias que
tivo na costa de Galicia.

You might also like