You are on page 1of 3

No sabía exactamente lo que querias, así que te puse primero lo que va en la

presentación y luego lo que voy a decir.

El de la presentación:

O IMPACTO DA ACCIÓN HUMANA NOS MEDIOS


NATURAIS
As actividades humanas alteran o medio ambiente para adaptalo ás súas necesidades.
Se a explotación dos recursos non se fai de forma equilibrada, poden provocarse
danos irreparables ao medio ambiente.

Lo tuyo (LAURA)...

· A auga é un recurso natural básico que debe ser convenientemente almacenado en


encoros construídos nos ríos, pero estes depósitos asolagan os vales e modifican o
medio e a paisaxe.

· As actividades mineiras permiten obter materias primas e fontes de enerxía (pedra,


carbón, ferro, petróleo...). Pero estas actividades tamén provocan a transformación
do medio natural (canteiras, minas, pozos...) e xeran un forte impacto ambiental.

AS ACTIVIDADES INDUSTRIAIS E AS INFRAESTRUTURAS

· As actividades industriais ocupan espazos naturais. A paisaxe modifícase


profundamente, non só pola ocupación do territorio, senón tamén pola presenza das
arquitecturas propias das fábricas e industrias (grandes naves, chemineas,
plataformas petrolíferas...) e a contaminación que xera tanto o proceso de
fabricación como os residuos resultantes.

· As infraestruturas (estradas, autoestradas, portos, aeroportos, liñas ferroviarias)


provocan tamén un forte impacto visual e de alteración das condicións naturais do
terreo, así como importantes niveis de contaminación lumínica (pola potente
iluminación existe nas infraestruturas máis importantes), acústica (ruídos,
vibracións) e atmosférica (gases contaminantes dos vehículos).

Lo de María (VILAS)...

ACCIDENTES DERIVADOS DA ACTIVIDADE HUMANA

Da actividade humana poden derivarse accidentes que poden producir grandes


catástrofes. Así, por exemplo:
· Os accidentes no transporte, especialmente graves no marítimo, especialmente se
a carga é de materiais tóxicos ou contaminantes (como o petróleo, caso no que se
producen as mareas negras; estes vertidos de petroleiros accidentados afectan as
costas e os bancos pesqueiros da zona con efectos que poden durar varios anos).

· Accidentes en instalacións industriais (explosións, incendios, fugas de gases e


materiais), que poden resultar especialmente graves no caso de centrais nucleares;
ou de rotura de encoros, que producen inundacións.

· Os incendios forestais, provocados por fallos e neglixencias humanas, ocasionan a


redución da vexetación e a morte dun elevado número de animais que viven no
bosque. Esta perda de masa forestal protectora facilita a acción da auga das
choivas e do vento sobre os solos acentuando a erosión; ademais, reduce a humidade
necesaria para que se complete o ciclo da auga, de modo que contribúen ao
quecemento xeral do planeta.

O de o diálogo:

O IMPACTO DA ACCIÓN HUMANA NOS MEDIOS


NATURAIS
As actividades humanas alteran o medio ambiente, se a explotación dos recursos non
se fai de forma equilibrada, poden provocarse danos irreparables.

O teu (LAURA)...

· A auga é un recurso natural básico convenientemente almacenado en encoros,


pero modifican o medio e a paisaxe.

· As actividades mineiras permiten obter materias primas e fontes de enerxía, pero


tamén provocan a transformación do medio natural e xeran un forte impacto
ambiental.

AS ACTIVIDADES INDUSTRIAIS E AS INFRAESTRUTURAS

· As actividades industriais ocupan espazos naturais e a contaminación que xera


tanto o proceso de fabricación como os residuos resultantes.

· As infraestruturas provocan tamén un forte impacto visual e de alteración das


condicións naturais do terreo, importantes niveis de contaminación lumínica,
acústica e atmosférica.

O de María (VILAS)...
ACCIDENTES DERIVADOS DA ACTIVIDADE HUMANA

Da actividade humana poden derivarse accidentes que producen grandes catástrofes.

· Os accidentes no transporte son especialmente graves no marítimo, se a carga é


de materiais tóxicos/contaminantes (como o petróleo, caso no que se producen as
mareas negras; afectan as costas e os bancos pesqueiros da zona, efectos que
poden durar varios anos).

· Accidentes en instalacións industriais (fugas de gases), que resulten especialmente


graves no caso de centrais nucleares; ou a rotura de encoros, (que producen
inundacións).

· Os incendios forestais, provocados por fallos humanos, ocasionan a redución da


vexetación e a morte dun elevado número de animais. Esta perda de masa forestal
protectora facilita a acción da auga das choivas e do vento, reduce a humidade
necesaria para que se complete o ciclo da auga, de modo que contribúen ao
quecemento xeral do planeta.

You might also like